Ir o contido principal
STG

Unha Facultade multilingüe

Na Facultade de Veterinaria o galego é, do mesmo xeito que no resto da USC, lingua propia e oficial.


O profesorado e o alumnado usan libremente a lingua galega ou o castelán dentro e fóra das aulas, creando unha comunidade multilingüe que se enriquece co contacto e a convivencia con outras moitas linguas (inglés, portugués, francés...)

Pero a Facultade de Veterinaria é un centro peculiar dentro da USC: máis da metade do seu alumnado e unha porcentaxe moi relevante do seu profesorado proceden de fóra de Galicia. Isto supón unha dificultade engadida ás que o galego atopa no resto das facultades para converterse na lingua habitual da actividade docente.

E, con todo, esta Facultade forma profesionais para os cales comunicarse en galego vai ser unha competencia necesaria se pretenden exercer en Galicia, sobre todo nalgunhas especialidades (como a de "grandes animais") ou en ámbitos que manteñan relacións coas Administracións públicas.

A Comisión de Normalización Lingüística, delegada da Xunta de Facultade, traballa para desenvolver accións que animen ao profesorado e ao alumnado a usar o galego, e para ofrecer recursos e información que axuden a que ese uso sexa máis doado e de maior calidade. Se queres poñerte en contacto con nós para colaborar, achegar ideas ou simplemente recibir máis información, escríbenos ou chámanos ao 982 822 621.

Cinco estudantes, profes e ex-alumnas de Veterinaria cóntannos as súas experiencias en relación á cidade, á Facultade e ao galego. Pincha na seguinte figura: 

Información sobre actividades e recursos:  

facultademultilingüe

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.03.2024.