Afectacións do Parkinson na visión e o seu manexo optométrico.
Autoría
M.P.B.
Grao en Óptica e Optometría
M.P.B.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
08.02.2024 12:30
08.02.2024 12:30
Resumo
A Enfermidade de Parkinson é unha enfermidade neurodexenerativa crónica caracterizada pola perda dopaminérxica e a agregación proteica en forma de corpos de Lewy. Maniféstase cunha serie de síntomas motores como a rixidez corporal, a bradicinesia ou os tremores, e con síntomas non motores como alteracións cognitivas, de soño… En relación cos problemas visuais en persoas con Enfermidade de Parkinson observáronse alteracións na visión da cor, problemas na sensibilidade ao contraste, problemas nos movementos visuais ou alteracións nas estruturas oculares como as pálpebras, a córnea ou a retina, que poderán dar lugar a complicacións como o ollo seco. O papel do óptico optometrista pode ser fundamental para diagnosticar, avaliar e tratar estes problemas visuais axudando a que as complicacións da enfermidade sexan as menores posibles e permítaselle ao paciente poder contar cunha boa calidade de vida.

Dirección
PEREZ BALADRON, ADRIAN (Titoría)
PEREZ BALADRON, ADRIAN (Titoría)
Tribunal
YEBRA-PIMENTEL VILAR, EVA (Presidente/a)
ABALO LOJO, JOSE MANUEL (Secretario/a)
GARCIA DOMINGUEZ, GONZALO (Vogal)

Función visual e baloncesto.
Autoría
M.C.B.
Grao en Óptica e Optometría
M.C.B.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
11.07.2024 10:00
11.07.2024 10:00
Resumo
A popularidade do baloncesto a nivel mundial destaca con máis de 450 millóns de xogadores e con un incremento significativo de licencias en España. Neste Traballo de Fin de Grado realízase unha revisión da literatura existente sobre a importancia da función visual na práctica do baloncesto. Ademáis, administrouse unha enquisa sobre a influencia da visión deportiva no baloncesto a persoas que practican este deporte. Os estudios revisados evidencian que, polo xeral, os deportistas presentan habilidades visuais superiores ás persoas non atletas; destacando como habilidades visuais relevantes na práctica do baloncesto a visión periférica e a agudeza visual dinámica entre otras. Ademáis, a literatura consultada indica que o entrenamiento visual pode mellorar o rendimento deportivo nos xogadores, estando entre as técnicas de entrenamiento neste deporte dispositivos como o fitlight. Os resultados da enquisa administrada concluiron que unha cifra moi significativa dos atletas descoñecen a importancia da optometría deportica para mellorar o seu rendimento, polo que será necesario un gran avance xunto con máis estudios para súa evolución.

VAZQUEZ SANCHEZ, MARIA COVADONGA (Titoría)
VAZQUEZ SANCHEZ, MARIA COVADONGA (Titoría)
Tribunal
BROCOS FERNANDEZ, MARIA DEL PILAR (Presidente/a)
GARCIA RESUA, CARLOS (Secretario/a)
GIGIREY PRIETO, LUZ MARIA (Vogal)

Correlación entre os índices da Biomecánica Corneal e a gravidade do Queratocono.
Autoría
A.J.F.G.
Grao en Óptica e Optometría
A.J.F.G.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
11.07.2024 17:15
11.07.2024 17:15
Resumo
O queratocono é unha enfermidade corneal ectásica que afecta á morfoloxía e á biomecánica corneal. Nos últimos anos investigouse a biomecánica corneal como un factor clave no diagnóstico e manexo do queratocono. No seguinte traballo realízase unha revisión bibliográfica sobre a relación entre os índices de biomecánica corneal e a gravidade do queratocono, determinando a utilidade dos distintos dispositivos e os seus parámetros biomecánicos na predición e seguimento desta patoloxía ocular.

LEMA GESTO, MARIA ISABEL (Titoría)
Regueiro Lorenzo, Uxía Cotitoría
LEMA GESTO, MARIA ISABEL (Titoría)
Regueiro Lorenzo, Uxía Cotitoría
Tribunal
GONZALEZ GARCIA, FRANCISCO (Presidente/a)
Punín Dorrio, Eva (Secretario/a)
RODRIGUEZ REQUENA, JESUS (Vogal)

Terapia visual para as anomalías binoculares non estrábicas
Autoría
C.R.M.
Grao en Óptica e Optometría
C.R.M.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
13.09.2024 11:00
13.09.2024 11:00
Resumo
As disfuncións binoculares non estrábicas son cada vez máis comuns na actualidade dun óptico optometrista e; o tratamento mediante terapia visual moito máis notorio. A terapia visual utilízase para mitigar tanto os signos como os síntomas de, neste caso, as disfuncións binoculares non estrábicas. No primeiro lugar, explicaránse as diversas disfuncións binoculares tanto acomodativas como verxenciais, explicando cales son os síntomas y os signos; seguido dunha breve explicación dos diversos exercicios que compoñen una terapia visual, así como a eficacia da mesma. Por último, creáronse dous protocolos de terapia visual con base en varios casos clínicos, un sobre a insuficiencia de converxencia e, en último lugar, un sobre a insuficiencia acomodativa; tendo en conta que son as disfuncións binoculares máis comuns no gabinete optométrico.

CALO SANTIAGO, ROSA (Titoría)
CALO SANTIAGO, ROSA (Titoría)
Tribunal
CALO SANTIAGO, ROSA (Titor do alumno)
CALO SANTIAGO, ROSA (Titor do alumno)
Tomografía de Coherencia Óptica na práctica optométrica
Autoría
V.V.F.
Grao en Óptica e Optometría
V.V.F.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
16.09.2024 16:00
16.09.2024 16:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao afonda na Tomografía de Coherencia Óptica (OCT), analizando a súa importancia na optometría. Esta tecnoloxía permite obter imaxes tridimensionais de alta resolución das estruturas oculares, o que facilita o diagnóstico e seguimento de distintas patoloxías. Explóraranse os tipos de OCT, as súas aplicacións clínicas e o seu impacto na adaptación de lentes de contacto. A pesar dos seus beneficios, a súa utilización está limitada debido a diversos factores como o custo e a necesidade de formación especializada. Unha enquisa mostrará datos relevantes sobre a integración actual da técnica no ámbito optométrico e a opinión crítica dos especialistas ao respecto do seu uso. A OCT é crucial para mellorar a práctica optométrica, aínda que a súa integración enfróntase a desafíos signiticativos.

ABALO LOJO, JOSE MANUEL (Titoría)
GONZALEZ GARCIA, FRANCISCO Cotitoría
ABALO LOJO, JOSE MANUEL (Titoría)
GONZALEZ GARCIA, FRANCISCO Cotitoría
Tribunal
ABALO LOJO, JOSE MANUEL (Titor do alumno)
GONZALEZ GARCIA, FRANCISCO (Titor do alumno)

O papel do óptico-optometrista no desenvolvemento e manexo da miopía.
Autoría
S.D.N.D.
Grao en Óptica e Optometría
S.D.N.D.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
08.07.2024 09:00
08.07.2024 09:00
Resumo
A miopía é o erro refractivo máis común, e é considerado un problema de saúde pública. A súa prevalencia vai en aumento, coa previsión para 2050 de que a metade da poboación será miope. É fundamental lograr frear o avance da miopía, para o cal o óptico optometrista ten unha función moi importante. Na actualidade existen factores de risco que provocan unha aparición temperá da miopía, ou que provocan un desenvolvemento excesivo, polo que hai que incidir neles, co fin de controlalos. Para lograr frear o seu avance, é importante aplicar correctamente as diferentes métodos de corrección existentes, así como prever posibles complicacións que a acompañan. Se alcanza altos valores, a miopía considérase patolóxica, o que pode determinar que o paciente alcance o status de baixa visión. Nesta situación, o óptico optometrista deberá aplicar unha serie de tratamentos que van máis alá da corrección óptica. Por tanto, no presente Traballo de Fin de Grao, realizouse unha análise bibliográfica onde se recolle a etioloxía da miopía, cos étodos actuais de corrección da miopía, e todos os riscos que conleva, así como as funcións que ten o óptico optometrista fronte á miopía.

