Ir o contido principal
STG
Molécula
As espectroscopías Infravermello e Raman conforman a espectroscopía vibracional e relaciónanse coas vibracións moleculares.

Tanto a espectroscopía Infravermella como a Raman producen transicións entre niveis vibracionais cuantizados aínda que os mecanismos que inducen estas transicións son diferentes.

Os espectros de IR e Raman dun composto proporcionan grande información sobre as súas propiedades internas (composición química, impurezas, interacción entre substituíntes, análise de grupos funcionais etc.), polo que é de grande importancia na análise cualitativa.

Dentro das múltiples aplicacións destas técnicas podemos destacar, por exemplo, a análise de polímeros, aditivos, estudios forenses, identificación de contaminantes ambientais, medicina, diversas áreas da Química (organometálica, orgánica, inorgánica, agrícola, industrial), patrimonio (identificación de pigmentos) etc.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.06.2024.