Ir o contido principal
STG

A USC promove actuacións para estimular a participación de membros da comunidade universitaria interesados en dedicar parte do seu tempo libre á acción voluntaria de maneira activa en entidades sociais ou institucións que teña subscrito un convenio de colaboración coa USC para desenvolver programas de voluntariado.

As voluntarias e voluntarios poden colaborar de xeito continuado nos programas de voluntariado participando de 2 a 3 horas semanais nas actividades propostas polas entidades sociais.