A revolución da impresión 3D na aula de matemáticas de Educación Primaria
Autoría
M.G.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]

Data da defensa
10.07.2024 10:00
10.07.2024 10:00
Resumo
Este proxecto de fin de grao explora o impacto da impresión 3D na educación primaria. A tecnoloxía de impresión 3D permite crear obxectos tridimensionais a partir de modelos dixitais, ofrecendo un medio innovador para o ensinanza e a aprendizaxe. A través de diversas actividades e proxectos, avalíase como esta ferramenta facilita a comprensión de conceptos complexos, fomenta o pensamento crítico, a creatividade e a resolución de problemas no alumnado. O fundamento teórico deste traballo apóiase en estudos previos que destacan a importancia de adaptarse ás necesidades do alumnado, promovendo a aprendizaxe práctica e observacional en lugar do método tradicional da escoita e lectura. Do mesmo modo, revela que a impresión 3D non só mellora a motivación dos alumnos cara ás materias científicas e matemáticas, senón que tamén promove a autonomía e a aprendizaxe activa. Á súa vez, identifícanse vantaxes significativas, como a capacidade de visualizar e manipular ideas abstractas, así como desafíos relacionados coa integración desta tecnoloxía no currículo escolar. Os resultados obtidos apuntan que a impresión 3D pode ser unha ferramenta valiosa para a educación primaria, proporcionando novas oportunidades para o desenvolvemento persoal e académico dos estudantes, potenciando concretamente os contidos xeométricos. Deste xeito, a impresión 3D ten o potencial de transformar a educación, preparando ao alumnado para un mundo cada vez máis tecnolóxico.

Dirección
LOIS PRADOS, CRISTINA (Titoría)
LOIS PRADOS, CRISTINA (Titoría)
Tribunal
Rodríguez Vivero, Dolores (Presidente/a)
CONDE MIGUELEZ, JORGE (Secretario/a)
ROMERO CASTRO, MARIA JOSE (Vogal)

A robótica enfocada ao ensino e aprendizaxe das matemáticas en Educación Primaria
Autoría
C.V.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
C.V.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
10.07.2024 11:00
10.07.2024 11:00
Resumo
Neste Traballo de Fin de Grao (TFG) preténdese coñecer como afecta a integración da robótica á ensinanza das matemáticas en Educación Primaria. Investígase a través de diversas fontes acerca das vantaxes e inconvenientes que supón o seu uso na aula, a visión por parte da comunidade educativa, a gamificación como metodoloxía máis axeitada e a relevancia dunha boa elección do material en función da idade. Ademais, recompílanse diversos aspectos que se poden traballar no ámbito STEM, o pensamento computacional ou o sentido espacial. Por outra banda, reflectimos o deseño e posta en práctica de actividades que buscan traballar, a través da robótica, diferentes aspectos do currículo de primaria como as simetrías, os xiros, a estimación e a programación por bloques (secuencias, bucles e condicionais). Todas elas serán dinámicas e lúdicas para facilitar a ensinanza e aprendizaxe dos termos máis complexos.

A necesidade de naturalizar o entorno escolar: un proxecto de intervención asentado nos patios verdes e vivos
Autoría
L.P.P.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
L.P.P.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
Data da defensa
10.07.2024 13:00
10.07.2024 13:00
Resumo
Os actuais patios de recreo están dominados polo pavimento de cemento e por pistas deportivas de grandes dimensións. Condicións que presentan, cando menos, dous inconvenientes: non dan resposta á diversidade existente na sociedade e non están preparados para facer fronte ás esixencias climáticas do porvir. A este respecto, investigacións de todo o mundo demostran os beneficios de que a infancia medre en contacto coa contorna natural. É na natureza onde os nenos e nenas poden desenvolverse verdadeiramente como individuos capaces e seguros de si mesmos, coas habilidades, o coñecemento e a comprensión necesarias para facer fronte a un futuro incerto nun mundo en rápida evolución. O proxecto de intervención que aquí se presenta tomando como referencia un contexto escolar real é unha mostra da necesidade e a viabilidade de garantir que a natureza sexa un terceiro acompañante nos centros educativos. Deséñase así, un patio naturalizado que busca paliar as consecuencias do cambio climático e promover no alumnado a toma de conciencia sobre a valorización da contorna. Todo isto, xunto coas aprendizaxes curriculares que se poden traballar e o desenvolvemento de valores, tales como a inclusión, corrobora que os espazos de lecer vivos e verdes deben ser un legado educativo para as actuais e futuras xeracións. Por tal razón, apóstase por expandir esta práctica a outros centros educativos, coa finalidade de sentar as bases dunha educación e pensamento sostibles dende o punto de vista ambiental, social e económico.

RIVEIRO RODRIGUEZ, TANIA (Titoría)

O faladoiro Galetube: Situación de aprendizaxe que conecta o fenómeno Booktube coas aulas de Educación Infantil

08.07.2024 12:00
08.07.2024 12:00
Resumo
As novas tecnoloxías resultan ser unha ferramenta crucial na sociedade en XI. Evidénciase así a necesidade de desenvolver na escola un alfabetismo transmedia utilizando como soporte mediático as redes dixitais para a aprendizaxe do alumnado. O fenómeno Booktube é unha das ferramentas cun gran potencial para achegar a literatura á infancia e conseguir desenvolver nesta a competencia literaria e o hábito lector. A este respecto, créase un proxecto de fomento da cultura e da lectura de carácter internacional centrado en formar unha comunidade virtual que comparta uns mesmos obxectivos e finalidades. Isto efectuarase partindo de diversas propostas vinculadas coa literatura, sendo estas as composicións que beben do folclore, os álbums ilustrados e os libros-cd. Co obxectivo de amosar a súa efectividade, levouse a cabo unha adaptación, cuxo resultados reflectiron a eficacia que implica establecer unha boa conexión entre as novas tecnoloxías e a literatura. En definitiva, constatouse que a lectura é unha ferramenta crucial para comprender e seleccionar a información do mundo circundante, a cal non é allea á influencia xorden novas formas de alfabetización e intertextualidades nas novas xeracións ás que o sistema educativo se debe adaptar. Por tal razón, apóstase por expandir esta práctica a outros niveis educativos, coa finalidade de comprobar os beneficios que esta outorga a longo prazo e noutras franxas de idade, partindo sempre dun uso responsable das novas tecnoloxías.

GARCIA PEDREIRA, MARIA DEL ROCIO (Titoría)

BLANCO MOSQUERA, VICENTE (Presidente/a)
MARTINEZ TEJERO, CRISTINA (Secretario/a)
GARCIA DOCAMPO, LAURA (Vogal)

Onde hai máis motivación e goce, nos deportes de equipo ou nos xogos cooperativos?
Autoría
C.F.D.S.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
C.F.D.S.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
03.07.2024 16:00
03.07.2024 16:00
Resumo
Con este traballo pretendo analizar a motivación e o desfrute dentro da aula de E.F. usando as diferentes escalas (PLOC SCALE y la de PACES) e buscar que xénero predomina no noso tema dentro da aula de E.F. Este traballo foi dividido en dúas fases: a 1ª fase teórica: analizando as diferentes fontes para realizar a fundamentación teórica e proporcionando as escalas coa súa explicación ao alumnado; a 2ª fase práctica realizouse unha proposta de intervención educativa cunha UDI chamada Colpbol para poñer en práctica as escalas, anteriormente citadas, e mediante a observación levada a cabo, e despois realizáronse gráficas a través dos resultados obtidos. E por último, no apartado de conclusións darase a coñecer se se foi capaz de comprender mellor este tema elixido en base a unhas respostas.

NEIRA MARTIN, PEDRO JOSUE (Titoría)
NEIRA MARTIN, PEDRO JOSUE (Titoría)
Tribunal
NEIRA MARTIN, PEDRO JOSUE (Titor do alumno)

Escola rural: escola social. O proxeto Monferosolidario do CPI Virxe da Cela de Monfero, A Coruña
Autoría
M.G.P.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
M.G.P.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
Data da defensa
12.09.2024 16:30
12.09.2024 16:30
Resumo
Na actualidade, son moitos os estudos que destacan o carácter social das escolas do rural, que cada vez máis, transfórmanse en ferramentas do territorio dispostas a compensar as desigualdades e as problemáticas existentes, e que pola contra, non son contrarrestadas con políticas educativas igualadoras. Escolas que a través cunha educación que busca desenvolver o carácter crítico, cooperativo, ético e cidadán do alumnado, pretende formar ás futuras xeracións como agentes de cambio que muden estas realidades. No seguinte Traballo de Fin de Grao realízase un estudo de caso sobre o CPI Plurilingüe Virxe da Cela, centrándonos no seu trabalho continuo coa contorna próxima, máis concretamente falando do seu proxecto Monferosolidario. Deste xeito, despois de aclarar una serie de cuestións en referencia á tipoloxía do centro e das metodoloxías nas que se basean as accións desenvoltas neste proxecto, faremos unha análise da iniciativa Monferosolidario a través dunha das súas propostas máis recentes no marco de educación infantil: a transformación dos espazos destinados á actividade docente nesta etapa, para poder implementar a aprendizaxe por ambientes. Con este traballo preténdese amosar un exemplo do papel social que teñen as escolas, a través dun proxecto no cal involucráronse numerosos axentes educativos xunto con entidades e institucións da contorna próxima. Deste xeito, poñemos o foco neste tipo de iniciativas, resaltando o papel da escola na sociedade, así como o valor da educación en valores e a implantación de dinámicas cooperativas como vía para conseguir unha educación holística que respecte ao medio e ao alumnado.

PONCET SOUTO, MARTA MARIA (Titoría)
PONCET SOUTO, MARTA MARIA (Titoría)
Tribunal
PONCET SOUTO, MARTA MARIA (Titor do alumno)

Proposta de centro para unha escola inclusiva. Estudo de caso.
Autoría
P.L.O.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
P.L.O.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
12.09.2024 18:00
12.09.2024 18:00
Resumo
O Traballo de Fin de Grao titulado “Propostas de centro para unha escola inclusiva. Estudo de caso” enfócase nas iniciativas e estratexias implementadas polo CEIP Paradai de Lugo para mellorar a inclusión educativa do alumnado inmigrante. O propio título reflicte os esforzos do centro para conseguir transformar esa diversidade cultural nunha das súas fortalezas educativas, converténdoos nun referente en materia de inclusión e atención á diversidade, debido ao significativo número de estudantes de orixe inmigrante que lles fixo adaptarse á nova realidade das aulas. O presente traballo busca destacar a relevancia destas propostas para fomentar unha convivencia intercultural efectiva e inclusiva. O documento divídese nunha parte teórica, onde se clarifican conceptos esenciais sobre escola, inmigración e comunidade educativa, revísanse aspectos lexislativos e móstranse datos estatísticos sobre o alumnado inmigrante en España e Galicia, e unha parte empírica enfocada no CEIP Paradai. Esta última inclúe un estudo das prácticas inclusivas do centro baseado nunha entrevista coa directora do mesmo, quen liderou estes proxectos. Como resultado desta procura quedou en relevancia a necesidade dunha xestión educativa comprometida coa integración de estudantes e familiares inmigrantes, promovendo unha educación inclusiva.

Estudo dos hábitos saudables no último ciclo de Educación Primaria nun centro de Ferrol.
Autoría
J.R.V.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
J.R.V.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
12.09.2024 15:30
12.09.2024 15:30
Resumo
No presente traballo realízase unha investigación teórica sobre algúns hábitos de vida saudable (actividade física, alimentación, descanso) no último ciclo de educacion primaria nun colexio de Ferrol para analizar os hábitos do alumnado. Neste estudo participan un total de 60 alumnos, 23 de 5º de primaria e 37 de 6º, emplease o cuestionario como instrumento de recollida de datos, o cal foi levado a cabo en 2023. Os mellores resultados dánse no ámbito de actividade física, o 93% do alumnado realiza a actividade física diaria recomendada, o 85% practica deporte e o 100% coñece a importancia de esta para protexerse de enfermidades e levar un estilo de vida saudable. Pola súa contra, encontramos resultados menos favorables nas preguntas de sedentarismo; un 58% dedica un tempo inadecuado a actividades sedentarias, superando as horas recomendadas, as de alimentación; xa que inxeren poucas frutas e verduras diariamente e destaca o consumo de alimentos ultraprocesados e o descanso; xa que só un 23% supera as horas recomendadas. A investigación revela que os hábitos nos que máis habería que incidir para mellorar son os de alimentación e descanso, ademáis de regular o tempo dedicado as actividades sedentarias.

CONS FERREIRO, MIGUEL (Titoría)
CONS FERREIRO, MIGUEL (Titoría)
Tribunal
CONS FERREIRO, MIGUEL (Titor do alumno)
CONS FERREIRO, MIGUEL (Titor do alumno)
A natación en Educación Física: Unha proposta didáctica para Educación Primaria
Autoría
G.A.B.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
G.A.B.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
12.09.2024 18:30
12.09.2024 18:30
Resumo
A natación é un deporte e unha habilidade fundamental para o desenvolvemento de habilidades motrices dos nenos e nenas na Educación Primaria. Incorporala á materia de Educación Física beneficiaría o desenvolvemento físico, cognitivo e de integración social do alumnado, así como á súa iniciación á práctica deportiva. O obxectivo deste traballo é levar a cabo unha proposta didáctica para discentes de 4º de EP a través de xogos, exercicios e retos no medio acuático nun centro escolar do rural galego. Trataría con iso de mostrar que a incorporación, por parte dos/as docentes, da natación á programación didáctica dos centros escolares cumpriría cos obxectivos e competencias do currículo de EP na área de Educación Física.

Corpo Activo, Mente Positiva: A autoestima e o autoconcepto relacionado coa Educación Física en Educación Primaria.
Autoría
A.R.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
A.R.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
18.06.2024 11:00
18.06.2024 11:00
Resumo
Hoxe en día aborda a preocupación polos problemas e desafíos psicoafectivos e psicoemocionales que xorden en menos, nenas e novas, especialmente, a falta de autoestima, a ansiedade, a depresión etc. Tras una revisión bibliográfica exhaustiva, identificáronse factores determinantes como a austoestima e o autoconcepto, destacando o impacto positivo da actividade física nestes aspectos, psicolóxica e físicamente. Elaborouse un estudo descritivo e comparativo investigando a correlación entre a saúde mental e a actividade física en estudantes de 5º e 6º de Primaria, empregando diferentes os cuestionarios de Body Shape de Evans y Dolan, o test de Rosenberg e o APALQ. O obxectivo é avaliar o grao de austoestima, aparencia corporal e autoconcepto no alumnado de Educación Primaria e explorar a influencia da actividade física no seu desenvolvemento integral. A mostra incluíu a 60 nenos de idade comprendidas de 10 a 14 anos. Os resultados indican que a actividade física promove sentimentos de competencia e logros, mellorando a autoestima e a aparencia corporal. Aínda que algúns alumnos aínda mostran insatisfacción corporal, evidenciouse que a actividade física contribúe positivamente na saúde mental e ao benestar psicolóxico. En conclusión, atopouse una relación directa entre a actividade física, a autoestima, o autoconcepto e a imaxe corporal. A práctica regular de exercicio físico, combinada con actividades que promovan a autoaceptación e resiliencia, poden crear unha contorna que beneficie o desenvolvemento integral do alumnado e sentar as bases para unha vida adulta máis saludable e equilibrada.

MECIAS CALVO, MARCOS (Titoría)
MECIAS CALVO, MARCOS (Titoría)
Tribunal
MECIAS CALVO, MARCOS (Titor do alumno)
MECIAS CALVO, MARCOS (Titor do alumno)
Proposta de prevención do acoso escolar para o profesorado de Educación Primaria.
Autoría
S.C.L.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
S.C.L.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
14.02.2024 11:00
14.02.2024 11:00
Resumo
O acoso escolar é calquera forma de malos tratos entre escolares que perdura no tempo e realízase de forma reiterada (Garaigordobil e Oñederra, 2010). É un fenómeno que foi evolucionando co paso do tempo e cuxa incidencia foi en aumento. A escola e a contorna familiar constitúen os principais ámbitos que interveñen no desenvolvemento das capacidades do alumnado. O presente traballo é unha proposta de prevención do acoso escolar dirixida ao profesorado de Educación Primaria. Desta forma, proporciónase información relativa ao acoso escolar nas aulas, que é, que axentes interveñen, de que formas maniféstase e que tipos hai, cales son as consecuencias para cada un dos axentes, así como a importancia dos axentes educativos, en especial o profesorado na súa prevención. A proposta será realizada ao longo dun curso académico, comezando en setembro e finalizada en maio. Está estruturada en dez sesións de aproximadamente unha hora nas que o profesorado debe realizar unha serie de actividades que lle servirán para coñecer e identificar posibles situacións de acoso, así como para que sexan capaces de deseñar dinámicas e tarefas que lles axuden a coñecer mellor ao seu alumnado, a crear un clima de confianza na aula e a xestionar situacións e conflitos que poidan derivar en acoso, freando a súa aparición.

Vínculos Infancia-Familia-Escola: Conexións Esenciais
Autoría
M.R.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
M.R.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
01.07.2024 09:00
01.07.2024 09:00
Resumo
Neste traballo, preténdese ofrecer un percorrido pola historia dos termos infancia, familia e escola. A través desta exploración, buscamos destacar a evolución destes conceptos ao longo do tempo e como as súas interaccións foron definindo e redefinindo as nosas percepcións e prácticas en relación coa crianza, a educación e o desenvolvemento infantil. Desde as súas orixes ata o presente, este estudo aborda o cambio de significados e o impacto sociocultural destes conceptos, ofrecendo unha comprensión máis profunda da súa importancia na sociedade actual. Ademais, tamén se presenta un proxecto innovador para satisfacer as necesidades e demandas das familias. Despois de realizar unha enquisa a un grupo reducido de familias, identificáronse as súas preocupacións e desexos específicos en relación á crianza e á educación dos seus fillos/as. Baseándonos nesas informacións, desenvolvemos un proxecto que procura abordar esas necesidades de maneira creativa e eficaz. Este proxecto representa un paso adiante na busca de solucións axeitadas e adaptadas ás realidades e contextos das familias contemporáneas.

VEIGA ALONSO, JOSE RAMON (Titoría)
VEIGA ALONSO, JOSE RAMON (Titoría)
Tribunal
VEIGA ALONSO, JOSE RAMON (Titor do alumno)

As escolas rurais. Perspectivas da poboación, familia e docentes sobre a educación no ámbito rural.
Autoría
S.R.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
S.R.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
01.07.2024 10:00
01.07.2024 10:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao analiza como se desenvolve a educación das escolas enmarcadas no medio rural. O traballo está dividido en dúas partes. En primeiro lugar, unha fundamentación teórica que inclúe dende unha delimitación de rural ata aspectos relacionados coas escolas rurais e cos nenos e nenas integrantes destas. En segundo lugar, e co fin de coñecer as distintas opinións que ten hoxe en día a sociedade sobre a escola rural, e as características que esta abrangue, realizáronse unha serie de enquisas e entrevistas a persoas tanto internas como externas da comunidade educativa que permitiron facer unha comparación das distintas opinións e extraer unha serie de conclusións sobre o tema.
O presente Traballo de Fin de Grao analiza como se desenvolve a educación das escolas enmarcadas no medio rural. O traballo está dividido en dúas partes. En primeiro lugar, unha fundamentación teórica que inclúe dende unha delimitación de rural ata aspectos relacionados coas escolas rurais e cos nenos e nenas integrantes destas. En segundo lugar, e co fin de coñecer as distintas opinións que ten hoxe en día a sociedade sobre a escola rural, e as características que esta abrangue, realizáronse unha serie de enquisas e entrevistas a persoas tanto internas como externas da comunidade educativa que permitiron facer unha comparación das distintas opinións e extraer unha serie de conclusións sobre o tema.
Dirección
VEIGA ALONSO, JOSE RAMON (Titoría)
VEIGA ALONSO, JOSE RAMON (Titoría)
Tribunal
VEIGA ALONSO, JOSE RAMON (Titor do alumno)
VEIGA ALONSO, JOSE RAMON (Titor do alumno)
Os animais fantásticos: O home-peixe. Un proxecto para achegar a tradición oral galega á infancia
Autoría
L.G.P.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
L.G.P.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
19.06.2024 16:30
19.06.2024 16:30
Resumo
Os animais fantásticos: O home-peixe. Un proxecto para achegar a tradición oral galega á infancia é un Traballo de Fin de Grao que ten por obxecto dar a coñecer a tradición oral da contorna próxima do alumnado da etapa de Educación Infantil da Comunidade Autónoma de Galicia, fomentando o coñecemento e a recuperación de lendas, mitos, refráns, tradicións ou brindando un gran valor á transmisión e a fala da lingua galega nas novas xeracións. Esta proposta nace a partir da preocupación da perda patrimonial da tradición oral e o uso da lingua galega na comunidade, xa que é de especial importancia poder transmitirlla aos nenos e nenas para que non se esqueza a nosa cultura e a fala. Polo tanto, a través das lendas, contribuiríase á recuperación e ao espallamento da cultura galega en canto á tradición oral, hoxe en día, algo esquecida. Para isto, créase un microproxecto baseado nunha metodoloxía activa de obradoiros, poñendo énfase aos procesos creativos da creación artística co contacto do medio natural e a tradición oral da contorna próxima da infancia, centrado na creación de animais fantásticos e partindo da lenda do home-peixe, orixinaria do río Miño ao seu paso pola cidade de Lugo.

BLANCO MOSQUERA, VICENTE (Titoría)
BLANCO MOSQUERA, VICENTE (Titoría)
Tribunal
BLANCO MOSQUERA, VICENTE (Titor do alumno)

Alfareiras da mel. Un proxecto sobre biodiversidade coa infancia.
Autoría
A.G.P.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
A.G.P.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
19.06.2024 17:00
19.06.2024 17:00
Resumo
As abellas son insectos esenciais para a polinización e a biodiversidade. Neste proxecto para crianzas de infantil, búscase fomentar o pensamento crítico, evitando estereotipos e promover a comprensión e a importancia da biodiversidade. A través de actividades con natureza artística, os nenos expresaranse libremente, e valoraranse os procesos de aprendizaxe tanto como os resultados. O obxectivo é cultivar habilidades críticas e creativas, promovendo o respecto e coidado polo medio ambiente desde unha idade temperá.
As abellas son insectos esenciais para a polinización e a biodiversidade. Neste proxecto para crianzas de infantil, búscase fomentar o pensamento crítico, evitando estereotipos e promover a comprensión e a importancia da biodiversidade. A través de actividades con natureza artística, os nenos expresaranse libremente, e valoraranse os procesos de aprendizaxe tanto como os resultados. O obxectivo é cultivar habilidades críticas e creativas, promovendo o respecto e coidado polo medio ambiente desde unha idade temperá.
Dirección
BLANCO MOSQUERA, VICENTE (Titoría)
BLANCO MOSQUERA, VICENTE (Titoría)
Tribunal
BLANCO MOSQUERA, VICENTE (Titor do alumno)
BLANCO MOSQUERA, VICENTE (Titor do alumno)
As follas das árbores. Un proxecto para achegar a natureza á infancia
Autoría
L.L.I.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
L.L.I.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
19.06.2024 17:30
19.06.2024 17:30
Resumo
Este traballo de Fin de Grao está exposto para concienciar a todas as persoas do importante que é estar en contacto coa natureza,principalmente nos nenos/as de Educación Infantil, fomentando así un bo desenvolvemento físico, intelectual, emocional e relacional, vainos facer máis fortes, estar menos tensos e axúdalles a entender o que é e significa o medioambiente. Dita proposta ten como obxectivo principal achegar a natureza, para ser máis concreta a temática elixida foi as follas das árbores. A cal se leva a cabo no colexio de San José de Cluny, situado en Santiago Compostela, na aula dos alumnos/as de 5 anos. Para iso, deseñáronse unha serie de actividades que permiten que os nenos/as teñan un contacto directo cos elementos naturais da contorna que lles rodea. Por mediación do xogo, promóvese o respecto e coidado do medioambiente.

A nena da bufanda laranxa. Deseño dun recurso para o traballo da música e da cultura galegas nas aulas de Infantil
Autoría
M.B.L.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
M.B.L.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
Data da defensa
08.07.2024 12:00
08.07.2024 12:00
Resumo
Neste traballo preséntase unha proposta educativa mediante a cal, a través dun recurso de corte literario, se pretende traballar a música e a cultura galegas. O seu desenvolvemento partiu dos datos obtidos a través dunha enquisa de elaboración propia, feita a docentes de Educación Infantil de toda Galicia, onde se evidencia a baixa presenza destes contidos nas aulas. O elemento central é un conto protagonizado por Dorothé Schubarth, unha das figuras máis relevantes na conservación do patrimonio inmaterial galego. Fuxindo de ser unha compilación de diversas coplas tradicionais, o recurso presentado pretende ser unha historia que suscite o interese do alumnado pola música galega, dada a súa relevancia para o desenvolvemento da trama que nel se conta. Non se inicia este traballo coa única intención de elaborar un conto, senón que se pretende ir máis aló e desenvolver unha secuencia de actividades que, xunto coa lectura e o coñecemento do libro, se poderían traballar nas aulas de Educación Infantil, para realmente afianzar os coñecementos sobre este patrimonio inmaterial e crear un sentimento de pertenza e respecto cara a el. Para a contextualización do traballo, comezouse cunha revisión bibliográfica para a elaboración do marco teórico. Deseguido recóllense os obxectivos do traballo e a súa metodoloxía. A continuación, incluíronse dous apartados centrais: un deles enfócase na enquisa realizada e nos resultados obtidos, e o outro no desenvolvemento do recurso e da proposta que o acompaña. Finalmente, recóllense as conclusións do TFG, o apartado de referencias bibliográficas e un último de anexos.

CIDRAS ROBLES, SALVADOR (Presidente/a)
Anderson McGuire, JoDee (Secretario/a)
OGNEVA , ANASTASIIA (Vogal)

A.M.F.G.

Inclusión de alumnado con NEAE e técnicas Freinet: estudo de dous casos en colexios de Lugo
Autoría
S.L.R.

08.07.2024 19:30
08.07.2024 19:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao pretende poñer de manifesto a necesidade de que a inclusión de todo o alumnado sexa unha realidade nas aulas, con independencia das súas características cognitivas, sociais, sensoriais, étnicas ou culturais. Para levar a cabo a inclusión real en aula, o presente documento trata de deseñar propostas de intervención en aula con inspiración freinetiana. Estas toman como alicerce as técnicas Freinet, xa que permiten a personalización da educación, a aprendizaxe baseada na cooperación e o respecto polos ritmos e necesidades individuais. As propostas de intervención en aula que aquí ofrecemos están baseadas na análise de dous casos reais, aos que pretendemos dar resposta pedagóxica: un neno de 3 anos (educación infantil) de orixe ucraína con diagnostico de TEA e outro neno de 9 anos (educación primaria) con cegueira conxénita e TEA. Ambas propostas foron deseñadas tendo en conta a natureza dos trastornos, os puntos en común e as características e limitacións da linguaxe empregada por cada neno.

CANDIA DURAN, FRANCISCO XOSE (Titoría)
OGNEVA , ANASTASIIA Cotitoría
CANDIA DURAN, FRANCISCO XOSE (Titoría)
OGNEVA , ANASTASIIA Cotitoría
Tribunal
LOPEZ QUINTANS, JAVIER (Presidente/a)
BUGALLO CARRERA, CÉSAR (Secretario/a)
CONDE MIGUELEZ, JORGE (Vogal)

OGNEVA , ANASTASIIA (Titoría)
CANDIA DURAN, FRANCISCO XOSE Cotitoría
OGNEVA , ANASTASIIA (Titoría)
CANDIA DURAN, FRANCISCO XOSE Cotitoría
Tribunal
LOPEZ QUINTANS, JAVIER (Presidente/a)
BUGALLO CARRERA, CÉSAR (Secretario/a)
CONDE MIGUELEZ, JORGE (Vogal)
LOPEZ QUINTANS, JAVIER (Presidente/a)
BUGALLO CARRERA, CÉSAR (Secretario/a)
CONDE MIGUELEZ, JORGE (Vogal)
Proposta de intervención didáctica dos estereotipos de xénero nas aulas de Educación Física.
Autoría
M.D.C.L.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
M.D.C.L.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
05.02.2024 09:45
05.02.2024 09:45
Resumo
Este traballo de Fin de Grao (TFG) é unha proposta de intervención onde pretendemos indagar e mostrar a necesidade existente de establecer unha igualdade real entre os xéneros nas clases de Educación Física. Na actualidade, vivimos nunha sociedade manchada polos estereotipos impostos por todas as xeracións anteriores. A pesar dos numerosos avances que sucederon ao longo do século XXI, atopámonos inclinados a asimilar uns patróns e unha serie de comportamentos que dan lugar a xeneralizar e diferenciar as actitudes femeninas e masculinas. Tras unha análise do comportamento do alumnado durante a proposta de intervención, examinouse como os nenos e nenas actuaban de diferente forma ante as diversas actividades de cada sesión. A proposta levouse a cabo nos centros de prácticas nos cursos de quinto de Educación Primaria. Tras realizar a proposta didáctica o estudo profundou a través dunhas reflexións persoais que serviron de avaliación dos resultados obtidos e de análises sobre a visión da posición da muller no ámbito deportivo.

NAVARRO PATON, RUBEN (Titoría)
NAVARRO PATON, RUBEN (Titoría)
Tribunal
NAVARRO PATON, RUBEN (Titor do alumno)
NAVARRO PATON, RUBEN (Titor do alumno)
A conciencia fonolóxica e a linguaxe escrita: Proposta de Intervención Educativa
Autoría
A.L.V.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
A.L.V.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
01.02.2024 15:00
01.02.2024 15:00
Resumo
Durante a etapa de Educación Infantil o profesorado ten a tarefa de iniciar aos nenos na alfabetización. Dende hai moitos anos, o colexio utiliza como base para a aprendizaxe da linguaxe escrita guías que contiñan a grafomotricidade, a discriminación visual e auditiva, etc. Co paso do tempo as premisas foron cambiando e a conciencia fonolóxica foi introducindo como requisito fundamental, obxecto de estudo deste traballo. A intervención deseñada trata de facer fincapé na adquisición da conciencia fonolóxica como requisito previo para aprender a ler e escribir. Para iso propóñense unha serie de actividades prácticas que poden contribuír ao seu desenvolvemento na aula de Educación Infantil. Dado que a lectura e a escritura son dúas áreas esenciais para a aprendizaxe posterior, é de vital importancia que os nenos se familiaricen con elas dende moi cedo. Nesta idea radica o sentido desta proposta.

ESTEVEZ RIONEGRO, NOELIA (Titoría)
ESTEVEZ RIONEGRO, NOELIA (Titoría)
Tribunal
ESTEVEZ RIONEGRO, NOELIA (Titor do alumno)

A praza desde a visión das nenas e nenos que habitan nela: Experiencia de creación dun fanzine colectivo con inspiración nas técnicas Freinet.
Autoría
D.G.F.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
D.G.F.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
Data da defensa
08.07.2024 11:00
08.07.2024 11:00
Resumo
Neste traballo elaboramos un fanzine colectivo sobre a visión dos nenos e nenas sobre unha praza. A través das metodoloxías artísticas de investigación, fomentamos a crítica e a reflexión no alumnado sobre o espazo público e a súa organización. Todo o proceso está inspirado en diversos proxectos, colectivos ou referentes de todo o mundo, mais collemos como inspiración principal ao matrimonio Freinet e as técnicas derivadas da súa pedagoxía. A través da produción do fanzine, os nenos e nenas narran a realidade dunha praza dende a súa perspectiva, tendo en conta os significados que eles lles atribúen aos distintos elementos do espazo público, así como posibles propostas de intervención urbanística realistas. O fanzine está formado polos debuxos feitos polo alumnado sobre a praza e polas reflexións sacadas de entrevistas individualizadas feitas a estes nenos e nenas de 4 e 5 anos.

CIDRAS ROBLES, SALVADOR (Titoría)
CIDRAS ROBLES, SALVADOR (Titoría)
Tribunal
BLANCO MOSQUERA, VICENTE (Presidente/a)
MARTINEZ TEJERO, CRISTINA (Secretario/a)
GARCIA DOCAMPO, LAURA (Vogal)
BLANCO MOSQUERA, VICENTE (Presidente/a)
MARTINEZ TEJERO, CRISTINA (Secretario/a)
GARCIA DOCAMPO, LAURA (Vogal)
Antecedentes do Déficit de Atención na Educación Infantil. Unha proposta de intervención
Autoría
N.V.F.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
N.V.F.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
02.07.2024 18:00
02.07.2024 18:00
Resumo
Hoxe en día, son moitos/as os/as nenos/as e adolescentes que son diagnosticados cunha alteración da aprendizaxe, a cal recoñecemos baixo o termo de Trastorno por déficit de atención e hiperactividade, tanto dentro das aulas escolares (durante os primeiros anos académicos ou en cursos máis avanzados) como ao longo da súa vida. É así, como este traballo de investigación xorde da necesidade de indagar un pouco máis a fondo acerca de déficit de atención, o cal provoca a vontade de investigar sobre que supón e como pode chegar a afectar aos/as individuos/as. Mais, para dar comezo a dito proceso, debemos ser conscientes de que cada neno/a ten unhas características diferentes, as cales atópanse afectadas pola contorna onde creceron, os distintos factores que conformaron a súa personalidade e os seus antecedentes. Un punto fundamental a coñecer é que levaremos a cabo dita investigación enfocándonos e centrándonos na etapa da Infancia comprendida entre os 0 e 6 anos, a cal é decisiva para o desenvolvemento integral das crianzas. En definitiva, é así como a través da análise de dita alteración na aprendizaxe, o meu principal obxectivo é coñecer máis respecto a inatención na etapa de educación infantil, tanto os seus antecedentes como os principais síntomas que podemos percibir como futuros/as mestres/as dentro das aulas educativas, ademais do deseño dunha proposta de intervención, co fin de minimizar o déficit de inatención na infancia.

FANDIÑO PASCUAL, RICARDO (Titoría)
FANDIÑO PASCUAL, RICARDO (Titoría)
Tribunal
FANDIÑO PASCUAL, RICARDO (Titor do alumno)

Impacto dos Hábitos Alimenticios e o Consumo de Azucre no Rendemento Académico e Comportamento dos Estudantes
Autoría
X.L.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
X.L.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
12.09.2024 16:00
12.09.2024 16:00
Resumo
Este traballo final de grao aborda os hábitos alimenticios e o consumo de azucre en estudantes, os cales son temas de gran relevancia no ámbito educativo e de saúde pública. Numerosos estudos destacaron a relación entre unha alimentación inadecuada e problemas de rendemento académico, concentración, comportamento e saúde xeral. O principal obxectivo foi investigar o impacto dos hábitos alimenticios, especialmente o consumo de azucre, no rendemento académico e o comportamento dos estudantes durante o horario lectivo. Realizouse unha revisión sistemática de literatura científica en bases de datos como PubMed, ScienceDirect, Web of Science, Scopus e Google Scholar. Incluíronse artigos revisados por pares publicados preferentemente nos últimos 10 anos (2013-2023). Os resultados principais foron que unha alimentación equilibrada mellora a capacidade de concentración, memoria e aprendizaxe. O consumo excesivo de azucre asóciase con peor rendemento académico, fatiga, falta de concentración e problemas de comportamento. Identificáronse programas nacionais como PERSEO e o Programa de Consumo de Froitas e Hortalizas nas Escolas, así como iniciativas rexionais e locais para promover hábitos alimenticios saudables. Os docentes desempeñan un papel crucial como modelos e promotores de hábitos saudables. É fundamental implementar programas integrais que aborden a alimentación saudable, a actividade física e os hábitos de hixiene desde a educación primaria. Requírese a colaboración entre institucións educativas, familias e comunidade para lograr cambios significativos nos hábitos alimenticios dos estudantes. A avaliación continua destes programas é esencial para determinar a súa efectividade e realizar melloras.

O debuxo como materia transversal. Aprender a través do proceso creativo.
Autoría
E.H.F.
Curso Ponte do Grao en Mestre de Educación Infantil (2ªed) [L]
E.H.F.
Curso Ponte do Grao en Mestre de Educación Infantil (2ªed) [L]
Data da defensa
09.07.2024 12:15
09.07.2024 12:15
Resumo
Os seres humanos debuxamos en calquera lugar do planeta e en todos os ámbitos das nosas vidas, aínda que moitas veces non o identifiquemos como debuxo. O debuxo forma parte do ser humano, e non só nos pasamos a vida debuxando senón que tamén nos pasamos a vida interpretando os debuxos que outros fan, polo que o debuxo constitúe un medio de comunicación fundamental para a sociedade. O debuxo atópase presente en todo o que nos rodea. Debuxar é un xesto innato, e precisamente porque está presente en tódolos ámbitos da nosa vida, a nivel educativo, o debuxo, considerado en toda a súa amplitude de concepto, debería ser unha ferramenta fundamental de análise e aprendizaxe. O obxectivo principal desta investigación de fin de grao é presentar o deseño e realización dunha serie de propostas interdisciplinares baseadas no proceso creativo.

FREIRE PEREZ, ESTELLA LETICIA (Titoría)
FREIRE PEREZ, ESTELLA LETICIA (Titoría)
Tribunal
FREIRE PEREZ, ESTELLA LETICIA (Titor do alumno)

Recuperación da tradición oral de Galicia: do pobo á aula. Proxecto de intervención educativa
Autoría
L.M.F.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
L.M.F.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
08.07.2024 12:00
08.07.2024 12:00
Resumo
Este TFG nace da necesidade detectada pór parte das autoras de por en valor e recuperar a tradición galega. Previamente fíxose unha análise da situación da que se partía, detectando un esquecemento na etapa infantil sobre tradición galega, pese a que no día a día se traballa cunha das formas máis antigas de transmisión, o conto. A proposta deste TFG busca estimular o vocabulario, a comprensión e as habilidades de comunicación en galego, motivando ás crianzas a empregar a lingua autóctona, á par que van descubrindo aspectos da tradición oral e escrita, así como do patrimonio. Para iso, preséntase unha proxecto de intervención baseada nunha metodoloxía activa, concretamente na gamificación, empregando esta mecánica para consolidar coñecementos, mellorar habilidades, desenvolver competencias e/ou recompensar accións específicas.

