Ir o contido principal
STG
Ficha do proxecto
  • Título: PEINAS – Pedagoxía Intercultural. 
  • Coordinación: Miguel Santos Rego, Alexandre Sotelino e Igor Mella. 
  • Materia: Pedagoxía intercultural. Grao en Pedagoxía.
  • Entidades colaboradoras: Equus Zebra (A Coruña); Asociación Plural.es (Caldas de Reis); Fundación Secretariado Xitano (Pontevedra); Médicos do Mundo (Santiago de Compostela); Humanismo e Democracia (Santiago de Compostela); Programa Vagalume (Santiago de Compostela); Asemblea da Cruz Vermella (Compostela, Pontevedra e Ourense); Proxecto Teranga-Fundación Juan Soñador (Vigo e  Ourense); Cáritas Santiago-Plataforma Galega do Emprego. 
  • Descrición: O proxecto PEINAS (Pedagoxía Intercultural e Aprendizaxe-Servizo) procura que o alumnado da materia de Pedagoxía Intercultural poda ter un pequeno contacto con entidades que traballan na xestión da diversidade cultural, ao tempo que aprenden contidos propios da titulación, e por ende, da materia que nos atinxe. Deste xeito, os servizos realizados son diversos e varían en función das características das entidades coas que se traballe. Aínda así podemos establecer varios tipos de servizos: 
    • Relacionados coa inserción sociolaboral das persoas inmigrantes. 
    • Vinculados ao desenvolvemento de competencias e habilidades sociorrelacionais. 
    • Programación e desenvolvemento de actividades de lecer e tempo libre. 
    • Desenvolvemento de programas de sensibilización. 
Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.04.2024.