Efecto ascaricida de los hongos saprófitos Clonostachys rosea y Trichoderma atrobrunneum
Autoría
A.D.V.
Grao en Veterinaria
A.D.V.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
Hoy en día, debido a la creciente dificultad para el control de Ascaris suum en explotaciones de porcino, junto con la pérdida económica que provoca por el decomiso de hígados y el menor crecimiento de los lechones, es necesaria la búsqueda de un método de control y prevención alternativo a los fármacos. Una opción esperanzadora podría encontrarse en el control biológico, mediante el uso de hongos saprófitos, que resolvería también el problema de las resistencias a las diferentes familias de fármacos antiparasitarios. En el presente estudio se analizó el efecto de los hongos como Clonostachys rosea y Trichoderma atrobrunneum sobre los huevos del nematodo. Para ello, se pusieron en contacto 19500 huevos del parásito y esporas de los hongos durante 45 días. Para comprobar la viabilidad y el funcionamiento del experimento durante el mismo, se realizaron cinco observaciones (días 0, 12, 25, 35 y 43 de exposición), valorando la morfología y el grado de desarrollo de los huevos. De este modo, se estableció que el hongo C. rosea realizaba un efecto ovistático durante este intervalo, que consistía en inhibir el desarrollo de los huevos, permaneciendo éstos viables pero sin embrionar. En cambio, T. atrobrunneum mostró un cierto efecto ovicida durante todo el experimento y efecto ovistático reversible hasta el día 35 de experimento, y a partir de ese momento, aumentó el porcentaje de huevos viables desarrollados. Estos resultados indican que la utilización de estos hongos saprófitos podría constituir una buena alternativa para la prevención de A. suum en explotaciones de porcino.

Dirección
PAZ SILVA, ADOLFO (Titoría)
HERNANDEZ MALAGON, JOSE ANGEL Cotitoría
PAZ SILVA, ADOLFO (Titoría)
HERNANDEZ MALAGON, JOSE ANGEL Cotitoría
Tribunal
SAINZ OSES, MARIA JESUS (Presidente/a)
DÍAZ FERNÁNDEZ, PABLO (Secretario/a)
SANCHEZ QUINTEIRO, PABLO (Vogal)
SAINZ OSES, MARIA JESUS (Presidente/a)
DÍAZ FERNÁNDEZ, PABLO (Secretario/a)
SANCHEZ QUINTEIRO, PABLO (Vogal)
Protocolos de inmobilización en Ursus arctos
Autoría
C.P.R.
Grao en Veterinaria
C.P.R.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
16.02.2024 09:30
16.02.2024 09:30
Resumo
O oso pardo (Ursus arctos) en España é unha especie ameazada que nas últimas décadas experimentou un notable proceso de recuperación da súas poboacións. Por este motivo é necesario contar con ferramentas que nos permitan xestionar de forma correcta estas poboacións para que a convivencia co ser humano sexa adecuada. Tendo isto en conta, o obxectivo deste traballo é expoñer os principais protocolos de sedación en Ursus arctos atopados na bibliografía, aptos para realizar intervencións en campo, especialmente para a implantación de colares localizadores, unha práctica cada vez más habitual no noso territorio para a xestión da especie. Antes de realizar sedacións ou tranquilizacións cómpre destacar tamén a importancia do método de captura empregado e das consecuencias que pode ter o uso duns ou doutros, tanto para o animal como para o éxito da sedacións, facendo fincapé nas vantaxes e desvantaxes intrínsecas de cada un. Na actualidade algunhas combinacións, como aquelas que inclúen ketamina, están en desuso en favor daquelas que mesturan tiletamina-zolacepam (TZ) con agonistas adrenérxicos alfa-2, como medetomidina, dexmedetomidina, xilacina e detomidina. A fiabilidade destes protocolos é adecuada segundo a bibliografía, pero neste traballo analízanse diferentes parámetros como son os efectos secundarios, a dispoñibilidade de solucións comercias de concentracións elevadas, existencia de antagonistas ou mesmo o custo, que fan que algúns deles poidan ser mellores candidatos que outros e que logren sedacións máis balanceadas.

GONZALEZ CANTALAPIEDRA, ANTONIO (Titoría)
Valiño Cultelli, María Victoria Cotitoría

RODRIGUEZ NUÑEZ, EUGENIO ANSELMO (Presidente/a)
VARELA LOPEZ, OSCAR (Secretario/a)
FRANCO ABUIN, CARLOS MANUEL (Vogal)

Busca de novos fenotipos correlacionados coa fertilidade en xovencas Holstein
Autoría
L.V.D.
Grao en Veterinaria
L.V.D.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
17.07.2024 09:00
17.07.2024 09:00
Resumo
A distancia anoxenital (DAX) constitúe un marcador do grao de exposición prenatal aos andróxenos en varias especies. Na especie bovina, definiuse como a distancia que separa o centro do ano e a base do clítoris (DAXc) ou a comisura dorsal da vulva (DAXv), así como o índice anoxenital, definido como (DAXv)/DAXc)*100. Algunhas investigacións suxeriron que existe unha asociación inversa entre a DAX e a fertilidade. Por iso, dadas as súas elevadas repetibilidade e herdabilidade, esta medida podería ser unha boa candidata a fenotipo reprodutivo. Ademais, outros estudos observaron que a exposición prenatal a andróxenos podería influír na fertilidade ao repercutir no desenvolvemento de folículos primordiais e o tamaño da reserva ovárica. Por todo isto, o obxectivo principal do presente traballo foi determinar a utilidade da DAX e das concentracións séricas da hormona Anti-Müller (HAM), marcador indirecto da poboación folicular, como preditores do futuro potencial reprodutivo de femias bovinas de raza Holstein. Realizouse unha única medida de DAXv en 121 xovencas Holstein, mentres que a DAXc se mediu en 566 femias de diferentes ganderías da Coruña e Lugo. Ademais, a un grupo de 172 femias realizóuselle unha segunda medida de DAXc 9 meses despois da primeira. A eficiencia reprodutiva destas femias avaliouse mediante a idade á 1ª inseminación (Idade 1ª IA), número de inseminacións necesarias para lograr a xestación, idade no momento de iniciar a primeira xestación (Idade Xest), idade ao primeiro parto (Idade Parto), intervalo parto-xestación (Int PX) e intervalo entre partos (Int PP). Doutra banda, recolléronse mostras de sangue de 80 xovencas para determinar a concentración de HAM. A DAXc (valor medio de 101,86 mm +- 14,36) incrementouse en 9 meses tan só 0,051 mm, e observouse unha correlación estatisticamente significativa (p menor de 0,05) cos parámetros reprodutivos. Desta forma, as femias con menor DAXc presentaban unha Idade 1ª IA, Idade Xest e Idade Parto máis temperá (13,37 vs 14,13 meses, 14,38 vs 15,60 meses e 23,64 vs 24,75 meses, respectivamente) respecto a aquelas cunha DAX longa. Con todo, non se obtivo unha correlación estatisticamente significativa entre DAXc e Int PX ou Int PP. Finalmente, non se atopou unha asociación estatisticamente significativa entre a concentración de HAM e os parámetros reprodutivos mencionados anteriormente, feito que se repetiu ao estudar a correlación entre DAXc e HAM (r = -0,128; p maior de 0,05). En definitiva, os resultados suxiren a posibilidade de empregar a DAXc como marcador da futura eficiencia reprodutiva en xovencas Holstein. Con todo, non se obtiveron suficientes evidencias de que exista unha asociación entre a concentración de HAM e o rendemento reprodutivo.

García Herradón, Pedro José (Titoría)
YAÑEZ RAMIL, UXIA Cotitoría
García Herradón, Pedro José (Titoría)
YAÑEZ RAMIL, UXIA Cotitoría
Tribunal
VÁZQUEZ VÁZQUEZ, MANUEL (Presidente/a)
VILLANUEVA SANTAMARINA, BLANCA LIDIA (Secretario/a)
MUIÑO OTERO, RODRIGO (Vogal)

Marcadores de benestar relacionados coa fame crónica en tenreiros lactantes.
Autoría
J.S.F.
Grao en Veterinaria
J.S.F.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
12.09.2024 16:00
12.09.2024 16:00
Resumo
Este traballo tivo como obxectivo comparar as concentracións de leptina e grelina de tenreiros neonatos que foron separados das súas nais de dúas maneiras diferentes. Para iso, mostrexáronse 8 gandarías divididas en dous grupos. Catro delas realizaban un manexo de separación nai-cría de maneira temperá (antes das 24 horas) e as outras catro realizaban un manexo de separación nai-cría de maneira tardía (despois de 24 horas). En cada grupo de explotacións recolléronse mostras sanguíneas de 28 tenreiros, realizando un total de tres mostrexos. A toma de mostras realizouse antes da separación (no caso do sistema de separación tardía), aos dous e aos sete días tras o primeiro mostreo. No sistema de separación temperá recolléronse as mostras de sangue seguindo un deseño equivalente en días postparto ao grupo de separación tardía. As mostras analizáronse mediante tests ELISA comerciais específicos para leptina e grelina bovina, seguindo as instrucións dos fabricantes. Os resultados obtidos indican un aumento estatisticamente significativo das concentracións de leptina e grelina naqueles tenreiros que foron manexados mediante o sistema de separación temperá, con respecto a aqueles que se atopaban baixo o sistema de separación tardía. Por outra banda, en ambos sistemas de manexo as concentracións de leptina e grelina mantivéronse estables ao longo dos tres mostrexos. A menor frecuencia de alimentación e o consumo dunha menor cantidade de alimento nos tenreiros separados inmediatamente das súas nais, en comparación cos que son separados de maneira tardía, corresponderíase co aumento das concentracións de grelina. Así mesmo, as maiores concentracións de leptina en tenreiros separados de maneira temperá da súa nai poderían estar provocadas polo maior estrés durante a separación temperá, que xeraría unha elevación do cortisol, repercutindo en maiores concentracións de leptina. Polo tanto, os valores de leptina e grelina observados neste estudo parecen ser indicadores dun problema de benestar relacionado coa fame prolongada naqueles becerros lactantes separados das súas nais de maneira temperá.

DIEGUEZ CASALTA, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
ROJO MONTEJO, SILVIA Cotitoría
DIEGUEZ CASALTA, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
ROJO MONTEJO, SILVIA Cotitoría
Tribunal
SAINZ OSES, MARIA JESUS (Presidente/a)
DÍAZ FERNÁNDEZ, PABLO (Secretario/a)
SANCHEZ QUINTEIRO, PABLO (Vogal)
SAINZ OSES, MARIA JESUS (Presidente/a)
DÍAZ FERNÁNDEZ, PABLO (Secretario/a)
SANCHEZ QUINTEIRO, PABLO (Vogal)
Miases nasais do corzo: epidemioloxía e reaccións cruzadas entre distintos antíxenos
Autoría
C.F.G.
Grao en Veterinaria
C.F.G.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
12.09.2024 16:00
12.09.2024 16:00
Resumo
As miases nasofarínxeas están producidas pola ocupación das cavidades nasal e farínxea por larvas de moscas pertencentes á subfamilia Oestrinae (Familia Oestridae). Nos cérvidos, os xéneros máis frecuentes son Cephenemyia, Pharyngomyia e, de forma esporádica, Oestrus. A visualización das larvas constitúe o método de diagnóstico de referencia, pero resulta complicado e laborioso, polo que a detección de anticorpos resulta de gran utilidade para a monitorización destas míases. Os obxectivos deste estudo consistiron na identificación dos axentes causantes das miases nasofarínxeas dos corzos en España, así como a determinación da súa distribución e epidemioloxía e o estudo, mediante ELISA indirecto, da seroprevalencia e reaccións cruzadas entre os antíxenos somáticos obtidos de larvas 1 (Ag L1) e larvas 2 (Ag L2). Para iso, entre os anos 2022 e 2024 analizáronse a cavidade nasofarínxea e os soros de 181 corzos procedentes de 11 comunidades autónomas. Mediante análise morfolóxica das larvas recollidas na necropsia identificáronse dúas especies distintas: Cephenemyia stimulator, parasito específico do corzo e amplamente distribuído no noso país e Oestrus ovis, díptero habitual nos rabaños de ovellas e cabras domésticas. As larvas de C. stimulator estiveron presentes no 45,3% dos corzos, mentres que as de O. ovis só se detectaron en 5 animais (2,7%). De igual modo, a intensidade foi moito máis elevada para C. stimulator, 22,2 (DS 48,99), que para O. ovis, 0,06 (DS 0,46). Hai que destacar que non se atoparon infeccións mixtas, e que a presenza de L3 maduras de O. ovis suxire que pode completar o seu ciclo vital no corzo. Tamén se observou que C. stimulator está presente en case todas as comunidades do norte e centro peninsular, mentres que O. ovis se limita a puntos moi concretos das rexións de Castela-A Mancha e Castela e León. Non obstante, a súa presenza no corzo non é accidental polo que as condicións da simpatría entre ungulados domésticos e silvestres poderían propiciar a expansión desta míase no corzo. A seroprevalencia para C. stimulator foi do 45,8% tanto co AgL1 como co AgL2, ofrecendo uns valores de sensibilidade e especificidade aceptables e un bo grao de concordancia coa necropsia. Pola contra, a seroprevalencia para O. ovis foi do 14,9% co AgL1 e do 18,2% co AgL2, ofrecendo unha menor sensibilidade o que limita a súa validez diagnóstica a consecuencia das posibles reaccións cruzadas cos antíxenos de C. stimulator.

LOPEZ SANDEZ, CEFERINO MANUEL (Titoría)
PANADERO FONTÁN, ROSARIO Cotitoría
LOPEZ SANDEZ, CEFERINO MANUEL (Titoría)
PANADERO FONTÁN, ROSARIO Cotitoría
Tribunal
DIAZ VIZCAINO, ELVIRA ANTONIA (Presidente/a)
ORJALES GALDO, INMACULADA (Secretario/a)
FERNANDEZ FERNANDEZ, ALEJANDRO (Vogal)

Epidemioloxía da anaplasmose ovina en Galicia
Autoría
P.I.L.
Grao en Veterinaria
P.I.L.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
19.07.2024 09:00
19.07.2024 09:00
Resumo
A anaplasmose é unha enfermidade transmitida por carrachas e causada por bacterias pertencentes ó xénero Anaplasma spp. Na actualidade disponse de moita información sobre a anaplasmose bovina e humana; sen embargo, a anaplasmose ovina quedou en segundo plano. En Galicia non existe demasiada información sobre a presenza de Anaplasma spp. en gando ovino e os poucos estudos existentes detectaron prevalencias moi variables as cales van dende o 1% ata o 56%. Ademáis, nos últimos anos varias das especies de Anaplasma asociadas a ovino identificáronse en casos de anaplasmose humana, polo que o estudo destes patóxenos en ovino adquiriu un especial interese. Este traballo ten como obxectivos determinar a ocorrencia de Anaplasma spp. en gando ovino de Galicia, analizar a influencia de certas variables intrínsecas e extrínsecas na ocorrencia desta bacteria. e caracterizar molecularmente as especies de Anaplasma detectadas. No ano 2023 tomáronse mostras de sangue da vea xugular de 285 ovellas (Ovis aries) dun total de nove explotacións de semiextensivo nas provincias de Lugo, A Coruña e Ourense. A detección de Anaplasma spp. realizouse mediante PCR convencional. As mostras positivas purificáronse e secuenciáronse nun laboratorio externo. O estudo dos factores de risco na ocorrencia de Anaplasma spp. realizouse mediante unha regresión loxística lineal. Un total de 14 dos 57 pooles analizados (24,56%) resultaron positivos a Anaplasma spp. Cinco das nove (55,56%) granxas incluidas no estudo presentaron polo menos un animal positivo. A análise de riscos indicou que o porcentaxe de pooles positivos a Anaplasma spp. detectados en Sober era significativamente maior que o detectado en Cospeito e Pol. Anaplasma ovis foi a única especie identificada nas mostras positivas. A ocurrencia de Anaplasma spp. no gando ovino incluido no presente estudo foi baixa, pero atópase dentro dos rangos previamente publicados en España, así como noutros países europeos. A existencia de diferencias significativas entre explotación suxire que a ocorrencia deste patóxeno é moi variable dentro dunha mesma rexión. Estas diferenzas pódense deber a múltiples factores tanto bióticos como abióticos que inflúen na fenoloxía dos vectores e hopedeiros desta bacteria. A detección de exclusivamente a especie Anaplasma ovis podería suxerir que aínda que a zona considérase endémica para Anaplasma phagocytophilum, especie detectada nun elevado porcentaxe de corzos desta rexión, as variantes presentes na zona parecen non afectar ó gando ovino.

