Evitando o esquecemento catastrófico nun framework de aprendizaxe continuo para problemas de regresión de datos tabulares
Autoría
M.A.G.
Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas (2ªed)

Data da defensa
20.02.2026 09:45
20.02.2026 09:45
Resumo
Este traballo de fin de grao presenta unha solución de aprendizaxe continua e incremental para problemas de regresión multivariante con datos tabulares. A investigación céntrase na adaptación e extensión do framework TRIL3, cuxa funcionalidade orixinal estaba limitada á clasificación, para abordar escenarios de regresión nun contexto task-free. A metodoloxía proposta combina o uso do modelo de prototipos XuILVQ para a xeración de datos sintéticos coas redes de densidade de mestura como modelo predictor. Este enfoque permite mitigar o esquecemento catastrófico en contornas de aprendizaxe online e con presenza de concept drift. A eficacia do sistema validouse mediante unha batería de experimentos con datasets de referencia, contrastando os resultados co estado da arte. Os resultados obtidos demostran que a solución adaptada mantén unha alta robustez fronte ao esquecemento e unha eficiencia de memoria superior, cun ratio de prototipos almacenados moi reducido respecto ao volume total de datos. Polas súas características, a proposta resulta especialmente axeitada para a súa implementación en dispositivos de edge computing dentro do paradigma da Industria 4.0

Dirección
MERA PEREZ, DAVID (Titoría)
Fernández Castro, Bruno Cotitoría
MERA PEREZ, DAVID (Titoría)
Fernández Castro, Bruno Cotitoría
Tribunal
Barro Ameneiro, Senén (Presidente/a)
GARCIA FERNANDEZ, JULIAN (Secretario/a)
LADRA GONZALEZ, MANUEL EULOGIO (Vogal)
Barro Ameneiro, Senén (Presidente/a)
GARCIA FERNANDEZ, JULIAN (Secretario/a)
LADRA GONZALEZ, MANUEL EULOGIO (Vogal)
Métodos de Gradiente Estocástico
Autoría
M.A.G.
Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas (2ªed)
M.A.G.
Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas (2ªed)
Data da defensa
12.02.2026 09:00
12.02.2026 09:00
Resumo
Este traballo analiza os métodos de gradiente estocástico (SGD) como peza fundamental na resolución de problemas de optimización a gran escala, especialmente no ámbito da aprendizaxe automática. O descenso de gradiente tradicional (GD) presenta limitacións computacionais prohibitivas cando o volume de datos é elevado, xa que require procesar o conxunto completo de observacións en cada iteración. Como alternativa, o SGD utiliza estimacións ruidosas pero eficientes do gradiente a partir de observacións aleatorias. Ao longo do traballo, estúdanse as condicións de regularidade necesarias para garantir a estabilidade do método, tales como a suavidade en esperanza e o control da varianza. Analízanse resultados de converxencia para funcións convexas, fortemente convexas e aquelas que satisfán a condición de Polyak-Lojasiewicz. Finalmente, explóranse variantes de alto impacto práctico, como o minibatch SGD e o método de momentum, xustificando como estas estratexias mitigan o ruído e melloran a dinámica de optimización en escenarios mal condicionados ou sobreparametrizados.

GONZALEZ DIAZ, JULIO (Titoría)
GONZALEZ DIAZ, JULIO (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ CENDON, MARIA ELENA (Presidente/a)
LOPEZ SOMOZA, LUCIA (Secretario/a)
CASAS MENDEZ, BALBINA VIRGINIA (Vogal)

