Efecto da sustitución aromática na inducción do sentido de xiro nun polímero helicoidal
Autoría
L.F.G.
Grao en Química
L.F.G.
Grao en Química
Data da defensa
11.09.2024 16:30
11.09.2024 16:30
Resumo
Co obxectivo de profundar no campo dos materiais helicoidaies quirais, neste traballo realizouse a síntese de polimetoxifenilacetilenos orto-, meta- e para-substituídos, nas súas dúas configuracións (R) e (S). Para chegar aos polímeros obxectivo levouse a cabo unha ruta sintética previa, obtendo os correspondentes monómeros, así como o estudio da caracterización de cada un dos compostos obtidos no seu transcurso. O obxectivo principal do traballo é o estudo da variación conformacional helicoidal dos polímeros como resposta a diferentes estímulos externos, como son a polaridade do disolvente e a presenza de ións metálicos mono- e divalentes. Para iso, observáronse as estructuras helicoidais iniciais de cada polímero e despois estudouse o seu dinamismo (capacidade de amplificación de quiralidade) en diferentes estímulos externos como poden ser: disolventes de distintas polaridades e coordinación con catións metálicos (Li+ e Ca+2). Estudos sobre estos polímeros demostran o diferente comportamento dun polímero helicoidal en función da súa posición de substitución, afirmando que os para-sustituidos tenden a presentar estructuras máis comprimidas, mentres que nos meta- e orto-substituídos cada vez máis elongadas, debido ó seu aumento gradual do impedimento estérico no esqueleto poliénico.

Dirección
FREIRE IRIBARNE, FELIX MANUEL (Titoría)
RODRIGUEZ RIEGO, RAFAEL Cotitoría
FREIRE IRIBARNE, FELIX MANUEL (Titoría)
RODRIGUEZ RIEGO, RAFAEL Cotitoría
Tribunal
SARDINA LOPEZ, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
SAA RODRIGUEZ, CARLOS EUGENIO (Secretario/a)
GARCIA FERNANDEZ, MARIA ESTHER (Vogal)

Octahidroisoíndoles polihidroxilados: estudo bibliográfico e formulación sintética
Autoría
S.A.G.
Grao en Química
S.A.G.
Grao en Química
Data da defensa
11.09.2024 16:30
11.09.2024 16:30
Resumo
No ámbito da química orgánica e a investigación farmacéutica, os compostos derivados de octahidro-1H-isoindol e octahidro-1H-isoindol-ona, captaron unha atención considerable debido ás súas diversas aplicacións industriais e biolóxicas. Estes compostos serven como base para a síntese de múltiples derivados alcohólicos que posúen substitucións nese anel, os cales serán obxecto de investigación no seguinte traballo. A síntese destes derivados alcohólicos é un proceso clave na investigación química, permitindo a incorporación de grupos hidroxilo en posicións estratéxicas do anel. Este tipo de modificacións estruturais inflúe na actividade biolóxica dos compostos, facéndoos potencialmente útiles en diversas aplicacións. Neste traballo, exploraranse as posibles aplicacións e os métodos de síntese atopados ata a data destes derivados alcohólicos de octahidro-1H-isoindol e octahidro-1H-isoindol-ona para seguir investigando sobre eles.

ESTEVEZ CABANAS, JUAN CARLOS (Titoría)
ESTEVEZ CABANAS, JUAN CARLOS (Titoría)
Tribunal
SARDINA LOPEZ, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
SAA RODRIGUEZ, CARLOS EUGENIO (Secretario/a)
GARCIA FERNANDEZ, MARIA ESTHER (Vogal)
SARDINA LOPEZ, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
SAA RODRIGUEZ, CARLOS EUGENIO (Secretario/a)
GARCIA FERNANDEZ, MARIA ESTHER (Vogal)
Fabricacion de dispositivos electroluminiscentes autorreparables
Autoría
B.T.P.
Grao en Química
B.T.P.
Grao en Química
Data da defensa
15.07.2024 09:30
15.07.2024 09:30
Resumo
Os dispositivos electroluminiscentes (EL) están sendo integrados en todo tipo de sistemas electrónicos debido ás súas propiedades de emisión de luz. A pesar de todo, a sua expectativa de vida e a fiabilidade adoitan verse diminuídas polo desgaste mecánico ao que están expostos, especialmente en aplicacións onde a tensión é un factor constante a soportar. Este traballo explora a integración dunha versión auto-reparable de polidimetilsiloxano (PDMS) con nanopartículas de fósforo (ZnS:Cu), o cal proporciona unha solución á curta esperanza de vida que afrontan a maioría dos dispositivos electroluminiscentes na actualidade. Este novo material, ademais de ser termoestable, conseguiu unha eficiencia de auto-reparación do 64% e mostrou notables capacidades de estiramento, puidendo alcanzar deformacións de estiramento de ata un 1250%. Ademais, debido á natureza biocompatible da súa composición e ao mecanismo de auto-reparación baseado en ligazóns de hidróxeno, este material é perfecto para integrarse en dispositivos que precisen estar en contacto co corpo humano, como dispositivos de monitorización médica. A implementación de mecanismos de auto-reparación en dispositivos electroluminiscentes pode abrir novas formas de abordar o límite físico ao que a maioría destes dispositivos están destinados a chegar.

LAZZARI , MASSIMO (Titoría)
TIWARI , NAVEEN Cotitoría
LAZZARI , MASSIMO (Titoría)
TIWARI , NAVEEN Cotitoría
Tribunal
MARTINEZ NUÑEZ, EMILIO (Presidente/a)
MONTES GOYANES, ROSA MARIA (Secretario/a)
RIOS RODRIGUEZ, ANA MARIA (Vogal)

Autoagregación de surfactantes catioaniónicos en medio acuoso
Autoría
C.S.M.
Grao en Química
C.S.M.
Grao en Química
Data da defensa
15.07.2024 09:30
15.07.2024 09:30
Resumo
Os surfactantes catioaniónicos son un tipo de surfactantes que surxen da combinación dos surfactantes catiónicos e aniónicos, este novedoso tipo de surfactantes aportan grandes avances grazas as súas propiedades únicas. Introduciranse o que son os surfactantes, os diferentes tipos de surfactantes existentes e as estructuras nas que se agregan, tamén se introducirán as mezclas de surfactantes catiónicos/aniónicos. No estudio bibliográfico abrordaranse os diferentes métodos de obtención dos surfactantes catioaniónicos, as propiedades especiales que presentan, as diferentes fases e estructuras nas que se agregan e propiedades específicas das mesmas. Profundizarase maioritariamente na autoagregación das vesículas catioaniónicas, debido ás grandes propiedades que presentan e aos avances que aportan á comunidade científica. Ademáis, veranse as aplicacións destas vesículas catioaniónicas no campo farmaceútico.

GARCIA RIO, LUIS (Titoría)
GARCIA RIO, LUIS (Titoría)
Tribunal
ABOAL SOMOZA, MANUEL (Presidente/a)
CASTRO VARELA, GABRIELA (Secretario/a)
FERRO COSTAS, DAVID (Vogal)
ABOAL SOMOZA, MANUEL (Presidente/a)
CASTRO VARELA, GABRIELA (Secretario/a)
FERRO COSTAS, DAVID (Vogal)
Novas fontes de compostos bioactivos de orixe natural
Autoría
S.O.O.
Grao en Química
S.O.O.
Grao en Química
Data da defensa
15.07.2024 09:30
15.07.2024 09:30
Resumo
Un inconveniente asociado á actividade do sector vitivinícola é a xeración de residuos. O bazago de uva é un biorresiduo procedente do proceso da extracción do mosto na elaboración do viño, que se xera en grandes cantidades. A reutilización deste subproducto permite reducir o seu almacenamento; así mesmo as súas características convérteno en materia de gran interese entre outros campos. O bagazo contén gran cantidade de polifenois, compostos bioactivos con propiedades antioxidantes, antimicrobianas e antiinflamatorias de uso na industria farmacéutica, cosmética e alimentaria, que serán obxeto de estudo neste traballo. Para a obtención de extractos ricos en compostos bioactivos procedentes do bagazo de uva branca variedade Albariño, orixinaria de Galicia, realízase unha extracción con tres disolventes recoñecidos como seguros. Neste traballo, levado a cabo nos laboratorios do grupo de investigación LIDSA (Ci-2085-USC) e na empresa iGrape Laboratory, realízase un estudo de estabilidade dos distintos extractos de bagazo, no que se evalúa o efecto de factores como a temperatura e condicións de almacenamento, frente a variables resposta como o pH, actividade antioxidante (AA), índice de polifenois totais (IPT), contido en sólidos e cor. O seguimento analítico de ditos parámetros levouse a cabo en 36 mostras de estudo cada dúas semanas durante 3 meses e medio.

LORES AGUIN, MARTA (Titoría)
LORES AGUIN, MARTA (Titoría)
Tribunal
MARTINEZ NUÑEZ, EMILIO (Presidente/a)
MONTES GOYANES, ROSA MARIA (Secretario/a)
RIOS RODRIGUEZ, ANA MARIA (Vogal)
MARTINEZ NUÑEZ, EMILIO (Presidente/a)
MONTES GOYANES, ROSA MARIA (Secretario/a)
RIOS RODRIGUEZ, ANA MARIA (Vogal)
Síntese electroquímica e caracterización de clústeres subnanométricos de metais de transición
Autoría
S.F.G.
Grao en Química
S.F.G.
Grao en Química
Data da defensa
11.09.2024 09:00
11.09.2024 09:00
Resumo
A nanotecnoloxía converteuse nun campo revolucionario, con aplicacións que abarcan desde a biomedicina ata a catálise e a óptica. A súa importancia aumenta exponencialmente cada ano debido á posibilidade de manipular materiais a escalas atómicas e moleculares, permitindo o desenvolvemento de dispositivos e materiais con propiedades novas, únicas e melloradas. Neste contexto tamén se inclúen os clústeres, que presentan unhas propiedades fisicoquímicas excepcionais debidas ao pequeno tamaño que presentan, perdendo o seu comportamento metálico e aproximándose a un comportamento molecular. Ata o de agora, os estudos realizados centráronse principalmente no uso de clústeres de metais nobres como a prata, o ouro ou o cobre, pero estes materiais son máis custosos e, por conseguinte, expúxose a viabilidade de uso doutros metais de transición máis económicos. Por iso, neste proxecto centrámonos na síntese electroquímica e a caracterización de clústeres de ferro de baixa atomicidade, ao non haber demasiada investigación sobre este metal nas devanditas condicións de baixa atomicidade e pouco ou nada estabilizados. Mediante o estudo detallado dos parámetros de sínteses, búscase controlar e optimizar a síntese destes clústeres, con obxecto de avaliar a súa idoneidade para a substitución dos clústeres de metais nobres.

VAZQUEZ VAZQUEZ, CARLOS (Titoría)
BLANCO TRILLO, JOSE MANUEL Cotitoría
VAZQUEZ VAZQUEZ, CARLOS (Titoría)
BLANCO TRILLO, JOSE MANUEL Cotitoría
Tribunal
Rodríguez Prieto, María de la Flor (Presidente/a)
CASTRO VARELA, GABRIELA (Secretario/a)
ABOAL SOMOZA, MANUEL (Vogal)

Desentrañando a formación de glicina e o seu isómero, a glicolamida, no espazo.
Autoría
M.C.R.
Grao en Química
M.C.R.
Grao en Química
Data da defensa
11.09.2024 09:00
11.09.2024 09:00
Resumo
Unha das condicións primordiais para a existencia da vida, tal e como a coñecemos, é a existencia de aminoácidos como a glicina. A súa orixe aínda é descoñecida, por iso demostrar a súa formación no medio interestelar (ISM) permitiríanos entender como pode xurdir a vida na Terra, tema moi discutido na comunidade científica. Neste traballo preséntase unha investigación computacional sobre os posibles camiños de formación da glicina nas rexións frías do ISM. Para elo, utilizouse o software AutoMeKin, que usa MOPAC para os cálculos a baixo nivel a través do método semi-empírico PM7 e Gaussian16 para os cálculos a alto nivel a través da teoría do funcional da densidade (DFT) [M08HX/6-31+G(d,p)]. Os nosos resultados mostran que a glicina pode formarse a partir de reaccións de colisión radical-radical sen barreira, implicando precursores detectados no ISM. Tamén descubrimos rutas de formación cara glicolamida, un isómero da glicina detectado neste medio.

FERNANDEZ RAMOS, ANTONIO (Titoría)
CASTIÑEIRA REIS, MARTA Cotitoría
FERNANDEZ RAMOS, ANTONIO (Titoría)
CASTIÑEIRA REIS, MARTA Cotitoría
Tribunal
Rodríguez Prieto, María de la Flor (Presidente/a)
CASTRO VARELA, GABRIELA (Secretario/a)
ABOAL SOMOZA, MANUEL (Vogal)
Rodríguez Prieto, María de la Flor (Presidente/a)
CASTRO VARELA, GABRIELA (Secretario/a)
ABOAL SOMOZA, MANUEL (Vogal)
Inhibición do Enzima LasB para o Desenvolvemento de Novos Axentes Anti-virulencia contra Bacterias Patóxenas Hospitalarias
Autoría
C.A.C.
Grao en Química
C.A.C.
Grao en Química
Data da defensa
11.09.2024 16:30
11.09.2024 16:30
Resumo
Os antibióticos salvaron millóns de vidas e revolucionaron a medicina moderna. Porén, o abuso e o uso inadecuado incentivou a crecente aparición de cepas resistentes aos mesmos. Dada a gravidade do problema, a Organización Mundial da Saúde identificou unha serie de patóxenos considerados prioritarios na procura de novos tratamentos, entre os que destacan bacterias gram-negativas como Pseudomonas aeruginosa. Esta é unha bacteria oportunista que prospera en numerosos entornos e que resulta problemática para pacientes inmunocomprometidos, especialmente para aqueles que padecen fibrose quística. A adaptabilidade da bacteria e a plasticidade do seu xenoma fan que sexa extremadamente resistente, complicando a súa eliminación. A ineficacia dos antibióticos tradicionais fronte ao patóxeno impulsou a procura de novas terapias, como as terapias anti-virulencia. Esta estratexia consiste en inhibir factores de virulencia específicos no lugar de incidir sobre os procesos cruciais para a supervivencia, reducindo así a presión selectiva que promove a resistencia. Este proxecto aborda esta estratexia, en particular procura o desenvolvemento de inhibidores da elastasa LasB, unha proteasa extracelular e factor de virulencia clave para P. aeruxinosa. O fosforamidón, mimético do estado de transición (adición-eliminación), é un dos inhibidores máis destacados de LasB, pero cunha escasa especificidade por esta metaloproteasa. Neste traballo abordarase o desenvolvemento dun inhibidor específico para LasB, un ácido borónico derivado do fosforamidón, que pretende mellorar este problema.

GONZALEZ BELLO, CONCEPCION (Titoría)
MANEIRO REY, MARIA Cotitoría
GONZALEZ BELLO, CONCEPCION (Titoría)
MANEIRO REY, MARIA Cotitoría
Tribunal
SARDINA LOPEZ, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
SAA RODRIGUEZ, CARLOS EUGENIO (Secretario/a)
GARCIA FERNANDEZ, MARIA ESTHER (Vogal)
SARDINA LOPEZ, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
SAA RODRIGUEZ, CARLOS EUGENIO (Secretario/a)
GARCIA FERNANDEZ, MARIA ESTHER (Vogal)
Control da rexioselectividade no acoplamento borilativo alilo-alilo mediante catálise cooperativa Cu/Pd
Autoría
M.A.A.V.
Grao en Química
M.A.A.V.
Grao en Química
Data da defensa
11.09.2024 16:30
11.09.2024 16:30
Resumo
Os 1,5-dienos son compoñentes moi abundantes na naturaleza e moi versátiles sintéticamente. Por iso, o desenvolvemento de metodoloxías sintéticas para acceder a esta estructura de forma regio- e estereoselectiva é de alto interés na química orgánica. Nos últimos años, o grupo de investigación de Fañanás Mastral conseguiu desenvolver unha ruta sintética mediante catálise cooperativa de Cu/Pd parra obter de forma selectiva dous dos catro posibles rexioisómeros do acoplamiento borilativo alilo-alilo. Basándonos nestos estudios previos, neste traballo de fin de grado desenvolvimos una variante de dita transformación que permite obter de forma eficiente e selectiva un rexioisómero diferente, ampliando desta maneira as rutas eficientes para o acceso a diferentes rexioisómeros do 1,5-dieno borilado.

FAÑANAS MASTRAL, MARTIN (Titoría)
FAÑANAS MASTRAL, MARTIN (Titoría)
Tribunal
SARDINA LOPEZ, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
SAA RODRIGUEZ, CARLOS EUGENIO (Secretario/a)
GARCIA FERNANDEZ, MARIA ESTHER (Vogal)
SARDINA LOPEZ, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
SAA RODRIGUEZ, CARLOS EUGENIO (Secretario/a)
GARCIA FERNANDEZ, MARIA ESTHER (Vogal)
Desentrañando a formación de guanina no ISM
Autoría
D.P.L.
Grao en Química
D.P.L.
Grao en Química
Data da defensa
15.07.2024 09:30
15.07.2024 09:30
Resumo
Os procesos químicos dentro do Medio Interestelar (ISM) son complexos e implican unha variada gama de moléculas orgánicas compostas por carbono, nitróxeno e oxíxeno, entre outros elementos. Crese que estas moléculas xogan un papel crucial na formación de biomoléculas, como a guanina, por exemplo. Comprender a orixe destas moléculas prebióticas no ISM leva sendo un tema de interese significativo durante máis de medio século. Neste traballo preséntase unha ampla investigación computacional para esclarecer os posibles camiños de reacción que conducen á formación de guanina nas rexións frías do ISM. Con este propósito, utilizouse o software AutoMeKin en combinación con MOPAC e Gaussian16, xunto co método semi-empírico PM7 e a Teoría do Funcional da Densidade (DFT) [MO8HX/6-31+G(d,p)], respectivamente. Os nosos achados revelan que guanina pode ser obtida a través de diferentes reaccións químicas que implican radicais libres sen barreiras enerxéticas. Ademais, estableceuse unha correlación entre guanina e os isómeros estruturais de citosina, indicando un posible camiño común para a formación doutras bases nitroxenadas importantes. Este estudo tamén destaca a efectividade do software AutoMeKin na xeración de tautómeros de moléculas, mostrando unha forte alineación entre os datos aquí presentados e os precedentes bibliográficos.
Os procesos químicos dentro do Medio Interestelar (ISM) son complexos e implican unha variada gama de moléculas orgánicas compostas por carbono, nitróxeno e oxíxeno, entre outros elementos. Crese que estas moléculas xogan un papel crucial na formación de biomoléculas, como a guanina, por exemplo. Comprender a orixe destas moléculas prebióticas no ISM leva sendo un tema de interese significativo durante máis de medio século. Neste traballo preséntase unha ampla investigación computacional para esclarecer os posibles camiños de reacción que conducen á formación de guanina nas rexións frías do ISM. Con este propósito, utilizouse o software AutoMeKin en combinación con MOPAC e Gaussian16, xunto co método semi-empírico PM7 e a Teoría do Funcional da Densidade (DFT) [MO8HX/6-31+G(d,p)], respectivamente. Os nosos achados revelan que guanina pode ser obtida a través de diferentes reaccións químicas que implican radicais libres sen barreiras enerxéticas. Ademais, estableceuse unha correlación entre guanina e os isómeros estruturais de citosina, indicando un posible camiño común para a formación doutras bases nitroxenadas importantes. Este estudo tamén destaca a efectividade do software AutoMeKin na xeración de tautómeros de moléculas, mostrando unha forte alineación entre os datos aquí presentados e os precedentes bibliográficos.
Dirección
FERNANDEZ RAMOS, ANTONIO (Titoría)
CASTIÑEIRA REIS, MARTA Cotitoría
FERNANDEZ RAMOS, ANTONIO (Titoría)
CASTIÑEIRA REIS, MARTA Cotitoría
Tribunal
MARTINEZ NUÑEZ, EMILIO (Presidente/a)
MONTES GOYANES, ROSA MARIA (Secretario/a)
RIOS RODRIGUEZ, ANA MARIA (Vogal)
MARTINEZ NUÑEZ, EMILIO (Presidente/a)
MONTES GOYANES, ROSA MARIA (Secretario/a)
RIOS RODRIGUEZ, ANA MARIA (Vogal)
Control da actividade nucleasa dun helicato peptídico a través da luz
Autoría
F.C.M.
Grao en Química
F.C.M.
Grao en Química
Data da defensa
15.07.2024 09:30
15.07.2024 09:30
Resumo
O recoñecemento selectivo de certas formas non canónicas do ADN é un desafío que pode ser abordado desde a química biolóxica. En particular, o recoñecemento do ADN de tres vías é especialmente interesante, debido a que son estruturas que se forman de forma trasiente durante os procesos de replicación, reparación e recombinación do ADN, co interese terapéutico que iso conleva. Neste Traballo de Fin de Grao deseñáronse e sintetizáronse dous helicatos peptídicos cuxa afinidade ao ADN de tres vías pode ser modulada mediante a luz. Para iso, sintetizouse un ligando mediante metodoloxía de síntese de péptidos en fase sólida (SPPS), e posteriormente coordinouse con ións metálicos de Fe(II) e Cu(II) para dar os resultantes metalopéptidos. Estes presentan tres partes diferenciadas. En primeiro lugar, no seu extremo N-terminal posúen 6 bipiridinas, as cales coordinan os ións metálicos para formar os helicatos, cuxas selectividades cara á o ADN de tres vías foron previamente demostradas. Ademais, no seu extremo C-terminal están equipados cunha cadea de doce ácidos glutámicos cuxa función é a de inhibir por repulsión de cargas esta unión ao ADN. Por último, entre estes dous dominios incorporouse un espaciador fotolábil, de forma que ao irradiar con luz o metalopéptido, a cadea poliglutámica despréndese do sistema, permitindo que o helicato recuperesu afinidade cara ao ADN de tres vías. Unha vez caracterizados os helicatos peptídicos de Cu(II) e Fe(II) estudáronse as súas afinidades ao ADN de tres vías mediante espectroscopía de fluorescencia.

VAZQUEZ LOPEZ, MIGUEL (Titoría)
VAZQUEZ LOPEZ, MIGUEL (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ MEGIA, EDUARDO (Presidente/a)
MARTINEZ CALVO, MIGUEL (Secretario/a)
PEDRIDO CASTIÑEIRAS, ROSA MARIA (Vogal)
FERNANDEZ MEGIA, EDUARDO (Presidente/a)
MARTINEZ CALVO, MIGUEL (Secretario/a)
PEDRIDO CASTIÑEIRAS, ROSA MARIA (Vogal)
Determinación de duloxetina en plasma mediante Cromatografía de gases - Espectrometría de masas
Autoría
M.G.B.
Grao en Química
M.G.B.
Grao en Química
Data da defensa
19.02.2024 09:00
19.02.2024 09:00
Resumo
A duloxetina é un medicamento antidepresivo que pertence á clase dos inhibidores da recaptación de serotonina e noradrenalina (IRSN). Emprégase principalmente para tratar a depresión, o trastorno de ansiedade xeralizada, a dor neuropática crónica e a fibromialxia. Este fármaco pode ser tóxico si se inxire en grandes cantidades ou en combinación con outros medicamentos ou substancias que afecten ao sistema nervioso central. Neste traballo levouse a cabo a validación dun método para a determinación e a cuantificación de duloxetina en plasma mediante cromatografía de gases acoplada a espectrometría de masas (CG-EM). O procedemento de extracción empregado foi a técnica de microextracción líquido-líquido dispersiva (DLLME) e os reactivos empregados foron acetonitrilo como dispersante e diclorometano como extractante. Para a determinación do analito empregouse codeína-D3 como patrón interno. A validación da metodoloxía proposta levouse a cabo seguindo as directrices marcadas pola Food and Drug Administration (FDA) e os resultados obtidos demostraron linealidade para o analito no rango de concentración de 0,1 a 0,3 ug/mL. O límite de detección (LOD) determinado foi de 0,045 ug/mL e o límite inferior de cuantificación (LLOQ) foi fixado en 0,1 ug/mL para o composto. Respecto ao rendemento da extracción, obtivéronse valores superiores ao 80% en todos os ensaios realizados.

