Ir o contido principal
STG

Prácticas

As Prácticas Tuteladas constitúen seis materias obrigatorias da titulación (84 ECTS) nas que se desenvolve, dende o segundo curso, a formación práctica do estudantado mediante estancias clínicas supervisadas en centros sanitarios da Comunidade Autónoma de Galicia.

As  prácticas permiten ao estudantado completar a adquisición de competencias do título que o capacitan para o seu futuro desempeño profesional.

Comprenden a integración dos coñecementos tanto básicos como específicos da profesión e o desenvolvemento das habilidades precisas para a realización dos coidados enfermeiros.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.11.2022.