Plataforma Gaming para o desenvolvemento de diferentes competencias en nenos
Autoría
S.C.B.B.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
S.C.B.B.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
18.02.2026 09:30
18.02.2026 09:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao, realizado en colaboración con Pictoaplicaciones, ten como obxectivo o deseño e desenvolvemento dun sistema de videoxogo multiplataforma orientado a ofrecer experiencias de aprendizaxe e entretemento accesibles, cunha linguaxe visual clara e doada de comprender para nenas e nenos. Préstase especial atención á inclusión de usuarios con diversidade funcional e neurodiverxencias, como o Trastorno do Espectro Autista (TEA), dificultades de atención ou de procesamento sensorial ou da linguaxe. O sistema concíbese como unha aplicación de xogos interactivos, deseñada para ser simple, visualmente clara e proporcionar retroalimentación constante. Os xogos presentan mecánicas intuitivas, estímulos visuais comprensibles e un ritmo de xogo adaptable, co fin de facilitar a participación de persoas de curta idade con distintos niveis de habilidade cognitiva, motora ou comunicativa. A través desta aplicación búscase potenciar a aprendizaxe mediante o xogo, a motivación e o reforzo positivo. O desenvolvemento do proxecto abrangue as fases de deseño, implementación técnica e avaliación do sistema. Durante o proceso de deseño tivéronse en conta principalmente criterios de usabilidade, accesibilidade e experiencia de usuario, cun enfoque centrado no usuario final. A implementación levouse a cabo utilizando tecnoloxías orientadas ao desenvolvemento de videoxogos multiplataforma, o que permite a súa execución en distintos dispositivos, incluídos contornos móbiles. Como conclusión, o proxecto combina entretemento dixital e accesibilidade, o que pode favorecer a inclusión e o desenvolvemento de habilidades básicas en nenas e nenos con diferentes perfís cognitivos, motores e comunicativos. Ademais, o desenvolvemento de aplicacións deste tipo non require un sobreesforzo significativo por parte do programador e permite que este colectivo poida gozar da tecnoloxía actual, empregándoa tanto en contextos de lecer como de aprendizaxe e formación.

TABOADA IGLESIAS, MARÍA JESÚS (Titoría)
García García, J. Miguel Cotitoría
TABOADA IGLESIAS, MARÍA JESÚS (Titoría)
García García, J. Miguel Cotitoría
Tribunal
García García, J. Miguel (Titor do alumno)
TABOADA IGLESIAS, MARÍA JESÚS (Titor do alumno)

Optimización semidefinida en algoritmos de optimización polinómica
Autoría
M.C.R.
Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas (2ªed)
M.C.R.
Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas (2ªed)
Data da defensa
12.02.2026 16:30
12.02.2026 16:30
Resumo
Este traballo de fin de grao céntrase no estudo e aplicación de técnicas de optimización semidefinida a problemas de optimización polinómica. En primeiro lugar, preséntanse os conceptos fundamentais da optimización polinómica. A continuación, introdúcese a técnica RLT, un algoritmo para a resolución deste tipo de problemas, acompañado dun exemplo práctico que ilustra o seu funcionamento. A sección seguinte aborda os principios da optimización semidefinida, destacando unha técnica concreta denominada cortes SDP, que constitúe a base do estudo computacional desenvolvido no último capítulo. Este estudo realízase no optimizador global RAPOSa e consiste na avaliación do impacto dos cortes SDP sobre o seu desempeño. Ademais, proponse unha versión refinada da implementación actual, orientada a mellorar a súa eficiencia computacional.