BARCIELA ALONSO, Ma CARMEN (Titoría)
Álvarez Freire, Iván Cotitoría
BARCIELA ALONSO, Ma CARMEN (Titoría)
Álvarez Freire, Iván Cotitoría
Tribunal
MARTINEZ NUÑEZ, EMILIO (Presidente/a)
MONTES GOYANES, ROSA MARIA (Secretario/a)
RIOS RODRIGUEZ, ANA MARIA (Vogal)
MARTINEZ NUÑEZ, EMILIO (Presidente/a)
MONTES GOYANES, ROSA MARIA (Secretario/a)
RIOS RODRIGUEZ, ANA MARIA (Vogal)
Caracterización do 2-naftol como sonda fluorescente
Autoría
L.O.R.
Grao en Química
L.O.R.
Grao en Química
Data da defensa
15.07.2024 09:30
15.07.2024 09:30
Resumo
Os procesos de transferencia protónica son de gran importancia pois están presentes en numerosas reaccións que ocorren tanto en medios químicos coma biolóxicos. Dentro das reaccións de transferencia protónica merecen especial atención as que ocorren no estado electrónico excitado. Unha estratexia moi útil para investigar este tipo de procesos é o uso de sondas fluorescentes, as cales son altamente sensibles ao medio. Neste traballo caracterizouse a sonda fluorescente 2-naftol, o cal é un alcohol aromático. Estudáronse os equilibrios ácido-base do 2-naftol no seu estado fundamental en disolución acuosa mediante a técnica de absorción UV-Vis e o seu comportamento no estado electrónico excitado en distintos disolventes e condicións de acidez empregando a espectroscopía de fluorescencia. Ademais, determináronse tamén propiedades características desta molécula, coma o seu rendemento cuántico de fluorescencia, tempos de vida de fluorescencia e as súas constantes de desactivación radiante e non radiante. Destes estudos pódese afirmar que o 2-naftol ten tendencia a desprotonarse no estado excitado para dar o ión naftolato, polo que é un fotoácido. Observouse unha gran diferenza de comportamento da sonda nos disolventes empregados, presenciando só a reacción de transferencia protónica en medio acuoso, e en mesturas de etanol/auga a fraccións molares altas de auga. Ademais, este proceso de transferencia protónica veuse favorecido ao empregar unha disolución reguladora que conteña un grupo fosfato, debido á súa actividade coma catalizador básico, e desfavorecido ao incrementar a acidez do medio, pois, en medios suficientemente ácidos, prodúcese a reprotonación do ion naftolato no estado excitado.

RIOS RODRIGUEZ, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
Rodríguez Prieto, María de la Flor Cotitoría
RIOS RODRIGUEZ, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
Rodríguez Prieto, María de la Flor Cotitoría
Tribunal
MARTINEZ NUÑEZ, EMILIO (Presidente/a)
MONTES GOYANES, ROSA MARIA (Secretario/a)
RIOS RODRIGUEZ, ANA MARIA (Vogal)
MARTINEZ NUÑEZ, EMILIO (Presidente/a)
MONTES GOYANES, ROSA MARIA (Secretario/a)
RIOS RODRIGUEZ, ANA MARIA (Vogal)
Novas fontes de compostos bioactivos de orixe natural
Autoría
F.J.M.V.
Grao en Química
F.J.M.V.
Grao en Química
Data da defensa
15.07.2024 09:30
15.07.2024 09:30
Resumo
Este traballo enfócase na obtención, caracterización e análise de extractos ricos en compostos bioactivos a partir de landras (Quercus robur) e ofrece unha visión do contido polifenólico total ao longo do seu proceso de maduración. Este estudo foi levado a cabo mediante unha técnica de extracción rápida, sinxela, economicamente viable e respectuosa co medio ambiente, a dispersión de matriz en fase sólida (MSPD), que combina unhas condicións suaves de proceso con disolventes xeralmente recoñecidos como seguros (GRAS): auga, etanol, propilenglicol, lactato de etilo e acetona. Este traballo consta de dúas partes. Nunha primeira aproximación avalíase o perfil bioactivo individual das diferentes partes da landra ao longo do proceso de maduración mediante a cuantificación do índice polifenólico total (IPT). Na segunda fase realízase un estudo de disolventes e obtense o perfil bioactivo completo dos extractos de landra verde, cuantificando o IPT, a actividade antioxidante por dous métodos diferentes (DPPH e ABTS), así como a determinación da concentración inhibitoria media (IC50) para os diferentes extractos. Desta maneira obtívose unha resposta global para lactato de etilo e acetona moito maior que as obtidas para propilenglicol e etanol no IPT e AA. Na caracterización individual dos polifenois mediante cromatografía líquida acoplada a espectrometría de masas en tándem (LCMS/MS), detcetáronse 15 compostos, sendo acedo eláxico, 1,2,3,6teragaloilglucosa, catequina, acedo gálico e 1,3,6trigaloilglucosa os principais compostos fenólicos identificados.

VERDES GOMEZ, JUAN JOSE Cotitoría
LORES AGUIN, MARTA (Titoría)
VERDES GOMEZ, JUAN JOSE Cotitoría
Tribunal
ABOAL SOMOZA, MANUEL (Presidente/a)
CASTRO VARELA, GABRIELA (Secretario/a)
FERRO COSTAS, DAVID (Vogal)
ABOAL SOMOZA, MANUEL (Presidente/a)
CASTRO VARELA, GABRIELA (Secretario/a)
FERRO COSTAS, DAVID (Vogal)
Estudo conformacional de alcoois terpénicos
Autoría
I.A.M.
Grao en Química
I.A.M.
Grao en Química
Data da defensa
19.02.2024 09:00
19.02.2024 09:00
Resumo
Neste estudo, lévase a cabo un análisis conformacional de moléculas odorantes, específicamente os alcoois terpénicos geraniol, nerol, linalool y farnesol. A busca de conformacións para cada odorante realizouse utilizando TorsiFlex, un programa que combina dúas estratexias de busca conformacional: unha precondicionada e outra estocástica. Empregouse un nivel de cálculo baixo para esta busca, e posteriormente os confórmeros atopados foron reoptimizados a un nivel de cálculo máis alto. Para cada sistema, calcularonse a función de partición e a enerxía libre de Gibbs, e estimouse a contibución relativa a cada confórmero. A estratexia de busca precondicionada demostrou ser máis eficaz ca estocástica. A ventaxa principal radica en que as xeometrías de proba baséanse en ángulos torsionais escollidos a través da intuición química, e usualmente, a optimización destas estruturas conduce a un confórmero. Non obstante, os resultados obtidos mediante a busca estocástica tamén son relevantes. Aínda que esta estratexia crea estruturas con ángulos torsionais aleatorios, que en moitas ocasións non corresponden a ningún confórmero coñecido, demostrou ser efectiva para identificar confórmeros con ángulos torsionais inesperados. Estos confórmeros soen ser o resultado de forzas intramoleculares e a súa localización sería imposible mediante a busca precondicionada. Nos catro sistemas, determínase que o confórmero máis estable na superficie de enerxía potencial (PES) non coincide co máis estable en termos de enerxía libre de Gibbs. Mentres que o confórmero máis estable na PES adoptaba unha conformación semi-extendida, o máis estable en termos de enerxía libre de Gibbs presentaba unha configuración máis estendida. Isto debeuse a que as conformacións estendidas exhiben frecuencias de vibración máis baixas, o que resulta nun aumento da entropía asociada. Este traballo representa un primeiro paso cara ao estudo da interacción deste tipo de odorantes con diversos receptores olfativos (OR), a cal depende da conformación específica de cada odorante en cuestión.

FERRO COSTAS, DAVID Cotitoría
FERNANDEZ RAMOS, ANTONIO (Titoría)
FERRO COSTAS, DAVID Cotitoría
Tribunal
MARTINEZ NUÑEZ, EMILIO (Presidente/a)
MONTES GOYANES, ROSA MARIA (Secretario/a)
RIOS RODRIGUEZ, ANA MARIA (Vogal)
MARTINEZ NUÑEZ, EMILIO (Presidente/a)
MONTES GOYANES, ROSA MARIA (Secretario/a)
RIOS RODRIGUEZ, ANA MARIA (Vogal)
Inventando nuevos ligandos quirales para catálisis asimétrica con complejos metálicos de Rh o Ir
Autoría
S.M.R.
Grao en Química
S.M.R.
Grao en Química
Data da defensa
15.07.2024 09:30
15.07.2024 09:30
Resumo
Os ligandos ciclopentadienilo (Cp) son moi relevantes no campo da catálise organo-metálica, por exemplo, no desenvolvemento de reaccións de funcionalización C-H, que transforman directamente enlaces C-H inertes en grupos funcionais específicos, usan-do como catalizadores metais do grupo IX (Co, Rh, Ir). Desafortunadamente, as tecnoloxías para a preparación sintética destes ligandos Cp quirais son complexas e pouco versátiles. Por iso, o desenvolvemento de reaccións de funcionalización C-H enantioseletivas con catalizadores CpM quirais foi moi escaso. Recentemente descubrimos unha cicloadicción catalizada por cobalto que permite construír nun só paso ligandos ciclopentadienilo cunha ampla variedade de substituín-tes que modulan as súas propiedades estéricas e electrónicas. Ademais, comprobamos que os complexos Cp-roldio derivados son cataliticamente moi activos. Sobre esta base, o noso obxectivo consistirá en preparar un ligando Cp quiral completamente no-vo e probar o seu respectivo complexo metálico en reaccións de funcionalización C-H asimétricas relevantes.

Mascareñas Cid, Jose Luis (Titoría)
Mascareñas Cid, Jose Luis (Titoría)
Tribunal
SARDINA LOPEZ, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
PAZ CASTAÑAL, MANUEL MARIA (Secretario/a)
GARCIA FERNANDEZ, MARIA ESTHER (Vogal)
SARDINA LOPEZ, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
PAZ CASTAÑAL, MANUEL MARIA (Secretario/a)
GARCIA FERNANDEZ, MARIA ESTHER (Vogal)
Polímeros Helicoidales MetaloSupramoleculares
Autoría
S.T.M.
Grao en Química
S.T.M.
Grao en Química
Data da defensa
15.07.2024 09:30
15.07.2024 09:30
Resumo
Este traballo céntrase no estudo e formación de polímeros helicoidais metalosupramoleculares. Para iso, sintetizaranse e caracterizaranse tres pares de monómeros diferenciados segundo a posición -orto, -meta ou -para da subunidade quiral presente. Estes monómeros, derivados de oligofenilenoetinilenos (OPEs), coordinaranse mediante o seu alquino terminal a catións de Ag+ dando lugar á formación de fibras helicoidais supramoleculares, as cales estudiaremos mediante diferentes técnicas de Dicroísmo Circular (CD), Ultravioleta-Visible (UV-Vis), Microscopía Electrónica de Barrido de Emisión de Campo (FESEM) e Dicroísmo Circular/Ultravioleta-Visible a Temperatura Variable (VTCD/VT-UV-Vis). Desta forma, poderase verificar a existencia de fenómenos de amplificación de quiralidade entre os monómeros e os agregados e obterase información acerca das condicións óptimas para lograr o autoensamblaxe entre os OPEs e os catións de Ag+, os cales actuarán de forza impulsora no proceso.

QUIÑOA CABANA, EMILIO (Titoría)
RODRIGUEZ RIEGO, RAFAEL Cotitoría
QUIÑOA CABANA, EMILIO (Titoría)
RODRIGUEZ RIEGO, RAFAEL Cotitoría
Tribunal
FERNANDEZ MEGIA, EDUARDO (Presidente/a)
MARTINEZ CALVO, MIGUEL (Secretario/a)
PEDRIDO CASTIÑEIRAS, ROSA MARIA (Vogal)
FERNANDEZ MEGIA, EDUARDO (Presidente/a)
MARTINEZ CALVO, MIGUEL (Secretario/a)
PEDRIDO CASTIÑEIRAS, ROSA MARIA (Vogal)
Estudo bibliografico sobre a reactividade e aplicación de ciclometalados derivados de iminofosforanos
Autoría
L.C.M.
Grao en Química
L.C.M.
Grao en Química
Data da defensa
19.02.2024 10:00
19.02.2024 10:00
Resumo
Nos últimos anos o estudo dos metalaciclos experimentou un notable auxe. No marco destes compostos, os derivados de iminofosforanos, non sendo os máis estudiados, si mostran unha gran marxe de estudo e desenvolvemento fundamentalmente debido á ampla variedade de substituístes que poden presentar os fosfacenos e que modifican tanto as súas propiedades, como as dos consecuentes complexos. Neste traballo realizouse un estudo bibliográfico dos metalaciclos derivados de iminofosforanos con énfase principalmente na síntese dos ligandos fosfacenos e dos correspondentes metalaciclos, das súas propiedades como a luminescencia, as súas aplicación no campo da medicina debido as súas propiedades anticancerosas, e o seu uso como catalizadores.

ORTIGUEIRA AMOR, JUAN MANUEL (Titoría)
ORTIGUEIRA AMOR, JUAN MANUEL (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ MEGIA, EDUARDO (Presidente/a)
MARTINEZ CALVO, MIGUEL (Secretario/a)
PEDRIDO CASTIÑEIRAS, ROSA MARIA (Vogal)
FERNANDEZ MEGIA, EDUARDO (Presidente/a)
MARTINEZ CALVO, MIGUEL (Secretario/a)
PEDRIDO CASTIÑEIRAS, ROSA MARIA (Vogal)
Optimización do traballo con barras de estática en empresa de prensa de taboleiro de labra mediante o estudo da condutividade eléctrica
Autoría
P.G.P.
Grao en Química
P.G.P.
Grao en Química
Data da defensa
15.07.2024 09:30
15.07.2024 09:30
Resumo
O taboleiro de madeira debido as súas propiedades e versatilidade é una solución para os ámbitos estructurais, técnicos e ornamentais. Para optimizar a súa produción e acabados é necesario coñecer os rangos de funcionamento dos xeradores/barras de estática para cada grupo de soportes e papeis decorativos. Polo que diseñouse una batería de probas con diferentes taboleiros de uso habitual da empresa Financiera Maderera S.A (FINSA), variando a súa composición e grosor, así como distintos deseños de papes decorativos, escollendo os máis representativos para poder extrapolar os datos obtidos ao resto, variando condición de carga de humidade, resinas, gramaxe e tipo de impregnación. Analizando o pH, a porosidade Gurley, e o ensaio de cinzas do papel cru. E tamén a humidade, a fluidez e o estado B do papel impregnado. O obxectivo é definir as condicións de traballo para cada grupo de materias primas e coñecer os límites cos que traballar cos equipos que proporcionan o voltaxe necesario para a implementación correcta nada cadea de producción.

LEIS FIDALGO, JOSE RAMON (Titoría)
LEIS FIDALGO, JOSE RAMON (Titoría)
Tribunal
ABOAL SOMOZA, MANUEL (Presidente/a)
CASTRO VARELA, GABRIELA (Secretario/a)
FERRO COSTAS, DAVID (Vogal)
ABOAL SOMOZA, MANUEL (Presidente/a)
CASTRO VARELA, GABRIELA (Secretario/a)
FERRO COSTAS, DAVID (Vogal)
Niveis de aditivos procedentes de material plástico en mostras de molusco bivalvo recollido nas Rías galegas
Autoría
I.G.A.
Grao en Química
I.G.A.
Grao en Química
Data da defensa
11.09.2024 09:00
11.09.2024 09:00
Resumo
As partículas xeradas polo desgaste dos pneumáticos (Tire Wear Particles, TWPs) debido á fricción entre o pneumático e a superficie das estradas, así como as partículas producidas polo posterior uso do caucho reciclado, conteñen unha serie de aditivos empregados na fabricación do caucho dos pneumáticos. Diversos estudos teñen relacionado a presenza dalgúns destes aditivos con efectos na saúde humana, incluíndo disruptores endócrinos, e con efectos adversos en diversas especies acuáticas, chegando nalgúns casos a provocar a súa morte. Dado este contexto, resulta evidente a necesidade de desenvolver métodos analíticos que permitan a identificación e a cuantificación destes aditivos, así como a súa determinación en diferentes medios. O obxectivo deste traballo de fin de grao é desenvolver un método para a determinación de cinco aditivos presentes en partículas de caucho en mostras de mexillón. Realizouse unha procura bibliográfica previa, e seleccionouse a técnica de extracción MSPD (Matrix Solid Phase Dispersion), seguida da análise mediante cromatografía de gases acoplada a espectrometría de masas (GC-MS). Posteriormente, levouse a cabo un deseño de experimentos e, unha vez optimizado e validado o método, aplicouse a varias mostras de mexillóns das rías galegas, demostrando a súa validez. Este estudo é altamente novidoso, xa que é a primeira vez que a MSPD se aplica aos compostos seleccionados. Ademais, trátase do primeiro traballo no que se identifican estes aditivos en moluscos.

LLOMPART VIZOSO, MARIA PILAR (Titoría)
LLOMPART VIZOSO, MARIA PILAR (Titoría)
Tribunal
Rodríguez Prieto, María de la Flor (Presidente/a)
CASTRO VARELA, GABRIELA (Secretario/a)
ABOAL SOMOZA, MANUEL (Vogal)
Rodríguez Prieto, María de la Flor (Presidente/a)
CASTRO VARELA, GABRIELA (Secretario/a)
ABOAL SOMOZA, MANUEL (Vogal)
Análise do Efecto de Axentes Desnaturalizantes na Fluorescencia para o Estudo da Desnaturalización de Proteínas
Autoría
A.M.T.
Grao en Química
A.M.T.
Grao en Química
Data da defensa
15.07.2024 09:30
15.07.2024 09:30
Resumo
O cloruro de guanidinio (GdmCl), a urea e o dodecilsulfato sódico (SDS) son os axentes desnaturalizantes máis empregados para o seguimiento da desnaturalización de proteínas empregando métodos espectroscópicos. Porén, non hai rexistros sobre a fluorescencia destes axentes desnaturalizantes nin como esta afecta na pérdida da estrutura nativa das proteínas. Por iso, estudiouse como a emisión do GdmCl inflúe no seguimiento da desnaturalización da albúmina de soro bovino (BSA), unha das proteínas modelo nos estudos bioquímicos. Nun primeiro ensaio, analizouse o efecto da fluorescencia observada do GdmCl a unha concentración 7.52 uM de BSA en PBS pH 7.4. Porén, os resultados non mostraron evidencias de que o GdmCl puidese influír na fluorescencia observada. Polo tanto, decidiuse estudar os seus efectos a una concentración menor de BSA (1.50 uM) obtendo unha diferenza máis notable. Propuxéronse, ademais, sales de guanidinio alternativas ao GdmCl, urea e SDS. Así, estudouse a fluorescencia do ión Gdm+ cos seguintes contraións: bromuro (GdmBr), acetato (GdmAcetate), ioduro (GdmI), carbonato (GdmCarbonate) e cloruro de bisguanidinio (BiGdmCl), obtendo, como alternativa máis atractiva, o GdmBr.

VAZQUEZ SENTIS, MARCO EUGENIO (Titoría)
LOPEZ BLANCO, ROI Cotitoría
VAZQUEZ SENTIS, MARCO EUGENIO (Titoría)
LOPEZ BLANCO, ROI Cotitoría
Tribunal
TOJO SUAREZ, GABRIEL (Presidente/a)
FONDO BUSTO, MARIA MATILDE (Secretario/a)
TORNEIRO ABUIN, MERCEDES (Vogal)

Síntese e caracterización de compositos baseados en quantum dots e polímeros de impronta para o screening fluorimétrico de citrulina
Autoría
N.G.B.
Grao en Química
N.G.B.
Grao en Química
Data da defensa
11.09.2024 09:00
11.09.2024 09:00
Resumo
Na actualidade, resulta interesante desenvolver un método que permita determinar dunha forma rápida e sinxela os niveis de citrulina en sangue para que aqueles pacientes que padecen citrulinemias e son tratados con dito aminoácido poidan axustar as súas doses de administración. Esta memoria, presentada como Traballo de Fin de Grao do Grao en Química pola USC, baséase na preparación de fases sensoras que combinan a sensibilidade fluorescente dos quantum dots cunha elevada selectividade propia dos polímeros de impronta molecular. De forma que se sintetizan quantum dots de ZnS dopados con Mn, posteriormente funcionalizados con polímeros de impronta molecular selectivos ao analito de interese: a citrulina. Para a síntese dos quantum dots empregouse o método asistido por ultrasons, mentres que para a funcionalización cos polímeros de impronta molecular empregáronse dúas alternativas: unha delas empregando o método asistido por ultrasons e a outra utilizando a incubación en cámara termorregulada. Unha vez finalizada a síntese caracterizouse a estructura dos compositos e evaluouse a disminución da intensidade de emisión de fluorescencia (quenching) dos quantum dots funcionalizados debido á presencia da citrulina ou outros aminoácidos. Observouse quenching ao traballar ca metionina como aminoácido, o que indica que este pode supoñer unha interferencia para o material preparado.

MOREDA PIÑEIRO, ANTONIO (Titoría)
GOYANES GOYANES, ALVARO Cotitoría
MOREDA PIÑEIRO, ANTONIO (Titoría)
GOYANES GOYANES, ALVARO Cotitoría
Tribunal
Rodríguez Prieto, María de la Flor (Presidente/a)
CASTRO VARELA, GABRIELA (Secretario/a)
ABOAL SOMOZA, MANUEL (Vogal)
Rodríguez Prieto, María de la Flor (Presidente/a)
CASTRO VARELA, GABRIELA (Secretario/a)
ABOAL SOMOZA, MANUEL (Vogal)
Impacto do calcio na inmunoevasión do cancro a nivel membrana celular: Perspectivas dende a química computacional
Autoría
M.V.F.
Grao en Química
M.V.F.
Grao en Química
Data da defensa
15.07.2024 09:30
15.07.2024 09:30
Resumo
Este traballo investiga a interacción dos péptidos antimicrobianos (AMPs) FK-16 con membranas celulares baixo distintas concentracións de ións calcio (Ca2+), utilizando simulacións de dinámica molecular (MD). Os AMPs, coñecidos polo seu potencial terapéutico tanto antimicrobiano como anticanceríxeno, interactúan con distintas membranas celulares en formas dependentes do entorno iónico. A baixas concentracións de Ca2+, os péptidos FK-16 dispersos en solución mostran unha forte interacción con todo tipo de membranas, suxerindo unha posible toxicidade cara ás células sans. En contraste, en condicións de alta concentración de Ca2+, os péptidos tenden a formar agregados compactos, reducindo a súa interacción, sobre todo, coas membranas sans e, polo tanto, a súa toxicidade. Este comportamento diferencial destaca a importancia do entorno iónico na actividade terapéutica dos AMPs e indica que a alta concentración de Ca2+ en certos tipos de cancro podería contribuír á evasión do sistema inmunolóxico por parte das células cancerosas. O estudo suxire que a manipulación das condicións iónicas podería mellorar a selectividade e eficacia dos AMPs, minimizando efectos secundarios indesexados. Estes resultados proporcionan unha base para o deseño de novas estratexias terapéuticas baseadas en péptidos, optimizando a súa eficacia e especificidade no tratamento do cancro e outras enfermidades. A investigación levouse a cabo utilizando o software GROMACS e o centro de supercomputación CESGA para realizar simulacións de ata 10 microsegundos, con análises cualitativos e cuantitativos mediante VMD e scripts de Python.

GARCIA FANDIÑO, REBECA (Titoría)
CONDE TORRES, DANIEL Cotitoría
GARCIA FANDIÑO, REBECA (Titoría)
CONDE TORRES, DANIEL Cotitoría
Tribunal
FERNANDEZ MEGIA, EDUARDO (Presidente/a)
MARTINEZ CALVO, MIGUEL (Secretario/a)
PEDRIDO CASTIÑEIRAS, ROSA MARIA (Vogal)
FERNANDEZ MEGIA, EDUARDO (Presidente/a)
MARTINEZ CALVO, MIGUEL (Secretario/a)
PEDRIDO CASTIÑEIRAS, ROSA MARIA (Vogal)
Transformacións topotácticas en óxidos de metais de transición mediante inserción reversible de osixeno utilizando electrolitos sólidos
Autoría
A.G.A.C.
Grao en Química
A.G.A.C.
Grao en Química
Data da defensa
15.07.2024 09:30
15.07.2024 09:30
Resumo
O estudo da modificación electroquímica da estrutura dun material cerámico, como o son os óxidos de metais de transición que se investigan neste traballo, xera cambios nas propiedades do sistema. Neste traballo fabricamos películas delgadas dos óxidos (Ca,Sr)FeOx onde x toma valores entre 2,5-3,0, mediante a técnica de PLD. Os films depositáronse en condicións de PO2 tales que a fase obtida ten un contido de osíxeno próximo a 2,5 e unha estrutura tipo brownmillerita. Ao depositar as películas sobre un substrato que é un condutor de ións O2- a aplicación dun campo eléctrico entre a película e o substrato a unha temperatura suficientemente elevada como para permitir a mobilidade iónica, pódese dirixir un fluxo de ións O2- que se inseren na película, producindo a súa oxidación a x=3,0 e un cambio estrutural a unha estrutura tipo perovskita (MFeO3). Isto implica cambios na conductividade eléctrica do sistema, pasando dun estado con maior carácter illante (Brownmillerita) a un estado con maior carácter condutor (Perovskita). Ademais, prodúcese un cambio de cor apreciable a simple vista, xa que a película condutora é escura e brillante, mentres que a illante é transparente cun leve ton amarelo. Estes cambios de cor reflicten as variacións no band-gap asociado aos cambios no estado de oxidación. Asimesmo, o estudo do cambio nas propiedades térmicas realizouse mediante FDTR, observándose unha variación na conductividade térmica entre as fases implicadas.