FERNANDEZ VAZQUEZ, MARIA DEL MAR (Titoría)
FERNANDEZ VAZQUEZ, MARIA DEL MAR (Titoría)
Tribunal
Enríquez Martínez, Iván (Presidente/a)
GONZALEZ SEQUEIROS, PABLO (Secretario/a)
GARCIA PEDREIRA, MARIA DEL ROCIO (Vogal)

Intervir o Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH) na etapa de Educación Primaria, a través da Pedagoxía Montessori. O valor da autonomía do alumnado
Autoría
A.V.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
A.V.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
10.07.2024 11:00
10.07.2024 11:00
Resumo
Este traballo de fin de grao tenta ofrecer unha aplicación posible da Pedagoxía Montessori para alumnado diagnosticado con TDAH que está a cursar a etapa de Educación Primaria. Concretamente, pretende poñer o acento na capacidade de autonomía das crianzas. O traballo revisa a literatura sobre TDAH e Pedagoxía Montessori. Tamén inclúe unha serie de materiais de inspiración montessoriana deseñados especificamente para crianzas con estas características, cos que se pretende proporcionar ferramentas para desenvolver habilidades como a autorregulación, a atención sostida, ou a concentración, ligadas directamente coa autonomía, e que posibilitan o desenvolvemento dos contidos curriculares dun xeito máis significativo.
Este traballo de fin de grao tenta ofrecer unha aplicación posible da Pedagoxía Montessori para alumnado diagnosticado con TDAH que está a cursar a etapa de Educación Primaria. Concretamente, pretende poñer o acento na capacidade de autonomía das crianzas. O traballo revisa a literatura sobre TDAH e Pedagoxía Montessori. Tamén inclúe unha serie de materiais de inspiración montessoriana deseñados especificamente para crianzas con estas características, cos que se pretende proporcionar ferramentas para desenvolver habilidades como a autorregulación, a atención sostida, ou a concentración, ligadas directamente coa autonomía, e que posibilitan o desenvolvemento dos contidos curriculares dun xeito máis significativo.
Dirección
CANDIA DURAN, FRANCISCO XOSE (Titoría)
CANDIA DURAN, FRANCISCO XOSE (Titoría)
Tribunal
Enríquez Martínez, Iván (Presidente/a)
CALDEIRO PEDREIRA, Mª CARMEN (Secretario/a)
MUÑOZ CARRIL, PABLO CESAR (Vogal)

Estudo empírico sobre o coñecemento e a inclusión do alumnado con TEA segundo o profesorado de Educación Primaria e o alumnado do Grado en Mestre/a de Educación Primaria
Autoría
T.V.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
T.V.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
10.07.2024 12:00
10.07.2024 12:00
Resumo
A incidencia do Trastorno do Espectro de Autista (TEA) aumentou significativamente nos últimos anos. Por iso, a formación do profesorado é fundamental para poder atender adecuadamente a este tipo de alumnado. Deste xeito, realicei un estudo para analizar o coñecemento e a inclusión nas aulas do alumnado con TEA no profesorado de Educación Primaria e no alumnado do Grao en Mestre de Educación Primaria mediante un cuestionario. Neste estudo participaron 85 persoas (40 profesores e 45 estudantes). Utilizouse a ferramenta Microsoft Forms para o cuestionario e o programa estatístico IBM Statistical Package for the Social Sciences, versión 28, para a análise estatística. Obtívose que o profesorado presentou o 90%, 7,5% e 2,5% e o alumnado o 68,8%, 24,4% e 6,6%, en relación a un nivel de coñecemento bo, aceptable e débil, respectivamente. Os resultados dos ANOVAS non mostraron diferenzas relevantes en relación á experiencia, contacto con TEA, tipo de centro nin entre os grupos, aínda que neste último atopáronse diferenzas nas análises descritivas. En canto ás mencións, quedou demostrado que o alumnado de Audición e Linguaxe ten maiores coñecementos que o alumnado de sen mención (p = 0,036). Descóbrese tamén que ambos os grupos consideran que o alumnado con TEA non está ben integrado nin incluído nas aulas (72,9%). En definitiva, malia que, en xeral, os resultados son positivos, aínda é necesaria unha mellor formación, fundamentalmente con respecto ao alumnado da titulación de Maxisterio, para conseguir unha educación inclusiva e de calidade.

Autoconcepto e Autoestima na etapa de Educación Primaria: unha proposta de intervención.
Autoría
G.G.L.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
G.G.L.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
10.07.2024 16:30
10.07.2024 16:30
Resumo
A autoestima e autonconcepto son dous elementos centrais no desenvolvemento integral durante a infancia, concretamente durante a etapa de Educación Primaria. A través deste traballo búscase facer unha revisión destes conceptos, identificando as súas características e describindo a evolución ao longo do tempo, así como recoñecer os contextos que poden influír no seu desenvolvemento (tal é o caso da escola, da familia ou do grupo de pares). Neste documento identifícanse unha serie de recomendacións que contribúen a fomentar unha autoestima e autoconcepto positivos dende a escola, así como unha recompilación de programas de intervención educativa reais dando conta da súa eficacia. O obxectivo último é a elaboración do programa Descubríndonos a nós mesmos, deseñado para fomentar un correcto desenvolvemento da autoestima e autoconcepto do alumnado do segundo curso de Educación Primaria. A súa aplicación está pensada para traballar a través dun enfoque de Aprendizaxe Baseada en Proxectos, e inclúese unha temporalización concreta e uns criterios de avaliación específicos. As conclusións subliñan a importancia de integrar o desenvolvemento da autoestima e o autoconcepto no currículo escolar. Anticípanse resultados positivos, e resáltase a necesidade de continuar investigando e aplicando estratexias educativas que aborden estas áreas, para mellorar o benestar e rendemento académico dos estudantes.

Campos Magdaleno, María (Titoría)
Campos Magdaleno, María (Titoría)
Tribunal
Mouriz Corbelle, Romina (Presidente/a)
ROCHA ALVAREZ, DELMIRO (Secretario/a)
MARTINEZ QUINTANAR, MIGUEL ANGEL (Vogal)

As dificultades de aprendizaxe: a dislexia. Intervención co alumnado de Educación Primaria: estudo de caso.
Autoría
L.V.L.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
L.V.L.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
10.07.2024 17:30
10.07.2024 17:30
Resumo
A lectoescritura é a base sobre a que se van ir construíndo os coñecementos ao longo da etapa escolar. Como consecuencia disto, é necesario abordar as dificultades que poidan xurdir o máis pronto e eficaz posible. Unha delas é a dislexia, un trastorno da aprendizaxe que afecta á fluidez na lectura e á ortografía, o que fai que os nenos e nenas presenten deficiencias nalgunhas dimensións da linguaxe. Nos casos máis severos, pode ter un impacto moi negativo na autoestima e no autoconcepto dos nenos e nenas, polo que é necesario proporcionarlles unhas pautas tanto aos familiares como aos docentes para que fomenten estes dous aspectos. Mediante un estudo de caso, preténdese dar a coñecer máis en profundidade as características deste trastorno, así como unha proposta de intervención adaptada ás súas necesidades. Neste caso, o neno presenta unha lectura lenta e pouco precisa, con frecuentes omisións. Na escritura, as dificultades vólvense máis evidentes: omisións nas sílabas finais, múltiples erros de ortografía arbitraria e natural, inversións e tendencia á evitación de tarefas nas que teña que escribir. Aumentar a súa motivación e reducir as dificultades na escritura van ser uns dos obxectivos da intervención, onde se comprobará e avaliará o seu progreso.

BAF (Benestar, amizade e futuro): programa de promoción da inclusión social en Educación Primaria a través do uso de cromos.
Autoría
A.A.S.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
A.A.S.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
Data da defensa
10.07.2024 18:30
10.07.2024 18:30
Resumo
O modelo de inclusión que lidera as últimas políticas educativas leva a asumir un esquema social onde as diferenzas individuais non desaparecen, senón que se busca a creación dun ambiente onde cada persoa se sinta valorada, respectada e sexa quen de participar plenamente para alcanzar o seu potencial máximo. Este ideal lexislativo, tan aparentemente eficaz a nivel teórico, non sempre se traduce de forma efectiva na realidade das aulas de Educación Primaria. A dimensión socioafectiva composta, segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS), por destrezas emocionais, socias e cognitivas, debe ser un piar fundamental a traballar para lograr dita inclusión. Estas habilidades non son innatas; adquírense, mellóranse e adéstranse ao longo da vida. O ámbito da educación formal é un espazo idóneo para o traballo destas, tanto polo seu potencial carácter compensador, como pola posibilidade única que ofrece de establecer relacións entre iguais, aspecto de gran relevancia no desenvolvemento de ditas habilidades. Co obxectivo de achegar e facilitar o adestramento de destrezas socioafectivas, no presente traballo recóllese o deseño dun programa de intervención educativa. Empregando unha baralla de cromos de elaboración propia como elemento motivador e os seus personaxes como fío condutor, esta proposta pretende involucrar a todo o alumnado de Educación Primaria do centro educativo no que se aplique. A través de actividades lúdicas e a interacción entre crianzas, ten como obxectivo principal promover a inclusión social creando unha comunidade educativa cohesionada e equitativa.

A Educación en Valores en Educación Primaria a través do patrimonio galego
Autoría
L.N.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
L.N.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
01.07.2024 09:30
01.07.2024 09:30
Resumo
Este Traballo Fin de Grao recolle unha reflexión de cara á implementación máis contextualizada e temperá da Educación en Valores no eido da Educación Primaria en Galiza. Así mesmo, propón o emprego do patrimonio cultural galego como símbolo de identidade dunha nación e mediante o cal se pode levar a termo unha ensinanza ética e moral.

MARTINEZ QUINTANAR, MIGUEL ANGEL (Titoría)
MARTINEZ QUINTANAR, MIGUEL ANGEL (Titoría)
Tribunal
MARTINEZ QUINTANAR, MIGUEL ANGEL (Titor do alumno)

Saúde Mental na Infancia
Autoría
L.A.A.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
L.A.A.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
27.06.2024 11:30
27.06.2024 11:30
Resumo
Introdución: A saúde mental é un estado de benestar mental que permite a infancia desenvolverse adecuadamente coma persoas e integrarse no entorno que a rodea. O panorama global respecto a saúde mental amosa notables carencias reflectidas nunha alta taxa de suicidios e problemas mentais na infancia. A etapa de Educación Infantil é un período clave para previr problemas de saúde mental. Obxectivo: Avaliar as percepcións, actitudes e coñecementos por parte dos docentes e as familias acerca da saúde mental infantil. Metodoloxía: Estudo descritivo baseado en dúas enquisas independentes estruturadas e de carácter anónimo, unha dirixida aos docentes e outra destinada aos proxenitores. Ambos cuestionarios online seguen un deseño de elaboración propia baseado no obxectivo a cumprir. Resultados: Tanto as familias coma os docentes consideran importante a saúde mental infantil, e a pesar de que ambos non recibiron información suficiente sobre o tema, séntense preparados para traballala coa infancia. No referido a escola, as familias non o senten coma un espazo onde acudir en busca de recursos para traballar a saúde mental. No referido as familias, os docentes expresan que estas son pouco participativas a hora do traballo conxunto entre ambas institucións. Conclusións: Tanto as familias coma os docentes valoran a saúde mental, mais non se lle aporta o estigma nin o protagonismo que merece. Isto ven dado debido a falta de coñecementos por ambas partes e a escaseza de traballo conxunto entre familias e escola.

CANDAL PEDREIRA, CRISTINA (Titoría)
CANDAL PEDREIRA, CRISTINA (Titoría)
Tribunal
CANDAL PEDREIRA, CRISTINA (Titor do alumno)

Intervencións preventivas contra o acoso escolar en infantes de 0 a 8 anos: unha revisión sistemática
Autoría
L.B.B.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
L.B.B.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
27.06.2024 10:30
27.06.2024 10:30
Resumo
Introdución: O acoso escolar, ou bullying, é un grave problema baixo o que viven unha gran parte de infantes que acoden a centros educativos en todo o mundo a diario. Con esta revisión sistemática o que se pretende é identificar intervencións preventivas do acoso escolar realizadas no entorno escolar de infantes de entre 0 a 8 anos de idade, e avaliar a súa efectividade. Método: Levouse a cabo unha busca bibliográfica en Pubmed en decembro do 2023. Incluíronse ensaios clínicos nos que se avaliara unha intervención dirixida a reducir e/ou previr o acoso escolar en nenos de 0 a 8 anos. Realizouse unha síntese narrativa dos resultados dos estudos incluídos. Resultados: Finalmente engadíronse un total de 11 textos que avalían 8 intervencións contra o acoso escolar. As intervencións son heteroxéneas en canto á intervención realizada e aos resultados medidos. Entre elas, atópanse dende programas cuxo obxectivo é a promoción dos comportamentos positivos, ata outros cuxo obxectivo é o desenvolvemento de habilidades sociais ou a concienciación sobre situacións de risco. Os resultados principais dos estudos incluídos conclúen que as intervencións foron efectivas. Conclusións: Os resultados desta intervención poñen en manifesto que as intervencións dirixidas a previr e/ou reducir o acoso escolar son efectivas. Isto, á súa vez, expón a necesaria implementación deste tipo de programas nos centros educativos escolares de todo o mundo.

Saúde mental na infancia
Autoría
A.L.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
A.L.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
27.06.2024 11:30
27.06.2024 11:30
Resumo
Introdución: A saúde mental é un estado de benestar mental que permite a infancia desenvolverse adecuadamente coma persoas e integrarse no entorno que a rodea. O panorama global respecto a saúde mental amosa notables carencias reflectidas nunha alta taxa de suicidios e problemas mentais na infancia. A etapa de Educación Infantil é un período clave para previr problemas de saúde mental. Obxectivo: Avaliar as percepcións, actitudes e coñecementos por parte dos docentes e as familias acerca da saúde mental infantil. Metodoloxía: Estudo descritivo baseado en dúas enquisas independentes estruturadas e de carácter anónimo, unha dirixida aos docentes e outra destinada aos proxenitores. Ambos cuestionarios online seguen un deseño de elaboración propia baseado no obxectivo a cumprir. Resultados: Tanto as familias coma os docentes consideran importante a saúde mental infantil, e a pesar de que ambos non recibiron información suficiente sobre o tema, séntense preparados para traballala coa infancia. No referido a escola, as familias non o senten coma un espazo onde acudir en busca de recursos para traballar a saúde mental. No referido as familias, os docentes expresan que estas son pouco participativas a hora do traballo conxunto entre ambas institucións. Conclusións: Tanto as familias coma os docentes valoran a saúde mental, mais non se lle aporta o estigma nin o protagonismo que merece. Isto ven dado debido a falta de coñecementos por ambas partes e a escaseza de traballo conxunto entre familias e escola.
Introdución: A saúde mental é un estado de benestar mental que permite a infancia desenvolverse adecuadamente coma persoas e integrarse no entorno que a rodea. O panorama global respecto a saúde mental amosa notables carencias reflectidas nunha alta taxa de suicidios e problemas mentais na infancia. A etapa de Educación Infantil é un período clave para previr problemas de saúde mental. Obxectivo: Avaliar as percepcións, actitudes e coñecementos por parte dos docentes e as familias acerca da saúde mental infantil. Metodoloxía: Estudo descritivo baseado en dúas enquisas independentes estruturadas e de carácter anónimo, unha dirixida aos docentes e outra destinada aos proxenitores. Ambos cuestionarios online seguen un deseño de elaboración propia baseado no obxectivo a cumprir. Resultados: Tanto as familias coma os docentes consideran importante a saúde mental infantil, e a pesar de que ambos non recibiron información suficiente sobre o tema, séntense preparados para traballala coa infancia. No referido a escola, as familias non o senten coma un espazo onde acudir en busca de recursos para traballar a saúde mental. No referido as familias, os docentes expresan que estas son pouco participativas a hora do traballo conxunto entre ambas institucións. Conclusións: Tanto as familias coma os docentes valoran a saúde mental, mais non se lle aporta o estigma nin o protagonismo que merece. Isto ven dado debido a falta de coñecementos por ambas partes e a escaseza de traballo conxunto entre familias e escola.
Dirección
CANDAL PEDREIRA, CRISTINA (Titoría)
CANDAL PEDREIRA, CRISTINA (Titoría)
Tribunal
CANDAL PEDREIRA, CRISTINA (Titor do alumno)
CANDAL PEDREIRA, CRISTINA (Titor do alumno)
Contar o mundo. Talleres de narrativas visuais para a infancia na etapa 3-6
Autoría
S.O.F.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
S.O.F.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
19.06.2024 18:00
19.06.2024 18:00
Resumo
Este traballo final de grado céntrase na metodoloxía de talleres para traballar o pensamento narrativo coa infancia (3 a 6 anos) cos obxectivos de acadar unha participación activa por parte do alumnado, poñer énfase no proceso de aprendizaxe e non dar importancia a buscar un resultado único válido. Para iso, deséñase e lévase a cabo unha proposta de intervención educativa, na aula de 4º de infantil (correspondente coa idade de tres anos), cuxa finalidade e desenvolver habilidades relacionadas coa narración, coa comunicación, coa interpretación do mundo no que viven as crianzas a través de diferentes narrativas visuais.
Este traballo final de grado céntrase na metodoloxía de talleres para traballar o pensamento narrativo coa infancia (3 a 6 anos) cos obxectivos de acadar unha participación activa por parte do alumnado, poñer énfase no proceso de aprendizaxe e non dar importancia a buscar un resultado único válido. Para iso, deséñase e lévase a cabo unha proposta de intervención educativa, na aula de 4º de infantil (correspondente coa idade de tres anos), cuxa finalidade e desenvolver habilidades relacionadas coa narración, coa comunicación, coa interpretación do mundo no que viven as crianzas a través de diferentes narrativas visuais.
Dirección
BLANCO MOSQUERA, VICENTE (Titoría)
BLANCO MOSQUERA, VICENTE (Titoría)
Tribunal
BLANCO MOSQUERA, VICENTE (Titor do alumno)
BLANCO MOSQUERA, VICENTE (Titor do alumno)
Programa de actividades sensoriais de educación infantil para un/unha alumno/a con ceguez total
Autoría
N.C.M.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
N.C.M.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
03.07.2024 16:00
03.07.2024 16:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao está deseñado para apoiar aos docentes de Educación Infantil que teñan algún alumno/a con cegueira total ou parcial. Na primeira parte, analízase a cegueira, examinando os seus diferentes niveis, axudas e adaptacións necesarias para garantir unha educación de calidade do alumnado afectado. Na segunda parte, propóñense actividades prácticas que valoran os demais sentidos do ser humano. Estas actividades están concebidas para ser realizadas conxuntamente co alumnado ordinario e os/as alumnos/as con cegueira total, fomentando así unha inclusión efectiva.

BUGALLO CARRERA, CÉSAR (Titoría)
BUGALLO CARRERA, CÉSAR (Titoría)
Tribunal
BUGALLO CARRERA, CÉSAR (Titor do alumno)

A inclusión de nenos/as con discapacidade auditiva en Educación Infantil
Autoría
N.G.P.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
N.G.P.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
03.07.2024 17:00
03.07.2024 17:00
Resumo
Na actualidade, a discapacidade auditiva é un problema de saúde que afecta a millóns de persoas. O indubidable incremento dos datos proporcionados pola OMS, fai máis notable a importancia de avances científicos que permitan, de algún xeito, acercarse máis a realidade destas persoas, tratando así de tomar as medidas oportunas para favorecer a súa inclusión e o seu desenvolvemento. Ademais, a día de hoxe existen numerosas innovacións, tales como audífonos ou implantes cocleares, dispositivos que facilitan un mellor desenvolvemento do sistema auditivo. Tendo en conta isto, xorde a hipótese da presente revisión sistemática, a cal está enfocada en coñecer se o alumnado con discapacidade audtiva, está incluido ou non nas aulas de educación infantil. En canto aos resultados, pódese ver que existen obstáculos na práctica real para alcanzar a inclusión. Como conclusión é importante destacar o papel dos docentes e das familias na inclusión do alumnado con discapacidade auditiva nas aulas de educación infantil.

O autismo e a relación cos trastornos da ansiedade: unha revisión sistemática
Autoría
A.R.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
A.R.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
03.07.2024 17:45
03.07.2024 17:45
Resumo
A día de hoxe o autismo está sendo cada vez máis visible nas aulas de Educación Infantil, e cada vez máis na sociedade actual. Na investigación observouse que a relación do autismo cos trastornos da ansiedade está pouco estudado, pero sí se evidencia que hai existencia dunha comorbilidade entre eles, e fai que se agraven os síntomas que padecen. Os resultados da investigación de artigos, resaltan que o autismo ten unha etioloxía descoñecida, pero hai indicios de que pode deberse a factores xenéticos e ambientais. Outro elemento destacado é que os trastornos da ansiedade teñen diversos síntomas que empeoran coa toma de sustancias como a cafeína ou algúns medicamentos. No método do traballo menciónanse as bases de datos utilizadas e os resultados dos documentos, onde o total de foi de 78 documentos, e tamén se creou un diagrama de fluxo para observar mediante os diferentes criterios a exclusión e inclusión dos documentos. Estos dous trastornos están estudados actualmente, pero teñen que seguir investigándose para poder ter maior coñecemento deles e axudar a este tipo de persoas de forma máis integral.

Os xogos populares e tradicionais na Educación Primaria na cidade de Lugo
Autoría
A.H.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
A.H.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
10.07.2024 11:45
10.07.2024 11:45
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao terá como tema principal o tratamento dos xogos populares e tradicionais en Educación Primaria. Os obxectivos principais deste traballo son que o alumnado coñeza os xogos populares e tradicionais que se xogaron en xeracións pasadas e en diferentes países, que fomenten as relacións sociais e que empreguen os tempos de lecer como un recurso para xogar a este tipo de xogos que tanta importancia tiveron no pasado. Ademais, búscase que comprendan que son un elemento pedagóxico fundamental, así como promover o uso dos recreos activos para favorecer a participación activa do alumnado. Para iso, levaráse a cabo unha proposta de intervención que consta de 4 sesións para o primeiro e segundo ciclo e de 2 sesións para o terceiro ciclo. Este programa será no tempo dos recreos co alumnado comprendido entre 1º e 6º de primaria, e será de carácter voluntario, polo que participará o alumnado que desexe. Esta proposta de chamada “recreos activos” consistirá en que durante dúas semanas, xogaranse a distintos xogos populares e tradicionais nos tempos de lecer, tanto de España como de todo o mundo, onde o alumnado poderá ampliar o seu repertorio de xogos e aproveitar para xogalos suprimindo aqueles deportes máis clásicos que adoitan ocupar os tempos de recreo. Ao final da proposta, o alumnado realizará uns cuestionarios finais que tomaremos a modo de avaliación, onde se recollerán as distintas opinións de este sobre os xogos.

Análise da identidade profesional docente
Autoría
M.A.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
M.A.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
02.07.2024 11:00
02.07.2024 11:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao (TFG) pretende abordar o tema da identidade profesional docente, explorando a súa complexidade e relevancia no ámbito educativo contemporáneo. O estudo fundaméntase nunha revisión da literatura académica, onde se analizan diferentes teorías e enfoques sobre a identidade profesional, destacando a súa evolución histórica e as influencias que a configuran. Examínanse aspectos clave como a formación inicial e continua do profesorado, as experiencias prácticas, o contexto educativo e as políticas educativas, todos os cales inflúen de forma directa na construción da identidade. O TFG tamén se centra na importancia de reflexionar sobre a identidade profesional docente como un proceso dinámico e en constante cambio. Explóranse as tensións e desafíos que os docentes enfrontan na súa práctica diaria, así como as estratexias que empregan para manter unha identidade profesional sólida e coherente. Ademais, examínase o impacto da identidade no desenvolvemento docente e o benestar emocional dos educadores. Discútense implicacións prácticas para a formación do profesorado e propóñense recomendacións para promover o desenvolvemento dunha identidade profesional sólida e reflexiva. En resumo, o TFG ofrece unha visión integral da identidade profesional docente, destacando a súa importancia no contexto educativo actual e proporcionando insights para futuras investigacións e prácticas pedagóxicas.

SARCEDA GORGOSO, CARMEN (Titoría)
SARCEDA GORGOSO, CARMEN (Titoría)
Tribunal
SARCEDA GORGOSO, CARMEN (Titor do alumno)

Muller e deporte: evolución e proposta de mellora do deporte feminino nos centros escolares
Autoría
N.M.E.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
N.M.E.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
16.02.2024 16:00
16.02.2024 16:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao mostra unha investigación sobre a evolución de anos da muller no deporte e sobre as mulleres refuxiadas, unha proposta persoal de como levar a cabo este tema na aula e unha análise persoal baseado no cuestionario previo a realización deste traballo. Realizáronse dúas técnicas de investigación: unha análise da evolución da muller no deporte ao longo dos anos e a visión da muller refuxiada, unha proposta persoal de aula e unha segunda técnica de investigación baseada nun cuestionario realizado a unha serie de persoas onde se lles pregunta acerca da evolución da muller deportista, das mulleres refuxiadas e unhas breves preguntas sobre a súa relación co deporte e a súa práctica. Este estudo ten como obxectivo principal dar a coñecer a evolución da muller no deporte e con isto as mulleres refuxiadas, ademais de coñecer a opinión das persoas participantes no cuestionario previo.

Os menús nos comedores escolares de España: revisión sistemática.
Autoría
S.V.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
S.V.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
27.06.2024 10:00
27.06.2024 10:00
Resumo
Introdución: A alimentación é un dos piares máis importantes á hora de lograr un bo desenvolvemento integral das persoas. É un tema que debe preocupar tanto ás familias, controlando a dieta dos nenos e as nenas nos fogares, como desde as institucións educativas, cuxa responsabilidade no caso de ofertar servizo de comedor, é lograr que as comidas sexan óptimas en calidade e cantidade. Método: levou a cabo unha procura na base de datos PubMed. Concretouse a procura en base a estudos onde os centros analizados estivesen dentro de España e os nenos e nenas tivesen idades entre os 0 e os 6 anos. Unha vez elixidos os estudos, realizouse unha síntese de información destes. Resultados: Os estudos elixidos finalmente foron 8, nos cales o tema central é a análise dos menús escolares de diferentes comunidades autónomas de España. Os datos que se nos proporcionan son a adecuación da cantidade ofertada de enerxía e diferentes nutrientes (proteínas, lípidos, carbohidratos, sodio e fibra) e racións (de froita, peixe e verduras) no menú escolar analizado. Conclusións: Comprobamos que os menús escolares na súa maioría non cumpren cos niveis dalgúns dos elementos nutricionais básicos, así como coas cantidades necesarias nas racións dalgúns alimentos como a froita ou a verdura.

Programa de actividades sensoriais de educación infantil para un/unha alumno/a con ceguez total.
Autoría
F.L.B.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
F.L.B.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
03.07.2024 16:00
03.07.2024 16:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao está deseñado para apoiar aos docentes de Educación Infantil que teñan algún alumno/a con cegueira total ou parcial. Na primeira parte, analízase a cegueira, examinando os seus diferentes niveis, axudas e adaptacións necesarias para garantir unha educación de calidade do alumnado afectado. Na segunda parte, propóñense actividades prácticas que valoran os demais sentidos do ser humano. Estas actividades están concebidas para ser realizadas conxuntamente co alumnado ordinario e os/as alumnos/as con cegueira total, fomentando así unha inclusión efectiva.
Este Traballo de Fin de Grao está deseñado para apoiar aos docentes de Educación Infantil que teñan algún alumno/a con cegueira total ou parcial. Na primeira parte, analízase a cegueira, examinando os seus diferentes niveis, axudas e adaptacións necesarias para garantir unha educación de calidade do alumnado afectado. Na segunda parte, propóñense actividades prácticas que valoran os demais sentidos do ser humano. Estas actividades están concebidas para ser realizadas conxuntamente co alumnado ordinario e os/as alumnos/as con cegueira total, fomentando así unha inclusión efectiva.
Dirección
BUGALLO CARRERA, CÉSAR (Titoría)
BUGALLO CARRERA, CÉSAR (Titoría)
Tribunal
BUGALLO CARRERA, CÉSAR (Titor do alumno)
BUGALLO CARRERA, CÉSAR (Titor do alumno)
O cambio climático na educación primaria.
Autoría
M.V.F.
Curso Ponte do Grao en Mestre de Educación Primaria (2ªed) [L]
M.V.F.
Curso Ponte do Grao en Mestre de Educación Primaria (2ªed) [L]
Data da defensa
10.07.2024 09:00
10.07.2024 09:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao (TFG) observa como funciona unha actuación didáctica de aula en torno ao Cambio Climático e a auga. Aspírase a analizar en que medida iniciativas centradas en temáticas socialmente relevantes poden influír positivamente no proceso de ensinanza e aprendizaxe en aulas de primaria. Trátase dun traballo de tipo cualitativo, baseado nunha breve revisión bibliográfica e nun pequeno estudo de caso. Deste derívase algunha produción a partir da cal poder reflexionar sobre o éxito da experiencia. Pódese avanzar que ese tipo de temáticas capturan o interese do alumnado, e se aprecia neste un avance na súa concienciación social ao respecto. Ademais, o TFG comparte unha reflexión sobre posibles liñas de investigación futuras relacionadas.

RIVEIRO RODRIGUEZ, TANIA (Titor do alumno)

A inclusión nas aulas de Educación Primaria
Autoría
B.G.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
B.G.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
08.02.2024 18:00
08.02.2024 18:00
Resumo
Este traballo de fin de grao analiza a evolución histórica da inclusión na educación, examinando os hitos clave, dende os primeiros esforzos por integrar a estudantes con necesidades especiais ata a adopción de enfoques inclusivos. Abórdase a importancia da lexislación, os materiais e as metodoloxías que teñen relación e xeneran un avance neste proceso, sobre todo nas aulas de Educación Primaria. Ademais, destácase a necesidade de continuar avanzando hacia entornos educativos que promovan a diversidade e garanticen a equidade para todos os estudantes.

GOMEZ GOMEZ, MARIA CARMEN (Titoría)
GOMEZ GOMEZ, MARIA CARMEN (Titoría)
Tribunal
GOMEZ GOMEZ, MARIA CARMEN (Titor do alumno)

Qué metodoloxía é máis efectiva para o ensino de Primeiros Auxilios en Educación Primaria? Análise da retención dos coñecementos.
Autoría
D.F.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
D.F.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
05.02.2024 09:00
05.02.2024 09:00
Resumo
Os coñecementos básicos de Primeiros Auxilios son importantes porque permiten actuar ante unha emerxencia dun xeito básico e seguir uns sinxelos pasos; con isto podes salvar vidas. É por iso que o obxectivo deste Traballo Fin de Grao (TFG) será levar a cabo unha investigación sobre o tema dos Primeiros Auxilios e como se poden introducir na Educación Primaria. Trátase de investigar o grao de coñecemento que o alumnado de tres centros educativos ten sobre Primeiros Auxilios antes e despois dunha intervención educativa. Para iso propúxose un programa de investigación para o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, utilizando e comparando unha estratexia tradicional (teórico-práctica) con estratexias activas e innovadoras (flipeed classroom e gamificación). Trátase dun estudo cuantitativo dunha mostra de 99 alumnos/as, dos que 40 son nenos e 52 nenas, comprendidos entre 9 e 12 anos, de Educación Primaria de tres centros educativos da provincia de Lugo. Os alumnos/as que participaron na estratexia tradicional foron 20 nenas e 16 nenos; na flipped classroom foron 11 nenas e 6 nenos e por último, na que se refire á gamificación participaron 27 nenas e 18 nenos. Os resultados obtidos mostraron un maior coñecemento e interese polos Primeiros Auxilios naqueles centros nos que se empregaron estratexias activas e innovadoras.

Motivación do alumnado feminino na área de Educación Física
Autoría
U.G.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
U.G.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
18.06.2024 09:30
18.06.2024 09:30
Resumo
A falta de motivación das nenas nas clases de educación física é un problema preocupante que afecta ó seu benestar e desenvolvemento integral de maneira directa. Moitas veces, esta desmotivación xorde da falta de actividades que resulten atractivas e relevantes para elas, ao que se lle engade a falta de inclusión cara a estas por parte da contorna así como a presión social que experimentan. Ademais, a falta de modelos femininos no deporte e a escasa promoción da participación feminina en actividades físicas contribúen a que as nenas non sintan incentivadas a involucrarse. É por iso, que se realizou un estudo co obxectivo de coñecer os diversos intereses dos escolares na etapa de Educación Primaria en función do xénero e de se practican actividade física, ou non. Para iso, realizouse unha recollida de datos a través do instrumento Autoinforme de Motivos para a Práctica do Exercicio Físico (AMPEF) (Capdevila et al., 2004), o cal permite identificar se a motivación débese a factores externos ou internos; aplicado nunha mostra formada por 82 discentes cuxas idades oscilaban entre 10 e 12 anos (MIdade=10,79); dos cales 42 eran nenos (45,16%) e 51 eran nenas (54,84%). Os resultados obtidos mostraron que non existen diferenzas estatisticamente significativas entre ambos xéneros pero si nalgúns ámbitos en función de se realizan ou non actividade física, o que axudou a concluír que, actualmente, non existen factores diferenciadores entre xéneros ante o exercicio físico.

Explorando os Estereotipos de Xénero en Educación Física: Percepcións e Perspectivas Estudantís.
Autoría
S.O.B.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
S.O.B.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
18.06.2024 10:00
18.06.2024 10:00
Resumo
O obxectivo deste estudo foi comparar a influencia do cambio de lei na perspectiva do alumnado de educación física cara ós estereotipos de xénero. Participaron neste estudo descritivo transversal 320 estudantes de Educación Primaria, cunha media de idade de 10,67 anos (DE = 0,75). Destes, 195 (60,9%), composta por 190 nenos (59,4%) e 130 nenas (40,6%). Para dar resposta ó obxectivo utilizouse o cuestionario de estereotipos de xénero na actividade física e o deporte de nenos e adolescentes españois (CEGAFD). Os resultados indican que existen diferenzas significativas en canto á Lei Educativa en vigor (LOMCE vs. LOMLOE) nas crenzas sobre deporte e xénero (p = 0.023) e nas clases de Educación Física e xénero (p menor 0.001). Respecto ao xénero, existen desigualdades significativas en diferenzas asociadas ao xénero e a súa relación coa actividade física e o deporte (p menor 0.001); nos estereotipos asociados ao deporte e actividade física asociados ao xénero (p = 0.019). Obsérvanse certas condutas que provocan estereotipos de xénero sobre a actividade física, deporte e educación física entre os escolares de Educación Primaria nos centros educativos estudados. Por iso, estes comportamentos deben ser tratados de maneira ecolóxica (global) entre todos os actores implicados na educación dos escolares (profesorado, pais e nais, e administracións).

Aulas de psicomotricidade e multisensoriais en Educación Primaria. Revisión da literatura e creación dunha aula.
Autoría
B.J.V.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
B.J.V.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
18.06.2024 10:30
18.06.2024 10:30
Resumo
As aulas de psicomotricidade e de multisensorialidade creáronse co fin de mellorar o desenvolvemento infantil a través da estimulación sensorial e motriz dunha forma diferente e innovadora. O obxectivo do traballo, foi facer unha revisión da literatura sobre os conceptos psicomotrices e multisensoriais, para así, crear un aula ideal para un centro educativo en base a información recompilada. Nos documentos revisados aparecían os diferentes materiais propios destas aulas. Finalmente, realizouse unha figura sobre un aula creada dando unha explicación sobre os materiais e os seus usos. Con este traballo, comprobamos que coas aulas multisensoriais e de psicomotricidade trabállanse multitude de áreas co uso de diversos métodos, dunha forma significativa e adaptándose as características individuais do alumnado. En base a literatura científica encontrada, recomendamos o uso destas aulas así como unha formación pertinente aos docentes en exercicio e en formación, para un uso adecuado destas aulas de cara a evidenciar as melloras logradas polos nenos e nenas, axudando así a alcanzar o seu desenvolvemento integral ao largo da vida.

A competición como medio de transmisión de valores e o seu potenical nas clases de educación física de primaria. Unha proposta didáctica a través do colpbol.
Autoría
P.V.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
P.V.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
21.06.2024 12:30
21.06.2024 12:30
Resumo
Este traballo de fin de grao ten como obxectivo analiar a competición no ámbito educativo, concretamente na materia de educación física. Profundízase nas potencialidades, resistencias e o papel do galego en relación á competición a través dos diferentes elementos curriculares (contidos, obxectivos, metodoloxías, etc.). Tras dito estudo móstrase como a competicón pode contribuir ao desenvolvemento persoal e social do alumnado, así como a unha educación en valores. Para rematar, plantéase unha proposta didáctica que pretende achegar a competicón dunha forma pedagóxica ao aula a través do deporte alternativo, neste caso o colpbol.

Lago Ballesteros, Joaquín (Titoría)
Lago Ballesteros, Joaquín (Titoría)
Tribunal
Lago Ballesteros, Joaquín (Titor do alumno)

Utilización da gamificación como modelo pedagóxico nas clases de educación física de Educación Primaria co obxectivo de incrementar a motivación dos alumnos/as e potenciar a súa aprendizaxe.
Autoría
M.P.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
M.P.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
27.06.2024 13:00
27.06.2024 13:00
Resumo
Este traballo de fin de grao analiza a gamificación e a súa función motivadora na aula de Educación Primaria, especificamente na área de educación física. Na primeira parte, investígase sobre a importancia da motivación para lograr unha aprendizaxe efectiva. Ademais, defínese e explica o termo gamificación e a súa aplicación no ensino da educación física. A segunda parte, presenta unha proposta de intervención baseada no mundo de Harry Potter, destinada a estudantes de 5º e 6º de Primaria. Nesta sección, detállase o deseño e execución da gamificación, describindo como se integraron os elementos do universo de Harry Potter cos elementos curriculares da educación física.
Este traballo de fin de grao analiza a gamificación e a súa función motivadora na aula de Educación Primaria, especificamente na área de educación física. Na primeira parte, investígase sobre a importancia da motivación para lograr unha aprendizaxe efectiva. Ademais, defínese e explica o termo gamificación e a súa aplicación no ensino da educación física. A segunda parte, presenta unha proposta de intervención baseada no mundo de Harry Potter, destinada a estudantes de 5º e 6º de Primaria. Nesta sección, detállase o deseño e execución da gamificación, describindo como se integraron os elementos do universo de Harry Potter cos elementos curriculares da educación física.
Dirección
Lago Ballesteros, Joaquín (Titoría)
Lago Ballesteros, Joaquín (Titoría)
Tribunal
Lago Ballesteros, Joaquín (Titor do alumno)
Lago Ballesteros, Joaquín (Titor do alumno)
Proposta de intervención para previr o ciberacoso e o reforzo da convivencia escolar no terceiro ciclo de Educación Primaria
Autoría
J.C.Q.C.
Curso Ponte do Grao en Mestre de Educación Primaria (2ªed) [L]
J.C.Q.C.
Curso Ponte do Grao en Mestre de Educación Primaria (2ªed) [L]
Data da defensa
28.06.2024 17:00
28.06.2024 17:00
Resumo
O ciberacoso escolar é un tipo de violencia que se produce entre iguais, en todos os niveis educativos, incluída a educación primaria, na que, a través dos recursos tecnolóxicos que ofrece a Internet, un alumno agresor comparte a través das redes sociais e plataformas de comunicación, unha serie de contidos como fotos, vídeos, perfís falsos, que danan a imaxe persoal dunha vítima, o que paulatinamente vai baixando a súa autoestima, afecta a súa confianza, xera ansiedade e fai que se sinta tan menosprezado que nalgúns casos esta situación pode levarlle ao suicidio. O obxectivo deste traballo de investigación é elaborar unha proposta de intervención para previr o ciberacoso e reforzar a convivencia escolar no terceiro ciclo de Educación Primaria, que poida axudar á comunidade educativa a detectar, previr e frear esta forma de violencia. A investigación considérase enmarcada baixo o paradigma cualitativo, cun nivel descritivo apoiado nunha compilación documental bibliográfica e electrónica utilizando bases de datos bibliográficas electrónicas como Scopus e SciELO, así como Dialnet e Redalyc, proxectos académicos para a difusión da produción científica sobre o tema mencionado. Esta proposta de intervención ten unha temporalización de seis sesións a aplicar durante tres semanas, onde cada sesión terá unha duración aproximada de 60 minutos, ademais utilízanse metodoloxías de aprendizaxe cooperativa e xogo de roles, contribuíndo á prevención do ciberacoso escolar.

