Ir o contido principal
STG

Máster Universitario en Condicionantes Xenéticos, Nutricionais e Ambientais do Crecemento e Desenvolvemento NUTRENVIGEN G+D Factors

Modalidade
Virtual
Rama de coñecemento
Ciencias da Saúde
Centro(s)
Facultade de Medicina e Odontoloxía
Rúa de San Francisco, s/n , 15782
Santiago de Compostela
881812219 (Conserxería)
881812237 (Decanato)
medicina.decanato [at] usc.gal
Facultade de Medicina e Odontoloxía
Rúa Entrerríos, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881812343 (Conserxería)
881812340 (Negociado)
odontoloxia.negociado [at] usc.gal
Facultade de Medicina e Odontoloxía
Rúa Choupana, s/n, 15782
Santiago de Compostela
981956183 (Conserxería)
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
María Rosaura Leis Trabazo

Este máster proporciona unha formación avanzada, de orientación multidisciplinar, para a especialización académica, profesional e investigadora de titulados interesados en diversos campos da investigación en Pediatría. É un máster interuniversitario coas universidades de Cantabria, Granada, Rovira i Virgili e Zaragoza.

Duración: 1 ano académico
Código RUCT: 4316885
Número de ECTS: 60
Número prazas: 25

Decano/a ou director/a do centro:
Julián Álvarez Escudero

Coordinador-a do título:
María Rosaura Leis Trabazo

Linguas de uso:
Castelán, Galego

Universidade coordinadora:
Universidade de Granada

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela Universidade de Granada Universidade de Zaragoza Universidade Rovira I Virgili

Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
Orde do 5/08/2019 (DOG do 14/08/2019)

Data de publicación no BOE:
-

Data da última acreditación:
05/06/2019

O Máster conxunto interuniversitario NUTRENVIGEN-G D Factors trátase dun único título oficial organizado conxuntamente por 4 Universidades o “Joint Programme”, de gran interese científico e académico.

O carácter internacional deste Máster propiciou o convenio establecido coa Early Nutrition Academy (ENA), a través do cal, entre outras actividades, todos os alumnos do Máster NUTRENVIGEN-G D Factors están convidados a participar nos Postgraduate Courses que anualmente se celebran nunha das Universidades participantes no consorcio.

Condicións de terminación:

Obrigatorias: 15
Optativas: 21
Prácticas externas: 9
Traballo fin de máster: 15
Total: 60

Non se contemplan

O Plan de Estudos actualizado estruturouse en 6 Módulos:
1) Mód. 1: Xenética, nutrigenómica e terapias avanzadas en Pediatría, composto por 3 Materias Temáticas.
2) Mód. 2: Estilos de vida, nutrición e metabolismo infantil e xuvenil, composto por 11 Materias Temáticas.
3) Mód. 3: Crecemento e Desenvolvemento Humano, composto por 3 Materias Temáticas.
4) Mód. 4: Metodoloxía da Investigación, composto por 5 Materias
5) Mod. Prácticas externas
6) TFM

Programación precoz da saúde e a enfermidade

  • P2082101
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 6 créditos

Microbiota na saúde e a enfermidade

  • P2082204
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 5 créditos

Nutrición infantil e inmunidade na infancia

  • P2082205
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Cronobioloxía e crononutrición durante o desenvolvemento

  • P2082206
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Nutrición do neno e adolescente sans

  • P2082207
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 6 créditos

Nutrición do neno e adolescente enfermos

  • P2082208
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 5 créditos

Metabolismo infanto-xuvenil

  • P2082209
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 4 créditos

Actividade e condición físicas e gasto enerxético en nenos e adolescentes

  • P2082210
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Patróns alimentarios no neno e adolescente. Dietas saludables: Mediterránea e Atlántica

  • P2082211
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 6 créditos

Impacto de factores infecciosos e tóxicos na orixe das enfermidades

  • P2082212
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 4 créditos

Nutrición e hábitos de vida no neno oncolóxico

  • P2082213
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Este máster proporciona unha formación avanzada, de orientación multidisciplinar, para a especialización académica, profesional e investigadora de titulados interesados en diversos campos da investigación en Pediatría. É un máster interuniversitario coas universidades de Cantabria, Granada, Rovira i Virgili e Zaragoza.

