Ir o contido principal
STG

Máster Universitario en Saúde Pública

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias da Saúde
Centro(s)
Facultade de Medicina e Odontoloxía
Rúa de San Francisco, s/n , 15782
Santiago de Compostela
881812219 (Conserxería)
881812237 (Decanato)
medicina.decanato [at] usc.gal
Facultade de Medicina e Odontoloxía
Rúa Entrerríos, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881812343 (Conserxería)
881812340 (Negociado)
odontoloxia.negociado [at] usc.gal
Facultade de Medicina e Odontoloxía
Rúa Choupana, s/n, 15782
Santiago de Compostela
981956183 (Conserxería)
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
Monica Perez Rios

Máster en Saúde Pública é unha denominación internacional que identifica a formación de posgrao dun profesional capaz de afrontar os problemas de saúde e os seus determinantes desde unha perspectiva poboacional; e capacita para identificar os problemas de saúde da poboación; deseñar e avaliar programas dirixidos a promover a saúde; deseñar e implementar estudos clínicos e epidemiolóxicos e avaliar a calidade dos servizos de saúde.

Duración: 1 ano académico
Código RUCT: 4311783
Número de ECTS: 60
Número prazas: 27

Decano/a ou director/a do centro:
Julián Álvarez Escudero

Coordinador-a do título:
Monica Perez Rios

Linguas de uso:
Castelán, Galego

Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela

Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
Decreto 150/2010 de 16 de setembro (DOG 23/09/2010)

Data de publicación no BOE:
28/02/2011

Data da última acreditación:
08/07/2015

Créditos que debe realizar o alumno para obter o título:
Materias Obrigatorias: 27 ECTS;
Materias Optativas: 15 ECTS;
Prácticas externas obrigatorias: 6 ECTS;
Traballo Fin de Máster: 12 ECTS;
Créditos Totais a realizar: 60 ECTS.

Non se contemplan

Planificación e Programación Sanitaria

  • P2121201
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Programas de Saúde

  • P2121202
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Economía da Saúde

  • P2121203
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Epidemioloxía Ambiental

  • P2121204
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Saúde Laboral

  • P2121205
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Farmacovixilancia e Estudos de Emprego de Medicamentos

  • P2121206
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Ensaios Clínicos con Medicamentos

  • P2121207
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Saúde Pública Oral

  • P2121208
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Atención e Programación Comunitaria en Saúde Oral

  • P2121209
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 6 créditos

Técnicas estatísticas avanzadas

  • P2121210
  •  
  • Optativo
  •  
  •  
  • 3 créditos

Non se contempla

Créditos que debe realizar o alumno para obter o título:
Materias Obrigatorias: 27 ECTS;
Materias Optativas: 15 ECTS;
Prácticas externas obrigatorias: 6 ECTS;
Traballo Fin de Máster: 12 ECTS;
Créditos Totais a realizar: 60 ECTS.

Durante os primeiros días de clase, e con obxecto de manter aberta de forma dinámica unha vía de comunicación permanente cos alumnos, a Comisión Académica nomeará un titor para cada un dos alumnos, que non terá que ser necesariamente o seu futuro director de tese, e cuxas funcións principais serán a de atender ó seu titorando, derivando as cuestións que este lle suscite ás canles adecuadas, e a de facer un seguimento que permita localizar posibles dificultades académicas co adianto suficiente para ser corrixidas (orientación académica para elección de optativas, itinerarios, etc.). O seguimento e avaliación da acción titorial será realizada pola Comisión Académica do Master.
Ao longo do Máster, desenvólvese un proceso continuo de supervisión, orientación e guía por parte do profesorado. Este sistema de titorización (que se establece para cada unha das materias e para o programa global de formación), potencia a implicación e motivación do estudante no seu programa formativo.
O desenvolvemento das materias se complementa con titorías individualizadas (presenciais e online) nas que os membros do equipo docente orientan e supervisan o traballo dos alumnos. Estas titorías individualizadas están destinadas ao desenvolvemento de actividades presenciais de orientación, dinamización e titoría do traballo dos e as estudantes: orientación para a realización de informes, preparación de exposicións, procura e selección de material bibliográfico, e guía na resolución de problemas.

Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con:

  • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación.
  • A supresión gradual da impartición da docencia.
  • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.