RIVADULLA FERNANDEZ, JOSE FRANCISCO (Titoría)
RIVADULLA FERNANDEZ, JOSE FRANCISCO (Titoría)
Tribunal
ABOAL SOMOZA, MANUEL (Presidente/a)
CASTRO VARELA, GABRIELA (Secretario/a)
FERRO COSTAS, DAVID (Vogal)
ABOAL SOMOZA, MANUEL (Presidente/a)
CASTRO VARELA, GABRIELA (Secretario/a)
FERRO COSTAS, DAVID (Vogal)
Estudos de fotodegradación de novos contaminantes emerxentes procedentes de microplásticos de neumáticos
Autoría
N.M.R.
Grao en Química
N.M.R.
Grao en Química
Data da defensa
15.07.2024 09:30
15.07.2024 09:30
Resumo
O caucho dos pneumáticos contén numerosos axentes químicos que lle confiren as propiedades óptimas para un bo funcionamento. Estes axentes son liberados ao medio ambiente a través das partículas de desgaste xeradas durante o tráfico, así como do granulado de caucho utilizados en campos de herba artificial e parques infantís. Actualmente, o produto de transformación do 6PPD (6PPDq), estivo relacionado coa morte de varias especies acuáticas, cando chega aos ecosistemas acuáticos a través da escorrentía das estradas. Neste traballo de fin de grao (TFG), indágase a fotodegradación inducida pola luz UV de seis axentes químicos presentes no caucho, incluíndo compostos da familia das parafenilendiaminas (6PPD, 6PPDq, IPPD, DPPD), un axente reticulante (HMMM) e un axente vulcanizante (MBTZ). Analízase o comportamento destes compostos expostos á luz UV en auga e en medio sólido (fibra de microextracción). A extracción dos compostos da auga, previa á análise cromatográfica (GC-MS/MS), realízase mediante microextracción en fase sólida, que tamén se investiga como soporte sólido para estudar a fotodegradación dos axentes químicos. Os estudos cinéticos mostran que a fotodegradación ocorre en ambos os medios, a diferentes velocidades dependendo do analito, trázanse as curvas e calcúlanse os parámetros cinéticos. Posteriormente, irrádianse diferentes matrices reais dopadas cos analitos, comprobando como se produce a fotodegradación en mostras reais, sendo así un proceso que pode producirse no medio, pero tamén é unha alternativa viable para a depuración das augas (tratamento terciario).

Formulación dunha “tinta” de CeO2 para impresión 3D de estruturas con elevada relación superficie-volume
Autoría
C.C.P.
Grao en Química
C.C.P.
Grao en Química
Data da defensa
15.07.2024 09:30
15.07.2024 09:30
Resumo
Debido á necesidade actual de controlar a contaminación ambiental e da obtención de enerxías renovables como o hidróxeno verde, a fotocatálise presenta cada día maior importancia. Empregando un semicondutor que actúa como catalizador pódese conseguir este control. Polo tanto, o deseño e síntese de estruturas catalíticas para a súa posterior aplicación como solución a estes problemas ambientais está gañando cada día máis relevancia. Este traballo fin de grao céntrase na formulación dunha “tinta” de CeO2 para aplicacións en catálise. Para iso emprégase a impresión 3D como método de procesamento do material, porque permite deseñar estruturas con xeometrías difíciles de acadar con outras metodoloxías. Ademais, obtéñense estruturas con elevada relación superficie-volume. O interese de obter estruturas con elevada relación superficie-volume débese á necesidade de dispor do maior número de puntos con actividade catalítica na superficie do material. Os resultados obtidos amosan a posibilidade de elaborar “tintas” de CeO2 para obter por impresión 3D estruturas porosas con este material.

GIL GONZALEZ, ALVARO (Titoría)
VAZQUEZ VAZQUEZ, CARLOS Cotitoría
GIL GONZALEZ, ALVARO (Titoría)
VAZQUEZ VAZQUEZ, CARLOS Cotitoría
Tribunal
ABOAL SOMOZA, MANUEL (Presidente/a)
CASTRO VARELA, GABRIELA (Secretario/a)
FERRO COSTAS, DAVID (Vogal)
ABOAL SOMOZA, MANUEL (Presidente/a)
CASTRO VARELA, GABRIELA (Secretario/a)
FERRO COSTAS, DAVID (Vogal)
Influencia de grupos voluminosos no ligando sobre a formación de complexos helicoidais
Autoría
R.S.C.
Grao en Química
R.S.C.
Grao en Química
Data da defensa
15.07.2024 09:30
15.07.2024 09:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao enmárcase dentro na liña de investigación “Química Supramolecular” do grupo Química Bioinorgánica e Supramolecular (SUPRABIOIN), e ten como finalidade o estudo da influencia de pequenas modificacións no esqueleto do ligando na arquitectura final dos complexos metalospramoleculares derivados. Para realizar este estudo sintetizáronse dous ligandos base de Schiff H2Ln (n = 1 e 2), potencialmente dianiónicos e tetradentados [N2O2], funcionalizados con grupos voluminosos nas ramas (H2L1 e H2L2) e no espazador (H2L2). Despois de caracterizar ambos ligandos mediante as técnicas habituais, empregouse unha metodoloxía de síntese electroquímica para obter os complexos neutros derivados de cobalto, níquel, cobre e zinc. Os complexos tamén foron caracterizados coa finalidade de coñecer tanto a súa estequiometría como a súa arquitectura final nos casos nos que foi posible.

GONZALEZ NOYA, ANA MARIA (Titoría)
VELO HELENO, MARIA ISABEL Cotitoría
GONZALEZ NOYA, ANA MARIA (Titoría)
VELO HELENO, MARIA ISABEL Cotitoría
Tribunal
TOJO SUAREZ, GABRIEL (Presidente/a)
FONDO BUSTO, MARIA MATILDE (Secretario/a)
TORNEIRO ABUIN, MERCEDES (Vogal)
TOJO SUAREZ, GABRIEL (Presidente/a)
FONDO BUSTO, MARIA MATILDE (Secretario/a)
TORNEIRO ABUIN, MERCEDES (Vogal)
Preparación de complexos de rutenio e paladio con tiosemicarbazonas derivadas de fosfina
Autoría
E.L.P.
Grao en Química
E.L.P.
Grao en Química
Data da defensa
15.07.2024 09:30
15.07.2024 09:30
Resumo
Neste Traballo Fin de Grao abordouse a preparación dos complexos de Pd(II), Ru(II) e Ru(III) con dous ligandos fosfino-tiosemicarbazona HLPn, tridentados e cun sistema doador [NPS]. Deste xeito, obtivéronse monómeros [Pd(LPn)Cl] para os dous ligandos no caso de Pd(II), o que foi confirmado por todas as técnicas de caracterización, incluíndo as estruturas dos complexos plano-cadrados [Pd(LPn)Cl]. No caso de Ru(II) e Ru(III) as diferentes técnicas de caracterización empregadas apuntan a que se produciu a coordinación entre os ións metálicos e o ligando, aínda que independentemente da estequiometría metal:ligando empregada (1:1 ou 1:2) as reaccións conducen a unha mestura de complexos. Aínda así, conseguiuse obter a estrutura cristalina dunha das especies, o complexo de valencia mixta [RuII RuIII(LP1)2(DMSO)Cl3].

PEDRIDO CASTIÑEIRAS, ROSA MARIA (Titoría)
VELO HELENO, MARIA ISABEL Cotitoría
PEDRIDO CASTIÑEIRAS, ROSA MARIA (Titoría)
VELO HELENO, MARIA ISABEL Cotitoría
Tribunal
SARDINA LOPEZ, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
PAZ CASTAÑAL, MANUEL MARIA (Secretario/a)
GARCIA FERNANDEZ, MARIA ESTHER (Vogal)
SARDINA LOPEZ, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
PAZ CASTAÑAL, MANUEL MARIA (Secretario/a)
GARCIA FERNANDEZ, MARIA ESTHER (Vogal)
Mellora da recuperación de metais de baterías de litio.
Autoría
A.R.S.
Grao en Química
A.R.S.
Grao en Química
Data da defensa
15.07.2024 09:30
15.07.2024 09:30
Resumo
O presente traballo de fin de grao está dedicado ao desenvolvemento dun método para a mellora na extracción de metais de baterías de litio. Hoxe en día, os principais métodos de reciclaxe destas baterías implican procesos hidrometalúrxicos e pirometalúrxicos que necesitan unha cantidade importante de ácido e base. Ademais, non son adecuados para o litio, o cal se perde inevitablemente, aparte de producir unha gran cantidade de subprodutos e augas residuais. É por este motivo que se converteu nun importante desafío desenvolver técnicas melloradas para reciclar os compostos contidos nas baterías. O obxectivo centrouse na extracción de litio (cun estudo doutros elementos coextraídos) empregando líquidos iónicos que proporcionasen unha extracción líquidolíquido e sólido-líquido máis “verde” polo feito de que poden usarse varias veces; e o uso de ácidos orgánicos atendendo á súa menor contaminación e toxicidade que os ácidos minerais habitualmente utilizados para estes procesos. Para lograr isto, realizouse unha etapa inicial de desmantelamento de baterías de litio, seguido por unha análise de cales eran os principais elementos que forman o cátodo utilizando ICP-OES e finalizando cunha comparación de diferentes líquidos iónicos e ácidos orgánicos optimizando as súas variables para a extracción de elementos.

HERBELLO HERMELO, PALOMA Cotitoría
MOREDA PIÑEIRO, ANTONIO (Titoría)
HERBELLO HERMELO, PALOMA Cotitoría
Tribunal
ABOAL SOMOZA, MANUEL (Presidente/a)
CASTRO VARELA, GABRIELA (Secretario/a)
FERRO COSTAS, DAVID (Vogal)
ABOAL SOMOZA, MANUEL (Presidente/a)
CASTRO VARELA, GABRIELA (Secretario/a)
FERRO COSTAS, DAVID (Vogal)
Estimación do consumo de substancias de abuso a través do análise de augas residuais
Autoría
V.B.C.
Grao en Química
V.B.C.
Grao en Química
Data da defensa
15.07.2024 09:30
15.07.2024 09:30
Resumo
O consumo de drogas de abuso afecta ao desenvolvemento económico e social dunha poboación, polo que é necesario monitorizar o uso destas substancias para o desenvolvemento de políticas de concienciación e prevención. A Análise de Augas Residuais con Fins Epidemiolóxicos (WBE, do inglés Wastewater-Based Epidemiology) é unha das estratexias empregadas para proporcionar datos sobre o consumo dunha poboación en tempo real, permitindo identificar tendencias de consumo no tempo e a distribución xeográfica. Neste traballo analizouse o consumo de nicotina, cocaína, cannabis, anfetamina, metanfetamina e MDMA a través da determinación dos seus biomarcadores nas augas residuais de tres cidades españolas en Galicia e Euskadi. Empregáronse mostras compostas de 24 h tomadas durante unha semana, na primavera e outono. Utilizáronse dúas metodoloxías analíticas: a desconxugación encimática para metabolitos de nicotina e a extracción en fase sólida para o resto das drogas, ambas seguidas dunha análise por cromatografía líquida parella a espectrometría de masas en tándem. Os dous métodos validáronse avaliando exactitude, precisión e límites de detección e cuantificación. Comparando as estimacións do consumo das diferentes localidades estudadas, obsérvase que o cannabis é a droga ilícita máis utilizada. Ademais, exceptuando a nicotina e a metanfetamina, existe un patrón semanal cun maior consumo as fins de semana debido a un posible uso recreativo. Tamén se determinou que en Galicia o consumo é menor que en Euskadi, especialmente no caso da anfetamina.

RODIL RODRIGUEZ, MARIA DEL ROSARIO (Titoría)
GONZALEZ GOMEZ, XIANA Cotitoría
RODIL RODRIGUEZ, MARIA DEL ROSARIO (Titoría)
GONZALEZ GOMEZ, XIANA Cotitoría
Tribunal
MARTINEZ NUÑEZ, EMILIO (Presidente/a)
MONTES GOYANES, ROSA MARIA (Secretario/a)
RIOS RODRIGUEZ, ANA MARIA (Vogal)
MARTINEZ NUÑEZ, EMILIO (Presidente/a)
MONTES GOYANES, ROSA MARIA (Secretario/a)
RIOS RODRIGUEZ, ANA MARIA (Vogal)
Mollado: superficies superhidrofóbicas
Autoría
J.M.G.
Grao en Química
J.M.G.
Grao en Química
Data da defensa
15.07.2024 09:00
15.07.2024 09:00
Resumo
O estudo dos parámetros fisicoquímicos relacionados cos fenómenos de superficie remóntase á década de 1805, onde o científico Thomas Young propón o que actualmente se coñece como a ecuación de Young e que será o que abra as portas ó concepto da superhidrofocidade das superficies. Ademais, suporá o punto de partida para posteriores modelos termodinámicos como son o modelo de Wenzel ou o modelo de Cassie-Baxter, que destacan pola súa efectividade experimental aínda a día de hoxe. Por outra banda, a observación microscópica así coma o desenrolo no ámbito da nanotecnoloxía, levaron ó descubrimento na natureza de organismos vivos con superficies superhidrófobas, é dicir, repelentes á acción da auga e con capacidade de autolimpeza. A estrutura natural coñecida por excelencia con estas propiedades é a folla da flor de loto. Será a partir do estudo das particularidades deste sistema natural que o científico Wilhelm A. Barthlott enuncie o que hoxe se coñece como Efecto Loto. Na actualidade, a investigación científica céntrase en tratar de replicar dito efecto co fin de sintetizar o que se coñecen como superficies superhidrófobas ideais e obter materiais (recubrimentos, pinturas, tecidos...) que sexan inmunes á acción da auga. No presente traballo realizouse un estudo bibliográfico sobre as propiedades de humectabilidade das superficies superhidrófobas centrándonos, principalmente, nos modelos termodinámicos máis relevantes que as estudan. Tamén se comentarán algúns dos métodos de obtención máis comúns empregados na súa síntese así coma algunha das súas aplicacións en diversos campos.

BUJAN NUÑEZ, MARIA CARMEN (Titoría)
BUJAN NUÑEZ, MARIA CARMEN (Titoría)
Tribunal
LORES AGUIN, MARTA (Presidente/a)
RIOS RODRIGUEZ, MARIA DEL CARMEN (Secretario/a)
Carro Díaz, Antonia María (Vogal)

COTinos na Síntese de Hidrocarburos Policíclicos Tridimensionais
Autoría
A.C.A.H.
Grao en Química
A.C.A.H.
Grao en Química
Data da defensa
15.07.2024 09:30
15.07.2024 09:30
Resumo
Como resultado das súas melloradas propiedades electrónicas, os PAHs non planos atraeron moita atención ultimamente. Coa introdución de aneis non planos de oito membros na estrutura plana, lograrase a curvatura desexada nestes sistemas. Así como a ciclotrimerización de arinos catalizada por metais é unha metodoloxía desenvolvida e amplamente utilizada na síntese de PAHs planos, a ciclotrimerización de aneis non planos de oito membros foi pouco estudada. Este proxecto de TFG aborda o estudo da ciclotrimerización de COTinos simétricos fusionados con benceno para obter PAHs tridimensionais coa incorporación de aneis de oito membros. Analizarase a influencia de núcleos aromáticos e non aromáticos nas propiedades físicas dos novos PAHs. Ademais, levaranse a cabo estudos preliminares de funcionalización, haloxenación e coordinación con ións metálicos.

SAA RODRIGUEZ, CARLOS EUGENIO (Titoría)
VARELA CARRETE, JESUS ANGEL Cotitoría
SAA RODRIGUEZ, CARLOS EUGENIO (Titoría)
VARELA CARRETE, JESUS ANGEL Cotitoría
Tribunal
FERNANDEZ MEGIA, EDUARDO (Presidente/a)
MARTINEZ CALVO, MIGUEL (Secretario/a)
PEDRIDO CASTIÑEIRAS, ROSA MARIA (Vogal)
FERNANDEZ MEGIA, EDUARDO (Presidente/a)
MARTINEZ CALVO, MIGUEL (Secretario/a)
PEDRIDO CASTIÑEIRAS, ROSA MARIA (Vogal)
Estudo da interacción entre pesticidas e o medio ambiente no ámbito da viticultura
Autoría
L.D.L.C.
Grao en Química
L.D.L.C.
Grao en Química
Data da defensa
11.09.2024 09:00
11.09.2024 09:00
Resumo
No contexto actual da viticultura, o uso de pesticidas é unha práctica común para controlar pragas e enfermidades que poden afectar á produción de uva. Por tanto, é crucial comprender a interacción destes pesticidas co medio ambiente, para garantir a sustentabilidade a longo prazo do sector vitivinícola, así como para protexer a saúde dos consumidores debido á potencial exposición a estes compostos derivada do consumo de produtos obtidos no proceso de vinificación, en particular do viño. Este estudo céntrase en investigar a evolución de diversas familias de funxicidas no sistema solo-uva-viño en dous ensaios realizados sobre dúas parcelas con características edafolóxicas e climáticas distintas, empregando ademais dúas variedades de vide diferentes, co fin de comprender mellor como estes factores afectan á persistencia dos pesticidas no chan e en produtos derivados deste sector (uvas, viño e bagazo).

RODRIGUEZ PEREIRO, ISAAC (Titoría)
RODRIGUEZ PEREIRO, ISAAC (Titoría)
Tribunal
Rodríguez Prieto, María de la Flor (Presidente/a)
CASTRO VARELA, GABRIELA (Secretario/a)
ABOAL SOMOZA, MANUEL (Vogal)
Rodríguez Prieto, María de la Flor (Presidente/a)
CASTRO VARELA, GABRIELA (Secretario/a)
ABOAL SOMOZA, MANUEL (Vogal)
Mobilidade e biodispoñibilidade de metais pesados en solos de mina: cambios inducidos tras a aplicación de fitotecnoloxías para a súa rehabilitación ambiental.
Autoría
L.D.C.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
L.D.C.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
18.07.2024 11:00
18.07.2024 11:00
Resumo
A minaría é unha actividade antropoxénica que leva asociado un impacto no solo debido principalmente á acumulación de metais pesados que dificultan o desenvolvemento vexetal. O risco asociado a esta contaminación ven determinado pola especiación dos metais, directamente relacionada coa súa potencial mobilidade e biodispoñibilidade. Para mellorar as condicións do solo de mina aplícanse técnicas de recuperación, entre as que destacan as fitotecnoloxías, nas se empregan especies vexetais en combinación con emendas edáficas (p. ex. compost orgánico), que modifican a mobilidade e biodispoñibilidade dos metais no solo. Neste proxecto estudouse o posible efecto dos tratamentos de recuperación na mobilidade e biodispoñibilidade de metais nunha mina de Pb/Zn. Para isto, realizouse unha análise de fraccionamento de Fe, Mn, Zn, Pb e Cd, que permite avaliar as formas metálicas dominantes no solo e a súa mobilidade/biodispoñibilidade potencial. Os resultados permitiron relacionar os tratamentos coas variacións na mobilidade, destacando a redución na mobilidade e biodispoñibilidade de metais inducida pola adición de compost, e o efecto contrario (aumento de mobilidade) provocado polo establecemento e crecemento de especies forestais de ciclo curto.

MONTERROSO MARTINEZ, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
MONTERROSO MARTINEZ, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
Tribunal
Ortiz Nuñez, Santiago (Presidente/a)
SANCHEZ VILAS, JULIA (Secretario/a)
PRIETO LAMAS, BEATRIZ LORETO (Vogal)
Ortiz Nuñez, Santiago (Presidente/a)
SANCHEZ VILAS, JULIA (Secretario/a)
PRIETO LAMAS, BEATRIZ LORETO (Vogal)
Análise de residuos de sustancias de abuso en xiringas de usuarios de drogas
Autoría
L.D.C.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
L.D.C.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
15.07.2024 09:00
15.07.2024 09:00
Resumo
O consumo de drogas é unha práctica con tendencia crecente que leva asociado un risco sanitario que afecta aos os seus usuarios. Este risco pode incrementarse nos consumidores por vía intravenosa, xa que aumenta a posibilidade de infección con VIH ou hepatite. O risco tamén é maior en grupos específicos como os usuarios que realizan a práctica do Chemsex, onde o consumo de sustancias en contextos sexuais consentidos conleva unha maior incidencia de enfermidades de transmisión sexual. Para ter unha idea obxectiva dos patróns de consumo por vía intravenosa e poder establecer plans de redución do dano adecuado en función do risco asociado ás sustancias, é preciso o emprego de métodos analíticos que permitan identificar as drogas empregadas e os seus adulterantes. Neste proxecto, realizouse unha análise de extractos de xiringas de consumo de dúas poboacións (xeral e Chemsex) mediante UHPLC-QTOF-MS-MS (Ultra High Performance Liquid Chromatography - Quadrupole Time-of-Flight Tandem Mass Spectrometry), para detección de compostos e GC-QTOF-MS (Gas Chromatography - Quadrupole Time-of-flight Mass Spectrometry) para a diferenciación de isómeros específicos. As mostras empregáronse tamén para avaliar as diferencias no patrón de consumo entre consumidores xeral as persoas que practican Chemsex. Desta forma, atopouse que os patróns de consumo de ambos grupos estudados son diferentes, cunha presencia maioritaria de catinonas sintéticas e metanfetamina nas persoas que practican Chemsex, e unha abundancia de cocaína e opiáceos acompañados de diversos adulterantes na poboación consumidora xeral. Tamén se detectou na maioría de xiringas unha presencia conxunta de máis dunha sustancia de abuso.

MONTES GOYANES, ROSA MARIA (Titoría)
QUINTANA ALVAREZ, JOSE BENITO Cotitoría
MONTES GOYANES, ROSA MARIA (Titoría)
QUINTANA ALVAREZ, JOSE BENITO Cotitoría
Tribunal
LORES AGUIN, MARTA (Presidente/a)
RIOS RODRIGUEZ, MARIA DEL CARMEN (Secretario/a)
Carro Díaz, Antonia María (Vogal)
LORES AGUIN, MARTA (Presidente/a)
RIOS RODRIGUEZ, MARIA DEL CARMEN (Secretario/a)
Carro Díaz, Antonia María (Vogal)
Actividade antimicrobiana de hidroxeles sintéticos con antibióticos encapsulados
Autoría
N.R.C.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
N.R.C.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
18.07.2024 10:00
18.07.2024 10:00
Resumo
A resistencia aos antimicrobianos é unha preocupación global debido á difusión de cepas bacterianas multirresistentes e ás dificultades asociadas ao desenvolvemento de novas terapias. Neste contexto, os hidroxeles con antibióticos e outros antimicrobianos encapsulados preséntanse como unha solución innovadora e prometedora. Este traballo analiza o uso de hidroxeles para mellorar a eficacia dos tratamentos antimicrobianos e reducir a aparición de resistencias mediante unha liberación controlada e sostida de fármacos. O obxectivo principal foi realizar unha exhaustiva revisión bibliográfica sobre os avances no desenvolvemento de hidroxeles que encapsulan antimicrobianos. Os obxectivos específicos inclúen revisar o mecanismo de formación dos hidroxeles e os seus diferentes tipos, estudar a súa capacidade para encapsular fármacos e explorar as posibles aplicacións biomédicas destes hidroxeles. Para iso, realizouse unha revisión bibliográfica sistemática utilizando bases de datos académicas como PubMed, Scopus e Google Scholar. Segundo a literatura analizada, os hidroxeles sintéticos con antibióticos encapsulados representan unha estratexia innovadora para mellorar a administración de antimicrobianos e combater a resistencia bacteriana. Teñen potenciais aplicacións no tratamento de infeccións, así como na enxeñería de tecidos e mesmo na industria alimentaria. Non obstante, son necesarios máis estudos para superar os desafíos técnicos e avaliar a súa eficacia en aplicacións clínicas reais.

