Ir o contido principal
STG

Mobilidade

A Facultade de Enfermaría participa nos programas de mobilidade da USC apoiando a saída dos estudantes propios e acollendo a estudantes externos (nacionais e internacionais).

A Facultade ten asinados convenios de mobilidade nacionais e internacionais cun elevado número de universidades, dándolle así a oportunidade ao estudantado de vivir experiencias que enriquecen a súa formación a nivel tanto académico como persoal. Así mesmo, a convivencia co alumnado que nos visita resulta moi satisfactoria para os estudantes da USC.

É recomendable informarse con antelación dos requisitos de idioma para cada destino internacional.

Existen convenios coa maioría das universidades españolas para a realización de mobilidades a nivel nacional.

Hai programas de mobilidade Erasmus cos seguintes países e universidades:

  • Italia: Università degli studi di Napoli Federico II, Università degli studi del Piemonte Orientale “Amedeo Avogadro”.
  • Polonia: Medical University of Gdańsk, Wroclaw Medical University. 
  • Romanía: Universitatea Transilvania din Brasov.
  • Portugal: Universidade do Minho, Instituto Politécnico de Bragança, Instituto Piaget, Instituto Politécnico de Portalegre, Escola Superior de Enfermagem do Porto, CESPU (Cooperativa de Ensino Superior Politécnico e Universitário, Porto), Instituto Politécnico da Guarda.
  • Finlandia: Laurea University of Applied Sciences.

A USC convoca prazas de mobilidade para a realización de estudos en diversas universidades de países extracomunitarios (América Latina, Estados Unidos, Canadá, Australia, Rusia, Xapón, República Popular de China, Corea do Sur, Taiwan e Suíza) coas que ten formalizado un convenio de intercambio bilateral de estudantes.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 31.10.2023.