campo insuficiente

Condicións de terminación:

Obrigatorias: 15
Optativas: 21
Prácticas externas: 9
Traballo fin de máster: 15
Total: 60

A titoría é un proceso de apoio durante a formación dos estudantes que se concreta na atención personalizada a un estudante ou a un grupo reducido deles, buscando favorecer a aprendizaxe, a formación integral e a inserción profesional dos futuros egresados cuxo obxectivo é elevar o rendemento e aproveitamento académico e persoal dos estudantes. En concreto, tratarase de:
· Ofrecer atención integral e personalizada. · Orientar de maneira sistemática no proceso formativo, identificando as potencialidades dos alumnos para que poidan canalizalas con éxito no seu paso polo máster. · Promover o desenvolvemento de actitudes e valores como compromiso, responsabilidade, respecto, solidariedade, sensibilidade ambiental, espírito crítico e todos aqueles que son consustanciales á formación dun universitario. · Guiar nos procesos administrativos.

Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con:

  • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación.
  • A supresión gradual da impartición da docencia.
  • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.

Acceso

Os requisitos xerais de acceso aos Másteres Universitarios son os recolleitos no artigo 18 do Real Decreto 822/2021, do 28 de setembro, polo que se establece a organización dos ensinos universitarios e do procedemento de aseguramento da súa calidade.
Ademais dos requisitos de acceso, establécense os seguintes requisitos específicos: - Os estudantes procedentes de países onde o español non sexa a lingua oficial ou non cursasen a totalidade dun grao en idioma español deberán acreditar un nivel B2 (pode ser un nivel superior) de español segundo o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.
O acceso aos ensinos estará limitado polo número de prazas ofertadas de novo ingreso. En caso dun exceso de demanda, o acceso establecerase por rigorosa orde de prelación atendendo á cualificación media obtida nos estudos de Licenciatura ou Grao.

Admisión

Os expedientes dos estudantes ordenaranse e avaliarán conforme os criterios de valoración que se especifican a continuación. Os criterios de valoración (debidamente acreditados) propostos son:
· Expediente académico ponderado: 30 %
· Nivel de coñecemento acreditado de inglés: 10 %
Información sobre o procedemento de admisión:
https://www.usc.gal/es/admision/master

As medidas que se utilizan para a atención e apoio dos estudantes con discapacidade son as mesmas que rexen para o resto dos estudantes e que seguen as normas establecidas pola USC para a atención e apoio destes estudantes.

Para garantir o dereito de igualdade de oportunidades das persoas con discapacidade no caso de que se presenten solicitudes de admisión para estudos de máster por parte de persoas afectadas por unha grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, ou por persoas con necesidades educativas especiais permanentes asociadas a circunstancias persoais de discapacidade, e non resulten admitidos segundo os criterios establecidos en cada procedemento, habilitarase un aumento de ata o 5% das prazas ofertadas na titulación correspondente, como mínimo unha praza. Neste caso, deberán marcar a opción de discapacidade no momento de realizar a solicitude de admisión. Respecto a a atención a cuestións derivadas da existencia de necesidades educativas especiais, leva a cabo, para cada caso, en colaboración co servizo de Participación e Integración Universitaria:
https://www.usc.gal/gl/servizos/area/inclusion-participacion-social

· Coñecementos de estatística: 10 %
· Currículo Vitae: 50 % ou Experiencia profesional: 10 % (relacionada coas materias do máster) ou Experiencia investigadora/publicacións: 25 % ou Outros méritos: 15 %
· 5 % Participación en Proxectos de Investigación relacionados
· 5% Cursos acreditados relacionados de longa duración
· 5% Outros Másteres relacionados

campo insuficiente

- Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.

- Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo

- Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formularen xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos

- Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades

- Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo.

