Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

STG

TFG

As ensinanzas de Grao conclúen coa elaboración e defensa dun Traballo de fin de grao (TFG) que deberá realizarse na fase final dos estudos e estará orientado á avaliación das competencias asociadas ao título.

O TFG é unha materia que consiste na elaboración, por parte do estudante, de forma individual, baixo a supervisión dun ou máis titores/as académicos, dun traballo orixinal no que se integren e desenvolvan os contidos formativos recibidos, capacidades, competencias e habilidades en investigación e comunicación, adquiridas durante os estudos do Grao. Para poder presentar o TFG é preciso ter superados todos os créditos da titulación, agás os do TFG.

O TFG formúlase como un primeiro traballo de investigación dos/as alumnos/as do Grao. Recoméndase que, en canto a estrutura e contido, se planifique como un traballo de investigación que puidera culminar nun artigo susceptible de ser publicado nas revistas científicas propias da disciplina e/ou ser presentado en congresos científicos, cunha extensión de entre 30 e 50 páxinas nas que o/a alumno/a dispoña de espazo axeitado para demostrar os seus coñecementos sobre o estado do problema a investigar; os obxectivos e planeamento do traballo; o material e métodos; os resultados; a discusión, e as conclusións.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.11.2023.