Ir o contido principal
STG

Máster Universitario en Dirección de Empresas (2ªed)

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias Sociais e Xurídicas
Ámbito de coñecemento
Ciencias económicas, administración y dirección de empresas, márquetin, comercio, contabilidad y tur
Centro(s)
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Avda. do Burgo, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881811726 (Conserxaría)
881811504 (Decanato)
ecoade.decanato [at] usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
Maria Bastida Dominguez
Contacto
master.mude.santiago [at] usc.gal

A través dunha metodoloxía participativa búscase que o estudantado adquira coñecementos avanzados en Dirección de Empresas e capacidade de aplicalos, á vez que desenvolve habilidades directivas. O máster ten tres orientacións curriculares: académica, profesional e investigadora.

Duración: 1 ano académico
Código RUCT: 4311754
Número de ECTS: 60
Número prazas: 23

Decano/a ou director/a do centro:
XOAN RAMON DOLDAN GARCIA
xoan.doldan [at] usc.es

Coordinador-a do título:
Maria Bastida Dominguez
master.mude.santiago [at] usc.gal

Linguas de uso:
Castelán, Galego

Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela

Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
Decreto 434/2009 do 3 de decembro (DOG 15/12/2009)

Data da última acreditación:
03/06/2022

O obxectivo do Máster Oficial en Dirección de Empresas do campus de Santiago (MBA) é dotar as/os estudantes das competencias directivas máis relevantes, proporcionándolles unha visión global e integradora das áreas funcionais da empresa, tanto dende unha perspectiva teórica como aplicada.
 
O Máster Oficial en Dirección de Empresas do campus de Santiago (MBA) ten tres orientacións curriculares: académica, profesional e de investigación.
 
A metodoloxía participativa empregada nas clases presenciais –análise de casos, resolución de exercicios, role-playing, cuestións de debate, presentacións-, xunto coa realización dun Traballo Fin de Máster e de Prácticas Obrigatorias –na orientación profesional-, contribúen a facilitar o éxito no mercado de traballo no ámbito da:

  •  Dirección de empresas
  •  Dirección estratéxica
  •  Consultaría e asesoramento de empresas
  •  Creación de empresas
  •  Xestión de operacións
  •  Xestión contable – financeira
  •  Xestión comercial
  •  Xestión de recursos humanos, etc.

Condicións de terminación:

Obrigatorios 36
Optativos 18
Traballo Fin de Máster 6
Total 60

O Máster Oficial en Dirección de Empresas contempla dúas orientacións curriculares:

 Orientación académica
 Orientación profesional

O alumnado da orientación profesional ten que realizar as prácticas externas optativas de 13,5 ECTS. O resto do alumnado obterá o título pola orientación académica.

Dirección estratéxica

  • P3151101
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 6 créditos

Dirección de operacións e da tecnoloxía

  • P3151102
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 4,5 créditos

Dirección estratéxica de persoas

  • P3151103
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 4,5 créditos

Márketing estratéxico

  • P3151104
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 6 créditos

Márketing internacional

  • P3151105
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 4,5 créditos

Finanzas empresariais

  • P3151106
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 4,5 créditos

Xestión avanzada de custos e riscos

  • P3151107
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 6 créditos

Habilidades directivas

  • P3151201
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 4,5 créditos

Xestión de produtos e marcas

  • P3151202
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 4,5 créditos

Dirección de equipos comerciais

  • P3151203
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 4,5 créditos

Finanzas empresariais II

  • P3151204
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 4,5 créditos

Información financieira e toma de decisións

  • P3151205
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 4,5 créditos

Sistemas de información para a dirección

  • P3151206
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 4,5 créditos

Metodoloxía de investigación en dirección de empresas

  • P3151207
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 4,5 créditos

Prácticas externas

  • P3151108
  •  
  • Optativo
  •  
  • Prácticas en Empresas de Grao e Máster
  •  
  • 13,5 créditos

A través dunha metodoloxía participativa búscase que o estudantado adquira coñecementos avanzados en Dirección de Empresas e capacidade de aplicalos, á vez que desenvolve habilidades directivas. O máster ten tres orientacións curriculares: académica, profesional e investigadora.

