Ir o contido principal
STG

Máster Universitario en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións e Psicoloxía Xurídica-Forense

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias Sociais e Xurídicas
Ámbito de coñecemento
Ciencias del comportamiento y psicología.
Centro(s)
Facultade de Relacións Laborais
Avda. Dr. Ángel Echeverri, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881815125 (Conserxaría)
881815126 (Decanato)
relacionslaborais.decanato [at] usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
Inmaculada Otero Moral

Este máster ten como finalidade a formación especializada orientada ao exercicio profesional e investigador cun nivel de excelencia, nos ámbitos da Psicoloxía do Traballo e das Organizacións e da Psicoloxía Xurídica-Forense.

Duración: 1 ano académico
Código RUCT: 4317014
Número de ECTS: 60
Número prazas: 27

Decano/a ou director/a do centro:
JESUS FERNANDO SALGADO VELO

Coordinador-a do título:
Inmaculada Otero Moral

Linguas de uso:
Castelán, Galego

Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela

Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
Orde do 5/08/2019 (DOG do 14/08/2019)

Data de publicación no BOE:
8/07/2020

Data da última acreditación:
05/06/2019

O master permite unha rigurosa formación de profesionais e investigadores mozos en Psicoloxía do Traballo e Organizacións e Psicoloxía Xurídica e Forense que lles permite adaptarse a novos retos, problemas e actividades que poidan xurdir no futuro e garantir unha substitución xeracional, que fortalecen a sostibilidade do desenvolvemento da investigación e da formación neste campo.

O obxectivo desta titulación é a formación especializada destinada a prácticas profesionais e de investigación cun nivel de excelencia nos campos da Psicoloxía do traballo e das organizacions. Psicoloxía xurídica e Psicoloxía forense.

Condicións de terminación:

Obrigatorias: 24
Optativas: 24
Traballo fin de máster: 12
Total: 60

Este mestrado estrutúrase en dúas especialidades:

-Especialidade en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións
-Especialidade en Psicoloxía Xurídica-Forense

O alumno/a deberá cursar obrigatoriamente unha das dúas especialidades, para o cal deberá superar 24 créditos optativos do módulo da súa especialidade.

Tamén pode obter as dúas especialidades. Neste caso deberá superar 24 créditos optativos de cada especialidade e presentar un traballo fin de máster por cada unha delas.

Traballo fin de máster: Esp. Psicoloxía do Traballo e as Organizacións

  • P3421105
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Traballos Fin de Grao e Máster
  •  
  • 12 créditos

Metodoloxía avanzada en investigación social

  • P3421201
  •  
  • Optativo
  •  
  • Anual
  •  
  • 6 créditos

Auditoria de recursos humanos, relacións laborais e modelos de excelencia

  • P3421202
  •  
  • Optativo
  •  
  • Anual
  •  
  • 6 créditos

Selección e avaliación de recursos humanos

  • P3421203
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 6 créditos

Formación e desenvolvemento de recursos humanos e xestión da diversidade nas relacións laborais

  • P3421204
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 6 créditos

Avaliación de riscos psicosociais e saúde ocupacional

  • P3421205
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 6 créditos

Análise e avaliación de postos

  • P3421206
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 6 créditos

Psicoloxía Económica

  • P3421207
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Psicoloxía dos comportamentos contraprodutivos e desviados no traballo

  • P3421208
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Prácticas externas de psicoloxía do traballo, recursos humanos e relacións laborais

  • P3421209
  •  
  • Optativo
  •  
  • Prácticas en Empresas de Grao e Máster
  •  
  • 6 créditos

Traballo fin de máster: Esp. Psicoloxía Xurídica-Forense

  • P3421106
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Traballos Fin de Grao e Máster
  •  
  • 12 créditos