A música tradicional de Galicia: unha proposta de intervención a través do baile tradicional galego
Autoría
U.C.R.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
U.C.R.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
Data da defensa
02.07.2024 12:00
02.07.2024 12:00
Resumo
O presente traballo ten como eixo fundamental a elaboración dunha proposta de intervención educativa a través do baile tradicional galego deseñada para alumnado do segundo ciclo de Educación Infantil. Con ela preténdese que os nenos/as traballen diferentes competencias como a motricidade, a coordinación, o ritmo ou a socialización, así como que desenvolvan o gusto e o interese pola cultura propia deste país, grande mostra da súa idiosincrasia e personalidade como sociedade. Tras unha primeira parte teórica onde se comentan os anteriores aspectos, no traballo explícase o deseño da proposta, a cal conta con 7 sesións de 50 minutos cada unha. Nas dúas primeiras clases falarase sobre o traxe tradicional e a música para poñer en contexto o baile. Estas faranse cunha metodoloxía activa e significativa onde primará o uso de diferentes xogos. Pola contra, as 5 restantes fundamentaranse nun método de traballo máis tradicional, pois nelas iniciarase ao alumnado na aprendizaxe do baile, a cal se consegue a través da imitación e da repetición constante. Unha vez explicado o deseño da proposta descríbese a posta en práctica desta, a cal se realizou en tres aulas de diferentes niveis do segundo ciclo de infantil dun CPI da provincia de Pontevedra. Neste caso leváronse a cabo 4 das 7 sesións previstas, pero adaptáronse para que o alumnado puidera tratar todos os contidos programados. Os resultados foron moi positivos nas tres clases aínda que con diferencias entre elas. Feito que permitiu facer unha análise comparativa de todas estas diversas experiencias vividas.

LOPEZ DE LA CALLE SAMPEDRO, Mª ANGELES (Titoría)
LOPEZ DE LA CALLE SAMPEDRO, Mª ANGELES (Titoría)
Tribunal
LOPEZ DE LA CALLE SAMPEDRO, Mª ANGELES (Titor do alumno)

O vínculo entre a música e a motricidade en Educación Infantil
Autoría
Y.C.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Y.C.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
02.07.2024 12:30
02.07.2024 12:30
Resumo
A música é a arte máis antiga do mundo e ten o gran poder de influír no noso estado de ánimo e a súa vez pode servirnos para comunicarnos e expresar os nosos sentimentos. Dende esta perspectiva, neste traballo de Fin de Grado realízase unha proposta de intervención enfocada a mellorar a psicomotricidade do alumando de 5 anos de Educación Infantil mediante o emprego da música como recurso educativo. Preséntase, polo tanto, ao largo deste traballo a varios autores que estudiaron a importancia deste concepto e a repercusión positiva que xerou no traballo cos alumnos en prácticas similares que tiveron presentes a motricidade e a música. Ademais, a integración da música a idades moi temperás proporciona ferramentas clave para o seu desenvolvemento físico, cognitivo, emocional e social. A través dunha metodoloxía baseada na aprendizaxe activa, involucrando aos estudantes en experiencias prácticas, onde música e movemento axudarán a mellorar positivamente as habilidades psicomotrices, ao tempo que fomentan no desenvolvemento emocional e a conciencia cultural.

As TIC e os seus perigos no ámbito educativo.
Autoría
P.P.D.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
P.P.D.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
27.06.2024 10:00
27.06.2024 10:00
Resumo
Neste traballo de investigación do tipo teórico - práctico estúdanse os cambios que sofre o ámbito educativo como consecuencia do auxe da utilización das TIC producido nos últimos anos, sobre todo, tras a recente pandemia do ano 2020. Este traballo ten o obxectivo de mostrar cales son as novas formas de aprendizaxe xurdidas grazas á utilización das TIC, aspectos positivos e negativos da súa utilización, entrando con máis profundidade nun dos aspectos negativos que está de actualidade, como é o ciberacoso. Por outra banda, coa realización deste estudo obtéñense unha serie de resultados, como poden ser a importancia das familias no proceso de educación dos seus fillos neste mundo dixital ou a necesidade de formarse o profesorado para poder adaptarse dunha mellor maneira a todas estas metodoloxías que xurdiron. Por último, chegamos á conclusión de que as TIC se empregan para facer as clases máis didácticas e entretidas para o alumnado, aprendendo dunha maneira diferente á que estamos afeitos, pero que pode conseguir ser igual de eficaz, así como que unha correcta educación dixital é fundamental para previr riscos futuros, como o ciberacoso, derivados dunha incorrecta utilización destes dispositivos.

CALDEIRO PEDREIRA, Mª CARMEN (Titoría)
CALDEIRO PEDREIRA, Mª CARMEN (Titoría)
Tribunal
CALDEIRO PEDREIRA, Mª CARMEN (Titor do alumno)

A cultura como vehículo para o ensino e aprendizaxe de linguas: análise dende o MCER e o Decreto 155/2022.
Autoría
A.L.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
A.L.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
03.09.2024 12:30
03.09.2024 12:30
Resumo
O fenómeno da globalización enfatizou a necesidade de aprender idiomas para unha comunicación efectiva e culturalmente relevante. Este estudo examina a importancia da cultura nos procesos de ensino e aprendizaxe de idiomas, explorando como se integra nos documentos de referencia a nivel europeo, como o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCER), e a nivel rexional, especificamente no Decreto 155/2022 de Galicia. A través dunha análise detallada, investigase se estes documentos reflicten as tendencias lingüísticas actuais que consideran a lingua e a cultura como elementos inseparables. O estudo aborda varios conceptos clave como a interculturalidade, o multilingüismo, o plurilingüismo e a pluriculturalidade, explicando a súa relevancia no contexto do ensino de idiomas. Ademais, detállase a evolución do MCER desde a súa creación en 1991 ata a súa última actualización en 2020, destacando a súa influencia no deseño curricular e a súa promoción da diversidade lingüística e cultural. Por último, a análise esténdese a como o Decreto 155/2022 incorpora a competencia intercultural e plurilingüe no currículo de educación primaria en Galicia, avaliando os obxectivos, contidos e criterios de avaliación. Conclúese que tanto o MCER como o decreto galego subliñan a importancia dun ensino de idiomas que integra a cultura, fomentando unha cidadanía global respectuosa e tolerante.

VARELA ZAPATA, JESUS (Titoría)
VARELA ZAPATA, JESUS (Titoría)
Tribunal
VARELA ZAPATA, JESUS (Titor do alumno)
VARELA ZAPATA, JESUS (Titor do alumno)
De tacos e madeiras. Aprender a través do facer a carpintería na aula de educación infantil
Autoría
D.G.A.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
D.G.A.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
05.09.2024 12:00
05.09.2024 12:00
Resumo
O presente traballo de fin de grao céntrase na utilización de materiais naturais, especificamente a madeira, na educación infantil, e como estes poden ser empregados como recursos non estruturados para fomentar a aprendizaxe e o desenvolvemento integral dos nenos. O obxectivo principal do estudo foi deseñar e levar a cabo unha serie de actividades prácticas que permitisen aos nenos explorar e aprender a través da interacción directa con materiais naturais, promovendo así a creatividade, a conciencia ambiental e o traballo colaborativo

CIDRAS ROBLES, SALVADOR (Titor do alumno)

Os niños dos paxaros. Un proxecto para achegar a natureza á infancia.
Autoría
I.P.M.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
I.P.M.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
05.09.2024 12:30
05.09.2024 12:30
Resumo
Dende idades temperás é fundamental coñecer a contorna que nos rodea e os animais que habitan nela como son os paxaros e os seus niños, como veremos en profundidade durante este Traballo de Fin de Grao. Todo isto a través das artes plásticas, seguindo un enfoque de talleres e activo, poñendo énfase nos procesos creativos da creación artística. Actualmente, as novas tecnoloxías fan que nos afastemos destes conceptos e a súa relevancia na infancia, polo que cabe resaltar aínda unha maior importancia sobre aquilo que nos rodea e convive connosco cada día. A natureza proporciona un entorno e uns materiais que favorecen o desenvolvemento das crianzas. Ao longo deste traballo, as propostas realizadas ofrecen unha ampla variedade de materiais cos que os nenos e as nenas poden crear infinidade de elementos. Nestes caso, veremos como o proceso é a chave para que desenvolvan a súa imaxinación e creatividade, dando lugar a diversidade e a creación dun estilo propio. Durante o proceso, os pequenos e pequenas exploran, experimentan, descobren, resolven por si mesmos, o que lles permite adquirir un aprendizaxe máis significativo. A integración das artes plásticas e a exploración na natureza en educación infantil, promove o desenvolvemento estimulando a curiosidade, o interese e a creatividade. Ao mesmo tempo inculca uns valores relacionados co respecto e o coidado do medio ambiente no que vivimos e forma parte de todos e todas.

Explorando á diversidade afectivo-sexual máis aló da heteronorma: Unha proposta didáctica para promover a inclusión na aula
Autoría
X.V.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
X.V.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
12.09.2024 15:30
12.09.2024 15:30
Resumo
Este traballo de fin de grao (TFG) aborda a importancia da educación en diversidade afectivo-sexual en educación primaria. Para iso, deseñouse unha proposta didáctica dirixida ao alumnado de terceiro de primaria dun colexio concertado de Oleiros, A Coruña. A proposta estrutúrase en 6 sesións que utilizan como base contos infantís para traballar a identidade de xénero, a expresión de xénero, a diversidade familiar, a transexualidade e a intersexualidade. Os contos seleccionados inclúen “Monstruo Rosa” de Olga de Dios, “Vivan las uñas de colores” de Alicia Acosta e Luis Amavisca, “Con Tango son tres” de Justin Richardson e Peter Parnell, “Yo soy Mía” de Nerea García López e “Caster y las estrellas, mi hermana es intersex” de Félix Jawara. Ao longo das sesións, o alumnado participa en actividades grupais e debates que fomentan a reflexión e o respecto cara á diversidade. A metodoloxía empregada baséase na lectura crítica e a reflexión conxunta, buscando que os nenos e nenas non só comprendan, senón que tamén interioricen valores como o respecto e a aceptación das diferenzas. O traballo conclúe destacando a importancia de non limitar a educación en diversidade afectivo-sexual a actividades illadas ou propostas didácticas específicas, senón de integrala de maneira transversal no día a día da aula. E deste xeito contribuír de maneira efectiva á formación de persoas respectuosas e preparadas para vivir e convivir nunha sociedade plural e diversa na que cada persoa sexa libre de ser quen é e como é.

ROCHA ALVAREZ, DELMIRO (Titoría)
ROCHA ALVAREZ, DELMIRO (Titoría)
Tribunal
ROCHA ALVAREZ, DELMIRO (Titor do alumno)

Promoción de estilos de vida activos: proposta de intervención en educación física para 6º de Educación Primaria.
Autoría
A.C.R.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
A.C.R.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
Data da defensa
27.06.2024 13:45
27.06.2024 13:45
Resumo
Na actualidade, os hábitos da poboación, e en particular dos nenos e nenas, están a experimentar cambios significativos, xa que se observa unha diminución do tempo dedicado a actividade física e un aumento preocupante do sedentarismo. Este cambio de hábitos está directamente relacionado co aumento de enfermidades cardiovasculares, obesidade e outros problemas de saúde que afectan tanto a curto como a longo prazo. A relación entre actividade física e saúde é indiscutible. Dita actividade física non só axuda a previr enfermidades, senón que tamén contribúe ao benestar xeral das persoas, ao rendemento académico e ao desenvolvemento social e emocional dos cativos e cativas. Por iso, a escola convértese nun entorno esencial onde se poden ofertar oportunidades significativas para a práctica e promoción de estilos de vida activos. A Educación Física, en particular, é importante para proporcionarlles aos alumnos e alumnas experiencias enriquecedoras que lles permitan adquirir coñecementos e habilidades que contribúan á consecución destes hábitos de vida que deben manterse tamén na adultez. Neste traballo académico primeiramente faise unha revisión teórica sobre o concepto de actividade física, os seus beneficios e a súa relación coa saúde entre outros aspectos. Nel tamén se elabora unha Unidade Didáctica para a materia de Educación Física, dirixida ao último curso de Educación Primaria. A finalidade é proporcionarlle ao alumnado unha variedade de deportes, tratados dende unha perspectiva gratificante e motivadora para eles e elas.

Promoción da inclusión a través da Educación Física Universal: proposta para o desenvolvemento das habilidades motrices básicas en 5º de Primaria.
Autoría
L.I.G.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
L.I.G.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
Data da defensa
21.06.2024 11:00
21.06.2024 11:00
Resumo
No presente Traballo de Fin de Grao (TFG) proponse unha Unidade Didáctica na área de Educación Física, deseñada para ser inclusiva e universal, dirixida ao alumnado de 5º de Educación Primaria. Esta proposta educativa busca garantir a participación activa e equitativa de todos os estudantes, independentemente das súas capacidades físicas, promovendo un ambiente de aprendizaxe inclusivo e respectuoso a partir dunha serie de actividades deseñadas para fomentar habilidades motrices básicas. Para alcanzar os obxectivos propostos realízase un deseño metodolóxico baseado na aprendizaxe cooperativa ofrecendo estratexias para mellorar a colaboración e o traballo en equipo entre as crianzas, polo que se realizarán actividades que requirirán que o alumnado traballe de forma conxunta para fortalecer as súas habilidades motrices básicas, ademais de crear un entorno onde cada membro sexa valorado e contribúa ao éxito do grupo.

Os deportes alternativos colectivos e os seus beneficios na educación primaria: o datchball.
Autoría
J.A.M.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
J.A.M.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
Data da defensa
21.06.2024 13:15
21.06.2024 13:15
Resumo
Os deportes alternativos son un tema de actualidade na Educación Primaria actual, xa que se atopan nun momento no que os deportes tradicionais que todos coñecemos, coma o fútbol ou baloncesto, que sempre foron protagonistas na Educación Física están baixo constante revisión ante a consideración de que afectan á motivación e ao desempeño do alumnado na asignatura. Nos últimos anos, apereceron os protagonistas deste traballo, os deportes alternativos, os cales están gañando en puxanza dentro dos mestres da materia, xa que envólvense dentro dun formato moito máis flexible, buscando asegurar o desfrute do deporte nun entorno menos competitivo que o dos deportes federados que todos coñecemos. Neste traballo en concreto falaremos do datchball, pero existen máis, coma poden ser o colpbol ou o goubak. Polo cal, o obxectivo deste traballo e profundizar nos deportes alternativos, especificamente nos colectivos, de onde veñen e cales son os seus beneficios dentro do marco donde se atopa a Educación Física na Educación Primaria. Usando diversos textos e libros de autores recoñecidos e expertos sobre o tema, realizaremos unha análise dos deportes alternativos, e máis concretamente do datchball. Con todos estes coñecementos, realizaremos unha unidade didáctica que plasme todos os contidos que cremos que se precisan para traballar o datchball dunha maneira eficiente, precisa, motivadora e lúdica.

O desenvolvemento da percepción auditiva no alumnado de Educación Infantil.
Autoría
A.A.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
A.A.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
20.06.2024 10:00
20.06.2024 10:00
Resumo
Con este Traballo de Fin de Grao (TFG), quérese poñer en valor o desenvolvemento da percepción auditiva na etapa de Educación Infantil e o impacto que supón unha estimulación auditiva temperá na aprendizaxe, desenvolvemento e crecemento integral deste alumnado, a partir de fundamentos teóricos que o evidencian. Además, céntrase no traballo e análise das distintas habilidades auditivas mediante a exploración das contornas sonoras más próximas dos nenos e nenas. Polo que, lévase a cabo unha intervención educativa, baseada no deseño dunha proposta, na cal se realizan actividades que involucran a atención auditiva, a identificación de sonidos, a discriminación auditiva e a memoria auditiva, nas que se empregan unha metodoloxía activa e participativa, recursos materiais, tecnolóxicos e musicais. Tamén, execútase unha avaliación continua do progreso do alumnado, a propuesta e a práctica docente mediante a cal obtívose resultados que confirmaron o alcance dos obxectivos buscados co traballo e as actividades.

A Educación Emocional a través da música
Autoría
N.S.F.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
N.S.F.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
20.06.2024 11:00
20.06.2024 11:00
Resumo
Neste Traballo de Fin de Grao, abordarase a educación emocional a través da área musical. Todas as persoas senten e teñen emocións, por iso é fundamental coñecelas e tratalas dende a etapa infantil, é dicir, dende idades xa temperás para que deste modo o alumnado se familiarice con elas, valorando a súa importancia. Por outra banda, tamén se usará a música para así poder traballar todo o ámbito emocional, xa que esta tamén está presente no día a día de todos os nenos e nenas, e é unha boa opción para traballar ambas áreas de maneira conxunta. Por iso, este traballo ten como principal obxectivo afondar na importancia que pose a educación emocional na vida dos nenos e nenas, tendo de apoio básico a música, e tamén facer fincapé nos múltiples beneficios que posúen. Para iso, realizaranse varias actividades nas cales se traballarán ambas áreas para poder introducir ao alumnado nestes ámbitos tan importantes para eles/as, e reflexionar acerca da pouca importancia que se lle da dende as escolas. Nesta proposta usarase unha metodoloxía activa, onde o alumnado é o principal protagonista do proceso de aprendizaxe. Co desenvolvemento e realización da proposta didáctica, o alumnado será capaz de identificar que significan para eles/as as emocións, recoñecelas, e saber controlalas a través da música. Por iso, para rematar o traballo, expoñeranse dunha forma máis ampla os resultados e conclusións fundamentais.

O rol da música na regulación emocional dos nenos e nenas de Educación Infantil
Autoría
S.F.D.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
S.F.D.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
20.06.2024 15:00
20.06.2024 15:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao trata a conexión entre o mundo da música e a regulación emocional na Educación Infantil, á par que intenta contribuir á práctica dos educadores e ao benestar xeral da comunidade educativa e familiar a través dunha serie de propostas educativas de cara ao alumnado do CEIP A Rúa (Cangas, Pontevedra) do segundo ciclo de Educación Infantil. O obxectivo xeral é comprender como a música pode influír na regulación emocional das crianzas na primeira infancia. Os obxectivos específicos son deseñar e aplicar unha proposta educativa para integrar a música de maneira efectiva para un alumnado de Educación Infantil dun colexio público do segundo ciclo, centrándome en actividades que fomenten a expresión e regulación emocional, así como crear conciencia sobre a importancia da música como ferramenta para a regulación emocional, entre educadores e a comunidade educativa e familiar. A metodoloxía consiste nunha integración da música no día a día do alumnado para fomentar o desenvolvemento emocional na etapa de infantil, guiada pola metodoloxía Montessori (ou por propostas) do centro. Os beneficios ou resultados que se esperan atópanse en poder facer sentir a todos os infantes nun lugar seguro e confiable en que poder expresarse con transparencia, coñecerse a si mesmos e á contorna que os rodea, co fin de trasladalo posteriormente á súa experiencia sociocultural cotiá. Todos os datos que se utilicen para a realización deste proxecto serán correctamente anonimizados, non aparecerá ningunha foto, vídeo ou documento dónde que poida comprometer a confidencialidade.

O desenvolvemento da Intelixencia Emocional mediante a Experiencia Musical na Educación Infantil
Autoría
N.D.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
N.D.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
20.06.2024 15:30
20.06.2024 15:30
Resumo
Este documento trata dun Traballo de Fin de Grao fundamentado por teorías e referencias de diversos autores para así construir unha base previa sobre a intelixencia emocional e educación musical que sirva para cimentar de forma sólida aspectos sobre os que se centra e sostén a proposta educativa mostrada neste traballo. Esta formouse dentro do marco lexislativo-educativo vixente, e persegue o obxectivo de traballar a identificación e canalización das emocións a través da expresión musical e así poder analizar as relacións existentes entre os conceptos de música e emoción e as súas posibles conexións dentro do ámbito educativo. Dita intervención educativa está basada a partir dunha metodoloxía participativa e activa con ferramentas que permiten unha observación directa en alumnos de 6o de Educación Infantil que pertencen a un colexio de entidade pública situado en Sarria, Lugo.
Este documento trata dun Traballo de Fin de Grao fundamentado por teorías e referencias de diversos autores para así construir unha base previa sobre a intelixencia emocional e educación musical que sirva para cimentar de forma sólida aspectos sobre os que se centra e sostén a proposta educativa mostrada neste traballo. Esta formouse dentro do marco lexislativo-educativo vixente, e persegue o obxectivo de traballar a identificación e canalización das emocións a través da expresión musical e así poder analizar as relacións existentes entre os conceptos de música e emoción e as súas posibles conexións dentro do ámbito educativo. Dita intervención educativa está basada a partir dunha metodoloxía participativa e activa con ferramentas que permiten unha observación directa en alumnos de 6o de Educación Infantil que pertencen a un colexio de entidade pública situado en Sarria, Lugo.
Dirección
LOPEZ DE LA CALLE SAMPEDRO, Mª ANGELES (Titoría)
LOPEZ DE LA CALLE SAMPEDRO, Mª ANGELES (Titoría)
Tribunal
LOPEZ DE LA CALLE SAMPEDRO, Mª ANGELES (Titor do alumno)
LOPEZ DE LA CALLE SAMPEDRO, Mª ANGELES (Titor do alumno)
Implementación do Método TEACCH na aula: Estratexias para a Inclusión Educativa do alumnado con Trastorno do Espectro autista (TEA).
Autoría
A.M.D.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
A.M.D.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
24.06.2024 10:00
24.06.2024 10:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao (TFG) pretende abordar a implementación de estratexias educativas que contribúan á inclusión de todo o alumnado na aula e, especialmente, do alumnado con Trastorno do Espectro Autista (TEA). Para iso céntrase no estudo do método TEACCH e o deseño dunha proposta de intervención pensada para implementar nunha aula ordinaria. Pretende proporcionar unha guía práctica para educadores sobre unha posible maneira de adaptar a contorna de aprendizaxe ás necesidades específicas destes estudantes. O traballo divídese en varias seccións: 1. Introdución, 2. Obxectivos, 3. Método, 4. Marco teórico, 5. Proposta de intervención, 6. Limitacións, 7. Conclusións, 8. Bibliografía e 9. Anexos. Pretende ser unha contribución valiosa para a comprensión e aplicación de estratexias educativas inclusivas, facilitando o desenvolvemento integral así como a participación activa do alumnado con TEA.

Uso da cultura como quinta habilidade na ensinanza do inglés.
Autoría
R.C.L.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
R.C.L.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
21.06.2024 11:00
21.06.2024 11:00
Resumo
Neste traballo abordarei a importancia da cultura á vez que se aprende unha lingua estranxeira, neste caso, o inglés. Tentarei conectar a realidade das aulas coa perspectiva teórica dos investigadores. Usei información obtida de charlas directas con profesores activos para facer a revisión dos libros que empregan nas súas clases, co fin de engadir dalgunha maneira o que pensan sobre eles ao mesmo tempo que inclúo a miña propia opinión. Esta é a única forma na que podemos estar seguros de que estamos tendo en conta a toda a comunidade, xa que se só lemos a opinión dos investigadores, estaríamos deixando apare toda a información real obtida dos profesores na súa vida cotiá. Despois, proporei un esquema de cómo engadir máis contidos culturais de forma natural, non tendo que ser forzados. Tamén quero demostrar que nos mesmos libros empregados actualmente, hai moitas oportunidades para engadir actividades transversais nas que podemos falar facilmente de moitas cousas diferentes relacionadas coa cultura. Ademais, na revisión teórica, quero remarcar a importancia de utilizar a cultura como quinta habilidade, mostrando como diferentes ambientes de aprendizaxe están intentando engadir esta forma de ensinar para mellorar a aprendizaxe do inglés.

O desenvolvemento cognitivo e a súa relación coa lectura en Educación Infantil: a conciencia fonolóxica.
Autoría
V.C.M.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
V.C.M.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
08.07.2024 16:30
08.07.2024 16:30
Resumo
O presente traballo de fin de grao céntrase no desenvolvemento cognitivo e a súa relación coa aprendizaxe da lectura na etapa de Educación Infantil, centrándonos na conciencia fonolóxica como un dos requisitos previos máis importantes para a adquisición da lectoescritura. Para o traballo da mesma, realizouse unha proposta de intervención destinada ao alumnado de 6º curso de Educación Infantil (5 anos), composta por dez actividades que traballan os diferentes compoñentes da conciencia fonolóxica.
O presente traballo de fin de grao céntrase no desenvolvemento cognitivo e a súa relación coa aprendizaxe da lectura na etapa de Educación Infantil, centrándonos na conciencia fonolóxica como un dos requisitos previos máis importantes para a adquisición da lectoescritura. Para o traballo da mesma, realizouse unha proposta de intervención destinada ao alumnado de 6º curso de Educación Infantil (5 anos), composta por dez actividades que traballan os diferentes compoñentes da conciencia fonolóxica.
Dirección
FANDIÑO PASCUAL, RICARDO (Titoría)
FANDIÑO PASCUAL, RICARDO (Titoría)
Tribunal
LOPEZ QUINTANS, JAVIER (Presidente/a)
BUGALLO CARRERA, CÉSAR (Secretario/a)
CONDE MIGUELEZ, JORGE (Vogal)
LOPEZ QUINTANS, JAVIER (Presidente/a)
BUGALLO CARRERA, CÉSAR (Secretario/a)
CONDE MIGUELEZ, JORGE (Vogal)
Proposta de Mellora para a Concienciación Medioambiental en Educación Primaria
Autoría
E.T.S.L.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
E.T.S.L.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
09.07.2024 11:00
09.07.2024 11:00
Resumo
O presente traballo “Proposta de mellora para a concienciación medioambiental en Educación Primaria” toma como punto de partida a necesidade de cambiar o noso estilo de vida, cara un máis respectuoso co planeta, no que os cidadáns do futuro toman as rendas do cambio. Para isto, as escolas deberían estar preparadas e dar prioridade á divulgación dos valores que se queiran instaurar na sociedade, xa que a educación nas aulas é unha ferramenta fundamental á hora de afianzar as personalidades e hábitos dos futuros cidadáns e cidadás. A principal finalidade perseguida nesta proposta é coñecer a presenza da Educación Ambiental no sistema educativo actual e nas aulas de Educación Primaria de Galicia, máis concretamente en relación á problemática da contaminación da contorna, xa que antes de actuar, debemos coñecer a situación actual nas aulas. Este traballo enmárcase na modalidade de proposta teórica de intervención en aula, e preséntanse nela unha serie de actividades orientadas a traballar sobre a contaminación medioambiental cos nenos e nenas, atractivas e centradas na aprendizaxe óptima do alumnado, de carácter experiencial e que dan resposta a problemas reais.

ROMERO CASTRO, MARIA JOSE (Titoría)
ROMERO CASTRO, MARIA JOSE (Titoría)
Tribunal
ROMERO CASTRO, MARIA JOSE (Titor do alumno)

Linguaxe Natural Asistida e Comunicación Aumentativa e/ou Alternativa. Revisión bibliográfica.
Autoría
A.P.B.
Curso Ponte do Grao en Mestre de Educación Primaria (2ªed) [L]
A.P.B.
Curso Ponte do Grao en Mestre de Educación Primaria (2ªed) [L]
Data da defensa
08.07.2024 11:00
08.07.2024 11:00
Resumo
As persoas con Necesidades Complexas de Comunicación, a partir de agora NCC, presentan dificultades á hora de comunicarse e participar na contorna. A Comunicación Alternativa e/o Aumentativa (CAA) posibilita que estas persoas poidan comunicarse a través dunha forma de comunicación diferente á oral, o que se materializa nos Sistemas Aumentativos e/ou Alternativos de Comunicación, desde este momento SAAC. A Linguaxe Natural Asistida (LNA) é unha estratexia de intervención ligada á CAA que promove aumentar o input á hora de implantar un SAAC. Este TFG, realizado desde o ámbito educativo, consistiu nunha revisión bibliográfica a nivel teórico para comprender os significados e dificultades asociadas á LNA, así como o papel das novas tecnoloxías no eido da CAA. Tamén se analizou o estado da arte da LNA no buscador Scopus. Realizáronse 2 procuras en torno ao tópico do LNA. A primeira centrouse nos últimos 5 anos e obtivo só 19 resultados, que se consideraron insuficientes. A segunda procura realizouse sen filtro de datas, obtivo 46 resultados, que foron considerados suficientes. Confirmouse a hexemonía de EE.UU respecto ao número publicacións, autores, Universidades e promotores máis representativos, así como o predomino absoluto do inglés nas publicacións. Tamén se realizou unha análise dos abstract para determinar a pertinencia e calidade dos resultados. Tamén se obtivo información sobre o predomino das investigacións de tipo empírico, que empregan unha metodoloxía cualitativa e unha avaliación baseada na observación para unha mostra predominante de nenos e adolescente, sendo os temas principais o modelado en LNA e a intervención en CAA.

CONDE MIGUELEZ, JORGE (Titoría)
CONDE MIGUELEZ, JORGE (Titoría)
Tribunal
CONDE MIGUELEZ, JORGE (Titor do alumno)
CONDE MIGUELEZ, JORGE (Titor do alumno)
Uso da gamificación como metodoloxía innovadora para a aprendizaxe do vocabulario en inglés en educación primaria.
Autoría
M.J.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
M.J.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
25.06.2024 10:15
25.06.2024 10:15
Resumo
Este traballo céntrase no estudo da “gamificación”, relacionado co ámbito da educación primaria. Na primeira parte do documento realizarase un estudo, consultando e comparando as opinións de diversos autores sobre esta temática e explicando as distintas definicións, así como os beneficios que tería esta metodoloxía na aula. A continuación realízase unha proposta didáctica baseada na gamificación do vocabulario en inglés para terceiro de primaria, a través dun taboleiro de xogos online no que cada cuadrícula ten unha actividade e o alumnado deberá de ir resolvéndoas a medida que avanza. Finalmente reflexionarase sobre os resultados esperados e as propostas de mellora pertinentes.

LOPEZ RUA, PAULA (Titoría)
LOPEZ RUA, PAULA (Titoría)
Tribunal
LOPEZ RUA, PAULA (Titor do alumno)
LOPEZ RUA, PAULA (Titor do alumno)
O uso das cancións como recurso didáctico na ensinanza do inglés no contexto de Educación Primaria
Autoría
S.L.L.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
S.L.L.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
25.06.2024 11:00
25.06.2024 11:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grado explora o uso das cancións como recurso didáctico para a aula de Lingua Estranxeira: Inglés, na etapa de Educación Primaria. Co obxectivo de xustificar a eficacia de dito recurso, realízase unha investigación previa para ver todos os beneficios que presenta, así como as distintas destrezas que podemos traballar con el. Para iso, realizouse unha proposta práctica, pensada para o alumnado de 6º curso de Educación Primaria, na que se realizaron varias actividades utilizando as cancións como recurso principal e onde se avalían os resultados da implementación.
O presente Traballo de Fin de Grado explora o uso das cancións como recurso didáctico para a aula de Lingua Estranxeira: Inglés, na etapa de Educación Primaria. Co obxectivo de xustificar a eficacia de dito recurso, realízase unha investigación previa para ver todos os beneficios que presenta, así como as distintas destrezas que podemos traballar con el. Para iso, realizouse unha proposta práctica, pensada para o alumnado de 6º curso de Educación Primaria, na que se realizaron varias actividades utilizando as cancións como recurso principal e onde se avalían os resultados da implementación.
Dirección
LOPEZ RUA, PAULA (Titoría)
LOPEZ RUA, PAULA (Titoría)
Tribunal
LOPEZ RUA, PAULA (Titor do alumno)
LOPEZ RUA, PAULA (Titor do alumno)
TEA, Teoría da Mente e empatía: Proposta de intervención para a aula de Primaria.
Autoría
S.M.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
S.M.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
03.07.2024 10:00
03.07.2024 10:00
Resumo
O autismo é unha das necesidades especiais máis comúns nas aulas e aínda que son moitos os síntomas deste trastorno que afectan directamente á dinámica da clase, neste estudo e posterior proposta de intervención analizaranse a Teoría da Mente e a empatía. Estas fan referencia á capacidade de comprender os pensamentos e emocións das outras persoas ata o punto de poñerse no seu lugar. A intervención buscará non só paliar os comportamentos disruptivos provenientes desta carencia de empatía, senón tamén dar un enfoque moito máis significativo e integrador. Consistirá en facilitar ao neno/a TEA o coñecemento e as ferramentas empáticas necesarias para que poida aplicarlas posteriormente de forma natural e eficaz. Desta maneira é desexable e esperable que se alcance una maior integración do suxeito na aula e un bo clima de aprendizaxe e desenvolvemento persoal.

LOPEZ GOMEZ, SANTIAGO (Titoría)
LOPEZ GOMEZ, SANTIAGO (Titoría)
Tribunal
LOPEZ GOMEZ, SANTIAGO (Titor do alumno)
LOPEZ GOMEZ, SANTIAGO (Titor do alumno)
Proposta de intervención no Síndrome de Down a través do uso de patios inclusivos.
Autoría
R.D.J.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
R.D.J.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
25.06.2024 10:45
25.06.2024 10:45
Resumo
A síndrome de Down é unha alteración xenética causada pola reprodución adicional do cromosoma 21. Esta alteración, coñecida tamén como trisomía 21, afecta significativamente a aprendizaxe e relacións sociais das persoas que a presentan. O presente traballo recolle unha proposta de intervención dirixida a alumnado con Síndrome de Down a través de patios de recreo inclusivos. Concretamente está deseñada para implementarse no 6o curso de Educación Infantil. Devandito proxecto trata de estudar as características destes nenos facendo fincapé nas súas potencialidades educativas. Doutra banda, faise un percorrido polas particularidades dos patios de recreo e as súas posibilidades para convertelo nun espazo de inclusión nos centros educativos. Este traballo ten como obxectivo o deseño e desenvolvemento dunha proposta composta de actividades motivadoras que dinamicen o patio, buscando transformalo nun espazo enriquecedor onde todos os nenos, independentemente das súas características, poidan convivir nun ambiente baseado no respecto, promovendo un ambiente de xogo e aprendizaxe inclusivo.

Habilidades sociais en nenos/as con TDAH subtipo combinado na aula de infantil e a súa intervención
Autoría
M.M.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
M.M.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
25.06.2024 10:00
25.06.2024 10:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao (TFG) aborda a relación entre o Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade subtipo combinado (TDAH-C) e as habilidades sociais en Educación Infantil. Dito trastorno, caracterizado pola presenza de síntomas de inatención e hiperactividade-impulsividade, plantexa desafíos significativos tanto no ámbito académico como no social. Os/as nenos/as que o sofren soen experimentar dificultades nas interaccións sociais, o que pode afectar negativamente ao seu desenvolvemento emocional e académico e a súa capacidade para establecer relacións entre os/as compañeiros/as. Polo tanto, con este traballo procúrase amosar unha relación entre ambos aspectos e proporcionar algúns casos prácticos con distintos enfoques e obxectivos para reducir ditos problemas. Este traballo baséase nunha revisión bibliográfica para coñecer de cerca o marco teórico do TDAH no cal se tratan o concepto, antecedentes e evolución histórica, características, diagnóstico, avaliación e tratamento. A maiores, preséntase unha intervención práctica para levar a cabo nunha aula con cativos/as con TDAH subtipo combinado, nos que se traballan propostas tanto grupais como individuais.

Primeiros pasos cara a enculturación matemática
Autoría
C.A.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
C.A.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
21.06.2024 10:30
21.06.2024 10:30
Resumo
Este traballo fin de grao (TFG) céntrase no contraste de dous grandes enfoques para o ensino das matemáticas na educación infantil: a instrución e a enculturación matemática. O obxectivo desta investigación é realizar unha análise comparativa de ambos enfoques docentes, co fin de determinar que sistema conduce a unha aprendizaxe máis completa. Para iso, nunha aula de 4º curso de educación infantil que adoita seguir unha metodoloxía de ensino das matemáticas limitada polo que entendemos como instrución matemática, porase en práctica unha proposta didáctica inspirada na enculturación matemática. Isto esixe delimitar e comprender o funcionamento de cada modelo, unha análise comparativa dos coñecementos adquiridos coa metodoloxía seguida na aula e despois de poñer en práctica as propostas, avaliando os coñecementos que as crianzas adquiriron con cada enfoque. Deste xeito, estas aprendizaxes contrastaranse coas obtidas da miña proposta didáctica para determinar que enfoque pedagóxico é máis beneficioso para a aprendizaxe de contidos matemáticos. A investigación desenvolveuse mediante un enfoque metodolóxico mixto, xa que se utilizan tanto datos cuantitativos recollidos a partir de listas de verificación como datos cualitativos recollidos a partir da observación directa.

