Ir o contido principal
STG

TFG

O Traballo de fin de grao consistirá na elaboración por parte do estudante, de forma individual, dun proxecto, traballo, memoria ou estudo orixinal no que se integren e desenvolvan os coñecementos capacidades, competencias e habilidades adquiridos durante os estudos de Grao.

O TFG estará relacionado cos contidos do Grao en Veterinaria e incluirá  como mínimo tarefas de busca e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de resultados relevantes, redacción, e presentación e defensa do traballo.

Poderán matricularse para a realización dun TFG aqueles alumnos ou alumnas do Grao que non teñan pendentes mais de 75 créditos do plan de estudos, excluídos os correspondentes ao TFG. 

Para que o TFG poida ser defendido e avaliado, son requisitos imprescindibles ter superados todos os restantes créditos da titulación e estar matriculado do TFG.

  • Presidente. Luis Ángel Quintela Árias
  • Secretario. José María Alonso Meijide
  • Administrativa da secretaría do Decanato. María Mendoza Fernández
  • Representantes do profesorado:
    • Víctor Pereira Lestayo
    • Ana Mª López Beceiro
  • Representante dos alumnos. 
    • Héctor Campos Martínez
Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.04.2024.