Aprendizaxe baseada en proxectos na formación profesional: proposta didáctica para o ciclo formativo proxectos de obra civil
Autoría
A.C.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)

Data da defensa
09.02.2026 16:00
09.02.2026 16:00
Resumo
O principal obxectivo de calquera metodoloxía educativa é facilitar a aprendizaxe. No contexto actual isto pode potenciarse promovendo un proceso máis activo no que o estudante ocupa un rol central. As metodoloxías innovadoras buscan conectar cos intereses do alumnado, captando a súa atención e permitindo desenvolver as competencias necesarias. A implementación deste tipo de metodoloxías estase a estender a nivel global, logrando mellorar o rendemento académico dos estudantes. Neste traballo fin de máster preséntase unha proposta de intervención educativa dirixida ao Módulo Profesional Desenvolvemento de proxectos de obras lineais no ciclo formativo Proxectos de Obra Civil. A metodoloxía empregada é a Aprendizaxe Baseada en Proxectos. A proposta está aliñada cos obxectivos e contidos do currículo oficial do ciclo formativo e céntrase na elaboración dun proxecto práctico. Con este deseño preténdese ofrecer unha experiencia educativa máis motivadora, que fomente a implicación activa do alumnado no seu proceso formativo. Esta proposta busca non só a adquisición de coñecementos técnicos, senón tamén obter habilidades transversais como o traballo en equipo, a resolución de problemas, a autonomía e a capacidade de comunicación, todas fundamentais para a inserción no mundo laboral.

Dirección
GERPE PEREZ, ENELINA MARIA (Titoría)
ARTO BLANCO, MONICA Cotitoría
GERPE PEREZ, ENELINA MARIA (Titoría)
ARTO BLANCO, MONICA Cotitoría
Tribunal
SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Presidente/a)
PRIETO VIGO, NURIA (Secretario/a)
FERREIRO NUÑEZ, XESUS (Vogal)
SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Presidente/a)
PRIETO VIGO, NURIA (Secretario/a)
FERREIRO NUÑEZ, XESUS (Vogal)
Historia e educación nos Valles Pasiegos: século XX e a emigración á Terra Chá.
Autoría
D.C.F.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
D.C.F.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
Data da defensa
19.02.2026 11:00
19.02.2026 11:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster (TFM) céntrase en investigar como era a vida nos Valles Pasiegos antes de que algúns dos seus habitantes emigrasen aos poboados de colonización franquista de Terra Chá nos anos centrais do século XX. Os Valles Pasiegos, situados na Comunidade Autónoma de Cantabria, son coñecidos pola súa dedicación á agricultura e á gandaría, así como pola súa paisaxe e cultura singular. O traballo pretende documentar e rescatar a memoria colectiva desta comarca, salientando a vida cotiá, as prácticas agrícolas e gandeiras, e as tradicións culturais anteriores á emigración dalgunhas das súas familias á rexión lucense. Ademais, como parte do obxectivo de preservar e difundir a cultura pasiega, preséntase no presente traballo unha proposta educativa na que ten un gran peso a aprendizaxe na natureza. Esta proposta non só procura sensibilizar sobre a importancia de conservar o contorno natural, senón tamén fomentar o coñecemento e a valoración das tradicións culturais e da historia local.

CABANA IGLESIA, ANA (Titoría)
CABANA IGLESIA, ANA (Titoría)
Tribunal
MARTINEZ TEJERO, CRISTINA (Presidente/a)
CONS FERREIRO, MIGUEL (Secretario/a)
FREIRE PEREZ, ESTELLA LETICIA (Vogal)

Desenvolvemento do pensamento crítico na aula a partir das controversias sociocientíficas do veganismo
Autoría
D.G.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)

