Ir o contido principal
STG

Máster Universitario en Xerontoloxía (3ª edición)

  • Nova oferta
Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias da Saúde
Ámbito de coñecemento
Interdisciplinar.
Centro(s)
Facultade de Enfermaría
Avda. Xoan XXIII, 15782
Santiago de Compostela
881812033 (Conserxaría)
881812035 (Decanato)
enfermaria.decanato [at] usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
Manuel Gandoy Crego
Contacto
manuel.gandoy [at] usc.es

O Máster Universitario en Xerontoloxía enfócase como un título de posgrao de gran utilidade para todos os universitarios encamiñados cara ao campo da xerontoloxía, tanto clínica como social, sendo especialmente relevante para as carreiras de Ciencias da Saúde (medicina, enfermería, terapia ocupacional, logopedia, psicoloxía clínica…) e Ciencias Sociais (traballo social, relacións laborais, psicoloxía social, psicopedagoxía, socioloxía…), tanto desde un punto de vista profesional como académico e investigador vía realización de tese doutoral por parte dos graduados egresados.

Duración: 1 ano académico
Código RUCT: 4317745
Número de ECTS: 60
Número prazas: 20

Decano/a ou director/a do centro:
RAQUEL RODRIGUEZ GONZALEZ
raquel.rodriguez [at] usc.es

Coordinador-a do título:
Manuel Gandoy Crego
manuel.gandoy [at] usc.es

Linguas de uso:
Castelán, Galego

Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela Universidade da Coruña

Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
Orde 8/07/2021 (DOG do 16/07/2021)

Data de publicación no BOE:
17/01/2022

Data da última acreditación:
24/05/2021

Condicións de terminación:

Obrigatorios 24
Optativos Vinculados 8
Optativos 12
Prácticas Externas 8
Traballo Fin de Máster 8
Total 60

Este título contempla dúas especialidades:

-Especialidade en Xerontoloxía Social (USC)
-Especialidade en Xerontoloxía Clínica (UDC)

Para obter a titulación é obrigatorio cursar unha das dúas especialidades, para o cal deberá superar as dúas materias vinculadas á especialidade elixida e realizar as prácticas e o traballo fin de mestrado por esa especialidade.

Tamén deberá cursar as materias obrigatorias comúns e 12 créditos non vinculados a especialidade.

Para ser admitido ao Máster, o alumno preferentemente deberá de responder o perfil de cada unha das dúas especialidades das que se compón o Máster, a saber:

  • Para ser admitido á especialidade en Xerontoloxía Clínica o alumno (recentemente egresado ou non) deberá proceder preferentemente (preferencia 1) dun título de grao afín ás Ciencias da Saúde (medicina, psicoloxía clínica e da saúde, enfermería, fisioterapia, logopedia, terapia ocupacional, podoloxía, odontoloxía, farmacia) ou Sociais (preferencia 2), ou demostrar experiencia profesional e/ou investigadora suficiente neste ámbito, requisito a valorar pola Comisión Académica da UDC de acordo aos méritos achegados (experiencia laboral e/ou investigadora entre outros).
  • Para ser admitido á especialidade en Xerontoloxía Social, o alumno (recentemente egresado ou non) deberá proceder preferentemente (preferencia 1) dun título de grao afín ás Ciencias Sociais e/ou Xurídicas (socioloxía, dereito, pedagoxía, antropoloxía, psicoloxía, demografía, xeografía, traballo social, educación física) ou da Saúde (preferencia 2), ou acreditar experiencia profesional e/ou investigadora suficiente neste ámbito, requisito a valorar pola Comisión do Título de Máster da Facultade de Enfermería da USC acordo aos méritos achegados (experiencia laboral e/ou investigadora entre outras).
  • A admisión será por adecuación de perfil (ramas dos estudos de procedencia). E, no caso de que a demanda fose maior que a oferta de prazas, a admisión sería de acordo ao seguinte baremo (Expediente e Formación Académica):
(1) EXPEDIENTE ACADÉMICO (máximo 10 puntos)
Matrícula de horna (10 puntos) 4 puntos, valorarase con 10 puntos
Sobresaliente (de 9 a 9,99 puntos) 3 puntos, valorarase con 8 puntos
Notable (de 7 a 8,99 puntos)     2 puntos, valorarase con 6 puntos
Aprobado (de 5 a 6,99 puntos) 1 puntos, valorarase con 5 puntos
(2) FORMACIÓN ACADÉMICA E PREMIOS EXTRAORDINARIOS (máximo 5 puntos)
A: Licenciatura, Diplomatura ou Grao Engadirase 1 punto pola obtención de premio extraordinario ou por otras licenciaturas, diplomaturas e/ou graos.
B: Teses doctorais
B1: Sobresaliente cum laude (ou apto cum laude) 4 puntos
B2: Sobresaliente        3 puntos
B3: Notable 2 puntos
B4: Aprobado (ou apto) 1 punto
No caso de que non se especifique a cualificación, considerarase a puntuación mínima. Ás teses con mención europea engadiráselles 1 punto. Tamén se engadirá 1 punto pola obtención de premio extraordinario.

