Ir o contido principal
STG

Máster Universitario en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias Sociais e Xurídicas
Ámbito de coñecemento
Ciencias económicas, administración y dirección de empresas, márquetin, comercio, contabilidad y tur
Centro(s)
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Avda. do Burgo, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881811726 (Conserxaría)
881811504 (Decanato)
ecoade.decanato [at] usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
Maria Luisa Del Rio Araujo
Contacto
master.turismo [at] usc.es

Este máster persegue dotar ao alumnado das competencias relevantes para a planificación e dirección do turismo urbano e da xestión de empresas nese ámbito, ao mesmo tempo que forma a expertos que orienten a súa carreira cara á investigación e o desenvolvemento do coñecemento no ámbito turístico.

Duración: 1 ano académico
Código RUCT: 4313111
Número de ECTS: 60
Número prazas: 25

Decano/a ou director/a do centro:
XOAN RAMON DOLDAN GARCIA

Coordinador-a do título:
Maria Luisa Del Rio Araujo
master.turismo [at] usc.es

Linguas de uso:
Castelán, Galego

Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela

Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
245/2011 do 15 de decembro

Data de publicación no BOE:
6/03/2014 (Modificación do 8/07/2020)

Data da última acreditación:
11/06/2019

Este máster persegue un dobre obxectivo:

  1. Dotar ao alumnado das competencias máis relevantes, tanto desde unha perspectiva teórica como aplicada, da planificación e dirección do turismo urbano e da xestión de empresas no ámbito turístico, proporcionándolle unha visión global e integradora, seguindo os criterios de innovación, eficiencia e sustentabilidade.
  2. Formar dun modo rigoroso a expertos que orienten a súa carreira cara á investigación e o desenvolvemento do coñecemento no ámbito turístico.

Condicións de terminación:

Orientación profesional:

Obrigatorios 30
Optativos 9
Practicum obrigatorio 9
Traballo Fin de Máster 12
Total 60

Orientación investigadora:

Obrigatorios 30
Optativos 12
Optativos vinculados 6
Traballo Fin de Máster 12
Total 60

Orientación académica:

Obrigatorios 30
Optativos 18
Traballo Fin de Máster 12
Total 60

Este máster conta con tres orientacións: profesional, investigadora e académica.

Cada alumno/a debe realizar unha das tres orientacións, de acordo coas materias de que consta cada unha delas.

Todos os alumnos deben realizar 30 créditos obrigatorios e un Traballo de fin de máster de 12 créditos.

Os alumnos da orientación profesional realizarán prácticas externas obrigatorias de 9 créditos.

O alumnado da orientación investigadora debe cursar obrigatoriamente as materias optativas vinculadas a esta opción: “Metodoloxía de investigación: Cartografía aplicada ao turismo” e “Metodoloxía de investigación en xestión de empresas turísticas”, de 3 créditos cada unha. É necesario cursar estas dúas materias para poder acceder ao programa de doutoramento (etapa de tese). Ademais debe cursar outros 12 créditos optativos sen vinculación.

Na orientación profesional o alumnado ten que cursar 9 créditos optativos e na académica 18 créditos optativos.

Dirección estratéxica de organizacións turísticas

  • P3012101
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Dirección estratéxica de persoas nas empresas turísticas

  • P3012102
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Dirección comercial das empresas turísticas

  • P3012103
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Promoción do turismo urbano

  • P3012104
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Dirección financeira das empresas turísticas

  • P3012105
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

TICs aplicadas ao turismo

  • P3012106
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Impacto económico do turismo urbano

  • P3012107
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Tendencias internacionais en destinos urbanos

  • P3012108
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Transporte, mobilidade e xestión dos fluxos turísticos en destinos urbanos

  • P3012109
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Xestión do patrimonio urbano: A cidade histórica

  • P3012110
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Dereito urbanístico e planeamento turístico

  • P3012201
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Dereito do traballo e da seguridade Social en empresas turísticas

  • P3012202
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Comportamento do turista urbano

  • P3012203
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Dirección de calidade e dos procesos nas empresas turísticas

  • P3012204
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Investigación de mercados: Análise do turismo urbano

  • P3012205
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Marketing dixital

  • P3012209
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Practicas externas

  • P3012111
  •  
  • Optativo
  •  
  • Prácticas en Empresas de Grao e Máster
  •  
  • 9 créditos

Este máster persegue dotar ao alumnado das competencias relevantes para a planificación e dirección do turismo urbano e da xestión de empresas nese ámbito, ao mesmo tempo que forma a expertos que orienten a súa carreira cara á investigación e o desenvolvemento do coñecemento no ámbito turístico.