LEMOS RAMOS, MANUEL LUIS (Titoría)
AFONSO LAGES, MARTA CAROLINA Cotitoría
LEMOS RAMOS, MANUEL LUIS (Titoría)
AFONSO LAGES, MARTA CAROLINA Cotitoría
Tribunal
ESTEVEZ TORANZO, MARIA ALICIA CAROLINA (Presidente/a)
COVELO ARTOS, GUILLERMO (Secretario/a)
CANDAL SUAREZ, EVA MARIA (Vogal)

Hidroxeles transportadores de antibióticos
Autoría
N.R.C.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
N.R.C.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
15.07.2024 09:30
15.07.2024 09:30
Resumo
O estudo dos xeles emerxiu como un campo fascinante na química dado que estes materiais destacan pola súa flexibilidade, illamento térmico, baixa densidade e alta superficie específica, cualidades que os fan atractivos para múltiples aplicacións que van desde a cociña ata as misións espaciais. No contexto da biomedicina, a súa capacidade para reter outras substancias, a súa biocompatibilidade e a súa biodegradabilidade están transformando a forma en que se desenvolven e administran medicamentos, permitindo unha liberación controlada e regulada. Este Traballo de Fin de Grao enfócase na síntese e avaliación de catro axentes xelantes orgánicos de baixo peso molecular (LMWOGs), derivados de ácidos 2-aminociclohexanocarboxílicos. Investígase a súa síntese, a súa capacidade para formar xeles en diferentes disolventes e o seu potencial como sistemas liberadores de fármacos, especialmente para aplicacións en biomedicina, onde problemas como a resistencia aos antibióticos formula desafíos significativos. Os resultados preliminares suxiren que estes LMWOGs poderían ser prometedores para a administración local prolongada de fármacos antimicrobianos, aproveitando as propiedades únicas dos xeles para satisfacer as demandas clínicas actuais.
O estudo dos xeles emerxiu como un campo fascinante na química dado que estes materiais destacan pola súa flexibilidade, illamento térmico, baixa densidade e alta superficie específica, cualidades que os fan atractivos para múltiples aplicacións que van desde a cociña ata as misións espaciais. No contexto da biomedicina, a súa capacidade para reter outras substancias, a súa biocompatibilidade e a súa biodegradabilidade están transformando a forma en que se desenvolven e administran medicamentos, permitindo unha liberación controlada e regulada. Este Traballo de Fin de Grao enfócase na síntese e avaliación de catro axentes xelantes orgánicos de baixo peso molecular (LMWOGs), derivados de ácidos 2-aminociclohexanocarboxílicos. Investígase a súa síntese, a súa capacidade para formar xeles en diferentes disolventes e o seu potencial como sistemas liberadores de fármacos, especialmente para aplicacións en biomedicina, onde problemas como a resistencia aos antibióticos formula desafíos significativos. Os resultados preliminares suxiren que estes LMWOGs poderían ser prometedores para a administración local prolongada de fármacos antimicrobianos, aproveitando as propiedades únicas dos xeles para satisfacer as demandas clínicas actuais.
Dirección
ESTEVEZ CABANAS, JUAN CARLOS (Titoría)
ESTEVEZ CABANAS, JUAN CARLOS (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ MEGIA, EDUARDO (Presidente/a)
MARTINEZ CALVO, MIGUEL (Secretario/a)
PEDRIDO CASTIÑEIRAS, ROSA MARIA (Vogal)
FERNANDEZ MEGIA, EDUARDO (Presidente/a)
MARTINEZ CALVO, MIGUEL (Secretario/a)
PEDRIDO CASTIÑEIRAS, ROSA MARIA (Vogal)
Análisis de microplásticos en lodos empregando técnicas espectroscópicas
Autoría
A.F.C.
Grao en Química
A.F.C.
Grao en Química
Data da defensa
15.07.2024 09:00
15.07.2024 09:00
Resumo
Os residuos de plásticos e de microplásticos son altamente contaminantes por mor da grande cantidade de compostos químicos que se empregan na súa síntese e pola súa baixa capacidade de degradación. Xeran grandes problemas no medio ambiente, contaminando todo tipo de ecosistemas, así como para os seres vivos, pois moitos microplásticos son inxeridos de maneira indirecta, provocando danos no organismo. Nas augas residuais pódense atopar unha gran cantidade de microplásticos. Isto débese ás incalculables fontes de contaminación actuais, debidas á grande cantidade de produtos plásticos existentes. Son multitude os riscos que fan que a análise de microplásticos en lodos de depuradoras sexa realmente importante. Este proxecto usará a espectroscopía Raman para caracterizar diversos tipo de microplásticos que poidan estar presentes nos lodos de depuradoras. Para isto, realizarase un tratamento previo da mostra, levando a cabo unha dobre dixestión con peróxido de hidróxeno e usando como catalizador o reactivo de Fenton. Posteriormente, realizaranse dúas etapas de separación por densidades. Para a primeira utilizarase unha sal de cloruro sódico e para a segunda empregarase metanol. Tamén levarase a cabo un filtrado a baleiro, comparando cinco filtros de diferentes materiais, sendo estes: nitrocelulosa, policarbonato, fluoruro de polivinilideno, papel de filtro e microfibra de vidro. Finalmente, concluirase cal deles é o máis adecuado para levar a cabo o procedemento.

PEÑA VAZQUEZ, ELENA MARIA (Titoría)
ABOAL SOMOZA, MANUEL Cotitoría
PEÑA VAZQUEZ, ELENA MARIA (Titoría)
ABOAL SOMOZA, MANUEL Cotitoría
Tribunal
LORES AGUIN, MARTA (Presidente/a)
RIOS RODRIGUEZ, MARIA DEL CARMEN (Secretario/a)
Carro Díaz, Antonia María (Vogal)
LORES AGUIN, MARTA (Presidente/a)
RIOS RODRIGUEZ, MARIA DEL CARMEN (Secretario/a)
Carro Díaz, Antonia María (Vogal)
Complexos metálicos de lantanoides como imáns moleculares
Autoría
X.M.B.
Grao en Química
X.M.B.
Grao en Química
Data da defensa
15.07.2024 09:30
15.07.2024 09:30
Resumo
No presente traballo descríbense os resultados obtidos no intento de síntese de complexos metálicos de DyIII e TbIII con ligandos pentaaza ou hexaazamacrocíclicos e ligandos trifenilsilanolato, a partir de precursores que conteñen ligandos acetato ou hidroxi. Así, o uso de macrociclos hexa- e pentadentados dadores de nitróxeno permite illar os precursores [Tb(LN6en)(OAc)2](BPh4)(H2O)2 (1), [Dy(LN6prop)(OAc)2](BPh4) (2), [Dy(LN6PhenF)(OH)2](BPh4)(H2O)2 (3) e [Dy(LN5,bipy)(OAc)2](OAc)(H2O)4 (4). Os complexos 1 e 2 sofren intercambio de ligando acetato con trifenilsilanolato, levando á obtención dos compostos [Tb(LN6en)(OSiPh3)2](BPh4)·2CH2Cl2 (5·2CH2Cl2), altamente puro, e [Dy(LN6prop)(OAc)(OSiPh3)](BPh4)·0.5CH2Cl2 (6·0.5CH2Cl2), nunha mestura de compostos. Ambos foron caracterizados cristalograficamente, amosando a xeometría de bipirámide hexagonal buscada en 5·2CH2Cl2, e antiprisma cadrado apicado esférico en 6·0.5CH2Cl2. Os estudos magnéticos de 5·2CH2Cl2 demostran que é un imán unimolecular mononuclear inducido por un campo magnético externo, onde o espín se relaxa a través dos mecanismos Raman e túnel cuántico da magnetización.

FONDO BUSTO, MARIA MATILDE (Titoría)
CORREDOIRA VAZQUEZ, JULIO Cotitoría
FONDO BUSTO, MARIA MATILDE (Titoría)
CORREDOIRA VAZQUEZ, JULIO Cotitoría
Tribunal
FERNANDEZ MEGIA, EDUARDO (Presidente/a)
MARTINEZ CALVO, MIGUEL (Secretario/a)
PEDRIDO CASTIÑEIRAS, ROSA MARIA (Vogal)
FERNANDEZ MEGIA, EDUARDO (Presidente/a)
MARTINEZ CALVO, MIGUEL (Secretario/a)
PEDRIDO CASTIÑEIRAS, ROSA MARIA (Vogal)
Síntesis electroquímica e caracterización de complexos metálicos de zinc e chumbo
Autoría
S.T.P.
Grao en Química
S.T.P.
Grao en Química
Data da defensa
15.07.2024 09:30
15.07.2024 09:30
Resumo
Neste traballo preséntase a síntese electroquímica de complexos metálicos de chumbo e zinc, empregando dous ligandos, nomeados nesta memoria como H1PYZ e H4PYZ, previamente sintetizados. A caracterización dos complexos realízase mediante difracción de raios X (DRX), análise elemental, espectroscopia infravermella (IR) e resonancia magnética nuclear de protón (RMN 1H), confirmando as súa obtención como compostos puros. Os ligandos H1PYZ [(Z)-N'-benzoilpirazina-2-carbohidrazonamida] e H4PYZ [(Z)-N'-(4-metilbenzoil)pirazina-2-carbohidrazonamida] foron sintetizados mediante reaccións de condensación e caracterizados debidamente. Os resultados obtidos demostran que o procedemento electroquímico empregado é unha metodoloxía axeitada para a obtención de complexos, resaltando a súa versatilidade e interese para o desenvolvemento de novas posibilidades de investigación na química de coordinación.

LABISBAL VIQUEIRA, MARIA ELENA (Titoría)
LABISBAL VIQUEIRA, MARIA ELENA (Titoría)
Tribunal
SARDINA LOPEZ, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
PAZ CASTAÑAL, MANUEL MARIA (Secretario/a)
GARCIA FERNANDEZ, MARIA ESTHER (Vogal)
SARDINA LOPEZ, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
PAZ CASTAÑAL, MANUEL MARIA (Secretario/a)
GARCIA FERNANDEZ, MARIA ESTHER (Vogal)
Estudo da reactividade dun arino derivado do antraceno
Autoría
R.F.D.
Grao en Química
R.F.D.
Grao en Química
Data da defensa
15.07.2024 09:30
15.07.2024 09:30
Resumo
Os materiais derivados do grafeno reúnen unha combinación única de propiedades físicas e químicas que os fai moi interesantes para a súa utilización como materiais moleculares. Nos derradeiros anos, levouse a cabo un intenso traballo no campo da química sintética, para preparar, partindo de unidades moleculares pequenas, unha gran variedade destes materiais. O grupo de investigación COMMO (Guitián/Pérez/Peña) destaca polo desenvolvemento de metodoloxías sintéticas baseadas na química de arinos, para preparar nanografenos mediante química en disolución. No presente Traballo de Fin de Grao, desenvolveuse unha ruta sintética para preparar un precursor de arino derivado do antraceno; e estudouse a súa reactividade en procesos de cicloadición [4+2] e [2+2+2], que permitiron obter, de forma sinxela e nun único paso, diferentes nanografenos de estrutura complexa e interesantes propiedades.

PEÑA GIL, DIEGO (Titoría)
PEÑA GIL, DIEGO (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ MEGIA, EDUARDO (Presidente/a)
MARTINEZ CALVO, MIGUEL (Secretario/a)
PEDRIDO CASTIÑEIRAS, ROSA MARIA (Vogal)
FERNANDEZ MEGIA, EDUARDO (Presidente/a)
MARTINEZ CALVO, MIGUEL (Secretario/a)
PEDRIDO CASTIÑEIRAS, ROSA MARIA (Vogal)
Síntese electroquímica de complexos metálicos derivados de bistiosemicarbazona para o estudo das súas propiedades espectroscópicas
Autoría
A.F.P.
Grao en Química
A.F.P.
Grao en Química
Data da defensa
15.07.2024 09:30
15.07.2024 09:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grado sitúase dentro dunha liña de estudo do grupo de investigación e abarca a síntese de complexos metálicos derivados dun ligando bistiosemicarbazona tetradentado obtido a partir do 1,3-diacetilbenceno e do 4-(1-naftil)-3- tiosemicarbazida. Unha vez illado e caracterizado o ligando, levouse a cabo, mediante síntese electroquímica, a síntese dos complexos derivados de manganeso(II), ferro(II), cobalto(II), níquel(II), cobre(II), zinc(II), cadmio(II), prata(I), ouro(I) e chumbo(II). A continuación, foron caracterizados polas técnicas de caracterización habituais en disolución e en estado sólido. Finalmente, realizáronse estudos de propiedades espectroscópicas de ambos, ligando e complexos, mediante experimentos de absorción UV-Vis e de emisión de fluorescencia.

MARTINEZ CALVO, MIGUEL (Titoría)
VELO HELENO, MARIA ISABEL Cotitoría
MARTINEZ CALVO, MIGUEL (Titoría)
VELO HELENO, MARIA ISABEL Cotitoría
Tribunal
TOJO SUAREZ, GABRIEL (Presidente/a)
FONDO BUSTO, MARIA MATILDE (Secretario/a)
TORNEIRO ABUIN, MERCEDES (Vogal)
TOJO SUAREZ, GABRIEL (Presidente/a)
FONDO BUSTO, MARIA MATILDE (Secretario/a)
TORNEIRO ABUIN, MERCEDES (Vogal)
Catálise de Rutenio en Química Bioortogonal: Viabilidade de novos métodos baseados en intermedios vinilidénicos
Autoría
L.P.P.
Grao en Química
L.P.P.
Grao en Química
Data da defensa
15.07.2024 09:30
15.07.2024 09:30
Resumo
O desenvolvemento de novas reaccións bioortogonais e biocompatibles supuxo unha revolución na química sintética e na química biolóxica, dado o potencial que estas ofrecen en ámbitos como a biomedicina. Neste sentido, o uso de complexos de metais de transición (como Ru, Cu e Au) como catalizadores destas reaccións pode representar unha poderosa ferramenta, debido á versatilidade mecanística que permiten. En concreto, a introdución de especies reactivas como os vinilidenos metálicos na química bioortogonal é de gran interese para os avances neste campo. Neste Traballo de Fin de Grao, preséntase a optimización da isomerización de orto-alquinil anilinas a indois para o seu traslado a medios biolóxicos. Esta reacción transcorre a través de vinilidenos de rutenio, e permite a formación de moléculas de alto interese biolóxico. Ademais, sintetizouse un complexo de rutenio cun ligando azaryphos, altamente eficiente en reaccións cuxo mecanismo involucra vinilidenos de rutenio. Este foi utilizado para catalizar a reacción de formación de indois estudada, e permitiu adaptala a medios acuosos. Por último, preparouse un complexo de rutenio que permite a formación de furanos a través de vinilidenos e alenilidenos de rutenio. Conseguiuse levar a cabo esta reacción en medios acuosos e a baixas temperaturas (40 ºC), o que abre a porta a futuras investigacións para o seu traslado a medios biolóxicos.

Determinación automatizada de pH e alcalinidade en mostras discretas de auga de mar da Radial costeira do IEO da Coruña: posta a punto dos equipos e comparativa con sistemas manuais tradicionais.
Autoría
A.V.M.
Grao en Química
A.V.M.
Grao en Química
Data da defensa
11.09.2024 09:00
11.09.2024 09:00
Resumo
O estudo do ciclo do carbono no océano é esencial, xa que este é un gran reservorio de carbono orgánico e inorgánico. Na era postindustrial, estímase que o océano absorbe un 30% do CO2 emitido a atmosfera de orixe antropoxénica, provocando a acidificación xeral e continuada do océano. Así é moi importante que se controlen as variables básicas do sistema do CO2 no océano, que son o carbono inorgánico disolto, o pH, a alcalinidade total e a presión parcial de dióxido de carbono. Neste traballo de Fin de Grado, procédese a comparar sistemas, automáticos e manuais, para a medida de dous variables importantes no estudo e control da acidificación oceánica, que son o pH e a alcalinidade total, con mostras recollidas nunha serie temporal do océano costeiro na ría da Coruña, para poder aumentar a capacidade de análise das variables citadas anteriormente e diminuir os erros humanos.

YEBRA BIURRUN, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
Álvarez Rodríguez, Marta Cotitoría
YEBRA BIURRUN, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
Álvarez Rodríguez, Marta Cotitoría
Tribunal
Rodríguez Prieto, María de la Flor (Presidente/a)
CASTRO VARELA, GABRIELA (Secretario/a)
ABOAL SOMOZA, MANUEL (Vogal)
Rodríguez Prieto, María de la Flor (Presidente/a)
CASTRO VARELA, GABRIELA (Secretario/a)
ABOAL SOMOZA, MANUEL (Vogal)
Cribado fluorimétrico de tacrólimus en sangue baseado en quantum dots e polímeros de impronta
Autoría
J.R.V.P.
Grao en Química
J.R.V.P.
Grao en Química
Data da defensa
15.07.2024 09:00
15.07.2024 09:00
Resumo
Neste traballo explorouse as posibilidades do uso de compósitos de puntos cuánticos e polímeros de impronta molecular (MIP-QDs) para o cribado fluorimétrico de tracólimus en sangue. Os MIP-QDs combinan a alta sensibilidade dos sensores baseados en puntos cuánticos (QDs) e a alta selectividade dos polímeros de impresión molecular (MIPs). A síntese dos puntos cuánticos de sulfuro de zinc dopados con manganeso (Mn-ZnS QDs) realizouse mediante un procedemento que emprega ultrasonidos e recubrimento con 3-aminopropiltrietoxisilano (APTES). Os MIP-QDs foron caracterizados mediante difracción de raios X, mostrando valores de espazamento que indican a súa estrutura cristalina e tamaño. A detección do analito baseouse na alteración da luminiscencia dos QDs, observada como unha variación na intensidade de fluorescencia debido á interacción co tacrolimus. Os resultados dos estudos de fluorescencia indicaron un descenso significativo na emisión ao incorporar o analito, atribuíble a interaccións de enlace de hidróxeno entre o tacrolimus e os residuos de amina de APTES na superficie dos MIP-QDs. A metodoloxía desenvolvida mostra un potencial considerable para a creación de dispositivos miniaturizados e de baixo custo para a monitorización de tacrolimus en plasma, facilitando un adecuado control de dosificación en pacientes a través de análises rápidas utilizando un smartphone.
Neste traballo explorouse as posibilidades do uso de compósitos de puntos cuánticos e polímeros de impronta molecular (MIP-QDs) para o cribado fluorimétrico de tracólimus en sangue. Os MIP-QDs combinan a alta sensibilidade dos sensores baseados en puntos cuánticos (QDs) e a alta selectividade dos polímeros de impresión molecular (MIPs). A síntese dos puntos cuánticos de sulfuro de zinc dopados con manganeso (Mn-ZnS QDs) realizouse mediante un procedemento que emprega ultrasonidos e recubrimento con 3-aminopropiltrietoxisilano (APTES). Os MIP-QDs foron caracterizados mediante difracción de raios X, mostrando valores de espazamento que indican a súa estrutura cristalina e tamaño. A detección do analito baseouse na alteración da luminiscencia dos QDs, observada como unha variación na intensidade de fluorescencia debido á interacción co tacrolimus. Os resultados dos estudos de fluorescencia indicaron un descenso significativo na emisión ao incorporar o analito, atribuíble a interaccións de enlace de hidróxeno entre o tacrolimus e os residuos de amina de APTES na superficie dos MIP-QDs. A metodoloxía desenvolvida mostra un potencial considerable para a creación de dispositivos miniaturizados e de baixo custo para a monitorización de tacrolimus en plasma, facilitando un adecuado control de dosificación en pacientes a través de análises rápidas utilizando un smartphone.
Dirección
MOREDA PIÑEIRO, ANTONIO (Titoría)
GOYANES GOYANES, ALVARO Cotitoría
MOREDA PIÑEIRO, ANTONIO (Titoría)
GOYANES GOYANES, ALVARO Cotitoría
Tribunal
LORES AGUIN, MARTA (Presidente/a)
RIOS RODRIGUEZ, MARIA DEL CARMEN (Secretario/a)
Carro Díaz, Antonia María (Vogal)
LORES AGUIN, MARTA (Presidente/a)
RIOS RODRIGUEZ, MARIA DEL CARMEN (Secretario/a)
Carro Díaz, Antonia María (Vogal)
Caracterización das turbeiras calcáreas de Galicia, hábitats de interese prioritario da Unión Europea: Parte A - Análise das súas propiedades edáficas
Autoría
R.V.S.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
R.V.S.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
18.07.2024 11:00
18.07.2024 11:00
Resumo
Os hábitats de turbeira calcárea de Cladium mariscus e Carex davalliana (7210) foron recoñecidos como prioritarios e son esenciais na loita contra o cambio climático. Por iso mesmo, unha correcta caracterización é primordial, polo que se levou a cabo a súa caracterización en tres localidades de Galicia (Begonte, Pantín e Eo). As turbeiras calcáreas están definidas por un contido en carbono orgánico superior ao 15% en espesores maiores a 30 cm en condicións de hidromorfía. Neste traballo analizáronse as propiedades fisicoquímicas e os contidos totais dos elementos presentes nestes solos, o análise da concentración destes elementos realizouse mediante unha análise por fluorescencia de raios X (XFR). Os resultados obtidos reflicten distribucións e patróns entre as propiedades e os elementos. Observouse unha correlación positiva entre o valor do pH (determinante para a clasificación das turbeiras) e elementos como o calcio ou o magnesio. Ademais, mostráronse diferenzas significativas entre as tres localidades. Tras analizar e ter en conta a clasificación existente para a determinación de turbeiras, púdose concluír que unicamente podería clasificarse como hábitat 7210 á presente na localidade de Pantín.

PONTEVEDRA POMBAL, FRANCISCO XABIER (Titoría)
GARCIA-RODEJA GAYOSO, EDUARDO Cotitoría
PONTEVEDRA POMBAL, FRANCISCO XABIER (Titoría)
GARCIA-RODEJA GAYOSO, EDUARDO Cotitoría
Tribunal
Ortiz Nuñez, Santiago (Presidente/a)
SANCHEZ VILAS, JULIA (Secretario/a)
PRIETO LAMAS, BEATRIZ LORETO (Vogal)
Ortiz Nuñez, Santiago (Presidente/a)
SANCHEZ VILAS, JULIA (Secretario/a)
PRIETO LAMAS, BEATRIZ LORETO (Vogal)
Caracterización das turbeiras calcáreas de Galicia, hábitats de interese prioritario da Unión Europea: Estudo do contido elemental en augas de turbeiras galegas
Autoría
R.V.S.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
R.V.S.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
15.07.2024 09:30
15.07.2024 09:30
Resumo
A caracterización de turbeiras calcáreas é importante actualmente xa que foron recoñecidas como hábitats esenciais na mitigación do cambio climático. É por isto, que unha correcta caracterización destes hábitats é primordial. O presente traballo estuda o contido elemental (Al, As, Ba, Ca, Cd, Cr, Cs, Cu, Fe, K, Mg, Mn, Na, Ni, P, Pb, Rb, S, Sc, Se, Sr, Th, Ti, U, V, W, Zn e Zr) das augas de turbeiras calcáreas de Galicia en tres zonas amparadas dentro deste hábitat: Begonte, Pantín e o río Eo. O análise da concentración destes elementos realizouse mediante ICP-MS e ICP-OES tras un pretratamento da mostra. Ademais, estudiáronse as características analíticas dos métodos empregados, avaliando a precisión, exactitude e repetibilidade. Os resultados obtidos mostraron unha clara dependencia do valor do pH cos elementos Ca, K, Mg e Na, sendo máis elevada a concentración destes elementos a maior nivel de pH. Demostráronse diferenzas significativas na concentración dos elementos entre as distintas zonas.

PEÑA VAZQUEZ, ELENA MARIA Cotitoría
BARCIELA ALONSO, Ma CARMEN (Titoría)
PEÑA VAZQUEZ, ELENA MARIA Cotitoría
Tribunal
MARTINEZ NUÑEZ, EMILIO (Presidente/a)
MONTES GOYANES, ROSA MARIA (Secretario/a)
RIOS RODRIGUEZ, ANA MARIA (Vogal)
MARTINEZ NUÑEZ, EMILIO (Presidente/a)
MONTES GOYANES, ROSA MARIA (Secretario/a)
RIOS RODRIGUEZ, ANA MARIA (Vogal)
A febre hemorráxica de Crimea-Congo: revisión sistemática e situación en España
Autoría
N.M.V.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
N.M.V.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
18.07.2024 10:00
18.07.2024 10:00
Resumo
A febre hemorráxica de Crimea-Congo é unha enfermidade zoonótica viral transmitida por carrapatas do xénero Hyalomma. A enfermidade é endémica en zonas do Sueste de Europa, Asia e África, mais debido á globalización estanse a dar casos noutros lugares, incluíndo España. As carrapatas infectadas parasitan varios hóspedes, pero os humanos son os únicos que desenvolven a enfermidade trala infección, xurdindo así a necesidade de avaliar o risco de infección humana polo virus. Tendo en conta ademais que en España se deron 12 casos de infección humana ata o día, 4 deles vítimas mortais, resulta interesante a avaliación do risco asociado á expansión da enfermidade no país. Desta maneira, xorde a necesidade da realización do presente proxecto. Mediante revisión sistemática e busca de información adicional, proporciónase tanto unha instantánea da información actual máis relevante sobre á enfermidade, coma a avaliación da mobilidade do virus no territorio español, ante ameazas coma o cambio climático ou as migracións. Os resultados suxiren unha migración dos vectores virais cara o Norte peninsular nun futuro próximo, convindo non infraestimar o potencial do virus aínda que o risco de infección humana non semelle aumentar de maneira alarmante.

