Ir o contido principal
STG

Máster Universitario en Prevención e Abordaxe Multidisciplinar das Drogodependencias e Condutas Aditivas

  • En tramitación
  • Nova oferta
Modalidade
Híbrida
Rama de coñecemento
Ciencias da Saúde
Ámbito de coñecemento
Interdisciplinar.
Centro(s)
Facultade de Medicina e Odontoloxía
Rúa de San Francisco, s/n , 15782
Santiago de Compostela
881812219 (Conserxería)
881812237 (Decanato)
medicina.decanato [at] usc.gal
Facultade de Medicina e Odontoloxía
Rúa Entrerríos, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881812343 (Conserxería)
881812340 (Negociado)
odontoloxia.negociado [at] usc.gal
Facultade de Medicina e Odontoloxía
Rúa Choupana, s/n, 15782
Santiago de Compostela
981956183 (Conserxería)
Campus
Santiago de Compostela

As drogodependencias e as condutas aditivas constitúen un problema central e importante de saúde pública nos países desenvolvidos. O consumo de substancias de abuso, o xogo patolóxico, o uso problemático da internet e videoxogos afectan a unha gran parte da poboación, mentres que o consumo de drogas ilegais ten maior prevalencia na poboación máis moza. En todos provoca incapacidade e gran sufrimento polo padecemento de moi diversas patoloxías, entre as que se inclúen as neuropsiquiátricas. Como resultado, as condutas aditivas en xeral e máis concretamente, o consumo de drogas legais e ilegais, xera unha gran carga para o individuo e para o conxunto da sociedade, en termos de consumo de recursos sanitarios, gasto en programas preventivos e de tratamento, perdas de produtividade laboral debidas a mortes prematuras e falecementos, custos xudiciais, dor e sufrimento que xera a adicción aos consumidores e ao seu contorno social máis próximo.
As condutas aditivas están moi presentes na sociedade, polo que esta formación pode ser útil para o exercicio das actividades sanitarias e non sanitarias dos profesionais que o cursen máis alá dos dispositivos específicos de drogodependencias. A implementación de estratexias de abordaxe nas consultas privadas, o coñecemento do funcionamento da rede asistencial pública e a capacidade de realizar plans de prevención en colexios e entidades sociais de calquera tipo, son habilidades e coñecementos necesarios para unha ampla gama de profesionais interesados nesta problemática.
Polo tanto, detéctase a necesidade de implantar un máster universitario na Comunidade Autónoma de Galicia que teña como obxectivo a formación académica avanzada de carácter especializado e multidisciplinar orientado á práctica laboral e profesional no eido das drogodependencias e condutas aditivas.

Duración: 2 anos académicos
Código RUCT: 3500739
Número de ECTS: 90
Número prazas: 20

Linguas de uso:
Castelán, Galego

Universidade coordinadora:
Universidade de Vigo

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela Universidade de Vigo

Data de publicación no BOE:
01/01/1900

Obrigatorias: 49
Optativas: 20
Prácticas externas OB 13
Traballo fin de máster: 8

Total ECTS: 90

O plan de estudos do Máster Universitario en Prevención e Abordaxe Multidisciplinar das Drogodependencias e Condutas Adictivas ten un total de 90 ECTS, divididos en 3 semestres.

Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

Obrigatorias: 49
Optativas: 20
Prácticas externas OB 13
Traballo fin de máster: 8

Total ECTS: 90

Os requisitos xerais de acceso ás titulacións de máster universitario son os recollidos no artigo 18 do Real decreto 822/2021, do 28 de setembro, polo que se establece a organización das ensinanzas universitarias e do procedemento de aseguramento da súa calidade. Máis información no seguinte enlace:
Acceso a Másteres