REMESAR ALONSO, SUSANA (Titoría)
REMESAR ALONSO, SUSANA (Titoría)
Tribunal
ONDINA NAVARRET, MARIA PAZ (Presidente/a)
ORJALES GALDO, INMACULADA (Secretario/a)
FERNANDEZ FERNANDEZ, ALEJANDRO (Vogal)
ONDINA NAVARRET, MARIA PAZ (Presidente/a)
ORJALES GALDO, INMACULADA (Secretario/a)
FERNANDEZ FERNANDEZ, ALEJANDRO (Vogal)
Estudo de dous protocolos de sincronización en vacas anovulatorias e a súa fertilidade á primeira inseminación.
Autoría
N.I.V.
Grao en Veterinaria
N.I.V.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
19.07.2024 09:00
19.07.2024 09:00
Resumo
O postparto é unha etapa crucial no ciclo reprodutivo dunha vaca xa que se producen numerosos cambios fisiolóxicos. Durante este período é esencial prestar especial atención á reprodución para tratar de alcanzar as mellores taxas de fertilidade na primeira inseminación co obxectivo de acadar unha alta eficiencia reprodutiva na explotación. Con este fin desenvólvense distintos protocolos de sincronización da ovulación que buscan reducir a duración deste período e asegurar as mellores condicións hormonais e fisiolóxicas no momento da inseminación artificial. Ademais, é fundamental ter en conta a condición corporal dos animais neste momento, pois terá unha influencia significativa na resposta aos tratamentos hormonais e na taxa de fertilidade alcanzada. Este estudo realizouse nunha explotación gandeira de produción de leite situada no concello da Pastoriza. O obxectivo foi comparar dous protocolos de sincronización da ovulación en vacas en situación de anestro postparto para determinar cal ofrece unha maior fertilidade na primeira inseminación, así como avaliar a influencia doutros factores como o número de partos e a condición corporal das vacas. Os dous protocolos empregados foron o Dobre ovsynch e o Ovsynch modificado, ambos baseados na administración de dúas hormonas: PGF2a e GnRH, e finalizando coa inseminación artificial. A valoración do estado reprodutivo das vacas realizouse mediante ecografía transrectal e a avaliación da condición corporal fíxose visualmente, seguido a escala americana de 5 puntos. As variables independentes estudadas foron o intervalo parto - primeira inseminación, o tratamento de sincronización da ovulación empregado e o número de partos, en relación cunha variable dependente: a taxa de xestación á primeira inseminación. Os resultados obtivéronse mediante un modelo estatístico multivariante. Despois de analizar os resultados, observouse que a taxa de xestación diminúe considerablemente a medida que aumenta o número de partos das vacas, posiblemente debido á diminución da condición corporal no momento da IA que se produce. Tamén se concluíu que para elixir o protocolo más adecuado para tratar vacas en anestro postparto nesta granxa é necesario facer unha distinción segundo o número de partos: no caso das primíparas obtivéronse mellores taxas de xestación utilizando o Dobre ovsynch, mentres que nas multíparas os mellores resultados conseguíronse co Ovsynch modificado.

MUIÑO OTERO, RODRIGO (Titoría)
MUIÑO OTERO, RODRIGO (Titoría)
Tribunal
ONDINA NAVARRET, MARIA PAZ (Presidente/a)
ORJALES GALDO, INMACULADA (Secretario/a)
FERNANDEZ FERNANDEZ, ALEJANDRO (Vogal)
ONDINA NAVARRET, MARIA PAZ (Presidente/a)
ORJALES GALDO, INMACULADA (Secretario/a)
FERNANDEZ FERNANDEZ, ALEJANDRO (Vogal)
O xabaril como centinela na perspectiva dunha saúde única (ONE-HEALTH)
Autoría
C.P.C.
Grao en Veterinaria
C.P.C.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
17.07.2024 09:00
17.07.2024 09:00
Resumo
O xabaril euroasiático (Sus scrofa) é un mamífero amplamente distribuído a nivel global que experimentou unha intensa expansión por toda Europa durante as últimas décadas. Trátase dunha especie silvestre que comparte patóxenos e enfermidades co porco doméstico, moitas das cales se poden transmitir ao ser humano. A súa abundancia, distribución e relevancia epidemiolóxica fixo que fose seleccionado como especie clave na vixilancia oficial de patóxenos, dentro do Plan Nacional de Vixilancia Sanitaria en Fauna Silvestre do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA). Por outra banda, a resistencia aos antibióticos (RAM) está recoñecida como unha ameaza emerxente a nivel mundial. Durante a última década observouse un crecemento preocupante de bacterias multirresistentes gramnegativas produtoras de BLEE (betalactamasas de espectro estendido), especialmente de Escherichia coli, bacteria comensal do tracto gastrointestinal illada tanto en humanos como en animais de compañía, de abastecemento e silvestres. Neste estudo propoñemos analizar o papel do xabaril como centinela da pandemia silenciosa da RAM. Para iso analizouse a presenza de E. coli, e especificamente de cepas produtoras de BLEE, sinaladas pola Organización Mundial da Saúde (OMS) dentro do grupo de patóxenos de prioridade crítica. Así, tomáronse mostras de contido fecal de 81 xabarís abatidos nos programas oficiais de control do Principado de Asturias. As mostras sementáronse por triplicado nos medios MacConckey Lactosa, ChromID ESBL e ChromID Carba. Dous animais (2,5%) resultaron portadores de E. coli BLEE produtoras de CTX-M. Realizouse a caracterización do perfil de resistencias mediante o método de difusión disco-praca dun total de 83 cepas (1 representativa por mostra e as 2 BLEE). Observamos que 26 (31,3%) presentaban resistencia a algún dos antibióticos analizados, e que a maior prevalencia observada foi fronte ás penicilinas (74%) seguido das cefalosporinas (21%), presentando ambas cepas BLEE resistencia ás de 3ª xeración (cefotaxima e ceftazidima) (2,4%), antibióticos clasificados pola OMS dentro da Lista de Antimicrobianos de Máxima prioridade e Importancia Crítica (HPCIA). Ademais, 3 das cepas (3,6%) mostraronse multirresistentes (MDR) a 3 ou máis categorías de antibióticos. En conclusión, o xabaril pode actuar como reservorio de enterobacterias RAM que supoñen un risco para a saúde pública, como E. coli produtoras de BLEE. Por iso, é necesaria unha maior monitorización do xabaril tanto a nivel global como nacional, e suxerimos a inclusión da vixilancia de RAM desta especie dentro do Programa Nacional de Control.

MORA GUTIERREZ, AZUCENA DEL CARMEN (Titoría)
GARCIA MENENDEZ, VANESA Cotitoría
MORA GUTIERREZ, AZUCENA DEL CARMEN (Titoría)
GARCIA MENENDEZ, VANESA Cotitoría
Tribunal
VÁZQUEZ VÁZQUEZ, MANUEL (Presidente/a)
VILLANUEVA SANTAMARINA, BLANCA LIDIA (Secretario/a)
MUIÑO OTERO, RODRIGO (Vogal)
VÁZQUEZ VÁZQUEZ, MANUEL (Presidente/a)
VILLANUEVA SANTAMARINA, BLANCA LIDIA (Secretario/a)
MUIÑO OTERO, RODRIGO (Vogal)
Cocodrilos: anatomía e fisioloxía dos órganos implicados na inmersión e aspectos relacionados
Autoría
M.F.C.
Grao en Veterinaria
M.F.C.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
19.07.2024 09:00
19.07.2024 09:00
Resumo
Este traballo é una revisión bibliográfíca que explora as adaptación evolutivas dos Crocodilia centrándose principalmente na súa capacidade de inmersión. Os Crocodilia desenvolveron un diseño biomecánico híbrido que lles permite moverse tanto na terra como na auga. Os adultos adoitan habitar en augas abertas, mentres que as crías protéxense na vexetación próxima á beira. A súa locomoción en refachos curtos utiliza o metabolismo anaeróbico, mentras que o nado sostido para longas distancias depende do metabolismo aeróbico. Durante as inmersións, os crocodilos poden permanecer baixo a auga grazas á redistribución cardiovascular do fluxo sanguíneo e a diminución da frecuencia cardíaca. A termorregulación é fundamental na súa vida diaria, xa que son ectotermos e dependen da temperatura ambiental para regular a súa temperatura corporal. Durante o día, expóñense ao sol para quentarse e, pola noite, permanecen na auga. Utilizan o fluxo sanguíneo periférico para captar ou manter enerxía térmica. Ademais, presentan adaptacións específicas como a alta vascularización da cabeza e, no caso dos aligátores, a capacidade de hibernar en climas fríos. O sistema cardiovascular dos Crocodilia e único entre os réptiles, xa que teñen un corazón provisto de catro cámaras, similar ao dos mamíferos e aves. Isto permítelles unha circulación eficiente durante a inmersión. O foramen de Panizza, un buraco que comunica ambas aortas, e a anastomose son cruciais para o paso de sangue osixenado e desoxixenado, permitindo inmersións prolongadas. Durante o mergullo, a frecuencia cardíaca descende significativamente, reducindo o consumo de osíxeno. O aparello respiratorio dos Crocodilia tamén é moi eficiente. Respiran principalmente polas narinas, que se pechan hermeticamente ao mergullarse. A válvula gular e a glote permiten abrir a boca baixo a auga sen que esta entre na traquea e pulmóns. Os seus pulmóns multicamerais e o músculo diaphragmaticus facilitan un eficiente intercambio de gases e contribúen á flotabilidade e maniobrabilidade durante o nado. O ciclo respiratorio dos Crocodilia alterna entre fases ventilatorias activas e fases non ventilatorias durante o mergullo, onde se mantén o aire nos pulmóns con mínimo esforzo muscular. O fluxo de sangue cara aos pulmóns facilita o intercambio eficiente de gases durante a inmersión, na que poden permanecer durante periodos prolongados. Este estudo revela como os Crocodilia desenvolveron adaptacións únicas para sobrevivir no seu hábitat acuático e terrestre. Destaca a súa evolución e adaptación na capacidade para realizar inmersións prolongadas e regular a súa temperatura corporal.

LOMBARDERO FERNANDEZ, MATILDE (Titoría)
LOMBARDERO FERNANDEZ, MATILDE (Titoría)
Tribunal
MIRANDA LOPEZ, JOSE MANUEL (Presidente/a)
BARREIRO VAZQUEZ, JOSE DANIEL (Secretario/a)
CAMIÑA GARCIA, MARIA MERCEDES (Vogal)

Parasitos gastrointestinais e respiratorios do lobo ibérico (Canis lupus signatus) do noroeste de España
Autoría
A.C.C.
Grao en Veterinaria
A.C.C.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
17.07.2024 09:00
17.07.2024 09:00
Resumo
As poboacións estables de lobo ibérico (Canis lupus signatus) atópanse restrinxidas ás comunidades do noroeste peninsular, aínda que nos últimos anos rexistrouse unha pequena expansión nas zonas limítrofes. Por iso, é importante determinar a diversidade e prevalencia por parasitos do lobo ibérico para establecer as súas posibles repercusións na saúde destes animais e na evolución das súas poboacións. Para iso, analizáronse 113 mostras de feces recollidas entre 2023 e 2024 nas provincias de Ourense (3), Zamora (97), Valladolid (5), Palencia (5) e Salamanca (3). Para a identificación das formacións parasitarias empregáronse as técnicas coprolóxicas de flotación en solución de sacarosa, sedimentación e Baermann. Os resultados obtidos revelan que unha elevada porcentaxe (94,7%) dos lobos están parasitados, sendo os protozoos (86,7%) e nematodos (78,8%) os máis frecuentes, seguidos por cestodos (6,3%) e trematodos (5,3%). Os protozoos identificados foron Sarcocystis spp. (85%), Giardia duodenalis (2,7%), Hammondia/Neospora (2,7%) e Cystoisospora spp. (0,9%), mentres que os nematodos detectados foron Eucoleus aerophilus (64,6%), ancilostómidos (55%), Toxocara spp. (5,3%), Trichuris spp. (4,4%) e Eucoleus boehmi (0,9%). Tamén se identificaron ovos de trematodos do xénero Alaria (5,3%) e de cestodos da familia Taeniidae (6,2%). Respecto as asociacións, detectáronse ata 6 parasitos diferentes nunha mesma mostra, predominando as infeccións triplas (34,9%), dobres (26,3%) e simples (20,6%). Detectáronse diferenzas significativas ao considerar a estación do ano, con prevalencias superiores no verán para ancilostómidos e G. duodenalis e na primavera para E. aerophilus. A porcentaxe de mostras positivas a ancilostómidos foi significativamente máis elevado en 2024, o que pode deberse a unhas condicións máis favorables para a supervivencia das fases libres destes nematodos. Estes resultados poñen de manifesto a elevada prevalencia e gran diversidade de parasitos dixestivos e respiratorios que infectan ás mandas de lobo ibérico, o que podería afectar negativamente á evolución das súas poboacións.