GONZALEZ SEQUEIROS, PABLO (Titoría)
GONZALEZ SEQUEIROS, PABLO (Titoría)
Tribunal
GONZALEZ SEQUEIROS, PABLO (Titor do alumno)

Proposta educativa para o desenvolvemento da visualización espacial e o pensamento computacional a través da robótica
Autoría
S.T.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
S.T.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
26.06.2024 17:00
26.06.2024 17:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao enfócase en dous ámbitos das matemáticas, como son o pensamento computacional e a visualización espacial, a través do fío condutor da robótica. Preténdese así darlle visibilidade e aspirando a conseguir un espazo dentro das aulas de Educación Infantil. Partiuse dunha base teórica, elaborada a partir de diferentes fontes bibliográficas, onde se tratan os ámbitos das matemáticas mencionados anteriormente. A partir desta revisión, deseñouse unha proposta didáctica para o desenvolvemento do pensamento computacional e a visualización espacial a través da robótica, co robot educativo Bee-Bot, dirixida a unha aula de Educación Infantil. A proposta educativa levouse á práctica nunha aula real de Educación Infantil. Polo tanto, no documento recolleranse as diferentes conclusións extraídas e aportacións do alumnado. Como conclusión sobre o deseño e implementación da proposta, destácase o grande interese e motivación que mostra o alumnado á hora da realización das actividades, polo que é unha forma de ensinar ás crianzas a través dunha ferramenta que lles achega ás tecnoloxías.

Coeducación nas aulas de Educación Infantil a través do xogo
Autoría
E.I.F.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
E.I.F.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
02.07.2024 09:00
02.07.2024 09:00
Resumo
A través deste Traballo Fin de Grao o obxectivo que se quere conseguir é promover a coeducación a través do xogo na etapa de Educación Infantil, onde estes poidan estar nun espazo libre de estereotipos e prexuízos de xénero. Nesta etapa comezan a conformar a súa personalidade e actitude cara ás persoas que os rodean, polo que é importante educalos a través de valores tanto desde o ámbito educativo coma familiar. Por iso, realizouse unha pescuda sobre a coeducación para saber en que consiste e como foi evolucionando ao longo dos anos ata hoxe, indagando sobre as súas características e como aplicar prácticas coeducativas a través do xogo. Ademais, leváronse a cabo actividades nunha aula de tres anos para ver como podería funcionar isto, obtendo uns resultados sobre a experiencia.

LOPEZ QUINTANS, JAVIER (Titoría)
LOPEZ QUINTANS, JAVIER (Titoría)
Tribunal
LOPEZ QUINTANS, JAVIER (Titor do alumno)

Recursos docentes para a inclusión do alumnado con TEA na aula de Educación Primaria.
Autoría
I.P.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
I.P.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
24.06.2024 10:00
24.06.2024 10:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao aborda a inclusión do alumnado con Trastorno do Espectro Autista (TEA) na aula ordinaria de Educación Primaria mediante diversos recursos pedagóxicos. O obxectivo final é contribuír ao desenvolvemento de contornas educativas máis inclusivos, que valoren a diversidade e proporcionen a todos e todas a oportunidade de alcanzar o seu máximo potencial e que calquera docente poida facer uso de tales recursos. Para alcanzar este obxectivo, realizouse unha revisión exhaustiva da literatura académica relacionada co TEA, así como sobre a inclusión educativa do alumnado co mesmo trastorno, destacando estratexias como a metodoloxía TEACCH (Treatment and Education of Autistic and related Communication handicapped CHildren), en galego: Tratamento e Educación de Nenos con Autismo e Problemas de Comunicación Relacionados e os SAAC (Sistemas Aumentativos e Alternativos de Comunicación). Esta revisión revela que os apoios visuais, entre outros, resultan fundamentais para mellorar a calidade de vida deste alumnado. O traballo presenta unha proposta de recursos deseñados para promover a inclusión do alumnado con TEA na aula. Identifícanse e desenvolven recursos que facilitan a interacción social, a autonomía, a autorregulación emocional e a organización diaria dos alumnos, optimizando o uso dos espazos da aula. Os recursos son inclusivos porque benefician a todo o alumnado, aínda que poidan ser especialmente vantaxosos para o alumnado con TEA, todos e todas poden beneficiarse dos mesmos.

Mouriz Corbelle, Romina (Titoría)
Mouriz Corbelle, Romina (Titoría)
Tribunal
Mouriz Corbelle, Romina (Titor do alumno)

nclusión de nenos/as con Trastorno do Espectro Autista (TEA) na aula ordinaria
Autoría
J.R.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
J.R.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
26.06.2024 09:00
26.06.2024 09:00
Resumo
A inclusión do alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE), dentro das aulas ordinarias hoxe en día non é unha realidade, e conseguilo é un reto que se debe plantexar a curto ou medio prazo, debido aos beneficios que esta situación provocaría no alumnado que presenta estás necesidades.Debido a esta situación, decidín facer o meu Traballo de Fin de Grao co obxectivo de propoñer unha metodoloxía de traballo e unhas actividades para lograr a inclusión, en concreto, do alumnado con Trastorno do Espectro Autista (TEA) nas aulas ordinarias. Así, a primeira parte deste traballo, consta de unha revisión teórica sobre o TEA, os seus criterios diagnósticos, niveis de gravidade, características diagnósticas, factores asociados, comorbilidade, prevalencia e capacidades. Do mesmo xeito fálase tamén das escolas e aulas inclusivas, as características e os principios que se deben seguir para conseguilas, así como, a relación entre o TEA e a creación de aulas inclusivas mediante a técnica do coñecido como, traballo cooperativo. E, na segunda parte, faise referencia a diversidade cultural como tema principal, o redor do cal se crearán unha serie de actividades, cuxos obxectivos e contidos están destinados a coñecer mais de preto algunhas das características destas culturas e ao traballo cooperativo entre iguais, utilizando pictogramas para unha mellor comprensión e inclusión por parte do alumno TEA.

Abordando as habilidades socioemocionais a través da expresión corporal en nenos e nenas con TEA.
Autoría
C.P.L.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
C.P.L.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
26.06.2024 09:30
26.06.2024 09:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao recolle información que xustifica a importancia de traballar a expresión corporal en nenos e nenas con Trastorno do Espectro Autista, abarcando desde a definición, etioloxía, clasificación, sinais e criterios diagnósticos do TEA ata as habilidades socioemocionais presentes en suxeitos con este tipo de trastorno. Así mesmo, tamén se fai referencia á expresión corporal como ferramenta pedagóxica, facendo especial énfase no teatro, relacionándoo cos múltiples beneficios que presenta no ámbito educativo especialmente para os e as estudantes con TEA. A partir da revisión da literatura preséntase unha proposta de deseño mediante a que se pretende promover a aprendizaxe experiencial, a reflexión crítica e o desenvolvemento das habilidades socioemocionais. Con isto búscase fomentar o desenvolvemento integral do alumnado a través dun enfoque inclusivo e adaptacións específicas para nenos e nenas con TEA, fortalecendo as súas habilidades cognitivas e comunicativas. En conclusión, este traballo non só proporciona unha base teórica sobre o TEA e a importancia da expresión corporal, senón que tamén ofrece unha proposta de intervención para a implementación de estratexias educativas inclusivas e afectivas. A partir da cal se reflicte un gran compromiso coa mellora da calidade educativa e o apoio á diversidade na aula, promovendo unha contorna de aprendizaxe que recoñece e valora as necesidades individuais de cada neno ou nena.

Recursos docentes para a inclusión do alumnado con discapacidade auditiva na aula de educación primaria a través dos pictogramas
Autoría
A.A.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
A.A.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
26.06.2024 10:00
26.06.2024 10:00
Resumo
A discapacidade auditiva é unha condición que padece unha alta porcentaxe da poboación mundial, polo que é necesario comprender as dificultades que sofren as persoas con calquera grao de hipoacusia ou xordeira e ofrecer recursos para favorecer a súa inclusión e acceso na sociedade, dado que existe un gran prexuízo sobre estas persoas desde o inicio da historia. Por iso, desde a educación e xa no inicio dos cursos de Educación Primaria, preténdese dar a coñecer as necesidades que ten a comunidade xorda, optando pola realización de actividades con pictogramas para que o alumnado sexa consciente de que unha ferramenta visual tan simple e que non estorba, é moi beneficiosa para o alumnado con discapacidade auditiva. Desta forma, non só se pretende abordar a discapacidade auditiva, senón a diversidade funcional, levando ao alumnado a reflexionar sobre as súas capacidades e os distintos recursos e ferramentas que existen para que poidan establecer a comunicación. Polo tanto, os Sistemas Alternativos e/o Aumentativos de Comunicación (SAAC) xunto cos Comunicadores Alternativos e/o Aumentativos (CAA), cobrarán especial importancia na vida das persoas con dificultades na linguaxe, sendo estes os que permiten a súa comunicación coa contorna, polo que enriquecerá a súa calidade de vida.

O poder da educación emocional: prevención do acoso escolar a través de “Invisible”
Autoría
L.R.V.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
L.R.V.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
28.06.2024 09:00
28.06.2024 09:00
Resumo
O acoso escolar é un tipo de violencia protagonizada pola vítima, o/a acosador/a e os/as espectadores/as. Non se trata de feitos illados, son accións agresivas que se repiten ao longo do tempo. Pódese manifestar de diversas maneiras: físico, verbal, social, psicolóxico e ciberacoso. Unha forma de previlo é través da educación emocional, fomentando no alumnado habilidades socio-emocionais como a empatía. Técnicas efectivas para a prevención do fenómeno relacionadas coa educación emocional son a dramatización e o traballo en equipo. Neste TFG preséntase unha proposta didáctica organizada en seis sesións. As actividades deseñadas están dirixidas ao terceiro ciclo de educación primaria, utilizando o libro de Invisible do autor Eloy Moreno, quen aborda a problemática do acoso escolar principalmente desde a perspectiva da vítima. A proposta é reflexiva e participativa, evitando o método tradicional de ensino de transmisión-recepción. Preténdese concienciar aos/as estudantes sobre a importancia de intervir ante este tipo de situacións e resolvelas de forma pacífica.

A convivencia e mediación escolar.
Autoría
I.G.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
I.G.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
27.06.2024 09:00
27.06.2024 09:00
Resumo
A convivencia escolar é un elemento crucial no proceso educativo, posto que impacta directamente no ambiente de aprendizaxe e no benestar emocional e social das crianzas. Unha contorna escolar con relacións positivas e respectuosas non só mellora o rendemento académico, senón que tamén contribúe ao desenvolvemento integral do alumnado. Con todo, as institucións educativas enfrontan desafíos relacionados con diversos factores que afectan a dita convivencia, como os conflitos interpersoais, a discriminación ou as discrepancias entre familia e escola. Este Traballo de Fin de Grao (TFG) ten como obxectivo explorar a relación entre a convivencia e a mediación escolar, e como estas prácticas se poden integrarno currículo educativo para mellorar o clima escolar. En particular, este TFG céntrase no deseño dunha situación de aprendizaxe orientada á temática tratada no marco teórico, aliñada cos principios e obxectivos establecidos no Decreto 155/2022, que regula o currículo de educación para o cuarto curso de Educación Primaria. A Situación de Aprendizaxe (SA) denominada Construíndo a Paz baséase nun conxunto de actividades, formuladas dende unha metodoloxía activa de aprendizaxe cooperativo que buscan desenvolver habilidades de resolución de conflitos e promover unha cultura de paz e respecto entre o alumnado.

Vázquez Regueiro, Teresa Susana (Titoría)
Vázquez Regueiro, Teresa Susana (Titoría)
Tribunal
Vázquez Regueiro, Teresa Susana (Titor do alumno)

Os comedores escolares, un servizo para a conciliación e a compensación de desigualdades.
Autoría
M.C.O.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
M.C.O.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
26.06.2024 16:30
26.06.2024 16:30
Resumo
Neste traballo de fin de grao indagarase nos comedores escolares como servizo para a conciliación e compensación de desigualdades, é dicir, en como o servizo de comedor escolar afecta positivamente en áreas tales como o benestar, a saúde e distintos problemas aos que se enfrontan os/as nenos/as e as súas familias. Realizarase mediante unha revisión bibliográfica a través de distintas fontes de carácter académico, na cal se indagará en aspectos divididos en cinco puntos tales como a Lexislación actual que rexe o servizo de comedor, o comedor como oportunidade para cambiar o modelo alimentario, como compensador de desigualdades económicas, como axente para a conciliación familiar e, por último, ofreceranse propostas e iniciativas de mellora destes comedores. Debido ás preocupantes cifras de malnutrición e pobreza infantil que hai en España, o obxectivo deste traballo será indagar a través de distintas fontes en como os comedores escolares son un piar fundamental na compensación de desigualdades e poderían supoñer un espazo de benestar para o alumnado e as súas familias. Polo que, unha vez tense clara a importancia que este servizo pode ter sobre a infancia, a súa saúde e o seu benestar, destácase a necesidade de cambios urxentes na xestión deste servizo, así como máis importancia e axudas por parte do Goberno co fin de crear un espazo completamente accesible e saudable para todos os nenos e nenas.
Neste traballo de fin de grao indagarase nos comedores escolares como servizo para a conciliación e compensación de desigualdades, é dicir, en como o servizo de comedor escolar afecta positivamente en áreas tales como o benestar, a saúde e distintos problemas aos que se enfrontan os/as nenos/as e as súas familias. Realizarase mediante unha revisión bibliográfica a través de distintas fontes de carácter académico, na cal se indagará en aspectos divididos en cinco puntos tales como a Lexislación actual que rexe o servizo de comedor, o comedor como oportunidade para cambiar o modelo alimentario, como compensador de desigualdades económicas, como axente para a conciliación familiar e, por último, ofreceranse propostas e iniciativas de mellora destes comedores. Debido ás preocupantes cifras de malnutrición e pobreza infantil que hai en España, o obxectivo deste traballo será indagar a través de distintas fontes en como os comedores escolares son un piar fundamental na compensación de desigualdades e poderían supoñer un espazo de benestar para o alumnado e as súas familias. Polo que, unha vez tense clara a importancia que este servizo pode ter sobre a infancia, a súa saúde e o seu benestar, destácase a necesidade de cambios urxentes na xestión deste servizo, así como máis importancia e axudas por parte do Goberno co fin de crear un espazo completamente accesible e saudable para todos os nenos e nenas.
Dirección
PONCET SOUTO, MARTA MARIA (Titoría)
PONCET SOUTO, MARTA MARIA (Titoría)
Tribunal
PONCET SOUTO, MARTA MARIA (Titor do alumno)
PONCET SOUTO, MARTA MARIA (Titor do alumno)
A nena da bufanda laranxa. Deseño dun recurso para o traballo da música e da cultura galegas nas aulas de Infantil
Autoría
A.A.S.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
A.A.S.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
Data da defensa
08.07.2024 12:00
08.07.2024 12:00
Resumo
Neste traballo preséntase unha proposta educativa mediante a cal, a través dun recurso de corte literario, se pretende traballar a música e a cultura galegas. O seu desenvolvemento partiu dos datos obtidos a través dunha enquisa de elaboración propia, feita a docentes de Educación Infantil de toda Galicia, onde se evidencia a baixa presenza destes contidos nas aulas. O elemento central é un conto protagonizado por Dorothé Schubarth, unha das figuras máis relevantes na conservación do patrimonio inmaterial galego. Fuxindo de ser unha compilación de diversas coplas tradicionais, o recurso presentado pretende ser unha historia que suscite o interese do alumnado pola música galega, dada a súa relevancia para o desenvolvemento da trama que nel se conta. Non se inicia este traballo coa única intención de elaborar un conto, senón que se pretende ir máis aló e desenvolver unha secuencia de actividades que, xunto coa lectura e o coñecemento do libro, se poderían traballar nas aulas de Educación Infantil, para realmente afianzar os coñecementos sobre este patrimonio inmaterial e crear un sentimento de pertenza e respecto cara a el. Para a contextualización do traballo, comezouse cunha revisión bibliográfica para a elaboración do marco teórico. Deseguido recóllense os obxectivos do traballo e a súa metodoloxía. A continuación, incluíronse dous apartados centrais: un deles enfócase na enquisa realizada e nos resultados obtidos, e o outro no desenvolvemento do recurso e da proposta que o acompaña. Finalmente, recóllense as conclusións do TFG, o apartado de referencias bibliográficas e un último de anexos.
Neste traballo preséntase unha proposta educativa mediante a cal, a través dun recurso de corte literario, se pretende traballar a música e a cultura galegas. O seu desenvolvemento partiu dos datos obtidos a través dunha enquisa de elaboración propia, feita a docentes de Educación Infantil de toda Galicia, onde se evidencia a baixa presenza destes contidos nas aulas. O elemento central é un conto protagonizado por Dorothé Schubarth, unha das figuras máis relevantes na conservación do patrimonio inmaterial galego. Fuxindo de ser unha compilación de diversas coplas tradicionais, o recurso presentado pretende ser unha historia que suscite o interese do alumnado pola música galega, dada a súa relevancia para o desenvolvemento da trama que nel se conta. Non se inicia este traballo coa única intención de elaborar un conto, senón que se pretende ir máis aló e desenvolver unha secuencia de actividades que, xunto coa lectura e o coñecemento do libro, se poderían traballar nas aulas de Educación Infantil, para realmente afianzar os coñecementos sobre este patrimonio inmaterial e crear un sentimento de pertenza e respecto cara a el. Para a contextualización do traballo, comezouse cunha revisión bibliográfica para a elaboración do marco teórico. Deseguido recóllense os obxectivos do traballo e a súa metodoloxía. A continuación, incluíronse dous apartados centrais: un deles enfócase na enquisa realizada e nos resultados obtidos, e o outro no desenvolvemento do recurso e da proposta que o acompaña. Finalmente, recóllense as conclusións do TFG, o apartado de referencias bibliográficas e un último de anexos.
Dirección
GARCIA PEDREIRA, MARIA DEL ROCIO (Titoría)
GARCIA PEDREIRA, MARIA DEL ROCIO (Titoría)
Tribunal
CIDRAS ROBLES, SALVADOR (Presidente/a)
Anderson McGuire, JoDee (Secretario/a)
OGNEVA , ANASTASIIA (Vogal)
CIDRAS ROBLES, SALVADOR (Presidente/a)
Anderson McGuire, JoDee (Secretario/a)
OGNEVA , ANASTASIIA (Vogal)
Beneficios do uso dun videoxogo como recurso dixital para reforzar o aprendizaxe da aula.
Autoría
A.F.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
A.F.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
11.09.2024 10:00
11.09.2024 10:00
Resumo
Neste traballo de fin de grao búscase comprobar se o uso dos recursos dixitais, e en concreto dos videoxogos, é beneficioso para o alumnado de primaria. Para iso realizouse unha proposta de intervención cun grupo de cuarto de primaria de 25 alumnos/as nun colexio concertado da Comunidade Autónoma de Galicia. Nesta proposta presentóuselle ao alumnado un videoxogo, de creación propia, para traballar o cálculo mental e a resolución de problemas, cunha temática centrada na contaminación. Os resultados obtivéronse a través da observación e unha rúbrica de creación propia. Coa realización da proposta, púidose comprobar que os videoxogos son unha ferramenta educativa cun papel moi motivador, incrementado o interese do alumnado, ademais, fomenta a aprendizaxe significativa e permite que os/as estudantes vexan os contidos desde unha perspectiva menos complicada e máis divertida.

Coeducación e contos infatís
Autoría
I.L.D.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
I.L.D.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
02.07.2024 10:00
02.07.2024 10:00
Resumo
A finalidade deste proxecto é traballar a coeducación apoiándonos nos contos infantís a través dunha proposta didáctica para promover a igualdade. Para elo, defínese que é a coeducación, a importancia que ten esta na aula, analizo os contos infantís e se neles se identifican estereotipos, tamén quixen demostrar que o uso das TIC pode ser un bo recurso didáctico. Contén a proposta didáctica que se levou a cabo na aula de 4º de Educación Infantil coa práctica de actividades coeducativas co uso de contos infantís e o uso das TIC. Finalmente, reflexo o análise dos resultados obtidos nas actividades xunto cunha conclusión sobre a miña experiencia en xeral.

Coeducación e estereotipos de xénero nos contos ilustrados de Educación Infantil
Autoría
A.L.L.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
A.L.L.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
02.07.2024 10:30
02.07.2024 10:30
Resumo
O presente traballo de fin de grado ten como obxectivo demostrar a necesidade persistente de establecer unha igualdade real entre xéneros en todos os ámbitos da vida, mediante a implementación de un sistema coeducativo e fora de estereotipos nas aulas de Educación Infantil. Na primeira parte realizarase unha análise das bases teóricas sobre coeducación e os diferentes estereotipos de xénero, así como a súa evolución histórica. Na segunda parte levarase a cabo unha proposta de intervención que inclúe a realización de unha serie de sesións sobre educación non sexista nun centro educativo da provincia de Lugo, máis concretamente no CEIP Anexa, dirixiidas a alumnos de Educación Infantil. A través de estas actividades, obteranse resultados que confirman a existencia de unha percepción de desigualdade entre os xéneros masculino e feminino, evidenciando unha falta de equidade. De esta forma, plantexamos así unha proposta de intervención coa intención de responder ao modelo da escola coeducativa chegando a conclusión de que o concepto de coeducación foi avanzando a par que a sociedade, pero aínda queda moito camiño por recorrer.

I.M.L.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
I.M.L.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
02.07.2024 10:30
02.07.2024 10:30
Resumo
O presente traballo de fin de grado ten como obxectivo demostrar a necesidade persistente de establecer unha igualdade real entre xéneros en todos os ámbitos da vida, mediante a implementación de un sistema coeducativo e fora de estereotipos nas aulas de Educación Infantil. Na primeira parte realizarase unha análise das bases teóricas sobre coeducación e os diferentes estereotipos de xénero, así como a súa evolución histórica. Na segunda parte levarase a cabo unha proposta de intervención que inclúe a realización de unha serie de sesións sobre educación non sexista nun centro educativo da provincia de Lugo, máis concretamente no CEIP Anexa,dirixidas a alumnos de Educación Infantil. A través de estas actividades, obteranse resultados que confirman a existencia de unha percepción de desigualdade entre os xéneros masculino e feminino, evidenciando unha falta de equidade. De esta forma, plantexamos así unha proposta de intervención coa intención de responder ao modelo da escola coeducativa chegando a conclusión de que o concepto de coeducación foi avanzando a par que a sociedade, pero aínda queda moito camiño por recorrer.

A aula como escenario comunicativo. Unha proposta educativa para potenciar o uso oral da lingua galega en Educación Primaria
Autoría
N.F.V.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
N.F.V.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
20.06.2024 13:00
20.06.2024 13:00
Resumo
A expresión oral é fundamental na aprendizaxe dunha lingua xa que aumenta considerablemente a competencia comunicativa nela e permite o seu uso en distintos contextos. No caso da lingua galega, a súa importancia faise aínda máis evidente debido á situación que presenta na actualidade, caracterizada pola diminución de uso, especialmente entre os máis novos. Fomentar a expresión oral en galego dentro da escola é esencial para garantir a dita competencia entre o alumnado. Este é o motivo do presente TFG que leva por título A aula como escenario comunicativo. Unha proposta educativa para potenciar o uso oral da lingua en Educación Primaria que ten como obxectivo fomentar a expresión oral en galego na aula. Despois do apartado de introdución, no marco teórico podémonos aproximar a estudos que falan sobre a importancia da escola, e en concreto da aula como escenario de comunicación, para garantir entre o alumnado unha competencia oral en lingua galega. O núcleo do TFG é unha Proposta Educativa orientada para cuarto curso de Educación Primaria, na que inclúo un conxunto de actividades tratadas desde unha metodoloxía activa e unha aprendizaxe cooperativa para potenciar as habilidades orais en galego. A continuación figuran as conclusións, as referencias bibliográficas e dous anexos con material complementario.

ARES VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
ARES VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
Tribunal
ARES VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Titor do alumno)

A competencia comunicativa en Educación Primaria: unha proposta educativa para potenciar a aprendizaxe e o uso da lingua galega
Autoría
S.P.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
S.P.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
20.06.2024 12:00
20.06.2024 12:00
Resumo
A lingua galega constitúe o eixe fundamental da identidade cultural e lingüística de Galicia, permítenos comunicármonos e/ou expresármonos e vincúlanos á nosa historia e tradición. Os estudos sociolingüísticos sinalan a crítica situación na que se atopa por diminuír o seu uso, especialmente durante a infancia. A escola é un axente esencial para potenciar e desenvolver a competencia comunicativa en lingua galega a fin de conseguir unha expresión oral e escrita correcta por parte do alumnado. No marco teórico resalto a importancia do actual modelo de aprendizaxe competencial, con especial atención á competencia comunicativa na Educación Primaria e presento unha breve achega ó uso do galego, con referencia á lexislación educativa da Comunidade Autónoma de Galicia. O núcleo do TFG é o deseño da Proposta Educativa que leva por título A competencia comunicativa en Educación Primaria: unha proposta educativa para potenciar a aprendizaxe e o uso da lingua galega e que se dirixe ó primeiro curso de Educación Primaria. É unha proposta constituída por dez actividades para desenvolver na aula (cinco de expresión oral e cinco de expresión escrita), coas que pretendo que os discentes se convertan en bos comunicadores, independentemente do contexto e/ou situación comunicativa. Nas conclusións achego unha breve síntese dos aspectos desenvoltos no TFG e comparto as vivencias e reflexións persoais xurdidas durante a súa elaboración. Tras as referencias bibliográficas, pechan o TFG dous anexos con información relativa á proposta presentada.

O traballo das emocións a través da Educación Física na etapa de Educación Primaria
Autoría
D.G.F.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
D.G.F.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
Data da defensa
21.06.2024 09:30
21.06.2024 09:30
Resumo
Neste traballo afóndase sobre a idea de que as emocións deben ser traballadas dende calquera ámbito da educación, en especial dende a materia de Educación Física. É de sobra sabido o impacto que teñen as emocións no noso día a día e no xeito que temos os seres humanos de afrontar as diversas situacións cotiás. Este traballo defende a idea de que a educación ten que ser quen de axudar a que os nenos e nenas sexan capaces de comprender as súas emocións, identificar as emocións propias e alleas e expresalas. Ademais, neste traballo preséntase unha proposta didáctica de 5 sesións e 9 actividades para incluír a educación emocional dentro da materia de Educación Física. Esta materia pode ser a vía perfecta para integrar contidos emocionais polo seu carácter vivencial e as experiencias que xera nos nenos e nenos.

Proxecto somos astronautas
Autoría
I.P.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
I.P.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
19.06.2024 13:30
19.06.2024 13:30
Resumo
O presente traballo académico busca presentar unha proposta de innovación baseada na aprendizaxe por proxectos para achegar dunha forma lúdica ao alumnado do sexto curso de Educación Infantil ao mundo do universo. Unha proposta na cal se traballa a educación científica a través da metodoloxía por proxectos (ABP), seguindo sempre o currículo actual. Abordamos á importancia do ensino aprendizaxe das ciencias en Educación Infantil, por que é necesario e como facelo a través das prácticas científicas.

FERNANDEZ MONTEIRA, SABELA (Titoría)
GARCIA ULLOA, ALBA Cotitoría
FERNANDEZ MONTEIRA, SABELA (Titoría)
GARCIA ULLOA, ALBA Cotitoría
Tribunal
FERNANDEZ MONTEIRA, SABELA (Titor do alumno)

O tratamento dos medos infantís a través dos álbums ilustrados: proposta de innovación educativa
Autoría
R.V.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
R.V.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
19.06.2024 10:30
19.06.2024 10:30
Resumo
O presente Traballo Final de Grao ten como obxectivo principal o desenvolvemento dunha proposta de innovación docente para traballar os medos infantís. Concretamente, óptase por atender estas emocións mediante un dos formatos literarios con máis relevancia nos últimos anos: os álbums ilustrados. Tras investigar sobre esta forma de arte ilustrada na que colaboran o código escrito e o visual, é deseñada unha proposta de intervención educativa para o segundo ciclo de Educación Infantil. O fin desta proposta é abordar os medos dos nenos e das nenas a través de actividades cuxo punto de partida serán este tipo de obras literarias. Alén da descrición detallada da intervención docente, é recollido e avaliado o proceso de posta en práctica nas aulas de infantil dunha escola pública. As conclusións mostran a relevancia do traballo con álbums ilustrados e a necesidade de normalizar o medo como unha emoción primaria que experimentan todas as persoas, para que as crianzas sexan capaces de exteriorizala e mesmo enfrontarse a ela. Faise unha descrición da posta en práctica.

MARTINEZ TEJERO, CRISTINA (Titoría)
MARTINEZ TEJERO, CRISTINA (Titoría)
Tribunal
MARTINEZ TEJERO, CRISTINA (Titor do alumno)

A motivación nas aulas do último ciclo de EP con respecto á materia de EF en Galicia
Autoría
A.G.C.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
A.G.C.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
10.07.2024 12:30
10.07.2024 12:30
Resumo
O obxectivo deste traballo é examinar minuciosamente a motivación dos estudantes de primaria, desde o seu punto de vista ata a influencia dos profesores e a estrutura do plan de estudos. Así mesmo, analizaranse distintas tácticas pedagóxicas e motivacionais que se poden usar nas aulas para fomentar a motivación interna dos estudantes e a súa dedicación ao proceso de aprendizaxe. No seguinte documento realizarei un estudo da motivación do alumnado na materia de Educación Física á hora de afrontar estas clases no último ciclo de Educación Primaria.. Para iso, realizarei a análise dunha enquisa realizada a un grupo de mestres e mestras de Educación Física.
O obxectivo deste traballo é examinar minuciosamente a motivación dos estudantes de primaria, desde o seu punto de vista ata a influencia dos profesores e a estrutura do plan de estudos. Así mesmo, analizaranse distintas tácticas pedagóxicas e motivacionais que se poden usar nas aulas para fomentar a motivación interna dos estudantes e a súa dedicación ao proceso de aprendizaxe. No seguinte documento realizarei un estudo da motivación do alumnado na materia de Educación Física á hora de afrontar estas clases no último ciclo de Educación Primaria.. Para iso, realizarei a análise dunha enquisa realizada a un grupo de mestres e mestras de Educación Física.
Dirección
CONS FERREIRO, MIGUEL (Titoría)
CONS FERREIRO, MIGUEL (Titoría)
Tribunal
CONS FERREIRO, MIGUEL (Titor do alumno)
CONS FERREIRO, MIGUEL (Titor do alumno)
A obesidade infantil en Lugo relacionado cos hábitos saudables.
Autoría
R.M.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
R.M.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
10.07.2024 13:15
10.07.2024 13:15
Resumo
A obesidade infantil é un problema de saúde pública que está a acadar cotas alarmantes en España. Sabías que unha parte importante dos nenos e nenas está en risco debido aos malos hábitos alimentarios e ao sedentarismo? Este traballo sobre a obesidade infantil non só revela datos preocupantes, senón que tamén ofrece solucións para reverter esta tendencia. Durante este estudo verase que a prevalencia de obesidade infantil en España é bastante alta pero a súa tendencia vai diminuíndo lentamente coa implementación de hábitos saudables intentando eliminar das súas vidas principalmente as dietas inadecuadas e o sedentarismo. Ademais tamén se fará un estudo involucrando a diversos centros da provincia de Lugo e A Coruña centrándonos nos seus hábitos físicos familiares e nos hábitos de sono, hixiene e saúde, cuxos resultados son moi característicos e pódense sacar múltiples conclusións. A obesidade infantil é un reto complexo que require un enfoque multifacético e sostido polo que é fundamental a necesidade de intervencións educativas, de fomento da actividade física, de políticas públicas sólidas e de colaboración intersectorial eficaz. Só a través dun esforzo conxunto e coordinado poderemos reverter esta preocupante tendencia e garantir un futuro máis saudable dos nenos e nenas.

Reanimación cardiopulmonar na aula de educación primaria na cidade de Lugo.
Autoría
M.R.U.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
M.R.U.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
10.07.2024 11:00
10.07.2024 11:00
Resumo
Este TFG consiste na realización dun cuestionario Ad Hoc titulado “Coñecemento e ensino do soporte vital básico co uso de desfibrilador externo automático” para poder observar e comparar os coñecementos dos cursos de 4ºA, 5ºA e 6ºA de Educación Primaria, do centro educativo CEIP Das Mercedes. Unha vez analizados os datos, realizouse un estudo cuantitativo, descriptivo e transversal no que se pode ver claramente que os coñecementos melloran notablemente a medida que avanzamos de curso. Non obstante, detectáronse carencias nalgúns temas, pero poden ser melloradas coa implementación da Unidade Didáctica deseñada que permita abordar estes coñecementos sobre a RCP-Básica, SVB, protocolo de actuación con DEA e así poder actuar fronte a unha situación de risco que se poida presentar na aula ou en calquera ámbito do día a día. Os dous obxectivos deste TFG son: avaliar e comparar os coñecementos iniciais de SVB e RCP-Básica entre o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, ademais de desenvolver unha Unidade Didáctica para mellorar os coñecementos de SVB e RCP-Básica.

Programa de intervención: “Proposta de inclusión educativa de nenos e nenas con autismo no patio escolar”
Autoría
E.R.V.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
E.R.V.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
02.09.2024 17:00
02.09.2024 17:00
Resumo
O Trastorno do Espectro Autista (TEA) é unha condición do neurodesarrollo que se manifesta a través de dificultades na comunicación, interacción social e comportamentos repetitivos. A inclusión de nenos/as con TEA no recreo e outros espazos educativos representa un desafío, pero tamén unha oportunidade para fomentar un ambiente escolar inclusivo e equitativo. Este Traballo de Fin de Grao (TFG), examina estratexias e enfoques para facilitar a integración efectiva destes estudantes en actividades variadas e educativas. Destácanse métodos como a adaptación de xogos e actividades para ser máis accesibles, a capacitación dos docentes e persoal escolar en prácticas inclusivas, e a promoción da empatía e comprensión entre os compañeiros de clase. Ademais, analízanse intervencións específicas como o enfoque TTEACH, a implementación doutros enfoques e a creación de espazos sensoriais e educativos que proporcionen unha contorna cómoda e adaptada ás necesidades dos nenos e nenas con TEA. Ademais, o presente documento subliña a importancia da colaboración entre pais, educadores e profesionais para deseñar e implementar estratexias que respondan as necesidades individuais de cada estudante.

SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Titoría)
SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Titoría)
Tribunal
SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Titor do alumno)

Situación de aprendizaxe para o alumnado con Trastorno do Espectro Autista en aulas ordinarias.
Autoría
E.O.N.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
E.O.N.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
09.09.2024 17:00
09.09.2024 17:00
Resumo
O presente traballo baséase na creación dunha situación de aprendizaxe, deseñada para levar a cabo nun centro ordinario co fin de fomentar a inclusión nas aulas e poder converter esta modalidade de escolarización na máis conveniente para o alumnado que presenta Trastorno do Espectro Autista (TEA).
O presente traballo baséase na creación dunha situación de aprendizaxe, deseñada para levar a cabo nun centro ordinario co fin de fomentar a inclusión nas aulas e poder converter esta modalidade de escolarización na máis conveniente para o alumnado que presenta Trastorno do Espectro Autista (TEA).
Dirección
Vázquez Regueiro, Teresa Susana (Titoría)
Vázquez Regueiro, Teresa Susana (Titoría)
Tribunal
Vázquez Regueiro, Teresa Susana (Titor do alumno)
Vázquez Regueiro, Teresa Susana (Titor do alumno)
Xogar na natureza, metodoloxías creativas do lugar na aula de EI
Autoría
T.F.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
T.F.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
08.07.2024 10:00
08.07.2024 10:00
Resumo
O presente proxecto aborda o xogo na natureza con materiais non estruturados propios do medio durante a etapa infantil e os beneficios que este pode ofrecer ás crianzas. A través dunha inicial busca bibliográfica e posterior posta en práctica do deseño dunha proposta educativa, refléxase neste traballo a riqueza da natureza como recurso afondando no Trastorno por Déficit de Natureza, o xogo ao aire libre, a aprendizaxe autodidacta a través do facer e a importancia de ver como seres capaces aos nenos e nenas. A proposta didáctica executada exponse dentro do marco curricular vixente, tendo en conta o centro de referencia para a súa posta en práctica e as súas características; así como o propio deseño detallado das propostas, os parámetros de observación empregados durante o transcurso desta, os resultados acadados e unha análise das accións desenvolvidas.
O presente proxecto aborda o xogo na natureza con materiais non estruturados propios do medio durante a etapa infantil e os beneficios que este pode ofrecer ás crianzas. A través dunha inicial busca bibliográfica e posterior posta en práctica do deseño dunha proposta educativa, refléxase neste traballo a riqueza da natureza como recurso afondando no Trastorno por Déficit de Natureza, o xogo ao aire libre, a aprendizaxe autodidacta a través do facer e a importancia de ver como seres capaces aos nenos e nenas. A proposta didáctica executada exponse dentro do marco curricular vixente, tendo en conta o centro de referencia para a súa posta en práctica e as súas características; así como o propio deseño detallado das propostas, os parámetros de observación empregados durante o transcurso desta, os resultados acadados e unha análise das accións desenvolvidas.
Dirección
CIDRAS ROBLES, SALVADOR (Titoría)
CIDRAS ROBLES, SALVADOR (Titoría)
Tribunal
BLANCO MOSQUERA, VICENTE (Presidente/a)
MARTINEZ TEJERO, CRISTINA (Secretario/a)
GARCIA DOCAMPO, LAURA (Vogal)
BLANCO MOSQUERA, VICENTE (Presidente/a)
MARTINEZ TEJERO, CRISTINA (Secretario/a)
GARCIA DOCAMPO, LAURA (Vogal)
Onde todos e todas encaixamos!: deseño e implementación dunha proposta didáctica para avaliar as actitudes do alumnado cara a diversidade
Autoría
C.R.R.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
C.R.R.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
Data da defensa
08.07.2024 13:00
08.07.2024 13:00
Resumo
Na actualidade, vivimos nunha sociedade cada vez máis plural e diversa, na que o contacto e a convivencia coa diferenza e a diversidade está cada vez máis presente. Por este motivo, decidiuse elaborar este traballo cuxa pretensión inicial radica na erradicación dos estereotipos e prexuízos existentes en torno á diversidade para crear unha sociedade na que impere o pensamento crítico e na que se valore a diferenza como un elemento enriquecedor. A este aspecto, decidiuse deseñar unha proposta didáctica coa finalidade de avaliar as actitudes que presentan os nenos e nenas de catro e cinco anos cara a diferencia, e comprobar como a súa implementación nun contexto de aula contribúe a xerar un cambio de actitudes positivo. Búscase tamén diminuír os prexuízos existentes e promover a aceptación e o respecto polas diferenzas individuais, así como contribuír á eliminación de barreiras para as persoas con diversidade. Asemade, tendo en conta a importancia que posúe a literatura para o desenvolvemento positivo dos nenos/as e o seu potencial para traballar contidos de actualidade, decidiuse presentar a gran pluralidade que constitúe a diferenza por medio de álbums ilustrados. Tamén, en consonancia coa importancia que posúe o correcto desenvolvemento motor das crianzas, deseñáronse actividades que permiten traballar aspectos relacionados coa motricidade infantil, ao tempo que se valora e se respecta a diferencia e as diversidades funcionais máis concretas. En definitiva, evidenciouse unha mellora positiva nas actitudes do alumnado constatando o impacto que posúen as actividades de literatura e motricidade ao respecto.