O Máster Universitario en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas vai dirixido principalmente a alumnos procedentes dos novos títulos de grao relacionados co turismo e diplomados en turismo.

Resulta aconsellábel que o alumnado mostre:

- Interese polo sector turístico e pola xestión de empresas deste ámbito.
- Actitude favorábel cara á integración en equipos de composición diversa.
- Capacidade de adaptación.
- Emprego de ferramentas informáticas a nivel de usuario.

Condicións de terminación:

Orientación profesional:

Obrigatorios 30
Optativos 9
Practicum obrigatorio 9
Traballo Fin de Máster 12
Total 60

Orientación investigadora:

Obrigatorios 30
Optativos 12
Optativos vinculados 6
Traballo Fin de Máster 12
Total 60

Orientación académica:

Obrigatorios 30
Optativos 18
Traballo Fin de Máster 12
Total 60

Na páxina web da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais destacarase o Máster Universitario en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas, fornecendo información actualizada sobre as actividades que se realizarán durante o curso académico, e os seus correspondentes vínculos coa información recollida nas páxinas xerais da Universidade de Santiago.

A coordinación do mestrado, os coordinadores das diferentes materias e o profesorado, nas horas dedicadas á tutorización, apoiarán e orientarán o alumnado na adquisición de competencias.

Hai que sinalar tamén que o persoal de administración e servizos adscrito á Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago presta un apoio permanente e directo neste labor.

Durante a primeira semana de cada novo curso académico realizaranse sesións informativas especiais para o alumnado de novo ingreso coa finalidade de proporcionarlles unha orientación xeral sobre a titulación, explicarlles o seu funcionamento, os servizos de que dispoñen ou o persoal ao que deben acudir.

A cada alumno asignaráselle un titor académico e un titor profesional na organización de prácticas. O titor académico orientará o alumno sobre a organización en que van desenvolver as súas prácticas, as actividades e os comportamentos adecuados e sobre a estrutura da memoria de prácticas que debe realizar e entregar o alumno ao final do período de prácticas. O titor profesional constatará que as tarefas desempeñadas nas prácticas contribúen á adquisición de competencias e que a súa organización cumpre as condicións establecidas no convenio de colaboración

Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con:

  • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación.
  • A supresión gradual da impartición da docencia.
  • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.

Acceso

Para acceder aos ensinos oficiais de Máster será necesario estar en posesión de:
A.1. Un título universitario oficial español.
A.2. Un título expedido por unha institución de educación superior pertencente a outro Estado integrante do Espazo Europeo de Educación Superior que faculte no mesmo para o acceso a ensinos de Máster.
A.3. Un título pertencente a un sistema educativo alleo ao Espazo Europeo de Educación, previa comprobación pola Universidade de que o citado título acredita un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinos de posgrao.
A.4. Un título superior das Ensinanzas Artísticas Superiores do sistema educativo español.

Admisión

1. Titulados en Turismo
2. Resto das titulacións
Establécese un módulo preparatorio de complementos de formación que consta de dúas materias de dous créditos cada unha: Fundamentos de Contabilidade e Fundamentos de Finanzas. Fundamentos de Finanzas debe ser cursada por todo o alumnado que non realizase un mínimo de 2 créditos en materias sobre finanzas en titulacións universitarias. Fundamentos de contabilidade deberá ser cursada por todo o alumnado que non realizase un mínimo de 2 créditos en materias sobre contabilidade en titulacións universitarias.
Os alumnos procedentes de países de lingua diferente ao galego, portugués ou español deberán acreditar o nivel de lingua galega Celga II, ou española B2, consonte o Acordo do Consello de Goberno da USC do 30 de xullo de 2018.
De non posuíren algún dos títulos, a USC realizaralles unha proba de nivel e, de non superala, deberán asistir a un curso intensivo de galego ou español no primeiro semestre até acadaren o nivel requirido.