GONZALEZ RODRIGUEZ, BRAIS Cotitoría
GONZALEZ DIAZ, JULIO (Titoría)
GONZALEZ RODRIGUEZ, BRAIS Cotitoría
Tribunal
GARCIA RIO, EDUARDO (Presidente/a)
GARCIA LUCAS, DIEGO (Secretario/a)
SANCHEZ SELLERO, CESAR ANDRES (Vogal)
GARCIA RIO, EDUARDO (Presidente/a)
GARCIA LUCAS, DIEGO (Secretario/a)
SANCHEZ SELLERO, CESAR ANDRES (Vogal)
Desenvolvemento dunha funcionalidade de optimización sobre un módulo de explicabilidade
Autoría
D.D.L.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
D.D.L.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
20.02.2026 10:15
20.02.2026 10:15
Resumo
Neste traballo abórdase o deseño e a implementación dunha funcionalidade de optimización integrada nun módulo corporativo de explicabilidade baseado en técnicas de Machine Learning. O punto de partida é un sistema existente que permite interpretar modelos supervisados mediante valores SHAP, co obxectivo de comprender a contribución das características á predición. Porén, o módulo carecía dun mecanismo que permitise identificar automaticamente combinacións de valores das variables que optimizasen a variable obxectivo, así como dun procedemento sistemático para analizar patróns explicativos complexos. Co fin de dar resposta a estas limitacións, propóñense dúas liñas de traballo complementarias. A primeira céntrase no desenvolvemento dun pipeline de clústering interpretábel aplicado sobre valores SHAP, integrando técnicas particionais, xerárquicas e baseadas en densidade, xunto con procedementos automatizados de selección do número de clústers e estratexias de redución de dimensionalidade. Este enfoque permite identificar clústers con distinto rendemento e tamén grupos con valores semellantes da variable obxectivo pero patróns explicativos diferentes, apoiando a interpretabilidade mediante a recuperación dos valores orixinais das características e saídas de visualización. A segunda liña aborda un escenario de optimización evolutiva offline, no que non se dispón dunha función de fitness analítica nin da posibilidade de obter novas avaliacións reais. Para iso, impleméntase un Algoritmo Xenético adaptado a problemas con variables mixtas, guiado por modelos substitutos adestrados a partir de datos históricos. En conxunto, o resultado é un módulo xeralizábel e reutilizábel que combina explicabilidade, análise exploratoria e optimización, proporcionando unha ferramenta útil para apoiar a toma de decisións baseada en datos en contornos reais.

González Pintos, María Cotitoría
MERA PEREZ, DAVID (Titoría)
González Pintos, María Cotitoría
Tribunal
Barro Ameneiro, Senén (Presidente/a)
GARCIA FERNANDEZ, JULIAN (Secretario/a)
LADRA GONZALEZ, MANUEL EULOGIO (Vogal)
Barro Ameneiro, Senén (Presidente/a)
GARCIA FERNANDEZ, JULIAN (Secretario/a)
LADRA GONZALEZ, MANUEL EULOGIO (Vogal)
Deseño e desenvolvemento dun slicer para bioimpresora 3D DLP
Autoría
S.G.S.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
S.G.S.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
19.02.2026 10:30
19.02.2026 10:30
Resumo
O Traballo de Fin de Grao consiste no deseño e implementación dun módulo software de slicing destinado a unha bioimpresora 3D baseada na tecnoloxía DLP (Digital Light Processing). O sistema desenvolvido permite converter modelos tridimensionais (STL) nunha secuencia de capas bidimensionais listas para a súa impresión, integrando a xestión de materiais e a previsualización tridimensional do modelo. O proxecto foi implementado en Python e conta cunha interface gráfica interactiva que facilita a configuración dos parámetros de impresión, o escalado do modelo e a visualización do proceso. Desenvolvéronse dúas versións do slicer: unha versión básica, orientada á validación do fluxo fundamental, e outra optimizada, que incorpora técnicas de compresión de capas. Ademais, inclúese unha opción de separación de compoñentes para evitar erros en impresións multimaterial. O sistema foi probado no mesmo equipo de desenvolvemento empregando arquivos multimaterial proporcionados polo cotitor, verificando o seu correcto funcionamento e estabilidade.

FLORES GONZALEZ, JULIAN CARLOS (Titoría)
González Santos, Alejandro Cotitoría
FLORES GONZALEZ, JULIAN CARLOS (Titoría)
González Santos, Alejandro Cotitoría
Tribunal
VAZQUEZ CENDON, MARIA ELENA (Presidente/a)
GALLEGO FONTENLA, VICTOR JOSE (Secretario/a)
SUAREZ GAREA, JORGE ALBERTO (Vogal)

