Ir o contido principal
STG

TFM

Os Másteres conclúen coa elaboración e defensa pública dun Traballo Fin de Máster que deberá realizarse na fase final dos estudos e estará orientado á avaliación das competencias asociadas ao título.

O Traballo de fin de máster (TFM) ten por obxectivo a elaboración dun exercicio integrador ou de síntese que permita aplicar os coñecementos adquiridos nas materias do Máster de modo que está vinculado a ás súas áreas de coñecemento.

O TFM será exposto unha vez que se teña superado o resto das materias do Máster.

Traballos de Fin de Máster 

Para ter dereito á titorización do TFM previamente debedes estar matriculados/as no curso académico correspondiente (o calendario está dispoñible na páxina web)

Están colgados os prazos para solicitar unha proposta de TFM (modalidade A), e a prórroga do TFM do ano anterior (modalidade B). Os prazos son improrrogables, non se admitirá ningunha solicitude fóra de prazo 

Deberedes entregar a solicitude debidamente cumprimentada e asinada polo/a alumno/a e o titor/a na Secretaría da Facultade.

O alumnado que non solicite nos prazos establecidos (modalidade A e B) deberá acollerse á modalidade C (oferta de TFM que realice o centro) e que deberán solicitar por escrito no prazo establecido. A oferta de TFM  do centro estará publicada (ver calendario do curso).

No caso en que non se solicite ningunha das modalidades (A,B ou C) asignarase un TFM de oficio entre os que queden libres da oferta que realice o centro.

  

prazo de solicitude e defensa dos TFG/TFM (ver calendarios publicados). O alumnado interesado na presentación deberá facer unha solicitude a través da súa secretaría virtual, seguindo todos os pasos incluídos no procedemento tales como:

  • Ir o menú Secretaría, caixa TFG/TFM, “Solicitude de defensa de TFG/TFM.
  • No prazo establecido solicitar a defensa cubrindo o formulario.
  • Subir o TFG/TFM (nun único documento, preferiblemente en pdf).
  • Deberá introducir o título do traballo nos tres idiomas (galego, español e Inglés) (non escribir só con maiúsculas).
  • Cubrir un formulario para a publicación do traballo.

Este proceso permite un acuse de recibo. Calquera que teña algún problema informático coa súa solicitude deberá poñerse en contacto co CAU (Centro Atención a Usuarios): cau [at] usc.es (cau[at]usc[dot]es).

NON É NECESARIO PRESENTAR NINGÚN EXEMPLAR IMPRESO DO TFM, NIN FACER NINGUNHA OUTRA SOLICITUDE EN PAPEL NO DECANATO

En conclusión, a presentación debe facerse a través da secretaría virtual EXCLUSIVAMENTE

Para calquera consulta: Decanato de Facultade de Relacións Laborais, relacionslaborais.decanato [at] usc.gal (relacionslaborais[dot]decanato[at]usc[dot]gal) ou no teléfono 881815126.

 

Coordinación TFM

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.10.2024.