GARCIA MARIN, PABLO (Titoría)
GARCIA MARIN, PABLO (Titoría)
Tribunal
SOUTO SEIJO, ALBA MARIA (Presidente/a)
LOIS PRADOS, CRISTINA (Secretario/a)
PONCET SOUTO, MARTA MARIA (Vogal)
SOUTO SEIJO, ALBA MARIA (Presidente/a)
LOIS PRADOS, CRISTINA (Secretario/a)
PONCET SOUTO, MARTA MARIA (Vogal)
Proposta didáctica dos primeiros auxilios en 5º de Educación Primaria, especialidade Educación Física.
Autoría
V.C.T.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
V.C.T.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
05.02.2024 09:15
05.02.2024 09:15
Resumo
O presente traballo fin de grado (TFG) é unha proposta didáctica na cal se traballan os primeiros auxilios, concretamente a Reanimación Cardiopulmonar (RCP) e a Manobra de Heimlich. Previamente, faise unha busca bibliográfica arredor dos primeiros auxilios e a conduta Protexer-Avisar-Socorrer (PAS), a descrición do Soporte Vital Básico (SVB), da RCP, do Desfibrilador Externo Semiautomático (DESA) e da Manobra de Heimlich. Ademais, falarase dos primeiros auxilios no ámbito educativo e de metodoloxías innovadoras no campo da súa ensinanza. Este traballo ofrece unha proposta didáctica destinada ao alumnado de 5º de Educación Primaria para poñer en práctica algunhas sesións arredor dos primeiros auxilios e concienciar as persoas da importancia desta temática.

Proposta de mellora da lingua oral na aula inglés.
Autoría
M.B.N.L.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
M.B.N.L.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
07.02.2024 17:30
07.02.2024 17:30
Resumo
Este traballo aborda a mellora da expresión oral en inglés en quinto de primaria. O estudo divídese nunha sólida revisión teórica de factores influentes e a adopción da Aprendizaxe Baseada no Xogo (ABX) como metodoloxía. A implementación práctica materialízase a través de actividades centradas no ABX. Busca superar as dificultades comúns na expresión oral, propoñendo un enfoque didáctico innovador. A investigación contribúe ao ámbito educativo ao expor estratexias que promoven unha aprendizaxe activa, motivadora e contextualizada.
Este traballo aborda a mellora da expresión oral en inglés en quinto de primaria. O estudo divídese nunha sólida revisión teórica de factores influentes e a adopción da Aprendizaxe Baseada no Xogo (ABX) como metodoloxía. A implementación práctica materialízase a través de actividades centradas no ABX. Busca superar as dificultades comúns na expresión oral, propoñendo un enfoque didáctico innovador. A investigación contribúe ao ámbito educativo ao expor estratexias que promoven unha aprendizaxe activa, motivadora e contextualizada.
Dirección
LOPEZ RUA, PAULA (Titoría)
LOPEZ RUA, PAULA (Titoría)
Tribunal
LOPEZ RUA, PAULA (Titor do alumno)
LOPEZ RUA, PAULA (Titor do alumno)
Onde todos e todas encaixamos!: deseño e implementación dunha proposta didáctica para avaliar as actitudes do alumnado cara a diversidade
Autoría
R.S.F.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
R.S.F.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
Data da defensa
08.07.2024 13:00
08.07.2024 13:00
Resumo
Na actualidade, vivimos nunha sociedade cada vez máis plural e diversa, na que o contacto e a convivencia coa diferenza e a diversidade está cada vez máis presente. Por este motivo, decidiuse elaborar este traballo cuxa pretensión inicial radica na erradicación dos estereotipos e prexuízos existentes en torno á diversidade para crear unha sociedade na que impere o pensamento crítico e na que se valore a diferenza como un elemento enriquecedor. A este aspecto, decidiuse deseñar unha proposta didáctica coa finalidade de avaliar as actitudes que presentan os nenos e nenas de catro e cinco anos cara a diferencia, e comprobar como a súa implementación nun contexto de aula contribúe a xerar un cambio de actitudes positivo. Búscase tamén diminuír os prexuízos existentes e promover a aceptación e o respecto polas diferenzas individuais, así como contribuír á eliminación de barreiras para as persoas con diversidade. Asemade, tendo en conta a importancia que posúe a literatura para o desenvolvemento positivo dos nenos/as e o seu potencial para traballar contidos de actualidade, decidiuse presentar a gran pluralidade que constitúe a diferenza por medio de álbums ilustrados. Tamén, en consonancia coa importancia que posúe o correcto desenvolvemento motor das crianzas, deseñáronse actividades que permiten traballar aspectos relacionados coa motricidade infantil, ao tempo que se valora e se respecta a diferencia e as diversidades funcionais máis concretas. En definitiva, evidenciouse unha mellora positiva nas actitudes do alumnado constatando o impacto que posúen as actividades de literatura e motricidade ao respecto.
Na actualidade, vivimos nunha sociedade cada vez máis plural e diversa, na que o contacto e a convivencia coa diferenza e a diversidade está cada vez máis presente. Por este motivo, decidiuse elaborar este traballo cuxa pretensión inicial radica na erradicación dos estereotipos e prexuízos existentes en torno á diversidade para crear unha sociedade na que impere o pensamento crítico e na que se valore a diferenza como un elemento enriquecedor. A este aspecto, decidiuse deseñar unha proposta didáctica coa finalidade de avaliar as actitudes que presentan os nenos e nenas de catro e cinco anos cara a diferencia, e comprobar como a súa implementación nun contexto de aula contribúe a xerar un cambio de actitudes positivo. Búscase tamén diminuír os prexuízos existentes e promover a aceptación e o respecto polas diferenzas individuais, así como contribuír á eliminación de barreiras para as persoas con diversidade. Asemade, tendo en conta a importancia que posúe a literatura para o desenvolvemento positivo dos nenos/as e o seu potencial para traballar contidos de actualidade, decidiuse presentar a gran pluralidade que constitúe a diferenza por medio de álbums ilustrados. Tamén, en consonancia coa importancia que posúe o correcto desenvolvemento motor das crianzas, deseñáronse actividades que permiten traballar aspectos relacionados coa motricidade infantil, ao tempo que se valora e se respecta a diferencia e as diversidades funcionais máis concretas. En definitiva, evidenciouse unha mellora positiva nas actitudes do alumnado constatando o impacto que posúen as actividades de literatura e motricidade ao respecto.
Dirección
GARCIA MARIN, PABLO (Titoría)
GARCIA MARIN, PABLO (Titoría)
Tribunal
SOUTO SEIJO, ALBA MARIA (Presidente/a)
LOIS PRADOS, CRISTINA (Secretario/a)
PONCET SOUTO, MARTA MARIA (Vogal)
SOUTO SEIJO, ALBA MARIA (Presidente/a)
LOIS PRADOS, CRISTINA (Secretario/a)
PONCET SOUTO, MARTA MARIA (Vogal)
A diversidade cultural nunha aula de educación primaria
Autoría
M.L.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
M.L.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
03.07.2024 10:00
03.07.2024 10:00
Resumo
Actualmente, a sociedade está composta por diferentes relixións, culturas e etnias que conviven entre si. Canto máis pasa o tempo, máis convivencia de diferentes culturas se atopan nos colexios, xa que tamén o número de persoas inmigrantes aumentou de forma considerable. Por tanto, o papel dos docentes é moi importante á hora da existencia da diversidade cultural para construír unha aula inclusiva que respecte e acepte todo tipo de cultura. Para iso, hai que tentar coñecer as diferentes culturas que hai e traballar con elas para que os nenos/as se familiaricen coas diferentes etnias. Sendo o propósito principal deste traballo observar a conduta tanto por parte dos docentes como por parte do alumnado ante a realización de actividades relacionadas coas diferentes culturas que se atopan na aula.
Actualmente, a sociedade está composta por diferentes relixións, culturas e etnias que conviven entre si. Canto máis pasa o tempo, máis convivencia de diferentes culturas se atopan nos colexios, xa que tamén o número de persoas inmigrantes aumentou de forma considerable. Por tanto, o papel dos docentes é moi importante á hora da existencia da diversidade cultural para construír unha aula inclusiva que respecte e acepte todo tipo de cultura. Para iso, hai que tentar coñecer as diferentes culturas que hai e traballar con elas para que os nenos/as se familiaricen coas diferentes etnias. Sendo o propósito principal deste traballo observar a conduta tanto por parte dos docentes como por parte do alumnado ante a realización de actividades relacionadas coas diferentes culturas que se atopan na aula.
Dirección
ROCHA ALVAREZ, DELMIRO (Titoría)
ROCHA ALVAREZ, DELMIRO (Titoría)
Tribunal
ROCHA ALVAREZ, DELMIRO (Titor do alumno)
ROCHA ALVAREZ, DELMIRO (Titor do alumno)
O faladoiro Galetube: Situación de aprendizaxe que conecta o fenómeno Booktube coas aulas de Educación Infantil
Autoría
L.F.T.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
L.F.T.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
Data da defensa
08.07.2024 12:00
08.07.2024 12:00
Resumo
As novas tecnoloxías resultan ser unha ferramenta crucial na sociedade en XI. Evidénciase así a necesidade de desenvolver na escola un alfabetismo transmedia utilizando como soporte mediático as redes dixitais para a aprendizaxe do alumnado. O fenómeno Booktube é unha das ferramentas cun gran potencial para achegar a literatura á infancia e conseguir desenvolver nesta a competencia literaria e o hábito lector. A este respecto, créase un proxecto de fomento da cultura e da lectura de carácter internacional centrado en formar unha comunidade virtual que comparta uns mesmos obxectivos e finalidades. Isto efectuarase partindo de diversas propostas vinculadas coa literatura, sendo estas as composicións que beben do folclore, os álbums ilustrados e os libros-cd. Co obxectivo de amosar a súa efectividade, levouse a cabo unha adaptación, cuxo resultados reflectiron a eficacia que implica establecer unha boa conexión entre as novas tecnoloxías e a literatura. En definitiva, constatouse que a lectura é unha ferramenta crucial para comprender e seleccionar a información do mundo circundante, a cal non é allea á influencia xorden novas formas de alfabetización e intertextualidades nas novas xeracións ás que o sistema educativo se debe adaptar. Por tal razón, apóstase por expandir esta práctica a outros niveis educativos, coa finalidade de comprobar os beneficios que esta outorga a longo prazo e noutras franxas de idade, partindo sempre dun uso responsable das novas tecnoloxías.
As novas tecnoloxías resultan ser unha ferramenta crucial na sociedade en XI. Evidénciase así a necesidade de desenvolver na escola un alfabetismo transmedia utilizando como soporte mediático as redes dixitais para a aprendizaxe do alumnado. O fenómeno Booktube é unha das ferramentas cun gran potencial para achegar a literatura á infancia e conseguir desenvolver nesta a competencia literaria e o hábito lector. A este respecto, créase un proxecto de fomento da cultura e da lectura de carácter internacional centrado en formar unha comunidade virtual que comparta uns mesmos obxectivos e finalidades. Isto efectuarase partindo de diversas propostas vinculadas coa literatura, sendo estas as composicións que beben do folclore, os álbums ilustrados e os libros-cd. Co obxectivo de amosar a súa efectividade, levouse a cabo unha adaptación, cuxo resultados reflectiron a eficacia que implica establecer unha boa conexión entre as novas tecnoloxías e a literatura. En definitiva, constatouse que a lectura é unha ferramenta crucial para comprender e seleccionar a información do mundo circundante, a cal non é allea á influencia xorden novas formas de alfabetización e intertextualidades nas novas xeracións ás que o sistema educativo se debe adaptar. Por tal razón, apóstase por expandir esta práctica a outros niveis educativos, coa finalidade de comprobar os beneficios que esta outorga a longo prazo e noutras franxas de idade, partindo sempre dun uso responsable das novas tecnoloxías.
Dirección
GARCIA PEDREIRA, MARIA DEL ROCIO (Titoría)
GARCIA PEDREIRA, MARIA DEL ROCIO (Titoría)
Tribunal
BLANCO MOSQUERA, VICENTE (Presidente/a)
MARTINEZ TEJERO, CRISTINA (Secretario/a)
GARCIA DOCAMPO, LAURA (Vogal)
BLANCO MOSQUERA, VICENTE (Presidente/a)
MARTINEZ TEJERO, CRISTINA (Secretario/a)
GARCIA DOCAMPO, LAURA (Vogal)
Iniciación ao mindfulness no ámbito físico-educativo na etapa de educación primaria.
Autoría
A.S.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
A.S.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
11.09.2024 11:00
11.09.2024 11:00
Resumo
A saúde mental é unha cuestión que está en auxe no século XXI, creando un problema relacionado coa saúde pública. Este problema inclúe Diferentes trastornos mentais como a depresión ou a ansiedade, que aínda que son problemas cos que a sociedade estivo vivindo ao longo da súa vida, é agora cando comezan a darlles a importancia que teñen e a que é necesario tratalos diferentes técnicas como mindfulness. Debido ao impacto da xeración do vidro, levouse ao ámbito escolar a necesidade de traballar aspectos como este co alumnado. Tras un repaso teórico dos aspectos mencionados anteriormente, desenvolveuse unha proposta de intervención nunha aula ficticia onde o alumnado traballará o autocoidado e o Autoconcepto mediante técnicas de mindfulness adaptadas ao alumnado de Educación Primaria.

A morte a través de álbumes ilustrados
Autoría
C.B.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
C.B.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
09.09.2024 10:30
09.09.2024 10:30
Resumo
A sociedade clasifica a morte como tema tabú para nenas e menos, isto débese a varias razón, a concepción de nenas e menos como persoas vulnerables e as dificultades por parte das persoas adultas para facerlle fronte a morte. Sen embargo, é importante abordar a morte xa dende tempranas idades, coa intención de que as nenas e menos medren sendo conscientes e coñecendo a realidade que lles rodea, den resposta a todas as cuestións que se fan sobre este tema e desenvolvan una actitude menos negativa cara a morte. Ademais, aparte disto, falar da morte dende que son pequenas e pequenos promove o desenvolvemento de emocións e sentimientos favorables para a vida e para facerlle fronte á morte, á que todas as persoas estamos expostas. Si ben é certo, que abordala ten certa dificultade, una das formas de facelo é a través da literatura. A LIX é un recurso moi poderoso para educar, pois leva ao púbilico, entre outras cousas, a coñecer diferentes realidades e a desenvolver a súa empatía, comunicación e linguaxe. Durante anos a morte foi un tema silenciado na literatura infantil, deixando de existir libros que traten sobre ela, levando ás nenas e menos a medrar nun mundo irreal. É no siglo XX cando a morte empeza a ter protagonismo, e son publicadas multitude de obras que abarcan esta temática como tema principal. Cando falamos de obras dirixidas ao público infantil podemos referirnos a moitos tipos de obras, neste caso, os álbums ilustrados cobran gran importancia, fusionando texto con ilustración e outorgando o protagonismo a ambas formas de expresión. Con todo isto, nace a necesidade de unir a morte e a literatura, coa fin de educar a nenas e menos sendo consciente de que a morte está presente no noso día a día e proporcionándolles as ferramentas necesarias para lle facer fronte.

Educar na diversidade afectivo-sexual: un estudo sobre a identidade de xénero na formación inicial e permanente dos docentes de Educación Infantil en Galicia
Autoría
I.C.F.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
I.C.F.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
20.06.2024 10:00
20.06.2024 10:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao aborda a formación docente, tanto inicial como continua en relación coa diversidade de xénero, con especial atención á realidade trans*. Así pois, este enfócase en analizar a oferta formativa no referido a estas temáticas, considerando esencial que os mestres/as reciban unha formación actualizada para afrontar a diversidade nas aulas. Para dita investigación, levase a cabo un estudo cualitativo centrado na análise tanto do plan de estudos do Grao de Mestre/a en Educación Infantil pertencente á Universidade de Santiago de Compostela como das actividades ofertadas no Plan de Formación do Profesorado do curso académico 2023/2024, co obxectivo de estudar a presenza da perspectiva de xénero e a diversidade afectivo-sexual. Os resultados obtidos revelan unha presenza limitada da diversidade afectivo-sexual no plan de estudos ofertado actualmente pola Universidade de Santiago de Compostela e aínda que no referido á formación continua atopamos máis contidos desta índole, segue a ser necesario reforzar a ensinanza en cuestións de diversidade de xénero e na realidade LGTBI, para garantir así unha educación inclusiva que recoñeza e valore todas as realidades presentes nos centros educativos dende os primeiros ciclos. Conclúese este traballo con observacións críticas sobre as melloras necesarias na formación docente co fin de promover unha escola máis respectuosa coa diversidade e coas demandas da sociedade actual.

SOUTO SEIJO, ALBA MARIA (Titoría)
SOUTO SEIJO, ALBA MARIA (Titoría)
Tribunal
SOUTO SEIJO, ALBA MARIA (Titor do alumno)
SOUTO SEIJO, ALBA MARIA (Titor do alumno)
Educar na diversidade afectivo-sexual: un estudo sobre a identidade de xénero na formación inicial e permanente dos docentes de Educación Infantil en Galicia
Autoría
S.C.S.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
S.C.S.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
20.06.2024 10:00
20.06.2024 10:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao aborda a formación docente, tanto inicial como continua en relación coa diversidade de xénero, con especial atención árealidade trans*. Así pois, este enfócase en analizar a oferta formativa no referido a estas temáticas, considerando esencial que os mestres/as reciban unha formación actualizada para afrontar a diversidade nas aulas. Para dita investigación, levase a cabo un estudo cualitativo centrado na análise tanto do plan de estudos do Grao de Mestre/a en Educación Infantil pertencenteá Universidade de Santiago de Compostela como das actividades ofertadas no Plan de Formación do Profesorado do curso académico 2023/2024, co obxectivo de estudar a presenza da perspectiva de xénero e a diversidade afectivo-sexual. Os resultados obtidos revelan unha presenza limitada da diversidade afectivosexual no plan de estudos ofertado actualmente pola Universidade de Santiago de Compostela e aínda que no referido á formación continua atopamos máis contidos desta índole, segue a ser necesario reforzar a ensinanza en cuestións de diversidade de xénero e na realidade LGTBI, para garantir así unha educación inclusiva que recoñeza e valore todas as realidades presentes nos centros educativos dende os primeiros ciclos. Conclúese este traballo con observacións críticas sobre as melloras necesarias na formación docente co fin de promover unha escola máis respectuosa coa diversidade e coas demandas da sociedade actual.

Gamificación e a súa capacidade para fomentar a motivación no alumnado.
Autoría
D.L.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
D.L.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
18.06.2024 10:30
18.06.2024 10:30
Resumo
Este traballo céntrase en investigar e analizar unha estratexia didáctica baseada na gamificación como recurso capaz de aumentar a motivación en educación física. Dentro dun contexto sociolóxico onde os nenos realizan cada vez menos actividade física, diminuíndo o interese e a motivación cara a ela, a materia de Educación Física encárgase de defender un estilo de vida activo. A gamificación xorde como unha estratexia innovadora capaz de promover a motivación no alumnado mediante a integración de elementos de xogo na aprendizaxe, xerando experiencias lúdicas que estimulan a participación e o esforzo do alumnado. A metodoloxía empregada no traballo inclúe unha investigación teórica sobre a motivación en educación física e gamificación, seguida do deseño e aplicación dunha proposta didáctica. O último proceso do traballo é a comparación dos resultados en canto á motivación obtidos sobre a proposta coa gamificación e outro seguindo unha metodoloxía de mando directo, para concluír a capacidade que ten a gamificación como estratexia metodolóxica na que se fomenta a motivación e o interese do alumnado .

Un estudo exploratorio da presenza da actividade física na vida diaria de escolares lucenses de 5º e 6º de E.P. e a sua influenza no benestar emocional.
Autoría
D.V.V.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
D.V.V.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
14.02.2024 12:00
14.02.2024 12:00
Resumo
Introdución: A actual Lei de Educación (LOMLOE) e a LOMCE avogan por unha educación integral, que inclúan a educación física como valor fundamental no crecemento educativo. O impacto positivo da práctica da educación física no benestar emocional e psicolóxico está comprobado cientificamente. Xustificación: a Organización Mundial da Saúde (OMS) advirte de que, se a tendencia continúa, 1 de cada 4 persoas sufrirá un problema de saúde mental. O marco educativo é un dos ámbitos nos que se anima a iniciar accións para frear esta tendencia. Por iso é relevante o fomento da actividade física nos centros educativos. Obxectivo: Analizar a presenza da actividade física en diferentes ámbitos da vida cotiá do alumnado de 5º e 6º de educación primaria dos distintos centros educativos galegos. Metodoloxía: estudo exploratorio descritivo transversal. Utilizáronse cuestionarios autoadministrados como ferramenta de recollida de datos. Analizáronse con descritiva sinxela. Resultados: O 74,25% do alumnado destinou algún tempo ao día á práctica de actividade física. O motivo de realización das prácticas deportivas en máis do 63,71% foi por gusto, un 5,30% fíxoo por saúde. Conclusións: O exercicio físico está presente no alumnado de primaria, tanto fora coma dentro do horario escolar. Isto contribúe a previr a aparición de problemas de saúde física e tamén na promoción e fomento do benestar emocional dos escolares. Importante seguir aumentando a tendencia da práctica deportiva dende a nosa posición de mestres.

Proxecto de intervención educativa: iniciarse na lectura e escritura a partir da serie de Toribio de Carlos Casares.
Autoría
L.I.G.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
L.I.G.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
Data da defensa
28.06.2024 16:30
28.06.2024 16:30
Resumo
Este TFG conforma unha aposta pola inmersión literaria como vía para iniciarse na lectoescritura. Atendendo ao Decreto 150/2022 vixente para a etapa de Educación Infantil, planificouse un proxecto de intervención educativa para alumnado de 6º de Educación Infantil que ten como obxectivo iniciarse na lectoescritura a partir da serie infantil de Carlos Casares. O proxecto parte do alumnado destinatario e busca desenvolver nel habilidades lingüísticas e fomentarlle o gusto pola lectura a través dunha serie de actividades estruturadas en diferentes fases. Na primeira, escolleuse a selección dos cinco relatos protagonizados por Toribio, para logo pasar ás actividades de lectura e finalmente levar a cabo exercicios de escritura creativa. Para alcanzar os obxectivos xerais e específicos propostos, optouse por unha metodoloxía baseada na aprendizaxe por pensamento. O desenvolvemento deste proxecto posibilitou conseguir como resultados do alumnado a expresión de ideas e a participación activa en actividades artísticas e de expresión creativa. Conclúese que este proxecto permitiulle ás crianzas explorar diversas formas de comunicar ideas, desenvolver a súa competencia lingüística, ademais de integrar elementos da cultura e lingua galegas, cos que se enriqueceu a súa aprendizaxe e se asentou a súa identidade cultural.

FERNANDEZ VAZQUEZ, MARIA DEL MAR (Titor do alumno)

Estudo sobre a influencia que ten a familia, a escola e a sociedade no uso do galego e as súas variedades dialectais na infancia
Autoría
U.C.R.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
U.C.R.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
Data da defensa
01.07.2024 11:00
01.07.2024 11:00
Resumo
O presente traballo ten como obxectivo principal analizar a influencia dos axentes sociais da familia, a escola e a sociedade no emprego do galego e as súas variedades dialectais na infancia. Este idioma xunto coas súas variedades forman unha parte esencial do patrimonio cultural inmaterial deste país, pois ademais de cumprir coa función comunicativa, representa á cultura e á identidade do mesmo. Diversos estudos e análises de datos como os do IGE revelan que nas últimas décadas, a presencia do galego e das súas variedades cada vez é menos habitual entre a poboación, sobre todo na xente máis nova. Para coñecer cal é o factor social que determina este feito realizouse unha enquisa composta por un cuestionario de 29 preguntas que se difundiu, principalmente, vía redes sociais. A intención era chegar ao máximo radio posible de poboación acumulando respostas sobre a infancia de moitas persoas de diferentes idades, xéneros e zonas xeográficas. Desta forma, a mostra sería bastante representativa de toda a sociedade galega. Finalmente acadáronse 535 contestacións entre as que destaca o perfil sociolingüístico dunha muller da década dos 2000 pertencente á provincia de Pontevedra. Cos datos recollidos fíxose unha análise individual da influencia da familia, da escola e da sociedade en relación ao uso do galego e as súas variedades dialectais na infancia. En segundo lugar, e xa para rematar, realizouse un estudo comparativo entre estes tres bloques para identificar cal adoita ser o maior condicionante social á hora de que un cativo/a use o galego e as súas variedades dialectais.

Xogando cara á saúde: Explorando os hábitos de vida saudable e sedentarismo en Educación Primaria.
Autoría
D.R.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
D.R.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
18.06.2024 12:00
18.06.2024 12:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao enfócase na exploración dos hábitos saudables no ámbito da Educación Primaria. Co obxectivo de investigar esta dinámica, exponse levar a cabo unha intervención nun centro público de Educación Primaria de Lugo, co propósito de analizar a presenza de hábitos saudables e o grao de sedentarismo presentes, con miras a implementar estratexias como os recreos activos. 4 Para alcanzar este obxectivo, empréganse instrumentos como cuestionarios, un programa de recreos activos e o uso de ferramentas para a promoción dos hábitos alimenticios saudables. Estas ferramentas selecciónanse coidadosamente debido ao seu gran potencial para promover hábitos beneficiosos para a saúde e contrarrestar o sedentarismo ou a inactividade entre os estudantes de Educación Primaria. Se parte do recoñecemento da importancia crucial da actividade física e unha alimentación saudable como piares fundamentais na promoción de hábitos que repercuten na saúde ao longo de toda a vida. Destácase a necesidade de inculcar estes hábitos desde a infancia, dado que neste período preséntase unha maior receptividade para a adquisición de condutas saudables, co fin de obter beneficios para a saúde e contribuír ao benestar do individuo.

A importancia do Soporte Vital Básico e a súa metodoloxía de ensinanza en terceiro ciclo de Educación Primaria
Autoría
A.R.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
A.R.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
18.06.2024 11:30
18.06.2024 11:30
Resumo
Unha das principais causas de morte a nivel mundial é a parada cardiorrespiratoria, xa que existe un descoñecemento xeneralizado sobre as pautas básicas de intervención, o que supón un risco constante para as vidas das vítimas ao necesitar servizos médicos. Por este motivo, este Traballo de Fin de Grao céntrase na importancia do Soporte Vital Básico e as súas técnicas, tratando de proporcionar unha comprensión íntegra dos procedementos e poñendo énfase nunha actuación veloz, así como efectiva para aumentar as posibilidades de supervivencia. Á súa vez, este estudo inclúe unha fase práctica dirixida a estudantes de terceiro ciclo de Educación Primaria, co propósito de avaliar diferentes metodoloxías de ensino do Soporte Vital Básico. Así, leváronse a cabo dúas intervencións, unha empregando un método de ensino tradicional e unha segunda na que a gamificación constituíu a estratexia pedagóxica fundamental. Ao final deste estudo, comparáronse ámbolos métodos para determinar cal é o óptimo á hora de ensinar en Soporte Vital Básico na Educación Primaria, tanto na consecución dos coñecementos como o influente na motivación do estudantado. Os resultados reflectiron un coñecemento similar do alumnado antes das intervencións, mellorando estes datos tras levar a cabo as mesmas mediante ambas as metodoloxías. Así mesmo, observouse que os dous métodos deron lugar a uns coñecementos similares, sendo no ensino tradicional algo mellores, e visualizando como diferenza principal o incremento da motivación dos estudantes grazas á gamificación.

O coidado do patrimonio inmaterial galego no eido da Educación Infantil: A promoción da lingua galega nunha aula de 4 anos dun centro escolar rural
Autoría
M.V.I.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
M.V.I.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
11.09.2024 16:00
11.09.2024 16:00
Resumo
No traballo aquí presente pretendo realizar unha fonda análise sobre a presenza da lingua galega no eido da Educación Infantil; sobre o seu uso e importancia nas vidas diarias das crianzas dunha aula de 4 anos de Infantil, así como tamén nos seus contextos familiares, sociais e lúdicos. En primeiro lugar, esta investigación comeza coa lectura e comparanza de manuais e libros de referencia de expertas e expertos desta área, para coñecer de primeira man cal é (e foi) a situación da lingua no noso país. Para así esclarecer cal é a problemática a tratar e partir dunha base teórica e argumentada, que será o cimento do seguinte paso da investigación: o contacto coas familias das crianzas desta aula. Isto é, para poder coñecer cal é o lugar que ocupa a lingua galega nas súas vidas, é preciso pórse en contacto coas figuras máis importantes nas vidas das crianzas. Unha vez estudada esta realidade, preséntase unha proposta de intervención ligada a esta problemática co fin de achegar as crianzas ao patrimonio inmaterial da Galiza mediante actividades inter-disciplinares nas que converxen a creación literaria, o contacto e coñecemento da contorna natural, o achegamento ás persoas maiores e máis propostas que teñen como fío condutor a promoción da lingua galega en tódolos eidos da vida.

Da URSS a España: Unha análise comparativa entre o sistema educativo da Unión Soviética e da España franquista a través da experiencia dos Nenos de Rusia.
Autoría
T.M.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
T.M.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
11.09.2024 17:00
11.09.2024 17:00
Resumo
A guerra civil española provocou numerosos cambios na sociedade do momento e afectou a miles de nenos e nenas, moitos dos cales se viron desprazados dos seus fogares. Este traballo céntrase nas experiencias daqueles que tiveron que emigrar á Unión Soviética e as súas vivencias, así como a educación que recibiron afastados do seu fogar. Tamén explora a situación que viviron os seus homólogos españois que tiveron que sufrir baixo o duro control dunha ditadura, establecendo una comparación entre ambas sociedades e sistemas educativos.
A guerra civil española provocou numerosos cambios na sociedade do momento e afectou a miles de nenos e nenas, moitos dos cales se viron desprazados dos seus fogares. Este traballo céntrase nas experiencias daqueles que tiveron que emigrar á Unión Soviética e as súas vivencias, así como a educación que recibiron afastados do seu fogar. Tamén explora a situación que viviron os seus homólogos españois que tiveron que sufrir baixo o duro control dunha ditadura, establecendo una comparación entre ambas sociedades e sistemas educativos.
Dirección
VEIGA ALONSO, JOSE RAMON (Titoría)
VEIGA ALONSO, JOSE RAMON (Titoría)
Tribunal
VEIGA ALONSO, JOSE RAMON (Titor do alumno)
VEIGA ALONSO, JOSE RAMON (Titor do alumno)
Educación afectivo-sexual na Primeira Infancia. Unha proposta para a súa implementación na aula de educación infantil
Autoría
A.T.M.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
A.T.M.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
03.09.2024 10:00
03.09.2024 10:00
Resumo
Neste documento preténdese informar e concienciar sobre a importancia du-nha educación afectivo-sexual implementada desde a infancia. Para iso, men-ciónanse aspectos do desenvolvemento evolutivo dos nenos e nenas onde se fala da necesidade dunha educación tanto afectiva como emocional, tendo en conta o propio desenvolvemento evolutivo dos infantes así como o ambiente no que se desenvolven. Ao longo do documento tamén se mencionan os be-neficios dunha educación afectivo-sexual e os posibles riscos e consecuen-cias de non abordar estes temas desde idades temperás. Por último, presénta-se unha proposta para implementar a educación afectivo-sexual nas aulas.

GARCIA DOCAMPO, LAURA (Titoría)
GARCIA DOCAMPO, LAURA (Titoría)
Tribunal
GARCIA DOCAMPO, LAURA (Titor do alumno)
GARCIA DOCAMPO, LAURA (Titor do alumno)
Sharenting
Autoría
A.C.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
A.C.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
11.09.2024 09:00
11.09.2024 09:00
Resumo
Este Traballo de Fin de grao no Grao de Mestre de Educación Primaria da Universidade de Santiago de Compostela ten como obxectivo a análise e a revisión dun tópico de gran relevancia na actualidade, como é o sharenting, búscase profundar dentro deste tema a partir de numerosos aspectos que serán comentados nos puntos posteriores. O sharenting é unha palabra inglesa que procede das palabras share , que significa compartire parenting, que quere dicir paternidade, e fai referencia á exposición que sofren os nenos nas redes sociais polos seus pais, desde unha idade moi temperá. Por tanto, neste traballo analízase o que pode causar este problema, e os efectos que pode ter. Ademais, ponse en contexto un pouco sobre o mesmo e faise unha revisión sistemática tendo en conta autores que publican sobre o fenómeno, países onde se publican máis artigos, idiomas dos mesmos, universidades máis importantes que estudan este tópico etc. Para chegar a estes últimos obxectivos, realizouse unha revisión bibliográfica sistematizada a través da base de datos scopus, levando a cabo unha scoping review, na que levaron a cabo unha serie de patróns de procura. O traballo busca centrarse no ámbito da Educación Primaria, e forma parte primordialmente da área das ciencias sociais. Esta revisión permitiu analizar un gran número de información de todo tipo achega do sharenting, e mostrou as tendencias que está a seguir, en diferentes ámbitos e aspectos.

O fenómeno dos nenos soldado. Revisión bibliográfica en Scopus
Autoría
D.M.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
D.M.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
11.09.2024 10:00
11.09.2024 10:00
Resumo
A utilización de nenos como soldados en conflitos armados é unha violación grave dos dereitos humanos que priva aos nenos da súa infancia e pon en risco a súa integridade física e mental, socavando o seu dereito á educación. Segundo o Protocolo Facultativo da Convención sobre os Dereitos do Neno, un neno soldado é calquera persoa menor de 18 anos recrutada ou utilizada por forzas armadas en calquera capacidade. Psicoloxicamente, sofren traumas profundos que poden levar a trastornos de estrés pos traumático, ansiedade e depresión. Outro dos impactos máis nocivos é a perda do acceso á educación. Os programas de desmobilización, desarme e reintegración (DDR) son esenciais para axudar a estes nenos a abandonar a vida militar e reinserirse na sociedade. Este texto realiza unha revisión bibliográfica na base de datos Scopus sobre a literatura científica acerca da problemática dos nenos soldados, achegándose primeiro ao concepto e definición por consenso internacional, a situación actual a nivel xeográfico e as medidas de prevención e protección da infancia contra o recrutamento en conflitos armados. Establecese tamén un estado do arte nesta base de datos a través de criterios como a produción por anos, autores e número de obras, ranking de universidades, tipoloxía de publicacións, rama do coñecemento, países de publicación, organismos patrocinadores, idioma dos textos, accesibilidade e palabras chave; enmarcando a revisión dentro do framework SALSA (busca, avaliación, síntese e análise) e as indicacións de Lluis Codina (2008).

A Ensinanza e o Aprendizaxe do Tempo Histórico en Educación Primaria. Unha revisión bibliográfica en Scopus.
Autoría
A.M.V.B.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
A.M.V.B.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
11.09.2024 09:30
11.09.2024 09:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao (TFG) do Grao de Mestre en Educación Primaria da Universidade de Santiago de Compostela ten como obxectivo realizar unha estado da arte sobre o ensino e a aprendizaxe do tempo histórico na educación primaria na base de datos Scopus. Sublíñase a importancia do concepto de tempo histórico e a súa aplicación no ensino, xa que dominar nocións básicas en calquera disciplina é esencial para alcanzar os seus obxectivos. Nas ciencias sociais, comprender o tempo histórico é crucial para desenvolver o pensamento crítico. O estudo resalta que o tempo non é só unha secuencia de momentos, senón un marco de referencia vital que contextualiza eventos pasados, presentes e futuros. Esta comprensión é fundamental para a vida humana, pois as nosas accións e experiencias están vinculadas ao tempo. Para lograr os obxectivos deste traballo, adoptouse unha revisión bibliográfica (scoping review) teórica para explorar o concepto do tempo histórico e o seu ensino en Educación Primaria. A continuación, analizouse o estado actual da investigación en Scopus con dúas procuras sobre o Tempo Histórico en Educación Primaria. A primeira procura, con termos xerais, lanzou 9856 resultados nos últimos 5 anos, considerados excesivos. A segunda procura, máis específica, xerou 30 resultados adecuados. Analizáronse os resumos dos documentos para determinar a súa relevancia. Seguidamente, exponse dez obxectivos específicos para concretar os resultados. Finalmente, os resultados indican que están relacionados coa Educación Primaria e son de tipoloxía empírica á vez que de metodoloxía mixta.

O Síndrome de Williams e a adquisición da linguaxe
Autoría
I.P.L.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
I.P.L.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
12.09.2024 12:00
12.09.2024 12:00
Resumo
No presente Traballo Fin de Grao (TFG) estudamos a historia e complexidade do Síndrome de Williams, que é un trastorno xenético raro do que se ven afectadas 1 de cada 20.000 personas, combinando habilidades lingüísticas coa discapacidade cognitiva. A través dunha revisión bibliográfica explórase a relación existente entre o Síndrome de Williams e a adquisición da linguaxe, destacando que as persoas con este síndrome, polo xeral, poseen un gran vocabulario, pero enfrontan problemas a nivel pragmático na comunicación e na comprensión. Para desenvolver estas habilidades diséñase un programa de intervención que inclúe actividades estruturadas coma xogos de rol e prácticas de conversación, de cara a mellorar a comprensión da linguaxe, uso desta e mellora da comunicación a nivel social, potenciando as súas habilidades innnatas.