12.02.2026 10:00
12.02.2026 10:00
Resumo
A alimentación humana a nivel global motiva diversas controversias que requiren a implicación simultánea de varias disciplinas para comprender certas cuestións. As dietas veganas e vexetarianas son unha opción consolidada e o veganismo é considerado como un movemento en crecemento. Este movemento pode ser considerado como unha controversia sociocientífica (CSC) relevante e de actualidade que permite a posibilidade de desenvolver o pensamento crítico (PC) nunha aula de ciencias. Enmarcando esta CSC nunha unidade didáctica relacionada coa sostibilidade e a degradación do medioambiente, deseñouse unha proposta didáctica que pretende fomentar o desenvolvemento do PC nunha aula de 4º da ESO de Bioloxía e Xeoloxía. A proposta educativa inclúe sesións destinadas a adquisición de coñecementos previos e sesións posteriores onde se traballan habilidades de PC a través de razoamentos fundamentados. Con este obxectivo, introdúcense actividades como a análise de titulares de noticias ou un xogo de rol sobre o tipo de dietas máis saudables e sostibles que permitan ao mesmo tempo cumprir cos ODS da ONU. Co obxectivo final de formar cidadáns críticos, reflexivos e responsables cos seus actos e decisións, agárdase que a aplicación desta proposta permita ao alumnado desenvolver competencias básicas para o pensamento crítico, como a análise das fontes de información, a formación de opinións fundamentadas, o diálogo e a argumentación.

FERNANDEZ MONTEIRA, SABELA (Titoría)
FERNANDEZ MONTEIRA, SABELA (Titoría)
Tribunal
DOSIL DIAZ, CARLOS (Presidente/a)
GOMEZ GOMEZ, MARIA CARMEN (Secretario/a)
AZNAR CUADRADO, VIRGINIA (Vogal)

Avaliación de riscos laborais dun centro educativo.
Autoría
J.M.H.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)
J.M.H.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)
Data da defensa
09.02.2026 17:00
09.02.2026 17:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Máster analiza a prevención de riscos laborais nun centro educativo, abordándoa desde unha perspectiva normativa, técnica e organizativa. O obxectivo principal é o deseño dunha avaliación de riscos laborais estruturada por áreas funcionais do centro, que permita identificar, valorar e priorizar os riscos asociados aos distintos espazos, actividades e postos de traballo. A partir desta avaliación obténse un diagnóstico que facilita a planificación de medidas preventivas e correctoras adaptadas á realidade do entorno escolar. Os resultados evidencian a presenza de riscos laborais característicos do ámbito educativo, destacando os riscos psicosociais relacionados coa carga mental, o estrés docente e a organización do traballo, así como riscos ergonómicos derivados da mantención de posturas prolongadas e do uso de pantallas de visualización de datos. Así mesmo, identifícanse riscos físicos, ambientais e químicos asociados ás instalacións e a determinadas actividades específicas. O traballo subliña a necesidade de integrar a prevención de riscos laborais na xestión ordinaria do centro e na súa cultura organizativa.