1. Titulados en Turismo
2. Resto das titulacións
Establécese un módulo preparatorio de complementos de formación que consta de dúas materias de dous créditos cada unha: Fundamentos de Contabilidade e Fundamentos de Finanzas. Fundamentos de Finanzas debe ser cursada por todo o alumnado que non realizase un mínimo de 2 créditos en materias sobre finanzas en titulacións universitarias. Fundamentos de contabilidade deberá ser cursada por todo o alumnado que non realizase un mínimo de 2 créditos en materias sobre contabilidade en titulacións universitarias.
Os alumnos procedentes de países de lingua diferente ao galego, portugués ou español deberán acreditar o nivel de lingua galega Celga II, ou española B2, consonte o Acordo do Consello de Goberno da USC do 30 de xullo de 2018.
De non posuíren algún dos títulos, a USC realizaralles unha proba de nivel e, de non superala, deberán asistir a un curso intensivo de galego ou español no primeiro semestre até acadaren o nivel requirido.

- Posuír e comprender coñecementos que cheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación

- Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo

- Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formularen xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos

- Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades

- Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo.

- Aplicar os coñecementos adquiridos á realidade do sector turístico
- Resolver problemas en contornos novos ou pouco coñecidos
- Tomar decisións a partir de información incompleta ou limitada
- Comunicar información, ideas, problemas e propostas de solución a públicos especializados e non especializados
- Integrar coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de seren orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas
- Definir o turismo urbano e a xestión de empresas turísticas

- Identificar as tendencias e a dinámica dos mercados turísticos
- Demostrar unha visión estratéxica perante os problemas empresariais
- Aplicar as técnicas de xestión empresarial no sector turístico
- Dirixir e xestionar os distintos tipos de organizacións turísticas
- Aplicar metodoloxías científicas adecuadas
- Identificar as novas tendencias na xestión de destinos urbanos
- Definir os principios da xestión sustentábel
- Diagnosticar necesidades e oportunidades e identificar potencialidades e ameazas
- Describir o destino turístico como sistema
- Explicar as políticas que afectan o destino urbano
- Aplicar as tecnoloxías da comunicación e a información ao turismo
- Describir o marco legal que regula as actividades e destinos turísticos
- Aplicar instrumentos de planificación
- Aplicar as técnicas para avaliar o impacto económico do turismo urbano.
- Utilizar técnicas de recollida e análise de datos
- Describir as competencias e funcións das áreas de xestión

- Aplicar a ética a a toma de decisións
- Demostrar razoamento crítico.
- Analizar e sintetizar a información
- Traballar en equipos de composición diversa
- Formular propostas creativas e emprendedoras

Mobilidade

A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

Portal Internacional

Prácticas

As prácticas externas teñen carácter obligatorio só para a orientación profesional, mentres que para as orientacións investigadora e académica son optativas. Nelas o alumnado debe aplicar os coñecementos adquiridos, e mellorar e desenvolver novas competencias a través da súa inmersión nun contorno de traballo representativo do contexto profesional futuro.

Realizaranse nunha empresa ou institución onde, guiado por un/unha titor/a profesional, tomarase contacto co exercicio profesional. O alumno debe realizar e entregar ao terminar o período de prácticas unha memoria de actividades en que recollerá as actividades desempeñadas, as competencias desenvolvidas, os problemas atopados, así como a súa valoración persoal sobre a práctica realizada.

O alumnado debe elaborar e defender un Traballo Fin de Máster en que se demostre que adquiriu as competencias xerais da titulación e é, xa que logo, capaz de aplicar dun modo integrado os coñecementos e habilidades adquiridos nas asignaturas do Máster. A cada estudante asignaráselle un director ou directora, coa autorización previa da Comisión Académica do Máster, que será quen oriente e asesore o estudante na súa realización.

A elaboración e defensa deste traballo terá carácter individual

O equipo docente está formado por profesores de diversos departamentos da Universidade de Santiago.

Poderase contar coa participación de profesores de diversas universidades, directivos e xerentes de recoñecida traxectoria profesional no ámbito do turismo e altos funcionarios da administración pública turística, para que aporten a súa visión particular e especializada sobre temas de actualidade turística.

