Ir o contido principal
STG

Prácticum

As prácticas académicas externas son unha actividade formativa que ten por obxectivo permitir aos alumnos e alumnas aplicar e complementar os coñecementos adquiridos na súa formación de Grao.

A Memoria do Plan de estudios do Grao en Traballo Social establece que é requisito indispensable para matricularse no Prácticum ter superados 150 créditos básicos e obrigatorios, entre eles todos os da primeira metade da titulación.

Recoméndase, ademais, que se teñan cursadas as seguintes materias:

  • Servizos sociais especializados
  • Traballo social con individuos e familias
  • Soportes documentais e xestión da información en Traballo Social
  • Deseño e  avaliación de proxectos de intervención social
  • Medidas de protección social
  • Xestión e planificación de servizos sociais
  • Xestión de organizacións

A Lei 26/2015 establece a obrigación de que se acheguen certificados negativos do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais para todos os/as profesionais e voluntarios/as que traballan en contacto habitual con menores.

Os/as estudantes que pretendan matricularse en materias de prácticas en contacto con menores deberá achegar o certificado negativo xunto coa solicitude de centro de prácticas.

O alumnado que non cumpra o requisito non poderá realizar as prácticas.

Todo o alumnado da EUTS matriculado no Prácticum debe entregar copia do certificado no centro.

Para solicitar o certificado de delitos de natureza sexual é necesario estar rexistrado no sistema CL@VE (sistema específico de xestión de certificaciones do ministerio de Xustiza) ou disponer dun dos 2 distintos certificados electrónicos da plataforma @firma que son:

  • Certificado dixital emitido pola Fábrica Nacional de Moneda y Timbre (FNMT)

  • DNI-e (Documento Nacional de Identidade electrónico)

Hai que tramitalo nesta ligazón do ministerio de Xustiza.

Se non se dispón destes certificados, pode realizarse a solicitude a través de internet e posteriormente acudir a algunha das dependencias da Rede de Oficinas de Rexistro CL@VE na Axencia Tributaria, na oficina da Seguridade Social, no Servizo Público de Emprego ou na Delegación do Goberno.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.10.2023.