Ir o contido principal
STG
Laboratorio de Raios X
Os servizos poden ser requiridos por calquera investigador interesado da USC, organismos públicos e empresas privadas.

Servizos de investigación en sistemas estruturados con periodicidades de curto ata longo alcance (0.5-1000 Angstroms). Disponse de capacidade experimental para realizar estudos de monocristal (determinación da estrutura cristalina e molecular), po cristalino (análises de fases, alta resolución, cristalinidade), dispersión e difracción a baixo e medio ángulo (SAXS e WAXS), reflectometría (XRR).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.04.2024.