Metodoloxía avanzada en investigación social

  • P3421201
  •  
  • Optativo
  •  
  • Anual
  •  
  • 6 créditos

Intervención en psicoloxía xurídica e forense

  • P3421210
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 6 créditos

Psicoloxía xurídica e Forense do menor e da familia

  • P3421211
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 6 créditos

Psicoloxía xurídica e forense no ámbito penal

  • P3421212
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 6 créditos

Psicoloxía xurídica e forense en los ámbitos civil e social

  • P3421213
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Prácticas externas xurídico - forenses

  • P3421214
  •  
  • Optativo
  •  
  • Prácticas en Empresas de Grao e Máster
  •  
  • 9 créditos

É recomendábel que o estudante posúa as seguintes características persoais e académicas:

- Compromiso social.
- Compromiso ético.
- Curiosidade científica.
- Capacidade de análise.
- Capacidade de resolución de problemas e toma de decisións.
- Competencia en ferramentas informáticas e manexo de bases de datos.
- Habilidade para as relacións interpersonais.
- Constancia e responsabilidade no traballo.
- Capacidade de traballo en equipo.

Condicións de terminación:

Obrigatorias: 24
Optativas: 24
Traballo fin de máster: 12
Total: 60

O coordinador/a do mestrado é responsábel do proceso de asignación de titores a cada estudante admitido. Os devanditos titores realizarán un labor continuado de orientación ao/á estudante en todas as continxencias que poidan xurdir ao longo da súa etapa formativa. A comisión académica resolverá as incidencias que se produzan neste proceso, a petición do alumno ou do profesor. Esta encomenda conta tamén co apoio do persoal de administración e servizos do centro.

Por outro lado, o mestrado desenvolverá a súa propia actividade de presentación e acollida dos/as novos/as estudantes no inicio de cada curso académico cunha sesión, esencialmente a cargo da persoa coordinadora do mestrado, en que informará os/as estudantes sobre os obxectivos principais do título, as competencias e destrezas que deben ser atinxidas durante o seu curso ou sobre as prácticas e o traballo de fin de máster en función de cada especialidade. Informarase tamén nesta sesión sobre os servizos de apoio á docencia (Campus Virtual, Biblioteca, recursos informáticos e de tecnoloxías da comunicación) e ás xestións académicas (servizos administrativos do centro e xerais; estrutura de dirección académica da facultade).

O vicerreitorado con competencias en estudantes da USC realiza accións informativas (ben presenciais nos centros docentes, ou ben a través das TIC) que se desenvolven na primeira quincena do curso académico en todos os centros universitarios para dar a coñecer os recursos e servizos de carácter xeral de que dispón a universidade.

A USC conta tamén con outros recursos de apoio para os/as estudantes, tais como a reserva de prazas nas residencias universitarias, ou o Programa de Atención a Estudantes Extracomunitarios (PATEX) do Vicerreitorado con competencias en internacionalización, a través do cal realízanse tarefas de acompañamento dirixidas á integración na cidade e na universidade dos/as estudantes procedentes doutros países.

Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con:

  • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación.
  • A supresión gradual da impartición da docencia.
  • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.

Acceso

Para acceder aos ensinos oficiais de Máster será necesario estar en posesión de:
A.1. Un título universitario oficial español.
A.2. Un título expedido por unha institución de educación superior pertencente a outro Estado integrante do Espazo Europeo de Educación Superior que faculte no mesmo para o acceso a ensinos de Máster.
A.3. Un título pertencente a un sistema educativo alleo ao Espazo Europeo de Educación, previa comprobación pola Universidade de que o citado título acredita un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinos de posgrao.
A.4. Un título superior das Ensinanzas Artísticas Superiores do sistema educativo español.

Admisión

Modalidade: Criterios específicos

Titulacións por orde de preferencia.

1) Titulados en Psicoloxía e Relacións Laborais e Recursos Humanos

2) Titulados en Xestión e Dirección Laboral,Dereito, Ciencias do Traballo, Socioloxía, Ciencias Políticas e da Administración, Administración e Dirección de Empresas, Psicopedagoxía, Criminoloxía, Pedagoxía; titulacións afíns a xuízo da Comisión Académica e outras que cursasen 20 ECTS de psicoloxía relacionados co título.