NOIA GULDRÍS, MANUEL (Presidente/a)
DUBRA FERNANDEZ, ALEXANDER (Secretario/a)
SANCHEZ SELLERO, CESAR ANDRES (Vogal)

Alteracións visuais en pacientes con Alzheimer
Autoría
Y.S.M.
Grao en Óptica e Optometría
Y.S.M.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
08.07.2024 10:00
08.07.2024 10:00
Resumo
Este traballo de fin de grao céntrase en identificar as principais alteracións visuais presentes nos pacientes coa enfermidade de Alzheimer (EA), dada a evidencia que avala a importancia da EA e a necesidade de identificar novas probas máis rápidas, económicas e menos invasivas para a súa detección precoz. O obxectivo principal deste traballo é determinar cales son as alteracións visuais máis frecuentes nos pacientes con EA, así como determinar a posible relación entre estas e a progresión da enfermidade. Para iso realízase unha revisión bibliográfica da literatura científica existente, incluíndo diversos artigos e estudos sobre o tema. Os resultados da revisión mostran que, a medida que aumenta a prevalencia da EA, faise necesario implementar medidas de prevención. Para iso é fundamental considerar os principais factores de risco asociados a esta patoloxía e tomar conciencia do perigo que representan, para tratar de mellorar a calidade e o estilo de vida dos pacientes. Ademais, observouse que a progresión neuropatolóxica ocorre tanto no ollo como no cerebro, e que os individuos presentan cambios a nivel ocular, principalmente cambios estruturais na retina e nervio óptico (NO) que contribúen á aparición das alteracións visuais. A partir de cambios na agudeza visual (AV), sensibilidade ao contraste (SC), visión das cores (VC), campo visual (CV), motilidade ocular, percepción de profundidade ou estereopse e cambios na resposta e reflexo pupilar, que poden manifestarse de varias maneiras e en diferentes etapas da enfermidade. Por último, conclúese que a investigación neste ámbito é moi necesaria, non só para mellorar a atención clínica e a calidade de vida dos pacientes, familiares e coidadores, senón tamén para valorar estas alteracións visuais como estratexias diagnósticas que detecten esta enfermidade dunha forma temperá.

GIGIREY PRIETO, LUZ MARIA (Titoría)
GIGIREY PRIETO, LUZ MARIA (Titoría)
Tribunal
NOIA GULDRÍS, MANUEL (Presidente/a)
DUBRA FERNANDEZ, ALEXANDER (Secretario/a)
SANCHEZ SELLERO, CESAR ANDRES (Vogal)
NOIA GULDRÍS, MANUEL (Presidente/a)
DUBRA FERNANDEZ, ALEXANDER (Secretario/a)
SANCHEZ SELLERO, CESAR ANDRES (Vogal)
Lágrimas artificiais
Autoría
A.V.S.
Grao en Óptica e Optometría
A.V.S.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
08.07.2024 11:00
08.07.2024 11:00
Resumo
As lágrimas artificiais son un produto sanitario que se aplica por vía tópica e que debe de presentar unhas propiedades similares á lágrima natural, tanto no contido en auga como nas propiedades físico-bioquímicas. Poderémolas clasificar segundo o formato do seu envasado, da presencia ou non de conservantes e da súa composición, sendo o seu principal uso como tratamento do síndrome do ollo seco. Esta patoloxía ten como factores de risco, os cales aumentan a probabilidade da súa aparición, a idade, o sexo, o uso de aparatos electrónicos ou a inxesta de determinados medicamentos. Outros usos das lágrimas artificiais serían para mellorar a confortabilidade no porte de LC e a súa utilización despois da cirurxía refractiva. As indicacións de uso destes produto veñen dadas polo fabricante e, polo xeral, non poñen límite de usos diarios ao paciente. Este, debe de seguir unhas normas básicas para a instilación da lágrima artificial, para realizar un correcto uso dela. Estímase que entre o 5% e o 30% da poboación mundial debería de usar este preparado oftálmico sendo os perfís de pacientes máis frecuentes que deberían utilizalo mulleres menopáusicas, persoas maiores a 50 anos, portadores de lentes de contacto e profesionais que traballen diariamente con pantallas electrónicas, sendo estes pacientes un perfil moi frecuente que se presenta no gabinete optométrico con síntomas e signos de sequidade ocular ou co síndrome do ollo seco.

Emetropización e corrección óptica
Autoría
J.N.G.
Grao en Óptica e Optometría
J.N.G.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
05.02.2024 09:30
05.02.2024 09:30
Resumo
A emetropización é o proceso mediante o cal o globo ocular elóngase segundo as señais visuais que recibe para conseguir posicionar a retina no plano focal e obter imaxes nítidas de obxectos lonxanos. Coñecer os diferentes factores que inflúen no proceso e aqueles que poden ser modificados é esencial para poder intervir cando sexa necesario e lograr así rematar o proceso en emetropía ou coa menor ametropía posible. Cando a ametropía está fóra dos valores fisiolóxicos nos primeiros 3-4 anos de vida é necesario valorar a opción de prescribir corrección óptica para axudar á correcta emetropización. Obxectivo: analizar os diferentes factores que inflúen no proceso, así como as diferentes pautas de prescripción dependendo da idade do neno para rematar o proceso coa menor ametropía posible. Resultados: tanto factores xenéticos coma anatómicos interveñen no proceso de emetropización, mais son os factores extrínsecos os que cobran maior importancia ao poder ser modificados para intervir no proceso de emetropización. É necesario antes de prescribir corrección óptica a un neno, valorar diversos factores como o grao de ametropía que presenta, se refiere sintomatoloxía e o grao de escolaridade e o rendemento escolar se xa comezou esa etapa. Se é finalmente necesaria a prescripción, é necesario seguir unha serie de pautas de corrección e posteriores seguimentos.

Ferreiro Figueiras, Dolores Purificación (Titoría)
Ferreiro Figueiras, Dolores Purificación (Titoría)
Tribunal
Ferreiro Figueiras, Dolores Purificación (Titor do alumno)

Actualización en Cross-linking corneal (CXL) para ectasias corneais.
Autoría
L.S.R.
Grao en Óptica e Optometría
L.S.R.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
07.02.2024 17:00
07.02.2024 17:00
Resumo
Este traballo de revisión bibliográfica que consta de 9865 palabras trata sobre o Cross-linking corneal, unha técnica que úsase actualmente para fortalecer as fibras de coláxeno da córnea, indicada no tratamento das ectasias corneais, sendo un gran avance á hora de tratar estas condicións oculares, cuxo efecto, sobre todo, é deter a progresión do queratocono. Estas enfermidades causan a debilitación da córnea, ademais da súa progresiva deformación, de xeito que, o Cross-linking xunto coa riboflavina e a luz ultravioleta tipo A, encargarase de limitar seu avance. Ademais, neste traballo describirase como o uso deste procedemento e a súa evolución cambiou a forma de tratar estas ectasias corneais, aparte de explicar como os numerosos estudos e ensaios clínicos das últimas décadas axudaron á hora de entendela e desenvolvela aínda máis. Grazas a estes, mellorárona en eficacia, eficiencia e seguridade, reducindo así os efectos secundarios e aportando novas variantes do tratamento para cada caso en concreto. Por último, falarase do desenvolvemento que tomará nos próximos anos, tanto á hora de aplicala noutras patoloxías e afeccións, como as novidades e descubrimentos que espéranse proximamente, entre eles a personalización da terapia a casos concretos ou mellorar a penetración e eficacia da riboflavina.