López Romalde, Jesús Ángel (Titoría)
López Romalde, Jesús Ángel (Titoría)
Tribunal
ESTEVEZ TORANZO, MARIA ALICIA CAROLINA (Presidente/a)
COVELO ARTOS, GUILLERMO (Secretario/a)
CANDAL SUAREZ, EVA MARIA (Vogal)
ESTEVEZ TORANZO, MARIA ALICIA CAROLINA (Presidente/a)
COVELO ARTOS, GUILLERMO (Secretario/a)
CANDAL SUAREZ, EVA MARIA (Vogal)
Affidendrons: Recoñecemento Multivalente para Diagnóstico Avanzado
Autoría
N.M.V.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
N.M.V.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
15.07.2024 09:30
15.07.2024 09:30
Resumo
Os axentes de diagnóstico por imaxe que incorporan proteínas de recoñecemento como affitinas ou affibodies facilitan a detección temperá de enfermidades. Se ben estas biomoléculas destacan por un menor tamaño, maior solubilidade e facilidade de produción a gran escala fronte aos anticorpos, presentan un hándicap bastante importante: unha menor afinidade polas súas dianas. Para solventar esta problemática, o noso grupo de investigación describiu recentemente os “affidendrons”, bioconxugados de affitinas e dendrímeros que aumentan exponencialmente a afinidade das proteínas polas súas dianas ao dispoñerse sobre a superficie multivalente do dendrímero, facéndoas desta maneira competitivas fronte aos anticorpos. Non obstante, a imposibilidade de controlar o número de affitinas de unión ao dendrímero limita o desenvolvemento desta tecnoloxía. En consecuencia, o presente proxecto, enmarcado nun macroproxecto que ten como finalidade a síntese estratéxica de affidendrons, aborda a síntese dun dendrímero biocompatible de brazos longos, etiquetable, estable e cun número limitado de posicións de unión para as affitinas. A síntese do dendrímero realízase mediante química “click” verde, sendo as reaccións utilizadas cicloadicións azida-alquino en ausencia de catálise metálica e o procedemento de síntese dendrimérica diverxente.

FERNANDEZ MEGIA, EDUARDO (Titoría)
FERNANDEZ MEGIA, EDUARDO (Titoría)
Tribunal
SARDINA LOPEZ, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
PAZ CASTAÑAL, MANUEL MARIA (Secretario/a)
GARCIA FERNANDEZ, MARIA ESTHER (Vogal)
SARDINA LOPEZ, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
PAZ CASTAÑAL, MANUEL MARIA (Secretario/a)
GARCIA FERNANDEZ, MARIA ESTHER (Vogal)
Evaluación de xenes de referencia para a análise da resposta inmunitaria do linguado frente ao virus da necrosis nerviosa viral.
Autoría
L.R.N.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
L.R.N.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
18.07.2024 10:00
18.07.2024 10:00
Resumo
O linguado (Solea senegalensis) é unha especie relevante no campo da acuicultura. Con vistas a optimizar a análise da súa expresión xénica por RT-qPCR para poder aplicalo en estudos de evaluación da resposta inmunitaria frente a infección producida polo virus da necrosis nerviosa ou á vacinación frente ó mesmo, neste traballo testáronse oito xenes de referencia. Os xenes candidatos son: beta actina (ACTB1), un parálogo da beta actina (ACTB2), gliceraldehido-3-fosfato deshidroxenasa (GAPDH2), hipoxantina fosforribosiltransferasa 1 (HPRT1), ubiquitina (UBQ), factor de elongación I alfa (eEF1A1), ARN ribosómico 18S (18S) e a proteína ribosomal S4 (RPS4). Como xene de interés empleouse a proteína Mx de unión a GTP inducida polo interferón (mx). Con este fin analizáronse mostras de ril de linguados control e inoculados co virus da necrosis nerviosa. O software BioRad CFX Maestro1.1. Vers. 4.1.2433.1219 sinala que todos os xenes de referencia testados neste traballo son aceptables, aínda que os máis estables son GAPDH2 e ACTB2, seguidos de RPS4 e UBQ. Tamén indica que é suficiente incluir dous xenes de referencia para unha adecuada normalización. En resumo, este estudo recomenda o uso de GAPDH2 e ACTB2 como xenes de referencia para a correcta normalización da análise por RT-qPCR de mostras de ril de linguados infectados co virus da necrosis nerviosa. Serán necesarios futuros estudos para comprobar que estes xenes son adecuados para a análise doutros órganos.

BANDIN MATOS, MARIA ISABEL (Titoría)
LOPEZ VAZQUEZ, M. DEL CARMEN Cotitoría
BANDIN MATOS, MARIA ISABEL (Titoría)
LOPEZ VAZQUEZ, M. DEL CARMEN Cotitoría
Tribunal
ESTEVEZ TORANZO, MARIA ALICIA CAROLINA (Presidente/a)
COVELO ARTOS, GUILLERMO (Secretario/a)
CANDAL SUAREZ, EVA MARIA (Vogal)
ESTEVEZ TORANZO, MARIA ALICIA CAROLINA (Presidente/a)
COVELO ARTOS, GUILLERMO (Secretario/a)
CANDAL SUAREZ, EVA MARIA (Vogal)
Estudo do efecto da exposición a nanopartículas de TiO2 no contido elemental de algas mariñas
Autoría
L.R.N.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
L.R.N.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
15.07.2024 09:30
15.07.2024 09:30
Resumo
O aumento na produción de nanopartículas de dióxido de titanio (nTiO2) conleva un incremento da súa concentración na natureza. Múltiples estudos demostraron que a presenza de nTiO2 afecta ós seres vivos, pero seguen existindo grandes lagoas no coñecemento. Neste traballo estudiouse o efecto de nTiO2 de 5nm no contido elemental de algas verdes (Ulva sp.) mediante análise multielemental empregando ICP-MS. Mediouse o contido elemental en mostras de Ulva sp. expostas a diferentes concentracións de nTiO2 (0, 0,1 e 1 mg/L) durante 0, 7, 14, 21 e 28 días de exposición. Os elementos medidos (As, Cd, Ce, Co, Cr, Cu, Mo, Ni, Pb, Rb, Sb, Se, V e Zn) foron elixidos por ser os que presentaban maior variación na análise semicuantitativa preliminar realizado tamén en ICP-MS. Demostrouse que o aumento da concentración de titanio provocaba un incremento no contido elemental de As, Cd, Ce, Co, Cr, Cu, Mo, Ni, Rb e V en Ulva sp. A altas concentracións de nTiO2, o tempo de exposición mostrou efectos distintos en función do elemento analizado. Co, Cu e Mo aumentaron a súa concentración co tempo de exposición, mentres que As, Cd e Ce sufriron unha diminución. Rb e V non sufriron variación. Polo tanto, conclúese que a presenza de nTiO2 afecta ó contido metálico de Ulva sp.

BARCIELA ALONSO, Ma CARMEN Cotitoría
PEÑA VAZQUEZ, ELENA MARIA (Titoría)
BARCIELA ALONSO, Ma CARMEN Cotitoría
Tribunal
ABOAL SOMOZA, MANUEL (Presidente/a)
CASTRO VARELA, GABRIELA (Secretario/a)
FERRO COSTAS, DAVID (Vogal)
ABOAL SOMOZA, MANUEL (Presidente/a)
CASTRO VARELA, GABRIELA (Secretario/a)
FERRO COSTAS, DAVID (Vogal)
Optimizar Novas Plataformas Biolóxicas para novas Reaccións Bioortogonais
Autoría
M.G.A.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
M.G.A.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
17.07.2024 10:00
17.07.2024 10:00
Resumo
A química biolóxica é un amplo campo que estuda os mecanismos biolóxicos dende un punto de vista químico. Unha das ramas da química biolóxica é a química bioortogonal, que se centra no deseño de transformacións químicas non naturais en sistemas biolóxicos sen interceder no funcionamento destes. Os avances nesta rama abriron a posibilidade de desenvolver novos mecanismos de actuación de fármacos, por exemplo, estratexias baseadas no recoñecemento específico de proteínas de membrana das células afectadas, dando lugar a unha selectividade innovadora que mellora a actuación dos devanditos fármacos e axuda a reducir o número de efectos secundarios, o que podería supoñer unha ampliación das ferramentas con fins biomédicos. A pesar do gran interese e potencial deste novo campo, desenvolver novos modelos biolóxicos para estudar estas reaccións é prioritario. Neste traballo, estudáronse novos modelos biolóxicos para a optimización de reaccións bioortogonais in vivo e in vitro. En primeiro lugar, levouse a cabo o deseño dun novo buffer baseado en moléculas enerxéticas e sales citoplasmáticas, chamado Cell-free, que mimetiza a composición do citoplasma como ferramenta de estudo de reaccións bioortogonais in vitro. En paralelo, caracterizáronse liñas celulares nas que se podería empregar unha reacción bioortogonal que emprega o péptido RGD como transportador. Os resultados obtidos neste TFG son o primeiro paso para optimizar e desenvolver novas reaccións bioortogonais dirixidas a tipos celulares específicos. O deseño da especie fotocatalizadora e da reacción atópanse detallados no TFG de Química.

OROSA PUENTE, BEATRIZ (Titoría)
Mascareñas Cid, Jose Luis Cotitoría
TOMAS GAMASA, MARIA Cotitoría
OROSA PUENTE, BEATRIZ (Titoría)
Mascareñas Cid, Jose Luis Cotitoría
TOMAS GAMASA, MARIA Cotitoría
Tribunal
RODRIGUEZ-MOLDES REY, MARIA ISABEL (Presidente/a)
DOMINGUEZ GERPE, MARIA LOURDES (Secretario/a)
RODRIGUEZ GACIO, MARIA DEL CARMEN (Vogal)

Fotocatálise con luz visible en medios biolóxicos. Parte A
Autoría
M.G.A.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
M.G.A.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
15.07.2024 09:30
15.07.2024 09:30
Resumo
Nos últimos anos, a Química Bioortogonal adquiriu importante relevancia no campo da medicina. Os estudos recentes amosan a posibilidade de levar a cabo transformacións químicas con metais de transición en medios biolóxicos e no interior de células vivas sen interferir coas biomoléculas presentes, permitindo a manipulación selectiva dos procesos biolóxicos. Por iso, os avances relacionados co descubrimento de novos procesos bioortogonais cobran importante relevancia en campos de estudo como a química biolóxica ou a biomedicina, permitindo o desenvolvemento de novos tratamentos baseados en fármacos selectivos. Neste traballo, propóñese a adaptación dunha reacción traballada anteriormente polo grupo de investigación do profesor J.L. Mascareñas co obxectivo de transformala en selectiva para liñas celulares canceríxenas con sobreexpresión de proteínas de membrana integrinas. Paralelamente, como parte do TFG homólogo de Bioloxía, caracterízanse os niveis de integrinas de diferentes liñas celulares. Por outra banda, obxectívase o estudo dunha reacción en tándem, que combina unha reacción fotoquímica cunha transformación baseada en fotocatálise metálica, permitindo o desenvolvemento de novos procesos coordinados no interior celular. Preséntase o deseño e síntese dun novo catalizador de rutenio, que conta cun motivo RGD, que lle dota de propiedades selectivas para células. Tamén se detalla a síntese dunha sonda fluorescente, que contén as posicións reactivas que permiten a reactividade mencionada, para a monitorización do proceso en tándem en cuestión.

Optimización do proceso de impregnación do papel
Autoría
S.M.R.
Grao en Química
S.M.R.
Grao en Química
Data da defensa
15.07.2024 09:30
15.07.2024 09:30
Resumo
O presente traballo de fin de Grao realizouse na empresa Financiera Maderera S.A. co fin de analizar a polimerización das resinas empregadas no proceso de impregnación do papel e posterior plastificado dos taboleiros. Para iso realizáronse ensaios fisicoquímicos das resinas durante varios días e a dúas temperaturas (20ºC e 30ºC) simulando o seu almacenamento nos tanques da fábrica. A medida que a resina polimeriza obsérvase un aumento na viscosidade e a densidade, e diminúe a tolerancia á auga e o tempo de turbidez. Outra problemática a resolver neste traballo ten lugar na liña de produción coa obstrución da malla dos rolos que transfiren a resina ao papel impregnado. Para resolver isto fixéronse probas piloto a escala de laboratorio utilizando a fórmula das liñas e variando a cantidade de auga. Posteriormente realizáronse ensaios tanto de papel impregnado como de taboleiro plastificado para observar como varían as propiedades.

Sanmartin Matalobos, Jesus (Titoría)
Sanmartin Matalobos, Jesus (Titoría)
Tribunal
SARDINA LOPEZ, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
PAZ CASTAÑAL, MANUEL MARIA (Secretario/a)
GARCIA FERNANDEZ, MARIA ESTHER (Vogal)
SARDINA LOPEZ, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
PAZ CASTAÑAL, MANUEL MARIA (Secretario/a)
GARCIA FERNANDEZ, MARIA ESTHER (Vogal)
Desenvolvemento computarizado de métodos de separación por cromatografía líquida en control de calidade e análise de mostras únicas.
Autoría
A.D.A.
Grao en Química
A.D.A.
Grao en Química
Data da defensa
15.07.2024 09:00
15.07.2024 09:00
Resumo
Examínase a metodoloxía de última xeración para desenvolver separacións de compostos en disolución, usando cromatografía líquida de ultra alta resolución (Ultra performance liquid chromatography, UPLC), en fase reversa. A incorporación de novas ferramentas informatizadas, mediante os chamados métodos asistidos por computador (CAMD), permite a substitución de experimentos máis laboriosos por procesos de simulación que implican un aforro de tempo e custo substanciais. Mchrom Scout (Mestrelab Research S.L.) permite a separación tanto en mesturas de composición coñecida como de composición descoñecida, diferenciándose así doutros softwares que se limitan a un tipo específico de problemas. Séguese unha estratexia xeral para extraer a información dos espectros dos compoñentes nos cromatogramas de mestura obtidos experimentalmente utilizando ferramentas de resolución multivariante de curvas por mínimos cadrados alternos (MCR-ALS). Esta técnica permite estimar os espectros reais para os compoñentes individuais, así como os seus perfís de elución. Deste xeito, constrúese un modelo de retención para cada compoñente, que permite desenvolver un proceso de optimización eficiente. Seguindo este enfoque, as estratexias para mostras de composición descoñecida só se diferencian daqueloutras de composición coñecida, na necesidade dun proceso inicial de descubrimento do espectro por parte da aplicación informática e, por tanto, disponse dunha ferramenta xeral e flexible para o desenvolvemento de métodos de cromatografía líquida asistidos por computador. Mchrom Scout (Mestrelab Research) é o único software cromatográfico asistido por computador que adopta a mesma estratexia en ambos tipos de problemas. Na actualidade, o programa por excelencia usado en moitos laboratorios é Drylab e, por tanto, a comparación de ambos os programas é obxecto tamén deste estudo.

Biosorción: una alternativa verde para la preconcentración y especiación de metales traza en muestras medioambientales
Autoría
A.D.C.
Grao en Química
A.D.C.
Grao en Química
Data da defensa
15.07.2024 09:30
15.07.2024 09:30
Resumo
O aumento de contaminantes no medio é unha inquietude ambiental significativa que afecta á saúde dos ecosistemas e da humanidade. Esta problemática intensificouse nas últimas décadas debido a prácticas humanas como a industrialización ou a deforestación, causando danos irreversibles. Para retrasar os efectos destes impactos, a química aposta por unha práctica sostible que coñecemos como química verde. Nesta revisión bibliográfica analízanse diferentes traballos acerca da biosorción para a preconcentración e especiación de trazas metálicas en mostras medio ambientais. A biosorción considérase unha alternativa á tradicional extracción en fase sólida, pero a diferencia desta ultima, esta atópase comprometida coa química verde. Os biosorbentes aos que recorre a bibliografía son as bacterias, fungos e lévedos, algas e derivados animais e vexetais. Estes aplícanse a variedade de mostras, pero son os análises medio ambientais os que, en numerosas ocasións, usan sorbentes naturais. Os residuos metálicos máis comúns en augas e en solos son contaminantes como o mercurio e o chumbo. A través de distintos procedementos, podemos estudar cuantitativamente as diferentes especies grazas aos métodos de detección espectroscópicos, os máis empregados en biosorción. A través desta alternativa alcánzanse LODs baixos e selectividades altas, con resultados similares aos obtidos coas técnicas tradicionais de separación. Polo tanto, o uso de biosorbentes resulta una alternativa verde moi válida para incorporar as metodoloxías analíticas destinadas á determinación de metais en mostras medio ambientais.

Formulación dun composite de vidro-Nitruro de Boro para conformación por impresión 3D.
Autoría
M.B.M.
Grao en Química
M.B.M.
Grao en Química
Data da defensa
15.07.2024 09:00
15.07.2024 09:00
Resumo
Neste traballo abórdase o deseño e a formulación dunha tinta para impresión 3D dun material composto, formado por vidro e nitruro de boro (BN). Preséntase unha análise detallada dos materiais e métodos empregados na fabricación da tinta, cun enfoque na síntese e caracterización desta. Detállase o procedemento de formulación da tinta e as probas de impresión realizadas. A tinta formulada está composta por un 95% de vidro e un 5% de nitruro de boro, utilizando isopropanol como dispersante, e polietilenglicol e polivinilbutiral como aditivos plastificantes e reguladores da viscosidade. Finalmente, acadouse e demostrouse o obxectivo de obter estruturas reproducibles mediante a impresión 3D deste composite.
Neste traballo abórdase o deseño e a formulación dunha tinta para impresión 3D dun material composto, formado por vidro e nitruro de boro (BN). Preséntase unha análise detallada dos materiais e métodos empregados na fabricación da tinta, cun enfoque na síntese e caracterización desta. Detállase o procedemento de formulación da tinta e as probas de impresión realizadas. A tinta formulada está composta por un 95% de vidro e un 5% de nitruro de boro, utilizando isopropanol como dispersante, e polietilenglicol e polivinilbutiral como aditivos plastificantes e reguladores da viscosidade. Finalmente, acadouse e demostrouse o obxectivo de obter estruturas reproducibles mediante a impresión 3D deste composite.
Dirección
GIL GONZALEZ, ALVARO (Titoría)
GIL GONZALEZ, ALVARO (Titoría)
Tribunal
LORES AGUIN, MARTA (Presidente/a)
RIOS RODRIGUEZ, MARIA DEL CARMEN (Secretario/a)
Carro Díaz, Antonia María (Vogal)
LORES AGUIN, MARTA (Presidente/a)
RIOS RODRIGUEZ, MARIA DEL CARMEN (Secretario/a)
Carro Díaz, Antonia María (Vogal)
Agregación de oligo(fenilenetinilenos) orto-, meta- e para-substituídos
Autoría
C.R.F.
Grao en Química
C.R.F.
Grao en Química
Data da defensa
11.09.2024 16:30
11.09.2024 16:30
Resumo
Neste traballo de fin de grao sintetizaronse tres monomeros diferentes con substituintes en diferentes posicions cos seus respectivos enantiomeros de cada un deles R e S, o substituyente orto denominase N-(2-((4-etinilfenil) etinil)fenil)-2. -metoxi2-fenilacetamida o meta chamase N-(3-((4-etinilfenil)etinil)fenil)-2-metoxi-2- fenilacetamida e o para chamase N-(4- ((4-etinilfenil)etinil) )fenil)-2-metoxi-2- fenilacetamida neste caso os seis son OPE con dous aneis aromaticos en cada un dos monomeros. Polo que se analizou nos estudos VT-CD e UV-vis podemos ver como ningun dos seis compostos formaba un agregado supramolecular. Polo tanto, e necesario engadir adicionalmente un anel aromatico mais as seis moleculas xa que deste xeito os monomeros teran maior capacidade para formar interaccions pi-pi e formar asi un agregado supramolecular.
Neste traballo de fin de grao sintetizaronse tres monomeros diferentes con substituintes en diferentes posicions cos seus respectivos enantiomeros de cada un deles R e S, o substituyente orto denominase N-(2-((4-etinilfenil) etinil)fenil)-2. -metoxi2-fenilacetamida o meta chamase N-(3-((4-etinilfenil)etinil)fenil)-2-metoxi-2- fenilacetamida e o para chamase N-(4- ((4-etinilfenil)etinil) )fenil)-2-metoxi-2- fenilacetamida neste caso os seis son OPE con dous aneis aromaticos en cada un dos monomeros. Polo que se analizou nos estudos VT-CD e UV-vis podemos ver como ningun dos seis compostos formaba un agregado supramolecular. Polo tanto, e necesario engadir adicionalmente un anel aromatico mais as seis moleculas xa que deste xeito os monomeros teran maior capacidade para formar interaccions pi-pi e formar asi un agregado supramolecular.
Dirección
QUIÑOA CABANA, EMILIO (Titoría)
RODRIGUEZ RIEGO, RAFAEL Cotitoría
QUIÑOA CABANA, EMILIO (Titoría)
RODRIGUEZ RIEGO, RAFAEL Cotitoría
Tribunal
SARDINA LOPEZ, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
SAA RODRIGUEZ, CARLOS EUGENIO (Secretario/a)
GARCIA FERNANDEZ, MARIA ESTHER (Vogal)
SARDINA LOPEZ, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
SAA RODRIGUEZ, CARLOS EUGENIO (Secretario/a)
GARCIA FERNANDEZ, MARIA ESTHER (Vogal)
Ligandos fotolábiles para o desenvolvemento de antibióticos de precisión.
Autoría
J.C.D.
Grao en Química
J.C.D.
Grao en Química
Data da defensa
11.09.2024 16:30
11.09.2024 16:30
Resumo
A capacidade dos antibióticos para curar as enfermidades infecciosas bacterianas está agora en grave risco debido ás consecuencias do uso dos antibióticos de amplo espectro na estabilidade do microbioma e a resistencia dos patóxenos. Os antibióticos de precisión con actividades enfocadas e ben definidas están a xurdir como un medio para abordar as infeccións sen danar o microbioma nin incentivar a resistencia. Este proxecto céntrase na síntese de compostos fotolábiles dirixidos ao encima LpxB de Acinetobacter baumannii, unha diana inexplorada involucrada na biosíntesis do lípido A, cuxo potencial terapéutico foi identificado recentemente polo noso grupo de investigación. Os compostos diana, que son análogos do substrato encimático, Lípido X, teñen como obxectivo obter información estrutural do recoñecemento encimático, así como a identificación das rexións no encima craves para a inhibición. Descríbese o desenvolvemento dunha estratexia sintética robusta e reproducible para a preparación dos compostos diana.

Síntese e estudo do auto-ensamblaxe foto-dinámico dun ciclopéptido precursor de nanotubos peptídicos con propiedades antimicrobianas
Autoría
M.V.R.
Grao en Química
M.V.R.
Grao en Química
Data da defensa
15.07.2024 09:30
15.07.2024 09:30
Resumo
Pese ao avance importante que a medicina experimentou nas derradeiras décadas, o seu progreso vese comprometido por unha crecente resistencia antimicrobiana a través da cal os axentes patóxenos vólvense insensibles aos distintos tratamentos. Estes fenómenos de resistencia teñen un impacto importante tanto dende un punto de vista sanitario coma económico. É por isto polo que na actualidade estanse desenvolvendo novas estratexias para abordar o tratamento efectivo de enfermidades. Unha destas estratexias é o uso de nanotubos ciclopeptídicos, estruturas que a través de diversos mecanismos poden inducir a morte das células bacterianas. No presente traballo levouse a cabo a síntese de tres péptidos cíclicos con distinto grao de hidrofobicidade, e polo tanto con diferente afinidade por membranas, e que, potencialmente, poden formar nanotubos supramoleculares a través de procesos de autoensamblaxe. A presenza dun dobre enlace nos ciclopéptidos sintetizados permitiría modular a súa estrutura a través da irradiación con luz, posibilitando un control adicional sobre o proceso de autoensamblaxe e formación de nanotubos supramoleculares.