Os alumnos procedentes de países de lingua diferente ao galego, portugués ou español deberán acreditar o nivel de lingua galega: Celga II, ou española: B1, consonte o Acordo do Consello de Goberno da USC do 30 de xullo de 2018.
De non posuíren algún dos títulos, a USC realizaralles unha proba de nivel e, de non superala, deberán asistir a un curso intensivo de galego ou español no primeiro semestre até acadaren o nivel requirido.

Criterios de selección:

1 Expediente académico: 60%
2 Coñecemento de linguas (inglés, francés, outros...): 5%
2 Experiencia profesional: 15%
3 Experiencia investigadora: 15%
4 Outros (idiomas, outras titulacións afíns, etc.): 5%

Modalidade: Criterios específicos

Titulacións por orde de preferencia.

1) Titulados en Psicoloxía e Relacións Laborais e Recursos Humanos

2) Titulados en Xestión e Dirección Laboral,Dereito, Ciencias do Traballo, Socioloxía, Ciencias Políticas e da Administración, Administración e Dirección de Empresas, Psicopedagoxía, Criminoloxía, Pedagoxía; titulacións afíns a xuízo da Comisión Académica e outras que cursasen 20 ECTS de psicoloxía relacionados co título.

Os alumnos procedentes de países de lingua diferente ao galego, portugués ou español deberán acreditar o nivel de lingua galega: Celga II, ou española: B1, consonte o Acordo do Consello de Goberno da USC do 30 de xullo de 2018.
De non posuíren algún dos títulos, a USC realizaralles unha proba de nivel e, de non superala, deberán asistir a un curso intensivo de galego ou español no primeiro semestre até acadaren o nivel requirido.

Criterios de selección:

1 Expediente académico: 60%
2 Coñecemento de linguas (inglés, francés, outros...): 5%
2 Experiencia profesional: 15%
3 Experiencia investigadora: 15%
4 Outros (idiomas, outras titulacións afíns, etc.): 5%

- Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
- Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
- Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
- Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüedades,
- Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo.

1º- Que os alumnos adquiran as competencias e habilidades necesarias para o desenvolvemento das funcións de avaliación e intervención psicolóxica no ámbito do traballo e as organizacións e xurídica-forense
2º- Que adquiran os coñecementos, a un nivel avanzado, que definen a Psicoloxía do Traballo e das Organizacións e a Psicoloxía Xurídica-Forense, incluíndo as súas teorías, métodos e subáreas de aplicación
3º- Que estean capacitados para tomar decisións dun modo crítico sobre a aplicación e interpretación dos resultados derivados dos procedementos de avaliación e intervención psicolóxica social e forense, así como sobre a conduta humana laboral
4º- Que os alumnos adquiran habilidades e manexen técnicas para a investigación avanzada nos campos da Psicoloxía do Traballo e as Organizacións e da Psicoloxía Xurídica-Forense
5º- Que mostren interese pola aprendizaxe autónoma e continuada, así como pola actualización dos seus coñecementos nos ámbitos da Psicoloxía do Traballo e as Organizacións e da Psicología Xurídica-Forense.
6º- Que saiban orientar a súa actuación profesional a partir do respecto e a consideración dos principios e valores propios da Psicoloxía Xurídica-Forense e Psicoloxía do Traballo e das Organizacións, así como do Código Deontolóxico da profesión.
7º- Que saiba orientar a súa actuación investigadora e profesional a partir do respecto e promoción dos dereitos fundamentais e dos valores propios dunha cultura de paz.
8º- Que os alumnos adquiran habilidades e manexen técnicas para a investigación avanzada nos campos da Psicoloxía do Traballo e as Organizacións e da Psicoloxía Xurídica-Forense