- Comprender o funcionamento e efectos das substancias adictivas, así como as estratexias de prevención, diagnóstico e abordaxe terapéutica das adiccións
- Adquirir coñecementos interdisciplinarios en xenética, medicina, neuropsicoloxía e psicopatoloxía relacionados coas adiccións.
- Aplicar programas preventivos e terapéuticos considerando o enfoque de xénero para adaptar as intervencións ás necesidades específicas.
- Desenvolver habilidades para intervir de maneira precisa, utilizando terminoloxía especializada e aplicando criterios de intervención baseados en evidencia na prevención, diagnóstico e abordaxe terapéutica das adiccións.
- Dominar técnicas de elaboración de cuestionarios, análise de datos e interpretación de resultados para aborda-las conductas aditivas de maneira efectiva.
- Formar profesionais con sólidos fundamentos científicos que lles permitan comprender, interpretar e analizar o comportamento aditivo, así como avaliar e intervir de maneira eficaz.
- Coñece-los diversos mecanismos de acción das drogas e adiccións de comportamentos e a súa relación con aspectos derivados da neurobioloxía, xenética e aspectos sociais.
- Coñecer as diferentes abordaxes terapéuticas tanto farmacolóxicos, psiquiátricos e psicolóxicos para así seleccionar medidas de abordaxe e reinserción social adecuadas para persoas con trastornos aditivos.
- Familiarizarse cos recursos asistenciais dispoñibles, tanto públicos como privados, para abordar estes trastornos de maneira integral.

COM01 - Comprender e aplicar coñecementos avanzados en prevención e abordaxe terapéutica en drogodependencias e condutas aditivas.
COM02 - Interactuar e comunicar eficazmente con persoas afectadas, as súas familias, mediadores sociais e outros profesionais, demostrando empatía e habilidades de resolución de conflitos.
COM03 - Coñecer e aplicar metodoloxías e recursos en farmacoloxía, psicopatoloxía, prevención, educación, abordaxe terapéutica e aspectos legais, así como analizar e reflexionar sobre estes enfoques.
COM04 - Desenvolver intervencións preventivas e clínicas de maneira autónoma, con capacidade para innovar e aplicar ideas orixinais en contextos de investigación.
COM05 - Capacidade de análise, síntese e xestión da información.
COM06 - Resolver problemas e tomar decisións efectivas, adaptándose a novas situacións.
COM07 - Traballar eficazmente de maneira autónoma, en equipo interdisciplinar, mostrando habilidades interpersoais e recoñecendo a diversidade e multiculturalidade.
COM08 - Actuar con compromiso ético, razoamento crítico e responsabilidade profesional no contexto das adiccións e drogodependencias
COM09 - Capacidade para deseñar e xestionar proxectos de investigación en adiccións.
COM10 - Avaliación crítica da literatura científica en adiccións.
COM11 - Interactuar de maneira empática e efectiva con persoas con condutas aditivas, utilizando habilidades comunicativas para resolver problemas e manexar conflitos.
COM12 - Comunicar información de maneira clara e adaptada a distintos públicos e formatos, mantendo un enfoque profesional e adecuado a cada contexto.

HAB01 - Comprender a vulnerabilidade psíquica e analizar socialmente a prevención e tratamento de adiccións.
HAB02 - Deseñar, planificar e avaliar programas de prevención e intervención en colaboración con outros profesionais.
HAB03 - Abordar eficazmente casos clínicos con Trastornos por Uso de Substancias (TUS).
HAB04 - Crear programas de prevención considerando a diversidade e a perspectiva de xénero.
HAB05 - Adaptar e perfeccionar continuamente a práctica profesional en drogodependencias e adiccións.
HAB06 - Coñecer a organización e programas das Unidades Asistenciais de Drogodependencias (UAD).
HAB07 - Formular obxectivos e desenvolver plans de intervención baseados en avaliacións precisas.
HAB08 - Elaborar e coordinar estratexias preventivas adecuadas, incluíndo redución de danos e riscos.
HAB09 - Valorar a responsabilidade na consecución dun futuro sostible.
HAB10 - Reflexionar e innovar en prácticas educativas, fomentando a aprendizaxe autónomo e cooperativo.
HAB11 - Aplicar e seleccionar adecuadamente as tecnoloxías da información e comunicación na aula.
HAB12 - Analizar condutas aditivas e os seus impactos desde unha perspectiva feminista, identificando e abordando a discriminación e violencia de xénero.
HAB13 - Identificar factores xenéticos relacionados coas adiccións.
HAB14 - Habilidades para a divulgación científica e comunicación de resultados.