Condicións de terminación:

Obrigatorios 24
Optativos Vinculados 8
Optativos 12
Prácticas Externas 8
Traballo Fin de Máster 8
Total 60

USC conta con recursos de apoio para os estudantes de acollida, tales como a reserva de prazas nas residencias universitarias, ou o Programa de Atención a Estudantes Extracomunitarios (PATEX) do Vicerrectorado con competencias en mobilidade, a través do cal voluntarios/as da USC realizan tarefas de acompañamento dirixidas á integración na cidade e na universidade destes estudantes.

En canto aos/ás estudantes de acolida, organízase unha sesión de recepción, ao comezo de cada cuadrimestre, na cal son informados e orientados sobre o centro e os estudos, á vez que son postos en contacto cos coordinadores académicos, que actuarán como titores, e o persoal do centro implicado na súa atención.

Por outro lado, entre as funcións da Comisión Académica está a designación dos titores para o desenvolvemento dos traballos de investigación dentro do mestrado.

Este aspecto, coa designación de titores, conformará o acceso ao “Sistema de titorías” para garantir o apoio e asesoramento do alumno. Disporán de “Titorías do profesorado en xeral” (especificadas no programa de cada materia) e “Titores de mestrado”, xa que desde o primeiro día de clase os estudantes terán asignado un titor/a cuxa función principal é a de prestar apoio e asesoría de carácter xeral.

Ademais, durante a realización do traballo fin de master, a cada alumno tamén lle será asignado un titor específico que o asesorará na súa elaboración e que terá un perfil relacionado cos intereses de investigación afíns. No caso das prácticas externas, tamén se nomeará un “Titor de prácticas externas” nos centros ou grupos onde se realicen.

Acceso

Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:

1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institución de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.

Admisión

Modalidade: Máster con límite de prazas e criterios específicos

Titulacións de acceso:
- Titulados da área de CC. da Saúde
- Titulados da área de CC. Sociais e Xurídicas
- Titulados da área de CC. Experimentais
- Titulados da área de Ensinanzas Técnicas
- Titulados da área de Humanidades

CRITERIOS DE SELECCIÓN

A admisión realizarase por adecuación de perfil (ramas dos estudos de procedencia). En caso de que a demanda fose maior que a oferta de prazas, a admisión realizaríase consonte o seguinte baremo:

1º) EXPEDIENTE ACADÉMICO (máximo 10 puntos)

-Matrícula de honra (10 puntos): 4 puntos, valorarase con 10 puntos
-Sobresaínte (de 9 a 9,99 puntos): 3 puntos, valorarase con 8 puntos
-Notable (de 7 a 8,99 puntos): 2 puntos, valorarase con 6 puntos
-Aprobado (de 5 a 6,99 puntos): 1 puntos, valorarase con 5 puntos

2º) FORMACIÓN ACADÉMICA E PREMIOS EXTRAORDINARIOS (máximo 5 puntos)

A: Licenciatura, Diplomatura ou Grao
-Engadirase 1 punto pola obtención de premio extraordinario ou por outras licenciaturas, diplomaturas e/ou graos.
B: Teses de doutoramento
-Sobresaliente cum laude (ou apto cum laude): 4 puntos
-Sobresaliente: 3 puntos
-Notable: 2 puntos
-Aprobado (ou apto) 1 punto
-No caso de que non se especifique a cualificación, considerarase a puntuación mínima.
-Se a tese ten mención europea engadirase 1 punto. Tamén se engadirá 1 punto pola obtención de premio extraordinario.