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

Oferta

IN01
Prazas ofertadas

Número de prazas ofertadas para cada curso académico.

Info da escala: Número enteiro

25,0

25,0

25,0

25,0

25,0

25,0

Matrícula

IN02
Matrícula

Número de estudantes matriculados nun curso académico sen contabilizar aos estudantes de programas de mobilidade incoming.

Info da escala: Número enteiro

32,0

40,0

35,0

28,0

29,0

25,0

IN03
Matrícula de acceso

Número de estudantes que se matriculan nun plan de estudos por primeira vez. Inclúe ao alumnado que traslada o seu expediente, que accede por validación parcial de estudos estranxeiros ou que se adapta desde plans en extinción.

Info da escala: Número enteiro

22,0

21,0

18,0

16,0

18,0

18,0

IN04
Matrícula de novo ingreso por preinscrición

Número de estudantes que se matriculan no primeiro curso dun plan de estudos por primeira vez, é dicir, sen contar aos estudantes que acceden a través de validación parcial de estudos estranxeiros, traslados ou adaptacións desde plans en extinción.

Info da escala: Número enteiro

22,0

21,0

18,0

16,0

18,0

18,0

IN05
Variación da matrícula de novo ingreso por preinscrición

Taxa de variación relativa da matrícula de novo ingreso por preinscrición.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

37,5

-4,55

-14,29

-11,11

12,5

-

Perfil de entrada

IN06
Nota media de acceso por preinscrición

Nota media de acceso por preinscrición dos estudantes que inician estudos. Determina o perfil de entrada.

Info da escala: Número racional con dous decimais. O rango vai desde 0 ata o valor máximo que se pode obter en cada curso académico para a preinscrición (algúns valores históricos foron 10,00 puntos, 12,00 puntos ou 14,00 puntos).

7,0476

6,8535

7,0706

7,218

6,8631

6,8457

IN08
Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre matriculados

Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre estudantes matriculados, sen contabilizar aos estudantes matriculados en programas de mobilidade incoming.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

53,13

50,0

48,57

42,86

31,03

48,0

IN09
Porcentaxe de estudantes nacionais de fóra de Galicia sobre matriculados

Porcentaje de estudiantes nacionales de fuera de Galicia sobre estudiantes matriculados, sin contabilizar los estudiantes matriculados en programas de movilidad incoming.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

5,0

5,71

3,57

6,9

0,0

IN13
Porcentaxe de matriculados que son titulados da USC

Número de estudantes matriculados no máster que son egresados da USC.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

-

-

25,0

34,48

28,0

Adecuación á demanda

IN12
Tasa de ocupación

Número de estudantes de novo ingreso por preinscrición dividido entre as prazas ofertadas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

88,0

84,0

72,0

64,0

72,0

72,0

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

Mobilidade allea

IN18
Porcentaxe de estudantes recibidos pola USC de programas de mobilidade sobre o total de matriculados

Número de estudantes recibidos na USC nesa titulación procedentes doutras universidades (programas de mobilidade) dividido entre o número de estudantes matriculados no título.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

2,5

0,0

0,0

0,0

0,0

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

IN22
Porcentaxe de estudantes egresados nun curso académico que ao longo dos seus estudos realizou as prácticas en empresas e institu

Relación porcentual entre os egresados dun título nun curso académico que ao longo dos seus estudos realizaron prácticas en empresas e institucións, sobre o total de estudantes egresados nese título e nese mesmo curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

90,0

94,44

86,67

100,0

83,33

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

Abandono

IN41
Taxa de abandono RD 1393/2007

Relación porcentual entre os estudantes dunha cohorte de novo ingreso que deberon obter o título no ano académico anterior e que non se matricularon nin nese curso académico nin no anterior.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

12,5

0,0

9,52

0,0

6,25

11,11

Avaliación

IN36
Taxa de avaliación

Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios aos que se presentaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

85,65

79,76

86,76

87,67

84,76

78,83

Duración media dos estudos

IN38
Duración media dos estudos

Duración media (en anos) na que os estudantes tardan en superar os créditos correspondentes ao plan de estudos.