- Habilidade para dar un uso avanzado ás ferramentas de procura de información relevante a partir de fontes bibliográficas especializadas primarias e secundarias, incluíndo procuras on-line
- Coñecer as metodoloxías adecuadas para analizar información cualitativa e cuantitativa, resolución de problemas e toma de decisións en base a ambos tipos de información.
- Formular e deseñar un proxecto científico nunha área de investigación determinada, coñecer como presentar unha proposta ganadora, como se desenvolven as tarefas dunha investigación de calidade, como atopar as fontes do coñecemento relacionadas, cales son os condicionamientos éticos na investigación en humanos e como se avalía.
- Capacidade de organización e planificación da actividade investigadora. Recoñecer a importancia da investigación como factor de avance do coñecemento.
- Desenvolver o sentido crítico fronte ao deseño experimental e á construción de modelos teóricos aplicados nas investigacións propias dos estudos, xulgando metodolóxicamente os artigos científicos biomédicos de forma autónoma, aceptando un certo grao de incerteza en calquera decisión / conclusión científica, e xa que logo, a provisionalidade dos resultados.
- Resumir, analizar ou criticar un artigo publicado na literatura e propoñer unha continuación de interese.
- Coñecer os fundamentos científicos da Medicina Baseada na Evidencia.
- Ser capaz de interpretar datos derivados das observacións en relación coa súa significación e relacionalos coas teorías apropiadas. Capacidade de análise e síntese. Aprender a realizar un documento científico para a súa publicación ou defensa.
- Coñecer a importancia da traslación da evidencia científica á práctica clínica (Medicina Traslacional).
- Manexo de ferramentas multimedia para a comunicación a distancia, en relación á temática especializada recibida.
- Recoñecer a necesidade de comunicar os achados científicos. Habilidade para a comunicación oral e escrita dos resultados da investigación, usando a terminoloxía e técnicas aceptadas polos profesionais do sector.
- O alumno comprenderá as oportunidades que representan as colaboracións interdisciplinares en investigación (redes, consorcios interuniversitarios, proxectos coordinados multicéntricos,..) nun contexto nacional ou internacional.
- Capacidade de iniciativa e autonomía para as distintas tarefas propias da actividade investigadora.

- Saberá interpretar a terminoloxía sobre programación, imprinting, fiestra crítica, primeiros 1.000 días, re-programación. adquiriría coñecementos sobre os diferentes mecanismos fisiolóxicos, moleculares e xenéticos implicados na programación precoz da saúde e a enfermidade.
- adquiriría os coñecementos básicos na avaliación do risco para a saúde materno-infanto-xuvenil humana dos factores medioambientais.
- adquiriría coñecementos sobre os efectos das interaccións xenes-dieta no desenvolvemento precoz, e os conceptos de nutrición molecular, nutrixenómica, nutrixenética e nutriepixenética. Saberá transmitir o impacto da nutrición e o xénero sobre a expresión xénica e o fenotipo.
- adquiriría coñecementos sobre modelos preditivos baseados na xenética, alimentación e estilos de vida. Saberá transmitir os conceptos xerais da nutrición de precisión baseada nestes modelos.
- Saberá identificar as condicións metabólicas maternas de risco durante a xestación e lactancia. adquiriría coñecementos sobre os factores socioeconómicos, culturais, ambientais e estilos de vida nas mulleres grávidas e nos seus fillos con influencia sobre un crecemento e desenvolvemento.
- adquiriría coñecementos sobre a estrutura e función da placenta. Será capaz de valorar o crecemento intrauterino en base ás medidas ecográficas e o emprego das curvas de crecemento fetal de referencia. Saberá transmitir a importancia das intervencións de saúde durante a idade reprodutiva da muller. adquiriría coñecementos sobre recomendacións nutricionais durante o embarazo e lactancia enfocadas na prevención das complicacións máis frecuentes.
- adquiriría coñecementos sobre os factores moduladores da expresión xénica, cambios epixenéticos e do fenotipo e a súa relación con diferentes patologías. Saberá interpretar as novas metodoloxías de análises epidemiolóxico, bioinformático e de intelixencia artificial (machine learning). Será capaz de deseñar estratexias de prevención das enfermidades a través dos coñecementos sobre re-programación. adquiriría coñecementos para o deseño de terapias individualizadas.
- Saberá utilizar a nutrición en cada etapa do desenvolvemento desde un enfoque multidisciplinar; Saberá como aplicar a nutrición nun contorno clínico, en investigación, en estratexias preventivas e en educación nutricional de pais e nenos. adquiriría coñecementos sobre as recomendaciones nutricionais máis actualizadas para cada idade e situación patolóxica durante a infancia e adolescencia.
- Saberá transmitir o coñecemento sobre o concepto da programación precoz e desenvolvemento do sistema inmune.
- Saberá transmitir os coñecementos sobre os factores nutricionais e inmunomoduladores do leite materno. Saberá identificar as diferenzas na composición de fórmulas infantís de inicio e continuación, e saberá valorar o efecto potencial dos seus ingredientes sobre a saúde dos nenos. adquiriría coñecementos achega do papel da alimentación complementaria na programación precoz da saúde.