Xeración automática de exemplos para consulta de LLMs no aliñamento de ontoloxías
Autoría
S.L.B.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
S.L.B.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
19.02.2026 11:00
19.02.2026 11:00
Resumo
O aliñamento de ontoloxías, Ontology Matching (OM), é unha tarefa crítica para habilitar a interoperabilidade dos datos e o intercambio de coñecemento. Os grandes modelos da linguaxe (LLM) ofrecen novas capacidades semánticas para abordala. Porén, o custo computacional dos LLM, xunto coa menor eficiencia e fiabilidade que proporcionan, impide a súa aplicación directa e exclusiva para realizar aliñamentos de ontoloxías. Algunhas propostas actuais baseadas en LLM, como MILA, mitigan este problema empregándoos unicamente nos casos máis ambiguos ou que non se poden asegurar coa suficiente fiabilidade; non obstante, o sistema MILA recorre a un enfoque de zero-shot prompting que limita a capacidade do LLM e a cantidade de información que se lle proporciona. Este traballo propón unha mellora do sistema MILA mediante a introdución de exemplos dinámicos no prompt co que se consulta ao LLM. Para cada par de conceptos que MILA non é quen de relacionar con alta confianza e polos que se invoca ao LLM, esta proposta atopa exemplos relevantes para o par de conceptos que se están a avaliar e integra eses exemplos no prompt de consulta. Os exemplos selecciónanse de maneira dinámica facendo uso dunha base de exemplos composta por pares de conceptos que o sistema identifica como aliñamentos de alta confianza. Deste xeito, o LLM recibe un prompt que contén exemplos de aliñamentos exitosos semellantes ao par de conceptos que se están a aliñar, o que axuda e contextualiza o modelo para resolver a consulta. O sistema presentado neste traballo de fin de grao mellorou o rendemento do sistema orixinal, MILA, superando a cantidade de aliñamentos que requiren LLM resoltos correctamente en 4 das 7 tarefas e chegando a aumentar o F-score ata un 10% nunha delas.

Planta de produción de acetona a partir de alcohol isopropílico
Autoría
L.L.C.
Grao en Enxeñaría Química
L.L.C.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
10.02.2026 10:00
10.02.2026 10:00
Resumo
O proxecto consiste no deseño técnico dunha planta de produción de acetona cunha pureza do 99,9% e unha capacidade de 50.000 toneladas ao ano. O proceso realízase mediante a deshidroxenación catalítica de alcol isopropílico (IPA). Esta reacción é endotérmica e ten lugar nun reactor multitubular, R-301, do que se realizou o deseño mecánico en detalle. A reacción transcorre a unhas condicións de operación de 380 ºC e 3,2 bar e o catalizador empregado no proceso é un catalizador metálico soportado en alumina. Para o control da temperatura emprégase un sal fundido como fluído térmico que foi seleccionado pola súa excelente estabilidade a altas temperaturas. A separación dos produtos lévase a cabo mediante un sistema de purificación. En primeiro lugar, o hidróxeno recupérase como subproduto de alta pureza a través dunha separación flash e unha etapa de absorción. A continuación, a corrente líquida resultante da separación introdúcese nun sistema de destilación composto por dúas columnas que permiten obter a acetona como produto principal de alta pureza e recuperar o isopropanol non convertido no reactor. Ademais, este deseño propón a recirculación do IPA recuperado en grao azeotrópico á etapa de alimentación e da auga pura á entrada da torre de absorción, o que permite optimizar o rendemento do proceso. Estas características impulsan a viabilidade económica do proxecto, pero non conseguen que sexa rendible economicamente, como se mostra no estudo financeiro realizado.

FREIRE LEIRA, MARIA SONIA (Titoría)
González Álvarez, Julia Cotitoría
FREIRE LEIRA, MARIA SONIA (Titoría)
González Álvarez, Julia Cotitoría
Tribunal
HOSPIDO QUINTANA, ALMUDENA (Presidente/a)
MAURICIO IGLESIAS, MIGUEL (Secretario/a)
GONZALEZ GARCIA, SARA (Vogal)

Planta de produción de ácido acético a partir de metanol
Autoría
E.O.M.
Grao en Enxeñaría Química
E.O.M.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
10.02.2026 10:30
10.02.2026 10:30
Resumo
Obtención de 70.000 t/ano de ácido acético a partir de metanol e monóxido de carbono mediante o proceso de carbonilación do metanol. Este composto orgánico ten unha gran variedad de utilidades, dende a elaboración de produtos cosméticos, farmacéuticos ou na industria alimentaria, téxtil e química, o que o convirte nun produto de gran interese industrial. Neste proxecto, Martín Álvarez levou a cabo o diseño riguroso do reactor, encargado do proceso de carbonilación do metanol para a obtención de ácido acético, e Elena Ojea da primeira columna, encargada de separar o ácido acético e o auga do resto de compoñentes do medio de reacción.