DÍAZ FERNÁNDEZ, PABLO (Titoría)
Merino Goyenechea, Luis Javier Cotitoría
DÍAZ FERNÁNDEZ, PABLO (Titoría)
Merino Goyenechea, Luis Javier Cotitoría
Tribunal
Barros Velázquez, Jorge (Presidente/a)
CAZAPAL MONTEIRO, CRISTIANA FILIPA (Secretario/a)
BLANCO ALVAREZ, JESUS EULOGIO (Vogal)

Colibacilose e monitorización de antibiorresistencias en produción cunícola
Autoría
L.C.C.
Grao en Veterinaria
L.C.C.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
As patoloxías dixestivas constitúen a principal causa de mortalidade, atrasos no crecemento, e perdas económicas en produción cunícola. Entre todas, a colibacilose é a de maior prevalencia, causante de enterite e diarrea, así como de elevadas tasas de mortalidade e morbilidade no período de destete, con graves perdas económicas para o sector. O carácter moitas veces plurietiolóxico, e a similitude dos signos clínicos dentro destas patoloxías, xunto co incremento de bacterias multirresistentes (MDR), dificulta o seu diagnóstico e tratamento. Na actualidade, a antibiorresistencia supón un desafío mundial que precisa dun abordaxe One Health, comezando polas granxas de produción animal, como reservorio potencial de bacterias MDR para o home e o medio ambiente. No presente traballo abordouse a problemática do diagnóstico da colibacilosis, a caracterización das cepas de E. coli implicadas, e os seus perfís de antibiorresistencia (RAM), co obxecto de coñecer a situación actual desta enfermidade. Para iso, analizáronse 60 hisopos de contido intestinal, tomados de maneira individual de cazapos en período de cebo (30-60 días), durante os meses de agosto a outubro do 2023, procedentes de 10 explotacións de 4 provincias españolas con problemas de diarreas. As mostras sementáronse en MacConkey Lactosa, e mediante PCR detectáronse 29 (48,3%) confluentes positivos para cepas de Escherichia coli enteropatoxénica (EPEC). De esos confluentes, conseguíronse recuperar colonias eae positivas de 21 mostras. O estudo xenotípico de resistencias, mostrou que o 38,1% das 21 cepas EPEC eran portadoras do xene plasmídico mcr-1, codificador da resistencia á colistina. Ademais, nunha das cepas EPEC (4,8%) identificouse o xene blaCTX-M-9, codificador dunha betalactamasa de espectro estendido (BLEE), capaz de hidrolizar cefalosporinas de amplo espectro. O estudo filoxenético da colección, mostrou que todas as EPEC do estudo pertencían ao filogrupo B1. Por último, o ensaio de sensibilidad das cepas mediante o método de concentración mínima inhibitoria (CMI), determinou que 19 das 21 EPEC (90,5%) eran MDR, con prevalencias superiores ao 50%, frente á tetraciclina, flumequine, enrofloxacino, trimetoprima/sulfametoxazol e neomicina. Concluímos que i) un diagnóstico específico deste patotipo, baseado na detección do xene eae codificador da intimina, e o filogrupo, son clave para o control da colibacilose en cunicultura; ii) os niveis de MDR atopados nas cepas EPEC deste estudo son moi elevados, o que compromete o control terapéutico desta patoloxía; iii) dada la alta prevalencia do xene plasmídico mcr-1, é fundamental a súa monitorización, e evitar a transmisión destas cepas ao longo da cadea de produción.

Seroprevalenza de Rickettsia conorii en cans de Galicia. Estudo preliminar.
Autoría
C.H.H.
Grao en Veterinaria
C.H.H.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
21.06.2024 09:00
21.06.2024 09:00
Resumo
A febre botonosa mediterránea é una zoonose causada pola bacteria Rickettsia conorii (endémica en España) e transmitida por carrachas do complexo Rhipicephalus sanguineus s.l.. O hospedeiro preferido do vector é o can, sendo o ser humano un hospedeiro accidental. Nos animais, a infección cursa de forma subclínica, dificultando o seguimiento da circulación da bacteria. Este estudo expúxose como unha forma de comprobar se a exposición dos cans de Galicia a este patóxeno, e de coñecer se existe risco de infección para as persoas na zona. Para iso, analizáronse mostras de plasma e soro de cans (n=98) cedidas por entidades colaboradoras (clínicas veterinarias e protectoras) de toda a Comunidade Autónoma mediante Inmunofluorescencia indirecta (IFI), obtendo unha seroprevalenza total de 43,8%. Os resultados clasificáronse en base á zona climática (segundo a clasificación de Köppen Geiger de 1936) na que habitaban os animais, e a estación do ano na que foi extraída a mostra, co fin de relacionalos coa actividade do vector. Demostrouse que, en canto á distribución xeográfica, as seropositividades máis altas coinciden con zonas nas que a presenza da carracha foi confirmada (no sur da Comunidade Autónoma). Ademais, as seroprevalencias das mostras extraídas no outono e inverno resultaron máis altas do esperado, indicando que poden existir carrachas activas en Galicia tamén durante estas épocas.

ARIAS VAZQUEZ, MARIA SOL (Titoría)
ABREU RAMOS, INES ISABEL Cotitoría
ARIAS VAZQUEZ, MARIA SOL (Titoría)
ABREU RAMOS, INES ISABEL Cotitoría
Tribunal
MORA GUTIERREZ, AZUCENA DEL CARMEN (Presidente/a)
CARRERA GONZALEZ, MARIA CRISTINA (Secretario/a)
VÁZQUEZ BELDA, BEATRIZ ISABEL (Vogal)

Impacto do estrés polo calor na fisioloxía e na eficiencia reprodutiva no gando vacún de leite en Galicia.
Autoría
E.N.M.D.
Grao en Veterinaria
E.N.M.D.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
16.02.2024 09:30
16.02.2024 09:30
Resumo
Ao longo da historia rexistráronse aumentos de temperatura a nivel global, chegando a máis de 1 grao centígrado dende a Revolución Industrial. En anos recentes (entre eles o 2023), rexistráronse temperaturas récord a nivel mundial e nacional. Na gandaría, especialmente na produción leiteira bovina, as altas temperaturas causan estrés nos animais, desencadeando unha serie de sucesos que dan lugar á perda de beneficios por parte do gandeiro, ademais de alterar o correcto funcionamento da explotación gandeira. O seguinte estudo realizouse nunha explotación gandeira de produción láctea localizada en Lugo, no concello de Castro de Rei. Realizáronse múltiples análises co fin de estudar o impacto que causa o estrés térmico provocado polas altas temperaturas e humidades sobre as variables reprodutivas e a fertilidade do gando vacún. Entre eles, inicialmente estudáronse as variacións de temperatura e humidade expresadas nun índice de temperatura e humidade (THI) durante tres meses no inverno (xaneiro, febreiro e marzo) e tres meses no verán (xullo, agosto e setembro) mediante un dispositivo de rexistro de datos de temperatura e humidade situado na zona de lactación da explotación, co fin de comprobar se nos meses de verán os animais están sometidos a estrés polo calor. Asimismo, analizouse o impacto que causou este aumento no THI nos parámetros avaliados no estudo, e posteriormente, avaliouse o impacto destes parámetros alterados sobre a fertilidade do animal. Ambos grupos de estudo foron sometidos a un protocolo de sincronización da ovulación denominado dobre-ovsynch. Entre as variables estudadas, atópanse o grosor do endometrio, ovario índice (longo do folículo preovulatorio/ancho), temperatura rectal, concentración de progesterona sérica no momento da ovulación e a taxa de xestación na primeira inseminación. Os análises estatísticos para estas variables realizáronse mediante regresión logística e test de Wilcoxon. Tras os resultados obtidos demostrouse que o uso do protocolo dobre-ovsynch nos meses de verán xunto cunha boa orientación e localización da explotación ademais do bo manexo do gando permite mitigar os efectos do estrés térmico sobre as variables reprodutivas e a fertilidade, diminuíndo as perdas de ganancias económicas por parte do gandeiro.

CASTILLO RODRÍGUEZ, CRISTINA (Titoría)
MUIÑO OTERO, RODRIGO Cotitoría
CASTILLO RODRÍGUEZ, CRISTINA (Titoría)
MUIÑO OTERO, RODRIGO Cotitoría
Tribunal
RODRIGUEZ NUÑEZ, EUGENIO ANSELMO (Presidente/a)
VARELA LOPEZ, OSCAR (Secretario/a)
FRANCO ABUIN, CARLOS MANUEL (Vogal)
RODRIGUEZ NUÑEZ, EUGENIO ANSELMO (Presidente/a)
VARELA LOPEZ, OSCAR (Secretario/a)
FRANCO ABUIN, CARLOS MANUEL (Vogal)
Estudo histolóxico do tubo dixestivo do cachalote pequeno (Kogia breviceps)
Autoría
E.J.R.G.
Grao en Veterinaria
E.J.R.G.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
17.07.2024 09:00
17.07.2024 09:00
Resumo
As descricións histolóxicas do cachalote pequeno (Kogia breviceps) son escasas e limitadas a algúns órganos. A dificultade para estudar esta especie débese ao seu hábitat oceánico, a baixa frecuencia de varamentos e a que, cando varan, adoitan ser cadáveres en avanzado estado de putrefacción. Este traballo céntrase na anatomía microscópica do tracto dixestivo do cachalote pequeno xa que tivemos a oportunidade de ter mostras dun individuo que tivo que ser sacrificado despois de varar vivo na costa galega, unha femia de 229 cm de lonxitude total. Tomáronse mostras do tracto dixestivo desde a lingua ata a última porción do intestino, fixáronse en formol tamponado e incluíronse en parafina. Realizáronse catro técnicas de tinguidura nos cortes obtidos: hematoxilina-eosina, azul PAS-alcián, azán e OMSB. O esófago do cachalote pequeno era curto e abríase nun estómago policavitario con catro compartimentos: anterior, principal, cámara de conexión e porción pilórica. No intestino diferenciáronse de cranial a caudal os seguintes tramos: ampola duodenal, duodeno propiamente dito, xexuno, asas cólicas no colon proximal, colon medio, ampola cólica e colon distal. Todo o lume do colon estaba ocupado por feces viscosas de cor marrón negruzca, compactas no colon proximal, fluídas desde o colon medio; máis de 2 l de feces acumulábanse na ampola cólica. A simple vista chamou a atención a presenza de veas cun aspecto arrosariado na superficie dos órganos e no peritoneo de conexión. Histoloxicamente observamos que o tracto dixestivo do cachalote pequeno presentaba características histolóxicas similares ás doutros odontocetos nas súas porcións craniais e medias (lingua, esófago, estómago, intestino delgado e primeira parte do intestino groso), pero moi modificadas e únicas na súa porción caudal (colon medio, ampola cólica e colon distal). Nestes tramos do intestino observouse unha mucosa especializada cuberta por un epitelio pseudoestratificado cilíndrico baixo que se invaxinaba cara á lámina propia formando glándulas curtas e tubulares sen lume. Esta especialización da parte final do intestino está relacionada cun comportamento exclusivo do xénero Kogia, o almacenamento e expulsión repentina de feces como estratexia de evasión contra os seus depredadores. O aspecto arrosariado das veas resultou ser debido á presenza de esfínteres musculares na parede dos vasos; atopáronse esfínteres musculares en veas de todos os calibres e en todas as capas do tubo dixestivo desde o esófago ata o colon distal. Esta especialización vascular suxire que o canal alimentario do cachalote pequeno actúa como un reservorio de sangue, moi probablemente durante inmersións profundas e/ou prolongadas.

ALEMAÑ POSADAS, NURIA VICENTA (Titoría)
Covelo Figueiredo, Pablo Cotitoría
ALEMAÑ POSADAS, NURIA VICENTA (Titoría)
Covelo Figueiredo, Pablo Cotitoría
Tribunal
VÁZQUEZ VÁZQUEZ, MANUEL (Presidente/a)
VILLANUEVA SANTAMARINA, BLANCA LIDIA (Secretario/a)
MUIÑO OTERO, RODRIGO (Vogal)
VÁZQUEZ VÁZQUEZ, MANUEL (Presidente/a)
VILLANUEVA SANTAMARINA, BLANCA LIDIA (Secretario/a)
MUIÑO OTERO, RODRIGO (Vogal)
Neuronatomía do sistema olfativo do marabú, Leptoptilos crumeniferus
Autoría
J.R.C.
Grao en Veterinaria
J.R.C.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
17.07.2024 09:00
17.07.2024 09:00
Resumo
Os órganos dos sentidos son esenciais para a supervivencia dos animais, sendo o olfacto un dos máis antigos na escala evolutiva. Este sentido permite detectar moléculas odoríferas, vitais para condutas como a identificación de presas e depredadores. Sorprendentemente, críase que as aves tiñan un olfacto pouco desenvolvido, pero estudos recentes revelaron a súa importancia en funcións cruciais como o voo e a busca de alimentos. De forma xeral, sábese que a cavidade nasal das aves, protexida polo peteiro, contén o epitelio olfactivo na súa parte caudodorsal. As narinas externas varían segundo a especie, influíndo na súa capacidade olfactiva, mentres que o bulbo olfactivo, o primeiro centro integrador da información olfactiva, varía en tamaño entre as especies, influído polo seu estilo de vida e outros sentidos. No caso concreto do marabú africano (Leptoptilos crumenifer), unha cegoña carroñeira de África tropical, ata o noso coñecemento, o seu sistema olfactivo está moi pouco estudado. Por este motivo, realizamos un estudo histolóxico e neuroquímico do seu epitelio e bulbo olfactivo. Isto permitiunos constatar que o marabú africano posúe un sistema olfactivo altamente desenvolvido, caracterizado por un amplo epitelio receptor olfactivo na cámara caudal da cavidade nasal, acompañado dun epitelio glandular significativo. En canto ao bulbo olfactivo do marabú, este presenta unha acentuada laminación en todas as súas capas, comparable á dos mamíferos, incluso cunha capa mitral particularmente desenvolvida. Os estudos inmunohistoquímicos e histoquímicos de lectinas revelaron unha ampla expresión de marcadores proteicos e glicoconxugados típicos do sistema olfactivo dos mamíferos. Estes achados demostran a gran relevancia do sentido do olfacto nesta especie, suxerindo un papel crucial na súa ecoloxía e comportamento, comparable á importancia do olfacto nos mamíferos.

SANCHEZ QUINTEIRO, PABLO (Titoría)
ORTIZ LEAL, IRENE Cotitoría
SANCHEZ QUINTEIRO, PABLO (Titoría)
ORTIZ LEAL, IRENE Cotitoría
Tribunal
VÁZQUEZ VÁZQUEZ, MANUEL (Presidente/a)
VILLANUEVA SANTAMARINA, BLANCA LIDIA (Secretario/a)
MUIÑO OTERO, RODRIGO (Vogal)
VÁZQUEZ VÁZQUEZ, MANUEL (Presidente/a)
VILLANUEVA SANTAMARINA, BLANCA LIDIA (Secretario/a)
MUIÑO OTERO, RODRIGO (Vogal)
O glioma canino
Autoría
M.A.C.
Grao en Veterinaria
M.A.C.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
17.07.2024 09:00
17.07.2024 09:00
Resumo
O glioma é unha das neoplasias intracraniais primarias máis comúns na especie canina, sendo o tipo máis común o oligodendroglioma, seguido do astrocitoma e do glioma indefinido. Este tumor, localizado intra-axialmente, afecta con maior frecuencia a cans braquicefálicos maiores de 8 anos e, aínda que non está moi claro, parece haber unha maior incidencia nos machos. Os signos clínicos desenvólvense lenta e progresivamente, sendo os máis frecuentes as crises epilépticas. O diagnóstico definitivo só se consegue cunha biopsia cerebral, pero tendo en conta a localización destes tumores e os riscos asociados, esta non é unha práctica habitual. Polo tanto, as probas de imaxe avanzadas, en concreto a resonancia magnética, utilízanse para establecer un diagnóstico presuntivo. Na actualidade, a radioterapia considérase o tratamento de elección en veterinaria; non obstante, os estudos sobre diferentes opcións terapéuticas son limitados e pouco concluíntes. Aínda así, independentemente do tratamento, o prognóstico é grave. Na medicina humana, os gliomas tamén teñen un prognóstico moi pobre e o tratamento ten unha eficacia limitada. Como ambas especies teñen semellanzas anatómicas, fisiolóxicas e xenéticas, o can proponse como modelo experimental para o estudo do glioma e a súa traslación ao glioma humano. Neste traballo realízase unha revisión xeral da epidemioloxía, cadro clínico, diagnóstico e tratamento do glioma canino, así como a importancia do can como modelo experimental da enfermidade en comparación con outros modelos existentes. Tras esta revisión podemos concluír que a pesar da súa alta prevalencia e mal prognóstico, son necesarios máis estudos para aclarar certos aspectos relacionados co prognóstico, así como melloras no diagnóstico e tratamento, tanto no glioma canino como en humanos.