Acceso

Para acceder aos ensinos oficiais de Máster será necesario estar en posesión de:
A.1. Un título universitario oficial español.
A.2. Un título expedido por unha institución de educación superior pertencente a outro Estado integrante do Espazo Europeo de Educación Superior que faculte no mesmo para o acceso a ensinos de Máster.
A.3. Un título pertencente a un sistema educativo alleo ao Espazo Europeo de Educación, previa comprobación pola Universidade de que o citado título acredita un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinos de posgrao.
A.4. Un título superior das Ensinanzas Artísticas Superiores do sistema educativo español.

Admisión

Modalidade: matrícula directa

Titulacións de Acceso:
1. Titulacións preferencia nivel 1:
Licenciatura ou grao en Medicina, Odontoloxía, Farmacia, Veterinaria, , Psicoloxía, Pedagoxía, Psicopedagoxía; Diplomatura ou grao en Enfermaría.
2. Titulacións preferencia nivel 2:
Licenciatura ou grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos; Diplomatura ou grao en Nutrición Humana e Dietética, Óptica e Optometría.
3. Titulacións preferencia nivel 3:
Licenciatura ou grao en Ciencias Ambientais, Bioloxía, Socioloxía, Xornalismo; Diplomatura ou grao en Fisioterapia, Podoloxía.
4. Titulacións preferencia nivel 4:
Outras titulacións

Os alumnos procedentes de países de lingua diferente ao galego, portugués ou español deberán acreditar o nivel de lingua galega: Celga II, ou española: B1, consonte o Acordo do Consello de Goberno da USC do 30 de xullo de 2018.

De non posuíren algún dos títulos, a USC realizaralles unha proba de nivel e, de non superala, deberán asistir a un curso intensivo de galego ou español no primeiro semestre até acadaren o nivel requirido.

Modalidade: matrícula directa

Titulacións de Acceso:
1. Titulacións preferencia nivel 1:
Licenciatura ou grao en Medicina, Odontoloxía, Farmacia, Veterinaria, , Psicoloxía, Pedagoxía, Psicopedagoxía; Diplomatura ou grao en Enfermaría.
2. Titulacións preferencia nivel 2:
Licenciatura ou grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos; Diplomatura ou grao en Nutrición Humana e Dietética, Óptica e Optometría.
3. Titulacións preferencia nivel 3:
Licenciatura ou grao en Ciencias Ambientais, Bioloxía, Socioloxía, Xornalismo; Diplomatura ou grao en Fisioterapia, Podoloxía.
4. Titulacións preferencia nivel 4:
Outras titulacións

Os alumnos procedentes de países de lingua diferente ao galego, portugués ou español deberán acreditar o nivel de lingua galega: Celga II, ou española: B1, consonte o Acordo do Consello de Goberno da USC do 30 de xullo de 2018.

De non posuíren algún dos títulos, a USC realizaralles unha proba de nivel e, de non superala, deberán asistir a un curso intensivo de galego ou español no primeiro semestre até acadaren o nivel requirido.

1- Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa Saúde Pública
2- Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
3- Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións (e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan) a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
4- Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.

- Adquirir unha visión ampla do concepto de saúde e dos principais modelos e sistemas sanitarios.
- Identificar os factores de risco que poden afectar á saúde e coñecer como estes actúan.
- Coñecer o funcionamento da Administración sanitaria.
- Deseñar e analizar estudos epidemiolóxicos
- Ser capaz de manexar as ferramentas estatísticas necesarias para a análise de datos de saúde da poboación.
- Estará en condicións de identificar os problemas de saúde da comunidade, analizalos nos seus diversos aspectos (biomédicos, ambientais, sociais, económicos e legais), mediante a aplicación da metodoloxía epidemiolóxica, e propor a adopción das medidas preventivas máis adecuadas.
- Recoñecer e valorar as relacións entre os factores ambientais e a saúde da comunidade
Ser capaz de aplicar medidas de promoción da saúde mediante técnicas de comunicación e educación individual e de grupo.