LEMA GESTO, MARIA ISABEL (Titor do alumno)
Regueiro Lorenzo, Uxía (Titor do alumno)

Dislexia e visión
Autoría
A.K.V.P.
Grao en Óptica e Optometría
A.K.V.P.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
08.02.2024 13:00
08.02.2024 13:00
Resumo
O termo dislexia alude a un trastorno persistente relacionado coa aprendizaxe e caracterizado fundamentalmente polas dificultades para procesar a linguaxe escrita de quen a padece. Pode producirse cando a persoa xa sabe ler e escribir, como consecuencia dun dano cerebral posterior a esta aprendizaxe (adquirida) ou pode manifestarse xa na infancia, antes de que o neno teña adquiridas as habilidades de lectoescritura (evolutiva). Non se trata dunha desorde uniforme, senón que presenta distintas variantes en función das vías afectadas e das alteracións presentes nas persoas que a sofren, dando lugar a detalladas clasificacións en tipos e subtipos de dislexia, que difiren segundo os autores. É un tema que suscitou un grande interese desde que comezaron os primeiros estudos sobre el, xa no S. XIX, interese que se mantivo ata os nosos días, o que favoreceu a publicación de numerosas investigacións que abordaron este trastorno desde diferentes ámbitos: Visión, Neuroloxía, Xenética, Psicoloxía cognitiva, Psicolingüística ou Logopedia. Mais é, por outra banda, un tema moi controvertido, cunha etioloxía que aínda permanece escura, sen que exista unanimidade á hora de catalogar a dislexia unicamente como un trastorno da linguaxe ou como unha desorde máis ampla, relacionada tamén con déficits na percepción visual e auditiva e na motricidade. Existe, en todo caso, unha coincidencia á hora de sinalar a importancia do diagnóstico precoz, a través da realización de diferentes probas (neurolóxicas, psicolóxicas, visuais, auditivas, de lectura e outras habilidades), para identificar esta desorde, coa que a persoa debe convivir toda a súa vida, aínda que con terapias adecuadas, pode mellorar.

Astigmatismo. Definición, tipos, descubremento, leis, formas de prescribilos, tratamentos.
Autoría
C.L.A.
Grao en Óptica e Optometría
C.L.A.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
11.07.2024 17:35
11.07.2024 17:35
Resumo
O astigmatismo é un error refractivo que afecta a visión debido a irregularidades na córnea ou o cristalino, resultando nunha imaxe borrosa ou distorsionada. Esta condición presenta multitude de opcións de clasificación. A etioloxía do astigmatismo é complexa, estúdase a existencia dunha combinación de factores xenéticos, ambientais e fisiolóxicos que contribúen ao seu desenvolvemento. Ao longo da historia, figuras coma a de Thomas Young, George Airy ou William Whewell serviron de axuda para entender e correxir o astigmatismo. Ainda que a día de hoxe, seguen existindo numerosas incógnitas sobre este error refractivo. A detección e medición do astigmatismo lévanse a cabo mediante métodos subxectivos e obxectivos, coma a refracción subxectiva, a queratometría, a topografía corneal, a retinoscopía e nalgúns casos a oftalmoscopía. A lei de Javal, xunto coa queratometría, conforman unha ferramenta clave para estimar o astigmatismo total a partir da curvatura corneal. O cal sempre é moi útil, especialmente en casos onde los métodos subxectivos fallan. As opcións de corrección do astigmatismo inclúen lentes oftálmicas, lentes de contacto e ciruxía refractiva. Cada unha delas, evalúase en función da súa efectividade e adecuación ao grao de astigmatismo presente no paciente. Estes métodos permiten mellorar significativamente a calidade de vida das personas afectadas.

GARCIA DOMINGUEZ, GONZALO (Titoría)
GARCIA DOMINGUEZ, GONZALO (Titoría)
Tribunal
GONZALEZ GARCIA, FRANCISCO (Presidente/a)
Punín Dorrio, Eva (Secretario/a)
RODRIGUEZ REQUENA, JESUS (Vogal)
GONZALEZ GARCIA, FRANCISCO (Presidente/a)
Punín Dorrio, Eva (Secretario/a)
RODRIGUEZ REQUENA, JESUS (Vogal)
Lentes de contacto e usuarios de pantallas de visualización
Autoría
Y.S.C.
Grao en Óptica e Optometría
Y.S.C.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
10.07.2024 12:00
10.07.2024 12:00
Resumo
O uso de pantallas de visualización (PV) ten consecuencias visuais, ocular e extraocular. A nivel da superficie ocular, a película lagrimal sofre unha rápida evaporación debido á diminución da frecuencia de parpadeo cando se usan dispositivos electrónicos, ademais de crear unha disfunción das glándulas de Meibomio, especialmente nos ordenadores debido ao ángulo de mirada que se lle require. maior apertura das pálpebras e expón a córnea ao ambiente. Ademais, a radiación electromagnética e a luz azul emitida por estes dispositivos tamén provocan danos na retina. Por outra banda, a fatiga visual está moi presente no alumnado e traballadores que pasan moito tempo diante dos PV. Cando se usa nunha posición de aspecto próximo, a demanda de aloxamento e converxencia é maior e poden aparecer problemas binoculares. O uso do teléfono móbil vese afectado neste caso xa que é o dispositivo que utilizamos máis preto dos nosos ollos. Outro punto importante é o uso de lentes de contacto (CL), que se agrava gran parte do que pasou cos PV. O LC destrutura a bágoa do córnea, ofrece fricción na conxuntiva tarsal, e en moitos casos incomodidade para o usuario. Para iso, existen determinados métodos preventivos como a LC ou as gafas oftálmicas específicas que poden reducir os signos e síntomas indicados.

YEBRA-PIMENTEL VILAR, EVA (Titoría)
YEBRA-PIMENTEL VILAR, EVA (Titoría)
Tribunal
YEBRA-PIMENTEL VILAR, EVA (Titor do alumno)

