Ir o contido principal
STG

Historia

A Escola Universitaria de Traballo Social de Santiago de Compostela ten as súas orixes na Escuela de Asistentes Sociales fundada no ano 1957. Desde o ano 1999 a súa personalidade xurídica está obstentada pola Fundación Santiago Apóstol de Ciencias Sociales

A súa personalidade xurídica foi ostentada pola Escuela de Enseñanza Social de Galicia ata 1999. A partir dese ano pasa a depender da Fundación Santiago Apóstol de Ciencias Sociales, entidade declarada de interese galego e de interese docente. A Escola está adscrita á USC dende o ano 1983.

Como todos os centros privados non subvencionados, réxese por un réxime económico particular e independente dos prezos e taxas da Universidade á que está adscrita.

A Escola dá especial importancia á formación práctica do alumnado. Esta realízase fundamentalmente no curso de 4.º por medio do Prácticum que se desenvolve intensivamente durante o segundo cuadrimestre.

No Prácticum os alumnos e alumnas incorpóranse a institucións ou centros de servizos sociais baixo a responsabilidade dun traballador social e a supervisión permanente dun profesor/a da Escola que os titoriza de xeito individualizado, asesorándoos no seu primeiro contacto coa realidade social nun ámbito profesional e facendo o seguimento do Informe final do Prácticum.

A distribución do alumnado en centros de prácticas por toda Galicia amplía as posibilidades de ofrecerlles o sector ou ámbito da súa preferencia e permite un vínculo permanente entre o mundo profesional e o académico.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.03.2023.