Mobilidade

A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional

Prácticas

A adecuada formación destes profesionais esixe a realización durante o seu proceso formativo de prácticas en unidades administrativas con funcións de saúde pública da Consellería de Sanidade e en centros e unidades de atención especializada e atención primaria do SERGAS.
A diferente formación de base dos alumnos e a súa diferente orientación profesional dentro do amplo campo da Saúde Pública, aconsella que a formación práctica sexa máis personalizada e responda na medida do posible á orientación profesional que o alumno prefira.
Para ese efecto, o alumno elaborará de acordo co seu titor, e propoñerá á Comisión Académica do Master, coa antelación suficiente, un programa de prácticas acorde coa súa formación de base e orientación profesional futura dentro do campo da Saúde Pública, seleccionando os contidos entre os que se ofertan. O devandito programa de prácticas debe ser aprobado pola Comisión Académica do Master que poderá realizar as modificacións que considere oportunas, tras o cal asignaráselle o /os lugares onde realizará as prácticas.
Comprende unha avaliación continuada e unha avaliación final. A avaliación continuada será realizada polo titor académico durante o tempo de realización das mesmas. Ao finalizar as prácticas, para a avaliación final, o alumno debe presentar unha Memoria de prácticas na que detalle todas as actividades realizadas. Dita Memoria debe levar o visto bó do Titor. A avaliación final será realizada por unha Comisión nomeada pola Comisión Académica do Master, que estará integrada por tres profesores do Master entre os que estará o Coordinador de prácticas e o Titor académico. Na avaliación final terase en conta o informe do titor académico sobre a avaliación continuada así como a memoria presentada polo alumno.
Entre os contidos das prácticas temos: vixilancia epidemiolóxica, control das enfermidades transmisibles, seguridade alimentaria, sanidade ambiental, estilos de vida saudables, promoción da saúde, educación para a saúde, inspección sanitaria e laboratorios de saúde pública, etc.
O Director do Master nomeará entre os membros do equipo de dirección ao Coordinador de Prácticas. A súa misión será coordinar todo o proceso de prácticas nas institucións sanitarias; participar na asignación de titores de prácticas, e coordinar o seguimento e avaliación das prácticas desde o punto de vista académico. Así mesmo será o responsable de asinar as actas de prácticas externas conforme aos criterios de avaliación que se fixen e de acordo co procedemento de avaliación xa establecido.
Así mesmo designarase un Titor académico que será un profesor do Master, nomeado pola Comisión Académica para cada práctica ofertada, coa misión de facer un seguimento máis directo da práctica, dar resposta ás expectativas formativas establecidas, asegurar o seu correcto desenvolvemento e informar en primeira instancia sobre as memorias de prácticas entregadas polo estudante.

Terá unha extensión de 12 créditos. Poderá consistir nun traballo empírico relacionado con calquera das liñas de investigación que se ofertan no Máster, ou ben nunha achega eminentemente teórica, que recolla a revisión bibliográfica actualizada, exhaustiva, sistematizada e crítica sobre algún aspecto de coñecemento vinculado a estas liñas, xunto cunha proposta de investigación detallada destinada á resolución dun problema científico suscitado nese ámbito.
O TFM consistirá nun traballo orixinal dirixido por un ou máis profesores do equipo docente. Este traballo iniciará ao alumno na investigación científica, permitíndolle adquirir as destrezas, técnicas, coñecementos sobre a materia e capacidade de análise e crítica para desenvolver un posible labor investigador.
Este traballo inclúe tanto actividades presenciais (asistencia a sesións de autorización individual, presentación e defensa pública dos proxectos suscitados) como non presenciais (revisión bibliográfica actualizada e completa en referencia a un tema, deseño da investigación, tratamento estatístico dos datos, interpretación e discusión de resultados, elaboración de conclusións, redacción do informe final, ensaios para a defensa oral do traballo).
No referente á avaliación, seguirase unha metodoloxía uniforme en que se valorará o rendemento e as habilidades adquiridas a través dunha combinación equilibrada entre actividades de avaliación formativa e de avaliación final. A primeira debe valorar o esforzo e o progreso na aprendizaxe, e incentivar unha dedicación constante á materia. A segunda permitirá valorar os resultados da aprendizaxe.

O Máster organízase desde a Área de Medicina Preventiva e Saúde Pública e conta ademais con profesores de Análise Económica e Estatística, así como con profesionais da Dirección Xeral de Innovación e Xestión de Saúde Pública da Xunta de Galicia e técnicos do campo da intervención comunitaria.