Info da escala: Número racional con dous decimais

1,3846

1,65

1,2222

1,8

1,75

1,3333

Eficiencia dos titulados

IN53
Taxa de eficiencia (rendemento dos egresados

Relación porcentual entre o número total de créditos que superou un estudante ao longo da titulación na que egresou e o número total de créditos nos que se matriculou.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

92,86

88,3

95,09

86,64

87,12

93,58

Estudantes por grupo

IN32
Media de alumnos por grupo de docencia interactiva

Relación entre o número de alumnos matriculados e o número de grupos de docencia interactiva.

Info da escala: Número racional con dous decimais

15,125

13,4091

11,6957

10,6364

12,0

12,4348

IN55
Media de alumnos matriculados en materias obrigatorias e de formación básica por grupo de teoría (expositivas)

Relación entre o número de alumnos matriculados en materias obrigatorias materias de formación básica e o número de grupos de teoría desas materias.

Info da escala: Número racional con dous decimais

-

21,0

16,4545

13,6364

16,4545

16,0

IN56
Media de alumnos matriculados en materias optativas por grupo de teoría (expositivas)

Relación entre o número de alumnos matriculados en materias optativas e o número de grupos de teoría desas materias.

Info da escala: Número racional con dous decimais

-

6,7

7,3333

7,6364

7,5455

9,1667

Éxito

IN35
Taxa de éxito

Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios que superaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios aos que se presentaron.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

98,06

96,7

95,86

97,21

97,75

96,56

IN50
Taxa de éxito dos egresados

Relación porcentual entre o número total de créditos que superou un estudante ao longo da titulación na que foi egresado e o número total de créditos aos que se presentou.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

92,86

88,3

95,09

98,73

95,12

100,0

Graduación

IN37
Taxa de graduación

Relación porcentual entre os estudantes que finalizaron os estudos no tempo previsto no plan de estudos ou nun ano académico máis e a súa cohorte de ingreso. Amosa información sobre o grao de eficacia do alumnado e da institución con relación á súa actividade académica.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

62,5

86,36

57,14

94,44

68,75

83,33

Rendemento

IN34
Taxa de rendemento

Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios que superaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios en que se matricularon.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

83,99

77,13

83,17

85,22

82,86

76,12

Satisfacción

IN19
Satisfacción dos estudantes coas prácticas externas

Valoración media da enquisa de satisfacción dos estudantes coas prácticas externas.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

-

-

-

-

-

3,5833

IN23
Satisfacción dos egresados coa información pública dispoñible

Valoración media da enquisa de satisfacción dos egresados coa información pública dispoñible.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

3,1

4,2

-

-

-

-

IN33
Grao de satisfacción dos egresados cos servizos

Valoración media das preguntas relativas á satisfacción cos servizos da enquisa de egresados.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

3,9167

3,6667

-

-

-

-

IN42
Grao de satisfacción xeral dos egresados coa titulación

Valoración media das preguntas relativas á satisfacción coa titulación da enquisa de egresados.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

3,0109

3,0

-

3,26

3,55

-

IN46
Satisfacción do alumnado coa docencia recibida

Valoración media da enquisa de satisfacción do alumnado coa docencia recibida.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

-

4,15

3,86

4,42

4,3

4,56

IN47
Satisfacción do profesorado coa docencia impartida

Valoración media da enquisa de satisfacción do profesorado coa docencia impartida.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

-

4,1795

4,2982

4,1892

4,4701

4,2205

IN48
Taxa de resposta na enquisa de satisfacción

Porcentaxe de resposta na enquisa de satisfacción por parte do alumnado.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

66,6667

56,5217

57,8947

33,3333

8,3333

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

IN24
Porcentaxe de Persoal Docente e Investigador (PDI) con sexenios

Relación porcentual entre o PDI con sexenios e o PDI total con docencia no título e que pode ter sexenios

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

80,0

85,71

86,67

72,73

76,92

90,91

IN25
Porcentaxe de PDI doutor sobre o PDI total

Relación porcentual entre o PDI doutor e o PDI total con docencia no título.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

73,91

64,0

71,43

75,0

80,0

71,43

IN26
Porcentaxe de PDI funcionario sobre o PDI total

Relación porcentual entre o PDI funcionario e o PDI total con docencia no título.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

47,83

40,0

42,86

35,0

50,0

47,62

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.04.2022.