- Ser capaz de elaborar proxectos de intervención nos diversos ámbitos da Psicoloxía do Traballo e as Organizacións e da Psicoloxía Xurídica e Forense
- Ser capaz de establecer as metas da actuación psicolóxica nos contextos organizacional e forense
- Coñecer a un nivel avanzado as diferentes técnicas e ferramentas necesarias para poder entender, medir e/ou solucionar situacións e problemas laborais como conflitos, toma de decisións, satisfacción laboral, clima organizacional, etc.)
- Ser capaz de realizar avaliación psicolóxica e forense nos niveis individual, grupal e comunitario, discriminándoa da avaliación e diagnóstico clínico
- Ser capaz de resolver de problemas psicolóxicos forenses en contextos complexos
- Saber redactar e elaborar informes periciais en todos os ámbitos de intervención na Sala de Xustiza (penal, civil, laboral, menores, etc.)
- Manexar recursos de negociación e mediación para a resolución de conflitos e problemas psicoxurídicos
- Coñecer e asumir as limitacións da avaliación e actuación en Psicoloxía Forense e Psicoloxía das Organizacións, axustándose aos requirimientos deontolóxicos e os estándares internacionais (p.e., APA, SIOP, EFPA)
- Ser capaz de interpretar e valorar a calidade das investigacións que se producen na Psicoloxía do Traballo e as Organizacións e na Psicoloxía Xurídica-Forense e a poboación xeral, os resultados das diferentes fases do proceso de avaliación e intervención.
- Saber levar a cabo avaliacións de risco, reincidencia, de prognóstico de rehabilitación e reinserción social, e permisos penitenciarios
- Saber detectar grupos vulnerábeis ou que mostren risco de exclusión social derivado de problemas sociais específicos

- Que saiba orientar a súa actuación investigadora e profesional a partir do respecto e promoción dos dereitos fundamentais e dos valores propios dunha cultura de paz.
- Capacidade para o traballo en equipo e a colaboración con outros profesionais.
- Capacidade para a aprendizaxe autónoma.
- Habilidade para as relacións interpersonais, respectando as normas básicas de convivencia, os dereitos fundamentais e os valores democráticos.
- Mostrar interese pola aprendizaxe continuada e pola actualización dos seus coñecementos.
- Capacidade de análise e síntese. Saber analizar, sintetizar e resumir a información recibida.
- Capacidade de resolución de problemas e toma de decisións.
- Adaptarse a novas situacións. Transferencia e uso flexíbel do coñecemento.
- Capacidade crítica. Ter capacidade para valorar e discutir o propio traballo
- Compromiso ético

Mobilidade

A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

Portal Internacional

Prácticas

O alumno/a poderá cursar optativamente até un total de 6 créditos en prácticas externas vinculadas á especialidade no ámbito do traballo e as organizacións ou 9 créditos á especialidade xurídica-forense. Estas prácticas posibilitan o desenvolvemento de modos de facer propios do exercicio profesional nestes perfís profesionais.

Para realizar as prácticas será necesario superar a totalidade dos créditos obrigatorios estabelecidos no plan de estudos.

As condicións dos convenios con entidades externas para realizar das prácticas inclúen o requisito de a tutorización ser realizada por un responsábel de recursos humanos ou un psicólogo/a que realice funcións xurídicas, que actuará como titor externo dos/as estudantes en prácticas, durante o seu período de permanencia no centro, acompañado dunha comisión de seguimiento encargada do desenvolvemento ordinario do convenio e de resolver as incidencias que poidan producirse. A comisión académica do mestrado estabelecerá, en función do itinerario de prácticas, un estándar de calidade (persoal titulado e especializado, medios materiais en función do itinerario de prácticas, servizos e medios materiais de que debe dispoñer, etc,) das entidades e centros colaboradores, que garanta ao alumno/a do mestrado unha adecuada formación.

O alumno deberá realizar un TFM individual cunha asignación de 12 créditos. Este suporá a realización dun proxecto ou estudo en que se aplique e desenvolvan os coñecementos adquiridos no mestrado. Para presentar o traballo de fin de máster será requisito superar a totalidade dos créditos obrigatorios estabelecidos no plan de estudos.

