Ir o contido principal
STG
O Laboratorio Láser de Aceleración e outras aplicacións (L2A2) está equipado cun láser STELA.

O láser STELA (Santiago TErawatt Laser) proporciona pulsos ultracurtos de femtosegundo (25 fs) cunha enerxía de 1,2 J e contraste 1010.

Esta saída ten unha taxa de repetición de 10 Hz. O equipo ten outra saída de menor enerxía (1 mJ) con pulsos cunha duración de tempo de 35 fs e unha taxa de repetición de 1 KHz.

A instalación tamén ten varias cámaras experimentais de baleiro, sistemas de detección de partículas, un sistema de microprocesamento de alta precisión e varios sistemas de diagnóstico de feixes.

Algunhas das aplicacións para as que está preparado o equipo son a aceleración de protóns, a produción de radioisótopos, a produción de harmónicos de alta orde, a produción de nanopartículas, o procesamento de materiais etc.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.12.2022.