Ir o contido principal
STG

Programa de titores

O Programa de titores ten por finalidade realizar un asesoramento e orientación ao alumnado, principalmente de 1.º curso, por parte dun/ha alumno/a-titor/a de cursos superiores.

O requisito para poder participar no programa é ter superados, como mínimo, 60 créditos.

O primeiro curso é teórico e nel dáse información completa sobre á USC e fórmase aos participantes en técnicas necesarias para poder orientar ao estudantado de novo ingreso.

No segundo curso, o alumno ou alumna titor dará acollida ao estudantado de novo ingreso, exercendo de titor durante todo o ano académico, colaborará na difusión da USC nos centros de ensino media de Galicia, nas visitas guiadas que o alumnado de secundaria realiza á USC e noutras actividades relacionadas co ensino medio que serán encomendadas polo centro ou polos coordinadores do Programa A Ponte.

Poden acollerse ao apoio titorial extraordinario:

  • Alumnos/as que teñan pendentes de superación, para rematar os estudos do Grao, un máximo de 18 créditos ou tres materias (exclúese do cómputo o Traballo de fin de grao e o Prácticum).
  • Alumnos/as que teñan esgotadas 2 convocatorias, cando menos, en cada unha das materias para as que solicite o apoio.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.10.2023.