Introdución aos Problemas de Empaquetado Óptimo
Autoría
J.M.O.C.
Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas (2ªed)
J.M.O.C.
Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas (2ªed)
Data da defensa
13.02.2026 09:45
13.02.2026 09:45
Resumo
Este traballo desenvolve unha introdución aos conceptos, modelos e algoritmos fundamentais da teoría de Problemas de Corte e Empaquetado. Para iso, establécese inicialmente un marco teórico que unifica a formulación matemática destes problemas. Tras esta base, analízanse en profundidade tres problemas unidimensionais clásicos. En primeiro lugar, estúdase o Problema da Mochila, un problema de maximización de valor para o que se presentan dous métodos de resolución exacta, baseados na Programación Dinámica e a Ramificación e Acotación. A continuación, abórdase o Problema de Bin Packing (empaquetado de contedores), centrado na minimización do uso de recursos. Para este, expóñense os principais algoritmos heurísticos e introdúcese a análise do seu rendemento mediante cotas inferiores e ratios de peor caso. En terceiro lugar, preséntase o Problema de Cutting Stock (corte de material), de gran relevancia industrial, cuxa resolución se enfoca en obter a solución da relaxación lineal do problema mediante a técnica de xeración de columnas. Finalmente, para completar o estudo, realízase unha breve incursión nos problemas bidimensionais, ilustrando como a complexidade xeométrica xestiónase a miúdo reducindo o problema aos seus análogos unidimensionais xa estudados.

Exploración dos paseos aleatorios no aliñamento de ontoloxías con MILA
Autoría
J.M.O.C.
Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas (2ªed)
J.M.O.C.
Dobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas (2ªed)
Data da defensa
20.02.2026 09:15
20.02.2026 09:15
Resumo
O aliñamento de ontoloxías identifica correspondencias semánticas entre conceptos de ontoloxías heteroxéneas, unha tarefa esencial para a interoperabilidade na Web Semántica. Os enfoques actuais baseados en modelos de linguaxe acadan unha alta precisión, pero as consultas ao modelo resultan custosas nos casos ambiguos que non poden resolverse mediante similitude semántica. Este traballo propón complementar a información semántica con información estrutural mediante paseos aleatorios. Constrúese un grafo que unifica as ontoloxías de orixe e de destino, conectándoas a través de correspondencias de alta confianza previamente identificadas. A hipótese é que dous conceptos de ontoloxías distintas son probablemente equivalentes se un camiñante aleatorio que parte dun deles alcanza con frecuencia o outro, o que indicaría proximidade na estrutura do grafo. Implementáronse dous algoritmos (Paseos Aleatorios Sesgados e Paseos Aleatorios con Reinicio), integrados no sistema MILA, e avaliáronse sobre cinco tarefas da OAEI 2024, tres do track Bio-ML, unha do dominio da biodiversidade e outra do de anatomía. Os resultados mostran que a información estrutural achega valor de forma selectiva: mellora o ranking de candidatos nalgúns pares de ontoloxías onde a similitude semántica é pouco discriminativa, pero pode introducir ruído cando os sinais semánticos xa son fortes. O modo conselleiro (re-ranking) resulta máis robusto ca o modo preditor (decisión autónoma), e os Paseos Aleatorios Sesgados superan os Paseos Aleatorios con Reinicio. Conclúese que os paseos aleatorios constitúen un complemento -non un substituto- das técnicas semánticas, cuxo beneficio depende das características estruturais do par de ontoloxías.

Planta de produción de acetato de vinilo (monómero)
Autoría
A.P.D.
Grao en Enxeñaría Química
A.P.D.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
10.02.2026 10:00
10.02.2026 10:00
Resumo
O presente proxecto consta da elaboración dunha planta de produción de acetato de vinilo (monómero). Este producto químico é moi demandado a nivel industrial debido a todos os usos que este posee. Principalmente, se utiliza para a creación de polímeros como o PVA ou o PVP. Para a súa elaboración, utilizouse como materia prima o etileno, o ácido acético e o osíxeno. O proceso caracterízase por realizarse en fase gaseosa. O proxecto foi realizado polos estudantes Darío Senín Sotelo e Alberto Pisco Domínguez, que deseñaron, respectivamente, o reactor catalítico heteroxéneo multitubular R-201 e a columna de absorción física T-302.

