Modalidade: Criterios Específicos.
Titulacións de Acceso:
Aínda que non se esixe ningún grao específico para o ingreso no MU en Investigación Biomédica resulta recomendable, pero non imprescindible, ter cursado os estudos correspondentes aos Graos de Bioloxía, Farmacia, Medicina, Veterinaria, Química, Odontoloxía, Enfermaría e Psicoloxía, ou calquera outra titulación de grao que inclúa estudos de Bioloxía Fundamental e/ou Medicina.
· Entre as cualidades desexables para o futuro estudante do MU en Investigación Biomédica figuran:
· Nivel medio/alto de inglés.
· Capacidade de traballo.
· Disposición para o traballo en equipo.
· Capacidade de razoamento lóxico.
· Capacidade de obter, interpretar e aplicar coñecementos.
· Espíritu científico.
· Habilidade para a resolución de problemas.
A admisión nas ensinanzas oficiais do Máster en Investigación Biomédica farase segundo os seguintes criterios:
1. Expediente académico.
1. Grado de adecuación (preferentemente) das competencias formativas previas do estudante ás necesidades básicas do Máster.
Os alumnos procedentes de países de lingua diferente ao galego, portugués ou español deberán acreditar o nivel de lingua galega Celga II, ou española B2, consonte o Acordo do Consello de Goberno da USC do 30 de xullo de 2018.
De non posuíren algún dos títulos, a USC realizaralles unha proba de nivel e, de non superala, deberán asistir a un curso intensivo de galego ou español no primeiro semestre até acadaren o nivel requirido.
Información actualizada en cada convocatoria de matrícula