A Área de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC é referencia internacional en investigación en Saúde Pública. Está integrada no Centro de Investigación Biomédica en Rede (CIBER) desde 2006, que inclúe os grupos máis competitivos a nivel nacional. É Grupo de Referencia Competitiva da Xunta de Galicia e está integrada no Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS), acreditado polo Instituto de Saúde Carlos III. A última avaliación deste organismo situouna en 5º lugar en Excelencia Científica entre os 43 grupos do IDIS. A Área ven colaborando con múltiples centros de prestixio como a OMS, as universidades de Harvard, Brown, Aveiro ou o Centro Nacional de Epidemioloxía.

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

Oferta

IN01
Prazas ofertadas

Número de prazas ofertadas para cada curso académico.

Info da escala: Número enteiro

23,0

23,0

23,0

23,0

27,0

23,0

Matrícula

IN02
Matrícula

Número de estudantes matriculados nun curso académico sen contabilizar aos estudantes de programas de mobilidade incoming.

Info da escala: Número enteiro

25,0

28,0

32,0

30,0

32,0

30,0

IN03
Matrícula de acceso

Número de estudantes que se matriculan nun plan de estudos por primeira vez. Inclúe ao alumnado que traslada o seu expediente, que accede por validación parcial de estudos estranxeiros ou que se adapta desde plans en extinción.

Info da escala: Número enteiro

17,0

15,0

19,0

19,0

17,0

19,0

IN04
Matrícula de novo ingreso por preinscrición

Número de estudantes que se matriculan no primeiro curso dun plan de estudos por primeira vez, é dicir, sen contar aos estudantes que acceden a través de validación parcial de estudos estranxeiros, traslados ou adaptacións desde plans en extinción.

Info da escala: Número enteiro

18,0

15,0

19,0

19,0

17,0

19,0

IN05
Variación da matrícula de novo ingreso por preinscrición

Taxa de variación relativa da matrícula de novo ingreso por preinscrición.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

38,46

-16,67

26,67

0,0

-10,53

-

Perfil de entrada

IN06
Nota media de acceso por preinscrición

Nota media de acceso por preinscrición dos estudantes que inician estudos. Determina o perfil de entrada.

Info da escala: Número racional con dous decimais. O rango vai desde 0 ata o valor máximo que se pode obter en cada curso académico para a preinscrición (algúns valores históricos foron 10,00 puntos, 12,00 puntos ou 14,00 puntos).

7,4551

6,4003

7,2104

7,0222

7,2404

6,9004

IN08
Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre matriculados

Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre estudantes matriculados, sen contabilizar aos estudantes matriculados en programas de mobilidade incoming.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

16,0

25,0

28,13

23,33

28,13

36,67

IN09
Porcentaxe de estudantes nacionais de fóra de Galicia sobre matriculados

Porcentaje de estudiantes nacionales de fuera de Galicia sobre estudiantes matriculados, sin contabilizar los estudiantes matriculados en programas de movilidad incoming.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

12,0

10,71

6,25

10,0

6,25

6,67

IN13
Porcentaxe de matriculados que son titulados da USC

Número de estudantes matriculados no máster que son egresados da USC.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

-

-

36,67

50,0

53,33

Adecuación á demanda

IN12
Tasa de ocupación

Número de estudantes de novo ingreso por preinscrición dividido entre as prazas ofertadas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

78,26

65,22

82,61

82,61

62,96

82,61

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

Mobilidade allea

IN18
Porcentaxe de estudantes recibidos pola USC de programas de mobilidade sobre o total de matriculados

Número de estudantes recibidos na USC nesa titulación procedentes doutras universidades (programas de mobilidade) dividido entre o número de estudantes matriculados no título.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

3,57

0,0

0,0

0,0

0,0

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

IN22
Porcentaxe de estudantes egresados nun curso académico que ao longo dos seus estudos realizou as prácticas en empresas e institu

Relación porcentual entre os egresados dun título nun curso académico que ao longo dos seus estudos realizaron prácticas en empresas e institucións, sobre o total de estudantes egresados nese título e nese mesmo curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

Abandono

IN41
Taxa de abandono RD 1393/2007

Relación porcentual entre os estudantes dunha cohorte de novo ingreso que deberon obter o título no ano académico anterior e que non se matricularon nin nese curso académico nin no anterior.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

7,69

22,22

0,0

21,05

15,79

17,65

Avaliación

IN36
Taxa de avaliación

Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios aos que se presentaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

79,14

80,75

79,26

74,34

76,51

81,98

Duración media dos estudos

IN38
Duración media dos estudos

Duración media (en anos) na que os estudantes tardan en superar os créditos correspondentes ao plan de estudos.