Propiedades biomecánicas en ollos miopes e a súa relación coa idade
Autoría
D.R.D.
Grao en Óptica e Optometría
D.R.D.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
12.07.2024 16:00
12.07.2024 16:00
Resumo
O estudo das propiedades biomecánicas da córnea é moi útil para o diagnóstico de afeccións oculares que provocan alteración do tecido corneal. A miopía é un erro de refracción cunha alta incidencia e unha das principais causas de cegueira global. Os factores biomecánicos como a histérese corneal e o factor de resistencia corneal son investigados como posibles indicadores de miopía, pero é necesario estudar se existen outros parámetros biomecánicos corneales que contribúan a predicir a súa progresión. Ademais, recoñécese que as propiedades biomecánicas da córnea altéranse coa idade, predispoñendo a cambios en determinadas condicións da córnea. Esta revisión da literatura proporciona unha comprensión completa de como a miopía e a idade afectan ás propiedades biomecánicas da córnea e proporciona a base para futuras investigacións.
O estudo das propiedades biomecánicas da córnea é moi útil para o diagnóstico de afeccións oculares que provocan alteración do tecido corneal. A miopía é un erro de refracción cunha alta incidencia e unha das principais causas de cegueira global. Os factores biomecánicos como a histérese corneal e o factor de resistencia corneal son investigados como posibles indicadores de miopía, pero é necesario estudar se existen outros parámetros biomecánicos corneales que contribúan a predicir a súa progresión. Ademais, recoñécese que as propiedades biomecánicas da córnea altéranse coa idade, predispoñendo a cambios en determinadas condicións da córnea. Esta revisión da literatura proporciona unha comprensión completa de como a miopía e a idade afectan ás propiedades biomecánicas da córnea e proporciona a base para futuras investigacións.
Dirección
LEMA GESTO, MARIA ISABEL (Titoría)
Regueiro Lorenzo, Uxía Cotitoría
LEMA GESTO, MARIA ISABEL (Titoría)
Regueiro Lorenzo, Uxía Cotitoría
Tribunal
LEMA GESTO, MARIA ISABEL (Titor do alumno)
Regueiro Lorenzo, Uxía (Titor do alumno)
LEMA GESTO, MARIA ISABEL (Titor do alumno)
Regueiro Lorenzo, Uxía (Titor do alumno)
Lentes de contacto brandas como sistemas de administración de fármacos
Autoría
T.P.V.
Dobre grao en Farmacia e en Óptica e Optometría
T.P.V.
Dobre grao en Farmacia e en Óptica e Optometría
Data da defensa
08.02.2024 13:00
08.02.2024 13:00
Resumo
Neste traballo preséntanse as lentes de contacto brandas (SCL, do seu termo en inglés Soft Contact Lenses) como sistemas liberadores de fármacos, propoñéndoas unha alternativa á administración de gotas oftálmicas para o tratamento de enfermidades oculares. A pesar de que as gotas oftálmicas representan o 95% do mercado de fármacos oculares, sofren diversas limitacións, destacando principalmente a baixa dispoñibilidade causada polo reducido tempo de residencia ocular. Para superar estas limitacións e manter niveis terapéuticos adecuados durante un período de tempo máis longo propuxéronse as lentes de contacto brandas de administración de fármacos (DDSCL, do seu termo en inglés Drug Delivery Soft Contact Lenses). As vantaxes do uso de SCL fronte ó emprego de gotas oftálmicas son notorias: ofrecen a posibilidade de personalizar a dose de fármaco, a dosificación é máis precisa e permiten a redución da dose que atenúa a absorción sistémica, o que provoca unha redución do risco de efectos adversos colaterais, entre outros. O atractivo das DDSCL deu lugar a numerosos estudos de investigación que desenvolveron sistemas cunha alta capacidade de carga de fármacos e unha liberación equilibrada e controlada destes. Realizarase unha revisión de diversos destes estudos, destacando as posibles variacións das características químicas e físicas que poden presentar as DDSCL e a súa relevancia no tratamento de diversas enfermidades oculares, como glaucoma ou diabetes. Ademais, expoñerase unha tendencia máis recente como son as Lentes de Contacto (LC) intelixentes, unha versión máis innovadora das DDSCL que permiten axustar a dose do fármaco liberado en función dos cambios fisiolóxicos detectados por elas mesmas.

PENA VERDEAL, HUGO (Titoría)
NOYA PADIN, VERONICA Cotitoría
PENA VERDEAL, HUGO (Titoría)
NOYA PADIN, VERONICA Cotitoría
Tribunal
YEBRA-PIMENTEL VILAR, EVA (Presidente/a)
ABALO LOJO, JOSE MANUEL (Secretario/a)
GARCIA DOMINGUEZ, GONZALO (Vogal)
YEBRA-PIMENTEL VILAR, EVA (Presidente/a)
ABALO LOJO, JOSE MANUEL (Secretario/a)
GARCIA DOMINGUEZ, GONZALO (Vogal)
Lentes de contacto brandas como sistemas de administración de fármacos
Autoría
T.P.V.
Dobre grao en Farmacia e en Óptica e Optometría
T.P.V.
Dobre grao en Farmacia e en Óptica e Optometría
Data da defensa
22.02.2024 10:20
22.02.2024 10:20
Resumo
Aínda que as gotas oftálmicas representan o 90% do mercado de fármacos oculares, sofren diversas limitacións, destacando principalmente a baixa dispoñibilidade causada polo reducido tempo de residencia ocular. Para superar estas limitacións e manter niveis terapéuticos adecuados durante un período de tempo máis amplo propuxéronse as lentes de contacto brandas de administración de fármacos (DDSCL, do seu termo en inglés Drug Delivery Soft Contact Lenses). Realízase unha revisión de diversos estudos sobre as DDSCL, especialmente sobre os principais métodos de carga de fármacos en lentes de contacto brandas, indicando as vantaxes e desvantaxes específicas. Ademais, estúdase unha tendencia máis recente como son as lentes intelixentes, unha versión innovadora das DDSCL que permiten axustar a dose do fármaco liberado en función dos cambios fisiolóxicos detectados por elas mesmas.