ESPINO LOPEZ, LUCIANO (Titoría)
ESPINO LOPEZ, LUCIANO (Titoría)
Tribunal
Barros Velázquez, Jorge (Presidente/a)
CAZAPAL MONTEIRO, CRISTIANA FILIPA (Secretario/a)
BLANCO ALVAREZ, JESUS EULOGIO (Vogal)
Barros Velázquez, Jorge (Presidente/a)
CAZAPAL MONTEIRO, CRISTIANA FILIPA (Secretario/a)
BLANCO ALVAREZ, JESUS EULOGIO (Vogal)
Etioloxía e tratamento da parálise larínxea en cabalos
Autoría
M.G.G.
Grao en Veterinaria
M.G.G.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
21.06.2024 09:00
21.06.2024 09:00
Resumo
A parálise larínxea é unha patoloxía que se define como o fallo na abdución da cartilaxe aritenoidea a causa da diminución ou ausencia da actividade motora no músculo cricoaritenoideo dorsal. Por mor de impedir a apertura total da larinxe, diminúe a entrada de fluxo de aire aos pulmóns e se observa intolerancia ao exercicio. O signo máis común é un ruído respiratorio característico o cal identifícase como un ‘ronquido’. É por isto que aos cabalos con esta patoloxía son definidos como cabalos ‘roncadores’, condición máis observada en cabalos machos purasangue de carreiras. A orixe desta parálise defínese como descoñecida pero fixéronse estudos que establecen que pode estar asociada a unha dexeneración axonal das neuronas no nervio larínxeo recurrente. Á hora de diagnosticalo, as técnicas máis usadas son a endoscopia e a ecografía. Hoxe en día o tratamento é meramente quirúrxico e se dispón de tres técnicas descritas: laringoplastia protésica, ventriculocordectomía e aritenoidectomía. Unha modalidade de realizar a laringoplastia desenvolveuse hai menos de 10 anos por Fabrice Rossignol e consiste en operar co cabalo de pé. A liña de investigación son a do inxerto de pedículo neuromuscular, a inxección de células nai autólogas ou a estimulación eléctrica da larinxe entre outras.

FERNANDEZ MARTIN, SILVIA Cotitoría
GONZALEZ CANTALAPIEDRA, ANTONIO (Titoría)
FERNANDEZ MARTIN, SILVIA Cotitoría
Tribunal
MORA GUTIERREZ, AZUCENA DEL CARMEN (Presidente/a)
CARRERA GONZALEZ, MARIA CRISTINA (Secretario/a)
VÁZQUEZ BELDA, BEATRIZ ISABEL (Vogal)
MORA GUTIERREZ, AZUCENA DEL CARMEN (Presidente/a)
CARRERA GONZALEZ, MARIA CRISTINA (Secretario/a)
VÁZQUEZ BELDA, BEATRIZ ISABEL (Vogal)
Hipercalcemia maligna en el perro
Autoría
B.E.M.A.
Grao en Veterinaria
B.E.M.A.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
19.07.2024 09:00
19.07.2024 09:00
Resumo
La hipercalcemia maligna es un síndrome paraneoplásico diagnosticado con frecuencia en pequeños animales, especialmente en el perro y raramente en el gato. Es considerada una urgencia médica, asociándose a un aumento de la mortalidad y morbilidad del paciente con cáncer. Los individuos con hipercalcemia presentan signos clínicos que implican a diversos sistemas orgánicos como el sistema digestivo, nervioso, cardiovascular y urinario. El presente Trabajo de Fin de Grado tiene como objetivo estudiar las principales características de este síndrome en la especie canina. Por ello, en primer lugar, se expone un breve recordatorio de la homeostasis del calcio para proseguir con la exposición de los principales mecanismos de las neoplasias que inducen un aumento de la concentración sérica de calcio. A continuación, se describen los tumores más frecuentemente asociados a la hipercalcemia en la especie canina y, asimismo, se describe la presentación clínica. En cuanto al diagnóstico, se indagan en los métodos y procedimientos recomendados para poder identificar la neoplasia subyacente, excluyendo otras enfermedades que puedan manifestar una sintomatología semejante. Por último, se discuten las diferentes opciones de tratamiento disponibles para esta patología tanto a corto como a largo plazo.

HERNANDEZ BERMUDEZ, JOAQUIN RICARDO (Titoría)
HERNANDEZ BERMUDEZ, JOAQUIN RICARDO (Titoría)
Tribunal
ONDINA NAVARRET, MARIA PAZ (Presidente/a)
ORJALES GALDO, INMACULADA (Secretario/a)
FERNANDEZ FERNANDEZ, ALEJANDRO (Vogal)
ONDINA NAVARRET, MARIA PAZ (Presidente/a)
ORJALES GALDO, INMACULADA (Secretario/a)
FERNANDEZ FERNANDEZ, ALEJANDRO (Vogal)
Fisioloxía cardiovascular en Crocodilia
Autoría
M.D.M.P.A.
Grao en Veterinaria
M.D.M.P.A.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
16.02.2024 09:30
16.02.2024 09:30
Resumo
O corazón dos cocodrilianos é tetracemeral, como o das aves e mamíferos. Non obstante, posúe características anatómicas que tamén o achegan morfoloxicamente ao resto dos reptiles e aos anfibios. Unha destas particularidades anatómicas é a existencia de dúas aortas: unha aorta ventricular dereita (con orixe no ventrículo dereito) e unha aorta ventricular esquerda (con orixe no ventrículo esquerdo). O corazón destes animais permite a existencia de dous sistemas circulatorios separados, un sistémico e un venoso. Con todo, esta separación non é completa, senón que, en dous puntos anatómicos do sistema circulatorio, o forame de Panizza e a anastomose aórtica, estes dous sistemas comunican entre si. En situacións aeróbicas, o corazón dos cocodrilianos comportase como o dun mamífero. Pero diante de situacións anaeróbicas (como durante o buceo), os cocodrilianos teñen a capacidade de xerar un shunt pulmonar sistémico que desvía o sangue desde a circulación pulmonar á sistémica, vehiculándoo pola aorta ventricular dereita. O shunt non só é importante en aspectos como a diminución do metabolismo ou a diminución da captación de oxíxeno polos músculos, senón que tamén ten efecto sobre aspectos importantes da bioloxía do animal, como a súa influencia na digestión. Nesta revisión bibliográfica, analizaranse os mecanismos que aseguran un axeitado axuste da hemodinámica cardiovascular dos Crocodylia tanto en condicións aeróbicas (terrestres) como en anaeróbicas (buceo), baseándonos nunha serie de adaptacións anatómicas e fisiolóxicas altamente especializadas. Ademais, analizaremos a significancia evolutiva desta característica cardíaca.

CASABIELL PINTOS, JESÚS ANTONIO (Titoría)
CASABIELL PINTOS, JESÚS ANTONIO (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ NUÑEZ, EUGENIO ANSELMO (Presidente/a)
VARELA LOPEZ, OSCAR (Secretario/a)
FRANCO ABUIN, CARLOS MANUEL (Vogal)
RODRIGUEZ NUÑEZ, EUGENIO ANSELMO (Presidente/a)
VARELA LOPEZ, OSCAR (Secretario/a)
FRANCO ABUIN, CARLOS MANUEL (Vogal)
Estudio serolóxico retrospectivo de enfermidades virais en aves simpátricas en centros de cría de hubaras en Marrocos.
Autoría
D.B.D.
Grao en Veterinaria
D.B.D.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
13.09.2024 10:30
13.09.2024 10:30
Resumo
Rexistrouse que as aves silvestres poden ser reservorios de certas enfermidades virais, xogando un papel importante na súa transmisión e mantemento. A circulación destas enfermidades nos centros de cría da hubara (Chlamydotis undulata) en Marrocos pode supoñer unha ameaza para a súa conservación. Estes centros, ao estar situados en zonas remotas e áridas e contar con recursos que poden ser utilizados polas aves silvestres, poden actuar como zonas de concentración e/ou de parada durante as migracións. Esta situación podería favorecer a interacción entre as poboacións residentes, migratorias e as propias hubaras, polo que a presenza de aves silvestres preto das instalacións pode supoñer un factor de risco para a transmisión de enfermidades virais ás hubaras. Tendo en conta isto, decidiuse investigar a circulación das principais enfermidades virais con presenza demostrada no territorio, elixíndose os virus da influenza aviar A (VIA), da enfermidade de Newcastle (VEN) e do Nilo Occidental (VNO). Para iso, analizáronse 1362 mostras de 26 especies diferentes de aves silvestres, 76 de domésticas e de 15573 hubaras centinelas, en tres puntos da provincia de Boulemane, na rexión de Fès-Meknès, en Marrocos, ao longo de 11 anos, tanto de especies silvestres como domésticas. Para avaliar a circulación das enfermidades e a presenza de anticorpos neutralizantes, obtívose o soro dos individuos mostreados e analizouse mediante test de inhibición de hemaglutinación (HI) para VIA e VEN, e enzimoinmunoanálise de adsorción (c-ELISA) para o VNO. Constatouse a circulación de los tres virus estudiados (VIA, VEN e VNO) en aves silvestres en centros de cría e conservación de hubara de Marrocos. Tamén se detectou a presenza de anticorpos fronte a VIA e VEN en aves de curral nunha aldea preto dun dos centros. A alta seroprevalencia de IA e EN detectada en aves domésticas pode favorecer a infección das aves silvestres, que poderían actuar como hospedadores ponte entre as zonas rurais e os centros de hubaras. Como estas enfermidades poden afectar á especie e repercutir negativamente na súa conservación, sería de gran importancia seguir levando a cabo a monitorización e seguimento das enfermidades das aves silvestres e domésticas para poder detectar canto antes calquera risco que ameace a conservación da especie.

BERMUDEZ POSE, ROBERTO (Titoría)
Carrasco Muñoz, Mar Cotitoría
BERMUDEZ POSE, ROBERTO (Titoría)
Carrasco Muñoz, Mar Cotitoría
Tribunal
ALONSO MEIJIDE, JOSE MARIA (Presidente/a)
LOPEZ GARCIA, MARIANO (Secretario/a)
QUINTELA ARIAS, LUÍS ÁNGEL (Vogal)

Estudo da agrupación de razas caprinas canarias de produción leiteira
Autoría
M.J.R.G.
Grao en Veterinaria
M.J.R.G.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
12.09.2024 16:00
12.09.2024 16:00
Resumo
O Arquipélago Canario ten un clima subtropical influenciado polos ventos alisios e a proximidade ao continente africano. Distinguíndose un clima húmida na rexión occidental, e outro seco na oriental, con diferencias significativas de pluviosidade. As cabras canarias introducidas por colonizadores bereberes, xogaron un papel importante na dieta aborixe, recoñecéndose a día de hoxe tres razas: Palmera, Majorera e Tinerfeña, adaptada cada unha delas, morfoloxicamente e fenotipicamente, aos distintos climas das illas. As razas canarias destacan en produción leiteira, coa Majorera liderando o rendemento. Aínda que teñan como beneficio a súa adaptación a climas adversos, os seus rendementos leiteiros son menores en comparación con outras razas españolas seleccionadas para produción intensiva. A raza Majorera mostra mellor adaptación á restrición alimentaria e perda de peso estacional que a Palmera e Tinerfeña. As cabras son poliéstricas estacionais, pero as razas canarias, ao estar nun clima subtropical, pódense reproducir durante todo o ano, e realízase a monta natural. O pastoreo é valioso polo impacto cultural e socioeconómico, ademais, hai dous queixos con Denominación de Orixe Protexida (DOP). Os Programas de Cría para cabras canarias, xestionados polas asociacións específicas (Asociación de Criadores de Cabras de Raza Palmera (ACCRP), Asociación Nacional de Criadores de Raza Tinerfeña (ACRICATI) e Federación Nacional de Criadores de Raza Caprina Majorera (FECAMA)), buscan conservar e mellorar xeneticamente as razas. Empregan Libros Xenealóxicos (LX) para evitar mestizaxes e rexistrar defectos morfolóxicos. O programa de Conservación enfócase en preservar as razas nos seus hábitats naturais e manter a diversidade xenética. O Programa de Mellora céntrase en aumentar a produción leiteira e mellorar a conformación morfolóxica para maximizar a rendibilidade e adaptabilidade dos rabaños.

MEJUTO VAZQUEZ, NICOLAS Cotitoría
DIEGUEZ CASALTA, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
MEJUTO VAZQUEZ, NICOLAS Cotitoría
Tribunal
SAINZ OSES, MARIA JESUS (Presidente/a)
DÍAZ FERNÁNDEZ, PABLO (Secretario/a)
SANCHEZ QUINTEIRO, PABLO (Vogal)
SAINZ OSES, MARIA JESUS (Presidente/a)
DÍAZ FERNÁNDEZ, PABLO (Secretario/a)
SANCHEZ QUINTEIRO, PABLO (Vogal)
Comparación das distintas técnicas radiográficas empregadas na valoración do tamaño cardíaco en cans e gatos.
Autoría
S.A.S.
Grao en Veterinaria
S.A.S.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
15.02.2024 09:30
15.02.2024 09:30
Resumo
A radioloxía desempeña un papel crucial no diagnóstico de patoloxías cardíacas en animais de compañía, especialmente en casos que afectan ao lado esquerdo do corazón. A avaliación da silueta cardíaca é esencial para identificar cambios no tamaño do órgano, sendo fundamental para o diagnóstico e tratamento de enfermidades cardíacas comúns en cans e gatos, que adoitan afectar ao atrio esquerdo. O propósito deste traballo consiste en levar a cabo unha exhaustiva revisión bibliográfica sobre as técnicas radiográficas esenciais utilizadas para avaliar o tamaño cardíaco en cans e gatos. Búscase explorar tanto as súas aplicacións clínicas como diagnósticas, investigar e analizar variables que poderían influír na valoración de ditas técnicas e, finalmente, realizar unha comparativa detallada entre as principais metodoloxías empregadas neste contexto. O Vertebral Heart Scale (VHS) foi extensamente estudiado, mais a súa limitación para identificar unicamente a presenza de cardiomegalia, sen especificar a cámara afectada, relégao en certos casos. Para avaliar a silueta cardíaca no seu conxunto, propóñense o Manubrium Heart Score (MHS), Heart to Single Vertebra Ratio (HSVR), a ratio cardiotorácica (CTR), Thoracic Inlet Heart Score (TIHS) y Bronchus-Spine (Br-Spine). Ademais, investigáronse técnicas específicas para analizar o atrio esquerdo, como Radiographic Left Atrial Dimension (RLAD), Vertebral Left Atrial Size (VLAS), Vertebral Left Atrial Size modificado (M-VLAS), ángulo de bifurcación traqueal, Left Atrial Width (LA Width), Thoracic Inlet Left Atrial Score (TILAS) y Radiographic Left Atrial Dimension-Spine (RLAD-Spine). Esta revisión bibliográfica resalta a transcendencia da avaliación da silueta cardíaca como un indicador clave para detectar un amplo espectro de enfermidades cardíacas en animais. Na maioría das técnicas examinadas, obsérvanse notables disparidades entre razas, variacións significativa en función das diversas conformacións e unha correlación limitada coa idade dos individuos. Destácase a eficacia sobresaínte da Radiographic Left Atrial Dimension no diagnóstico de agrandamento do atrio esquerdo, mentres que o Vertebral Heart Score demostra ser máis efectivo na detección de cardiomegalia xeralizada.

