Ir o contido principal
STG

Mobilidade

A Facultade de CC. Económicas e Empresariais participa nos programas de mobilidade da USC apoiando a saída dos estudantes propios e acollendo a estudantes externos (nacionais e internacionais).

O noso estudantado pode cursar parte dos seus estudos noutras universidades nacionais (programa SICUE) ou doutros países (Erasmus+, Programas bilaterais...).

A Oficina de Mobilidade da USC coordina, centraliza e xestiona as actividades relacionadas cos programas de intercambio de estudantes, PAS e profesores.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.12.2023.