AMORIN LOPEZ, MANUEL (Titoría)
Granja Guillán, Juan Ramón Cotitoría
AMORIN LOPEZ, MANUEL (Titoría)
Granja Guillán, Juan Ramón Cotitoría
Tribunal
TOJO SUAREZ, GABRIEL (Presidente/a)
FONDO BUSTO, MARIA MATILDE (Secretario/a)
TORNEIRO ABUIN, MERCEDES (Vogal)
TOJO SUAREZ, GABRIEL (Presidente/a)
FONDO BUSTO, MARIA MATILDE (Secretario/a)
TORNEIRO ABUIN, MERCEDES (Vogal)
Reciclaje de la masa negra de baterías. Un estudio bibliográfico
Autoría
J.P.D.S.J.
Grao en Química
J.P.D.S.J.
Grao en Química
Data da defensa
19.02.2024 10:00
19.02.2024 10:00
Resumo
As baterías de litio foron una das maiores revolucións do mundo da electrónica, como confirmou o Premio Nobel de Química de 2019. Non obstante, o mundo avanza na dirección da automoción eléctrica e este feito xéranos una serie de retos ambientais. As materias primas que conforman as baterías que levarán estes novos vehículos non son moi abundantes nin fáciles de extraer da codia terrestre, ademais da cantidade de residuos das baterías gastadas ós que teremos que facer fronte no futuro. Detrás destes retos encóntrase a reciclaxe de baterías de ión litio (LIBs), unha industria que crece a pasos axigantados e que se está volvendo cada vez máis sostible, que nos axudará a recuperar os metais valiosos que compoñen as LIBs e eliminar residuos potencialmente perigosos para o medio ambiente. Mentres que os procesos pirometalúrxicos e hidrometalúrxicos xa se están aplicando a nivel industrial, no laboratorio estanse investigando alternativas dentro dos propios métodos e mesmo novos procesos como a reciclaxe directa. Ao longo desta revisión veremos que métodos existen, tanto dentro do laboratorio como a gran escala, para reciclar os LIB de residuos e botaremos unha ollada ó futuro da industria.

GARCIA DEIBE, ANA MARIA Cotitoría
Sanmartin Matalobos, Jesus (Titoría)
GARCIA DEIBE, ANA MARIA Cotitoría
Tribunal
FERNANDEZ MEGIA, EDUARDO (Presidente/a)
MARTINEZ CALVO, MIGUEL (Secretario/a)
PEDRIDO CASTIÑEIRAS, ROSA MARIA (Vogal)
FERNANDEZ MEGIA, EDUARDO (Presidente/a)
MARTINEZ CALVO, MIGUEL (Secretario/a)
PEDRIDO CASTIÑEIRAS, ROSA MARIA (Vogal)
Caracterización de partículas plásticas presentes en niños, egagrópilas e plumas de Ciconia ciconia e análise de variables asociadas
Autoría
A.F.D.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
A.F.D.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
18.07.2024 11:00
18.07.2024 11:00
Resumo
Os plásticos son materiais actualmente presentes en todos os medios, tanto no solo, coma na auga, aire e incluso dentro dos organismos. Os seus efectos na saúde dos ecosistemas está aínda por descubrir en detalle, especialmente as partículas de menor tamaño, denominadas microplásticos, as cales sábese que teñen a capacidade de bioacumularse no interior dos organismos. Neste traballo realizouse un estudo e caracterización de partículas plásticas atopadas en mostras de cegoñas, concretamente en niños (e nas súas proximidades) e egagrópilas. Para iso recolléronse as mostras e realizouse unha dixestión química das mesmas, co fin de illar os posibles microplásticos presentes, así como unha caracterización utilizando espectroscopía FTIR. Tras a identificación e clasificación de todas as partículas atopadas, chegouse á conclusión de que nos niños de cegoña hai unha cantidade significativa de partículas plásticas, mentres que nas egagrópilas non parece acumularse plásticos. Por outro lado, non parece haber unha relación entre a cantidade de partículas atopadas nos niños e a súa antigüidade, así como a súa proximidade a distintos focos de contaminación.

VARELA RIO, ZULEMA (Titoría)
LAZZARI , MASSIMO Cotitoría
VARELA RIO, ZULEMA (Titoría)
LAZZARI , MASSIMO Cotitoría
Tribunal
Ortiz Nuñez, Santiago (Presidente/a)
SANCHEZ VILAS, JULIA (Secretario/a)
PRIETO LAMAS, BEATRIZ LORETO (Vogal)
Ortiz Nuñez, Santiago (Presidente/a)
SANCHEZ VILAS, JULIA (Secretario/a)
PRIETO LAMAS, BEATRIZ LORETO (Vogal)
Estudo de microplásticos modelo
Autoría
A.F.D.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
A.F.D.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
15.07.2024 09:30
15.07.2024 09:30
Resumo
Os plásticos son considerados un dos maiores contaminantes actuais, debido á súa ampla distribución e durabilidade. Concretamente, o efecto dos microplásticos, así como o seu comportamento, é un campo de estudo moi recente, polo que a súa investigación é enormemente necesaria. Neste traballo realizouse unha caracterización dos mesmos, así como un estudo de fotoenvellecemento acelerado, co fin de simular o seu proceso de degradación no medio ambiente e estudar o seu mecanismo. Para facer o seguimento desta degradación utilizáronse distintos métodos de identificación tradicionais, como a espectrometría FTIR ou a calorimetría diferencial de barrido. Tras a análise de resultados, propúxose un mecanismo de oxidación para as principais unidades funcionais de cada polímero estudado. Para acabar, chegouse á conclusión de que o PS é máis resistente á foto-oxidación ca o ABS e o SBC. Ademais, a menor tamaño de partícula, a radiación parece ter un menor efecto degradativo.

VARELA RIO, ZULEMA Cotitoría
LAZZARI , MASSIMO (Titoría)
VARELA RIO, ZULEMA Cotitoría
Tribunal
ABOAL SOMOZA, MANUEL (Presidente/a)
CASTRO VARELA, GABRIELA (Secretario/a)
FERRO COSTAS, DAVID (Vogal)
ABOAL SOMOZA, MANUEL (Presidente/a)
CASTRO VARELA, GABRIELA (Secretario/a)
FERRO COSTAS, DAVID (Vogal)
Investigando o posible papel de IGF-ALS (insulin-like growth factor acid-labile subunit) en asma alérxica moderada-grave
Autoría
I.G.B.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
I.G.B.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
18.07.2024 10:00
18.07.2024 10:00
Resumo
A asma é unha enfermidade crónica cunha prevalencia do 4,3%. IGF-ALS é un biomarcador do fenotipo alérxico grave, pero descoñécese se participa no mecanismo fisiopatolóxico (é dicir, biomarcador primario) ou non. A gravidade da asma podería ser dependente da transición epitelio-mesenquimal, un fenómeno que podería participar no remodelado bronquial, e IGF-ALS podería cooperar con LPS e TGFb na indución deste proceso. De confirmarse, IGF-ALS debería producirse preto das células epiteliais bronquiais, e os macrófagos poderían ser unha posible fonte. Para validar ambas hipóteses tratáronse células epiteliais bronquiais humanas (BEAS-2B) con IGF-ALS, LPS e TGFb, sós ou en combinación con inhibidores da sinalización inducida por TGFb ou LPS, e realizáronse diversos estudos para analizar a indución da transición epitelio-mesenquimal. Ademais, illáronse monocitos humanos e polarizáronse in vitro a macrófagos M1/M2, avaliando a expresión do xene IGF-ALS mediante RT-qPCR. Os resultados amosan que IGF-ALS reduce os niveis de E-cadherina en células BEAS-2B, o que é compatible coa existencia de transición epitelio-mesenquimal, e podería empregar unha ruta de sinalización similar á utilizada por LPS/CD14/TLR4. Por último, os macrófagos expresan o mRNA de IGF-ALS, especialmente os M2, polo que poderían ser unha fonte local desta proteína no tecido bronquial de pacientes con asma moderada-grave

NIETO FONTARIGO, JUAN JOSE (Titoría)
Miguéns Suárez, Pablo Cotitoría
NIETO FONTARIGO, JUAN JOSE (Titoría)
Miguéns Suárez, Pablo Cotitoría
Tribunal
ESTEVEZ TORANZO, MARIA ALICIA CAROLINA (Presidente/a)
COVELO ARTOS, GUILLERMO (Secretario/a)
CANDAL SUAREZ, EVA MARIA (Vogal)
ESTEVEZ TORANZO, MARIA ALICIA CAROLINA (Presidente/a)
COVELO ARTOS, GUILLERMO (Secretario/a)
CANDAL SUAREZ, EVA MARIA (Vogal)
Estimación da bioaccesibilidade oral de nanopartículas de Cu, CuO y ZnO
Autoría
I.G.B.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
I.G.B.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
15.07.2024 09:30
15.07.2024 09:30
Resumo
O uso das nanopartículas e nanomateriais está a incrementar cada vez en máis sectores. Unha das industrias onde se empregan sería a alimentaria, na cal as nanopartículas de cobre cobre (NPs de Cu), óxido de cobre (NPs de CuO) y óxido de zinc (NPs de ZnO), empréganse principalmente no envasado de alimentos. Debido á falta de coñecemento sobre os posibles efectos negativos que poden presentar as nanopartículas sobre o noso organismo, é necesario realizar máis estudos para avaliar completamente a súa seguridade e comprender mellor o impacto a largo prazo na saúde humana. Un primeiro paso, seguindo as recomendación da Autoridade Europea en Seguridade Alimentaria (EFSA), sería a realización de estudos de dixestión in vitro para avaliar se estes compostos poden ser absorbidos polo noso intestino e chegar ao torrente sanguíneo. Neste traballo, realizouse un estudo de bioaccesibilidade de NPs de Cu, CuO e ZnO empregando un modelo de dixestión gastrointestinal in vitro. Os resultados obtidos amosan que, no caso das nanopartículas de Cu e CuO, a bioaccesibilidade para niveis de concentración baixos supera o límite do 12% marcado pola EFSA, mentres que a niveis superiores prodúcese a aglomeración durante o proceso de dixestión in vitro. En cambio, as nanopartículas de ZnO degrádanse, obténdose unha bioaccesibilidade moi baixa.

Domínguez González, María Raquel (Titoría)
MOREDA PIÑEIRO, ANTONIO Cotitoría
Domínguez González, María Raquel (Titoría)
MOREDA PIÑEIRO, ANTONIO Cotitoría
Tribunal
MARTINEZ NUÑEZ, EMILIO (Presidente/a)
MONTES GOYANES, ROSA MARIA (Secretario/a)
RIOS RODRIGUEZ, ANA MARIA (Vogal)
MARTINEZ NUÑEZ, EMILIO (Presidente/a)
MONTES GOYANES, ROSA MARIA (Secretario/a)
RIOS RODRIGUEZ, ANA MARIA (Vogal)
Identificación de comunidades microbianas produtoras de lactato en fermentación anaerobia
Autoría
X.G.D.D.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
X.G.D.D.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
18.07.2024 10:00
18.07.2024 10:00
Resumo
A valorización de residuos e subprodutos mediante fermentación anaerobia representa unha estratexia prometedora para transformar o carbono orgánico en produtos de alto valor engadido, contribuíndo a unha economía circular. As rutas metabólicas que teñen como intermedio ao lactato e dan lugar a ácidos graxos volátiles son especialmente relevantes pois permiten unha maior selectividade cara ácidos de cadea impar e unha maior produción de ácidos de cadea media a través do mecanismo de elongación de cadea. Deseñáronse experimentos segundo as rutas metabólicas e factores que favorecen a produción de lactato. Realizouse a secuenciación dos amplicóns do 16S e caracterizáronse as poboacións microbianas involucradas na conversión do carbono orgánico vía lactato mediante o análise do reactor ao longo do tempo. A técnica utilizada foi a secuenciación do ADN por metabarcoding. Estudouse a estrutura e diversidade alfa e beta da comunidade microbiana, o microbioma común e estable a todas as condicións nas que se producen cantidades significativas de lactato como intermedio. Os resultados obtidos indican que o filo Firmicutes, concretamente a clase Bacilli, está relacionado coa produción de ácido láctico na fermentación anaerobia. Este enfoque permitirá unha comprensión profunda de como optimizar a fermentación anaerobia para a produción de compostos valiosos e como as comunidades microbianas contribúen a estes procesos. Os resultados poden ter aplicacións prácticas no deseño de biorrefinerías máis eficientes e sostibles.

BALBOA MENDEZ, SABELA (Titoría)
MAURICIO IGLESIAS, MIGUEL Cotitoría
BALBOA MENDEZ, SABELA (Titoría)
MAURICIO IGLESIAS, MIGUEL Cotitoría
Tribunal
ESTEVEZ TORANZO, MARIA ALICIA CAROLINA (Presidente/a)
COVELO ARTOS, GUILLERMO (Secretario/a)
CANDAL SUAREZ, EVA MARIA (Vogal)
ESTEVEZ TORANZO, MARIA ALICIA CAROLINA (Presidente/a)
COVELO ARTOS, GUILLERMO (Secretario/a)
CANDAL SUAREZ, EVA MARIA (Vogal)
Estimulación de rutas metabólicas de produción de ácidos carboxílicos via lactato en fermentación anaerobia
Autoría
X.G.D.D.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
X.G.D.D.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
15.07.2024 09:00
15.07.2024 09:00
Resumo
A fermentación en cultivo mixto aberto para producir ácidos graxos volátiles pode chegar a ser unha forma eficaz de recuperar o carbono orgánico presente nas augas residuais e residuos orgánicos, contribuíndo á química circular. Para que esta técnica sexa efectiva é necesario ter un control sobre os produtos xerados. Unha forma de lograr este control podería ser a través do ácido láctico, un intermedio que se produce durante a fermentación dos residuos orgánicos. Deste xeito, poderíanse dirixir as rutas catabólicas que levan a cabo os microorganismos para producir ácidos carboxílicos de cadea impar, ácidos de cadea media mediante a elongación de cadea e, especialmente, ácido propiónico. Para estes cultivos mixtos, deseñáronse e realizáronse experimentos controlados con varias estratexias, como a modificación do pH, a abundancia de carbohidratos e o uso de medios ricos en nutrientes. Desta forma estudouse a conversión e selectividade cara os ácidos carboxílicos e determináronse os factores que favorecen a produción de lactato como intermedio. Os resultados obtidos indican que a relación entre o substrato e o inóculo é un factor crucial á hora de favorecer a produción de lactato, non sendo así o tipo de medio e o tipo de carbohidratos, pese a que estes factores son necesarios para certos microorganismos e facilitan a produción de ácidos graxos volátiles. Ademais, realizouse unha análise da poboación microbiana presente nas distintas condicións. Coñecer os microorganismos responsables da produción de lactato axudará a optimizar o proceso.

MAURICIO IGLESIAS, MIGUEL (Titoría)
BALBOA MENDEZ, SABELA Cotitoría
MAURICIO IGLESIAS, MIGUEL (Titoría)
BALBOA MENDEZ, SABELA Cotitoría
Tribunal
LORES AGUIN, MARTA (Presidente/a)
RIOS RODRIGUEZ, MARIA DEL CARMEN (Secretario/a)
Carro Díaz, Antonia María (Vogal)
LORES AGUIN, MARTA (Presidente/a)
RIOS RODRIGUEZ, MARIA DEL CARMEN (Secretario/a)
Carro Díaz, Antonia María (Vogal)
Evaluación do emprego de Fontinalis antipyretica como biomonitor da presenza de nanopartículas de Ag en cursos fluviais, Parte B
Autoría
I.D.R.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
I.D.R.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
15.07.2024 09:30
15.07.2024 09:30
Resumo
Este traballo céntrase en avaliar a capacidade de adsorción de nanopartículas de prata por parte do briófito Fontinalis antipyretica Hedw. Co obxectivo de determinar a evolución da adsorción en función do tempo, propúxose un primeiro experimento no laboratorio que avalía a capacidade de adsorción empregando dúas suspensións de nanopartículas a diferentes niveis de concentración durante dez días de exposición. Unha vez obtidos os resultados e establecido o tempo necesario de exposición, lévase a cabo o experimento no río Sar. Seleccionáronse catro puntos situados antes e despois de dúas depuradoras, co obxectivo de detectar e monitorizar a presenza de nanopartículas de prata no curso fluvial. Determínase a cantidade de nanopartículas de prata adsorbidas polo musgo acuático, así como tamén a cantidade de prata iónica presente na superficie deste.
Este traballo céntrase en avaliar a capacidade de adsorción de nanopartículas de prata por parte do briófito Fontinalis antipyretica Hedw. Co obxectivo de determinar a evolución da adsorción en función do tempo, propúxose un primeiro experimento no laboratorio que avalía a capacidade de adsorción empregando dúas suspensións de nanopartículas a diferentes niveis de concentración durante dez días de exposición. Unha vez obtidos os resultados e establecido o tempo necesario de exposición, lévase a cabo o experimento no río Sar. Seleccionáronse catro puntos situados antes e despois de dúas depuradoras, co obxectivo de detectar e monitorizar a presenza de nanopartículas de prata no curso fluvial. Determínase a cantidade de nanopartículas de prata adsorbidas polo musgo acuático, así como tamén a cantidade de prata iónica presente na superficie deste.
Dirección
Domínguez González, María Raquel (Titoría)
HERBELLO HERMELO, PALOMA Cotitoría
Domínguez González, María Raquel (Titoría)
HERBELLO HERMELO, PALOMA Cotitoría
Tribunal
MARTINEZ NUÑEZ, EMILIO (Presidente/a)
MONTES GOYANES, ROSA MARIA (Secretario/a)
RIOS RODRIGUEZ, ANA MARIA (Vogal)
MARTINEZ NUÑEZ, EMILIO (Presidente/a)
MONTES GOYANES, ROSA MARIA (Secretario/a)
RIOS RODRIGUEZ, ANA MARIA (Vogal)
Emprego de Fontinalis antipyretica Hedw. como biomonitor activo de nanopartículas de prata
Autoría
I.D.R.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
I.D.R.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
18.07.2024 11:00
18.07.2024 11:00
Resumo
Este traballo céntrase en avaliar a capacidade de adsorción de nanopartículas de prata por parte do briófito Fontinalis antipyretica Hedw. Co obxectivo de determinar a evolución da adsorción en función do tempo, propúxose un primeiro experimento no laboratorio que avalía a capacidade de adsorción empregando dúas suspensións de nanopartículas a diferentes niveis de concentración durante dez días de exposición. Unha vez obtidos os resultados e establecido o tempo necesario de exposición, lévase a cabo o experimento no río Sar. Seleccionándose catro puntos situados antes e despois de dúas depuradoras, co obxectivo de detectar e monitorizar a presenza de nanopartículas de prata no curso fluvial, ademais de avaliar o correcto funcionamento das correspondentes EDAR.

ABOAL VIÑAS, JESUS RAMON (Titoría)
FERNANDEZ ESCRIBANO, JOSE ANGEL Cotitoría
ABOAL VIÑAS, JESUS RAMON (Titoría)
FERNANDEZ ESCRIBANO, JOSE ANGEL Cotitoría
Tribunal
Ortiz Nuñez, Santiago (Presidente/a)
SANCHEZ VILAS, JULIA (Secretario/a)
PRIETO LAMAS, BEATRIZ LORETO (Vogal)
Ortiz Nuñez, Santiago (Presidente/a)
SANCHEZ VILAS, JULIA (Secretario/a)
PRIETO LAMAS, BEATRIZ LORETO (Vogal)
Synthesis of an iminophosphorane-thiosemicarbazone ligand derived from ortho-carborane
Autoría
V.F.F.
Grao en Química
V.F.F.
Grao en Química
Data da defensa
15.07.2024 09:30
15.07.2024 09:30
Resumo
Este traballo de fin de grao está centrado na síntese, caracterización e estudo da capacidade coordinativa dun ligando iminofosforano-tiosemicarbazona derivado de o-carborano. Para a súa obtención foron sintetizados e illados con éxito os precursores 3-amino-o-carborano e 2-(difenilfosfina)-benzaldehído, e o intermedio iminofosforano-tiosemicarbazona, por medio de distintas técnicas experimentais. Esta clase de ligandos tiosemicarbazona funcionalizados cun grupo iminofosforano non foi estudada con anterioridade, tampouco o foron ligandos tiosemicarbazona funcionalizados cun grupo carborano, a pesar das interesantes potenciais aplicacións farmacolóxicas. A habilidade deste novo composto para actuar coma ligando con átomos metálicos foi estudada por medio da síntese de dous complexos metálicos, un de níquel (II) e outro de paladio (II). Aínda que este ligando é potencialmente quelatante tridentado debido á presenza de tres átomos dadores (S, N, N), as análises de raios-X de ambos complexos mostraron que o nitróxeno do iminofosforano ten menor tendencia a coordinarse co metal, ao comportarse coma un ligando quelatante (S, N) formando complexos plano-cadrados en ámbolos dous casos. A pesar disto, o ligando presenta unha interesante versatilidade coordinativa dando distintos modos de coordinación nas estruturas: a máis común un quelato (S, N) de cinco membros para o complexo de níquel, e o raro quelato (S, N) de catro membros no complexo de paladio.

SOUSA PEDRARES, ANTONIO (Titoría)
SOUSA PEDRARES, ANTONIO (Titoría)
Tribunal
TOJO SUAREZ, GABRIEL (Presidente/a)
FONDO BUSTO, MARIA MATILDE (Secretario/a)
TORNEIRO ABUIN, MERCEDES (Vogal)
TOJO SUAREZ, GABRIEL (Presidente/a)
FONDO BUSTO, MARIA MATILDE (Secretario/a)
TORNEIRO ABUIN, MERCEDES (Vogal)
Polímeros Helicoidales Supramoleculares: Enlace de Halóxeno
Autoría
I.M.F.
Grao en Química
I.M.F.
Grao en Química
Data da defensa
19.02.2024 10:00
19.02.2024 10:00
Resumo
A química supramolecular céntrase nas interaccións non covalentes entre moléculas para formar estruturas e sistemas supramoleculares máis grandes e complexos. Os polímeros helicoidais supramoleculares destacan neste área debido a súa estrutura en forma de hélice e ás súas propiedades únicas como quiralidade, estabilidade estrutural, propiedades ópticas e electrónicas, autoensamblaxe e recoñecemento molecular. O enlace de halóxeno, unha forma especializada de interacción non covalente, tamén desempeña un papel importante na estabilización destes polímeros. Esta interacción ten lugar entre átomos de halóxeno e átomos electronegativos como osíxeno, nitróxeno ou xofre. É direccional, específica e pode contribuir na formación e estabilidade dos polímeros helicoidais supramoleculares. Respecto aos estudos experimentais, empréganse técnicas como espectroscopía de infravermello, difracción de raios X, espectroscopía de resonancia magnética nuclear e espectroscopía UV/Vis para comprobar o ensamblaxe dos polímeros supramoleculares estabilizados por enlaces de halóxeno. Estas técnicas permiten determinar a presencia de enlaces de halóxeno, analizar a estrutura e propiedades dos polímeros formados e estudar a súa resposta ante estímulos externos. O obxectivo principal destes estudos experimentais é comprender o mecanismo de ensamblaxe dos polímeros supramoleculares e a súa resposta ante cambios de temperatura, pH ou outros estímulos. Neste traballo preténdese deseñar monómeros cas características adecuadas para dar lugar a polímeros supramoleculares autoensamblados. Esta comprensión é crucial para o deseño e a síntese de materiais con aplicacións en diversos campos como a medicina, a química de materiais e a electrónica molecular.

Estudo dun potencial sensor óptico para nanomateriais metálicos.
Autoría
M.R.Q.
Grao en Química
M.R.Q.
Grao en Química
Data da defensa
15.07.2024 09:30
15.07.2024 09:30
Resumo
Os nanomateriais (NMs) son materiais de pequeno tamaño, dende 1 a 100 nm, que poden ser sintetizados de maneira natural, artificial ou unha mestura de ambas. Os Quantum Dots (QDs) son unha clase de NMs semicondutores, con propiedades ópticas e electrónicas que veñen dadas polo confinamento cuántico que ocorre ao reducir o tamaño da partícula á escala nanométrica. Nos últimos anos, a nanotecnoloxía deu un xiro vertixinoso e os NMs en xeral e os QDs e particular, aparecen cada vez máis en numerosos ámbitos como a biomedicina, industria farmacéutica e téxtil, cosmética, electrónica, informática ou medioambiente. Para detectar a presenza dos NMs proponse como obxectivo deseñar un sensor portador dun fluoróforo que sexa quen de unirse aos ións metálicos dos NMs, modificando as súas propiedades ópticas linealmente en función da súa concentración. Isto permitirá avaliar a presenza deles en distintos medios, como pode ser no acuoso ou en soportes sólidos. Neste traballo abórdase a interacción de devandita especie fluorescente con NPs de CuO, ZnO e QDs de CdSe-Cys. Os resultados preliminares obtidos apuntan a que o sensor proposto é viable a través de métodos de fluorescencia, tanto para disolución como para papel de celulosa, xa que a unión dos QDs a este diminúe a súa intensidade en función da concentración de NM que presentemos. Con todo, tamén se propoñen outras vías de estudo como poden ser métodos UV-Vis para disolución ou reflectancia difusa para papel.