VEIGA ALONSO, JOSE RAMON (Presidente/a)
ESTEVEZ RIONEGRO, NOELIA (Secretario/a)
Enríquez Martínez, Iván (Vogal)
VEIGA ALONSO, JOSE RAMON (Presidente/a)
ESTEVEZ RIONEGRO, NOELIA (Secretario/a)
Enríquez Martínez, Iván (Vogal)
Cultivando relacións de coidado no proceso de aprendizaxe: Un enfoque práctico en educación primaria baseado na teoría de Nel Noddings
Autoría
J.L.J.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
J.L.J.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
10.07.2024 12:00
10.07.2024 12:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao (TFG) ten como obxectivo principal analizar críticamente a teoría da ética do coidado de Nel Noddings e explorar as súas implicacións para a moral no ámbito educativo e da aprendizaxe na Educación Primaria. Realízase unha revisión bibliográfica exhaustiva da obra de Noddings e de investigacións sobre a aplicación da ética do coidado na educación. Analízase a teoría de Noddings, comparándoa con outras teorías éticas relevantes, e reflexiónase sobre as posibilidades e desafíos da súa aplicación no contexto da Educación Primaria. De maneira análoga, o traballo tamén explora as implicacións da ética do coidado para a moral no ámbito educativo e da aprendizaxe. Reflexiónase sobre como esta perspectiva pode contribuír á formación moral dos alumnos, ao desenvolvemento da empatía e a responsabilidade e á creación dun clima de aula positiva. A partir da revisión bibliográfica e a reflexión crítica, propóñense estratexias para a implementación da ética do coidado na aula de Educación Primaria. Espérase que este traballo contribúa ao coñecemento e a comprensión da ética do coidado no ámbito educativo, ofrecendo unha proposta máis concreta para a súa implementación na aula.
Este Traballo de Fin de Grao (TFG) ten como obxectivo principal analizar críticamente a teoría da ética do coidado de Nel Noddings e explorar as súas implicacións para a moral no ámbito educativo e da aprendizaxe na Educación Primaria. Realízase unha revisión bibliográfica exhaustiva da obra de Noddings e de investigacións sobre a aplicación da ética do coidado na educación. Analízase a teoría de Noddings, comparándoa con outras teorías éticas relevantes, e reflexiónase sobre as posibilidades e desafíos da súa aplicación no contexto da Educación Primaria. De maneira análoga, o traballo tamén explora as implicacións da ética do coidado para a moral no ámbito educativo e da aprendizaxe. Reflexiónase sobre como esta perspectiva pode contribuír á formación moral dos alumnos, ao desenvolvemento da empatía e a responsabilidade e á creación dun clima de aula positiva. A partir da revisión bibliográfica e a reflexión crítica, propóñense estratexias para a implementación da ética do coidado na aula de Educación Primaria. Espérase que este traballo contribúa ao coñecemento e a comprensión da ética do coidado no ámbito educativo, ofrecendo unha proposta máis concreta para a súa implementación na aula.
Dirección
ROCHA ALVAREZ, DELMIRO (Titoría)
ROCHA ALVAREZ, DELMIRO (Titoría)
Tribunal
Rodríguez Vivero, Dolores (Presidente/a)
CONDE MIGUELEZ, JORGE (Secretario/a)
ROMERO CASTRO, MARIA JOSE (Vogal)
Rodríguez Vivero, Dolores (Presidente/a)
CONDE MIGUELEZ, JORGE (Secretario/a)
ROMERO CASTRO, MARIA JOSE (Vogal)
A necesidade de naturalizar o entorno escolar: un proxecto de intervención asentado nos patios verdes e vivos
Autoría
L.F.T.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
L.F.T.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
Data da defensa
10.07.2024 13:00
10.07.2024 13:00
Resumo
Os actuais patios de recreo están dominados polo pavimento de cemento e por pistas deportivas de grandes dimensións. Condicións que presentan, cando menos, dous inconvenientes: non dan resposta á diversidade existente na sociedade e non están preparados para facer fronte ás esixencias climáticas do porvir. A este respecto, investigacións de todo o mundo demostran os beneficios de que a infancia medre en contacto coa contorna natural. É na natureza onde os nenos e nenas poden desenvolverse verdadeiramente como individuos capaces e seguros de si mesmos, coas habilidades, o coñecemento e a comprensión necesarias para facer fronte a un futuro incerto nun mundo en rápida evolución. O proxecto de intervención que aquí se presenta tomando como referencia un contexto escolar real é unha mostra da necesidade e a viabilidade de garantir que a natureza sexa un terceiro acompañante nos centros educativos. Deséñase así, un patio naturalizado que busca paliar as consecuencias do cambio climático e promover no alumnado a toma de conciencia sobre a valorización da contorna. Todo isto, xunto coas aprendizaxes curriculares que se poden traballar e o desenvolvemento de valores, tales como a inclusión, corrobora que os espazos de lecer vivos e verdes deben ser un legado educativo para as actuais e futuras xeracións. Por tal razón, apóstase por expandir esta práctica a outros centros educativos, coa finalidade de sentar as bases dunha educación e pensamento sostibles dende o punto de vista ambiental, social e económico.
Os actuais patios de recreo están dominados polo pavimento de cemento e por pistas deportivas de grandes dimensións. Condicións que presentan, cando menos, dous inconvenientes: non dan resposta á diversidade existente na sociedade e non están preparados para facer fronte ás esixencias climáticas do porvir. A este respecto, investigacións de todo o mundo demostran os beneficios de que a infancia medre en contacto coa contorna natural. É na natureza onde os nenos e nenas poden desenvolverse verdadeiramente como individuos capaces e seguros de si mesmos, coas habilidades, o coñecemento e a comprensión necesarias para facer fronte a un futuro incerto nun mundo en rápida evolución. O proxecto de intervención que aquí se presenta tomando como referencia un contexto escolar real é unha mostra da necesidade e a viabilidade de garantir que a natureza sexa un terceiro acompañante nos centros educativos. Deséñase así, un patio naturalizado que busca paliar as consecuencias do cambio climático e promover no alumnado a toma de conciencia sobre a valorización da contorna. Todo isto, xunto coas aprendizaxes curriculares que se poden traballar e o desenvolvemento de valores, tales como a inclusión, corrobora que os espazos de lecer vivos e verdes deben ser un legado educativo para as actuais e futuras xeracións. Por tal razón, apóstase por expandir esta práctica a outros centros educativos, coa finalidade de sentar as bases dunha educación e pensamento sostibles dende o punto de vista ambiental, social e económico.
Dirección
RIVEIRO RODRIGUEZ, TANIA (Titoría)
RIVEIRO RODRIGUEZ, TANIA (Titoría)
Tribunal
Rodríguez Vivero, Dolores (Presidente/a)
CONDE MIGUELEZ, JORGE (Secretario/a)
ROMERO CASTRO, MARIA JOSE (Vogal)
Rodríguez Vivero, Dolores (Presidente/a)
CONDE MIGUELEZ, JORGE (Secretario/a)
ROMERO CASTRO, MARIA JOSE (Vogal)
Proxecto de intervención educativa: educación en diversidade a través de álbums infantís.
Autoría
M.L.V.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
M.L.V.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
Data da defensa
08.07.2024 10:00
08.07.2024 10:00
Resumo
Este TFG constitúe unha aposta pola diversidade. Consonte o Decreto vixente na etapa de Educación Infantil, deseñouse un proxecto de intervención educativa para abordar a diversidade nunha aula real de Educación Infantil, usando como recurso a Literatura Infantil, concretamente, unha escolla de álbums en galego. Por tratarse de conceptos amplos, no marco teórico delimitáronse a diversidade, o álbum e os beneficios de usar a literatura como recurso na Educación Infantil. Ademais, seleccionáronse catro tipoloxías da diversidade para abordalas de forma conxunta neste proxecto: a diversidade biolóxica, a cultural, a sexual e a diversidade funcional. Procurouse que o alumnado tivese un rol activo a través de actividades creativas e funcionais. O desenvolvemento deste proxecto permitiu lograr como resultados do alumnado o coñecemento e valoración da diversidade, o gusto pola lectura e a relevancia de fomentar a creatividade desde o compromiso social. Conclúese que a abordaxe da diversidade desde a lectura e a educación emocional posibilita que o alumnado adquira unha educación participativa, cooperativa e sensible ante as diferenzas.
Este TFG constitúe unha aposta pola diversidade. Consonte o Decreto vixente na etapa de Educación Infantil, deseñouse un proxecto de intervención educativa para abordar a diversidade nunha aula real de Educación Infantil, usando como recurso a Literatura Infantil, concretamente, unha escolla de álbums en galego. Por tratarse de conceptos amplos, no marco teórico delimitáronse a diversidade, o álbum e os beneficios de usar a literatura como recurso na Educación Infantil. Ademais, seleccionáronse catro tipoloxías da diversidade para abordalas de forma conxunta neste proxecto: a diversidade biolóxica, a cultural, a sexual e a diversidade funcional. Procurouse que o alumnado tivese un rol activo a través de actividades creativas e funcionais. O desenvolvemento deste proxecto permitiu lograr como resultados do alumnado o coñecemento e valoración da diversidade, o gusto pola lectura e a relevancia de fomentar a creatividade desde o compromiso social. Conclúese que a abordaxe da diversidade desde a lectura e a educación emocional posibilita que o alumnado adquira unha educación participativa, cooperativa e sensible ante as diferenzas.
Dirección
FERNANDEZ VAZQUEZ, MARIA DEL MAR (Titoría)
FERNANDEZ VAZQUEZ, MARIA DEL MAR (Titoría)
Tribunal
Enríquez Martínez, Iván (Presidente/a)
GONZALEZ SEQUEIROS, PABLO (Secretario/a)
GARCIA PEDREIRA, MARIA DEL ROCIO (Vogal)
Enríquez Martínez, Iván (Presidente/a)
GONZALEZ SEQUEIROS, PABLO (Secretario/a)
GARCIA PEDREIRA, MARIA DEL ROCIO (Vogal)
Léxico dispoñible no alumnado de Educación Primaria. Un estudo preexperimental.
Autoría
A.L.V.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
A.L.V.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
10.07.2024 10:00
10.07.2024 10:00
Resumo
A Dispoñibilidade léxica é o campo de investigación que analiza o léxico dispoñible dun conxunto de falantes, é dicir, aquelas palabras que acoden de maneira máis rápida á súa mente como reacción a un estímulo concreto, neste caso, a un centro de interese. A pesar de que se trate dun campo da lingüística relativamente recente, destaca o Proyecto Panhispánico de Disponibilidad Léxica (PPDL), que nace coa finalidade de crear un dicionario do léxico disponible na lingua española para aquelas persoas que non comezaran os seus estudos de graos universitarios. Despois do seu longo e efectivo camiño, un gran equipo de investigadores seguiron uns criterios idénticos para poder elaborar dicionarios de dispoñibilidade. Estes estudos baséanse en extraer dun mesmo tipo de mostra, dos mesmos centros de interese, coas mesmas variables e baixo unhas mesmas pautas de procesamento e edición. O obxectivo principal desta investigación é extraer e analizar de maneira cuantitativa e cualitativa o léxico dispoñible dunha mostra de alumnado de 4º de Educación Primaria de Galicia e verificar se pode aumentar con estímulos consistentes en píldoras educativas sobre léxico. Para isto, realizouse unha investigación preexperimental baseada na realización e comparación de dous tests: un pretest e un postest, e unhas actividades educativas entre ambos para traballar o léxico nos 8 centros de interese elixidos.

ARES VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
RIVEIRO RODRIGUEZ, TANIA (Secretario/a)
NAVARRO PATON, RUBEN (Vogal)

Os sentimentos detrás da perda: A LIX como instrumento para tratar o dó en Educación Primaria.
Autoría
M.G.P.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
M.G.P.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
Data da defensa
10.07.2024 11:00
10.07.2024 11:00
Resumo
Na actualidade, a inclusión de temas considerados tabús nas aulas de Educación Primaria continúa a ser controvertido, temas entre os cales se atopan a morte e o seu consecuente dó. Pero, ante o aumento de expertos que destacan a importancia de levar estes últimos ao alumnado de diversas idades, así como o papel dos docentes como acompañantes destes procesos de superación dunha perda, aparece a necesidade dunha pedagoxía da morte e do dó que busque o trato axeitado destes nas escolas. No seguinte Traballo de Fin de Grao realízase unha revisión bibliográfica sobre o uso la LIX (Literatura Infantil e Xuvenil) como ferramenta para aproximar estas cuestións ás aulas. Así, despois de realizar unha revisión de bibliografía de artigos e publicacións relativa aos temas presentes neste traballo, presentaranse unha serie de obras pertencentes á LIX, tanto escritas como audiovisuais, das cales realizaremos unha análise profunda seguindo o exposto no marco teórico e uns criterios previos. Con este análise preténdese amosar as posibilidades pedagóxicas dos libros e das películas para acercar experiencias e realidades ás aulas, como instrumentos que axudan a validar emocións e vivencias. Deste xeito, poñemos o foco neste caso nos sentimentos e nas actitudes que van da man dunha perda, así como na importancia de recoñecer a pluralidade da experiencia do dó.

Enríquez Martínez, Iván (Titoría)
Enríquez Martínez, Iván (Titoría)
Tribunal
ARES VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
RIVEIRO RODRIGUEZ, TANIA (Secretario/a)
NAVARRO PATON, RUBEN (Vogal)
ARES VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
RIVEIRO RODRIGUEZ, TANIA (Secretario/a)
NAVARRO PATON, RUBEN (Vogal)
Contribución ao desenvolvemento do pensamento crítico en Educación Primaria a través da publicidade.
Autoría
C.F.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
C.F.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
10.07.2024 12:00
10.07.2024 12:00
Resumo
Na actualidade, a publicidade resulta algo omnipresente en todos os medios de comunicación. É importante establecer un control e fomentar que os receptores saiban identificar que condutas ou elementos están a empregarse para chamar a atención e incentivar o seu obxectivo. Por ese motivo, cada vez son máis as asociacións que velan polo cumprimento duns estándares mínimos que garantan a veracidade e calidade do contido publicitario. Precisamente por iso, non podemos esquecernos de que os menores de idade tamén consomen este contido. Por ese motivo, exponse a importancia de fomentar o pensamento crítico e a reflexión sobre os anuncios publicitarios que consomen. Para iso, creouse unha proposta didáctica que traballa sobre os anuncios publicitarios e o seu contido, co obxectivo de fomentar a reflexión e a crítica entre o grupo destinatario da proposta que son alumnos de 5º curso de Educación Primaria.
Na actualidade, a publicidade resulta algo omnipresente en todos os medios de comunicación. É importante establecer un control e fomentar que os receptores saiban identificar que condutas ou elementos están a empregarse para chamar a atención e incentivar o seu obxectivo. Por ese motivo, cada vez son máis as asociacións que velan polo cumprimento duns estándares mínimos que garantan a veracidade e calidade do contido publicitario. Precisamente por iso, non podemos esquecernos de que os menores de idade tamén consomen este contido. Por ese motivo, exponse a importancia de fomentar o pensamento crítico e a reflexión sobre os anuncios publicitarios que consomen. Para iso, creouse unha proposta didáctica que traballa sobre os anuncios publicitarios e o seu contido, co obxectivo de fomentar a reflexión e a crítica entre o grupo destinatario da proposta que son alumnos de 5º curso de Educación Primaria.
Dirección
ESTEVEZ RIONEGRO, NOELIA (Titoría)
ESTEVEZ RIONEGRO, NOELIA (Titoría)
Tribunal
ARES VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
RIVEIRO RODRIGUEZ, TANIA (Secretario/a)
NAVARRO PATON, RUBEN (Vogal)
ARES VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
RIVEIRO RODRIGUEZ, TANIA (Secretario/a)
NAVARRO PATON, RUBEN (Vogal)
“Rompendo a lei do silencio”: Situación de aprendizaxe no ámbito da educación literaria para a mellora da convivencia e o tratamento preventivo do acoso escolar
Autoría
C.R.R.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
C.R.R.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
Data da defensa
10.07.2024 13:00
10.07.2024 13:00
Resumo
As relacións entre iguais constitúen unha importante fonte de desenvolvemento e aprendizaxe para todos os nenos e nenas. As primeiras relacións que se manteñen fóra da familia danse no contexto educativo, sendo este un momento clave na adquisición de habilidades e actitudes que afectan de forma directa ao seu benestar cognitivo e emocional. Sen embargo, e como resulta evidente, estas relacións non están sempre libres de conflitos. Aprender a convivir, sen violencia e respectando a todas as persoas, independentemente das súas condicións ou características, é un obxectivo básico da educación. Por estas razóns, decidiuse deseñar, a partir da literatura, unha situación de aprendizaxe (SA) centrada no tratamento dos conflitos a nivel xeral e, en concreto, o acoso escolar e o ciberacoso, empregando unha metodoloxía innovadora e favorecendo a motivación a través dun proceso de aprendizaxe lúdica. A presente SA vai dirixida ao alumnado do 5º curso da educación primaria e, con ela, preténdese dotar ao alumnado de ferramentas para a favorable xestión de todos os conflitos, aportando valores e sensibilizándoos sobre unha realidade e problemática social. Para analizar a súa efectividade, levouse a cabo unha pequena parte nun contexto real, reflectindo un impacto positivo no alumnado, a pesar do escaso tempo dispoñible. Así, constatouse o potencial da literatura e da dramatización como grandes ferramentas para o traballo de temáticas sensibles, pero esenciais para o desenvolvemento das crianzas.

A natación como contido de Educación Física na Educación Primaria: proposta de integración no currículo.
Autoría
M.L.V.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
M.L.V.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
Data da defensa
21.06.2024 10:15
21.06.2024 10:15
Resumo
O Traballo de Fin de Grao que neste documento se presenta, pretende en primeiro lugar dar visibilidade á importancia e beneficios da natación en estudantes de Educación Primaria. Así, a finalidade deste é introducir á natación como contido dentro da área de Educación Física dos currículos escolares, concretamente no Decreto 155/2022 polo que se establece a ordenación e o currículo da Educación Primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Por elo, proponse a organización deste deporte no curso escolar, tanto a súa estruturación, os seus recursos, as súas metodoloxías, a relación co currículo vixente, tratando con estas diversas áreas e competencias, e unha nova proposta de obxectivos, contidos, criterios de avaliación e avaliacións, nos cales se enmarca a este deporte.

O potencial do movemento: didáctica sobre a competencia motriz na etapa de Primaria
Autoría
D.I.D.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
D.I.D.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
24.06.2024 19:00
24.06.2024 19:00
Resumo
Neste Traballo de Fin de Grao preséntase un estudo que analiza as habilidades motrices de 134 estudantes dun centro de educación primaria empregando o test MOBAK. Seleccionáronse dous grupos de primeiro ciclo, dous de segundo ciclo e outros dous de terceiro ciclo, coa finalidade de avaliar as súas habilidades motrices a través de oito tarefas físicas. O estudo analiza as diferenzas dos escolares en función da idade e do sexo. Descubriuse que as habilidades de lanzar e de atrapar decrecen co paso dos anos, o que reflicte unha escasa execución de ditas habilidades. A habilidade de conducir coas mans é a que mostra unha maior evolución co paso do tempo, aínda que non se percibe unha progresión continua de curso en curso. A habilidade de saltar presenta unha notable diferenza dos resultados en función do sexo, as nenas obtiveron uns resultados medios moi positivos, mentres que os dos nenos decrecen notablemente. Os nenos obtiveron mellores resultados que as nenas na maioría das probas motrices avaliadas, con diferenzas máis perceptibles en cursos avanzados. Co paso dos anos, non se percibe unha melloría progresiva e a tendencia é ao estancamento ou empeoramento dos resultados. A pesar diso, os resultados son o suficientemente aceptables como para afirmar a presenza dunha boa competencia motriz.

O cancro infantil nas aulas ordinarias. Unha proposta para abordar situacións oncolóxicas en educación infantil.
Autoría
M.S.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
M.S.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
08.07.2024 11:00
08.07.2024 11:00
Resumo
Que ocorre cando se da un caso de cancro nun aula de educación infantil? Cales son os pasos a seguir? Que protocolo empregar? O presente traballo dá resposta a moitas destas preguntas, incluíndo unha proposta de intervención para o alumnado do segundo ciclo de Educación Infantil. No marco teórico faise unha revisión bibliográfica acerca dos ámbitos nos que se desenvolve unha crianza, dende os máis comúns, como son a familia e a escola, ata outros menos habituais, como pode ser o hospital por mor dunha enfermidade. Todo isto, centrándose no tema sobre o que versa o traballo; o cancro infantil. Tras a análise do marco lexislativo e teórico, presentase un deseño dunha proposta de intervención que engloba unha serie de actividades e pautas, có fin de crear un clima de compañeirismo, empatía e positividade dentro do aula, facilitando así a situación vivida polo alumno/a.
Que ocorre cando se da un caso de cancro nun aula de educación infantil? Cales son os pasos a seguir? Que protocolo empregar? O presente traballo dá resposta a moitas destas preguntas, incluíndo unha proposta de intervención para o alumnado do segundo ciclo de Educación Infantil. No marco teórico faise unha revisión bibliográfica acerca dos ámbitos nos que se desenvolve unha crianza, dende os máis comúns, como son a familia e a escola, ata outros menos habituais, como pode ser o hospital por mor dunha enfermidade. Todo isto, centrándose no tema sobre o que versa o traballo; o cancro infantil. Tras a análise do marco lexislativo e teórico, presentase un deseño dunha proposta de intervención que engloba unha serie de actividades e pautas, có fin de crear un clima de compañeirismo, empatía e positividade dentro do aula, facilitando así a situación vivida polo alumno/a.
Dirección
GARCIA DOCAMPO, LAURA (Titoría)
GARCIA DOCAMPO, LAURA (Titoría)
Tribunal
CIDRAS ROBLES, SALVADOR (Presidente/a)
Anderson McGuire, JoDee (Secretario/a)
OGNEVA , ANASTASIIA (Vogal)
CIDRAS ROBLES, SALVADOR (Presidente/a)
Anderson McGuire, JoDee (Secretario/a)
OGNEVA , ANASTASIIA (Vogal)
“The Library of Games”: unha proposta didáctica sobre a aprendizaxe baseada en xogos para a ensinanza do inglés.
Autoría
N.O.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
N.O.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
27.06.2024 10:15
27.06.2024 10:15
Resumo
A aprendizaxe baseada en xogos é unha metodoloxía educativa que utiliza xogos como ferramentas para facilitar a aprendizaxe de conceptos e habilidades. No ensino do inglés, esta metodoloxía aplícase mediante a incorporación de xogos deseñados especificamente para desenvolver competencias lingüísticas, como a comprensión e produción de textos, a interacción oral e escrita, e o uso do vocabulario. Ao integrar este tipo de ensino na aula de inglés, créase unha contorna de aprendizaxe máis dinámica e atractivo, que fomenta a práctica do idioma en contextos reais e lúdicos, mellorando tanto a motivación como a retención do coñecemento. Empregando a aprendizaxe baseada en xogos, realizaremos unha proposta educativa dirixida a estudantes de 6º curso de Educación Primaria, integrando un total de dez xogos. Esta proposta, que non foi levada á práctica, desenvolverase ao longo dun curso escolar permitindo aos alumnos e alumnas mellorar as súas competencias en inglés de maneira lúdica e diferente. Os xogos están deseñados para cubrir diversas áreas da aprendizaxe da lingua inglesa, promovendo a motivación e a participación do alumnado no proceso educativo.

A influencia dos xogos cooperativos e competitivos no alumnado de Educación Primaria
Autoría
D.R.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
D.R.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
24.06.2024 18:00
24.06.2024 18:00
Resumo
Durante este Traballo de Fin de Grao o obxectivo principal foi comprobar como varían a motivación e o desfrute mediante a realización dunha intervención didáctica baseada en xogos cooperativos e outra na que se leven a cabo unicamente xogos competitivos na área de Educación Física co alumnado de 3º de Educación Primaria. Para isto, empregouse un deseño cuasiexperimental sen grupo control, de xeito que se levaron a cabo dous cuestionarios en tres momentos diferentes da proposta de intervención. A través disto, comprobouse que tanto as actividades cooperativas como competitivas tiveron un impacto positivo na motivación e no desfrute do alumnado, aínda que de maneiras lixeiramente diferentes. As cooperativas parecen ser máis inclusivas, mentres que as competitivas poden ser máis motivadoras para estudantes con certas predisposicións cara á competencia.

O efecto que provocan os xogos cooperativos nas relacións sociais do alumnado de educación física en educación primaria.
Autoría
M.S.L.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
M.S.L.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
24.06.2024 17:00
24.06.2024 17:00
Resumo
Este Traballo de Final de Grao ten como eixos fundamentais as relacións sociais e os xogos cooperativos. Ligado ao anterior, o obxectivo principal deste traballo é: Coñecer o efecto que produce a aplicación dunha situación de aprendizaxe baseada nos xogos cooperativos sobre as relacións sociais no alumnado de 6º curso de educación primaria. Ademais, está vinculado aos dous obxectivos específicos: Estudar a diferenza nas relacións sociais entre nenos e nenas de 6º de primaria e Identificar as diferenzas que poden existir entre unhas clases e outras. No relativo á metodoloxía, empregouse o cuestionario de “Condutas Apropiadas na Educación Física e o Deporte (CAEFD)” con grupo control e grupo experimental á parte de contar cun pretest e un postest. No apartado de resultados destaca que nos grupos control non experimentaron cambios con respecto aos resultados finais, ao contrario que nos grupos intervención que si teñen variacións. Debe destacarse o caso dos resultados do sexo masculino onde hai unha mellora evidente ligada ás sesións de xogos cooperativos. Atendendo aos resultados, os obxectivos deste traballo cúmprense na súa totalidade. Conclúese que os xogos cooperativos son unha ferramenta efectiva para mellorar as relacións sociais na educación primaria.

Alén da norma: A diversidade familiar na sociedade actual. Unha proposta para concienciar o alumnado de educación primaria.
Autoría
S.S.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
S.S.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
01.07.2024 12:00
01.07.2024 12:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao correspóndese co deseño dunha proposta didáctica a través da cal se pretende concienciar ao alumnado de educación primaria acerca da diversidade familiar presente na sociedade actual. O crecente incremento deste tipo de diversidade está dando lugar a variedade de estruturas familiares que nun pasado non se contemplaban, polo que o principal obxectivo é invitar a reflexión e promover unha educación inclusiva e respectuosa. Para conseguir dito obxectivo, levarase a cabo unha metodoloxía de aprendizaxe baseada en proxectos (ABP), que incluirá diferentes actividades orientadas a investigar e comprender a diversidade familiar dende diferentes puntos de vista. A través destas tarefas, o alumnado terá a oportunidade de reflexionar e familiarizarse acerca deste tema explorando as diferentes estruturas familiares presentes na actualidade. Este traballo non só pretende promover no alumnado a comprensión da diversidade familiar, se non que ten o propósito de fomentar o respecto, o entendemento e aceptación das distintas realidades familiares, preparándoos para unha sociedade cada vez máis unida, diversa e inclusiva.

Explorando a Infancia Dixital: Un Proxecto de Tecnoloxías e Desenvolvemento en Educación Infantil.
Autoría
P.N.A.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
P.N.A.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
08.07.2024 18:30
08.07.2024 18:30
Resumo
Explorando o espello dixital, nace como unha proposta educativa que fusiona a tecnoloxía e a educación e que indagará sobre as súas conexións. Comezamos este documento afrontando novos retos pertinentes a unha sociedade en cambio continuo, unha sociedade que precisa de adaptacións e innovacións constantes. Esta idea, xurde despois de catro anos de estudo e práctica con alumnado de Ed. Infantil e, tras a observa dunha necesidade de tratar e indagar máis sobre o emprego e as influencias das tecnoloxías. Porén, somos conscientes dos desafíos que isto supón, pois quizais non todo é beneficioso nin tampouco prexudicial por iso, trataremos de atopar a metodoloxía óptima para garantir o verdadeiro desenvolvemento íntegro do alumnado. Finalmente, como futuras docentes atoparemos unha posibilidade metodolóxica eficaz que se adapte as necesidades do alumnado e tamén a sociedade, na que todos e todas nós estamos inmersos. Favorecendo así, a consecución de habilidades que sexan útiles para o futuro progreso e crecemento dos nenos e nenas, dontándoos/as das ferramentas precisas e, especialmente do método de emprego das mesmas. En definitiva, e como pretexto para seguir lendo, exploraremos como a integración coidadosa e reflexiva da tecnoloxía nas aulas de educación infantil pode potenciar experiencias de aprendizaxe enriquecedoras, promovendo o desenvolvemento cognitivo, creativo e social do alumnado no mundo dixital do século XXI.

A influencia do espazo no desenvolvemento pedagóxico do alumnado na etapa de educación infantil, partindo das teorías de Loris Malaguzzi.
Autoría
S.C.P.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
S.C.P.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
08.07.2024 09:30
08.07.2024 09:30
Resumo
Neste traballo centrareime en destacar a importancia dos espazos dedicados á infancia, inspirándome nas ideas innovadoras de Loris Malaguzzi. O espazo é recoñecido como un elemento pedagóxico fundamental para a etapa de Educación Infantil. A través da investigación das metodoloxías e propostas creadas por diversos autores destacados na etapa ao longo do tempo, preténdese non só comprender a evolución destas ideas, senón tamén valorar as súas achegas na creación de espazos e materiais educativos significativos. Tamén se busca analizar como diferentes perspectivas e enfoques pedagóxicos formaron a idea sobre o deseño de espazos educativos destinados a favorecer a aprendizaxe activa, a creatividade e o desenvolvemento integral das crianzas. A creación de espazos que estimulen a curiosidade, a autonomía e o benestar do alumnado preséntase como un reto e unha oportunidade para mellorar a calidade da educación nas primeiras etapas.

Xogar coa arte, as metodoloxías de Bruno Munari
Autoría
D.R.L.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
D.R.L.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
03.07.2024 11:00
03.07.2024 11:00
Resumo
Ao longo deste traballo atópase o deseño dunha proposta artística con actividades innovadores que buscan fomentar a creatividade do alumnado. Para a proposta utilizarase unha metodoloxía inspirada na figura de Bruno Munari, na cal se procura proporcionar ás crianzas unha experiencia educativa significativa e enriquecedora. As actividades tamén están inspiradas na traxectoria de Bruno Munari, un defensor da creatividade e a aprendizaxe a través da arte e o xogo. Estas teñen a finalidade de estimular a curiosidade do alumnado e que eles sexan os protagonistas da súa propia aprendizaxe. Ademais, fomentarase a autonomía á hora de expresarse, permitindo que cada crianza explore e experimente sen límites nin modelos reprodutivos ou estereotipados. Para a execución da proposta utilizaranse espazos e materiais da contorna e da natureza. O traballo ao aire libre ou con elementos da natureza achega ao alumnado unha conexión coa súa contorna, o que enriquece a súa experiencia creativa. De modo que nas actividades o alumnado experimentará con materiais diversos, dende recortes de papeis, carboncillo ata elementos procedentes da natureza como flores, ramas ou rocas.

Arte e Narrativa na aula de E.I: Contar, narrar e compartir
Autoría
M.R.M.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
M.R.M.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
03.07.2024 10:00
03.07.2024 10:00
Resumo
O traballo céntrase na importancia de integrar a arte e a creatividade na educación infantil a través da metodoloxía de Investigación Baseada nas Artes. Este enfoque metodolóxico promove a expresión artística como unha ferramenta educativa e de desenvolvemento persoal. Destácase a relevancia da narrativa visual e o uso de libros ilustrados, así como outros formatos innovadores para traballar ca narrativa infantil. A proposta didáctica inclúe actividades como a creación de caixas conto e a realización de narrativas secuenciadas baseadas en contos, fomentando a colaboración, a creatividade e a exploración artística entre os estudantes.
O traballo céntrase na importancia de integrar a arte e a creatividade na educación infantil a través da metodoloxía de Investigación Baseada nas Artes. Este enfoque metodolóxico promove a expresión artística como unha ferramenta educativa e de desenvolvemento persoal. Destácase a relevancia da narrativa visual e o uso de libros ilustrados, así como outros formatos innovadores para traballar ca narrativa infantil. A proposta didáctica inclúe actividades como a creación de caixas conto e a realización de narrativas secuenciadas baseadas en contos, fomentando a colaboración, a creatividade e a exploración artística entre os estudantes.
Dirección
CIDRAS ROBLES, SALVADOR (Titoría)
CIDRAS ROBLES, SALVADOR (Titoría)
Tribunal
CIDRAS ROBLES, SALVADOR (Titor do alumno)
CIDRAS ROBLES, SALVADOR (Titor do alumno)
A importancia do xogo en Educación Infantil: enfocándoo na natureza.
Autoría
A.C.R.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
A.C.R.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
Data da defensa
03.07.2024 15:30
03.07.2024 15:30
Resumo
O xogo é fundamental para o desenvolvemento físico, cognitivo, social e emocional das crianzas. Sen embargo, o tempo que os nenos e nenas xogan ao aire libre e están en contacto coa natureza diminuíu de forma considerable nos últimos anos. Neste traballo académico abórdase a relevancia deste tema, destacando dous aspectos que son cruciais na vida diaria das crianzas, estes son o xogo e a oportunidade de facelo en contacto coa natureza. Primeiramente, faise unha revisión teórica sobre o concepto e as características do xogo e sobre como se integra o xogo na lexislación de Educación Infantil na comunidade autónoma de Galicia entre outros aspectos. Neste escrito desenvólvese un estudo para saber cal é a importancia do xogo en Educación Infantil comparando as escolas na natureza cos centros urbanos, buscando así ver que importancia se lle da ao xogo e ao xogo na natureza en ambas tipoloxías de centros. Analízanse os espazos e os recursos dos que dispoñen e empregan para o xogo, así como as metodoloxías e rutinas que seguen os e as docentes con respecto a este.

Análise dos roles tradicionais de xénero na hora do recreo de Educación Primaria nun Centro Público Integrado.
Autoría
E.C.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
E.C.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
03.07.2024 16:30
03.07.2024 16:30
Resumo
Neste presente Traballo de Fin de Grao amósase a investigación realizada no CPIP Castroverde respecto á reprodución dos roles tradicionais de xénero no patio á hora do recreo. Para isto, realizouse un cuestionario a todo o alumnado de Educación Primaria do centro e tamén se empregou unha ficha de observación para poder observar de primeira man as posibles problemáticas presentes neste espazo de xogo. Podemos observar diversos conceptos importantes para a comprensión da temática en cuestión, tales como o binomio sexo-xénero, os roles de xénero, o currículo de Educación Primaria, o currículo oculto ou os patios coeducativos, entre outros. Ademais, preséntase o plano do patio de recreo deste centro educativo e a distribución xeral do alumnado diferenciado por sexos no terreo de xogo. Esta investigación ten como principal obxectivo poñer en relevancia todo o que é necesario traballar hoxe en día nas aulas respecto á igualdade de xénero, xa que, aínda que a mostra recollida neste estudo é pequena, resulta bastante representativa ao ter en conta a perspectiva do alumnado dende os 6 ata os 12 anos. Isto proporciónanos unha visión bastante xeral sobre como van evolucionando estes roles de xénero nas diferentes idades. Por último, achéganse as conclusións que se puideron sacar tras a elaboración do presente traballo de investigación, nas cales se aposta por patios de recreo que fomenten a inclusión, a igualdade de xénero e carentes de estruturas definidas en canto a deportes.

Proxecto “Raiceiras”: un servizo público de atención á diversidade para crianzas a partir de 6 anos no rural galego
Autoría
A.V.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
A.V.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
10.07.2024 10:00
10.07.2024 10:00
Resumo
No presente Traballo de Fin de Grao exponse o deseño dunha proposta para a creación dun proxecto de servizo público de atención á diversidade, destinado a crianzas a partir de 6 anos e cuxo ámbito de actuación son os concellos galegos rurais de menos de 5.000 habitantes. Neste senso, unha vez desenvolvida a fase de busca e análise de información relevante, así como a revisión de documentación legal e normativa, exploramos a realidade actual aplicando a entrevista en profundidade como técnica de investigación cualitativa, a diferentes perfís protagonistas dos colectivos e do contexto que pretendemos estudar. Finalmente, a partir da información obtida, propóñense potenciais vías de actuación que tentan dar resposta ás necesidades e eivas detectadas ao longo deste proceso.
No presente Traballo de Fin de Grao exponse o deseño dunha proposta para a creación dun proxecto de servizo público de atención á diversidade, destinado a crianzas a partir de 6 anos e cuxo ámbito de actuación son os concellos galegos rurais de menos de 5.000 habitantes. Neste senso, unha vez desenvolvida a fase de busca e análise de información relevante, así como a revisión de documentación legal e normativa, exploramos a realidade actual aplicando a entrevista en profundidade como técnica de investigación cualitativa, a diferentes perfís protagonistas dos colectivos e do contexto que pretendemos estudar. Finalmente, a partir da información obtida, propóñense potenciais vías de actuación que tentan dar resposta ás necesidades e eivas detectadas ao longo deste proceso.
Dirección
CANDIA DURAN, FRANCISCO XOSE (Titoría)
CANDIA DURAN, FRANCISCO XOSE (Titoría)
Tribunal
Enríquez Martínez, Iván (Presidente/a)
CALDEIRO PEDREIRA, Mª CARMEN (Secretario/a)
MUÑOZ CARRIL, PABLO CESAR (Vogal)
Enríquez Martínez, Iván (Presidente/a)
CALDEIRO PEDREIRA, Mª CARMEN (Secretario/a)
MUÑOZ CARRIL, PABLO CESAR (Vogal)
Habilidades motrices básicas cos xogos de toda a vida.
Autoría
C.L.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
C.L.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
24.06.2024 18:30
24.06.2024 18:30
Resumo
As habilidades motrices básicas defínense como os movementos usuais utilizados na locomoción. Mentres máis competentes sexan estes, mellor será o patrón motriz da persoa e desta maneira tamén poderá ser mellor a súa desempeño físico. Para a participación nos xogos, deportes ou distintas actividades físicas é de gran importancia ter unha adecuada competencia motriz. Por iso, este estudo utilizou diferentes xogos tradicionais e populares para mellorar as habilidades motrices básicas do alumnado. Realizouse un estudo case experimental nunha aula de 4º de primaria dun colexio urbano da cidade de Lugo cunha mostra de 7 alumnos e 12 alumnas. Para coñecer o grao de competencia motriz do alumnado aplicouse a batería de test MOBAK 3-4 en dúas habilidades dunha das dimensións estudadas (saltos e desprazamentos en Control do Corpo). A variable que se tivo en conta para comparar os datos foi o xénero dos participantes da mostra. Os resultados evidencian un mellor dominio dos saltos no xénero masculino e en ambos os casos unha mellora das habilidades motrices básicas tras a posta en práctica das sesións de xogos populares. Isto permitiu xustificar posibles conclusións como que os xogos populares e tradicionais son unha boa ferramenta para traballar as habilidades motrices básicas pola súa sinxeleza e polos obxectivos destes xogos.