Información actualizada en cada convocatoria de matrícula

Modalidade: Máster con límite de prazas e criterios específicos

Titulacións de acceso:
- Titulados da área de CC. da Saúde
- Titulados da área de CC. Sociais e Xurídicas
- Titulados da área de CC. Experimentais
- Titulados da área de Ensinanzas Técnicas
- Titulados da área de Humanidades

CRITERIOS DE SELECCIÓN

A admisión realizarase por adecuación de perfil (ramas dos estudos de procedencia). En caso de que a demanda fose maior que a oferta de prazas, a admisión realizaríase consonte o seguinte baremo:

1º) EXPEDIENTE ACADÉMICO (máximo 10 puntos)

-Matrícula de honra (10 puntos): 4 puntos, valorarase con 10 puntos
-Sobresaínte (de 9 a 9,99 puntos): 3 puntos, valorarase con 8 puntos
-Notable (de 7 a 8,99 puntos): 2 puntos, valorarase con 6 puntos
-Aprobado (de 5 a 6,99 puntos): 1 puntos, valorarase con 5 puntos

2º) FORMACIÓN ACADÉMICA E PREMIOS EXTRAORDINARIOS (máximo 5 puntos)

A: Licenciatura, Diplomatura ou Grao
-Engadirase 1 punto pola obtención de premio extraordinario ou por outras licenciaturas, diplomaturas e/ou graos.
B: Teses de doutoramento
-Sobresaliente cum laude (ou apto cum laude): 4 puntos
-Sobresaliente: 3 puntos
-Notable: 2 puntos
-Aprobado (ou apto) 1 punto
-No caso de que non se especifique a cualificación, considerarase a puntuación mínima.
-Se a tese ten mención europea engadirase 1 punto. Tamén se engadirá 1 punto pola obtención de premio extraordinario.

Información actualizada en cada convocatoria de matrícula

- Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
- Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
- Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
- Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
- Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo.

- Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
- Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa xerontoloxía e a xeriatría.
- Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
- Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
- Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en grande medida autodirigido ou autónomo.

- Adquirir coñecementos avanzados e demostrando, nun contexto de investigación científica e tecnolóxica ou altamente especializado, unha comprensión detallada e fundamentada dos aspectos teóricos e prácticos e da metodoloxía de traballo no campo da xerontoloxía
- Saber aplicar e integrar os coñecementos adquiridos, a comprensión destes, a súa fundamentación científica e as súas capacidades de resolución de problemas en contornos sociais e sociosanitarios e definidos de forma imprecisa, incluíndo contextos de carácter multidisciplinar tanto investigadores como profesionais do campo da xerontoloxía.
- Ser capaces de recoñecer as principais patoloxías e síndromes geriátricas mediante a aplicación de novas e innovadoras metodoloxías de traballo adaptadas ao ámbito da xerontoloxía
- Ser capaces de aplicar o método de valoración xeriátrica e xerontolóxica integral a fin de poder estabelecer as bases para implementar o plan de atención individualizado
- Ser capaces de incorporar aos plans de intervención individualizada a metodoloxía de intervención xeronto-xeriátrica.
- Ser capaces de asumir a responsabilidade do seu propio desenvolvemento profesional e da súa especialización tanto no ámbito sociosanitario como sanitario de atención ás persoas maiores a fin de incorporarse aos equipos interdisciplinares de valoración e intervención xeronto-xeriátrica
- Adquirir coñecementos que lle permitan establecer o recurso xeronto-xeriátrico adecuado de acordo coas características da persoa maior.
- Desenvolver a autonomía suficiente para participar en proxectos de investigación e colaboracións científicas ou tecnolóxicas dentro do campo da xerontología, en contextos interdisciplinares tanto públicos como privados e, no seu caso, cun alto compoñente de transferencia do coñecemento