Rodríguez Figueiras, Óscar (Titoría)
Rodríguez Figueiras, Óscar (Titoría)
Tribunal
CARBALLA ARCOS, MARTA (Presidente/a)
FRANCO RUIZ, DANIEL JOSE (Secretario/a)
EIBES GONZALEZ, GEMMA MARIA (Vogal)
CARBALLA ARCOS, MARTA (Presidente/a)
FRANCO RUIZ, DANIEL JOSE (Secretario/a)
EIBES GONZALEZ, GEMMA MARIA (Vogal)
Adaptación de dominio baseada en redes aprendizaxe profunda para a clasificación de imaxes multiespectrais
Autoría
M.G.P.P.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
M.G.P.P.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
19.02.2026 17:00
19.02.2026 17:00
Resumo
No eido da teledetección, o uso da aprendizaxe profundo ten un papel moi importante en tarefas de clasificación ou segmentación, permitindo detectar e agrupar materiais segundo a clase á que pertencen de maneira eficiente, presentando unha gran vantaxe fronte a etiquetaxe manual. Porén, o adestramento dos modelos de clasificación presenta un problema moi común na realidade: o desprazamento de dominio. Este fenómeno ocorre cando un modelo é entrenado con datos que presentan unha distribución distinta aos datos sobre os que se fai inferencia. Como solución a este problema, neste traballo proponse unha implementación excedida no modelo Cycle Consistent Adversarial Domain (CyCADA), que, a diferenza de métodos de adaptación tradicionais, combina a tradución de imaxes a nivel de píxel mediante a adaptación adversarial e a consistencia semántica. O seu obxectivo é adaptar un modelo dun dominio orixe a un destino sen usar etiquetas neste último, asegurando que as transformacións manteñan tanto a aparencia visual como a consistencia estrutural dos obxectos da imaxe. Para optimizar a adaptación, realizouse un conxunto de experimentos que permitiron conseguir a mellor arquitectura de CyCADA compatible co noso conxunto de datos. Ademais de optimizar esta arquitectura, co obxectivo de comparar o efecto fronte á non utilización de adaptación, probaron outras técnicas de adaptación que permitisen comparar resultados de distintos métodos como técnicas tradicionais (CORAL, selección de bandas invariantes e pseudolabeling). Os resultados destas probas realizadas levaron á conclusión de que, a pesar de que a implementación proposta cumpre coa función de mellorar a clasificación tras a adaptación, en comparación con outras técnicas, as melloras achegadas non son o suficientemente significativas tendo en conta o custo computacional que presenta. Polo que se concluíu que, para este escenario, CyCADA non é a mellor solución para adaptar o dominio fonte ao obxectivo. Como solucións que obtiveron beneficios fronte a clasificación sen adaptación, destaca a selección de características invariantes e a autoetiquetaxe con segmentación.

SUAREZ GAREA, JORGE ALBERTO (Titoría)
QUESADA BARRIUSO, PABLO Cotitoría
SUAREZ GAREA, JORGE ALBERTO (Titoría)
QUESADA BARRIUSO, PABLO Cotitoría
Tribunal
QUESADA BARRIUSO, PABLO (Titor do alumno)
SUAREZ GAREA, JORGE ALBERTO (Titor do alumno)