GOMEZ GOMEZ, MARIA CARMEN (Titoría)
GOMEZ GOMEZ, MARIA CARMEN (Titoría)
Tribunal
SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Presidente/a)
PRIETO VIGO, NURIA (Secretario/a)
FERREIRO NUÑEZ, XESUS (Vogal)
SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Presidente/a)
PRIETO VIGO, NURIA (Secretario/a)
FERREIRO NUÑEZ, XESUS (Vogal)
As capelas en Galicia como recurso didáctico: unha actividade educativa para saídas de campo con escolares de 3º ciclo de primaria
Autoría
E.E.L.P.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
E.E.L.P.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
Data da defensa
19.02.2026 10:00
19.02.2026 10:00
Resumo
As capelas e ermidas en Galicia constitúen un patrimonio material que, amais do valor que ten de seu, funciona como soporte físico de tradicións populares e da cultura inmaterial. A súa ampla distribución no territorio convérteas nun elemento doado de atopar preto de moitos centros educativos, tanto no eido urbano como no rural; perfectas, polo tanto, para o seu uso como recurso educativo en toda a comunidade autónoma. De feito, por estudos anteriores, sábese que os docentes galegos as perciben como as construcións de maior dispoñibilidade para o seu uso didáctico. Amais, xa están a ser empregadas en programas educativos institucionais noutros lugares. Por riba, fallan materiais de ensino que cobran a temática, e a meirande parte deles é feita polo profesorado; entrementres outros profesores non as utilizan por non contaren con ideas para facelo. Para dar resposta a esta problemática, deseñamos unha folla de traballo para que sexa empregada polos docentes de 3º ciclo de primaria de Galicia nunha saída didáctica de 50 minutos de duración na contorna do centro educativo, que facilite ou permita un mellor aproveitamento do potencial educativo das capelas e ermidas no noso territorio. A nosa proposta abrangue contidos de Ciencias Sociais, Educación Plástica e Visual, e Lingua e Literatura Galegas, posto que moitos profesores xa utilizan a arquitectura popular como recurso docente nestes eidos. Esta iniciativa foi avaliada polo profesorado de múltiples centros de ensino de toda Galicia a través dunha enquisa, co obxectivo de determinar a súa viabilidade. Asemade, recóllense diferentes recomendacións de mellora da proposta, e faise unha aposta polo traballo interdisciplinario e unha futura ampliación do proxecto.

Ortiz Sanz, Juan Pedro (Titoría)
Ortiz Sanz, Juan Pedro (Titoría)
Tribunal
MARTINEZ TEJERO, CRISTINA (Presidente/a)
CONS FERREIRO, MIGUEL (Secretario/a)
FREIRE PEREZ, ESTELLA LETICIA (Vogal)
MARTINEZ TEJERO, CRISTINA (Presidente/a)
CONS FERREIRO, MIGUEL (Secretario/a)
FREIRE PEREZ, ESTELLA LETICIA (Vogal)
Uso da estratexia didáctica de gamificación para o ensino e aprendizaxe da anatomía en bacharelato.
Autoría
M.O.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
M.O.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
Data da defensa
12.02.2026 11:00
12.02.2026 11:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster presenta unha proposta didáctica gamificada, levada á práctica na materia de Anatomía Aplicada, que pretende incrementar a motivación e a participación do alumnado e mellorar a súa aprendizaxe sobre o sistema endócrino utilizando unha dinámica activa e cooperativa. A intervención, titulada “Hormonas descontroladas”, levouse a cabo nunha aula de 13 estudantes de 1º de bacharelato, nun centro público da cidade de Lugo. Nesta proposta educativa, que combinou o traballo por casos clínicos coa elaboración de mapas conceptuais, o alumnado foi o protagonista do seu proceso formativo. Para avaliar o impacto das actividades realizadas, tivéronse en conta os cuestionarios aplicados (pre-test e post-test) así como as valoracións que se recolleron mediante distintos instrumentos de avaliación. Os resultados obtidos evidencian unha mellora significativa en canto aos coñecementos adquiridos e constatan un elevado nivel de implicación e motivación na maioría do alumnado. Esta experiencia evidencia o valor didáctico do traballo en equipo e da gamificación nas materias de ciencias. Realízase unha proposta de posibles adaptacións e melloras da intervención educativa para potenciar a comprensión e o interese do alumnado.