BARREIRO VAZQUEZ, JOSE DANIEL (Titoría)
VILA PASTOR, MONICA Cotitoría
BARREIRO VAZQUEZ, JOSE DANIEL (Titoría)
VILA PASTOR, MONICA Cotitoría
Tribunal
Barros Velázquez, Jorge (Presidente/a)
CAZAPAL MONTEIRO, CRISTIANA FILIPA (Secretario/a)
BLANCO ALVAREZ, JESUS EULOGIO (Vogal)
Barros Velázquez, Jorge (Presidente/a)
CAZAPAL MONTEIRO, CRISTIANA FILIPA (Secretario/a)
BLANCO ALVAREZ, JESUS EULOGIO (Vogal)
Avaliación da dor en cabalos
Autoría
P.M.G.
Grao en Veterinaria
P.M.G.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
13.09.2024 09:00
13.09.2024 09:00
Resumo
A dor é unha experiencia sensorial e emocional complexa que pode afectar significativamente ao benestar dos cabalos. Avaliar e tratar a dor nestes animais é crucial, non só por razóns éticas, senón tamén para garantir a recuperación e calidade de vida dos pacientes. Neste traballo realizouse unha breve revisión da fisioloxía e clasificación da dor, co obxectivo de profundar no coñecemento das ferramentas dispoñibles actualmente para a súa valoración. Os cambios de comportamento e expresións faciais demostraron ser máis útiles, en comparación cos parámetros fisiolóxicos, para a avaliación da dor. Desenvolvéronse diversas escalas para avaliar a dor de maneira sistemática, sendo as escalas compostas que integran cambios condutuais e parámetros fisiolóxicos, así como as escalas de expresión facial, as máis útiles. Estas ferramentas axudaron a interpretar a dor de maneira máis estruturada, aínda que ningunha foi infalible debido á natureza subxectiva da dor. Actualmente, están desenvolvéndose intelixencias artificiais para o recoñecemento automático das expresións faciais asociadas á dor, prometendo proporcionar avaliacións precisas e obxectivas, o que podería revolucionar a práctica veterinaria. En conclusión, aínda que se avanzou moito na valoración da dor en cabalos, é necesario seguir investigando e desenvolvendo ferramentas máis precisas e obxectivas para a súa avaliación.

SAINZ OSES, MARIA JESUS (Titoría)
VILLANUEVA SANTAMARINA, BLANCA LIDIA Cotitoría
SAINZ OSES, MARIA JESUS (Titoría)
VILLANUEVA SANTAMARINA, BLANCA LIDIA Cotitoría
Tribunal
MORA GUTIERREZ, AZUCENA DEL CARMEN (Presidente/a)
CARRERA GONZALEZ, MARIA CRISTINA (Secretario/a)
VÁZQUEZ BELDA, BEATRIZ ISABEL (Vogal)
MORA GUTIERREZ, AZUCENA DEL CARMEN (Presidente/a)
CARRERA GONZALEZ, MARIA CRISTINA (Secretario/a)
VÁZQUEZ BELDA, BEATRIZ ISABEL (Vogal)
Aplicacións das novas tecnoloxías no estudo da Anatomía Veterinaria
Autoría
E.D.L.
Grao en Veterinaria
E.D.L.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
A tecnoloxía de impresión 3D está a comezar a achegar novas oportunidades nas prácticas docentes de diversas contornas científicas e educativas e, nesta liña, tamén resulta moi prometedora no ensino veterinario. No contexto da docencia da anatomía veterinaria, este estudo explora a construción e aplicación de modelos anatómicos en 3D (virtuais e físicos) mediante a técnica de escaneo por fotogrametría. Construíronse modelos 3D por medio de impresión con FDM (Fused Deposition Modelling), lixado e acabado de pintura. Distribuíuse un cuestionario para avaliar a perspectiva dos estudantes valorando a opinión do alumnado no uso deste novo recurso como apoio na aprendizaxe da materia.

VARELA LOPEZ, OSCAR Cotitoría
BERMUDEZ POSE, ROBERTO (Titoría)
VARELA LOPEZ, OSCAR Cotitoría
Tribunal
SAINZ OSES, MARIA JESUS (Presidente/a)
DÍAZ FERNÁNDEZ, PABLO (Secretario/a)
SANCHEZ QUINTEIRO, PABLO (Vogal)
SAINZ OSES, MARIA JESUS (Presidente/a)
DÍAZ FERNÁNDEZ, PABLO (Secretario/a)
SANCHEZ QUINTEIRO, PABLO (Vogal)
Actualización da Dermatite alérxica á picaduras de pulga na especie canina
Autoría
A.R.R.
Grao en Veterinaria
A.R.R.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
17.07.2024 09:00
17.07.2024 09:00
Resumo
A dermatite alérxica á picadura de pulgas (DAPP) é una reacción de hipersensibilidade desenvolvida fronte a antíxenos presentes na saliva da pulga e que, polo tanto, é dependente da súa presencia. No animal, as zonas máis afectadas son as partes do corpo onde se instalan estes parasitos que son, na súa maioría a zona lumbosacra e a base da cola, e pode estenderse a outras rexións do corpo coma o abdome, os flancos, e o espazo interdixital. Provoca moita comezón, pápulas e mesmo urticarias, que se persisten poden converterse en hiperqueratose, liquenificación, erosións e úlceras por lamber, rascar ou masticar. O seu diagnóstico baséase en confirmar o contacto coas pulgas, e identificar os signos clínicos que a caracterizan, ainda que existen probas serolóxicas que poden axudar a detectala. Para un bo control e tratamento da enfermidade é fundamental un estrito programa de control e prevención de pulgas, que pode ir acompañado dun tratamento sintomático, nos casos en que o animal o requira.

BRAVO MORAL, ANA MARIA (Titoría)
BRAVO MORAL, ANA MARIA (Titoría)
Tribunal
VÁZQUEZ VÁZQUEZ, MANUEL (Presidente/a)
VILLANUEVA SANTAMARINA, BLANCA LIDIA (Secretario/a)
MUIÑO OTERO, RODRIGO (Vogal)
VÁZQUEZ VÁZQUEZ, MANUEL (Presidente/a)
VILLANUEVA SANTAMARINA, BLANCA LIDIA (Secretario/a)
MUIÑO OTERO, RODRIGO (Vogal)
Análise descritiva de estratexias reprodutivas, métodos de selección e progreso xenético en ganderías leiteiras en Galicia
Autoría
I.B.F.
Grao en Veterinaria
I.B.F.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
12.09.2024 16:00
12.09.2024 16:00
Resumo
A mellora xenética e é un dos motores da evolución da industria gandeira, xuntamente coa reprodución ten a capacidade de provocar cambios importantes tanto na produción e rendibilidade como na sustentabilidade dunha explotación gandeira. Este estudo motívase pola necesidade de dar a coñecer ao gandeiro galego a utilidade e eficacia de diferentes ferramentas (seme sexado, seme de carne, probas xenómicas) cando son correctamente empregadas nun programa de cría adecuado ás necesidades de cada explotación, en busca de contribuír cunha futura diminución da brecha que existe entre o desenvolvemento das devanditas ferramentas e a súa implementación na práctica. A través análises descritivas de 1) as estratexias reprodutivas e métodos de selección nas ganderías leiteiras, e 2) do valor xenético medio actual, expresado en valores de Mérito Neto (NM$) estimado a partir dos datos de pedigrí, dun conxunto de 39 ganderías na Comunidade Autónoma de Galicia. As análises demostraron 1) unha determinada ausencia de programas de cría ben definidos, co cal a necesidade dunha maior adhesión de servizos de asesoramento xenético por parte dos gandeiros, e ademais 2) a existencia dunha elevada proporción de individuos con puntuacións de NM$ negativas (posiblemente contribuíndo negativamente á rendibilidade da explotación), resaltando a necesidade de utilización de ferramentas máis precisas (probas xenómicas) para poder identificar a estes animais e tomar decisións de cría máis eficientes. Finalmente, un posible cambio de estratexia reprodutiva e de selección (mediante a implementación de estratexias reprodutivas avanzadas e o uso de probas xenómicas) pode ter un impacto significativo no progreso xenético e na rendibilidade das granxas, pero o seu éxito depende en gran medida do nivel de xestión da gandería.

QUINTELA ARIAS, LUÍS ÁNGEL (Titoría)
CAINZOS CAGIAO, JUAN MANUEL Cotitoría
QUINTELA ARIAS, LUÍS ÁNGEL (Titoría)
CAINZOS CAGIAO, JUAN MANUEL Cotitoría
Tribunal
DIAZ VIZCAINO, ELVIRA ANTONIA (Presidente/a)
ORJALES GALDO, INMACULADA (Secretario/a)
FERNANDEZ FERNANDEZ, ALEJANDRO (Vogal)
DIAZ VIZCAINO, ELVIRA ANTONIA (Presidente/a)
ORJALES GALDO, INMACULADA (Secretario/a)
FERNANDEZ FERNANDEZ, ALEJANDRO (Vogal)
Microminerais en vacún de leite: transferencia nai-cría
Autoría
L.F.R.
Grao en Veterinaria
L.F.R.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
19.07.2024 09:00
19.07.2024 09:00
Resumo
Durante a xestación, a vaca subministra ao feto nutrientes esenciais, incluídos os microminerais, a través do sangue e a transferencia placentaria para asegurar o seu desenvolvemento. Ao nacer, este aporte continúa grazas á inxestión do costro. Polo tanto, os niveis de microminerais nos tenreiros dependen do aporte materno, creando unha reserva que a cría utilizará durante a súa vida postnatal. Así, o obxectivo deste traballo foi avaliar os niveis de microminerais (Co, Cr, Cu, Fe, Mn, Mo, Se, Zn) en mostras de sangue (soro) emparelladas de vacas de leite multíparas e das súas tenreiras tras a inxestión do costro. As mostras sometéronse a un procedemento sinxelo de dixestión ácida e os niveis de microminerais analizáronse por Espectroscopia de Emisión con Fonte de Plasma Acoplado (ICP MS). Os niveis de Co, Cu, Fe e Se no soro foron significativamente máis altos nas vacas que nas tenreiras, mentres que o Zn foi significativamente maior nas tenreiras; sendo os niveis de Cr, Mn e Mo moi semellantes en ambos os grupos. O porcentaxe de deficiencia foi superior nas vacas que nas tenreiras, sendo o Se o elemento máis deficitario, seguido do Zn, o Cu e o Co. Nas tenreiras, o Co e o Mn foron máis deficientes que nas súas nais. Por outro lado, o Se foi o elemento máis deficiente nas nais e o que presentou menor deficiencia nas tenreiras. As concentracións de Cr, Cu, Mn, Mo e Se no soro da nai correlacionáronse positivamente cos niveis no soro das tenreiras. Estes resultados corroboran a transferencia micromineral nai-cría, xa sexa vía transplacentaria ou polo costro, priorizando a reserva mineral do feto e asegurando un nivel micromineral correcto ao tenreiro.

MIRANDA CASTAÑON, MARTA INES (Titoría)
MIRANDA CASTAÑON, MARTA INES (Titoría)
Tribunal
MIRANDA LOPEZ, JOSE MANUEL (Presidente/a)
BARREIRO VAZQUEZ, JOSE DANIEL (Secretario/a)
CAMIÑA GARCIA, MARIA MERCEDES (Vogal)
MIRANDA LOPEZ, JOSE MANUEL (Presidente/a)
BARREIRO VAZQUEZ, JOSE DANIEL (Secretario/a)
CAMIÑA GARCIA, MARIA MERCEDES (Vogal)
Desmopatía do ligamento tibiorrotuliano trala resolución cirúrxica da rotura do ligamento cruzado cranial no can.
Autoría
F.V.N.
Grao en Veterinaria
F.V.N.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
A rotura do ligamento cruzado cranial (RLCCr) é a patoloxía ortopédica máis frecuente en cans en medicina veterinaria. A súa rotura relaciónase con coxeira, inestabilidade articular e molestias no animal, xa que este ligamento é o responsable da estabilidade cranio-caudal da articulación do xeonllo. A resolución desta patoloxía é cirúrxica e as técnicas que demostraron mellores resultados son as osteotomías da rexión proximal da tibia. Entre as máis estudadas están o avance da tuberosidade tibial (TTA), a osteotomía niveladora da meseta tibial (TPLO) e a técnica modificada de Maquet (MMT). Unha complicación frecuentemente observada no período pos-cirúrxico destas técnicas é a desmopatía do ligamento tibiorrotuliano ou patelar, que pode causar molestias no animal e pódese diagnosticar de maneira radiográfica. Existe pouca información sobre esta complicación na TPLO. Tampouco existen estudos que comparen o engrosamento que producirían as diferentes técnicas cirúrxicas entre si. Por iso, os obxectivos deste traballo baseáronse en determinar a incidencia da desmopatía do ligamento na TPLO; determinar se idade, sexo ou peso están relacionados con esta complicación e comparar se existen diferenzas das medidas obtidas con outros traballos sobre a desmopatía do ligamento noutras técnicas cirúrxicas. Para iso, realizouse un estudo retrospectivo onde se analizaron un total de 89 historias clínicas de cans diagnosticados con RLCCr que foron sometidos a TPLO da base de datos do Hospital Veterinario Universitario Rof Codina. Realizáronse medidas radiográficas do grosor do ligamento en tres puntos de medición ós dous meses post-cirúrxicos. Determinouse unha incidencia do 86,7% da desmopatía do ligamento patelar ás oito semanas pos-cirúrxicas. Ademais, obtivéronse tres medias de medidas neste mesmo tempo con 3,90 +- 1,12 mm en proximal, 4,69 +- 2,16 mm no medio do ligamento e 5,98 +- 3,78 mm en distal. Peso, sexo e idade non foron consideradas como variables debido á ausencia de diferenzas significativas entre grupos. Os resultados obtidos neste traballo coinciden con outros traballos sobre esta complicación en TPLO e son lixeiramente inferiores aos obtidos noutros traballos sobre TTA e MMT. Isto suxire que a TPLO podería causar un engrosamento maior do ligamento patelar que as anteriores. Á súa vez, estableceuse un engrosamento máis notable na porción distal, o que pode estar relacionado co protocolo cirúrxico ou a actividade pos-operatoria do paciente no período pos-cirúrxico.