ARQUITECTURA, PAISAXE E CONTORNA: Procesos creativos nunha aula de infantil en Candelaria, Tenerife.
Autoría
J.M.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
J.M.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
09.07.2024 14:15
09.07.2024 14:15
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao céntrase no estudo e posta en práctica dunha proposta didáctica enfocada na paisaxe e a contorna máis próxima dos nenos e nenas dunha aula de 4 anos no pobo de Candelaria, Tenerife. Esta proposta didáctica céntrase en traballar estes contidos a través dos procesos creativos con fin de crear alternativas e escapar das metodoloxías baseadas na memorización e repetición. Empoderando aos nenos e nenas e dándolle o papel de axentes activos para o cambio, permitindolles participar de maneira consciente e proactiva na transformación da súa contorna inmediata, sensibilizandoos sobre as problemáticas locais. Estes procesos creativos desempeñan un papel crucial nesta metodoloxía, xa que permiten aos infantes expresar as súas ideas, emocións e solucións de maneira innovadora. En definitiva, esta proposta didáctica non só busca ensinar sobre a paisaxe e a contorna, senón tamén formar individuos conscientes e creativos, capaces de contribuír positivamente á súa sociedade desde unha idade temperá.

Proxecto pedagóxico para a creación dunha escola na natureza en Vieiro (Viveiro)
Autoría
A.C.B.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
A.C.B.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
08.02.2024 16:00
08.02.2024 16:00
Resumo
O presente traballo académico busca crear un proxecto innovador inmerso na natureza, para nenos e nenas de 3 a 6 anos na localidade de Viveiro, na parroquia de Vieiro. A posibilidade de educar na natureza provoca unha infinidade de beneficios na infancia, como poderemos comprobar ao logo deste traballo. En primeiro lugar, realízase unha aproximación teórica completamente actualizada sobre a infinidade de autores que levan traballando os conceptos que abarcan a educación na natureza, para afondar tamén na súa orixe e no seu proceso de evolución tralas últimas décadas en Europa, España e Galicia. Gracias a toda esta investigación, puiden realizar a base pedagóxica do meu proxecto: principios metodolóxicos, obxectivos, división de espazos, propostas de actividades, tempos, recursos e a avaliación.

GARCIA MARIN, PABLO (Presidente/a)
GARCIA DOCAMPO, LAURA (Secretario/a)
FREIRE PEREZ, ESTELLA LETICIA (Vogal)
GARCIA MARIN, PABLO (Presidente/a)
GARCIA DOCAMPO, LAURA (Secretario/a)
FREIRE PEREZ, ESTELLA LETICIA (Vogal)
Estrañar, asombrar e seducir. Unha proposta de intervención educativa para poñer en valor a cultura da infancia.
Autoría
N.R.V.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
N.R.V.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
19.06.2024 18:30
19.06.2024 18:30
Resumo
O presente traballo desenvolve un estudo sobre os principios da educación estética nas aulas de infantil, titulado 'Estrañar, asombrar e seducir. Unha proposta de intervención educativa para poñer en valor a cultura da infancia'. Este título foi elixido para reflectir a importancia de fomentar o estrañamento, a capacidade de asombro e a sedución intelectual nas crianzas, considerando estas experiencias emocionais esenciais. O traballo subliña a relevancia de integrar a educación estética no currículo infantil, xa que promove a sensibilidade e a capacidade de observación nas crianzas, axudándoos a apreciar a beleza na súa contorna. A investigación, baseada no pensamento de Loris Malaguzzi, destaca que os nenos e as nenas son naturalmente curiosos e predispostos a explorar e reinventar as súas ideas, polo que introducir experiencias estéticas nas aulas potencia esta capacidade innata. A importancia deste traballo radica en recoñecer a cultura da infancia como un dereito básico, abordando as problemáticas actuais que dificultan a súa garantía. A través de talleres e actividades específicas, a investigación propón fomentar a creatividade e a auto-expresión, estimular a curiosidade mediante experiencias de aprendizaxe sensoriais e promover un ambiente educativo que valore a diversidade de perspectivas e as múltiples linguaxes expresivas dos nenos.

Familia e escola. Un binomio imprescindible.
Autoría
A.T.L.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
A.T.L.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
24.06.2024 11:00
24.06.2024 11:00
Resumo
A relación entre a familia e a escola é esencial para o éxito educativo dos nenos e nenas, xa que ambas as entidades involúcranse de maneira activa, fomentan unha actitude positiva cara á aprendizaxe e traballan de maneira conxunta. Tense como hipótese inicial a colaboración de familia e escola como factores que axudan ao desenvolvemento académico, emocional e social dos nenos/as, creando un ambiente educativo que se adapta ás necesidades específicas de cada un/unha. Unha vez realizado este traballo, podo reafirmar a hipótese inicial, engadindo que dita relación axuda non só no rendemento académico, senón que promove unha contorna educativa máis unida, dando lugar á resolución de conflitos e necesidades educativas específicas. Esta colaboración crea unha contorna educativa que facilita a detección temperá de desafíos ou necesidades específicas que xorden ao longo do proceso educativo. Ademais, compartir información valiosa sobre as necesidades e fortalezas dos nenos e nenas, permite unha aprendizaxe adaptada aos requisitos individuais de cada alumno/a. Desta forma, obtéñense resultados favorables nas responsabilidades académicas e sociais dos estudantes, beneficiando aos máis pequenos/as e potenciando o seu éxito e benestar.

Un estudo acerca da implementación e os beneficios da Aprendizaxe Baseada en Proxectos (ABP) nas aulas de Educación Primaria.
Autoría
L.M.N.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
L.M.N.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
26.06.2024 17:15
26.06.2024 17:15
Resumo
O presente traballo de fin de grao (TFG) ten como principal obxectivo coñecer as percepcións, beneficios e actitudes dos/as mestres/as de Educación Primaria cara á implementación da Aprendizaxe Baseada en Proxectos (ABP) nas súas aulas. Para iso, en primeiro lugar realizouse unha revisión bibliográfica exhaustiva en diferentes repositorios, tales como Google Académico, Dialnet, libros etc. Unha vez, adquiridos os coñecementos necesarios sobre este método de traballo, levouse a cabo unha investigación. Esta consistía en que os/as mestres/as de Educación Primaria tiñan que cubrir un cuestionario de carácter anónimo. A continuación, realizouse unha análise dos datos obtidos, empregando diferentes técnicas como por exemplo estatísticas ou de codificación. Os resultados foron satisfactorios, debido a que a gran maioría mostran interese e consideran que esta metodoloxía aporta numerosos beneficios ao alumnado. A súa vez, os/as participantes destacaron que hoxe en día hai unha serie de dificultades para poder implementar esta estratexia nas aulas, como a falta de formación ou o tempo limitado. Ante isto, decidiuse desenvolver unha proposta de mellora, coa finalidade de que esta estratexia se poida levar a cabo nas aulas de Educación Primaria, posto que aporta numerosos beneficios ao alumnado.

PLATAS FERREIRO, MARIA LIDIA (Titoría)
PLATAS FERREIRO, MARIA LIDIA (Titoría)
Tribunal
PLATAS FERREIRO, MARIA LIDIA (Titor do alumno)

A gamificación e a webquest como recursos motivadores da lectura
Autoría
U.C.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
U.C.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
21.06.2024 13:30
21.06.2024 13:30
Resumo
Na actualidade, a Literatura Infantil e Xuvenil é moi variada e trata diversos temas, dende contos clásicos ata a creación de historias moi diversas. Con todo, aínda inmersos nun panorama literario tan amplo, a lectura está deixando de ser unha das principais formas de ocio na infancia e, especialmente, na adolescencia no noso país. Así, xa que as escolas son o centro no cal as crianzas aprenden a ler e, polo tanto, comezan a súa iniciación na lectura, é moi importante a labor do mestrado. A súa función non consiste unicamente en ensinar esta habilidade, senón que é igual de importante transmitir a paixón e a curiosidade por este xeito de lecer. Para que iso sexa posible, tamén é importante o papel do propio libro de lectura, que ten que ter unha temática achegada ós intereses e inquietudes do alumnado e espertar a súa curiosidade, nun mundo cada vez máis estimulado. Do mesmo xeito, a metodoloxía empregada, é dicir, a ponte de unión entre o libro e o alumnado, é un factor que non se pode esquecer á hora de transmitir estes valores. No presente traballo, apostouse pola gamificación, e deseñouse unha webquest sobre un libro, Aviones de papel, para o alumnado de 5º de educación primaria. A finalidade deste proxecto é fomentar unha visión positiva da lectura e conseguir darlle un valor fóra dos muros da escola.

A didáctica da lingua e a literatura mediante recursos tecnolóxicos na educación primaria.
Autoría
P.L.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
P.L.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
21.06.2024 12:30
21.06.2024 12:30
Resumo
O presente traballo céntrase no uso que se lle pode dar ás novas tecnoloxías á hora de ensinar lingua castelá, posto que a literatura científica revisada destaca grandes beneficios para o alumnado. O contido escollido para mostrar como exemplo son os tempos verbais compostos, xa que é algo no que os estudantes galegos adoitan ter dificultade, debido á influencia da lingua galega, na que non existen estas formas. O recurso online escollido para realizar a proposta didáctica foi Genially, dada a sua facilidade e versatilidade á hora de empregalo. Ademais disto, valoráronse os pros e os contras das novas tecnoloxías no entrono educativo e a actitude do profesorado ante estes cambios no sistema.
O presente traballo céntrase no uso que se lle pode dar ás novas tecnoloxías á hora de ensinar lingua castelá, posto que a literatura científica revisada destaca grandes beneficios para o alumnado. O contido escollido para mostrar como exemplo son os tempos verbais compostos, xa que é algo no que os estudantes galegos adoitan ter dificultade, debido á influencia da lingua galega, na que non existen estas formas. O recurso online escollido para realizar a proposta didáctica foi Genially, dada a sua facilidade e versatilidade á hora de empregalo. Ademais disto, valoráronse os pros e os contras das novas tecnoloxías no entrono educativo e a actitude do profesorado ante estes cambios no sistema.
Dirección
ESTEVEZ RIONEGRO, NOELIA (Titoría)
ESTEVEZ RIONEGRO, NOELIA (Titoría)
Tribunal
ESTEVEZ RIONEGRO, NOELIA (Titor do alumno)
ESTEVEZ RIONEGRO, NOELIA (Titor do alumno)
“O colectivo LXTB a través da LIX”
Autoría
J.A.M.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
J.A.M.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
Data da defensa
01.07.2024 11:30
01.07.2024 11:30
Resumo
O colectivo LXTB é noticia todos os anos por diversos motivos, en ocasións, coma no verán, polas carrozas que inundan a capital de España polo orgullo, o cal é unha das festas máis importantes do ano na cidade. Noutras, por outro tipo de motivos, como poden ser agresións, discriminacións e outro tipo de conductas violentas. Consideramos que na educación de hoxe, este colectivo debe estar presente, e o alumnado debe traballar sobre estes mediante tarefas creativas e innovadoras que vaian acorde á sociedade na que vivimos hoxe en día, a cal ten que progresar rapidamente cara a tolerancia e a igualdade total. Ademais, co avance da sociedade, tamén observamos un abrazo dos nenos e nenas cara as novas tecnoloxías como fonte de coñecemento da contorna no que viven. Mediante este traballo queremos conseguir que sexa a literatura esa porta cara ao coñecemento da sociedade e a contorna no que están a habitar. Por iso, o traballo terá na literatura un elemento crave e central, sendo a introdución a cada unha das actividades que se realizarán na proposta, a cal será usará a metodoloxía por proxectos e centrarase en coñecer as diferentes orientacións sexuais que existen na sociedade actual.

Enríquez Martínez, Iván (Titor do alumno)

Proxecto de intervención educativa: O traballo dos estereotipos de xénero a través da literatura infantil.
Autoría
O.C.D.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
O.C.D.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
02.07.2024 17:00
02.07.2024 17:00
Resumo
O presente TFG céntrase en traballar os estereotipos de xénero a través da literatura infantil. Así, mediante a recollida de información en diferentes bases de datos, páxinas web e libros de texto, recompílase no marco teórico unha serie de información que servirá para coñecer máis en profundidade o tema proposto, aportando definicións, conceptos, ideas e estudos que lle dan sentido ao proxecto. Do mesmo xeito, redáctanse uns obxectos xerais e específicos que serven para coñecer o que queremos conseguir. A proposta de intervención está formada por unha serie de actividades que teñen como eixo central traballar os estereotipos e roles de xénero, loitando pola coeducación e a igualdade de condicións xa desde idades temperás. Farase a través da literatura infantil, ao proporcionarnos esta diversas historias que desafían os estereotipos de xénero e que fomentan a reflexión crítica sobre as normas sociais. Finalmente realizarase unha avaliación final. Así mesmo, preténdese que este traballo, no seu conxunto, axude a mudar, transformar ou mesmo reflexionar sobre o tema, deixando unha pegada que nos permita abrir os ollos á realidade e frear estas diferenzas entre ambos sexos, loitando por unha educación en valores e igualdade.

A danza e a música para o desenvolvemento da corporeidade na Educación Infantil
Autoría
L.L.A.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
L.L.A.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
20.06.2024 10:30
20.06.2024 10:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao (TFG) investiga a relación entre a danza, a música e o desenvolvemento integral de nenos en idade preescolar. Xurdido da experiencia como bailarina e profesora de danza, busca profundar na comprensión teórica e propoñer formas prácticas de integrar estas disciplinas en contextos educativos. Os obxectivos específicos que inclúe abordan o deseño de actividades para promover conciencia corporal, coordinación motora e expresión emocional, avaliar o impacto na identificación e expresión de emocións, promover a creatividade e a inclusión, e desenvolver habilidades sociais a través do traballo en equipo. Baséandose nunha revisión da literatura e un estudo empírico, resalta os beneficios da integración da danza e música na educación infantil, salientando a importancia de adaptarse ás necesidades individuais e a avaliación continua do proceso educativo.
Este Traballo de Fin de Grao (TFG) investiga a relación entre a danza, a música e o desenvolvemento integral de nenos en idade preescolar. Xurdido da experiencia como bailarina e profesora de danza, busca profundar na comprensión teórica e propoñer formas prácticas de integrar estas disciplinas en contextos educativos. Os obxectivos específicos que inclúe abordan o deseño de actividades para promover conciencia corporal, coordinación motora e expresión emocional, avaliar o impacto na identificación e expresión de emocións, promover a creatividade e a inclusión, e desenvolver habilidades sociais a través do traballo en equipo. Baséandose nunha revisión da literatura e un estudo empírico, resalta os beneficios da integración da danza e música na educación infantil, salientando a importancia de adaptarse ás necesidades individuais e a avaliación continua do proceso educativo.
Dirección
LOPEZ DE LA CALLE SAMPEDRO, Mª ANGELES (Titoría)
LOPEZ DE LA CALLE SAMPEDRO, Mª ANGELES (Titoría)
Tribunal
LOPEZ DE LA CALLE SAMPEDRO, Mª ANGELES (Titor do alumno)
LOPEZ DE LA CALLE SAMPEDRO, Mª ANGELES (Titor do alumno)
A maxia dos libros: A literatura infantil como ponte entre a hospitalización e a aula ordinaria
Autoría
B.F.V.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
B.F.V.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
08.07.2024 11:00
08.07.2024 11:00
Resumo
Este traballo céntrase na pedagoxía hospitalaria, unha disciplina que pretende atender ao alumnado hospitalizado para alcanzar a continuidade da súa formación. Principalmente, esta enfócase nas aulas hospitalarias, espazos onde os pacientes, especialmente os de estadías longas, poden continuar coa súa educación e socialización. Algúns dos seus principios e estratexias poden levarse a outros contextos como a aula de orixe dos menores. Unha ferramenta efectiva para axudar aos nenos e nenas a comprender a hospitalización é a literatura, como demostran disciplinas como a biblioterapia, a cal se presentará como instrumento principal para tratar a temática neste documento. Ademais, destácase a importancia de abordar as emocións dos estudantes que quedan na aula ordinaria cando un compañeiro/a está nunha aula hospitalaria. Este escrito propón o uso da literatura infantil para manexar estas emocións, destacando entre elas o medo e a ansiedade. Plantéxase a necesidade dunha maior investigación e visibilidade neste campo, e propónse o desenvolvemento dunha proposta educativa para implementar a literatura hospitalaria nas aulas ordinarias, creando unha selección de libros. Entre estes podemos destacar como principal autora, desta selección, a Anna Llenas.
Este traballo céntrase na pedagoxía hospitalaria, unha disciplina que pretende atender ao alumnado hospitalizado para alcanzar a continuidade da súa formación. Principalmente, esta enfócase nas aulas hospitalarias, espazos onde os pacientes, especialmente os de estadías longas, poden continuar coa súa educación e socialización. Algúns dos seus principios e estratexias poden levarse a outros contextos como a aula de orixe dos menores. Unha ferramenta efectiva para axudar aos nenos e nenas a comprender a hospitalización é a literatura, como demostran disciplinas como a biblioterapia, a cal se presentará como instrumento principal para tratar a temática neste documento. Ademais, destácase a importancia de abordar as emocións dos estudantes que quedan na aula ordinaria cando un compañeiro/a está nunha aula hospitalaria. Este escrito propón o uso da literatura infantil para manexar estas emocións, destacando entre elas o medo e a ansiedade. Plantéxase a necesidade dunha maior investigación e visibilidade neste campo, e propónse o desenvolvemento dunha proposta educativa para implementar a literatura hospitalaria nas aulas ordinarias, creando unha selección de libros. Entre estes podemos destacar como principal autora, desta selección, a Anna Llenas.
Dirección
GARCIA DOCAMPO, LAURA (Titoría)
GARCIA DOCAMPO, LAURA (Titoría)
Tribunal
Enríquez Martínez, Iván (Presidente/a)
GONZALEZ SEQUEIROS, PABLO (Secretario/a)
GARCIA PEDREIRA, MARIA DEL ROCIO (Vogal)
Enríquez Martínez, Iván (Presidente/a)
GONZALEZ SEQUEIROS, PABLO (Secretario/a)
GARCIA PEDREIRA, MARIA DEL ROCIO (Vogal)
Proxecto de intervención educativa. Inclusión e Roles de Xénero a través da Literatura Infantil.
Autoría
C.M.F.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
C.M.F.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
28.06.2024 17:15
28.06.2024 17:15
Resumo
Este TFG constitúe un proxecto de intervención educativa para o ensino da inclusión e os roles de xénero a través da Literatura Infantil. Seguindo o vixente Decreto 150/2022 para a etapa de Educación Infantil, planificouse un proxecto para alumnado de sexto de Educación Infantil que ten como obxectivo iniciar aos infantes dende pequenos nos valores da inclusión e dos roles de xénero a través da Literatura Infantil. Con este proxecto preténdese educar a través dunha serie de actividades estruturadas en diferentes fases. En primeiro lugar, escolleuse unha selección de contos e libros que tratan temas de xénero e inclusión, despois pasamos á lectura e á discusión en grupo, e finalmente á expresión artística e ás actividades. Para alcanzar os obxectivos xerais e específicos propostos, optouse por unha metodoloxía activa e inclusiva baseada en poxectos, que inclúe a lectura conxunta, o debate e a reflexión crítica sobre o contido dos catro libros seleccionados. O desenvolvemento deste proxecto permitiu conseguir como resultados do alumnado que fose máis consciente dos roles de xénero e máis inclusivo na diversidade, e como resultados da titoranda mellorouse a capacidade de planificar e executar proxectos educativos que fomenten os valores sociais. Conclúese que este proxecto permitiu que a infancia profundizara na comprensión da igualdade e inclusión creando un ambiente de respecto mutuo e cooperación entre todos os nenos e nenas.
Este TFG constitúe un proxecto de intervención educativa para o ensino da inclusión e os roles de xénero a través da Literatura Infantil. Seguindo o vixente Decreto 150/2022 para a etapa de Educación Infantil, planificouse un proxecto para alumnado de sexto de Educación Infantil que ten como obxectivo iniciar aos infantes dende pequenos nos valores da inclusión e dos roles de xénero a través da Literatura Infantil. Con este proxecto preténdese educar a través dunha serie de actividades estruturadas en diferentes fases. En primeiro lugar, escolleuse unha selección de contos e libros que tratan temas de xénero e inclusión, despois pasamos á lectura e á discusión en grupo, e finalmente á expresión artística e ás actividades. Para alcanzar os obxectivos xerais e específicos propostos, optouse por unha metodoloxía activa e inclusiva baseada en poxectos, que inclúe a lectura conxunta, o debate e a reflexión crítica sobre o contido dos catro libros seleccionados. O desenvolvemento deste proxecto permitiu conseguir como resultados do alumnado que fose máis consciente dos roles de xénero e máis inclusivo na diversidade, e como resultados da titoranda mellorouse a capacidade de planificar e executar proxectos educativos que fomenten os valores sociais. Conclúese que este proxecto permitiu que a infancia profundizara na comprensión da igualdade e inclusión creando un ambiente de respecto mutuo e cooperación entre todos os nenos e nenas.
Dirección
FERNANDEZ VAZQUEZ, MARIA DEL MAR (Titoría)
FERNANDEZ VAZQUEZ, MARIA DEL MAR (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ VAZQUEZ, MARIA DEL MAR (Titor do alumno)
FERNANDEZ VAZQUEZ, MARIA DEL MAR (Titor do alumno)
Recuperación da tradición oral de Galicia: do pobo á aula. Proxecto de intervención educativa
Autoría
U.P.V.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
U.P.V.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
08.07.2024 12:00
08.07.2024 12:00
Resumo
Este TFG nace da necesidade detectada pór parte das autoras de por en valor e recuperar a tradición galega. Previamente fíxose unha análise da situación da que se partía, detectando un esquecemento na etapa infantil sobre tradición galega, pese a que no día a día se traballa cunha das formas máis antigas de transmisión, o conto. A proposta deste TFG busca estimular o vocabulario, a comprensión e as habilidades de comunicación en galego, motivando ás crianzas a empregar a lingua autóctona, á par que van descubrindo aspectos da tradición oral e escrita, así como do patrimonio. Para iso, preséntase unha proxecto de intervención baseada nunha metodoloxía activa, concretamente na gamificación, empregando esta mecánica para consolidar coñecementos, mellorar habilidades, desenvolver competencias e/ou recompensar accións específicas.
Este TFG nace da necesidade detectada pór parte das autoras de por en valor e recuperar a tradición galega. Previamente fíxose unha análise da situación da que se partía, detectando un esquecemento na etapa infantil sobre tradición galega, pese a que no día a día se traballa cunha das formas máis antigas de transmisión, o conto. A proposta deste TFG busca estimular o vocabulario, a comprensión e as habilidades de comunicación en galego, motivando ás crianzas a empregar a lingua autóctona, á par que van descubrindo aspectos da tradición oral e escrita, así como do patrimonio. Para iso, preséntase unha proxecto de intervención baseada nunha metodoloxía activa, concretamente na gamificación, empregando esta mecánica para consolidar coñecementos, mellorar habilidades, desenvolver competencias e/ou recompensar accións específicas.
Dirección
FERNANDEZ VAZQUEZ, MARIA DEL MAR (Titoría)
FERNANDEZ VAZQUEZ, MARIA DEL MAR (Titoría)
Tribunal
Enríquez Martínez, Iván (Presidente/a)
GONZALEZ SEQUEIROS, PABLO (Secretario/a)
GARCIA PEDREIRA, MARIA DEL ROCIO (Vogal)
Enríquez Martínez, Iván (Presidente/a)
GONZALEZ SEQUEIROS, PABLO (Secretario/a)
GARCIA PEDREIRA, MARIA DEL ROCIO (Vogal)
A efectividade das intervencións educativas para o lavado de mans en contextos educativos: unha revisión sistemática
Autoría
L.G.F.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
L.G.F.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
08.07.2024 10:00
08.07.2024 10:00
Resumo
A presente revisión sistemática comprende unha busca bibliográfica exhaustiva sobre as intervencións educativas realizadas en países con medios e/ou altos ingresos, para promover a hixiene de mans de nenos e nenas en contornas educativas, co obxectivo de avaliar a eficacia das distintas intervencións na redución da transmisión de enfermidades infecciosas, especificamente as respiratorias e gastrointestinais, e, á súa vez, o impacto que estas actuacións teñen na diminución do absentismo escolar. Para tal obxectivo empregouse a base de datos PubMed (MEDLINE), establecendo previamente uns criterios de elixibilidade que axudaron a facer un cribado progresivo das publicacións obtidas. En total, a presente revisión conta con 8 estudos seleccionados, todos eles ensaios clínicos, dos cales 6 mostraron resultados positivos na redución de enfermidades transmisibles e/ou absentismo escolar. Estes achados destacan a importancia de implementar programas educativos sobre a hixiene de mans no ámbito educativo como unha medida preventiva para potenciar o benestar de nenos e nenas.
A presente revisión sistemática comprende unha busca bibliográfica exhaustiva sobre as intervencións educativas realizadas en países con medios e/ou altos ingresos, para promover a hixiene de mans de nenos e nenas en contornas educativas, co obxectivo de avaliar a eficacia das distintas intervencións na redución da transmisión de enfermidades infecciosas, especificamente as respiratorias e gastrointestinais, e, á súa vez, o impacto que estas actuacións teñen na diminución do absentismo escolar. Para tal obxectivo empregouse a base de datos PubMed (MEDLINE), establecendo previamente uns criterios de elixibilidade que axudaron a facer un cribado progresivo das publicacións obtidas. En total, a presente revisión conta con 8 estudos seleccionados, todos eles ensaios clínicos, dos cales 6 mostraron resultados positivos na redución de enfermidades transmisibles e/ou absentismo escolar. Estes achados destacan a importancia de implementar programas educativos sobre a hixiene de mans no ámbito educativo como unha medida preventiva para potenciar o benestar de nenos e nenas.
Dirección
CANDAL PEDREIRA, CRISTINA (Titoría)
CANDAL PEDREIRA, CRISTINA (Titoría)
Tribunal
CIDRAS ROBLES, SALVADOR (Presidente/a)
Anderson McGuire, JoDee (Secretario/a)
OGNEVA , ANASTASIIA (Vogal)
CIDRAS ROBLES, SALVADOR (Presidente/a)
Anderson McGuire, JoDee (Secretario/a)
OGNEVA , ANASTASIIA (Vogal)
Unha práctica transversal de diversas áreas de EI dende contos en galego. Proxecto de intervención educativa.
Autoría
P.P.B.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
P.P.B.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
28.06.2024 13:30
28.06.2024 13:30
Resumo
Neste TFG apóstase pola práctica docente transversal en Educación Infantil (EI) e o uso da lingua galega. Seguindo o Decreto 150/2022 vixente para a etapa de EI, planificouse un proxecto de intervención educativa deseñado para o segundo ciclo. Nel afondouse na importancia da Literatura seguindo a estudosos como Pedro C. Cerrillo e Teresa Colomer. Ademais, indagouse na dimensión emocional dos lectores e nos valores que se poden traballar dende a lectura literaria. Optouse pola metodoloxía da aprendizaxe baseado en proxectos (ABP) que se aplicou na práctica docente deste proxecto, creado a partir dunha escolla de obras infantís en galego que se usaron como recursos. Seleccionáronse oito contos para os cales a titoranda deseñou diversas tarefas vinculadas a diferentes áreas do currículo de EI. A titoranda puido aplicar tres actividades no centro do Prácticum II, cun grupo heteroxéneo de vinte crianzas entre os tres e os seis anos. Co desenvolvemento deste proxecto conseguíronse como resultados do alumnado os establecidos como obxectivos xerais e específicos, dos que destacan a abordaxe práctica de diferentes áreas do currículo e o fomento do uso do galego, amais do establecemento de interaccións sociais en condicións de igualdade. Conclúese que este proxecto permitiu que as crianzas traballasen de forma transversal diversas áreas do currículo de Educación Infantil, mellorasen a súa motricidade fina, respectasen os demais e as súas quendas e traballasen máis en grupo, valorando a amizade, a diversidade e a empatía para construír a súa propia identidade en base aos valores democráticos e os dereitos humanos.

Eliminando os roles de xénero dende os primeiros anos de vida. Unha proposta educativa para promover a igualdade de xénero e a inclusión.
Autoría
M.E.D.F.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
M.E.D.F.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
08.07.2024 10:00
08.07.2024 10:00
Resumo
Nun contexto marcado pola continuidade das estruturas patriarcais, xorde a necesidade de eliminar os roles de xénero desde os primeiros anos de vida. Este Traballo de Fin de Grao propón unha proposta educativa orientada ao curso de sexto de educación infantil, a cal se fundamenta na coeducación e a promoción dunha identidade de xénero libre de estereotipos, co obxectivo de contribuír á construción dunha sociedade máis xusta e diversa. Abórdase a evolución da percepción de xénero e sexo como entidades simples ata a comprensión actual da súa complexidade, influenciada por factores biolóxicos, sociais e culturais. Ademais, examínase o impacto do patriarcado na creación de roles de xénero, tanto en mulleres como en homes, e analízanse as teorías explicativas sobre a adquisición do xénero, desde a perspectiva da aprendizaxe social ata as teorías cognitivas. Reflexiónase sobre o impacto dos roles de xénero no desenvolvemento infantil, a importancia de abordar estas dinámicas desde a infancia e analízase a lexislación e a coeducación, para promover a igualdade e a eliminación dos estereotipos desde unha idade temperá, coa que fomentar a igualdade de oportunidades na sociedade contemporánea.

SOTO CASAS, PABLO (Titoría)
DE SANTIAGO PEREZ, MAR Cotitoría
SOTO CASAS, PABLO (Titoría)
DE SANTIAGO PEREZ, MAR Cotitoría
Tribunal
SOUTO SEIJO, ALBA MARIA (Presidente/a)
LOIS PRADOS, CRISTINA (Secretario/a)
PONCET SOUTO, MARTA MARIA (Vogal)
SOUTO SEIJO, ALBA MARIA (Presidente/a)
LOIS PRADOS, CRISTINA (Secretario/a)
PONCET SOUTO, MARTA MARIA (Vogal)
Aprendendo da cidade. Deseño dunha proposta de estudo do entorno inmediato.
Autoría
N.G.D.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
N.G.D.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
09.07.2024 13:15
09.07.2024 13:15
Resumo
O Traballo de Fin de Grado “Aprendendo da cidade. Deseño dunha proposta da contorna inmediata” céntrase na integración do contorno urbano como ferramenta na educación artística. O traballo xustifícase a partir de teorías como as de Paulo Freire e John Dewey, que resalta a importancia das experiencias directas e a interacción co contexto para unha educación significativa. Saliéntase na necesidade de crear un enfoque educativo que promova a creatividade, como forma de liberdade construtiva e o pensamento crítico en nenos e nenas. O marco teórico recolle a aprendizaxe a través do facer e o xogo simbólico, destacando a creatividade como ferramenta para xerar ideas innovadoras. Ademais, trátase a educación cívica, subliñando o impacto das contornas construídas no desenvolvemento integral dos estudantes. A partir desta base teórica, deséñase unha proposta educativa práctica centrada en involucrar aos estudantes na análise e cuestionamento da súa contorna urbana. Inclúe actividades que fomentan a exploración, permitindo que interactúen de maneira critica e creativa coa súa contorna. En resumo, este Traballo de Fin de Grado propón unha metodoloxía baseada na Investigación educativa Baseada nas Artes, que utiliza a contorna construída como recurso pedagóxico. A proposta busca promover unha aprendizaxe significativa e transformadora.

Influencia dun irmán maior sobre o rendemento académico
Autoría
M.P.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
M.P.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
26.06.2024 18:00
26.06.2024 18:00
Resumo
Existen numerosos estudos que verifican a existencia da influencia que presentan as relacións entre irmáns na formación dunha persoa, tanto a nivel afectivo como emocional. Con todo, a repercusión das devanditas relación nos resultados académicos dos irmáns menores non se investigou nin demostrou prácticamente ao longo destes últimos anos. No presente traballo, tratouse de demostrar de maneira fiel a influencia real que presenta un irmán maior sobre o pequeno con respecto ao rendemento académico. Para realizar o estudo empregouse como ferramenta de recollida de datos o cuestionario baseado no modelo mixto, analizando os resultados en función do sexo do alumnado e dos primoxénitos. Grazas a isto, púidose defender e xustificar o poder de axuda que presentan os maiores en referencia aos irmáns pequenos; non só escolarmente, senón tamén no desenvolvemento da identidade persoal.

A indagación como modelo de aprendizaxe. Unha proposta didáctica sobre as mesturas para Educación Primaria.
Autoría
A.F.V.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
A.F.V.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
20.06.2024 17:00
20.06.2024 17:00
Resumo
A ciencia constitúe unha base indispensable para entender o mundo que nos rodea. É por iso que a súa ensinanza e aprendizaxe na etapa de Educación Primaria resulta fundamental para formar persoas capaces de desenvolverse en sociedade, tanto a nivel individual como en grupo. No presente traballo exponse unha proposta de actividades deseñada para traballar as mesturas no segundo curso da etapa de Educación Primaria, elaborada tras a realización dunha revisión literaria acerca do método de indagación e diversas características propias do alumnado que interveñen no proceso de aprendizaxe. Con esta proposta formada por catro actividades preténdese realizar unha aportación á ensinanza, enriquecendo a aprendizaxe das ciencias.

AZNAR CUADRADO, VIRGINIA (Titoría)
AZNAR CUADRADO, VIRGINIA (Titoría)
Tribunal
AZNAR CUADRADO, VIRGINIA (Titor do alumno)

A inclusión a través da Educación Física. Estudo da actitude do alumnado hacia a inclusión en Educación Física
Autoría
C.C.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
C.C.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
24.06.2024 17:30
24.06.2024 17:30
Resumo
Este traballo de fin de grao xurde a aprtir da crenza de que o alumando de educación primaria presenta unha boa disposición ante a idea da inclusión en Educación Física, é dicir; de convivir nas aulas de dita materia con alumnado que presentar algunha diversidade. Con esta investigación preténdese coñecer a actitude dos nenos e nenas de educación primaria do colexio CPR Cervantes cara a Educación Física inclusiva, comprobando asi se a hipótese inicial é verídica ou, polo contra, se demostran uns resultados que non son acordes á mesma. Utilizarase o cuestionario CAIPE-SP, adaptación transcultural das Actitudes dos Nenos hacia a Educación Física - Revisado CAIPE-R (Block, 1995) ao idioma español para o seu uso. Unha vez se obteñan os datos necesarios, analizaranse e presentaranse os resultados obtidos. Finalmente, realizarase unha conclusión do traballo onde se sintetiza e extrae a valoración final do aprendido tras a investigación.

Influencia da actividad física nos hábitos de vida do alumnado
Autoría
J.M.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
J.M.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
18.06.2024 12:30
18.06.2024 12:30
Resumo
Co paso dos anos, puxéronse en dúbida os hábitos dos mozos de hoxe en día, afirmando que estes/as cada vez tiñan uns hábitos menos saudables e que apenas realizaban exercicio físico, pois as novas tecnoloxías eclipsaron o seu tempo. Por iso, realizouse unha enquisa nun centro escolar ao alumnado de educación primaria, comprendido entre os 6 e os 12 anos. Con esta enquisa anónima relacionada cos hábitos de vida dos devanditos nenos e nenas buscábase verificar se os hábitos dos/as enquisados/as eran hábitos saudables ou non, profundando nos hábitos alimentarios, hixiénicos, físicos, escolares, de soño e relacionados coa saúde, ademais de indagar tamén na práctica deportiva de todos/as eles/as. Unha vez realizada, púidose observar como a gran maioría do alumnado contaba nas súas rutinas con hábitos saudables, grazas ás familias que se implicaban niso, o que axudaba a mellorar a vida dos/as novos. Tamén se observou como a maior parte deles realizaban o exercicio físico necesario para gozar dunha vida activa e sa, investindo tempo diariamente en diversas actividades que implicaban exercicio físico. Finalmente púidose sacar en conclusión que a pesar de que a vida e as rutinas dos/as nenos/as de hoxe en día cambiaron con respecto a anos atrás, seguen tendo uns bos hábitos de vida e realizando o exercicio físico necesario para gozar de hábitos e rutinas saudables e beneficiosa.

A importancia das metodoloxías activas na aula: Unha proposta didáctica a través do Aprendizaxe Basado en Retos e a gamificación
Autoría
J.G.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
J.G.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
10.07.2024 16:00
10.07.2024 16:00
Resumo
No traballo docente hai moitos aspectos esenciais, un deles son as metodoloxías activas, por iso, neste traballo de Fin de Grado, preténdese analizar que son e como se poden levar a cabo dentro da aula. O propósito do presente TFG é profundar en torno as metodoloxías activas, particularmente as fundamentadas 4 no Aprendizaxe Baseado en Retos e a gamificación, expoñendo en base as mesmas unha proposta didáctica enfocada ao alumnado de primeiro de primaria. Preténdese que os docentes cambien a súa metodoloxía no proceso de ensinanza e que a educación comece a ter un cambio substancial, para que o alumnado poida aprender de diferente maneira e os resultados sexan mellores. Para lograr o propósito do traballo, faremos unha revisión bibliográfica, recollendo diferente información que abarcará conceptos como a ensinanza e o aprendizaxe, que servirán para saber cal é a metodoloxía que se adapta mellor a situación de cada docente e por iso é preciso coñecer os principios da psicoloxía da aprendizaxe nas que se basean. Finalizando esta parte, mostrarase un exemplo de boa práctica mediante gamificación, que afírmanos de que a información que se recolleu é a correcta. Na última parte do traballo, móstrase a proposta didáctica, sen ser levada a cabo, nun colexio de Carballo, para que se poida reflexionar sobre as diferentes maneiras que hai de dar contidos e de traballar co alumnado.

MUÑOZ CARRIL, PABLO CESAR (Titoría)
MUÑOZ CARRIL, PABLO CESAR (Titoría)
Tribunal
MUÑOZ CARRIL, PABLO CESAR (Titor do alumno)

Humanización de aulas hospitalarias mediante a gamificación. Deseño de entornos e creación de recursos enfocados na etapa 0-6.
Autoría
S.S.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
S.S.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
25.06.2024 16:00
25.06.2024 16:00
Resumo
O presente traballo ten como obxectivo abordar temas de grande importancia, sendo o principal e máis importante a pedagoxía hospitalaria. Podemos definila como a disciplina encargada de brindar saúde e benestar aos nenos e nenas durante o seu período de hospitalización. Ademais deste tema trata outros que complementan esta información como pode ser a humanización das aulas hospitalarias. Entendémolo como todo aquel enfoque que ten como función buscar o cambio ou a adaptación dos espazos onde van pasar todo o seu período o alumnado hospitalizado para que se sintan máis cómodos e integrados. Sabemos que todo neno ou nena ao sufrir unha enfermidade, xa sexa grave ou leve, vai cambiar por completo volvéndose máis vulnerable e débil polo que é moi importante centrarnos non só na enfermidade tamén debemos facer maior énfase no pequeno ou pequena para asegurar o seu benestar xa sexa físico, social ou emocional durante a súa estadía no hospital e que despois teña unha boa adaptación cando saía. Isto farémolo a través da gamificación un recurso novo e moi innovador que emprega elementos dos xogos en actividades ou tarefas e así con iso crear unha maior motivación ou énfase por parte das crianzas. A unión da gamificación e da humanización dá como resultado a elaboración de espazos cun clima moito máis axeitado e cómodo para os nenos e nenas de curta idade, por iso é unha idea óptima de traballo.