ROMERO CASTRO, MARIA JOSE (Titoría)
ROMERO CASTRO, MARIA JOSE (Titoría)
Tribunal
DOSIL DIAZ, CARLOS (Presidente/a)
AZNAR CUADRADO, VIRGINIA (Secretario/a)
GOMEZ GOMEZ, MARIA CARMEN (Vogal)
DOSIL DIAZ, CARLOS (Presidente/a)
AZNAR CUADRADO, VIRGINIA (Secretario/a)
GOMEZ GOMEZ, MARIA CARMEN (Vogal)
Aprender fisioloxía humana a través da gamificación: a viaxe de Hemo polo corpo humano
Autoría
M.R.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
M.R.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
Data da defensa
11.02.2026 10:00
11.02.2026 10:00
Resumo
A aprendizaxe da fisioloxía humana na Educación Secundaria Obrigatoria adoita presentar dificultades relacionadas coa comprensión fragmentada do corpo humano e cunha baixa motivación do alumnado, o que fai necesario propoñer enfoques didácticos máis integradores e significativos. Este Traballo de Fin de Máster ten como obxectivo deseñar unha proposta didáctica que favoreza a comprensión integrada dos sistemas respiratorio e circulatorio, promovendo ao mesmo tempo a motivación do grupo e a educación para a saúde en 3º da ESO. A metodoloxía empregada baséase no deseño dunha secuencia didáctica gamificada e narrativa, estruturada en misións arredor da viaxe dun glóbulo vermello polo corpo humano, incorporando actividades cooperativas, indagación guiada e avaliación continua. Agárdase que a proposta contribúa a unha aprendizaxe máis integrada, motivadora e funcional da fisioloxía humana.

AZNAR CUADRADO, VIRGINIA (Titoría)
AZNAR CUADRADO, VIRGINIA (Titoría)
Tribunal
ROMERO CASTRO, MARIA JOSE (Presidente/a)
OUTEIRO IGLESIAS, MARIO (Secretario/a)
GERPE PEREZ, ENELINA MARIA (Vogal)

Un exercicio de recuperación da memoria biocultural: Da memoria dunha finca familiar á elaboración dun taller de memoria
Autoría
B.S.L.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
B.S.L.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
Data da defensa
19.02.2026 12:00
19.02.2026 12:00
Resumo
Ao longo da historia a especie humana foi desenvolvendo e perfeccionando toda unha serie de coñecementos acerca da súa relación coa natureza imprescindibles para a súa subsistencia, que foron transferidos oralmente de xeración en xeración. Ese conxunto de saberes representa a chamada memoria biocultural a un papel secundario. Se engadimos ademais o envellecemento da poboación que añinda conserva esta meomria e o éxodo continuo do rural á cidade, parece que toda esta memoria está abocada a desaparecer. Neste contexto os talleres de memoria preséntanse como unha ferramenta útil de recuperación e posta en valor de ditos coñecementos. A finca familiar situada no lugar da Urcela (Cristiñade, Ponteareas) serve como punto de partida para a realización dun exercicio de recuperación de memoria biocultural.
Ao longo da historia a especie humana foi desenvolvendo e perfeccionando toda unha serie de coñecementos acerca da súa relación coa natureza imprescindibles para a súa subsistencia, que foron transferidos oralmente de xeración en xeración. Ese conxunto de saberes representa a chamada memoria biocultural a un papel secundario. Se engadimos ademais o envellecemento da poboación que añinda conserva esta meomria e o éxodo continuo do rural á cidade, parece que toda esta memoria está abocada a desaparecer. Neste contexto os talleres de memoria preséntanse como unha ferramenta útil de recuperación e posta en valor de ditos coñecementos. A finca familiar situada no lugar da Urcela (Cristiñade, Ponteareas) serve como punto de partida para a realización dun exercicio de recuperación de memoria biocultural.
Dirección
CABANA IGLESIA, ANA (Titoría)
CABANA IGLESIA, ANA (Titoría)
Tribunal
MARTINEZ TEJERO, CRISTINA (Presidente/a)
CONS FERREIRO, MIGUEL (Secretario/a)
RODRIGUEZ LESTEGAS, FRANCISCO (Vogal)