OTERO ESPINAR, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
OTERO ESPINAR, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
Tribunal
SENDON GARCIA, RAQUEL (Presidente/a)
SANMARTIN LOPEZ, VICTOR (Secretario/a)
González Jartín, Jesús María (Vogal)
SENDON GARCIA, RAQUEL (Presidente/a)
SANMARTIN LOPEZ, VICTOR (Secretario/a)
González Jartín, Jesús María (Vogal)
Baixa visión e deporte
Autoría
A.M.B.
Grao en Óptica e Optometría
A.M.B.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
11.07.2024 10:35
11.07.2024 10:35
Resumo
A deficiencia visual afecta a máis de 2200 millóns de persoas no mundo supoñendo un impedimento na súa vida diaria tanto a nivel profesional como social. Numerosos estudos demostran que a baixa visión inflúe negativamente na calidade de vida de quen a padece, sendo frecuentes os casos de depresión e ansiedade. Esta condición afecta ao seu benestar social e emocional, especialmente naquelas persoas que a padecen de adultos. O deporte preséntase como un método de rehabilitación e inclusión social. Aínda que, se ben hai numerosos estudos sobre os beneficios xerais para a saúde, apenas existen enfocados a unha poboación con discapacidade visual. Igualmente, son escasos os estudos sobre o número de deportistas federados e sobre os facilitadores e barreiras para a práctica deportiva a nivel amateur e profesional. Esto dificulta o coñecemento das necesidades específicas e dos beneficios do deporte na súa vida cotiá. Neste Traballo Fin de Grao, realízase unha revisión da literatura sobre a baixa visión e o deporte paralímpico e amateur, ademáis de analizar unha enquisa realizada a persoas con baixa visión.
A deficiencia visual afecta a máis de 2200 millóns de persoas no mundo supoñendo un impedimento na súa vida diaria tanto a nivel profesional como social. Numerosos estudos demostran que a baixa visión inflúe negativamente na calidade de vida de quen a padece, sendo frecuentes os casos de depresión e ansiedade. Esta condición afecta ao seu benestar social e emocional, especialmente naquelas persoas que a padecen de adultos. O deporte preséntase como un método de rehabilitación e inclusión social. Aínda que, se ben hai numerosos estudos sobre os beneficios xerais para a saúde, apenas existen enfocados a unha poboación con discapacidade visual. Igualmente, son escasos os estudos sobre o número de deportistas federados e sobre os facilitadores e barreiras para a práctica deportiva a nivel amateur e profesional. Esto dificulta o coñecemento das necesidades específicas e dos beneficios do deporte na súa vida cotiá. Neste Traballo Fin de Grao, realízase unha revisión da literatura sobre a baixa visión e o deporte paralímpico e amateur, ademáis de analizar unha enquisa realizada a persoas con baixa visión.
Dirección
ABALO LOJO, JOSE MANUEL (Titoría)
GONZALEZ GARCIA, FRANCISCO Cotitoría
ABALO LOJO, JOSE MANUEL (Titoría)
GONZALEZ GARCIA, FRANCISCO Cotitoría
Tribunal
BROCOS FERNANDEZ, MARIA DEL PILAR (Presidente/a)
GARCIA RESUA, CARLOS (Secretario/a)
GIGIREY PRIETO, LUZ MARIA (Vogal)
BROCOS FERNANDEZ, MARIA DEL PILAR (Presidente/a)
GARCIA RESUA, CARLOS (Secretario/a)
GIGIREY PRIETO, LUZ MARIA (Vogal)
Lesións oculares secundarias á práctica deportiva e mecanismos de prevención
Autoría
P.F.G.
Grao en Óptica e Optometría
P.F.G.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
08.02.2024 11:30
08.02.2024 11:30
Resumo
Neste Traballo Fin de Grao abórdanse cales son os factores que inflúen á hora de presentar unha lesión ocular mentres se practica un deporte, os riesgos oculares que conleva a realización de distintos tipos de deportes e como as lesións varían segundo o tipo de deporte practicado pola persoa. Polo tanto, faremos unha revisión bibliográfica para coñocer os tipos de lesións que pode padecer o deportista e cales son as mais prevalentes segundo o tipo de deporte practicado. Ademais, veremos cales son as medidas necesarias que deberían seguir os deportistas para minimizar ou eliminar o risco de padecer lesións oculares, falando dalgúns dos tipos más comúns de protección existentes e cales son as recomendacions para as diferentes actividades deportivas, xa que non vai ser o mesmo unha protección para xogar ao paintball que para facer pesca submarina.
Neste Traballo Fin de Grao abórdanse cales son os factores que inflúen á hora de presentar unha lesión ocular mentres se practica un deporte, os riesgos oculares que conleva a realización de distintos tipos de deportes e como as lesións varían segundo o tipo de deporte practicado pola persoa. Polo tanto, faremos unha revisión bibliográfica para coñocer os tipos de lesións que pode padecer o deportista e cales son as mais prevalentes segundo o tipo de deporte practicado. Ademais, veremos cales son as medidas necesarias que deberían seguir os deportistas para minimizar ou eliminar o risco de padecer lesións oculares, falando dalgúns dos tipos más comúns de protección existentes e cales son as recomendacions para as diferentes actividades deportivas, xa que non vai ser o mesmo unha protección para xogar ao paintball que para facer pesca submarina.
Dirección
ABALO LOJO, JOSE MANUEL (Titoría)
GONZALEZ GARCIA, FRANCISCO Cotitoría
ABALO LOJO, JOSE MANUEL (Titoría)
GONZALEZ GARCIA, FRANCISCO Cotitoría
Tribunal
ABALO LOJO, JOSE MANUEL (Titor do alumno)
ABALO LOJO, JOSE MANUEL (Titor do alumno)
Función visual en condutores maiores de sesenta anos
Autoría
P.C.L.
Grao en Óptica e Optometría
P.C.L.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
05.02.2024 09:30
05.02.2024 09:30
Resumo
A condución é unha actividade que depende en gran medida da función visual. A normativa vixente establece uns criterios de aptitude mínimos relacionados coa función visual para obter ou renovar a licencia de condución, impoñendo diferentes restricións ao condutor en caso de que a súa capacidade visual diminúa e aumentando a frecuencia para renovar o permiso de conducir coa idade. Co envellecemento da poboación, estímase que o número de persoas maiores ao volante se incremente notablemente co transcurso dos anos. Isto abre un debate sobre si estes conductores son aptos para conducir; pois a idade conleva o deterioro de todos os sistemas corporais e a perda de capacidades, entre elas, a capacidade visual. Este Traballo de Fin de Grao é unha revisión bibliográfica de estudos que analizaron a importancia da función visual na capacidade de condución das persoas con 60 ou máis anos. Os estudos revisados sinalan a agudeza visual, a sensibilidade ao contraste, a resposta ao cegamento e o campo visual, entre outras, como as habilidades visuais máis relevantes na condución do adulto maior, apuntando que unha alteración das mesmas pode afectar ao seu rendemento na condución e, por tanto, na seguridade vial. Ante esta situación, é posible implementar adaptacións no vehículo ou tamén restricións na condución previos á retirada do permiso de conducir.

VAZQUEZ SANCHEZ, MARIA COVADONGA (Titor do alumno)

Baixa visión no deporte.
Autoría
L.G.D.
Grao en Óptica e Optometría
L.G.D.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
08.07.2024 13:30
08.07.2024 13:30
Resumo
A maioría das decisións que un deportista toma durante a súa actividade derivan da reacción ante estímulos que proveñen da contorna e que son percibidos a través dos seus sentidos. Dado que aproximadamente o 80% da información que recibimos do exterior chega a través da vista, a habilidade visual constitúe un factor realmente importante xa que inflúe de maneira significativa no seu desempeño. Este traballo de fin de grao consiste nunha revisión bibliográfica que se enfoca en explorar a relación entre a baixa visión e o desenvolvemento de actividades deportivas, tanto de forma recreativa como en competicións. A práctica de deportes en persoas con discapacidade visual non só busca acadar os obxectivos comúns a todas as actividades físicas, senón que, para as persoas con baixa visión, supón unha vía de escape dunha rutina ás veces sedentaria e solitaria. O deporte lles brinda a posibilidade de acadar unha maior independencia no movemento e desenvolver habilidades físicas específicas que facilitan unha mellor adaptación á vida cotiá. Por outra banda, tamén se tratarán as diferentes institucións que fan posible a realización de competicións a máis alto nivel, así como as diferentes axudas visuais e non visuais que poden utilizar os deportistas, adaptadas ao deporte que practican e ao seu grao de discapacidade visual. Xa que hai unha ampla variedade de deportes adaptados dispoñibles para as diferentes idades e niveis, o que lles permite participar en adestramentos e competicións. Estes deportes adoitan ser clasificados segundo os criterios establecidos pola IBSA, tendo en conta as capacidades visuais dos participantes.

Control de miopía
Autoría
A.B.J.
Grao en Óptica e Optometría
A.B.J.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
10.07.2024 15:00
10.07.2024 15:00
Resumo
Co gran aumento da prevalencia da miopía e a que se estima que seguirá medrando nos últimos anos é moi importante a búsqueda de métodos que poidan axudar a relentizala ou incluso facer que non se presente. xa que a miopía, a parte de ser unha ametropía, aumenta de maneira significativa o risco de desenvolver enfermidades oculares irreversibles que poden chegar a cegueira. Neste traballo recompílanse os métodos máis comúns para o control da miopía, a través dos estudios que determinan se as técnicas son ou non eficaces, e que posibles efectos adversos poden ter para os pacientes. A maioría destes métodos, como son as lentes de contacto e as oftálmicas ou a ortoqueratoloxía, pasan por evitar un desenfoque hipermetrópico periférico, que se relaciona coa progresión da miopía. A súa vez obtivéronse bos resultados co uso da atropina, pero esta pode xerar efectos adversos e presentar tamén un efecto rebote, polo que aparecen tamén novas técnicas como a luz vermella a baixa potencia que parece estar dando bos resultados sen os problemas dos efectos adversos. E tamén se viu que hai técnicas que se usaban que non cumprían os seus obxectivos, como a hipocorreción. Tamén se observou que é necesario pasar tempo ao aire libre durante a infancia, xa que pode axudar tanto ao desenvolvemento como na prevención da miopía.