Aplicación da reacción de Hiyama a síntese de compostos bioactivos. Unha revisión bibliografía
Autoría
O.S.F.
Grao en Química
O.S.F.
Grao en Química
Data da defensa
15.07.2024 09:30
15.07.2024 09:30
Resumo
A revisión bibliográfica destaca a relevancia e os avances da reacción de Hiyama no campo do acoplamento cruzado. Abrangue dende as primeiras publicacións pioneiras de Hiyama, hai apenas tres décadas, e segue a liña da evolución dos organosilanos. Esta traxectoria permite comprender como a reacción foi evolucionando, co emprego dos diferentes organosilanos, ata consolidarse como un metodoloxía esencial na síntese orgánica, coa introdución dos vantaxosos safety-catch silanois. Preséntanse numerosos exemplos da síntese de compostos biolóxicamente activos utilizando esta metodoloxía, destacando a súa aplicación na creación de polienos de cadea longa e inestables, como son os retinoides e carotenoides. A revisión inclúe unha extensa procura en bases de datos científicas, seleccionando os estudos máis destacados sobre a reacción de Hiyama. Os resultados evidencian un amplo interese e desenvolvemento continuo neste campo, subliñando o seu significativo potencial para futuras investigacións.

LOPEZ ESTEVEZ, SUSANA (Titoría)
LOPEZ ESTEVEZ, SUSANA (Titoría)
Tribunal
SARDINA LOPEZ, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
PAZ CASTAÑAL, MANUEL MARIA (Secretario/a)
GARCIA FERNANDEZ, MARIA ESTHER (Vogal)
SARDINA LOPEZ, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
PAZ CASTAÑAL, MANUEL MARIA (Secretario/a)
GARCIA FERNANDEZ, MARIA ESTHER (Vogal)
Novas aplicacións da microextracción por difusión de gas (GDME) seguida da análise mediante cromatografía e espectrometría de masas.
Autoría
A.G.F.
Grao en Química
A.G.F.
Grao en Química
Data da defensa
15.07.2024 09:30
15.07.2024 09:30
Resumo
Os produtos cosméticos forman parte do día a día da maioría das persoas, xa sexa en forma de produtos de hixiene persoal (champús, desodorantes...), coidado persoal (cremas solares, cremas hidratantes...) ou produtos de beleza e/ou maquillaxe (sombras de ollos, estilizadores de cabelo...). Estes produtos conteñen fragrancias que lles outorgan un cheiro agradable e atractivo para os consumidores. Neste traballo desenvolveuse e validouse un método para a determinación simultánea de fragrancias alerxénicas baseado na microextracción por difusión de gases (GDME) seguida da cromatografía de gases acoplada a espectrometría de masas en tándem (GC-MS/MS). Unha vez optimizadas as condicións experimentais do método de extracción mediante un deseño experimental, validouse dito método en termos de precisión (repetibilidade e reproducibilidade), linearidade e exactitude. Por último, aplicouse GDME-GC-MS/MS a mostras reais de distintos produtos cosméticos.

Carro Díaz, Antonia María (Titoría)
LLOMPART VIZOSO, MARIA PILAR Cotitoría
Carro Díaz, Antonia María (Titoría)
LLOMPART VIZOSO, MARIA PILAR Cotitoría
Tribunal
ABOAL SOMOZA, MANUEL (Presidente/a)
CASTRO VARELA, GABRIELA (Secretario/a)
FERRO COSTAS, DAVID (Vogal)
ABOAL SOMOZA, MANUEL (Presidente/a)
CASTRO VARELA, GABRIELA (Secretario/a)
FERRO COSTAS, DAVID (Vogal)
Xeración de arinos en condicións medioambientais benignas
Autoría
A.V.G.
Grao en Química
A.V.G.
Grao en Química
Data da defensa
19.02.2024 10:00
19.02.2024 10:00
Resumo
Os arinos son intermedios de reacción que presentan unha alta reactividade e un tempo de vida curto, debido á presenza dun triplo enlace na súa estrutura. Xéranse pola perda formal de dous hidróxenos mediante a ruptura homolítica dos seus enlaces. Caracterízanse por funcionar como intermediarios na síntese dun gran número de produtos naturais. Ademais, cabe destacar a súa participación en reaccións Diels - Alder formando así benzociclohexenos que constitúen unha importante ferramenta sintética en química. O grupo COMMO (Guitián / Pérez / Peña) é moi activo na búsqueda de novas rutas sintéticas para a síntese de arinos. Un dos seus destacables avances é o desenvolvemento de reaccións de cicloadición [2+2+2] de arinos catalizadas por metais, concretamente paladio. Neste traballo de fin de grado vaise estudar a xeración de arinos empregando por primeira vez a técnica de ultrasóns . Como materiais de partida usaranse dihaluros de arilo que reaccionarán con diferentes metais (Mg, Zn, Li) e furano para obter o endóxido ou 1,4-dihidro-1,4-epoxinaftaleno.

GUITIAN RIVERA, ENRIQUE (Titoría)
PEREZ MEIRAS, MARIA DOLORES Cotitoría
GUITIAN RIVERA, ENRIQUE (Titoría)
PEREZ MEIRAS, MARIA DOLORES Cotitoría
Tribunal
FERNANDEZ MEGIA, EDUARDO (Presidente/a)
MARTINEZ CALVO, MIGUEL (Secretario/a)
PEDRIDO CASTIÑEIRAS, ROSA MARIA (Vogal)
FERNANDEZ MEGIA, EDUARDO (Presidente/a)
MARTINEZ CALVO, MIGUEL (Secretario/a)
PEDRIDO CASTIÑEIRAS, ROSA MARIA (Vogal)
Clústeres polimetálicos a partir de ligandos fosfino-tiosemicarbazona.
Autoría
C.D.F.
Grao en Química
C.D.F.
Grao en Química
Data da defensa
15.07.2024 09:30
15.07.2024 09:30
Resumo
Neste Traballo de Fin de Grao abórdase a síntese de complexos de Ag(I) e Cu(I) a partir dunha serie de ligandos fosfino-tiosemicarbazona HLPR (R= H, Me Et, Ph) empregando dúas metodoloxías de síntese diferentes; síntese electroquímica e síntese química tradicional, co fin de ver as diferenzas entre as dúas metodoloxías e cal delas me permite obter especies tipo clúster. Os complexos obtidos caracterizáronse tanto en estado sólido; empregando técnicas como a determinación do punto de fusión, análise elemental e espectroscopía infravermella; como en solución, por espectrometría de masas e RMN de 1H e 31P. Os resultados obtidos mostran que ámbalas metodoloxías permiten obter clústeres tetranucleares no caso de Ag(I) para todos os ligandos ensaiados. No caso de Cu(I) a metodoloxía electroquímica xera polímeros (CuLPR)n, mentres que a síntese química da lugar a especies monómeras de tipo [Cu(HLPR)Cl].

Fernández Fariña, Sandra Cotitoría
PEDRIDO CASTIÑEIRAS, ROSA MARIA (Titoría)
Fernández Fariña, Sandra Cotitoría
Tribunal
SARDINA LOPEZ, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
PAZ CASTAÑAL, MANUEL MARIA (Secretario/a)
GARCIA FERNANDEZ, MARIA ESTHER (Vogal)
SARDINA LOPEZ, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
PAZ CASTAÑAL, MANUEL MARIA (Secretario/a)
GARCIA FERNANDEZ, MARIA ESTHER (Vogal)
Síntese asimétrica de helicenos e de nanografenos quirais mediante reaccións de cicloadición de arinos
Autoría
M.B.L.
Grao en Química
M.B.L.
Grao en Química
Data da defensa
15.07.2024 09:30
15.07.2024 09:30
Resumo
A síntese asimétrica de helicenos e outros nanografenos quirais constitúe un reto científico de máximo interese actualmente, debido ás singulares propiedades optoelectrónicas deste tipo de compostos e a súa potencial aplicación no desenvolvemento de materiais quirópticos. Neste contexto, o presente traballo fin de grao abordou o estudo da síntese dun heptaheliceno quiral de forma enantioselectiva mediante cicloadición [2+2+2] dun arino derivado do fenantreno, o 3,4-dideshidrofenantreno (3-fenantrino) cun alquino deficiente en electróns, empregando catálise de paladio cun ligando quiral. O estudo realizado implicou a optimización da síntese do triflato de 3-(trimetilsilil)-4-fenantrenilo, a confirmación da eficacia deste composto como precursor do 3-fenantrino a través dunha reacción de atrapado con furano, a síntese dun complexo estable alquino-Pd(0) coa bisfosfina quiral (R)-BINAP e, por último, o estudo preliminar da cocicloadición do 3-fenantrino con DMAD en presenza deste complexo quiral como catalizador. A pesar de que a reacción non deu o resultado esperado, ao non detectarse a formación do heptaheliceno, a análise detallada das mesturas de reacción obtidas permitiu extraer información valiosa sobre a reactividade deste arino nas condicións deseñadas para levar a cabo a catálisis asimétrica.

PEREZ MEIRAS, MARIA DOLORES (Titoría)
PEREZ MEIRAS, MARIA DOLORES (Titoría)
Tribunal
TOJO SUAREZ, GABRIEL (Presidente/a)
FONDO BUSTO, MARIA MATILDE (Secretario/a)
TORNEIRO ABUIN, MERCEDES (Vogal)
TOJO SUAREZ, GABRIEL (Presidente/a)
FONDO BUSTO, MARIA MATILDE (Secretario/a)
TORNEIRO ABUIN, MERCEDES (Vogal)
Estudo de metabolismo in-vitro de substancias relacionadas coa produción do caucho. Parte A
Autoría
B.A.L.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
B.A.L.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
15.07.2024 09:30
15.07.2024 09:30
Resumo
O antidegradante de pneumáticos N-(1,3-dimetilbutil)-N'-fenil-p-fenilendiamina (6PPD) e o seu produto de oxidación N-(1,3-dimetilbutil)-N'-fenil-p-fenilendiamina-quinona (6PPDQ) xeran unha gran preocupación, xa que están presentes na inmensa maioría de matrices ambientais e foron recentemente detectados en mostras humanas. Se ben a letalidade da 6PPDQ se ten demostrado no salmón coho, pouco se sabe sobre o efecto destes compostos na saúde humana. O nivel de exposición e o seu potencial risco poden avaliarse mediante biomonitoraxe humana, coa urina como unha matriz axeitada. Isto require coñecemento previo sobre os compostos que son excretados tras a exposición a 6PPD e 6PPDQ. Neste estudo, realízanse experimentos de metabolismo in-vitro de Fase I e Fase II para identificar os seus metabolitos. Empréganse microsomas hepáticos humanos para as reaccións de Fase I e glucuronidación, usando o coencima correspondente. Utilízanse fraccións citosólicas hepáticas humanas nos experimentos de sulfatación. Obtéñense metabolitos potenciais de ambas substancias a analízanse, grazas a listas de sospeitosos creadas previamente, a través de screening mediante cromatografía líquida acoplada a espectrometría de masas en tándem (LC-MS/MS). Aplícanse tanto ionización positiva coma negativa no modo de adquisición dependente de datos. A interpretación dos espectros MS/MS destas substancias permite a elucidación de sete compostos derivados de 6PPD e catro metabolitos de 6PPDQ. A análise complétase co estudo das súas tendencias de incubación. Propóñense rutas de biotransformación dende os seus compostos de partida en ambos casos. Os metabolitos xerados poderían ser biomarcadores aptos para futuros estudos de biomonitoraxe humana.

MONTES GOYANES, ROSA MARIA Cotitoría
RODIL RODRIGUEZ, MARIA DEL ROSARIO (Titoría)
MONTES GOYANES, ROSA MARIA Cotitoría
Tribunal
ABOAL SOMOZA, MANUEL (Presidente/a)
CASTRO VARELA, GABRIELA (Secretario/a)
FERRO COSTAS, DAVID (Vogal)
ABOAL SOMOZA, MANUEL (Presidente/a)
CASTRO VARELA, GABRIELA (Secretario/a)
FERRO COSTAS, DAVID (Vogal)
Vectores dendríticos para terapia génica: relación estructura-actividad. PARTE B
Autoría
N.M.P.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
N.M.P.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
15.07.2024 09:30
15.07.2024 09:30
Resumo
La terapia génica representa una esperanza revolucionaria para el tratamiento de numerosas enfermedades. A pesar de los grandes avances en el desarrollo de vectores virales, su elevado costo de producción y los severos efectos adversos asociados han impulsado la búsqueda de alternativas no virales. En este contexto, los vehículos poliméricos aparecen como una opción prometedora para superar estas limitaciones. Sin embargo, los sistemas poliméricos se enfrentan a otros desafíos, destacando la captura endosomal. En este trabajo, se explora la funcionalización de sistemas dendríticos para enfrentar esta problemática. La combinación entre las propiedades de los dendrímeros con la química de los ácidos borónicos permite la funcionalización específica de los estos sistemas mediante variaciones en las subunidades que se unen de forma reversible a los ácidos borónicos. En el presente trabajo, el foco está en la búsqueda de vectores que logren el escape endosomal. De esta manera, se estudió el efecto de distintas subunidades moleculares en la eficacia del sistema, esperando que pudieran servir como potenciadores del escape endosomal y, por tanto, de la expresión génica. La síntesis de las subunidades, funcionalizadas con grupos catecol, se llevó a cabo siguiendo dos estrategias sintéticas, en función de la naturaleza del producto final. Tras su obtención y caracterización, se ensamblaron en el sistema diseñado previamente por el grupo, mediante la unión por enlaces boronato sensibles a pH, y se evaluó su capacidad de tra nsfección in vitro. Los resultados alcanzados no fueron satisfactorios, por lo que se requerirán estudios posteriores para poder optimizar el sistema.

Estudo de metabolismo in-vitro de substancias relacionadas coa produción do caucho. Parte B
Autoría
B.A.L.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
B.A.L.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
17.07.2024 10:00
17.07.2024 10:00
Resumo
A N-(1,3-dimetilbutil)-N'-fenil-p-fenilendiamina-quinona é o produto de oxidación do antidegradante de pneumáticos N-(1,3-dimetilbutil)-N'-fenil-p-fenilendiamina, e xera unha grande preocupación por estar presente na inmensa maioría de matrices ambientais e ter sido recentemente detectada en mostras humanas. Se ben a letalidade deste composto se ten demostrado no salmón coho, pouco se sabe sobre o seu efecto na saúde humana. O nivel de exposición e o seu potencial risco poden avaliarse mediante biomonitoraxe, utilizando a urina como unha matriz axeitada. Isto require coñecemento previo sobre os compostos que son excretados tras a exposición a esta substancia. Neste estudo, realízanse experimentos de metabolismo in-vitro de Fase I e Fase II para identificar os potenciais metabolitos, empregando microsomas hepáticos humanos para as reaccións de Fase I e glucuronidación, e fraccións citosólicas de fígado humano nos experimentos de sulfatación, co coencima correspondente en cada caso. Posteriormente, os potenciais metabolitos identifícanse a través dun Suspect Screening mediante cromatografía líquida acoplada a espectrometría de masas en tándem. Con esta estratexia conséguese a identificación de 4 metabolitos da N-(1,3-dimetilbutil)-N'-fenil-p-fenilendiamina-quinona e, tras o estudo das súas tendencias de incubación, proponse unha posible ruta de biotransformación. Os metabolitos xerados poderían ser biomarcadores aptos para futuros estudos de biomonitoraxe humana.

RODIL RODRIGUEZ, MARIA DEL ROSARIO Cotitoría
MONTES GOYANES, ROSA MARIA (Titoría)
RODIL RODRIGUEZ, MARIA DEL ROSARIO Cotitoría
Tribunal
RODRIGUEZ-MOLDES REY, MARIA ISABEL (Presidente/a)
DOMINGUEZ GERPE, MARIA LOURDES (Secretario/a)
RODRIGUEZ GACIO, MARIA DEL CARMEN (Vogal)
RODRIGUEZ-MOLDES REY, MARIA ISABEL (Presidente/a)
DOMINGUEZ GERPE, MARIA LOURDES (Secretario/a)
RODRIGUEZ GACIO, MARIA DEL CARMEN (Vogal)
A importancia das membranas celulares na loita contra as infeccións: Unha visión a través da química computacional
Autoría
U.L.V.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
U.L.V.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
15.07.2024 09:30
15.07.2024 09:30
Resumo
Os péptidos antimicrobianos (AMPs) poden dirixirse especificamente a certas membranas en función da composición lipídica, motivo polo que se consideran potenciais alternativas dos axentes antimicrobianos actuais. As simulacións computacionais de Dinámica Molecular (MD) poden ser útiles para obter unha visión máis detallada do mecanismo de acción dos AMPs sobre as membranas e facilitar o seu deseño. Neste traballo, leváronse a cabo simulacións MD de CM15 -AMP catiónico- en disolución acuosa e en membranas modelo de mamífero e de bacteria. Para comprobar a reproducibilidade das simulacións, realizáronse 50 réplicas de cada tipo de sistema. A análise revelou unha boa reproducibilidade de CM15 en disolución acuosa, que se agrega debido a súa natureza anfipática. O agregado formado contacta inicialmente coas cabezas polares de ambos tipos de membrana a través dos seus residuos cargados positivamente. A continuación, expóñense os residuos hidrofóbicos cara as colas lipídicas da membrana, diminuíndo a estabilidade do agregado e dando lugar a súa segregación en dúas posibles conformacións finais: (i) clústeres de dous péptidos dispostos antiparalelamente ou (ii) péptidos individuais. Os resultados suxiren que as tendencias observadas non son artefactos aleatorios, senón características inherentes ao comportamento dos péptidos en presenza das membranas. Estes achados subliñan a importancia de realizar múltiples réplicas en estudos de MD para garantir a validez dos resultados e permitir o deseño de novos AMPs con mellorada selectividade.

Suárez Lestón, Fabián Cotitoría
GARCIA FANDIÑO, REBECA (Titoría)
Suárez Lestón, Fabián Cotitoría
Tribunal
TOJO SUAREZ, GABRIEL (Presidente/a)
FONDO BUSTO, MARIA MATILDE (Secretario/a)
TORNEIRO ABUIN, MERCEDES (Vogal)
TOJO SUAREZ, GABRIEL (Presidente/a)
FONDO BUSTO, MARIA MATILDE (Secretario/a)
TORNEIRO ABUIN, MERCEDES (Vogal)
Estudo do papel do ácido lisofosfatídico na evasión inmunolóxica do cáncer a través da simulación computacional.
Autoría
U.L.V.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
U.L.V.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
17.07.2024 10:00
17.07.2024 10:00
Resumo
O cancro segue sendo unha das principais causas de mortalidade a nivel mundial, con impactos significativos na calidade de vida dos pacientes e nos sistemas de saúde. A evasión inmunolóxica das células tumorais representa un desafío crítico no desenvolvemento de terapias eficaces. Neste contexto, a presente investigación explora a hipótese de que o ácido lisofosfatídico contribúe á evasión inmunolóxica ao competir cos péptidos antimicrobianos. O principal obxectivo deste traballo foi estudar a interacción entre os péptidos antimicrobianos e diferentes membranas celulares modelo para comprender como o ácido lisofosfatídico pode afectar a estas interaccións. Para tal fin, executáronse simulacións de dinámica molecular utilizando CM15 como modelo de péptido antimicrobiano e membranas compostas por fosfatidilserina e ácido fosfatídico en diferentes estados de protonación (carga neta -1 e -2). Os principais resultados indican que os péptidos antimicrobianos teñen unha maior afinidade polos lípidos de ácido fosfatídico, especialmente cando este presenta unha maior carga negativa (a pH baixos, característicos de entornos cancerosos). Isto suxire que o ácido lisofosfatídico no microambiente tumoral pode competir efectivamente cos péptidos antimicrobianos, diminuíndo a súa eficacia. A análise estrutural da membrana tamén revelou unha baixa inserción dos péptidos durante o tempo de simulación, destacando que as condicións nas que se levaron a cabo as simulacións poden limitar a penetración dos péptidos. A importancia deste estudo radica en proporcionar novas evidencias sobre o papel do ácido lisofosfatídico na evasión inmunolóxica das células cancerosas. Estes achados poden guiar o deseño racional de novos péptidos antimicrobianos con mellores propiedades terapéuticas, contribuíndo ao desenvolvemento de estratexias máis eficaces na loita contra o cancro. Sen embargo, recoméndase realizar simulacións máis longas e réplicas adicionais para asegurar a robustez e reproducibilidade dos resultados obtidos.

O papel do hidróxeno na transición enerxética
Autoría
P.R.S.C.
Dobre Grao en Física e en Química
P.R.S.C.
Dobre Grao en Física e en Química
Data da defensa
18.07.2024 09:30
18.07.2024 09:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao mostra unha análise detallada do papel do hidróxeno na transición enerxética. O hidróxeno é un vector enerxético clave no marco da transición enerxética cara a sistemas sostibles. Este traballo estuda o papel do hidróxeno como alternativa para a descarbonización de varios sectores, incluíndo o transporte e a industria enerxética. Analízase a produción actual de hidróxeno e alternativas sostibles, así como as diferentes opcións para o seu transporte e almacenamento. Promover estes aspectos é crucial para o seu uso industrial, especialmente no sector do transporte, co obxectivo de reducir a dependencia dos combustibles fósiles. Este estudo enmárcase na folla de ruta do hidróxeno do goberno de España, que establece unha serie de accións para fomentar o uso do hidróxeno como parte do seu plan para a transición enerxética.

MENDEZ MORALES, TRINIDAD (Titoría)
MENDEZ MORALES, TRINIDAD (Titoría)
Tribunal
ALVAREZ MUÑIZ, JAIME (Presidente/a)
BELIN , SAMUEL JULES (Secretario/a)
CARBALLEIRA ROMERO, CARLOS (Vogal)
ALVAREZ MUÑIZ, JAIME (Presidente/a)
BELIN , SAMUEL JULES (Secretario/a)
CARBALLEIRA ROMERO, CARLOS (Vogal)
Redución e inmobilización de nitrato e fosfato en sistemas acuáticos
Autoría
P.R.S.C.
Dobre Grao en Física e en Química
P.R.S.C.
Dobre Grao en Física e en Química
Data da defensa
15.07.2024 09:00
15.07.2024 09:00
Resumo
A eutrofización é un grave problema ambiental a nivel global consecuencia dun aumento excesivo da concentración de nitrato e fosfato en sistemas acuáticos, resultando nunha proliferación de plantas e microorganismos. Este fenómeno carrexa unha diminución do osíxeno na auga, afectando gravemente a fauna acuática e a calidade da auga. Co obxectivo de deseñar unha metodoloxía que permita evitar os problemas ocasionados pola eutrofización, no presente traballo estúdase a capacidade de oxihidróxidos de ferro, como a ferrihidrita, para eliminar fosfato do medio acuático e o efecto que poden ter a presenza de materia orgánica (concentración e natureza), o pH ou a salinidade. Ademais, avaliouse a hipótese da Roda Ferrosa para propoñer unha metodoloxía que permita eliminar o nitrato do medio acuático reducíndoo a nitrito ou amonio en presenza de materia orgánica e ferrihidrita. Os resultados obtidos son prometedores e indican que a optimización do proceso en canto a concentracións e precursores de ferro e materia orgánica a utilizar permitirán deseñar un material adecuado para a eliminación simultánea de ambos os nutrientes.

