Ir o contido principal
STG

Plan de Autoprotección

A Política de Prevención de Riscos Laborais e o Plan de Prevención de Riscos Laborais da USC recolle a estrutura organizativa, os recursos, responsabilidades, funcións, prácticas e procedementos da USC en materia de prevención de riscos laborais.

A Universidade de Santiago de Compostela deseñou un plan de autoprotección para a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais tendo en conta a Norma básica de autoprotección dos centros, establecementos e dependencias dedicados a actividades que poidan dar orixe a situacións de emerxencia. 

O obxectivo do Plan de Autoprotección para a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais é previr e controlar os riscos sobre as persoas e os bens e dar resposta axeitada ás posibles situacións de emerxencia garantindo a integración destas actuacións co sistema público de protección civil.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.02.2024.