Punín Dorrio, Eva (Titoría)
Punín Dorrio, Eva (Titoría)
Tribunal
Punín Dorrio, Eva (Titor do alumno)
Punín Dorrio, Eva (Titor do alumno)
Traballo Fin de Grao: Rehabilitación visual na Enfermidade de Stargardt
Autoría
A.R.V.
Grao en Óptica e Optometría
A.R.V.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
11.07.2024 18:15
11.07.2024 18:15
Resumo
A enfermidade de Stargardt é unha distrofia macular hereditaria que provoca unha perda progresiva da visión central. Este traballo investiga a prevalencia, etioloxía, signos e síntomas, e métodos de avaliación e rehabilitación para pacientes afectados. Realizouse unha revisión bibliográfica para avaliar as técnicas de rehabilitación visual, incluíndo a fixación excéntrica, o uso de axudas ópticas e non ópticas, ademais da tiflotecnoloxía. Os resultados indican que as técnicas de adestramento e as diversas axudas melloran significativamente a calidade de vida dos pacientes. Conclúese a importancia dunha avaliación optométrica completa e dun proceso de rehabilitación personalizado para o manexo efectivo da enfermidade de Stargardt.
A enfermidade de Stargardt é unha distrofia macular hereditaria que provoca unha perda progresiva da visión central. Este traballo investiga a prevalencia, etioloxía, signos e síntomas, e métodos de avaliación e rehabilitación para pacientes afectados. Realizouse unha revisión bibliográfica para avaliar as técnicas de rehabilitación visual, incluíndo a fixación excéntrica, o uso de axudas ópticas e non ópticas, ademais da tiflotecnoloxía. Os resultados indican que as técnicas de adestramento e as diversas axudas melloran significativamente a calidade de vida dos pacientes. Conclúese a importancia dunha avaliación optométrica completa e dun proceso de rehabilitación personalizado para o manexo efectivo da enfermidade de Stargardt.
Dirección
PEREZ BALADRON, ADRIAN (Titoría)
PEREZ BALADRON, ADRIAN (Titoría)
Tribunal
GONZALEZ GARCIA, FRANCISCO (Presidente/a)
Punín Dorrio, Eva (Secretario/a)
RODRIGUEZ REQUENA, JESUS (Vogal)
GONZALEZ GARCIA, FRANCISCO (Presidente/a)
Punín Dorrio, Eva (Secretario/a)
RODRIGUEZ REQUENA, JESUS (Vogal)
Avaliación do polo posterior no gabinete optométrico
Autoría
A.O.P.
Grao en Óptica e Optometría
A.O.P.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
11.07.2024 17:55
11.07.2024 17:55
Resumo
A alta prevalencia das enfermedades do polo posterior e as importantes pérdidas visuais que xeneran fan que cobre especial importancia no papel do óptico optometrista como profesional de atención primaria na prevención e detección precoz destas patoloxías. Por isto, detállanse as patoloxías máis significativas que afectan ao polo posterior, os signos característicos das mesmas e os métodos que temos no gabinete optométrico para a súa detección. Ademais, coméntanse os equipos de observación máis empregados actualmente nos centros optométricos e por último preséntase o contido que debe conter un informe optométrico.
A alta prevalencia das enfermedades do polo posterior e as importantes pérdidas visuais que xeneran fan que cobre especial importancia no papel do óptico optometrista como profesional de atención primaria na prevención e detección precoz destas patoloxías. Por isto, detállanse as patoloxías máis significativas que afectan ao polo posterior, os signos característicos das mesmas e os métodos que temos no gabinete optométrico para a súa detección. Ademais, coméntanse os equipos de observación máis empregados actualmente nos centros optométricos e por último preséntase o contido que debe conter un informe optométrico.
Dirección
CALO SANTIAGO, ROSA (Titoría)
CALO SANTIAGO, ROSA (Titoría)
Tribunal
GONZALEZ GARCIA, FRANCISCO (Presidente/a)
Punín Dorrio, Eva (Secretario/a)
RODRIGUEZ REQUENA, JESUS (Vogal)
GONZALEZ GARCIA, FRANCISCO (Presidente/a)
Punín Dorrio, Eva (Secretario/a)
RODRIGUEZ REQUENA, JESUS (Vogal)
Próteses oculares e epíteses orbitarias
Autoría
N.L.P.
Grao en Óptica e Optometría
N.L.P.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
08.07.2024 14:00
08.07.2024 14:00
Resumo
Este traballo consiste nunha revisión bibliográfica sobre próteses oculares e epítesis orbitarias. Contarase brevemente a historia das próteses oculares: cal é a súa orixe e como evolucionaron ata o día de hoxe. Trataranse as causas principais da perda do globo ocular, así como as intervencións quirúrxicas que se poden realizar, comprendendo en que consiste cada unha e en que patoloxía están indicadas. Exporanse os distintos tipos de próteses, dende lentes de contacto ata conformadores, indicando cal é o uso de cada unha. Detallarase a fabricación das próteses oculares e das epítesis orbitarias, explicando como se leva a cabo cada proceso e que materiais son empregados en cada caso. Indicarase o manexo e coidado da axuda protésica, abarcando a explicación de como se coloca no ollo e como se retira, cada canto tempo se cambia e como mantela en condicións axeitadas de hixiene, así como recomendacións que pode seguir o paciente. Tratarase de expoñer a calidade de vida dun paciente que perdeu o seu ollo, de xeito que se poda empatizar con estas persoas, tratando temas dende a comodidade coa súa prótese ata a súa saúde mental. Finalmente, observarase que novidades hai na actualidade.

Manexo de Córneas Irregulares con, Lentes Esclerais e Híbrida
Autoría
A.S.G.
Grao en Óptica e Optometría
A.S.G.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
10.07.2024 09:45
10.07.2024 09:45
Resumo
Este traballo explora o uso de lentes esclerais e híbridas para o manexo de córneas irregulares, que presentan asimetrías significativas causando distorsión da visión. Estas irregularidades poden derivar de patoloxías como o queratocono, a dexeneración marginal pelúcida e outras ectasias corneais secundarias. O estudo desenvólvese mediante unha revisión bibliográfica que analiza e compara as características, vantaxes e limitacións das lentes esclerais e híbridas, tecnoloxías avanzadas desenvolvidas para corrixir deficiencias visuais en córneas irregulares. Tradicionalmente, estas condicións tratábanse con gafas e lentes ríxidas permeables ao gas (rpg), pero a evolución tecnolóxica permitiu a creación de solucións máis específicas e eficaces. O documento estrutúrase en varias seccións. Primeiro, abórdase o marco teórico das patoloxías que xeran irregularidades corneais, destacando o queratocono como a máis frecuente. Descríbense os signos, síntomas, causas, métodos de diagnóstico e tratamentos do queratocono, subliñando a importancia da topografía corneal, paquimetría e outras técnicas diagnósticas. Logo, detallanse as características técnicas e os criterios de adaptación das lentes esclerais e híbridas. Estas lentes, inicialmente utilizadas para casos leves e moderados, demostraron ser efectivas tamén en irregularidades severas. Finalmente, preséntanse resultados de estudos que avalían o rendemento destas lentes, as súas complicacións e a súa aplicabilidade clínica. Compara a eficacia de distintos tipos de lentes e conclúese cales son as opcións máis recomendables para o manexo de córneas irregulares. O obxectivo principal do traballo é coñecer a situación actual da adaptación de lentes de contacto en córneas irregulares, esquematizar o proceso de adaptación e expoñer as vantaxes e inconvenientes das lentes esclerais e híbridas. Os obxectivos específicos inclúen estudar os deseños e parámetros destas lentes, analizar as alteracións corneais onde se usan e comparar a eficacia entre ambos tipos de lentes.

Problemas por reflexión en lentes oftálmicas
Autoría
J.C.G.
Grao en Óptica e Optometría
J.C.G.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
09.07.2024 18:00
09.07.2024 18:00
Resumo
Exploraranse os problemas xerados pola reflexión en lentes oftálmicas, abordando diversos inconvenientes como as denominadas imaxes pantasma. Examínanse as implicacións negativas que estes problemas ocasionan na experiencia visual do usuario e as súas dificultades asociadas, así como solucións que permitan mellorar a calidade óptica das lentes.