Info da escala: Número racional con dous decimais

1,2857

1,6364

1,3571

1,8182

1,6667

1,5333

Eficiencia dos titulados

IN53
Taxa de eficiencia (rendemento dos egresados

Relación porcentual entre o número total de créditos que superou un estudante ao longo da titulación na que egresou e o número total de créditos nos que se matriculou.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

92,72

86,96

92,46

84,62

89,29

88,79

Estudantes por grupo

IN32
Media de alumnos por grupo de docencia interactiva

Relación entre o número de alumnos matriculados e o número de grupos de docencia interactiva.

Info da escala: Número racional con dous decimais

14,1111

12,1875

14,8125

14,375

14,625

15,1875

IN55
Media de alumnos matriculados en materias obrigatorias e de formación básica por grupo de teoría (expositivas)

Relación entre o número de alumnos matriculados en materias obrigatorias materias de formación básica e o número de grupos de teoría desas materias.

Info da escala: Número racional con dous decimais

-

17,1667

19,8333

19,0

19,5

20,8333

IN56
Media de alumnos matriculados en materias optativas por grupo de teoría (expositivas)

Relación entre o número de alumnos matriculados en materias optativas e o número de grupos de teoría desas materias.

Info da escala: Número racional con dous decimais

-

8,3333

10,7778

10,8889

10,7778

10,8889

Éxito

IN35
Taxa de éxito

Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios que superaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios aos que se presentaron.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

86,82

96,36

92,44

92,26

93,31

96,98

IN50
Taxa de éxito dos egresados

Relación porcentual entre o número total de créditos que superou un estudante ao longo da titulación na que foi egresado e o número total de créditos aos que se presentou.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

92,72

86,96

92,46

93,62

97,72

98,05

Graduación

IN37
Taxa de graduación

Relación porcentual entre os estudantes que finalizaron os estudos no tempo previsto no plan de estudos ou nun ano académico máis e a súa cohorte de ingreso. Amosa información sobre o grao de eficacia do alumnado e da institución con relación á súa actividade académica.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

69,23

55,56

53,33

63,16

63,16

76,47

Rendemento

IN34
Taxa de rendemento

Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios que superaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios en que se matricularon.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

68,72

77,81

73,27

68,59

71,4

79,5

Satisfacción

IN19
Satisfacción dos estudantes coas prácticas externas

Valoración media da enquisa de satisfacción dos estudantes coas prácticas externas.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

-

-

-

4,8

4,44

3,7933

IN23
Satisfacción dos egresados coa información pública dispoñible

Valoración media da enquisa de satisfacción dos egresados coa información pública dispoñible.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

3,2

3,3571

-

-

-

-

IN33
Grao de satisfacción dos egresados cos servizos

Valoración media das preguntas relativas á satisfacción cos servizos da enquisa de egresados.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

3,0

3,875

-

-

-

-

IN42
Grao de satisfacción xeral dos egresados coa titulación

Valoración media das preguntas relativas á satisfacción coa titulación da enquisa de egresados.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

3,0851

3,5441

-

3,26

3,55

-

IN46
Satisfacción do alumnado coa docencia recibida

Valoración media da enquisa de satisfacción do alumnado coa docencia recibida.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

4,27

4,31

3,65

4,19

3,48

3,97

IN47
Satisfacción do profesorado coa docencia impartida

Valoración media da enquisa de satisfacción do profesorado coa docencia impartida.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

4,437

4,5195

4,1518

4,6915

4,651

4,5897

IN48
Taxa de resposta na enquisa de satisfacción

Porcentaxe de resposta na enquisa de satisfacción por parte do alumnado.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

50,0

48,1481

46,1538

25,0

47,8261

39,2857

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

IN24
Porcentaxe de Persoal Docente e Investigador (PDI) con sexenios

Relación porcentual entre o PDI con sexenios e o PDI total con docencia no título e que pode ter sexenios

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

80,0

88,89

90,0

90,0

100,0

100,0

IN25
Porcentaxe de PDI doutor sobre o PDI total

Relación porcentual entre o PDI doutor e o PDI total con docencia no título.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

92,31

83,33

93,75

89,47

88,89

82,35

IN26
Porcentaxe de PDI funcionario sobre o PDI total

Relación porcentual entre o PDI funcionario e o PDI total con docencia no título.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

76,92

90,0

62,5

52,63

72,73

47,06

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.04.2023.