Ir o contido principal
STG
Animal
O Animalario de Experimentación, situado no Campus de Lugo, está encadrado dentro da Unidade de Experimentación Animal da RIAIDT (Campus Terra - USC) e está rexistrado como centro usuario e de cría segundo o RD 53/2013. O seu número de rexistro é AE-LU-002 e o seu código REGA o 27.028.0331701.

O seu principal obxectivo é prestar apoio á investigación científica e á docencia, proporcionando á comunidade universitaria, a outras institucións e a calquera entidade pública ou privada, animais controlados e mantidos nas condicións reguladas pola lexislación vixente, dando soporte a calquera proxecto de investigación que requira animais de experimentación.

Existe un Comité de Ética para a Experimentación Animal (CEEA) que supervisa a correcta execución dos procedementos e presta asesoramento en materia de benestar animal.

A execución de todos os procedementos experimentais que se realicen han de seguir as indicacións das directrices sobre benestar animal da Directiva Europea 2010/63/CEE e do RD 53/2013.

O Animalario Experimental está habilitado, segundo o RD 53/2013, e autorizado pola Xunta de Galicia como Órgano Habilitado  para a avaliación de proxectos de experimentación animal.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.04.2024.