RODRIGUEZ MARTINEZ, JUAN IGNACIO (Titoría)
Gómez Varela, Ana Isabel Cotitoría

Gómez Varela, Ana Isabel (Titor do alumno)
RODRIGUEZ MARTINEZ, JUAN IGNACIO (Titor do alumno)

Causas del aumento de la miopía. Métodos para combatirla.
Autoría
A.V.F.
Grao en Óptica e Optometría
A.V.F.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
11.07.2024 12:20
11.07.2024 12:20
Resumo
A miopía é un dos temas máis actuais hoxe en día. Isto, é debido ao aumento de miopes, que non paran de crecer na poboación. A causa deste rápido crecemento de miopes, necesítanse métodos para poder ralentizar este erro refractivo. Ademáis, os miopes teñen máis probabilidades de padecer riscos secundarios da miopía polo que é importante combatir este problema. Por iso, actualmente existen tratamentos para poder frear a miopía. Tamén están surxindo novas terapias que parecen ser prometedoras. pero inda se necesita máis información. Nesta revisión bibliográfica recopílanse diferentes estudios dos tratamentos actuais para obter coñecemento sobre a súa eficacia e os efectos adversos, no caso de que existan. As lentes oftálmicas e de contacto usan o mesmo principio, que se trata do desenfoque periférico, o cal obtén uns bos resultados na ralentización da miopía. Siguelle a ortoqueratoloxía, a cal tamén se pode combinar con atropina en baixas dosis dando tamén respostas prometedoras. Sen embargo, a atropina pode dar efecto rebote polo que se recomenda seguir as outras terapias. Por último, a luz vermella está en estudio, pois saliron estudios recentes duns resultados favorables, pero, se necesitan máis datos para asefurar que non provoque ningún dano a nivel da retina.

DUBRA FERNANDEZ, ALEXANDER (Titoría)
DUBRA FERNANDEZ, ALEXANDER (Titoría)
Tribunal
BROCOS FERNANDEZ, MARIA DEL PILAR (Presidente/a)
GARCIA RESUA, CARLOS (Secretario/a)
GIGIREY PRIETO, LUZ MARIA (Vogal)
BROCOS FERNANDEZ, MARIA DEL PILAR (Presidente/a)
GARCIA RESUA, CARLOS (Secretario/a)
GIGIREY PRIETO, LUZ MARIA (Vogal)
Causas dos problemas máis frecuentes do uso de lentes de contacto
Autoría
L.S.P.
Grao en Óptica e Optometría
L.S.P.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
11.07.2024 11:45
11.07.2024 11:45
Resumo
O uso das lentes de contacto (LC) popularizouse debido aos seus beneficios tanto estéticos como funcionais. Non obstante, o seu uso incorrecto ou o descoñecemento das prácticas adecuadas para o seu mantenemento e coidado poden levar a unha serie de complicacións oculares. Este Traballo de Fin de Grao (TFG) analiza os problemas máis comúns asociados ao uso de LC, como a sequidade ocular, ollo avermellado, neovascularización, abrasión corneal, queratitis, etc. Para, posteriormente, investigar as causas subxacentes destes problemas, considerando factores ambientais, prácticas de mantenemento e características individuais dos usuarios. Ademais, realízase unha enquisa a usuarios de LC para avilar os seus hábitos de hixiene ocular.
O uso das lentes de contacto (LC) popularizouse debido aos seus beneficios tanto estéticos como funcionais. Non obstante, o seu uso incorrecto ou o descoñecemento das prácticas adecuadas para o seu mantenemento e coidado poden levar a unha serie de complicacións oculares. Este Traballo de Fin de Grao (TFG) analiza os problemas máis comúns asociados ao uso de LC, como a sequidade ocular, ollo avermellado, neovascularización, abrasión corneal, queratitis, etc. Para, posteriormente, investigar as causas subxacentes destes problemas, considerando factores ambientais, prácticas de mantenemento e características individuais dos usuarios. Ademais, realízase unha enquisa a usuarios de LC para avilar os seus hábitos de hixiene ocular.
Dirección
DUBRA FERNANDEZ, ALEXANDER (Titoría)
DUBRA FERNANDEZ, ALEXANDER (Titoría)
Tribunal
BROCOS FERNANDEZ, MARIA DEL PILAR (Presidente/a)
GARCIA RESUA, CARLOS (Secretario/a)
GIGIREY PRIETO, LUZ MARIA (Vogal)
BROCOS FERNANDEZ, MARIA DEL PILAR (Presidente/a)
GARCIA RESUA, CARLOS (Secretario/a)
GIGIREY PRIETO, LUZ MARIA (Vogal)
Ergonomía visual en aulas de educación obligatoria e puestos de trabajo PVD.
Autoría
C.J.M.
Grao en Óptica e Optometría
C.J.M.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
11.07.2024 13:00
11.07.2024 13:00
Resumo
A ergonomía e unha ciencia multidisciplinar que estuda as habilidades e limitacions do ser humano, importantes para o diseño de ferramentas, máquinas, sistemas e entornos. A ergonomía visual por outro lado é unha subdisciplina da ergonomís, que trata de identificar e evaluar os aspectos medioambientais e laborales que poden causar problemas de salude ocular o de funcionalidade visual. O término ergonomía procede das palabras griegas ergon, que significa traballo e nomos, que significa ciencia ou estudo de. Podemos transcribilo, enton, como a ciencia do traballo. Según a Asociación Internacional de Ergonomía (IEA 2001), existen tres especialidades dentro deste campo de estudo: Ergonomía física, ergonomía cognitiva e ergonomía organizacional. A ergonomía física ten que ver coas características anatómicas, fisilógicas e biomecánicas relacionadas coa actividade física no traballo. Esta é a especialidade na cual nos vamos a centrar neste trabajo fin de grado, xa que é o único campo que nos interesa dentro do amplio mundo que comprende a ergonomía. Dentro deste traballo fin de grao trataremos varios temas, principalmente falaremos sobre a ergonomía visual nas aulas de educación obligatoria e en puestos de traballo con pantalla de visualización de datos (PVD). Nos basaremos na legislación vixente para poder dar o noso punto de vista como profesionais do sector sanitario das cousas que se están levando a cabo de manera incorrecta e de cómo deberían ser para conseguir unha correcta armonización tanto nos centros de enseñanza obligatoria como nos centros de traballo. O obxetivo e poder mejorar a calidade de vida destas personas, xa que, gracias a una serie de axustes e modificacions podríase mellorar moito su salud tanto xeral como visual, a corto, medio e largo plazo.

DUBRA FERNANDEZ, ALEXANDER (Titor do alumno)

Fabricación e caracterización de lentes autoadhesivas para a corrección visual
Autoría
S.M.M.
Grao en Óptica e Optometría
S.M.M.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
09.07.2024 17:00
09.07.2024 17:00
Resumo
Este traballo de fin de grao céntrase no desenvolvemento de lentes autoadherentes para mellorar a calidade de vida de persoas con ambliopía e baixa visión. Estas lentes fabrícanse con polidimetilsiloxano (PDMS), un material elastomérico que é ópticamente transparente, permeable a gases e facilmente manipulable. A ambliopía é a principal causa de diminución visual en nenos, caracterizada por unha agudeza visual reducida debido a unha experiencia visual inadecuada nos primeiros anos de vida. O tratamento inclúe a penalización do ollo non amblíope con lentes positivas para estimular o ollo afectado. Por outra parte, a baixa visión é unha condición que non mellora con tratamentos convencionais e afecta a persoas de todas as idades, podendo resultar de enfermidades oculares dexenerativas. As axudas para a baixa visión divídense en ópticas e non ópticas, destacando entre as ópticas as lupas, microscopios, telescopios e filtros. O obxectivo do traballo é desenvolver lentes autoadherentes de PDMS con potencia positiva para penalizar a visión en pacientes con ambliopía, así como fabricar axudas visuais para persoas con baixa visión, incluíndo microscopios monoculares, telescopios e filtros de cores. Para iso, avaliáronse as propiedades ópticas e mecánicas como o índice de refracción, potencias, aumentos, capacidade de penalización e a adhesión das lentes. Os resultados demostraron que as lentes autoadherentes son unha solución viable e económica para a corrección visual, adaptándose facilmente ás necesidades do paciente. As probas indicaron que estas lentes poden mellorar significativamente a calidade visual tanto en visión próxima como afastada, e que os filtros de cor axudan a reducir deslumbramentos e mellorar o contraste. En conclusión, este traballo propón unha innovación significativa no campo da optometría, ofrecendo solucións accesibles e efectivas para condicións visuais complexas.