Consulta eficiente de redes xeoespaciais: Unha comparativa entre BBDD de grafos e obxecto-relacionais
Autoría
D.R.R.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
D.R.R.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
19.02.2026 10:00
19.02.2026 10:00
Resumo
A xestión eficiente das redes de transporte público presenta desafíos progresivamente maiores debido á necesidade de integrar grandes volumes de datos tanto espaciais como temporais. Ante este escenario, xorde a necesidade de avaliar se as arquitecturas SQL tradicionais seguen a ser óptimas, ou, en cambio, os paradigmas orientados a grafos ofrecen vantaxes significativas. Neste traballo modélanse ditas redes xeoespaciais en dous sistemas xestores de bases de datos diferentes, PostgreSQL e Neo4J, partindo do estándar GTFS. Despois, desenvólvese un conxunto representativo de consultas que responden a necesidades de información reais, tanto de usuarios da rede como das empresas que ofrecen ditos servizos. A continuación, trabállase na representación gráfica, sobre o globo terráqueo, dos resultados xerados, empregando QGIS e Folium, e, por último, lévase a cabo unha comparativa entre as prestacións de ambos os sistemas, centrada non só na eficiencia computacional, senón tamén na facilidade de modelado e expresión de consultas. Os resultados obtidos amosan que PostgreSQL ofrece un rendemento superior en inxesta de datos e agregación masiva destes, contando ademais con excelente soporte para información xeoespacial. Por outra parte, Neo4J destaca en consultas que requiren navegación dende un número reducido de nodos iniciais, e ofrece unha sintaxe máis lexible e fácil de manter, aínda que presenta limitacións no soporte de bibliotecas.

RIOS VIQUEIRA, JOSE RAMON (Titoría)
RIOS VIQUEIRA, JOSE RAMON (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ CENDON, MARIA ELENA (Presidente/a)
GALLEGO FONTENLA, VICTOR JOSE (Secretario/a)
SUAREZ GAREA, JORGE ALBERTO (Vogal)
VAZQUEZ CENDON, MARIA ELENA (Presidente/a)
GALLEGO FONTENLA, VICTOR JOSE (Secretario/a)
SUAREZ GAREA, JORGE ALBERTO (Vogal)
Planta de produción de ácido acrílico mediante a oxidación de propileno
Autoría
S.R.S.
Grao en Enxeñaría Química
S.R.S.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
10.02.2026 09:15
10.02.2026 09:15
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao consiste no deseño dunha planta industrial para a produción de 20.000 toneladas anuais de ácido acrílico mediante a oxidación catalítica de propileno, operando de forma continua. O proceso inclúe unha etapa de acondicionamento das materias primas, na que se preparan as correntes de alimentación (propileno e aire) e se xestionan servizos como o nitróxeno para asegurar condicións de operación seguras e estables. A continuación, desenvólvese a etapa de reacción en dous reactores en serie, con formación de acroleína como produto intermedio, escolléndose esta configuración polo seu maior control, selectividade e rendemento. Tras a reacción, a corrente sométese a enfriamento e a unha separación inicial mediante un flash e absorción, retirando gases e obtendo unha corrente líquida acuosa de produto cru. Finalmente, na etapa de purificación elimínanse impurezas como a auga e o ácido acético mediante operacións de separación (incluída a destilación), acadando as especificacións de calidade do ácido acrílico e posibilitando a recuperación do subproduto. O proxecto completa balances de materia e enerxía, descrición e dimensionamento básico de equipos, control e instrumentación, seguridade industrial e avaliación de viabilidade técnica e económica. O deseño rigoroso do reactor encargado da primeira etapa de reacción de oxidación selectiva de propileno a acroleína realizouno Mateo Segade Abelleira. O deseño rigoroso da torre de destilación encargada de purificar o produto e o subproduto da planta realizouno Sergio Rial Suárez.