Importacia dos aspectos bioclimáticos no deseño e implementación de estratexias de prevención e control do febre do Nilo Occidental
Autoría
C.P.H.
Grao en Veterinaria
C.P.H.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
12.09.2024 16:00
12.09.2024 16:00
Resumo
O presente estudo abordou de maneira extensa os factors bioclimáticos que inflúen na presenza e distribución do vector do virus do Nilo Occidental e a súa importancia no deseño de estratexias de prevención e control da Febre do Virus do Nilo. Con iso búscase recoller información co obxectivo de desenvolver estratexias mais eficaces que axuden a reducir o impacto desta enfermidade na saúde humana e animal. A traves dunha análise detallada, idetificáronde os mosquitos do xénero Culex como os principais vecvtores do virus, e ás avea como os seus principais hospedadores amplificadores. Este coécemento é crucial para dirixir esforzos na súa vixilancia e contorl. A presenza e proliferación dos vectores vense favorecidas con temperaturas entre 20 y 30 graos e humedades relativas maiores ao 50 por ciento. Un nivel de urbanización elevado, así como un Índice de Vexetación Normalizado, NDVI elevado tamén favorecen a súa proliferación. Os factores bioclimáticos son determinantes para o poboación de vectores e, en consecuencia, para a transmisión do virus. Este coñocemento é crucial para o desenvolvemento de estratexias de prevención e control. A devandita análise proporciona unha base sólida para a planificación de intervencións en Saúde Pública, ofrecendo unha base sólida para mellorar a xestión da enfermidade. Estos achados tamén permitiron desenvolver recomendacións para estratexias de prevención e control, incluindo a monitorización de condicións climáticas e a implementación de medidas preventicas en zonas de risco

CAZAPAL MONTEIRO, CRISTIANA FILIPA (Titoría)
HERNANDEZ MALAGON, JOSE ANGEL Cotitoría
CAZAPAL MONTEIRO, CRISTIANA FILIPA (Titoría)
HERNANDEZ MALAGON, JOSE ANGEL Cotitoría
Tribunal
SAINZ OSES, MARIA JESUS (Presidente/a)
DÍAZ FERNÁNDEZ, PABLO (Secretario/a)
SANCHEZ QUINTEIRO, PABLO (Vogal)
SAINZ OSES, MARIA JESUS (Presidente/a)
DÍAZ FERNÁNDEZ, PABLO (Secretario/a)
SANCHEZ QUINTEIRO, PABLO (Vogal)
Factores de virulencia e patoloxías causadas por Leptospira interrogans en cans.
Autoría
M.B.T.
Grao en Veterinaria
M.B.T.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
As enfermedades ocasionadas por bacterias do xénero Leptospira son zoonosis de distribución mundial. Estas espiroquetas, pertencentes ao grupo G-, dividense en especies patóxenas (Leptospira interrogans), intermedias e saprófitas, e a súa vez en serovares. Na patoxenia da leptospirosis canina provocada por L. interrogans están incluidos diferentes factores de virulencia, que son compoñentes bacterianos coa finalidade de favorecer a infeción. Neste caso, entre os máis estudiados/investigados atópanse os endoflaxelos, lipopolisacáridos e diversas lipoproteínas, que teñen unha actividade que pode relacionarse ou non coa patoxenia da bacteria. Os serovares de Leptospira interrogans máis frecuentemente implicados como causa da enfermidade en cans son Canicola e Icterohaemorrhagiae. Ambos relacionanse cos signos máis característicos da enfermidade, nefritis tubulointersticial aguda e disfuncións hepáticas, respetivamente.

BLANCO ALVAREZ, JESUS EULOGIO (Titoría)
BLANCO ALVAREZ, JESUS EULOGIO (Titoría)
Tribunal
SAINZ OSES, MARIA JESUS (Presidente/a)
DÍAZ FERNÁNDEZ, PABLO (Secretario/a)
SANCHEZ QUINTEIRO, PABLO (Vogal)
SAINZ OSES, MARIA JESUS (Presidente/a)
DÍAZ FERNÁNDEZ, PABLO (Secretario/a)
SANCHEZ QUINTEIRO, PABLO (Vogal)
Salmón atlántico vs. troita común: a idoneidade como hospedadores na conservación ex situ de M. margaritifera (L.).
Autoría
A.E.L.
Grao en Veterinaria
A.E.L.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
16.02.2024 09:30
16.02.2024 09:30
Resumo
A náiade ou mexillón de río Margaritifera margaritifera (Linneo, 1758) é unha das especies máis ameazadas a nivel mundial. Ten un ciclo de vida complexo, cunha fase parasitaria obrigatoria onde as súas larvas, denominadas gloquidios, permanecen nas branquias de peixes salmónidos: Salmo salar (Linneo, 1758) e Salmo trutta (Linneo, 1758,) tanto na súa variante residente, a troita común, como na migradora, o reo. Con todo, a especie de hospedador máis axeitada para que M. margaritifera complete o seu ciclo parece variar en función da localización xeográfica e da poboación considerada. O noroeste da península ibérica constitúe o límite sur da distribución desta náiade, atopándose as poboacións máis importantes en Galicia e no norte de Portugal, evidenciando a crucial importancia deste territorio para a conservación da especie. Neste sentido, actualmente estanse desenvolvendo nesta área plans de mellora do hábitat e de cultivo ex situ, existindo, con todo, unha notable ausencia de coñecemento sobre a relación parasito-hospedador que manteñen estas poboacións coas especies Salmo salar e Salmo trutta. Para tentar achegar información adicional sobre este punto, inzáronse 250 salmóns e 250 troitas 0+ procedentes do río Ulla (Galicia) con gloquidios de M. margaritifera da mesma bacía, e estudáronse as características do período parasitario e postparasitario, analizando datos de prevalencia, taxa de infestación, tamaño e supervivencia dos quistes parasitarios e dos mexillóns xuvenís. Tendo en conta as variables estudadas, S. salar resultou ser o hospedador máis axeitado para o cultivo da poboación de M. margaritifera considerada, aínda que a infestación en S. trutta tamén permite completar o ciclo e produce xuvenís viables. Os resultados e a información obtidos poden ser útiles para optimizar o deseño de plans de conservación ex situ e para realizar a liberación de peixes infestados nos ríos desta zona como método de reforzo poboacional, e ilustra a necesidade da identificación do hospedador principal en función da zona e poboación considerada se se pretende desenvolver estratexias de conservación óptimas.

ONDINA NAVARRET, MARIA PAZ (Titoría)
OUTEIRO RODRIGUEZ, ADOLFO MANUEL Cotitoría
ONDINA NAVARRET, MARIA PAZ (Titoría)
OUTEIRO RODRIGUEZ, ADOLFO MANUEL Cotitoría
Tribunal
VÁZQUEZ VÁZQUEZ, MANUEL (Presidente/a)
VILLANUEVA SANTAMARINA, BLANCA LIDIA (Secretario/a)
MUIÑO OTERO, RODRIGO (Vogal)
VÁZQUEZ VÁZQUEZ, MANUEL (Presidente/a)
VILLANUEVA SANTAMARINA, BLANCA LIDIA (Secretario/a)
MUIÑO OTERO, RODRIGO (Vogal)
Análise da exposición ao virus da Febre Hemorráxica de Crimea Congo en Galicia (NON España)
Autoría
H.G.M.
Grao en Veterinaria
H.G.M.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
19.07.2024 09:00
19.07.2024 09:00
Resumo
A Febre Hemorráxica de Crimea Congo é unha zoonose causada polo virus Orthonairovirus haemorrhagiae (máis comunmente coñecido como virus da Febre Hemorráxica de Crimea Congo) e transmitida por carrachas principalmente do xénero Hyalomma. Os hospedadores preferidos do vector son os ungulados, sendo o ser humano un hospedador accidental. Nos animais a infección cursa de forma subclínica, dificultando o seguimento da circulación do virus. Este estudo expúxose como unha forma de comprobar a exposición en Galicia a este patóxeno, e para analizar a posible influencia das condicións climáticas na súa circulación. Para iso, analizáronse mostras de plasma e soro de ungulados (n=724) cedidas por entidades colaboradoras (veterinarios e gandeiros) e de propia achega de toda a Comunidade Autónoma mediante enzimoinmunoanálisis de absorción (ELISA), obtendo unha seroprevalencia total do 2’9%. Os resultados clasificáronse en base á zona climática na que habitaban os animais co fin de relacionalos coa presenza do vector. Demostrouse que, en canto a distribución xeográfica, a maior seroprevalencia detectouse nas zonas nas que está descrita a maior abundancia de Hyalomma marginatum (sur de Galicia clima Csa), aínda que é certo que aparece algunha discordancia entre os municipios con presenza do vector e aqueles con individuos seropositivos ao VFHCC, indicando que os hábitos do ectoparásito e o fundamento da técnica empregada poden dificultar a interpretación dos resultados.

SÁNCHEZ-ANDRADE FERNÁNDEZ, RITA (Titoría)
Vilá Pena, María Cotitoría
SÁNCHEZ-ANDRADE FERNÁNDEZ, RITA (Titoría)
Vilá Pena, María Cotitoría
Tribunal
MIRANDA LOPEZ, JOSE MANUEL (Presidente/a)
BARREIRO VAZQUEZ, JOSE DANIEL (Secretario/a)
CAMIÑA GARCIA, MARIA MERCEDES (Vogal)
MIRANDA LOPEZ, JOSE MANUEL (Presidente/a)
BARREIRO VAZQUEZ, JOSE DANIEL (Secretario/a)
CAMIÑA GARCIA, MARIA MERCEDES (Vogal)
Cetose subclínica na vaca leiteira de alta produción.
Autoría
A.A.O.
Grao en Veterinaria
A.A.O.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
17.07.2024 09:00
17.07.2024 09:00
Resumo
O período de transición, que abrangue as tres semanas anteriores e posteriores ao parto, considérase unha etapa crítica na vida das vacas de leite de alta produción (VLAP). Durante esta etapa, as vacas experimentan importantes cambios fisiolóxicos e metabólicos que as fan máis predispostas a patoloxías metabólicas, sendo a cetose unha das máis frecuentes. A cetose subclínica é un trastorno metabólico caracterizado por un aumento dos niveis de corpos cetónicos no sangue, ouriños e leite, debido a un balance enerxético negativo (BEN), sen presentar síntomas evidentes. Este BEN prodúcese cando a inxestión de enerxía é insuficiente para satisfacer as demandas de mantemento, o crecemento fetal e a produción de leite, o que leva á mobilización de reservas de graxa corporal, que se metabolizan en ácidos graxos non esterificados (NEFA). Este desequilibrio metabólico provoca importantes perdas económicas na explotación, o que destaca a importancia de implantar no rabaño medidas preventivas eficaces para reducir a súa incidencia. Tamén é fundamental coñecer as técnicas diagnósticas para poder monitorizar en períodos críticos e aplicar os tratamentos terapéuticos axeitados para paliar os posibles danos que provoca esta afección.

PEREIRA LESTAYO, VICTOR (Titoría)
PEREIRA LESTAYO, VICTOR (Titoría)
Tribunal
Barros Velázquez, Jorge (Presidente/a)
CAZAPAL MONTEIRO, CRISTIANA FILIPA (Secretario/a)
BLANCO ALVAREZ, JESUS EULOGIO (Vogal)
Barros Velázquez, Jorge (Presidente/a)
CAZAPAL MONTEIRO, CRISTIANA FILIPA (Secretario/a)
BLANCO ALVAREZ, JESUS EULOGIO (Vogal)
Cardiopatías conxénitas en cans: Base anatómica e consecuencias clínicas
Autoría
L.C.P.
Grao en Veterinaria
L.C.P.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
15.02.2024 09:30
15.02.2024 09:30
Resumo
As cardiopatías conxénitas son de alta importancia clínica nos pequenos animais. Para a súa comprensión, é básico coñecer a anatomía e embrioloxía cardíaca normal e as súas variacións cando se trata dalgunha destas patoloxías, polo que ao longo deste traballo se pretende compendiar os aspectos máis relevantes nestes campos, ademáis de desenvolver a etioloxía, fisiopatoloxía e diagnóstico das principais cardiopatías conxénitas.

FERNANDEZ TROCONIZ REVUELTA, PATRICIA (Titoría)
FERNANDEZ TROCONIZ REVUELTA, PATRICIA (Titoría)
Tribunal
Barros Velázquez, Jorge (Presidente/a)
CAZAPAL MONTEIRO, CRISTIANA FILIPA (Secretario/a)
BLANCO ALVAREZ, JESUS EULOGIO (Vogal)
Barros Velázquez, Jorge (Presidente/a)
CAZAPAL MONTEIRO, CRISTIANA FILIPA (Secretario/a)
BLANCO ALVAREZ, JESUS EULOGIO (Vogal)
Factores que inflúen no benestar e produción do gando vacún leiteiro en réxime intensivo. Medidas de prevención
Autoría
M.B.S.C.
Grao en Veterinaria
M.B.S.C.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
21.06.2024 09:00
21.06.2024 09:00
Resumo
É un feito que, nos derradeiros anos, estase apostando por una produción cada vez máis comprometida coa sostenibilidade e o benestar dos animais, e o sector vacún leiteiro non pode ficar atrás. Tátase dun sector que se atopa en continuo crecemento e adaptación, conformando una das actividades productivas máis importantes en España e Galicia. De esta maneira, coñecer as medidas directamente relacionadas co benestar animal (recollidas en protocolos e lexislación correspondente) axudaría, tanto a productores coma consumidores, a comprender o impacto real que ten a aplicación das mesmas a nivel productivo, e establecer as pautas para melloralo. Ademais, a existencia de novas ferramentas e tecnoloxías nas explotacións, axuda aos productores a obter un maior número de datos sobre o estado en tempo real dos seus animais, e lles brinda a oportunidade de mellorar os rendementos ao mesmo tempo que melloran o seu benestar. Todo apoiado pola presenza de certificacións nos productos de orixe animal que acreditan que, durante o ciclo produtivo, os animais tratáronse baixo uns criterios e principios de benestar básicos, incluidos o transporte e o sacrificio. Ademais de tratarse dun concepto íntimamente relacionado coa sanidade animal e benestar das persoas.
É un feito que, nos derradeiros anos, estase apostando por una produción cada vez máis comprometida coa sostenibilidade e o benestar dos animais, e o sector vacún leiteiro non pode ficar atrás. Tátase dun sector que se atopa en continuo crecemento e adaptación, conformando una das actividades productivas máis importantes en España e Galicia. De esta maneira, coñecer as medidas directamente relacionadas co benestar animal (recollidas en protocolos e lexislación correspondente) axudaría, tanto a productores coma consumidores, a comprender o impacto real que ten a aplicación das mesmas a nivel productivo, e establecer as pautas para melloralo. Ademais, a existencia de novas ferramentas e tecnoloxías nas explotacións, axuda aos productores a obter un maior número de datos sobre o estado en tempo real dos seus animais, e lles brinda a oportunidade de mellorar os rendementos ao mesmo tempo que melloran o seu benestar. Todo apoiado pola presenza de certificacións nos productos de orixe animal que acreditan que, durante o ciclo produtivo, os animais tratáronse baixo uns criterios e principios de benestar básicos, incluidos o transporte e o sacrificio. Ademais de tratarse dun concepto íntimamente relacionado coa sanidade animal e benestar das persoas.
Dirección
CASTILLO RODRÍGUEZ, CRISTINA (Titoría)
CASTILLO RODRÍGUEZ, CRISTINA (Titoría)
Tribunal
MORA GUTIERREZ, AZUCENA DEL CARMEN (Presidente/a)
CARRERA GONZALEZ, MARIA CRISTINA (Secretario/a)
VÁZQUEZ BELDA, BEATRIZ ISABEL (Vogal)
MORA GUTIERREZ, AZUCENA DEL CARMEN (Presidente/a)
CARRERA GONZALEZ, MARIA CRISTINA (Secretario/a)
VÁZQUEZ BELDA, BEATRIZ ISABEL (Vogal)
: Evaluación da presenza de Mycoplasma spp. hemotrópicos en gando bovino de Lugo.
Autoría
L.V.V.
Grao en Veterinaria
L.V.V.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Os hemoplasmas son bacterias pertencentes ao xénero Mycoplasma, no que se inclúen patóxenos sen parede celular que infectan os eritrocitos de animais silvestres e domésticos e do ser humano. Aínda que estas bacterias están presentes en España, non se coñece o seu predominio e distribución. Por este motivo, o obxectivo do presente estudo é investigar a presenza de hemoplasmas en gando vacún de Galicia e caracterizar de forma molecular as especies presentes. Para realizar o estudo, colleitáronse 345 mostras de sangue de gando vacún de distintas explotacións da provincia de Lugo. Estas mostras clasificáronse en función da explotación de orixe e da idade dos animais, e realizáronse 75 pooles de sangue. A presenza de hemoplasmas analizouse mediante un protocolo de PCR que permite amplificar unha rexión do 16S ARNr destes patóxenos. Posteriormente analizouse mediante unha regresión lineal a influencia da idade dos animais, a idade máis frecuente na granxa, o tamaño da granxa e a rexión de estudo sobre a presenza de hemoplasmas. Un total de 70 mostras resultaron positivas (93,33%), mediante unha estimación de máxima verosimilitude o predominio total de haemoplasmas era dun 43,11% (IC95%:33,85%-53,76%). Identificáronse dúas especies de haemoplasmas Mycoplasma wenyonii (56,7%) e Candidatus Mycoplasma haemobos (26,2%). Non se identificou ningunha das variables analizadas como factor de risco. O presente estudo constitúe a primeira investigación sobre a presenza de hemoplasmas en gando vacún de España. A elevada ocorrencia suxire a posible endemicidade do patóxeno nas poboacións de gando incluídas no estudo. Esta ocorrencia podería dificultar a detección doutros patóxenos xa que os hemoplasmas poderían identificarse como patóxenos causantes de signos clínicos ou danos produtivos que en realidade teñen outra orixe; ademais, a súa endemicidade dificulta a identificación de factores de risco. Estes achados subliñan a importancia de implementar estratexias de prevención máis efectivas na xestión do gando vacún. Finalmente, aínda que as dúas especies de hemoplasmas identificadas son frecuentes en gando vacún a nivel mundial, Ca. M. haemobos foi identificado nun amplo rango de hospedadores, polo que a súa detección podería suxerir que outras especies animais susceptibles poderían estar infectadas con esta especie de hemoplasma.