- Coñecer e aplicar o método científico na redacción de proxectos.
- Saber difundir os resultados obtidos no desenvolvemento da súa actividade através das fontes de información dispoñíbeis para a comunidade científica.
- Ampliar as perspectivas asistenciais, docentes e investigadoras através do intercambio de estudantes e profesores/as.
- Coñecer as posibilidades da investigación no campo da xerontología a fin de motivar os estudantes para se incorporaren á mesma, posibilitando a realización de teses doutorais.

Mobilidade

A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

Portal Internacional

Para aqueles alumnos do mestrado que desexen realizar estudos doutros cursos ou masters, a Comisión Académica, co visto e prace do titor do alumno, facilitará a mobilidade dos estudantes e encargarase de estabelecer a correspondencia e adecuación, así como os criterios de validación dos estudos cursados.

A Comisión de Selección terá como función propoñer un titor ao estudante de acollida e asistir nas súas decisións académicas aos estudantes propios e de acollida. Tamén planificará e dotará mecanismos de seguimento, avaliación, asignación de créditos e recoñecemento curricular da mobilidade dos estudantes. A selección de candidatos lévase a cabo, para cada convocatoria ou programa, pola Comisión de Selección, de acordo con criterios de baremación previamente estabelecidos, que teñen en conta o expediente académico, unha memoria e, de ser o caso, as competencias en idiomas que esixen a universidade de destino.

Prácticas

O programa práctico é específico para cada especialidade e constará de varias modalidades:

a) Prácticas socio-sanitarias: a realizar en diferentes centros de asistencia xeriátrica ou xerontolóxica, consonte os programas e convenios previamente estabelecidos.

b) Prácticas de investigación: a realizar en diferentes centros de investigación xeriátrica ou xerontolóxica, consonte os programas e convenios previamente estabelecidos.

c) Recoñecemento: este apartado poderá ser confirmado/recoñecido pola Comisión Académica a aqueles alumnos que demostren, mediante o correspondente certificado, estaren desempeñando actividade laboral e/ou de investigación en relación coas prácticas esixidas ou ocupar postos profesionais en relación coa atención ás persoas maiores.

As prácticas externas realizaranse nos distintos centros concertados, baixo a tutela dun profesional, preferentemente do mesmo perfil que o/a alumno/a, que será o encargado de facer a valoración do rendemento do/a alumno/a durante a realización das actividades.

Con carácter previo á finalización do período lectivo correspondente ao primeiro cuatrimestre, o estudiantado, através dun formulario específico, deberá elixir a modalidade de prácticas a realizar durante o segundo cuatrimestre, consonte a oferta estabelecida.

O Traballo Fin de Máster (8 créditos) ten como finalidade a acreditación de que o estudante adquiriu os coñecementos e competencias asociados ao título de Master Universitario en Xerontoloxía. Aínda que a súa orixe virá determinada desde a materia de Metodoloxía da investigación, será realizado polo estudante ao longo do segundo cuadrimestre baixo a dirección dun profesor titor-doutor que será asignado en función da coincidencia de intereses de investigación.

O Traballo consistirá na elaboración e presentación pública dunha investigación levada a cabo polo estudante na cal se fará especial fincapé na aplicación da dita investigación ao campo da xerontoloxía e a xeriatría.

Para que unha proposta se considere aceptada e o estudante poida proceder ao seu desenvolvemento e elaboración, deberá presentar, antes da finalización do segundo cuadrimestre, ante a Comisión Académica do Máster, unha proposta do Traballo que pretende desenvolver. Unha vez dado o visto bo por parte da Comisión e do titor da proposta presentada, o alumno procederá ao desenvolvemento do Traballo final.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.04.2022.