Ir o contido principal
STG

Fundación Santiago Apóstol de Ciencias Sociales

A Fundación Santiago Apóstol de Ciencias Sociales é a entidade xurídica titular da Escola Universitaria de Traballo Social.

A fundación, creada en 1999, está declarada de interese galego e de interese docente.

A Fundación ten por obxecto a promoción e realización, sen ánimo de lucro, de actividades socio-educativas, entre outras aquelas que consistan en:

  • Organizar ciclos de estudios superiores de diverso grao e especialidade.
  • Organizar cursos, seminarios, conferencias e reunións sobre temas de carácter socio-educativo.
  • Promover a publicación dos resultados de estudios e investigacións realizados sobre eses temas.
  • Colaborar nas actividades educativas e científicas dos seus membros ou de terceiros.
  • Animar as actividades propias e as dos seus membros conforme aos principios de interdisciplinariedade, análise da realidade social, adaptación e integración no cambio, e de colaboración con outras entidades que desenvolvan actividades socio-educativas conforme aos principios inspiradores da actividade da Fundación.
  • Colaborar en proxectos relacionados con institucións e organismos de orde social e asistencias.
  • Atender a outras accións non expresamente mencionadas, que contribúan á consecución dos fins e obxecto fundacionais.
  • Presidente de Honra. Francisco José Prieto Fernández
  • Presidente. Manuel Balseiro González
  • Vicepresidente. Emilio Santos Vilariño
  • Secretario. Manuel Francisco Ramón Durán Villa
  • Vogais
    • Vicente Arias Mosquera
    • Juan Carlos Carneiro Caneda
    • Silvana Longueira Matos
    • Susana López Abella
    • Luis Quinteiro Fiúza
    • Carlos Santos Guerrero
    • Ramón Seijas Pérez
  • Directora da Fundación Santiago Apóstol de Ciencias Sociales. Teresa Facal Fondo
Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.10.2023.