O TFM deberá permitir avaliar os coñecementos e capacidades adquiridas polos estudantes nos ámbitos de coñecemento do mestrado, atendendo á especialización profesional, ou ben a promover a iniciación en tarefas investigadoras.

Será dirixido por un membro do equipo docente do mestrado, que exercerá como titor/a. Todas as continxencias derivadas do desenvolvemento e avaliación desta materia deberán guiarse pola normativa aplicábel, e na súa ausencia, polas directrices que emanen da comisión académica do mestrado.

O profesorado do Máster está composto por profesores con ampla experiencia docente, investigadora, así como profesional e en transferencia de coñecemento.

Indicador

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

Oferta

IN01
Prazas ofertadas

Número de prazas ofertadas para cada curso académico.

Info da escala: Número enteiro

25,0

25,0

25,0

27,0

Matrícula

IN02
Matrícula

Número de estudantes matriculados nun curso académico sen contabilizar aos estudantes de programas de mobilidade incoming.

Info da escala: Número enteiro

24,0

37,0

38,0

32,0

IN03
Matrícula de acceso

Número de estudantes que se matriculan nun plan de estudos por primeira vez. Inclúe ao alumnado que traslada o seu expediente, que accede por validación parcial de estudos estranxeiros ou que se adapta desde plans en extinción.

Info da escala: Número enteiro

24,0

31,0

24,0

25,0

IN04
Matrícula de novo ingreso por preinscrición

Número de estudantes que se matriculan no primeiro curso dun plan de estudos por primeira vez, é dicir, sen contar aos estudantes que acceden a través de validación parcial de estudos estranxeiros, traslados ou adaptacións desde plans en extinción.

Info da escala: Número enteiro

24,0

31,0

24,0

25,0

IN05
Variación da matrícula de novo ingreso por preinscrición

Taxa de variación relativa da matrícula de novo ingreso por preinscrición.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

29,17

-22,58

-

Perfil de entrada

IN06
Nota media de acceso por preinscrición

Nota media de acceso por preinscrición dos estudantes que inician estudos. Determina o perfil de entrada.

Info da escala: Número racional con dous decimais. O rango vai desde 0 ata o valor máximo que se pode obter en cada curso académico para a preinscrición (algúns valores históricos foron 10,00 puntos, 12,00 puntos ou 14,00 puntos).

7,7698

7,6694

7,6986

7,9225

IN08
Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre matriculados

Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre estudantes matriculados, sen contabilizar aos estudantes matriculados en programas de mobilidade incoming.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

12,5

16,22

0,0

6,25

IN09
Porcentaxe de estudantes nacionais de fóra de Galicia sobre matriculados

Porcentaje de estudiantes nacionales de fuera de Galicia sobre estudiantes matriculados, sin contabilizar los estudiantes matriculados en programas de movilidad incoming.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

25,0

43,24

55,26

34,38

IN13
Porcentaxe de matriculados que son titulados da USC

Número de estudantes matriculados no máster que son egresados da USC.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

40,54

31,58

56,25

Adecuación á demanda

IN12
Tasa de ocupación

Número de estudantes de novo ingreso por preinscrición dividido entre as prazas ofertadas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

96,0

124,0

96,0

92,59

Indicador

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

Mobilidade allea

IN18
Porcentaxe de estudantes recibidos pola USC de programas de mobilidade sobre o total de matriculados

Número de estudantes recibidos na USC nesa titulación procedentes doutras universidades (programas de mobilidade) dividido entre o número de estudantes matriculados no título.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

Indicador

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

IN22
Porcentaxe de estudantes egresados nun curso académico que ao longo dos seus estudos realizou as prácticas en empresas e institu

Relación porcentual entre os egresados dun título nun curso académico que ao longo dos seus estudos realizaron prácticas en empresas e institucións, sobre o total de estudantes egresados nese título e nese mesmo curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

75,0

96,67

95,24

100,0

Indicador

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

Abandono

IN41
Taxa de abandono RD 1393/2007

Relación porcentual entre os estudantes dunha cohorte de novo ingreso que deberon obter o título no ano académico anterior e que non se matricularon nin nese curso académico nin no anterior.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

0,0

3,23

8,33

Avaliación

IN36
Taxa de avaliación

Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios aos que se presentaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

98,32

96,77

92,71

95,0

Duración media dos estudos

IN38
Duración media dos estudos

Duración media (en anos) na que os estudantes tardan en superar os créditos correspondentes ao plan de estudos.