CON01 - Definición e terminoloxía clave en condutas aditivas e drogodependencias.
CON02 - Diferenzas entre uso, abuso e dependencia de substancias.
CON03 - Condutas aditivas sen substancias (xogo, internet, compras compulsivas).
CON04 - Historia do uso e abuso de substancias.
CON05 - Influencias culturais e antropolóxicas en condutas aditivas.
CON06 - Impacto socioeconómico das drogas e adiccións.
CON07 - Análise das adiccións desde unha perspectiva de xénero.
CON08 - Impacto diferencial das adiccións en mulleres e homes.
CON09 - Estratexias de intervención considerando o xénero.
CON10 - Factores xenéticos e predisposición ás adiccións.
CON11 - Modelos psicolóxicos e teorías sobre a adicción.
CON12 - Avaliación e diagnóstico de trastornos aditivos.
CON13 - Clasificación de substancias con potencial de abuso (alcol, tabaco, drogas ilegais, medicamentos).
CON14 - Clasificación de adiccións comportamentais (xogo, internet, videoxogos).
CON15 - Datos estatísticos e tendencias no consumo de drogas e adiccións comportamentais.
CON16 - Xeopolítica das drogas e as súas implicacións.
CON17 - Interacción de factores biolóxicos, psicolóxicos e sociais nas adiccións.
CON18 - Neurobioloxía do pracer e a recompensa.
CON19 - Factores de risco e protección.
CON20 - Estratexias de prevención, tratamento e inserción social.
CON21 - Avaliación e coordinación de accións preventivas e terapéuticas.
CON22 - Principais teorías explicativas das adiccións.
CON23 - Modelos de intervención.
CON24 - Perspectiva de xénero nas teorías da adicción.
CON25 - Fundamentos neurobiolóxicos das adiccións.
CON26 - Principios de farmacocinética e farmacodinámica.
CON27 - Efectos das substancias no sistema nervioso central.
CON28 - Psicopatoloxía e trastornos comórbidos.
CON29 - Métodos de avaliación, diagnóstico e planificación de tratamentos.
CON30 - Tipos de recursos dispoñibles: centros ambulatorios, residenciais, comunidades terapéuticas.
CON31 - Abordaxes terapéuticas específicas para diferentes substancias e adiccións comportamentais.
CON32 - Estratexias de intervención con menores e adolescentes en risco.
CON33 - Adiccións en poboacións vulnerables: persoas sen fogar, inmigrantes, minorías étnicas.
CON34 - Consideracións especiais para mulleres e persoas maiores
CON35 - Definición e tipos de prevención: universal, selectiva e indicada.
CON36 - Estratexias e políticas de prevención TIPO: Coñecementos ou contidos
CON37 - Factores de risco e protección na familia, a escola e a comunidade.
CON38 - Avaliación de plans autonómicos e locais de prevención.
CON39 - Análise de experiencias exitosas en prevención e inserción social.
CON40 - Métodos cuantitativos e cualitativos na investigación de adiccións.
CON41 - Estatística aplicada na análise de condutas aditivas.
CON42 - Innovacións tecnolóxicas na investigación sobre adiccións: (big data, intelixencia artificial).

Mobilidade

A información sobre os programas de mobilidade do estudantado, persoal docente e investigador (PDI) e persoal de administración e servizos (PAS) atópase nas seguintes ligazóns:
https://www.uvigo.gal/es/estudiar/movilidad
(UVigo)
https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/normativa/alumnado
(USC)

Prácticas

As prácticas externas desenvolveranse en centros dedicados á prevención, tratamento e reinserción de persoas con drogodependencias e condutas aditivas (UADs), ONGs con subvención por parte da Consellería de Sanidade para a implementación de programas preventivos, clínicas privadas especializadas e recoñecidas para a abordaxe e tratamento de persoas con problemas derivados do consumo de drogas e/ou outras adiccións comportamentais, concellos e institucións que desenvolvan programas de carácter preventivo e asistencial.
De forma xeral, desenvolveranse principalmente en:
- Equipos de traballo en prevención das drogodependencias e condutas aditivas.
- Dispositivos de traballo en tratamento e abordaxe das drogodependencias e condutas aditivas.
- Traballo no ámbito da epidemioloxía e a investigación en drogodependencias e condutas aditivas.
- Unidades de saúde mental
- Unidades de tratamento das drogodependencias e condutas aditivas

A avaliación da materia realizarase a través da presentación e defensa pública do traballo fin de máster (60%) e un informe elaborado polo director, que incluirá a avaliación dos resultados de aprendizaxe previstos (20%).
Para a presentación, será necesario contar coa aprobación do titor-director do proxecto.
A defensa pública levará a cabo fronte a un Tribunal Cualificador composto por tres profesores do claustro do Máster (20%), excluíndo a participación do director-titor do traballo.

Non hai información dispoñible neste momento.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.01.2025.