ARINES PIFERRER, JUSTO (Titoría)
Gómez Varela, Ana Isabel Cotitoría
ARINES PIFERRER, JUSTO (Titoría)
Gómez Varela, Ana Isabel Cotitoría
Tribunal
ARINES PIFERRER, JUSTO (Titor do alumno)
Gómez Varela, Ana Isabel (Titor do alumno)
ARINES PIFERRER, JUSTO (Titor do alumno)
Gómez Varela, Ana Isabel (Titor do alumno)
Control da miopía con lentes de contacto brandas de varios focos
Autoría
M.G.D.
Grao en Óptica e Optometría
M.G.D.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
08.07.2024 09:30
08.07.2024 09:30
Resumo
A miopía é un problema de saúde pública actual, que cada vez afecta a un maior número de persoas. Ademais, esta ametropía é un factor de risco en algunhas patoloxías oculares que poden levar a unha perda de visión ou discapacidade visual grave. Por iso, na actualidade estanse creando diversas solucións para frear a súa progresión. Entre as opcións ópticas para reducir esta progresión pódense atopar lentes oftálmicas, lentes de contacto de ortoqueratoloxía ou lentes de contacto hidrofílicas de varios focos. A teoría para explicar o funcionamento destas lentes respáldase no principio de que o estímulo para o crecemento do ollo é unha imaxe retiniana desenfocada con desenfoque hipermetrópico. Por iso, estas lentes empregan unha potencia positiva que induce un desenfoque miópico, conseguindo así frear o alongamento axial e, en consecuencia, a progresión da miopía. Dentro das lentes de contacto hidrofílicas utilizadas para o control da progresión miópica pódense distinguir tres deseños principalmente: dobre enfoque ou enfoque simultáneo, lentes de deseño multifocal progresivo, ou de profundidade de foco extendida. Aínda que todas teñen diferentes xeometrías, todas se basean en engadir unha potencia positiva. No presente traballo realizouse unha análise sobre os diversos estudos de lentes de contacto brandas en función das súas xeometrías e realizouse unha revisión bibliográfica sobre a súa eficacia en ensaios e estudos clínicos. Diversos estudos demostraron que este tipo de LC provocan unha diminución da progresión da miopía e do alongamento axial. O traballo consta dun total de 8796 palabras.

Manexo optométrico en pacientes con diabetes.
Autoría
A.S.A.
Grao en Óptica e Optometría
A.S.A.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
11.07.2024 11:10
11.07.2024 11:10
Resumo
A diabetes é unha enfermidade de gran importancia a nivel mundial actualmente, cuxa prevalencia está en constante aumento. Esta condición leva a complicacións graves se non se detecta e manexa adecuadamente. Unha das principais preocupacións é que, nas súas fases iniciais, a diabetes pode cursar de maneira asintomática. Por elo, a detección temperá é fundamental para minimizar os riscos asociados. Enfermidades relacionadas, tales como a retinopatía diabética ou o edema macular diabético, son unhas das principais causas de baixa visión e cegueira en adultos no mundo. Ademais da detección temperá, para previr as complicacións é esencial a promoción dun estilo de vida saudable, onde entra a importancia de contar cun equipo multidisciplinar para lograr unha atención efectiva. Neste contexto, os ópticos-optometristas xogan un papel crucial no manexo da diabetes, especialmente na identificación de signos precoces da enfermidade. Estes signos poden manifestarse en forma de alteracións visuais, tales como: cambios refractivos, defectos na visión cromática, alteracións no campo visual, diminución da sensibilidade ao contraste, cambios na amplitude de acomodación e problemas na visión binocular. Outro aspecto importante no que se resalta a labor do óptico-optometrista é na rehabilitación visual. Este campo presta a asistencia necesaria para as persoas con baixa visión a través do uso e adaptación de ferramentas como axudas ópticas, non ópticas e electrónicas, as cales permiten mellorar significativamente a calidade de vida dos pacientes con perda visual.

Calidade de vida en pacientes con DMAE.
Autoría
C.V.C.
Grao en Óptica e Optometría
C.V.C.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
08.07.2024 10:30
08.07.2024 10:30
Resumo
A Dexeneración Macular Asociada á Idade (DMAE) é unha patoloxía ocular dexenerativa que representa un importante problema de saúde a nivel mundial provocando un alto impacto na calidade de vida (CdV) dos pacientes afectados. Esta enfermidade aparece debido á interacción de distintos factores entre os que se atopan a idade, a xenética, o tabaquismo ou a dieta. Aínda así, é unha patoloxía esquecida pola sociedade que se espera que aumente nos próximos anos por mor do envellecemento da poboación. Dependendo do estadio no que se atope a DMAE do paciente, os síntomas poderán ir desde unha perda de agudeza visual (AV) ata a presenza de escotomas, distorsión visual ou mesmo unha perda total da visión central. Todos os signos e síntomas desta patoloxía ocular provocan unha deterioración na capacidade de realizar actividades básicas da vida diaria (AVDs) como ler, conducir ou recoñecer rostros. A aparición das inxeccións intravítreas de antiangiogénicos foi un gran avance en canto ao tratamento da DMAE neovascular proporcionando melloras visuais significativas. Aínda así, o seu elevado custo, a necesidade de revisións frecuentes e a súa dependencia provocan un notable impacto socioeconómico nos pacientes afectados. Con todo, as opcións de tratamento para a DMAE atrófica son limitadas e aínda se atopan en continua investigación. É fundamental un diagnóstico precoz da enfermidade nos seus estadios iniciais xa que tanto a resposta ao tratamento como os resultados visuais melloran coa detección temperá das lesións. Número de palabras: 9898.

Cambios anatómicos e funcionais das glándulas de meibomio asociados a idade e a patoloxías
Autoría
M.F.L.
Grao en Óptica e Optometría
M.F.L.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
10.07.2024 14:00
10.07.2024 14:00
Resumo
Os lípidos proporcionados polas Glándulas de meibomio (GM) son de suma importancia para manter unha boa estabilidade e homeostase da película lacrimal, xa que o composto que estas segregan, coñecido como meibum, deposítase sobre a capa acuosa da lágrima e encargase de diminuír a tensión superficial da película lacrimal, mellorar a dispersión da lágrima durante o pestanexo e atrasar a evaporación. A disfunción das glándulas de meibomio (DGM) cada vez está máis presente nas persoas, xa que calquera alteración hormonal, neuronal ou mecánica pode causar unha alteración nestas glándulas e con isto causaríase unha alteración na película lacrimal e incluso dar lugar a enfermidades na superficie ocular, como pode ser a enfermidade do ollo seco (EOS), á cal está moi ligada. No traballo presente vaise realizar unha descrición detallada das GM, cal é a súa función e implicación na superficie ocular, a súa anatomía e fisioloxía, e a composición do material que segregan. Realizarase unha revisión de distintas enfermidades que poden afectar á superficie ocular, facendo unha breve introdución delas e unha explicación de como poden provocar unha DGM e consigo EOS debido aos cambios da homeostase da lágrima ou da fisioloxía do sistema ocular. As enfermidades das que se falará son a EOS, DGM, enfermidade se Sjögren, diabetes mellitus, tiroide, artrite reumatoide (AR) e os cambios oculares que se producen coa idade. Farase mención a algúns dos factores de risco destas enfermidades e dos seus síntomas oculares. O traballo presente consta de 8163 palabras.

García Queiruga, Jacobo (Titoría)
García Queiruga, Jacobo (Titoría)
Tribunal
García Queiruga, Jacobo (Titor do alumno)