- Mostrar interese pola calidade e a excelencia na realización de diferentes tarefas
- Comprender e defender a importancia que a diversidade de culturas e costumes teñen na investigación ou práctica profesional
- Ter un compromiso ético e social na aplicación dos coñecementos adquiridos
- Ser capaz de traballar en equipos interdisciplinarios para alcanzar obxectivos comúns desde campos expertos diferenciados
- Incorporar os principios do Deseño Universal no desempeño da súa profesión

campo insuficiente

campo insuficiente

C01 Coñecer as metodoloxías adecuadas para analizar información cualitativa e cuantitativa
C02 Coñecer como presentar unha proposta gañadora, como se desenvolven as tarefas dunha investigación de calidade, como atopar as fontes do coñecemento relacionadas, cales son os condicionamentos éticos na investigación en humanos e como se avalía.
C03 Coñecer a importancia da translación da evidencia científica á práctica clínica (Medicina Traslacional)
C04 Comprender as oportunidades que representan as colaboracións interdisciplinares en investigación (redes, consorcios interuniversitarios, proxectos coordinados multicéntricos,..) nun contexto nacional ou internacional
C05 Adquirir coñecementos sobre os diferentes mecanismos fisiolóxicos, moleculares e xenéticos implicados na programación precoz da saúde e a enfermidade, e as recomendacións nutricionais durante os primeiros 1000 días de vida, a infancia e a adolescencia
C06 Coñecer os modelos preditivos baseados na xenética (epigenética, expresión génica, genotipo, fenotipo), alimentación, estilos de vida e factores ambientais, como avaliar o risco para a saúde maternoinfanto-xuvenil e como deseñar terapias individualizadas.
C07 Coñecer o establecemento, desenvolvemento e especialización da microbiota nos distintos tecidos do organismo {líquido amniótico, placenta, xenitais (vaxina), leite materno, pel, conjuntiva, tecido pulmonar, mucosa oral, tubo dixestivo} desde o inicio da vida e o seu papel na saúde do neno e adolescente
C08 Identificar as condicións metabólicas maternas de risco durante a xestación e lactación, así como os factores socioeconómicos, culturais, ambientais e estilos de vida nas embarazadas e nos seus fillos con influencia sobre o crecemento e desenvolvemento
C09 Adquirir coñecementos de estatística básica cálculo do tamaño muestral, estimar parámetros poboacionais (medias e proporcións) a partir dos valores muestrales, realizar os correspondentes Intervalos de confianza,..
C010 Adquirir coñecementos acerca da posible asociación de variables cualitativas mediante os test Chi-Cadrado e Test exacto de Fisher.
C011 Coñecer a estrutura, utilidade e desenvolvemento das revisións sistemáticas e guías de práctica clínica.
C012 Coñecer os fundamentos da investigación científica
C013 Comprender os procesos fisiolóxicos, bioquímicos e metabólicos implicados no tema de estudo e dos procedementos para a xeración de bases de datos, a análise de datos adecuado e específico

Mobilidade

Na USC, a mobilidade de estudantes propios e de acollida está regulada por: Regulamento de intercambios interuniversitario de estudantes da USC e información: https://www.usc.gal/es/normativa/alumnado/index.html
https://www.usc.gal/gl/servizos/area/internacional

Prácticas

Prácticas curriculares presenciais externas. Permitirán ao alumno coñecer de primeira man como se traballa en diferentes contornas nos que se utilizan de forma práctica os coñecementos que se imparten no Máster, dándolle a oportunidade de elixir entre diferentes tipos de actividades, segundo a súa formación e experiencia.