A biodiversidade no bosque. Un proxecto coa infancia sobre a natureza na nosa contorna
Autoría
I.F.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
I.F.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
19.06.2024 16:00
19.06.2024 16:00
Resumo
Nos últimos anos, a protección da biodiversidade e do medio ambiente converteuse nun eixe de preocupación a nivel global debido ás grandes ameazas ás que se enfronta, como a destrución dos hábitats, o quecemento global e a desaparición de especies. Neste contexto, a educación ambiental xoga un papel crucial para sensibilizar e informar ás novas xeracións sobre a importancia da conservación do planeta. Este Traballo de Fin de Grao xorde da necesidade de achegar a natureza aos nenos e nenas de educación infantil, fomentando espertar a súa curiosidade e o respecto polo medio ambiente. A educación e a conciencia ambiental carecen do apoio normativo e do respecto que merecen. Creando esa conciencia polo ambiente en idades tan temperás, podemos conseguir crianzas sensibilizadas que axuden a conservar o medio que nos rodea. Nas aulas, o traballo realízase principalmente co sistema de fichas, carecendo do espazo necesario para metodoloxías creativas onde os nenos e as nenas poidan expresarse e experimentar. A proposta práctica deste TFG pretende introducir a conciencia e a sensibilización ambiental en nenos e nenas de educación infantil mediante o uso das artes plásticas e a creatividade. A implementación de metodoloxías creativas permite aos nenos e nenas explorar, comprender e valorar a natureza de maneira máis directa, desenvolvendo así un vínculo emocional e un sentido de responsabilidade cara ao medio ambiente. Ademais, búscase promover un cambio na práctica educativa tradicional, ofrecendo alternativas pedagóxicas que integren o coidado do entorno como parte fundamental do proceso de aprendizaxe.

Coeducación a través da educación afectivo-emocional
Autoría
C.L.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
C.L.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
02.07.2024 09:30
02.07.2024 09:30
Resumo
O presente traballo ten como obxectivo principal a promoción a coeducación a través das emocións co fin de educar en igualdade de dereitos e oportunidades sen distincións de xénero e/o sexo. Durante a etapa de Educación Infantil estableceranse as aprendizaxes máis significativas que conformarán os pensamentos e personalidades da futura xeración. Inicialmente é necesario comprender o concepto de coeducación, a súa evolución, e as leis que se implementaron ao longo dos anos co obxectivo dunha educación en igualdade. Así mesmo, exponse a implementación de actividades coeducativas nos centros e a utilización de contos coeducativos como puntos de apoio para a promoción dunha educación igualitaria, non sexista e libre de esteriotipos sociais.

A inclusión das persoas con diversidade funcional a través de narrativas multimodais para a infancia
Autoría
U.C.L.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
U.C.L.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
Data da defensa
01.07.2024 11:00
01.07.2024 11:00
Resumo
A diversidade funcional é un termo que xorde como substitución a outros que agochan matices negativos cara a este colectivo. Este novo vocábulo é fundamental para comprender as barreiras ás que se enfrontan estas persoas e o camiño que debe seguir a sociedade para evolucionar cara a unha inclusión plena. Hogano, a inclusión das persoas con diversidade funcional segue a ser un reto, aínda que a súa presenza nas aulas foi mellorando ao longo da historia, existe unha falta de coñecementos por parte dos profesionais da educación. Isto xera incerteza e discusión no ámbito educativo sobre o seu traballo co alumnado e sobre como facelo. Por iso, o principal obxectivo deste TFG é realizar unha selección anotada de narrativas multimodais nas que se representen personaxes con diversidade funcional, transmitindo valores relacionados coa inclusión, que constitúa unha ferramenta de traballo útil para poder guiar o profesorado nas súas aulas de Educación Infantil e Primaria. Inicialmente faise un percorrido polos conceptos clave deste traballo, como son a diversidade funcional, a inclusión, a literatura e o cine. Deseguido, profúndase sobre a metodoloxía empregada para a análise das catro obras presentadas no corpus literario e fílmico: un álbum ilustrado, unha novela e dúas curtametraxes. Todas estas serán examinadas baixo modelos de análise de elaboración propia, que permitirán a extracción duns resultados e dunhas conclusións que resaltan a importancia de traballar a inclusión das persoas con diversidade funcional dende a infancia.

GARCIA PEDREIRA, MARIA DEL ROCIO Cotitoría

GARCIA PEDREIRA, MARIA DEL ROCIO (Titor do alumno)
OGNEVA , ANASTASIIA (Titor do alumno)

O TDAH na etapa de Educación Infantil
Autoría
S.R.M.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
S.R.M.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
01.07.2024 13:00
01.07.2024 13:00
Resumo
Na actualidade, o TDAH é un dos trastornos que máis afecta a poboación infantil e xuvenil, o que supón, que moi probablemente nos atopemos na aula con algunha crianza que o posúa. A falta de atención, a impulsividade e a hiperactividade son as principais causas polas que se diagnostica dito trastorno. O fin deste traballo, é que se entenda e comprenda o que é o TDAH, así como os seus tipos, causas, diagnóstico e posibles tratamentos. Para iso, desenvolveuse un marco teórico, basado na investigación e busca de diversas informacións. Por outra banda, realizouse unha proposta de intervención para levar a cabo na aula cos nenos e nenas, ofrecéndo diversas actividades, co fin de orientar e mellorar o traballo na aula con estes alumnos e alumnas. Para finalizar, débese destacar a importanza que ten un diagnóstico precoz deste trastorno, así como unha adecuada atención temperá, debido a que ainda que os síntomas do TDAH vanse reducindo coa idade, considero que resulta ser moi importante tratalo a tempo, mediante algún tratamento multidisciplinar.

«A Lingua de Signos Española e as persoas xordas na educación»
Autoría
A.M.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
A.M.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
24.06.2024 09:00
24.06.2024 09:00
Resumo
O Traballo de Fin de Grao titulado «A Lingua de Signos Española e as persoas xordas na educación» está estruturado en dous partes principais: un marco teórico e unha proposta didáctica. No marco teórico explórase a discapacidade auditiva, describindo as súas características e as implicacións para as persoas xordas. Abórdanse tamén os Sistemas Alternativos e Aumentativos de Comunicación (SAAC) e ofrécese unha visión detallada da Lingua de Signos Española (LSE), que inclúe a súa historia, situación actual e beneficios da súa aprendizaxe. Analízanse as dificultades que enfrontan os alumnos/as xordos/as para aprender a LSE e descríbense os perfís profesionais no ámbito educativo capacitados para traballar con esta lingua, como intérpretes e profesores especializados. A proposta didáctica céntrase nunha serie de actividades deseñadas para ensinar LSE aos estudantes. Comeza cunha introdución á lingua e a cultura xorda. A continuación, impártense clases teóricas sobre a LSE, que inclúen a aprendizaxe de vocabulario, gramática e a práctica de conversacións en LSE, que se complementan con actividades dinámicas que facilitan o uso práctico da lingua. O programa culmina con proxectos finais que se realizan unha vez por trimestre, proporcionando aos estudantes a oportunidade de aplicar os seus coñecementos en contextos máis amplos e significativos. Este enfoque didáctico non só busca ensinar a LSE, senón tamén fomentar unha comprensión máis profunda e unha apreciación da cultura xorda, promovendo unha educación inclusiva e sensibilizada coas necesidades das persoas xordas.

Atención integral ao alumnado con enfermidade. Estratexias innovadoras para a inclusión nas aulas de educación infantil
Autoría
A.G.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
A.G.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
08.07.2024 11:00
08.07.2024 11:00
Resumo
Durante o tempo que un ou unha menor atravesa unha enfermidade, a pedagoxía hospitalaria adquire un papel crucial para manter o seu proceso educativo e apoiar o seu benestar emocional mentres está hospitalizado/a. Sen embargo, sempre e cando o seu estado de saúde llelo permita, poderán recibir atención domiciliaria ou retornar á aula ordinaria. Con isto búscase minimizar o tempo que pasan no hospital para protexer o seu equilibrio emocional, manter a normalidade nas súas vidas e garantir a continuidade educativa. No que ao profesorado se refire, resulta fundamental que estean ben formados na área da pedagoxía hospitalaria. Deben contar cunha serie de estratexias necesarias para brindar un apoio adecuado ao seu alumnado hospitalizado e, así, facilitar a súa reintegración á aula ordinaria de referencia. A pesar disto, a escasa formación neste ámbito da pedagoxía hospitalaria fai que as e os docentes carezan das estratexias necesarias para afrontar a nova situación que lle tocou vivir ao seu alumnado hospitalizado. Por último, o equipo docente debe comunicar de maneira efectiva a ausencia dos compañeiros hospitalizados na aula ordinaria, o que é crucial para fomentar a comprensión e empatía entre os demais compañeiros e compañeiras. Deste xeito, facilítase o seu retorno á aula de orixe, fomentando un ambiente acolledor e solidario que contribúa á súa reintegración. Así pois, no presente traballo preséntase unha proposta educativa con actividades para levar a cabo na aula co alumnado e que serven de soporte para o profesorado.

Aprendendo a Sentir: Proposta educativa para a aplicación da Educación Emocional en Educación Infantil
Autoría
L.F.M.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
L.F.M.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
08.07.2024 12:00
08.07.2024 12:00
Resumo
Na actualidade encontrámonos nun mundo mecánico onde as emocións ocupan un segundo plano, facendo complicada a interiorización das emocións e da educación emocional. A situación vista dende a perspectiva dun adulto resulta difícil, pero máis dende a vista dunha crianza de educación infantil que está comezando a interiorizarse no mundo das emocións. O que pretendemos con este TFG é realizar unha minuciosa revisión bibliográfica acerca das emocións primarias e da educación emocional centrándonos nunha idade concreta, de 3 a 6 anos. Esta aproximación teórica permitiranos realizar unha proposta práctica que recolla medidas de acción, técnicas e ferramentas para axudar ás crianzas a lograr un benestar emocional nas súas vidas a través das emocións primarias. Este proxecto esta enfocado ao alumnado do 2º ciclo de educación infantil co obxectivo de promover actitudes que desenvolvan o seu benestar emocional mediante actividades que fomenten as súas competencias emocionais.
Na actualidade encontrámonos nun mundo mecánico onde as emocións ocupan un segundo plano, facendo complicada a interiorización das emocións e da educación emocional. A situación vista dende a perspectiva dun adulto resulta difícil, pero máis dende a vista dunha crianza de educación infantil que está comezando a interiorizarse no mundo das emocións. O que pretendemos con este TFG é realizar unha minuciosa revisión bibliográfica acerca das emocións primarias e da educación emocional centrándonos nunha idade concreta, de 3 a 6 anos. Esta aproximación teórica permitiranos realizar unha proposta práctica que recolla medidas de acción, técnicas e ferramentas para axudar ás crianzas a lograr un benestar emocional nas súas vidas a través das emocións primarias. Este proxecto esta enfocado ao alumnado do 2º ciclo de educación infantil co obxectivo de promover actitudes que desenvolvan o seu benestar emocional mediante actividades que fomenten as súas competencias emocionais.
Dirección
GARCIA DOCAMPO, LAURA (Titoría)
GARCIA DOCAMPO, LAURA (Titoría)
Tribunal
SOUTO SEIJO, ALBA MARIA (Presidente/a)
LOIS PRADOS, CRISTINA (Secretario/a)
PONCET SOUTO, MARTA MARIA (Vogal)
SOUTO SEIJO, ALBA MARIA (Presidente/a)
LOIS PRADOS, CRISTINA (Secretario/a)
PONCET SOUTO, MARTA MARIA (Vogal)
Cales son as ferramentas educativas que axudan á aprendizaxe das matemáticas en educación infantil?
Autoría
N.G.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
N.G.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
08.07.2024 17:30
08.07.2024 17:30
Resumo
Os nenos e nenas teñen problemas coas matemáticas dentro da aula por diversos motivos, un deles pode ser a discalculia, definida dificultade para a aprendizaxe das matemáticas. Esta dificultade non é tratada moitas veces por falta de información ou de formación acerca da súa existencia ou de como combatela para que mellore, posto que erradicala non é posible. En consecuencia, pode influír moi negativamente dentro da vida dos nenos e nenas provocando problemas nas rutinas do seu día a día, concretamente favorecendo problemas co cálculo en todos os seus campos. É por este motivo que no presente traballo preténdese diseñar una propuesta para tratar a discalculia con exemplos de test para avaliar as competencias ou habilidades matemáticas e algunhas actividades para traballar na aula adaptadas a nenos e nenas con discalculia. Ademais proporciónanse exemplares de alumnado de segundo ciclo de infantil sen ningunha dificultade aparente que realizou estas actividade coa fin de promovelas e incluílas no día a día da aula como un método valido e favorecedor en caso de ter que traballalo con todo o alumnado do grupo. As actividades de reforzo para alumnado con discalculia poden chegar a favorecer e axudar a outros alumnos que non teñen esta dificultade.

Ensino do Soporte Vital Básico no Grado de Mestre/a en Ed.Primaria. Comparación metodolóxica entre realidade aumentada e método tradicional.
Autoría
D.G.E.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
D.G.E.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
05.02.2024 09:30
05.02.2024 09:30
Resumo
No presente traballo compáranse os resultados obtidos a través do emprego de dúas metodoloxías distintas aplicadas nun proceso de Ensino-Aprendizaxe que aborda tanto a teoría como a práctica da técnica de reanimación cardiopulmonar (RCP). Para a recollida de datos, onde se valoraron aspectos como o grao de adquisición dos contidos ou a cantidade de tempo investido no propio proceso, contouse coa participación dos futuros mestres e mestras matriculados na Facultade de Formación do Profesorado (Lugo), sumando un total de 110 persoas, dos cales 38 (34,5%) eran homes e 72 (65,5%) eran mulleres. As metodoloxías elixidas para a súa análise e comparación no proceso E-A de esta técnica incluída no denominado como Soporte Vital Básico, correspóndense primeiramente cunha de carácter máis tradicional fronte a outra baseada no emprego da realidade aumentada para lograr unha adquisición significativa dos contidos. Os resultados mostran diferenzas significativas respecto as dúas metodoloxías aplicadas, sendo a formación apoiada no recurso da realidade aumentada certamente máis efectiva no cómputo xeral que engloba a secuencia de actuación anterior ás compresións torácicas externas, a RCP e a aplicación do DEA no suxeito paciente. A modo de conclusión, podemos indicar que a metodoloxía de ensino fundamentado nunha formación de SVB a través da realidade aumentada resulta ser un proceso certamente máis efectivo e áxil que un método tradicional de ensino.
No presente traballo compáranse os resultados obtidos a través do emprego de dúas metodoloxías distintas aplicadas nun proceso de Ensino-Aprendizaxe que aborda tanto a teoría como a práctica da técnica de reanimación cardiopulmonar (RCP). Para a recollida de datos, onde se valoraron aspectos como o grao de adquisición dos contidos ou a cantidade de tempo investido no propio proceso, contouse coa participación dos futuros mestres e mestras matriculados na Facultade de Formación do Profesorado (Lugo), sumando un total de 110 persoas, dos cales 38 (34,5%) eran homes e 72 (65,5%) eran mulleres. As metodoloxías elixidas para a súa análise e comparación no proceso E-A de esta técnica incluída no denominado como Soporte Vital Básico, correspóndense primeiramente cunha de carácter máis tradicional fronte a outra baseada no emprego da realidade aumentada para lograr unha adquisición significativa dos contidos. Os resultados mostran diferenzas significativas respecto as dúas metodoloxías aplicadas, sendo a formación apoiada no recurso da realidade aumentada certamente máis efectiva no cómputo xeral que engloba a secuencia de actuación anterior ás compresións torácicas externas, a RCP e a aplicación do DEA no suxeito paciente. A modo de conclusión, podemos indicar que a metodoloxía de ensino fundamentado nunha formación de SVB a través da realidade aumentada resulta ser un proceso certamente máis efectivo e áxil que un método tradicional de ensino.
Dirección
NAVARRO PATON, RUBEN (Titoría)
NAVARRO PATON, RUBEN (Titoría)
Tribunal
NAVARRO PATON, RUBEN (Titor do alumno)
NAVARRO PATON, RUBEN (Titor do alumno)
Proposta de intervención para previr o ciberacoso e o reforzo da convivencia escolar no terceiro ciclo de Educación Primaria
Autoría
J.C.Q.C.
Curso Ponte do Grao en Mestre de Educación Primaria (2ªed) [L]
J.C.Q.C.
Curso Ponte do Grao en Mestre de Educación Primaria (2ªed) [L]
Data da defensa
08.02.2024 18:30
08.02.2024 18:30
Resumo
O ciberacoso escolar é un tipo de violencia que se produce entre iguais, en todos os niveis educativos, incluída a educación primaria, na que, a través dos recursos tecnolóxicos que ofrece a Internet, un alumno agresor comparte a través das redes sociais e plataformas de comunicación, unha serie de contidos como fotos, vídeos, perfís falsos, que danan a imaxe persoal dunha vítima, o que paulatinamente vai baixando a súa autoestima, afecta a súa confianza, xera ansiedade e fai que se sinta tan menosprezado que nalgúns casos esta situación pode levarlle ao suicidio. O obxectivo deste traballo de investigación é elaborar unha proposta de intervención para previr o ciberacoso e reforzar a convivencia escolar no terceiro ciclo de Educación Primaria, que poida axudar á comunidade educativa a detectar, previr e frear esta forma de violencia. A investigación considérase enmarcada baixo o paradigma cualitativo, cun nivel descritivo apoiado nunha compilación documental bibliográfica e electrónica utilizando bases de datos bibliográficas electrónicas como Scopus e SciELO, así como Dialnet e Redalyc, proxectos académicos para a difusión da produción científica sobre o tema mencionado. Esta proposta de intervención ten unha temporalización de seis sesións a aplicar durante tres semanas, onde cada sesión terá unha duración aproximada de 60 minutos, ademais utilízanse metodoloxías de aprendizaxe cooperativa e xogo de roles, contribuíndo á prevención do ciberacoso escolar.
O ciberacoso escolar é un tipo de violencia que se produce entre iguais, en todos os niveis educativos, incluída a educación primaria, na que, a través dos recursos tecnolóxicos que ofrece a Internet, un alumno agresor comparte a través das redes sociais e plataformas de comunicación, unha serie de contidos como fotos, vídeos, perfís falsos, que danan a imaxe persoal dunha vítima, o que paulatinamente vai baixando a súa autoestima, afecta a súa confianza, xera ansiedade e fai que se sinta tan menosprezado que nalgúns casos esta situación pode levarlle ao suicidio. O obxectivo deste traballo de investigación é elaborar unha proposta de intervención para previr o ciberacoso e reforzar a convivencia escolar no terceiro ciclo de Educación Primaria, que poida axudar á comunidade educativa a detectar, previr e frear esta forma de violencia. A investigación considérase enmarcada baixo o paradigma cualitativo, cun nivel descritivo apoiado nunha compilación documental bibliográfica e electrónica utilizando bases de datos bibliográficas electrónicas como Scopus e SciELO, así como Dialnet e Redalyc, proxectos académicos para a difusión da produción científica sobre o tema mencionado. Esta proposta de intervención ten unha temporalización de seis sesións a aplicar durante tres semanas, onde cada sesión terá unha duración aproximada de 60 minutos, ademais utilízanse metodoloxías de aprendizaxe cooperativa e xogo de roles, contribuíndo á prevención do ciberacoso escolar.
Dirección
GOMEZ GOMEZ, MARIA CARMEN (Titoría)
GOMEZ GOMEZ, MARIA CARMEN (Titoría)
Tribunal
GOMEZ GOMEZ, MARIA CARMEN (Titor do alumno)
GOMEZ GOMEZ, MARIA CARMEN (Titor do alumno)
Ciencias Experimentais en Educación Infantil: Explorando a auga a través da indagación científica
Autoría
S.A.T.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
S.A.T.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
19.06.2024 14:00
19.06.2024 14:00
Resumo
Neste Traballo de Fin de Grao preséntase unha proposta didáctica de Ciencias Experimentais baseada na indagación como estratexia de ensinanza, dirixida a un grupo de nenos e nenas de quinto curso de Educación Infantil (4 anos). A través desta proposta quérese iniciar ao alumnado en prácticas científicas onde se traballan tres temas diferentes sendo a auga o fío condutor entre elas: a flotación, os cambios de estado da materia e o ciclo da auga. As actividades distribúense en seis sesións repartidas en dúas semanas. A proposta segue unha pedagoxía centrada no alumno e guiada polo/a docente que pretende achegar aos nenos e nenas á realidade científica a través da experiencia, tendo en conta as súas ideas previas dos mesmos, favorecendo así unha evolución conceptual destes. As actividades están deseñadas para desenvolvelas mediante preguntas do/a docente, ás cales deben dar resposta a través de explicacións, vinculando as situacións de aprendizaxe con sucesos da vida cotiá do alumnado. En suma, esta proposta aporta experiencias con obxectos, nas cales o alumnado pode realizar accións sobre estes e observar as súas reaccións para achegar á crianza ao coñecemento físico.

A coeducación nunha aula de 5 anos de Educación Infantil
Autoría
L.M.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
L.M.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
02.07.2024 11:30
02.07.2024 11:30
Resumo
Este traballo fala da importancia da coeducación dentro da infancia, concretamente dentro dunha aula de educación infantil de 5 anos. Para poder saber se dentro desta realmente existe a coeducación traballarase mediante actividades relacionadas co tema. Algunhas consistirán na lectura de contos coeducativos, outras en xogos e outras sinxelamente en conversas. Non só abordarán a igualdade de xénero entre homes e mulleres, senón tamén traballarase as emocións e o reforzo positivo de calidades de cada un dos nenos e nenas. Para poder coñecer o nivel de coeducación que existe dentro da citada aula, será preciso investigar e coñecer con claridade o concepto de coeducación. Así mesmo, coñecer as leis de educación que existiron ao longo dos tempos e como foron mellorando de cara a coeducación.

Videos para o aprendizaxe do inglés en Educación Primaria. Proposta educativa para o seu posible uso na aula
Autoría
A.V.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
A.V.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
27.06.2024 11:00
27.06.2024 11:00
Resumo
O presente traballo parte da idea de como as TIC e, concretamente os vídeos, poden chegar a ser un recurso de gran utilidade para o aprendizaxe da lingua estranxeira e todas as habilidades relacionadas en todos os niveis de Educación Primaria. Para elo realizouse unha investigación sobre os diferentes aspectos relacionados coa ensinanza da lingua estranxeira, a situación lexislativa actual e as distintas oportunidades ofrecidas polos vídeos para o seu uso na aula de Primaria. Seguidamente realizouse o deseño de diferentes propostas educativas para cada nivel de Educación Primaria con actividades baseadas no uso de vídeos e o aprendizaxe e afianzamento de vocabulario, conceptos e habilidades necesarias para o uso da lingua inglesa. Ante estas propostas, estimáronse os resultados e os posibles problemas que poden xurdir ante a posta en práctica das mesmas, ofrecendo posibles soluciones ante estes inconvenientes. Por último, as conclusións deste traballo demostran a posibilidade que teñen os vídeos de ser unha ferramenta educativa moi poderosa, sempre que o seu uso sexa adecuado e siga unha planificación correcta.

“Actividades con soporte musical: incidencia na motivación e disfrute nas clases de Educación Física”
Autoría
M.R.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
M.R.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
18.06.2024 10:00
18.06.2024 10:00
Resumo
Esta intervención educativa está respaldada por unha investigación de base. O propósito do traballo é analizar a resposta dos estudantes de Educación Primaria ante a introdución de actividades físicas con soporte musical durante as clases de Educación Física. Para avaliar o nivel de motivación e disfrute dos estudantes, xeráronse 2 grupos. A un aplicóuselle sesiones con soporte musical (grupo experimental) e a otro non (grupo control). Para coñecer o grao de motivación e disfrute utilizáronse dous cuestionarios antes e después da aplicación de sesións con soporte musical. Finalmente participaron un total de 31 alumnos de 4º e 6º de Educación Primaria (18 do grupo control e 13 o grupo experimental).
Esta intervención educativa está respaldada por unha investigación de base. O propósito do traballo é analizar a resposta dos estudantes de Educación Primaria ante a introdución de actividades físicas con soporte musical durante as clases de Educación Física. Para avaliar o nivel de motivación e disfrute dos estudantes, xeráronse 2 grupos. A un aplicóuselle sesiones con soporte musical (grupo experimental) e a otro non (grupo control). Para coñecer o grao de motivación e disfrute utilizáronse dous cuestionarios antes e después da aplicación de sesións con soporte musical. Finalmente participaron un total de 31 alumnos de 4º e 6º de Educación Primaria (18 do grupo control e 13 o grupo experimental).
Dirección
MECIAS CALVO, MARCOS (Titoría)
MECIAS CALVO, MARCOS (Titoría)
Tribunal
MECIAS CALVO, MARCOS (Titor do alumno)
MECIAS CALVO, MARCOS (Titor do alumno)
Xogar na natureza, metodoloxías creativas do lugar na aula de EI
Autoría
J.R.P.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
J.R.P.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
08.07.2024 10:00
08.07.2024 10:00
Resumo
O presente proxecto aborda o xogo na natureza con materiais non estruturados propios do medio durante a etapa infantil e os beneficios que este pode ofrecer ás crianzas. A través dunha inicial busca bibliográfica e posterior posta en práctica do deseño dunha proposta educativa, refléxase neste traballo a riqueza da natureza como recurso afondando no Trastorno por Déficit de Natureza, o xogo ao aire libre, a aprendizaxe autodidacta a través do facer e a importancia de ver como seres capaces aos nenos e nenas. A proposta didáctica executada exponse dentro do marco curricular vixente, tendo en conta o centro de referencia para a súa posta en práctica e as súas características; así como o propio deseño detallado das propostas, os parámetros de observación empregados durante o transcurso desta, os resultados acadados e unha análise das accións desenvolvidas.
O presente proxecto aborda o xogo na natureza con materiais non estruturados propios do medio durante a etapa infantil e os beneficios que este pode ofrecer ás crianzas. A través dunha inicial busca bibliográfica e posterior posta en práctica do deseño dunha proposta educativa, refléxase neste traballo a riqueza da natureza como recurso afondando no Trastorno por Déficit de Natureza, o xogo ao aire libre, a aprendizaxe autodidacta a través do facer e a importancia de ver como seres capaces aos nenos e nenas. A proposta didáctica executada exponse dentro do marco curricular vixente, tendo en conta o centro de referencia para a súa posta en práctica e as súas características; así como o propio deseño detallado das propostas, os parámetros de observación empregados durante o transcurso desta, os resultados acadados e unha análise das accións desenvolvidas.
Dirección
CIDRAS ROBLES, SALVADOR (Titoría)
CIDRAS ROBLES, SALVADOR (Titoría)
Tribunal
BLANCO MOSQUERA, VICENTE (Presidente/a)
MARTINEZ TEJERO, CRISTINA (Secretario/a)
GARCIA DOCAMPO, LAURA (Vogal)
BLANCO MOSQUERA, VICENTE (Presidente/a)
MARTINEZ TEJERO, CRISTINA (Secretario/a)
GARCIA DOCAMPO, LAURA (Vogal)
Proposta educativa para dinamizar o uso da lingua galega en 3º curso de Educación Primaria coa literatura como recurso
Autoría
N.G.I.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
N.G.I.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
26.06.2024 10:00
26.06.2024 10:00
Resumo
A literatura é un vehículo que permite mergullarse en historias que recollen a diversidade cultural. Este TFG que leva por título Proposta educativa para dinamizar o uso da lingua galega en 3º curso de Educación Primaria coa literatura como recurso nace co obxectivo de cultivar o aprecio e o interese do alumnado pola lingua e a literatura galega. Dende o marco teórico preséntase unha aproximación a estudos de diferentes autores e autoras que exploran o papel da escola como contexto de normalización lingüística e o valor da literatura como recurso de aprendizaxe. Tamén se repasa a situación da lingua galega dende 1978 e o marco normativo que presenta. No seguinte apartado, preséntanse dúas obras, unha de Sabela Álvarez Núñez e outra de Antía Yáñez, coas que se elabora unha proposta didáctica orientada ao terceiro curso de Educación Primaria, na que se recollen actividades enfocadas ao traballo da comprensión lectora, ao aumento do vocabulario, á gramática e á expresión oral e escrita. No punto 5 figuran o apartado de conclusións onde se reafirma o valor da literatura e dos resultados que se poden obter tras o seu emprego e, a continuación, presento as referencias bibliográficas e un anexo.
A literatura é un vehículo que permite mergullarse en historias que recollen a diversidade cultural. Este TFG que leva por título Proposta educativa para dinamizar o uso da lingua galega en 3º curso de Educación Primaria coa literatura como recurso nace co obxectivo de cultivar o aprecio e o interese do alumnado pola lingua e a literatura galega. Dende o marco teórico preséntase unha aproximación a estudos de diferentes autores e autoras que exploran o papel da escola como contexto de normalización lingüística e o valor da literatura como recurso de aprendizaxe. Tamén se repasa a situación da lingua galega dende 1978 e o marco normativo que presenta. No seguinte apartado, preséntanse dúas obras, unha de Sabela Álvarez Núñez e outra de Antía Yáñez, coas que se elabora unha proposta didáctica orientada ao terceiro curso de Educación Primaria, na que se recollen actividades enfocadas ao traballo da comprensión lectora, ao aumento do vocabulario, á gramática e á expresión oral e escrita. No punto 5 figuran o apartado de conclusións onde se reafirma o valor da literatura e dos resultados que se poden obter tras o seu emprego e, a continuación, presento as referencias bibliográficas e un anexo.
Dirección
ARES VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
ARES VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
Tribunal
ARES VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Titor do alumno)
ARES VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Titor do alumno)
Explorando os Estereotipos de Xénero en Educación Física: Percepcións e Perspectivas Estudantís.
Autoría
C.R.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
C.R.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
24.06.2024 09:15
24.06.2024 09:15
Resumo
O obxectivo deste estudo foi comparar a influencia do cambio de lei na perspectiva do alumnado de educación física cara ós estereotipos de xénero. Participaron neste estudo descritivo transversal 320 estudantes de Educación Primaria, cunha media de idade de 10,67 anos (DE = 0,75). Destes, 195 (60,9%), composta por 190 nenos (59,4%) e 130 nenas (40,6%). Para dar resposta ó obxectivo utilizouse o cuestionario de estereotipos de xénero na actividade física e o deporte de nenos e adolescentes españois (CEGAFD). Os resultados indican que existen diferenzas significativas en canto á Lei Educativa en vigor (LOMCE vs. LOMLOE) nas crenzas sobre deporte e xénero (p = 0.023) e nas clases de Educación Física e xénero. Respecto ao xénero, existen desigualdades significativas en diferenzas asociadas ao xénero e a súa relación coa actividade física e o deporte ; nos estereotipos asociados ao deporte e actividade física asociados ao xénero (p = 0.019). Obsérvanse certas condutas que provocan estereotipos de xénero sobre a actividade física, deporte e educación física entre os escolares de Educación Primaria nos centros educativos estudados. Por iso, estes comportamentos deben ser tratados de maneira ecolóxica (global) entre todos os actores implicados na educación dos escolares (profesorado, pais e nais, e administracións).

A lenda da Coca. Unha proposta de intervención educativa sobre tradición galega
Autoría
M.N.L.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
M.N.L.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
19.06.2024 15:30
19.06.2024 15:30
Resumo
No seguinte documento estase presentando un traballo final de grao, no que se desenvolve unha intervención educativa con crianzas de sexto de infantil. A metodoloxía empregada é por microproxectos, onde as crianzas teñan unha participación activa, e nel expóñense unhas propostas que xiran torno a un tema: a tradición galega. O que se pretende traballar cos nenos e as nenas, ademais da mitoloxía galega, é a creatividade e o xogo simbólico. Asemade, coas actividades propostas, avalíase a través da metodoloxía IEBA. Esta metodoloxía é cualitativa e céntrase na observación do proceso creativo, tomando como mostras de análise as propias narrativas e producións das crianzas.
No seguinte documento estase presentando un traballo final de grao, no que se desenvolve unha intervención educativa con crianzas de sexto de infantil. A metodoloxía empregada é por microproxectos, onde as crianzas teñan unha participación activa, e nel expóñense unhas propostas que xiran torno a un tema: a tradición galega. O que se pretende traballar cos nenos e as nenas, ademais da mitoloxía galega, é a creatividade e o xogo simbólico. Asemade, coas actividades propostas, avalíase a través da metodoloxía IEBA. Esta metodoloxía é cualitativa e céntrase na observación do proceso creativo, tomando como mostras de análise as propias narrativas e producións das crianzas.
Dirección
BLANCO MOSQUERA, VICENTE (Titoría)
BLANCO MOSQUERA, VICENTE (Titoría)
Tribunal
BLANCO MOSQUERA, VICENTE (Titor do alumno)
BLANCO MOSQUERA, VICENTE (Titor do alumno)
A coeducación a través dos contos en Educación Infantil
Autoría
V.M.L.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
V.M.L.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
02.07.2024 12:00
02.07.2024 12:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao céntrase na integración da coeducación a través de contos na etapa de Educación Infantil. A coeducación, como enfoque pedagoxía que fomenta a igualdade de xénero dende idades temperás, combina coa valiosa ferramenta dos contos infantís para combater os estereotipos de xénero e promover relacións equitativas entre nenos e nenas. Para iso estudarase o concepto de coeducación e a súa evolución ao longo da historia. historia ata a actualidade, leis educativas relacionadas coa igualdade, a coeducación nas aulas e a importancia dos contos nestas idades para tratar coeducación. Tamén se realizará unha proposta práctica na aula de tres anos. cuxas actividades destacan por promover a igualdade, o respecto e unha educación non sexistas e fóra de estereotipos. Finalmente, descríbese unha análise dos resultados obtidos a partir da proposta práctica e dunha conclusión.

Matemáticas en movemento.
Autoría
A.A.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
A.A.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
10.07.2024 17:00
10.07.2024 17:00
Resumo
No presente Traballo de Fin de Grado levaranse a cabo unha serie de actividades planificadas e programadas que teñen como finalidade a ensinanza das Matemáticas mediante xogos relacionados con Educación Física, é dicir, dunha maneira transversal. O que se pretende coas sesións establecidas é desenvolver e impartir contidos matemáticos centrados nas operacións matemáticas básicas na Educación Primaria dende unha perspectiva lúdica para que o alumnado aprenda xogando. Os xogos levaranse a cabo nun aula de 1º de Educación Primaria dun colexio urbano de titularidade pública na cidade de Lugo (CEIP das Mercedes) e desenvolveranse dunha maneira cooperativa na que todo o alumnado poida participar de maneira activa.

Rodríguez Vivero, Dolores (Titoría)
Rodríguez Vivero, Dolores (Titoría)
Tribunal
Rodríguez Vivero, Dolores (Titor do alumno)

O xogo como método de ensinanza e aprendizaxe da Probabilidade en Educación Primaria: Investigación e propostas prácticas.
Autoría
L.M.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
L.M.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
26.06.2024 17:00
26.06.2024 17:00
Resumo
O presente traballo de fin de grao investiga acerca da importancia do emprego do xogo nas aulas de Educación Primaria para levar a cabo o ensino da probabilidade. Na primeira parte do traballo faise un estudo do. Contexto matemático nas aulas e no currículo español, así como do emprego do xogo nestas e a súa relación coa probabilidade. A segunda parte do traballo está adicada ao deseño e proposta de diferentes actividades lúdicas posíbeis para traballar a probabilidade cos diferentes cursos de Educación Primaria.
O presente traballo de fin de grao investiga acerca da importancia do emprego do xogo nas aulas de Educación Primaria para levar a cabo o ensino da probabilidade. Na primeira parte do traballo faise un estudo do. Contexto matemático nas aulas e no currículo español, así como do emprego do xogo nestas e a súa relación coa probabilidade. A segunda parte do traballo está adicada ao deseño e proposta de diferentes actividades lúdicas posíbeis para traballar a probabilidade cos diferentes cursos de Educación Primaria.
Dirección
Rodríguez Vivero, Dolores (Titoría)
Rodríguez Vivero, Dolores (Titoría)
Tribunal
Rodríguez Vivero, Dolores (Titor do alumno)
Rodríguez Vivero, Dolores (Titor do alumno)
A educación en valores segundo os modelos educativos de Nel Noddings e Françoise Dolto
Autoría
M.C.N.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
M.C.N.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
01.07.2024 19:00
01.07.2024 19:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao analiza a educación en valores segundo os modelos educativos de Nel Noddings e Françoise Dolto. O estudo examina a evolución histórica da educación e resalta a importancia de ensinar valores para formar individuos éticos e responsables. Noddings destaca a ética do coidado e a empatía no desenvolvemento moral, mentres que Dolto enfoca a educación na escoita activa e o respecto polos nenos. O traballo compara enfoques tradicionais e innovadores no ensino de valores, subliñando a importancia destes na formación integral das persoas.
Este Traballo de Fin de Grao analiza a educación en valores segundo os modelos educativos de Nel Noddings e Françoise Dolto. O estudo examina a evolución histórica da educación e resalta a importancia de ensinar valores para formar individuos éticos e responsables. Noddings destaca a ética do coidado e a empatía no desenvolvemento moral, mentres que Dolto enfoca a educación na escoita activa e o respecto polos nenos. O traballo compara enfoques tradicionais e innovadores no ensino de valores, subliñando a importancia destes na formación integral das persoas.
Dirección
MARTINEZ QUINTANAR, MIGUEL ANGEL (Titoría)
MARTINEZ QUINTANAR, MIGUEL ANGEL (Titoría)
Tribunal
MARTINEZ QUINTANAR, MIGUEL ANGEL (Titor do alumno)
MARTINEZ QUINTANAR, MIGUEL ANGEL (Titor do alumno)
A Educación en Valores en Educación Primaria a través do patrimonio galego.
Autoría
B.M.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
B.M.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
01.07.2024 09:30
01.07.2024 09:30
Resumo
Este Traballo Fin de Grao recolle unha reflexión de cara á implementación máis contextualizada e temperá da Educación en Valores no eido da Educación Primaria na Galiza. Así mesmo, propón o emprego do patrimonio cultural galego como símbolo de identidade dunha nación e mediante o cal se pode levar a termo unha ensinanza ética e moral.