Ir o contido principal
STG

Políticas de calidade

A Facultade de Relacións Laborais desenvolve a súa política de calidade a través do seu plan estratéxico, o plan anual de melloras e a memoria anual de calidade.

A Facultade quere ser recoñecida no contexto universitario e social por desenvolver programas formativos que garantan a mellor e máis adecuada formación para os seus estudantes, que dean resposta ás demandas do mercado laboral, tecnolóxico e investigador, que garantan as condicións de desenvolvemento profesional axeitadas ao seu persoal docente, investigador e de servizos e que renda contas do investimento e a optimización dos seus recursos.

Esta Facultade, así mesmo, dirixe os seus esforzos cara á plena consecución da satisfacción das necesidades e expectativas de todos os seus grupos de interese e, co fin de satisfacelos, comprométese a empregar todos os recursos técnicos, económicos e humanos á súa disposición, sempre dentro do estrito cumprimento dos requisitos legais aplicables, tanto a nivel autonómico como estatal e europeo.

O Sistema de Garantía de Calidade da Facultade de Relacións Laborais a todas as titulacións oficiais impartidas nela e das que é responsable, tanto de grao como de máster universitario. Así mesmo, alcanza a todas as persoas (alumnado, persoal docente e de apoio) vinculadas a el. 

En conxunto, o SGC da Facultade contempla o deseño da oferta formativa, a avaliación e a revisión do seu desenvolvemento, así como a toma de decisións para a mellora continua. Así mesmo, recolle a planificación dos obxectivos a acadar, de acordo coa estratexia da universidade e da propia facultade, e a revisión periódica do funcionamento do sistema, en orde a garantir a súa utilidade para todos os grupos de interese.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.02.2021.