Info da escala: Número racional con dous decimais

1,0

1,0667

1,1905

1,2083

Eficiencia dos titulados

IN53
Taxa de eficiencia (rendemento dos egresados

Relación porcentual entre o número total de créditos que superou un estudante ao longo da titulación na que egresou e o número total de créditos nos que se matriculou.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

98,82

96,09

96,46

Estudantes por grupo

IN55
Media de alumnos matriculados en materias obrigatorias e de formación básica por grupo de teoría (expositivas)

Relación entre o número de alumnos matriculados en materias obrigatorias materias de formación básica e o número de grupos de teoría desas materias.

Info da escala: Número racional con dous decimais

23,75

31,0

24,0

25,0

IN56
Media de alumnos matriculados en materias optativas por grupo de teoría (expositivas)

Relación entre o número de alumnos matriculados en materias optativas e o número de grupos de teoría desas materias.

Info da escala: Número racional con dous decimais

8,2

13,7

10,2

8,7

Éxito

IN35
Taxa de éxito

Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios que superaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios aos que se presentaron.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

99,64

99,62

IN50
Taxa de éxito dos egresados

Relación porcentual entre o número total de créditos que superou un estudante ao longo da titulación na que foi egresado e o número total de créditos aos que se presentou.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

98,71

99,59

Graduación

IN37
Taxa de graduación

Relación porcentual entre os estudantes que finalizaron os estudos no tempo previsto no plan de estudos ou nun ano académico máis e a súa cohorte de ingreso. Amosa información sobre o grao de eficacia do alumnado e da institución con relación á súa actividade académica.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

91,3

96,77

91,67

Rendemento

IN34
Taxa de rendemento

Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios que superaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios en que se matricularon.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

98,32

96,77

92,38

94,64

Satisfacción

IN19
Satisfacción dos estudantes coas prácticas externas

Valoración media da enquisa de satisfacción dos estudantes coas prácticas externas.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

-

4,4107

4,56

4,4444

IN20
Satisfacción dos titores profesionais coas prácticas externas

Valoración media da enquisa de satisfacción dos titores profesionais coas prácticas externas.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

-

4,33

5,0

4,31

IN42
Grao de satisfacción xeral dos egresados coa titulación

Valoración media das preguntas relativas á satisfacción coa titulación da enquisa de egresados.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

-

3,26

3,55

4,45

IN46
Satisfacción do alumnado coa docencia recibida

Valoración media da enquisa de satisfacción do alumnado coa docencia recibida.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

4,6

4,55

3,92

3,4

IN47
Satisfacción do profesorado coa docencia impartida

Valoración media da enquisa de satisfacción do profesorado coa docencia impartida.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

5,0

4,7532

4,6923

4,8214

IN48
Taxa de resposta na enquisa de satisfacción

Porcentaxe de resposta na enquisa de satisfacción por parte do alumnado.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

48,0

34,2857

36,3636

10,7143

Indicador

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

IN24
Porcentaxe de Persoal Docente e Investigador (PDI) con sexenios

Relación porcentual entre o PDI con sexenios e o PDI total con docencia no título e que pode ter sexenios

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

92,31

100,0

IN25
Porcentaxe de PDI doutor sobre o PDI total

Relación porcentual entre o PDI doutor e o PDI total con docencia no título.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

93,33

IN26
Porcentaxe de PDI funcionario sobre o PDI total

Relación porcentual entre o PDI funcionario e o PDI total con docencia no título.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

76,92

73,33

78,57

60,0

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.04.2022.