Condicións de terminación:

Obrigatorios 36
Optativos 18
Traballo Fin de Máster 6
Total 60

A Coordinación do Máster, en colaboración coa Comisión Académica e o profesorado realizará reunións de coordinación para favorecer a integración de coñecementos, evitar baleiros ou solapamentos entre os diferentes programas que conforman a titulación, realizar un seguimento da aprendizaxe do alumnado, poñer de manifesto os problemas que poidan xurdir e procurar solucións de xeito conxunto co obxectivo de garantir o cumprimento dos obxectivos e unha docencia de calidade. Así mesmo, designarase un coordinador para cada unha das materias e por medio das titorías presenciais e virtuais manterase unha estreita interacción co alumnado.

Ademais, a universidade dispón de diversos servizos para o apoio e orientación do alumnado durante a súa traxectoria universitaria, que se describen a continuación:

Asesoramento e acción tutorial.

- Informar sobre as características académicas dos estudos e sobre as súas saídas profesionais.
- Informar sobre o réxime de acceso e permanencia do alumnado na universidade.
- Informar sobre os dereitos do alumnado e asesorar sobre o modo de exercelos e/ou reclamalos.
- Informar, a nivel xeral e nos centros, das bolsas e axudas convocadas.
- Promover a creación de bolsas e axudas e propoñer ás xuntas de goberno as accións a levar a cabo en materia de bolsas, axudas e exencións.
- Asesorar na procura de emprego. Nesta liña realízanse varias actuacións que teñen como finalidade atender necesidades de información e orientación laboral. Ofrece información sobre saídas profesionais, prácticas, ofertas de emprego, direccións de empresas, axudas e subsidios para o autoemprego.
- Asesorar na creación de empresas novas.
- Programas europeos.

Dispón tamén de plans de acción tutorial que asigna profesorado titor a cada estudante para ofrecer asesoramiento académico en canto ás opcións e a orientación do seu proxecto académico e profesional.

Así mesmo, informa dos recursos e servizos que a universidade pon a disposición do estudantado e da información sobre o seu funcionamento xeral, sobre os aspectos administrativos, académicos, de xestión e de participación nas estruturas de goberno.

Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con:

  •  A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación.
  •  A supresión gradual da impartición da docencia.
  •  Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
     

Acceso

Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:

1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.

Admisión

Modalidade: con límite de prazas e criterios xerais

a) 10 prazas Licenciatura/grao en Administración e Dirección de Empresas

b) 6 prazas Licenciatura/grao en Economía

c) 4 prazas para as seguintes titulacións por orde de preferencia:
1º) Enxeñaría
2º) Licenciatura/grao en Dereito
3º) Outras titulacións universitarias

Os alumnos procedentes de países de lingua diferente ao galego, portugués ou español deberán acreditar o nivel de lingua galega: Celga II, ou española: B2, consonte o Acordo do Consello de Goberno da USC do 30 de xullo de 2018.
De non posuir algún dos títulos, a USC realizaralles unha proba de nivel e, de non superala, deberán asistir a un curso intensivo de galego ou español no primeiro semestre até acadaren o nivel requirido.

Modalidade: con límite de prazas e criterios xerais

a) 10 prazas Licenciatura/grao en Administración e Dirección de Empresas

b) 6 prazas Licenciatura/grao en Economía

c) 4 prazas para as seguintes titulacións por orde de preferencia:
1º) Enxeñaría
2º) Licenciatura/grao en Dereito
3º) Outras titulacións universitarias

Os alumnos procedentes de países de lingua diferente ao galego, portugués ou español deberán acreditar o nivel de lingua galega: Celga II, ou española: B2, consonte o Acordo do Consello de Goberno da USC do 30 de xullo de 2018.
De non posuir algún dos títulos, a USC realizaralles unha proba de nivel e, de non superala, deberán asistir a un curso intensivo de galego ou español no primeiro semestre até acadaren o nivel requirido.

- Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
- Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
- Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
- Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
- Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo

1. Coñecemento avanzado en Dirección de empresas, fundamentalmente nos seus métodos, técnicas e áreas de aplicación.
2. Capacidade para dispor dunha visión estratéxica dos problemas empresariais.
3. Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos á realidade empresarial.
4. Capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas.
5. Capacidade para a toma de decisións de xestión no ámbito da empresa en xeral e en particular das súas diferentes funcións, en situacións de información incompleta.
6. Capacidade para elaborar e defender argumentos sobre cuestións especializadas e resolver problemas sobre estas cuestións, facendo uso do coñecemento adquirido sobre a realidade empresarial, as teorías, os modelos e os métodos científicos adecuados.
7. Capacidade para comunicar información, ideas, problemas de dirección de empresas e propostas de solución, facendo uso tanto da linguaxe verbal e escrita como de técnicas de presentación, a públicos especializados e non especializados.
8. Capacidade para deseñar proxectos de xestión integrada ou de áreas funcionais da empresa.
9. Dominio de diversas ferramentas, instrumentos e métodos de xestión necesarios para dirixir unha empresa.
10. Capacidade para identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas coa xestión empresarial.
11. Capacidade para continuar coa aprendizaxe autónoma.
12. Conciencia da responsabilidade social da empresa.

1. Capacidade para comprender os problemas e aspectos relevantes das diversas áreas funcionais da empresa.
2. Visión de conxunto da empresa e a súa contorna, que permita diagnosticar problemas complexos, analizalos e tomar decisións adecuadas, sendo consciente da súa repercusión e alcance.
3. Coñecemento das repercusións da internacionalización.
4. Capacidade para comprender os mercados e a Mercadotecnia desde unha perspectiva estratéxica.
5. Capacidade para dirixir a un equipo de vendas.
6. Capacidade para formular e implantar estratexias relativas ás persoas que axuden ás empresas a obteren unha vantaxe competitiva sostida.
7. Capacidade para xestionar as operacións e os sistemas de información da empresa.
8. Capacidade para realizar a xestión económica-financeira dunha empresa.
9. Coñecemento e comprensión do papel da información contable como mecanismo para a avaliación e o control.

- Sentido ético da dirección e xestión empresarial
- Capacidade de razoamento crítico
- Capacidade de análise e síntese
- Capacidade de planificación e organización
- Capacidade de argumentación e comunicación
- Capacidade para integrarse e traballar en equipos de composición diversa

Mobilidade

A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

Portal Internacional

Ademais, a facultade conta coa colaboración de varios profesores/as que actúan como coordinadores académicos, e cuxa función é tutorizar e asistir nas súas decisións académicas aos estudantes propios e de acollida.

Prácticas

A materia optativa Practicas en Empresa debe ser cursada obrigatoriamente polos alumnos/as que queiran obter o mestrado pola orientación profesional. Prográmanse no segundo cuatrimestre para que o alumnado xa dispoña da maior parte das competencias desenvolvidas nas materias obligatorias. O obxectivo fundamental é que o alumnado desenvolva competencias a través da súa inmersión nun contorno de traballo representativo do contexto profesional futuro.

As actividades concretas a desempeñar variarán en función do posto e da organización (empresa ou institución) en que o alumno realice as prácticas, sempre vinculadas coas competencias estabélecidas. Cada curso académico farase público o listado das empresas e institucións coas que se asinaron convenios de colaboración.

O Traballo Fin de Máster consistirá na planificación, elaboración, presentación e defensa dun traballo orixinal no cal demostre as competencias adquiridas ao longo dos seus estudos do mestrado, baixo a tutela dun profesor/a do mestrado. Este traballo incluirá, como mínimo, tarefas de procura e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de esquemas, redacción, presentación e defensa do traballo final. Dependendo da temática que se aborde poderá incluír, ademais, unha parte empírica ou unha análise de casos.

Para a planificación e elaboración do Traballo Fin de Máster e da súa defensa. o titor do TFM orientará e asesorá ao alumno sobre as fontes documentais a utilizar, o formato e a estrutura do do traballo, e, finalmente, sobre a súa posterior elaboración e presentación.

Este máster conta con profesorado da USC especializado. Dada a súa orientación ao mundo empresarial, tamén conta con colaboradores externos, xestores e directivos de empresas, que imparten charlas, seminarios e conferencias.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.05.2023.