Hernias discais toracolumbares no can
Autoría
N.C.A.
Grao en Veterinaria
N.C.A.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
13.09.2024 10:30
13.09.2024 10:30
Resumo
As hernias de disco forman parte da enfermidade do disco intervertebral e considéranse a patoloxía neurolóxica máis común nas clínicas veterinarias. Consisten no desprazamento parcial do disco intervertebral, situado entre dúas vértebras adxacentes, cara a canle vertebral. A maioría delas ocorren na rexión toracolumbar da columna e hai unha maior prevalencia en cans que en gatos. Prodúcense por unha dexeneración do disco intervertebral provocada por diversos factores, sendo a causa principal unha metaplasia condroide. Esta última é máis común en cans de razas condrodistróficas e a metaplasia fibrinoide en razas non condrodistróficas, sendo a primeira a máis frecuente na maioría dos casos. A idade de presentación e o tipo de hernia producida tamén varía entre estes dous grupos. A importancia clínica desta enfermidade radica na lesión inducida nos nervios afectados e no tempo transcorrido desde a aparición dos signos clínicos. Estes poden ir desde dor ou unha lixeira diminución da propiocepción ata paraplexia con incontinencia fecal e/ou urinaria xunto coa ausencia de nocicepción. O diagnóstico definitivo realízase mediante técnicas de imaxe, despois de localizar a lesión mediante o exame e a anamnese do animal. O tratamento conservador baséase principalmente na restrición da actividade e analxesia e o tratamento cirúrxico na descompresión medular mediante hemilaminectomía, con ou sen fenestración discal. A elección dun ou doutro dependerá do estado do animal, entre outros factores.

MUÑOZ GUZON, FERNANDO MARIA (Titoría)
PERMUY MENDAÑA, MARIA Cotitoría
MUÑOZ GUZON, FERNANDO MARIA (Titoría)
PERMUY MENDAÑA, MARIA Cotitoría
Tribunal
ALONSO MEIJIDE, JOSE MARIA (Presidente/a)
LOPEZ GARCIA, MARIANO (Secretario/a)
QUINTELA ARIAS, LUÍS ÁNGEL (Vogal)
ALONSO MEIJIDE, JOSE MARIA (Presidente/a)
LOPEZ GARCIA, MARIANO (Secretario/a)
QUINTELA ARIAS, LUÍS ÁNGEL (Vogal)
Pautas de tratamento e prevención frente a Dirofilaria immitis en perros
Autoría
B.F.D.L.C.
Grao en Veterinaria
B.F.D.L.C.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
19.07.2024 09:00
19.07.2024 09:00
Resumo
A dirofilariose canina é unha enfermidade cardiopulmonar producida polo nematodo Dirofilaria immitis que é transmitida por mosquitos culícidos. O incremento continuo de prevalencia de D. immitis resaltou a importancia do control na transmisión desta enfermidade, así como da realización dun correcto diagnóstico e tratamento. A transmisión está vinculada á presenza de mosquitos vectores e factores climáticos que facilitan o seu desenvolvemento, ademais da migración de animais silvestres e o traslado, cada vez máis frecuente de mascotas. Un manexo adecuado da enfermidade require un enfoque multimodal, incluíndo unha terapia adulticida, microfilaricida e coadxuvante, así como a avaliación clínica de cada paciente para elixir a pauta máis adecuada. O uso de doxiciclina fronte ao endosimbionte Wolbachia é común antes do tratamento adulticida. Ao longo das últimas décadas estudáronse en numerosas investigacións os beneficios do seu uso e as posibles variacións de doses e pauta administrativa. A moxidectina tópica é o fármaco de elección para o tratamento microfilaricida, e úsase en combinación coa doxiciclina para reducir complicacións posteriores ao tratamento adulticida. Como principal fármaco empregado para a eliminación dos adultos emprégase a melarsomina, con todo existen opcións alternativas non arsenicais cando este non está dispoñible. Existen diferentes protocolos de tratamento recomendados, cuxas diferenzas vense influenciadas en gran medida polos recentes descubrimentos en relación coa brecha de susceptibilidade. Dentro das medidas preventivas, o emprego de fármacos preventivos a base de lactonas macrocíclicas, combinado con repelentes e o control comunitario de vectores, é esencial para reducir a incidencia da enfermidade. É crucial continuar explorando o impacto do cambio climático na distribución de D. immitis e a eficacia das estratexias de control de vectores. A adaptación a novas directrices de tratamento baseadas en estudos recentes pode mellorar os resultados clínicos. Os novos retos para o futuro céntranse na crecente aparición de resistencias aos fármacos empregados e o desenvolvemento de novos axentes terapéuticos que limiten a aparición de efectos secundarios.

PANADERO FONTÁN, ROSARIO (Titoría)
PANADERO FONTÁN, ROSARIO (Titoría)
Tribunal
MIRANDA LOPEZ, JOSE MANUEL (Presidente/a)
BARREIRO VAZQUEZ, JOSE DANIEL (Secretario/a)
CAMIÑA GARCIA, MARIA MERCEDES (Vogal)
MIRANDA LOPEZ, JOSE MANUEL (Presidente/a)
BARREIRO VAZQUEZ, JOSE DANIEL (Secretario/a)
CAMIÑA GARCIA, MARIA MERCEDES (Vogal)
Estimación radiográfica da maduración ósea e a súa aproximación á idade cronolóxica no oso pardo (Ursus arctos)
Autoría
C.P.G.
Grao en Veterinaria
C.P.G.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
15.02.2024 09:30
15.02.2024 09:30
Resumo
Este traballo que se presenta aquí é o desenvolvemento dunha metodoloxía para estimar a idade no oso pardo (Ursus arctos), baseada na avaliación radiográfica da maduración dos ósos da extremidade anterior. Unha correcta estimación da idade ósea determinada de maneira non invasiva é moi relevante no campo da investigación e da veterinaria práctica, en estudos de campo, necropsias, diagnósticos, controis sanitarios dos individuos e programas de conservación de fauna salvaxe. Debido a que o método que se utiliza na actualidade para determinar a idade é altamente invasivo, xa que supón a extracción dunha peza dentaria, faise necesario o desenvolvemento dunha ferramenta menos invasiva. Con dito fin, neste traballo realizase unha análise bibliográfica dos diferentes métodos de estimación da idade que se desenvolveu en diferentes especies de animais e especialmente nos úrsidos, e tamén no campo da medicina humana e descríbense tamén as novas técnicas automatizadas que poderían aplicarse para desenvolver a metodoloxía que se presenta neste traballo. Con esta información e unha base de datos propia con radiografías de 31 osos de diferentes idades, realízase un pequeno estudo experimental para avaliar a metodoloxía, establecer os parámetros e sentar as bases para a creación desta ferramenta, a cal necesitará un período máis longo para o seu desenvolvemento óptimo.

VILA PASTOR, MONICA (Titoría)
VILA PASTOR, MONICA (Titoría)
Tribunal
MIRANDA LOPEZ, JOSE MANUEL (Presidente/a)
BARREIRO VAZQUEZ, JOSE DANIEL (Secretario/a)
CAMIÑA GARCIA, MARIA MERCEDES (Vogal)
MIRANDA LOPEZ, JOSE MANUEL (Presidente/a)
BARREIRO VAZQUEZ, JOSE DANIEL (Secretario/a)
CAMIÑA GARCIA, MARIA MERCEDES (Vogal)
Estudo da presenza de E. coli produtoras de BLEE en aves silvestres
Autoría
A.P.V.
Grao en Veterinaria
A.P.V.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
16.02.2024 09:30
16.02.2024 09:30
Resumo
A loita contra a resistencia bacteriana constitúe un dos grandes retos da medicina do século XXI. Escherichia coli é unha bacteria implicada en múltiples enfermidades que afectan tanto a humanos como aos animais, e ademais, pola súa ubicuidade e alta plasticidade xenética, é unha das bacterias nas que é máis frecuente a aparición de cepas resistentes aos antibióticos. En particular, a aparición de cepas produtoras de betalactamasas de espectro estendido (BLEE) en E. coli é un risco emerxente de perda de eficacia no tratamento terapéutico das infeccións causadas por E. coli. A vida salvaxe pode actuar como reservorio para estas cepas resistentes e pode poñer en risco a saúde animal e pública. Neste estudo analizamos 102 aves silvestres ingresadas en dous Centros de Recuperación de Fauna Silvestre en dúas zonas diferentes de España, das que se tomaron mostras mediante hisopos cloacais co obxectivo de avaliar a presenza de E. coli, e en particular cepas de BLEE, nestas especies. A presenza de E. coli detectouse en 75/102 das mostras (73,5 %). En 7 das 102 aves (6,9 %) detectouse a presenza de oito cepas con fenotipo compatible con BLEE mediante a sementeira en medio TBX complementado con antibiótico. Estas oito cepas foron sometidas a unha PCR múltiple para identificar os xenes de resistencia implicados na produción de BLEE, detectando a presenza de blaCTX-M, blaSHV e blaTEM en 6 das cepas (5,9% do total de aves), sendo o máis frecuente o xene blaCTX-M (5/6 cepas). Tamén foi frecuente a presenza de varios xenes de resistencia nunha mesma cepa (4/6 cepas). Os nosos resultados confirman a circulación de cepas resistentes aos antibióticos en aves silvestres. Serían necesarios máis estudos para definir con máis detalle o papel preciso de cada especie. A presenza destas cepas podería constituír un risco epidemiolóxico tanto polos hábitos de determinadas especies (aves carroñeras ou aves afeitas a vivir en ambientes humanizados) que poden favorecer o contaxio, como polas súas migracións, onde se poden dispersar diferentes tipos de resistencias durante as súas viaxes. A detección de cepas resistentes en aves carroñeras suxire a posibilidade de utilizalas como indicadores de contaminación ambiental.

DIAZ CAO, JOSÉ MANUEL (Titoría)
López Lorenzo, Gonzalo Cotitoría
DIAZ CAO, JOSÉ MANUEL (Titoría)
López Lorenzo, Gonzalo Cotitoría
Tribunal
RODRIGUEZ NUÑEZ, EUGENIO ANSELMO (Presidente/a)
VARELA LOPEZ, OSCAR (Secretario/a)
FRANCO ABUIN, CARLOS MANUEL (Vogal)
RODRIGUEZ NUÑEZ, EUGENIO ANSELMO (Presidente/a)
VARELA LOPEZ, OSCAR (Secretario/a)
FRANCO ABUIN, CARLOS MANUEL (Vogal)
Ulceras corneáis en cans
Autoría
L.G.D.A.F.
Grao en Veterinaria
L.G.D.A.F.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
19.07.2024 09:00
19.07.2024 09:00
Resumo
A úlcera corneáis é unha patoloxía oftalmolóxica moi común en pequenos animais, sobre todo no caso dos cans. A importancia desta enfermidade radica nas súas complicacións, que poden dar lugar á perda da capacidade visual do animal, polo que é imprescindible levar a cabo un diagnóstico precoz e instaurar rapidamente un tratamento adecuado que evite o desenvolvemento dun posible agravamento. Trátase dunha enfermidade multifactorial que provoca a perda de continuidade das distintas capas da córnea. Segundo a profundidade da lesión, a etioloxía e a súa duración poden presentar distintos signos, sendo os máis comúns dor, blefaroespasmo e epífora. Para diagnosticar as úlceras corneáis existen unha gran variedade de métodos, sendo o máis utilizado a tinción con fluoresceína. É importante determinar a gravidade da lesión pois dependendo desta o tratamento será médico ou médico-cirúrxico. O tratamento médico baséase no uso de antibióticos, ciclopéjicos e outras substancias específicas para a etioloxía da úlcera (como nas úlceras indolentes ou en queratoconxuntivite seca). Existen numerosas técnicas cirúrxicas para abordar as úlceras por exemplo os colgallos de membrana nictitante ou de conxuntiva bulbar. Ademais, desenvolvéronse outras técnicas novas como o uso de enxertos de membranas biolóxicas ou plasma rico en plaquetas, que supoñen un avance e unha mellora no prognóstico desta patoloxía.

