Ir o contido principal
STG
O programa ÍCARUS é unha iniciativa da AVTE que ten o obxectivo de estimular nos estudantes da universidade unha reflexión sobre a aplicación social e económica do coñecemento contido nos seus traballos de fin de grao (TFG), máster (TFM) e Teses de doutoramento.
ICARUS 2024

ÍCARUS está dirixido a toda a comunidade universitaria dos campus de Santiago de Compostela e Lugo e inclúe todas as áreas de coñecemento que se imparten na Universidade de Santiago de Compostela:
    • Artes e Humanidades
    • Ciencias Experimentais
    • Ciencias da Saúde
    • Ciencias Sociais e Xurídicas
    • Enxeñaría e Arquitectura

A USC premia con mais de 20.000 € aos TFG/TFM ou teses de doutoramento cunha aplicación máis económica e social, a través do programa ÍCARUS.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.06.2024.