RODIL RODRIGUEZ, EVA (Titoría)
RODIL RODRIGUEZ, EVA (Titoría)
Tribunal
González Álvarez, Julia (Presidente/a)
GOMEZ DIAZ, DIEGO (Secretario/a)
GIL GONZALEZ, ALVARO (Vogal)
González Álvarez, Julia (Presidente/a)
GOMEZ DIAZ, DIEGO (Secretario/a)
GIL GONZALEZ, ALVARO (Vogal)
Planta de produción de ácido acrílico mediante a oxidación de propileno
Autoría
M.S.A.
Grao en Enxeñaría Química
M.S.A.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
10.02.2026 09:15
10.02.2026 09:15
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao consiste no deseño dunha planta industrial para a produción de 20.000 toneladas anuais de ácido acrílico mediante a oxidación catalítica de propileno, operando de forma continua. O proceso inclúe unha etapa de acondicionamento das materias primas, na que se preparan as correntes de alimentación (propileno e aire) e se xestionan servizos como o nitróxeno para asegurar condicións de operación seguras e estables. A continuación, desenvólvese a etapa de reacción en dous reactores en serie, con formación de acroleína como produto intermedio, escolléndose esta configuración polo seu maior control, selectividade e rendemento. Tras a reacción, a corrente sométese a enfriamento e a unha separación inicial mediante un flash e absorción, retirando gases e obtendo unha corrente líquida acuosa de produto cru. Finalmente, na etapa de purificación elimínanse impurezas como a auga e o ácido acético mediante operacións de separación (incluída a destilación), acadando as especificacións de calidade do ácido acrílico e posibilitando a recuperación do subproduto. O proxecto completa balances de materia e enerxía, descrición e dimensionamento básico de equipos, control e instrumentación, seguridade industrial e avaliación de viabilidade técnica e económica. O deseño rigoroso do reactor encargado da primeira etapa de reacción de oxidación selectiva de propileno a acroleína realizouno Mateo Segade Abelleira. O deseño rigoroso da torre de destilación encargada de purificar o produto e o subproduto da planta realizouno Sergio Rial Suarez.

PICTOESCENAS: unha aplicación para a mellora da comunicación e comprensión en persoas con trastornos da linguaxe oral
Autoría
D.T.D.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
D.T.D.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
18.02.2026 09:00
18.02.2026 09:00
Resumo
Unha aplicación web para a creación de escenas educativas interactivas baseadas no uso de imaxes e pictogramas, dirixida a persoas con trastornos da linguaxe oral, como aquelas con Trastorno do Espectro Autista (TEA). A ferramenta permite definir áreas interactivas sobre unha imaxe e asociarlles eventos como textos, sons ou frases traducidas automaticamente a pictogramas, co obxectivo de mellorar a comunicación e a comprensión.
Unha aplicación web para a creación de escenas educativas interactivas baseadas no uso de imaxes e pictogramas, dirixida a persoas con trastornos da linguaxe oral, como aquelas con Trastorno do Espectro Autista (TEA). A ferramenta permite definir áreas interactivas sobre unha imaxe e asociarlles eventos como textos, sons ou frases traducidas automaticamente a pictogramas, co obxectivo de mellorar a comunicación e a comprensión.
Dirección
TABOADA IGLESIAS, MARÍA JESÚS (Titoría)
García García, J. Miguel Cotitoría
TABOADA IGLESIAS, MARÍA JESÚS (Titoría)
García García, J. Miguel Cotitoría
Tribunal
García García, J. Miguel (Titor do alumno)
TABOADA IGLESIAS, MARÍA JESÚS (Titor do alumno)
García García, J. Miguel (Titor do alumno)
TABOADA IGLESIAS, MARÍA JESÚS (Titor do alumno)
Planta de produción de butadieno a partir da deshidroxenación catalítica do n-butano
Autoría
A.Y.R.
Grao en Enxeñaría Química
A.Y.R.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
10.02.2026 12:30
10.02.2026 12:30
Resumo
O obxectivo deste proxecto é deseñar, a nivel de enxeñaría básica, unha planta de produción de 50.000 toneladas ao ano de 1,3-butadieno cunha pureza do 99,99 % a partir da deshidroxenación catalítica de n-butano, funcionando continuamente as 24 horas do día durante 330 días ao ano, cos días restantes reservados para o mantemento da planta. O proxecto inclúe un deseño detallado do reactor de deshidroxenación oxidativa de 1-buteno (R202), realizado pola estudante Alejandra Novo Iñigo, da columna de destilación de placas (T-304) por Andrea Yáñez Rey e da torre de absorción (T-301) por Celia Martínez Fernández. Este proxecto preséntase como o proxecto final de Alejandra Novo Íñigo, Celia Martínez Fernández e Andrea Yáñez Rey, co obxectivo de obter o título de Enxeñaría Química pola Universidade de Santiago de Compostela.

Omil Prieto, Francisco (Presidente/a)
Rodríguez Figueiras, Óscar (Secretario/a)
VAL DEL RIO, MARIA ANGELES (Vogal)