O programa obriga ao alumno para investigar nun tema seleccionado entre as diferentes liñas de investigación que se ofertan, a formular novas hipóteses e traballar intensamente para desenvolver as actividades que se lle propoñen ao longo do curso académico de forma continuada. Ademais, os alumnos deben deseñar un estudo, elaborar protocolos característicos de investigación en embarazadas, lactantes, placenta, nenos e adolescentes, coñecer, comprender e ter en conta as implicacións éticas, realizar a investigación, facer as análises estatísticos, e aprender como se publican e diseminan os resultados. Os titores asignados supervisarán o traballo do alumno.

Todo o profesorado está implicado na docencia a nivel europeo, pertence a grupos consolidados de investigación de máximo impacto e colaboran coas Universidades do consorcio NUTRENVIGEN-G+D Factors no desenvolvemento de diferentes Proxectos Europeos dende hai máis de 10 anos.

Isto permite que quede garantida a formación actualizada dos alumnos e que a relación establecida entre os profesores das diferentes universidades participantes favorezan a realización de convenios entre diferentes centros de recoñecido prestixio nacional e internacional.

Indicador

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

Oferta

IN01
Prazas ofertadas

Número de prazas ofertadas para cada curso académico.

Info da escala: Número enteiro

25,0

25,0

25,0

25,0

Matrícula

IN02
Matrícula

Número de estudantes matriculados nun curso académico sen contabilizar aos estudantes de programas de mobilidade incoming.

Info da escala: Número enteiro

8,0

12,0

20,0

15,0

IN03
Matrícula de acceso

Número de estudantes que se matriculan nun plan de estudos por primeira vez. Inclúe ao alumnado que traslada o seu expediente, que accede por validación parcial de estudos estranxeiros ou que se adapta desde plans en extinción.

Info da escala: Número enteiro

8,0

11,0

15,0

11,0

IN04
Matrícula de novo ingreso por preinscrición

Número de estudantes que se matriculan no primeiro curso dun plan de estudos por primeira vez, é dicir, sen contar aos estudantes que acceden a través de validación parcial de estudos estranxeiros, traslados ou adaptacións desde plans en extinción.

Info da escala: Número enteiro

8,0

11,0

15,0

11,0

IN05
Variación da matrícula de novo ingreso por preinscrición

Taxa de variación relativa da matrícula de novo ingreso por preinscrición.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

37,5

36,36

-

Perfil de entrada

IN06
Nota media de acceso por preinscrición

Nota media de acceso por preinscrición dos estudantes que inician estudos. Determina o perfil de entrada.

Info da escala: Número racional con dous decimais. O rango vai desde 0 ata o valor máximo que se pode obter en cada curso académico para a preinscrición (algúns valores históricos foron 10,00 puntos, 12,00 puntos ou 14,00 puntos).

7,8168

7,7268

7,2789

7,2696

IN08
Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre matriculados

Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre estudantes matriculados, sen contabilizar aos estudantes matriculados en programas de mobilidade incoming.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

8,33

0,0

0,0

IN09
Porcentaxe de estudantes nacionais de fóra de Galicia sobre matriculados

Porcentaje de estudiantes nacionales de fuera de Galicia sobre estudiantes matriculados, sin contabilizar los estudiantes matriculados en programas de movilidad incoming.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

12,5

33,33

50,0

33,33

IN13
Porcentaxe de matriculados que son titulados da USC

Número de estudantes matriculados no máster que son egresados da USC.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

50,0

40,0

53,33

Adecuación á demanda

IN12
Tasa de ocupación

Número de estudantes de novo ingreso por preinscrición dividido entre as prazas ofertadas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

32,0

44,0

60,0

44,0

Indicador

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

Mobilidade allea

IN18
Porcentaxe de estudantes recibidos pola USC de programas de mobilidade sobre o total de matriculados