Enfermidades infecciosas prioritarias e One Health: un enfoque sociocientífico para a educación secundaria.
Autoría
S.S.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
S.S.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
Data da defensa
11.02.2026 11:00
11.02.2026 11:00
Resumo
Este Traballo Fin de Máster céntrase no deseño dunha proposta de innovación educativa para 3.º de Educación Secundaria Obrigatoria na materia de Bioloxía e Xeoloxía, fundamentada nunha revisión bibliográfica sobre o uso das controversias sociocientíficas como enfoque didáctico. A proposta aborda unha problemática sociosanitaria de actualidade, o confinamento de aves ante brotes de gripe aviaria, desde o enfoque One Health, integrando as dimensións humana, animal e ambiental. A secuenciación didáctica deseñada baséase en metodoloxías activas e cooperativas, no desenvolvemento do pensamento crítico, na alfabetización mediática e na argumentación científica mediante a estrutura Afirmación Evidencia Razón. Así mesmo, incorpórase o debate con roles como estratexia para favorecer a toma de decisións fundamentadas en contextos de incerteza. Aínda que a proposta non foi posta en práctica, o seu deseño permite valorar o seu potencial para mellorar as competencias científicas e cidadás do alumnado e fomentar unha visión crítica da ciencia e da súa relación coa sociedade.
Este Traballo Fin de Máster céntrase no deseño dunha proposta de innovación educativa para 3.º de Educación Secundaria Obrigatoria na materia de Bioloxía e Xeoloxía, fundamentada nunha revisión bibliográfica sobre o uso das controversias sociocientíficas como enfoque didáctico. A proposta aborda unha problemática sociosanitaria de actualidade, o confinamento de aves ante brotes de gripe aviaria, desde o enfoque One Health, integrando as dimensións humana, animal e ambiental. A secuenciación didáctica deseñada baséase en metodoloxías activas e cooperativas, no desenvolvemento do pensamento crítico, na alfabetización mediática e na argumentación científica mediante a estrutura Afirmación Evidencia Razón. Así mesmo, incorpórase o debate con roles como estratexia para favorecer a toma de decisións fundamentadas en contextos de incerteza. Aínda que a proposta non foi posta en práctica, o seu deseño permite valorar o seu potencial para mellorar as competencias científicas e cidadás do alumnado e fomentar unha visión crítica da ciencia e da súa relación coa sociedade.
Dirección
FERNANDEZ MONTEIRA, SABELA (Titoría)
FERNANDEZ MONTEIRA, SABELA (Titoría)
Tribunal
ROMERO CASTRO, MARIA JOSE (Presidente/a)
OUTEIRO IGLESIAS, MARIO (Secretario/a)
GERPE PEREZ, ENELINA MARIA (Vogal)
ROMERO CASTRO, MARIA JOSE (Presidente/a)
OUTEIRO IGLESIAS, MARIO (Secretario/a)
GERPE PEREZ, ENELINA MARIA (Vogal)
Gamificación e indagación na aula de ciencias: Ensino da química do carbono mediante estratexias lúdicas
Autoría
B.V.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
B.V.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
Data da defensa
12.02.2026 12:00
12.02.2026 12:00
Resumo
A proposta docente deseñada neste traballo ten como obxectivo principal mellorar o proceso de ensino e aprendizaxe da química orgánica para o alumnado de 4º curso de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) mediante o uso de metodoloxías activas como a gamificación, a aprendizaxe baseada na indagación e a aprendizaxe colaborativa. Con este obxectivo, propón conectar os contidos teóricos de química orgánica aprendidos na clase con situacións da vida real. Para iso, deseñouse un xogo de rol no que o alumnado se organizará en equipos e terá roles específicos para investigar e analizar produtos do día a día. Ao longo desta proposta, o alumnado terá como obxectivo identificar os ingredientes orgánicos presentes nestes produtos, revisar a nomenclatura e investigar a función dos ingredientes nos produtos, para posteriormente seleccionar e proporcionar unha xustificación ben fundamentada de cal é o produto que se considera o mellor dentro da súa categoría. Esta proposta docente busca a aprendizaxe significativa dos contidos de química orgánica do Decreto 156/2022, o desenvolvemento de competencias clave transversais como a alfabetización científica e o pensamento crítico para aplicar os coñecementos adquiridos a contextos da vida real, contribuíndo así a mellorar a motivación e a actitude cara á ciencia.