FIOL LOPEZ, SARAH (Titoría)
ANTELO MARTINEZ, JUAN Cotitoría
FIOL LOPEZ, SARAH (Titoría)
ANTELO MARTINEZ, JUAN Cotitoría
Tribunal
LORES AGUIN, MARTA (Presidente/a)
RIOS RODRIGUEZ, MARIA DEL CARMEN (Secretario/a)
Carro Díaz, Antonia María (Vogal)
LORES AGUIN, MARTA (Presidente/a)
RIOS RODRIGUEZ, MARIA DEL CARMEN (Secretario/a)
Carro Díaz, Antonia María (Vogal)
Puntos cuánticos de carbono para a detección de contaminantes na auga
Autoría
R.S.G.
Dobre Grao en Física e en Química
R.S.G.
Dobre Grao en Física e en Química
Data da defensa
17.09.2024 10:30
17.09.2024 10:30
Resumo
Os carbon dots (CDs) constitúen unha clase de nanopartículas carbonadas amplamente utilizadas en distintos sectores debido ás súas propiedades ópticas e electrónicas. A súa aplicación estendeuse a diferentes sectores como o biomédico e o ambiental, grazas á súa destacada biocompatibilidade e estabilidade química. O grao de grafitización e a disposición espacial dos grupos funcionais superficiais determinan a funcionalidade destas partículas. Neste traballo, sintetizaranse puntos cuánticos de carbono (CQDs), un tipo específico de CDs caracterizado por unha intensa fluorescencia ligada ao confinamento cuántico. Xeralmente, a presenza dun analito provoca variacións na fluorescencia dos CDs debido a cambios no entorno químico. Baixo este contexto, analizarase o rendemento destas partículas como detectores de diversos contaminantes, monitorizando así a variación na súa emisión de fluorescencia. En concreto, realizarase un estudo detallado do 4-nitrofenol, un contaminante altamente tóxico e prexudicial para a saúde con gran presenza no medio acuático. En resumo, búscase establecer unha técnica sinxela e ecolóxica capaz de determinar con precisión a presenza e concentración de contaminantes na auga. Ademais, demostrarase que os resultados obtidos poden ser corroborados mediante técnicas complementarias

TABOADA ANTELO, PABLO (Titoría)
CAMBON FREIRE, ADRIANA Cotitoría
TABOADA ANTELO, PABLO (Titoría)
CAMBON FREIRE, ADRIANA Cotitoría
Tribunal
Pérez Muñuzuri, Alberto (Presidente/a)
BORSATO , RICCARDO (Secretario/a)
BARBOSA FERNANDEZ, SILVIA (Vogal)
Pérez Muñuzuri, Alberto (Presidente/a)
BORSATO , RICCARDO (Secretario/a)
BARBOSA FERNANDEZ, SILVIA (Vogal)
Síntesis de Cápsulas basadas en Ciclopéptidos para el reconocimiento de iones y moléculas
Autoría
M.R.M.
Grao en Química
M.R.M.
Grao en Química
Data da defensa
15.07.2024 09:30
15.07.2024 09:30
Resumo
Nos últimos anos, múltiples grupos de investigación levaron a cabo o estudo e desenvolvemento de novedosos sistemas supramoleculares, baseados en estruturas con cavidades internas coa habilidade de encapsular diversos tipos de hóspedes. As características específicas do seu interior permiten múltiples aplicacións como, por exemplo, o transporte molecular, recoñecemento de substratos ou catálise. Baseándonos nisto, o noso grupo de investigación enfocouse no desenvolvemento de sistemas supramoleculares empregando péptidos cíclicos capaces de apilarse. Deste xeito, empregando os conceptos fundamentais de síntese e deseño utilizados en traballos previos deste grupo, sintetizáronse ciclopéptidos formadores de dímeros con enormes potenciais para o desenvolvemento de cápsulas supramoleculares. No presente proxecto, levouse a cabo a síntese e modificación dun ciclopéptido coa habilidade de formar dímeros, o cal se deseñou mediante unha síntese converxente a partir dun alfa-aa e dun gamma-aa. Este último modificámolo cunha cadea proparxílica que contén un alquino terminal, o que nos permitiu realizar distintas modificacións no esqueleto peptídico. Ademais, realizáronse dúas reaccións sobre este alquino, unha Sonogashira, para a unión de grupos imidazois formando un dímero decorado e, por outra banda, empregouse a estratexia Click Chemistry para unir unha tapa molecular que, ao unirse, forma grupos triazoles cunhas características moi determinantes á hora do transporte de moléculas de maneira selectiva.

Granja Guillán, Juan Ramón (Titoría)
AMORIN LOPEZ, MANUEL Cotitoría
Granja Guillán, Juan Ramón (Titoría)
AMORIN LOPEZ, MANUEL Cotitoría
Tribunal
SARDINA LOPEZ, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
PAZ CASTAÑAL, MANUEL MARIA (Secretario/a)
GARCIA FERNANDEZ, MARIA ESTHER (Vogal)
SARDINA LOPEZ, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
PAZ CASTAÑAL, MANUEL MARIA (Secretario/a)
GARCIA FERNANDEZ, MARIA ESTHER (Vogal)
Iniciación á síntese de análogos da vitamina D funcionalizados na cadea lateral cunha unidade orto-carboránica
Autoría
A.T.T.
Grao en Química
A.T.T.
Grao en Química
Data da defensa
11.09.2024 16:30
11.09.2024 16:30
Resumo
Debido ás propiedades e funcións da vitamina D3 e dos seus metabolitos dentro do organismo, propúxose nestos laboratorios a síntese de derivados funcionalizados na cadea lateral con distintas unidades carboránicas. Os ensaios biolóxicos demostraron que os correspondentes análogos carboránicos son tan activos como a hormona nativa 1,25D3, pero menos calcémicos. O obxectivo deste proxecto é a síntese do éster 7 como precursor de análogos hidroxi-carboránicos. O éster 7 obtívose a partir do diol de Inhoffen-Lythgoe (8) (48% rendemento global, 5 pasos, Esquema 1).

PAZ CASTAÑAL, MANUEL MARIA (Titoría)
PAZ CASTAÑAL, MANUEL MARIA (Titoría)
Tribunal
SARDINA LOPEZ, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
SAA RODRIGUEZ, CARLOS EUGENIO (Secretario/a)
GARCIA FERNANDEZ, MARIA ESTHER (Vogal)
SARDINA LOPEZ, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
SAA RODRIGUEZ, CARLOS EUGENIO (Secretario/a)
GARCIA FERNANDEZ, MARIA ESTHER (Vogal)
Estudo cinético e computacional da reacción de descarboxilación da N-Cloro-Alanina.
Autoría
I.D.V.
Grao en Química
I.D.V.
Grao en Química
Data da defensa
11.09.2024 09:00
11.09.2024 09:00
Resumo
Realizouse un estudo cinético experimental e computacional da reacción de descarboxilación da N-Cl-Alanina. Experimentalmente comprobouse que a reacción é de primer orde respecto á concentración de N-Cl-Alanina e é independente do pH no intervalo 9-11. Según os valores dos parámetros de activación e dos productos da reacción chegouse á conclusión de que se sigue un mecanismo de descarboxilación concertada, no que se produce a eliminación do ion cloruro e CO2 e a formación dunha imina. Esta imina hidrolizase en medio acuoso para dar o correspondente composto carbonílico, que no noso caso é o acetaldehído, e amoníaco. No estudo computacional optimizaronse as estructuras do reactivo e do estado de transición para esta reacción e calcularonse os parámetros de activación para a reacción.

RIOS RODRIGUEZ, ANA MARIA (Titoría)
CRUGEIRAS MARTINEZ, JUAN Cotitoría
RIOS RODRIGUEZ, ANA MARIA (Titoría)
CRUGEIRAS MARTINEZ, JUAN Cotitoría
Tribunal
Rodríguez Prieto, María de la Flor (Presidente/a)
CASTRO VARELA, GABRIELA (Secretario/a)
ABOAL SOMOZA, MANUEL (Vogal)
Rodríguez Prieto, María de la Flor (Presidente/a)
CASTRO VARELA, GABRIELA (Secretario/a)
ABOAL SOMOZA, MANUEL (Vogal)
Estudo de potenciais interatómicos en complexos Kr-He, Ne, Ar, Kr. Análise de resultados mediante programación en Python
Autoría
M.R.I.
Grao en Química
M.R.I.
Grao en Química
Data da defensa
15.07.2024 09:30
15.07.2024 09:30
Resumo
A partir dunha curva de energía potencial, pódese determinar una gran cantidade de propiedades do sistema, como os niveis de enerxía vibracional ou a constante de forza do enlace, polo que existe un gran interese en obter una representación de esta, sa sexa a través dun procedemento experimental ou por métodos “ab initio” correlacionados. Ao centrarnos nestes últimos, é necesario realizar un estudo enfocado en determinar a combinación optima de método método computacional e conxunto de funcons base para estes cálculos, xa que isto determinará a exactitude do Mediante un estudo enfocado na determinación dunha combinación óptima de método computacional e conxunto de funcións base para a realización dos cálculos, xa que isto determinará a exactitude do modelo. Unha vez seleccionados, obterase una curva potencial para os dímeros de van der Waals Kr-He, Kr-Ne, Kr-Ar e Kr-Kr, a partir de valores da enerxía de interacción a unha distancia, cos que se calculan o radio de van der Waals ou a enerxía de interacción mínima, concretando que, o método CCSD(T) coa base aug- cc-pV5Z con funcións midbond, ten unha boa concordancia cos datos bibliográficos.

FERNANDEZ RODRIGUEZ, BERTA (Titoría)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, BERTA (Titoría)
Tribunal
ABOAL SOMOZA, MANUEL (Presidente/a)
CASTRO VARELA, GABRIELA (Secretario/a)
FERRO COSTAS, DAVID (Vogal)
ABOAL SOMOZA, MANUEL (Presidente/a)
CASTRO VARELA, GABRIELA (Secretario/a)
FERRO COSTAS, DAVID (Vogal)
Reaccións en cascada promovidas por ouro en medios biolóxicos
Autoría
X.S.I.
Grao en Química
X.S.I.
Grao en Química
Data da defensa
15.07.2024 09:30
15.07.2024 09:30
Resumo
Nos últimos anos, a posibilidade de introducir reaccións abióticas dentro de sistemas vivos de maneira biocompatible despertou un gran interese, grazas ás múltiples aplicacións en química biolóxica e biomedicina que poderían conducir ao desenvolvemento de novas terapias e tratamentos. Dentro destas reaccións, o uso de metais de transición como estruturas catalíticas permite desenvolver novas reactividades dentro de sistemas biolóxicos. Entre eles, o ouro, un metal precioso que durante moito tempo foi considerado inerte, comezou a gañar relevancia no campo da Química Bioortogonal. Neste Traballo de Fin de Grao proponse o estudo dunha reacción de dobre ciclación promovida por ouro a través dun mecanismo en cascada no interior de medios biolóxicos. Así, optimizouse a transformación para alcanzar condicións biolóxicas; isto é, altas dilucións e compatibilidade co aire e auga, así como tolerancia á presencia de diferentes biomoléculas e medios complexos. Os resultado obtidos son prometedores, suxerindo a viabilidade destes procesos en cascada, non solo en medios biolóxicos, senón tamén no interior de células de mamífero (A549). Esta estratexia constitúe un importante novo enfoque para á construción de moléculas de alta complexidade a partir de compostos sinxelos dunha maneira simple, elegante e bioortoogonal dentro de células vivas.
Nos últimos anos, a posibilidade de introducir reaccións abióticas dentro de sistemas vivos de maneira biocompatible despertou un gran interese, grazas ás múltiples aplicacións en química biolóxica e biomedicina que poderían conducir ao desenvolvemento de novas terapias e tratamentos. Dentro destas reaccións, o uso de metais de transición como estruturas catalíticas permite desenvolver novas reactividades dentro de sistemas biolóxicos. Entre eles, o ouro, un metal precioso que durante moito tempo foi considerado inerte, comezou a gañar relevancia no campo da Química Bioortogonal. Neste Traballo de Fin de Grao proponse o estudo dunha reacción de dobre ciclación promovida por ouro a través dun mecanismo en cascada no interior de medios biolóxicos. Así, optimizouse a transformación para alcanzar condicións biolóxicas; isto é, altas dilucións e compatibilidade co aire e auga, así como tolerancia á presencia de diferentes biomoléculas e medios complexos. Os resultado obtidos son prometedores, suxerindo a viabilidade destes procesos en cascada, non solo en medios biolóxicos, senón tamén no interior de células de mamífero (A549). Esta estratexia constitúe un importante novo enfoque para á construción de moléculas de alta complexidade a partir de compostos sinxelos dunha maneira simple, elegante e bioortoogonal dentro de células vivas.
Dirección
Mascareñas Cid, Jose Luis (Titoría)
TOMAS GAMASA, MARIA Cotitoría
Mascareñas Cid, Jose Luis (Titoría)
TOMAS GAMASA, MARIA Cotitoría
Tribunal
FERNANDEZ MEGIA, EDUARDO (Presidente/a)
MARTINEZ CALVO, MIGUEL (Secretario/a)
PEDRIDO CASTIÑEIRAS, ROSA MARIA (Vogal)
FERNANDEZ MEGIA, EDUARDO (Presidente/a)
MARTINEZ CALVO, MIGUEL (Secretario/a)
PEDRIDO CASTIÑEIRAS, ROSA MARIA (Vogal)
A importancia da molécula de H2+ no desenvolvemento da química cuántica
Autoría
S.R.M.
Grao en Química
S.R.M.
Grao en Química
Data da defensa
15.07.2024 09:00
15.07.2024 09:00
Resumo
O ión hidróxeno molecular, tamén coñecido como H2+, foi unha peza clave na historia da química cuántica dende os seus inicios, tanto no seu desenvolvemento inicial como na súa evolución ata a actualidade, debido en maior parte á súa simplicidade e a facilidade do seu uso para validar teorías cuánticas e tamén para a validación de diferentes metodoloxías en dita disciplina. Este traballo estudará a súa importancia na evolución da química cuántica desde os seus primeiros tempos, o seu impacto no tanto no desenvolvemento como na validacións de diferentes teorías, coma a teoría de enlace químico ou a teoría dos orbitais moleculares, a súa importancia no desenvolvemento dos métodos computacionais ou as vantaxes que proporciona o seu uso no ámbito da educación para crear nos alumnos unha base sólida para poder usar a posteriori estes coñecementos en sistemas máis moleculares complexos.
O ión hidróxeno molecular, tamén coñecido como H2+, foi unha peza clave na historia da química cuántica dende os seus inicios, tanto no seu desenvolvemento inicial como na súa evolución ata a actualidade, debido en maior parte á súa simplicidade e a facilidade do seu uso para validar teorías cuánticas e tamén para a validación de diferentes metodoloxías en dita disciplina. Este traballo estudará a súa importancia na evolución da química cuántica desde os seus primeiros tempos, o seu impacto no tanto no desenvolvemento como na validacións de diferentes teorías, coma a teoría de enlace químico ou a teoría dos orbitais moleculares, a súa importancia no desenvolvemento dos métodos computacionais ou as vantaxes que proporciona o seu uso no ámbito da educación para crear nos alumnos unha base sólida para poder usar a posteriori estes coñecementos en sistemas máis moleculares complexos.
Dirección
FERNANDEZ RAMOS, ANTONIO (Titoría)
FERNANDEZ RAMOS, ANTONIO (Titoría)
Tribunal
LORES AGUIN, MARTA (Presidente/a)
RIOS RODRIGUEZ, MARIA DEL CARMEN (Secretario/a)
Carro Díaz, Antonia María (Vogal)
LORES AGUIN, MARTA (Presidente/a)
RIOS RODRIGUEZ, MARIA DEL CARMEN (Secretario/a)
Carro Díaz, Antonia María (Vogal)
Enlace tetrel en complexos de chumbo derivados de 4-metilbenzoilpirazina-2-carbohidrazonamida
Autoría
C.T.G.
Grao en Química
C.T.G.
Grao en Química
Data da defensa
15.07.2024 09:30
15.07.2024 09:30
Resumo
O traballo de fin de grao presenta a síntese do ligando (Z)-N'-(4-metilbenzoil)pirazina-2-carbohidrazonamida mediante a reacción de 2-cianopiridina con 4-metilbenzohidrazida empregando sodio e metanol seco. Posteriormente faise reaccionar o ligando con distintas sales de chumbo(II), incorporando en certas reaccións ligandos auxiliares que permiten a obtención dos complexos: [Pb(4PYZ)(NO3)(H2O)], [Pb(4PYZ)(NO2)(H2O)].0.59[Pb(HPYZ)(NO3)(H2O].0.41, [Pb(4PYZ)(NO2)], {[Pb(4PYZ)(MeOH)](ClO4)2}n, [Pb(H4PYZ)(Cl)2]2 y [Pb(4PYZ)(SCN)(H2O)]. Unha vez illados os complexos son caracterizados mediante diferentes técnicas experimentais como espectroscopia RMN 1H, análise elemental, espectroscopia de IR e difracción de Rayos X, sendo esta última moi importante para poder estudar as interaccións tetrel dos devanditos complexos.

GARCIA SANTOS, MARIA ISABEL (Titoría)
GARCIA SANTOS, MARIA ISABEL (Titoría)
Tribunal
TOJO SUAREZ, GABRIEL (Presidente/a)
FONDO BUSTO, MARIA MATILDE (Secretario/a)
TORNEIRO ABUIN, MERCEDES (Vogal)
TOJO SUAREZ, GABRIEL (Presidente/a)
FONDO BUSTO, MARIA MATILDE (Secretario/a)
TORNEIRO ABUIN, MERCEDES (Vogal)
Preparación de medicamentos masticables con doses personalizadas de litio
Autoría
P.B.R.
Grao en Química
P.B.R.
Grao en Química
Data da defensa
11.09.2024 09:00
11.09.2024 09:00
Resumo
O trastorno bipolar é unha enfermidade mental que consiste na alteración cíclica do estado de ánimo, alternando episodios de manía e de depresión. Para o control deste trastorno, é común incluir no tratamento un estabilizador de ánimo, sendo o carbonato de litio o máis empregado. Actualmente, a comercialización deste medicamento é limitada e, en España, o único medicamento dispoñible é baixo a dose fixa de 400 mg. Debido a que se require unha monitorización continua dos niveis de litio en sangue, búscase axustar o tratamento ás necesidades de cada paciente. Para iso, destaca o recente desenvolvemento da tecnoloxía farmacéutica, principalmente respecto á impresión 3D. Coa correcta elección dos excipientes para a formulación das tintas farmacéuticas, pódense conseguir imprimidos mastigables que presentan máis vantaxes respecto aos comprimidos tradicionais. É necesario tamén adecuar as condicións de impresión a estas formulacións para conseguir boas propiedades mecánicas dos medicamentos. Estudáronse distintos excipientes e distintas condicións de impresión para incluír o fármaco, carbonato de litio, neste tipo de medicina personalizada. Realizáronse tamén, distintas probas a cada lote de acordo coas especificacións marcadas pola Farmacopea Europea (Ph. Eur.) para medir así a súa calidade como medicamentos.
O trastorno bipolar é unha enfermidade mental que consiste na alteración cíclica do estado de ánimo, alternando episodios de manía e de depresión. Para o control deste trastorno, é común incluir no tratamento un estabilizador de ánimo, sendo o carbonato de litio o máis empregado. Actualmente, a comercialización deste medicamento é limitada e, en España, o único medicamento dispoñible é baixo a dose fixa de 400 mg. Debido a que se require unha monitorización continua dos niveis de litio en sangue, búscase axustar o tratamento ás necesidades de cada paciente. Para iso, destaca o recente desenvolvemento da tecnoloxía farmacéutica, principalmente respecto á impresión 3D. Coa correcta elección dos excipientes para a formulación das tintas farmacéuticas, pódense conseguir imprimidos mastigables que presentan máis vantaxes respecto aos comprimidos tradicionais. É necesario tamén adecuar as condicións de impresión a estas formulacións para conseguir boas propiedades mecánicas dos medicamentos. Estudáronse distintos excipientes e distintas condicións de impresión para incluír o fármaco, carbonato de litio, neste tipo de medicina personalizada. Realizáronse tamén, distintas probas a cada lote de acordo coas especificacións marcadas pola Farmacopea Europea (Ph. Eur.) para medir así a súa calidade como medicamentos.
Dirección
MOREDA PIÑEIRO, ANTONIO (Titoría)
GOYANES GOYANES, ALVARO Cotitoría
MOREDA PIÑEIRO, ANTONIO (Titoría)
GOYANES GOYANES, ALVARO Cotitoría
Tribunal
Rodríguez Prieto, María de la Flor (Presidente/a)
CASTRO VARELA, GABRIELA (Secretario/a)
ABOAL SOMOZA, MANUEL (Vogal)
Rodríguez Prieto, María de la Flor (Presidente/a)
CASTRO VARELA, GABRIELA (Secretario/a)
ABOAL SOMOZA, MANUEL (Vogal)
Descifrando o misterio dos átomos na molécula
Autoría
R.S.G.
Dobre Grao en Física e en Química
R.S.G.
Dobre Grao en Física e en Química
Data da defensa
11.09.2024 09:00
11.09.2024 09:00
Resumo
A teoría cuántica de átomos en moléculas (QTAIM), desenvolvida por Richard F.W. Bader, constitúe unha poderosa ferramenta no ámbito da química teórica. Destinada á realización de análises topolóxicas, esta teoría cuántica introduce a innovación do uso da densidade electrónica, a cal permite fragmenta o espazo molecular en rexións denominadas concas atómicas. A avaliación da densidade electrónica nos puntos críticos (CPs) e o cálculo de propiedades integradas en ditas concas proporcionan respostas a distintos interrogantes, como por exemplo, o porqué da transferibilidade de propiedades electrónicas asociadas a grupos funcionais entre distintos compostos. Neste traballo presentaranse os principios teóricos de QTAIM e analizaranse diferentes sistemas químicos para relacionar as propiedades QTAIM obtidas con magnitudes e fundamentos químicos. Os resultados, obtidos de maneira computacional, dependen do nivel de cálculo empregado, caracterizado polo método de análise e polo conxunto base. Ademais de moléculas illadas, analizarase tamén o transcurso dunha reacción sigmatrópica, detallando o estado de transición (TS) e o camiño de mínima enerxía (MEP) asociados.

Novos materiais porosos para aplicacións enerxéticas e catalíticas
Autoría
P.D.C.
Dobre Grao en Física e en Química
P.D.C.
Dobre Grao en Física e en Química
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
Neste traballo obtívose, mediante procesos de síntese no medio acuoso e temperatura ambiente, nanopartículas do tipo estrutura metal orgánica (MOF) que contén Cu na súa rede: CuMI. Ou MOF caracterizouse estrutural e funcionalmente mediante Microscopia Electrónica de Varrido, Difracción de Raios X, Análises Termogravimétrico e Análises de Absorción de N2. Tras a caracterización do produto estándar estudamos a influencia dos parámetros de sínteses sobre o MOF: a concentración de estabilizante, CTAB, e o tempo de reacción; e cal é o seu efecto sobre a estrutura e tamaño do MOF. Por último, analizamos a estabilidade coloidal do MOF disolto en acetona.

VILA FUNGUEIRIÑO, JOSE MANUEL Cotitoría
TABOADA ANTELO, PABLO (Titoría)
VILA FUNGUEIRIÑO, JOSE MANUEL Cotitoría
Tribunal
Varela Cabo, Luis Miguel (Presidente/a)
PARAJO VIEITO, JUAN JOSE (Secretario/a)
ARMESTO PEREZ, NESTOR (Vogal)
Varela Cabo, Luis Miguel (Presidente/a)
PARAJO VIEITO, JUAN JOSE (Secretario/a)
ARMESTO PEREZ, NESTOR (Vogal)
Materiais porosos a base de estruturas metal orgánicas (MOFs) para aplicacións enerxéticas e catalíticas
Autoría
P.D.C.
Dobre Grao en Física e en Química
P.D.C.
Dobre Grao en Física e en Química
Data da defensa
15.07.2024 09:00
15.07.2024 09:00
Resumo
Neste traballo obtivéronse, a través de procesos de sínteses no medio acuoso e temperatura ambiente, nanopartículas de dous tipos de estruturas metal orgánicas (MOFs) que conteñen Cu na súa rede: Cu3(HITP)2 e CuMI. Ambos os tipos de MOFs caracterizáronse estrutural e funcionalmente mediante Microscopía Electrónica de Varrido, Difracción de Raios X, Espectroscopía UV Vis, Análise Termogravimétricos e Análise de Absorción de N2 de Brunauer Emmet Teller (BET). Ambos os MOF comparáronse para determinar o seu potencial en aplicacións catalíticas. No caso Cu3(HITP)2 obtivéronse nanopartículas dun tamaño inferior a 100nm mentres que para o CuMI o rango de tamaños é superior a 130nm. Ademais, a porcentaxe de masa correspondente ao ligando orgánico é superior (45 %) no Cu3(HITP)2 cun proceso de degradación máis gradual. En particular, para o MOF Cu3(HITP)2 púidose determinar unha estrutura ortorrómbica cun volume de cela de 4.83nm3. Aínda que ambos os MOFs presentan tamaños de poro moi similares, próximos a 2nm, a área superficial dispoñible no Cu3(HITP)2 é o dobre, o cal suxire que este composto tería un maior potencial en aplicacións de catálisis.

VILA FUNGUEIRIÑO, JOSE MANUEL (Titoría)
TABOADA ANTELO, PABLO Cotitoría