Ir o contido principal
STG

TFG

Os Graos conclúen coa elaboración e defensa dun Traballo de fin de grao que deberá realizarse na fase final dos estudos e estará orientado á avaliación das competencias asociadas ao título.

O TFG consistirá na elaboración dun traballo académico orixinal no que se integren e desenvolvan os coñecementos, capacidades, competencias e habilidades adquiridos durante os estudos realizados nas titulacións de grao e incluirá, como mínimo, tarefas de busca e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, redacción, presentación e defensa.

Para ter dereito á titorización do TFG previamente debedes estar matriculados/as no curso académico correspondiente (o calendario está dispoñible na páxina web)

Están colgados os prazos para solicitar unha proposta de TFG (modalidade A), e a prórroga do TFG do ano anterior (modalidade B). Os prazos son improrrogables, non se admitirá ningunha solicitude fóra de prazo. 

Deberedes entregar a solicitude debidamente cumprimentada e asinada polo/a alumno/a e o titor/a na secretaría da Facultade.

O alumnado que non solicite nos prazos establecidos (modalidade A e B) deberá acollerse á modalidade C (oferta de TFG que realice o centro) e que deberán solicitar por escrito no prazo establecido. A oferta de TFG  do centro estará publicada (ver calendario do curso).

No caso en que non se solicite ningunha das modalidades (A, B ou C) asignarase un TFG de oficio entre os que queden libres da oferta que realice o centro.

prazo de solicitude e defensa dos TFG/TFM (ver calendarios publicados). O alumnado interesado na presentación deberá facer unha solicitude a través da súa secretaría virtual, seguindo todos os pasos incluídos no procedemento tales como:

  • Ir o menú Secretaría, caixa TFG/TFM, “Solicitude de defensa de TFG/TFM".
  • No prazo establecido solicitar a defensa cubrindo o formulario.
  • Subir o TFG/TFM (nun único documento, preferiblemente en pdf).
  • Deberá introducir o título do traballo nos tres idiomas (galego, español e Inglés) (non escribir só con maiúsculas).
  • Cubrir un formulario para a publicación do traballo.

Este proceso permite un acuse de recibo. Calquera que teña algún problema informático coa súa solicitude deberá poñerse en contacto co CAU (Centro Atención a Usuarios): cau [at] usc.es (cau[at]usc[dot]es).

NON É NECESARIO PRESENTAR NINGÚN EXEMPLAR IMPRESO DO TFG, NIN FACER NINGUNHA OUTRA SOLICITUDE EN PAPEL NO DECANATO

EN CONCLUSIÓN: a presentación debe realizarse a través da secretaría virtual EXCLUSIVAMENTE

Para calquera consulta: Decanato de Facultade de Relacións Laborais, relacionslaborais.decanato [at] usc.gal (relacionslaborais[dot]decanato[at]usc[dot]gal) e no teléfono 881815126.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.09.2024.