Ir o contido principal
STG
A USC organiza, a través da AVTE e en colaboración coa súa incubadora Uninova, o Concurso de Ideas Empresariais Innovadoras da USC.
Cartel do concurso

 O Concurso ten por obxecto premiar a aqueles emprendedores e emprendedoras que presenten ideas innovadoras susceptibles de converterse en proxectos empresariais a curto e medio prazo.

Está dirixido a toda a comunidade universitaria (estudantes, egresadas e egresados que obtivesen a súa titulación nos tres últimos anos contados dende o día de peche da convocatoria do concurso, doutorandas e doutorandos etc.) e a todas as áreas de coñecemento (Humanidades, Ciencias da Saúde, Ciencias Xurídicas e Sociais, Ciencias Experimentais e Ensinanzas Técnicas) da USC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.05.2023.