Ir o contido principal
STG

Política de Calidade

En concordancia coa política de calidade da USC, o Sistema de Garantía de Calidade (SGC) da Facultade de Veterinaria ten como obxectivo promover programas formativos que dean resposta ás demandas de excelencia no contexto universitario e da sociedade, e estean avalados por sistemas de acreditación nacional e internacional.

A política de calidade da Facultade de Veterinaria recolle os obxectivos establecidos dentro do seu Plan Estratéxico, prorrogado hasta o 2022, así como a misión, visión e valores do centro. O principal obxectivo da Facultade de Veterinaria é a creación dun currículo profesional innovador e acreditado acorde ás demandas do mercado laboral, tecnolóxico e investigador. A súa misión a través das súas titulacións de Grao en Veterinaria e de Máster en Xenómica e Xenética é a mellora da saúde e benestar dos animais e da saúde pública, desde unha perspectiva do “One Health”, así como proporcionar nos estudos de máster unha formación moi especializada dentro do ámbito da Xenómica e Xenética para satisfacer a demanda de profesionais ben preparados neste sector.

O documento que recolle a política de calidade actual da facultade de veterinaria, asinado polo decano o 1 de xullo de 2021, está dispoñible no apartado de documentación do SGC no seguinte enlace.

 

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.11.2021.