Ir o contido principal
STG
Ficha do proxecto
  • Título: Optometría Sénior. 
  • Coordinación: Covadonga Vázquez Sánchez e M.ª Luz Gigirey Prieto. 
  • Materia: Optometría IV. Grao en Óptica e Optometría. 
  • Entidades colaboradoras: Consellería de Política Social. Centros de maiores: Residencia Volta do Castro e Residencia de Maiores de Santiago de Compostela (Santiago de Compostela). 
  • Descrición: A alta prevalencia da perda de visión nas residencias de maiores e a falta de exames optométricos rutineiros nestes centros, permite identificar unha necesidade social en relación ao estado visual das e dos residentes. O proxecto de ApS Optometría Sénior oferta un servizo socio-sanitario para mellorar a visión funcional das/os residentes e, consecuentemente, a súa calidade de vida. Neste proxecto de ApS conviven simultaneamente obxectivos sociais e de aprendizaxe. O alumnado da materia pode realizar unha práctica clínica real en centros de maiores e adquirir competencias propias da titulación, transversais e para a vida. 
Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.04.2024.