Número de estudantes recibidos na USC nesa titulación procedentes doutras universidades (programas de mobilidade) dividido entre o número de estudantes matriculados no título.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

Indicador

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

IN22
Porcentaxe de estudantes egresados nun curso académico que ao longo dos seus estudos realizou as prácticas en empresas e institu

Relación porcentual entre os egresados dun título nun curso académico que ao longo dos seus estudos realizaron prácticas en empresas e institucións, sobre o total de estudantes egresados nese título e nese mesmo curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

80,0

100,0

100,0

Indicador

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

Abandono

IN41
Taxa de abandono RD 1393/2007

Relación porcentual entre os estudantes dunha cohorte de novo ingreso que deberon obter o título no ano académico anterior e que non se matricularon nin nese curso académico nin no anterior.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

12,5

18,18

40,0

Avaliación

IN36
Taxa de avaliación

Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios aos que se presentaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

84,38

68,47

73,67

93,7

Duración media dos estudos

IN38
Duración media dos estudos

Duración media (en anos) na que os estudantes tardan en superar os créditos correspondentes ao plan de estudos.

Info da escala: Número racional con dous decimais

1,0

1,2

1,3

1,4615

Eficiencia dos titulados

IN53
Taxa de eficiencia (rendemento dos egresados

Relación porcentual entre o número total de créditos que superou un estudante ao longo da titulación na que egresou e o número total de créditos nos que se matriculou.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

95,1

91,78

90,9

Estudantes por grupo

IN55
Media de alumnos matriculados en materias obrigatorias e de formación básica por grupo de teoría (expositivas)

Relación entre o número de alumnos matriculados en materias obrigatorias materias de formación básica e o número de grupos de teoría desas materias.

Info da escala: Número racional con dous decimais

8,0

11,0

13,0

12,0

IN56
Media de alumnos matriculados en materias optativas por grupo de teoría (expositivas)

Relación entre o número de alumnos matriculados en materias optativas e o número de grupos de teoría desas materias.

Info da escala: Número racional con dous decimais

3,1

3,8

6,2

4,0

Éxito

IN35
Taxa de éxito

Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios que superaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios aos que se presentaron.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

97,41

100,0

IN50
Taxa de éxito dos egresados

Relación porcentual entre o número total de créditos que superou un estudante ao longo da titulación na que foi egresado e o número total de créditos aos que se presentou.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

100,0

Graduación

IN37
Taxa de graduación

Relación porcentual entre os estudantes que finalizaron os estudos no tempo previsto no plan de estudos ou nun ano académico máis e a súa cohorte de ingreso. Amosa información sobre o grao de eficacia do alumnado e da institución con relación á súa actividade académica.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

87,5

63,64

60,0

Rendemento

IN34
Taxa de rendemento

Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios que superaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios en que se matricularon.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

84,38

68,47

71,76

93,7

Satisfacción

IN19
Satisfacción dos estudantes coas prácticas externas

Valoración media da enquisa de satisfacción dos estudantes coas prácticas externas.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

-

-

5,0

4,8333

IN42
Grao de satisfacción xeral dos egresados coa titulación

Valoración media das preguntas relativas á satisfacción coa titulación da enquisa de egresados.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

-

3,26

3,55

-

IN47
Satisfacción do profesorado coa docencia impartida

Valoración media da enquisa de satisfacción do profesorado coa docencia impartida.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

-

4,8864

4,1538

4,8718

Indicador

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

IN24
Porcentaxe de Persoal Docente e Investigador (PDI) con sexenios

Relación porcentual entre o PDI con sexenios e o PDI total con docencia no título e que pode ter sexenios

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

66,67

80,0

100,0

100,0

IN25
Porcentaxe de PDI doutor sobre o PDI total

Relación porcentual entre o PDI doutor e o PDI total con docencia no título.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

77,78

100,0

100,0

IN26
Porcentaxe de PDI funcionario sobre o PDI total

Relación porcentual entre o PDI funcionario e o PDI total con docencia no título.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

50,0

55,56

71,43

62,5

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.05.2024.