Ir o contido principal
STG
Fotografía da Facultade de Enfermaría
Facultade de Enfermaría
  • Avda. Xoan XXIII, 15782
    Santiago de Compostela
  • 881812033
    (Conserxaría)
    881812035
    (Decanato)
  • enfermaria.decanato [at] usc.gal

A Facultade de Enfermaría é un centro da USC dedicado á docencia e á investigación onde se imparten os estudos de Grao de Enfermaría, Máster en Xerontoloxía (interuniversitario) e Máster en Atención Sanitaria, Xestión e Coidados. O centro ofrece unha formación de calidade que axuda ao estudantado a acadar as competencias profesionais necesarias para a atención integral das persoas e da sociedade desde unha perspectiva biolóxica, psicolóxica e social. Os plans de estudos impartidos no centro potencian a aprendizaxe teórico-práctica mediante docencia expositiva, seminarios en grupos reducidos, prácticas de laboratorio, simuladores e prácticas en centros de traballo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.12.2024.