VARELA LOPEZ, OSCAR (Titoría)
PEREIRO GONZALEZ, MIRIAM Cotitoría
VARELA LOPEZ, OSCAR (Titoría)
PEREIRO GONZALEZ, MIRIAM Cotitoría
Tribunal
MIRANDA LOPEZ, JOSE MANUEL (Presidente/a)
BARREIRO VAZQUEZ, JOSE DANIEL (Secretario/a)
CAMIÑA GARCIA, MARIA MERCEDES (Vogal)
MIRANDA LOPEZ, JOSE MANUEL (Presidente/a)
BARREIRO VAZQUEZ, JOSE DANIEL (Secretario/a)
CAMIÑA GARCIA, MARIA MERCEDES (Vogal)
Avances Recentes en Técnicas de Cronotanodiagnóstico ata as 72 Horas
Autoría
D.P.D.
Grao en Veterinaria
D.P.D.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
19.07.2024 09:00
19.07.2024 09:00
Resumo
O cronotanatodiagnóstico é a ciencia que estuda como estimar o intervalo post mortem (IPM), o tempo que transcorre entre a morte e o achado do cadáver. Calcular o IPM é un dos principais labores ás que se enfronta un forense e facelo de forma precisa require dun coñecemento moi amplo e profundo das ciencias forenses. Este traballo recompila as técnicas e métodos utilizados na estimación do IPM en animais ata as 72 horas post mortem que apareceron nas publicacións científicas desde o 2019 ata o 2024, excluíndo as técnicas entomolóxicas e microbiolóxicas debido á súa extensión. Non obstante, si inclúe un gran número de procedementos que cuantifican cambios post mortem como, por exemplo, probas de imaxe, distintas tinguiduras histolóxicas en diversos órganos, exame do globo ocular, medicións físicas, análises bioquímicos, estudos en xenómica e epixenética e sobre o fenómeno da redistribución post mortem de fármacos e tóxicos. As técnicas incluídas son marcadamente innovadoras, polo que, en moitos casos, aínda faltan máis estudos que corroboren os seus resultados e a súa aplicabilidade. Por outro lado, a maioría dos estudos teñen a intención de aplicar os seus achados á medicina forense humana; polo tanto, é esencial para a veterinaria forense que a investigación non só considere os factores ambientais e individuais que inflúen nas medicións, senón que tamén se validen os procedementos nas diferentes especies de interese veterinario. En conclusión, a diversidade de técnicas atopada ten como obxectivo adaptarse a distintos contextos, posto que cada unha posúe unhas vantaxes e limitacións. A tendencia actual na investigación céntrase na cuantificación obxectiva de datos e en dous enfoques principais: o desenvolvemento de tecnoloxías portátiles para uso inmediato na escena do crime e a creación de modelos matemáticos e computacionais para estimacións precisas do IPM.

LOPEZ PEÑA, MONICA (Titoría)
PERMUY MENDAÑA, MARIA Cotitoría
LOPEZ PEÑA, MONICA (Titoría)
PERMUY MENDAÑA, MARIA Cotitoría
Tribunal
ALONSO MEIJIDE, JOSE MARIA (Presidente/a)
LOPEZ GARCIA, MARIANO (Secretario/a)
QUINTELA ARIAS, LUÍS ÁNGEL (Vogal)
ALONSO MEIJIDE, JOSE MARIA (Presidente/a)
LOPEZ GARCIA, MARIANO (Secretario/a)
QUINTELA ARIAS, LUÍS ÁNGEL (Vogal)
Detección de proteínas fosforiladas por a proteína quinasa dependente de AMPc (PKA) en espermatozoides de mexillón Mytilus galloprovincialis
Autoría
M.B.L.
Grao en Veterinaria
M.B.L.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
17.07.2024 09:00
17.07.2024 09:00
Resumo
Actualmente existe moita información científica que demostra que a fosforilación de proteínas mediada por a proteína quinasa dependente de AMPc (proteína quinasa A; PKA) é un dos mecanismos centrais na regulación da motilidade espermática en mamíferos. Con todo, noutras especies, particularmente en invertebrados, os datos sobre a implicación da PKA neste proceso son moi escasos. O presente traballo ten como obxectivo demostrar a presenza desta proteína quinasa nos espermatozoides da especie de bivalvo Mytilus galloprovincialis e de achegar datos sobre a súa participación no proceso de regulación da motilidad espermática. Adicionalmente, dentro do marco do cambio climático, tamén se pretende valorar se a variación da temperatura da auga do mar, onde son liberados os espermatozoides, podería ter efectos sobre a actividade da PKA. Os resultados obtidos mediante estudos de inmunohistoquímica mostran a presenza da PKA nos flagelos dos espermatozoides de M. galloprovincialis, onde se detectou a presenza tanto da subunidad reguladora (R) como da subunidad catalítica (C) da enzima. Por outra banda, detectáronse varias proteínas espermáticas con distintos pesos moleculares fosforiladas in vitro por a PKA, o que indica que, do mesmo xeito que ocorre en mamíferos, esta enzima pode estar implicada nos procesos de regulación da funcionalidade espermática. Por último, tamén se puido comprobar como a variación da temperatura ten un efecto directamente proporcional sobre a actividade da PKA no proceso de fosforilación de proteínas substrato, o que suxire que cambios na temperatura da auga do mar tamén poden afectar á actividade desta proteína quinasa, e, en consecuencia, á reprodución do molusco.

VILLAMARIN CID, JOSE ANTONIO (Titoría)
IBARGUREN ARICETA, MARIA DE IZASKUN Cotitoría
VILLAMARIN CID, JOSE ANTONIO (Titoría)
IBARGUREN ARICETA, MARIA DE IZASKUN Cotitoría
Tribunal
Barros Velázquez, Jorge (Presidente/a)
CAZAPAL MONTEIRO, CRISTIANA FILIPA (Secretario/a)
BLANCO ALVAREZ, JESUS EULOGIO (Vogal)
Barros Velázquez, Jorge (Presidente/a)
CAZAPAL MONTEIRO, CRISTIANA FILIPA (Secretario/a)
BLANCO ALVAREZ, JESUS EULOGIO (Vogal)
Mycobacterium avium subsp. paratuberculosis e o seu posible papel como axente causal da enfermidade de Crohn
Autoría
R.H.A.
Grao en Veterinaria
R.H.A.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
16.02.2024 09:30
16.02.2024 09:30
Resumo
A Enfermidade de Crohn (EC) é unha patoloxía que cada vez afecta a máis persoas a nivel mundial, especialmente nos países desenvolvidos. A súa etioloxía aínda é descoñecida; con todo, debido ás semellanzas coa Enfermidade de Johne (EJ) en ruminantes, tamén chamada paratuberculosis (PTB), estableceuse a hipótese da asociación entre a EC e Mycobacterium avium subespecie paratuberculosis (MAP), microorganismo causante da EJ. Neste documento realizouse unha revisión da información científica existente acerca da etioloxía, a epidemioloxía, o cadro clínico e lesional e o tratamento de ambas as enfermidades, así como as semellanzas entre elas, a posible asociación entre o desenvolvemento de EC e a detección de MAP e o risco de exposición da especie humana a esta bacteria a través da cadea climentaria. Como conclusión principal deste traballo de revisión pódese sinalar unha maior presenza de MAP en pacientes de EC que en pacientes control, aínda que non sempre é posible identificar o axente en todos os pacientes. Doutra banda, algúns dos argumentos clásicos en contra da relación causal entre MAP e o desenvolvemento de EC fóronse rebatendo grazas á realización de novos estudos e o desenvolvemento de novas metodoloxías, aínda que de momento a información dispoñible non permite confirmar o seu rol como axente etiolóxico do proceso. Con todo, o que si está claro é a presenza de MAP en numerosos elementos da cadea alimentaria, polo que desde un punto de vista do principio de precaución, sería recomendable establecer medidas que permitan reducir o risco de exposición da poboación humana a esta micobacteria a pesar de que aínda non se esclareceu completamente o seu papel no padecimiento desta enfermidade.

Prieto Lago, Alberto (Titoría)
Prieto Lago, Alberto (Titoría)
Tribunal
VÁZQUEZ VÁZQUEZ, MANUEL (Presidente/a)
VILLANUEVA SANTAMARINA, BLANCA LIDIA (Secretario/a)
MUIÑO OTERO, RODRIGO (Vogal)
VÁZQUEZ VÁZQUEZ, MANUEL (Presidente/a)
VILLANUEVA SANTAMARINA, BLANCA LIDIA (Secretario/a)
MUIÑO OTERO, RODRIGO (Vogal)
Prevalencias, factores de risco e efectos na reprodución da infección por Coxiella burnetii en explotacións de gando bovino leiteiro
Autoría
C.P.M.
Grao en Veterinaria
C.P.M.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
21.06.2024 09:00
21.06.2024 09:00
Resumo
Coxiella burnetii é o axente etiolóxico da coxielose nos animais e da Febre Q no ser humano. Trátase dun patóxeno altamente infeccioso e con elevada resistencia ambiental. No gando vacún, a coxielose adoita ser asintomática, pero suxeriuse unha posible relación con distintos problemas reprodutivos. Porén, en Galicia existen poucos datos epidemiolóxicos nesta especie. Por iso, o obxectivo deste estudo foi coñecer a prevalencia de C. burnetii, a súa distribución, factores de risco e os seus efectos sobre os parámetros reprodutivos nas explotacións bovinas leiteiras de Lugo e A Coruña. Ademais, estudouse a relación entre os resultados de qPCR e ELISAi. Desta maneira, recolléronse 36 mostras de leite en tanque e analizáronse mediante qPCR e ELISAi. Así mesmo, realizouse unha enquisa epidemiolóxica sobre as características da explotación e do manexo e, obtivéronse os datos reprodutivos de cada explotación dos últimos seis meses para estudar a súa relación coa presenza de C. burnetii. En total, un 52,3 % das granxas presentaron eliminación activa da bacteria e no 97,2 % detectáronse anticorpos fronte a C. burnetii, con prevalencias elevadas en ambas provincias (Lugo = 53,9 % e A Coruña = 71,4 %). O tamaño da granxa e a presenza de lazareto identificáronse como factores de risco para a presenza de C. burnetii. En relación cos parámetros reprodutivos, o porcentaxe de abortos e a presenza de endometrite nas granxas foron significativamente maiores nas granxas positivas a C. burnetii cando o grao de positividade na qPCR foi alto. É dicir, a porcentaxe de abortos foi maior nestas granxas fronte ás negativas (5,0 % vs 3,0 %) e, a porcentaxe de granxas positivas foi superior nas que tiveron endometrite (35,0 % vs 29,0 %). Finalmente, non se atopou unha asociación estadísticamente significativa entre a ratio S/P e o Ct da qPCR. Estes resultados indican a existencia dunha elevada presenza, exposición e distribución xeográfica de C. burnetii nas explotacións de vacún leiteiro desta rexión. A asociación entre unha maior presenza da bacteria e o tamaño da granxa pode ser debido ás diferentes características en función do tamaño, as cales poderían influír no risco de que a bacteria estea nas explotacións. Por outra banda, a asociación cos parámetros reprodutivos unicamente nas granxas cun maior grao de positividade suxire que esta se produza en patróns epidemiolóxicos concretos. A falta de relación entre os resultados de ELISAi e a qPCR tamén sería atribuíble a este fenómeno. Como consecuencia, é necesario determinar se a existencia de diferentes patróns serolóxicos e de excreción da bacteria poderían afectar nestes resultados. En definitiva, este traballo confirma a existencia dunha alta exposición e presenza de C. burnetii nas granxas galegas de vacún, e suxire a posibilidade da súa implicación en trastornos reprodutivos en granxas con perfís epidemiolóxicos concretos. Por último, é importante considerar que a elevada presenza de C. burnetii nas explotacións leiteiras podería supoñer un risco para a saúde pública.

O papel da microbiota na Enfermidade Gastrointestinal Canina
Autoría
S.M.R.
Grao en Veterinaria
S.M.R.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
16.02.2024 09:30
16.02.2024 09:30
Resumo
A microbiota intestinal é unha comunidade de organismos que viven nunha relación simbiótica co hospedeiro, conformada principalmente por bacterias, ademais de virus, fungos, arqueas e protozoos. Nesta revisión bibliográfica, pretendemos examinar qué bacterias poboan o tracto gastrointestinal canino, que métodos se usan para levar a cabo a identificación bacteriana, cales son as súas funcións dentro do organismo e como distintos factores, nun estado de boa saúde, poden facer que unhas comunidades aumenten e outras diminúan. Os factores que abordaremos serán as variacións sufridas segundo a idade, o ambiente no que se atopa e a dieta que segue. Con este auge de novos métodos de alimentación para as mascotas caninas con dietas cruas (como a dieta BARF), realizaronse varios estudos sobre as variacións na microbiota dos cans que a siguen. A continuación, explicaremos o concepto de disbiose e o modelo matemático coñecido como Índice de disbiose, que axuda a realizar diagnósticos e monitorizar a resposta ao tratamento en diferentes patoloxías gastrointestinais. Do mesmo xeito, revisaremos a literatura científica publicada máis recentemente sobre os cambios que experimenta a microbiota ao padecer patoloxías como a parvovirose, infección por Clostridium difficile, enfermidade inflamatoria intestinal, diarrea aguda ou síndrome de diarrea hemorráxica aguda, tamén como esa disbiose afecta ás funcións que desempeñan as bacterias no organismo, como a produción de ácidos graxos de cadea curta ou o metabolismo dos ácidos biliares. Por último, abordarase o tratamento mediante trasplantes fecais dun doante sá a un paciente con algunha enfermidade gastrointestinal. Os seus compoñentes, as teorías que tratan de explicar o seu mecanismo de acción e algúns protocolos e criterios de selección para doantes propostos por distintos profesionais serán analizados, xa que actualmente non existen directrices consensuadas a nivel internacional para realizar este procedemento. Ademais, propoñemos diferentes beneficios e desvantaxes que os trasplantes conlevarán, xunto con estudos nos que se empregaron para tratar distintas patoloxías e terapias adicionais como antibióticos, prebióticos e probióticos.

Ductus arterioso persistente. Diagnóstico e tratamento.
Autoría
L.C.G.
Grao en Veterinaria
L.C.G.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
O conduto ou ductus arterioso persistente (CAP) é unha das cardiopatías conxénitas máis frecuentes nos cans. Esta patoloxía ten lugar tras ocorrer un fallo no peche do conduto no nacemento, non converténdose no ligamento arterioso e mantendo a comunicación entre a aorta e a arteria pulmonar. Inicialmente, e en xeral, esta comunicación é de esquerda a dereita e, co paso do tempo, xera unha sobrecarga no lado esquerdo do corazón que deriva en insuficiencia cardíaca conxestiva. En ausencia dunha corrección pronta ou a causa dun CAP de gran diámetro, pode desenvolverse un cambio irreversíbel na circulación pulmonar, cursando con hipertensión, que xere unha inversión do CAP (CAP reverso). A detección precoz do CAP na primeira consulta do paciente mediante unha boa anamnese e exploración física, e o emprego de técnicas de diagnóstico por imaxe coma a ecocardiogradía e a anxiografía entre outras, repercuten no pronóstico e nas posibilidades de tratamento do paciente. O pronóstico dun paciente con CAP corrixido, mediante o emprego da ligadura cirúrxica tradicional ou métodos mínimamente invasivos, é excelente, diminuíndo drásticamente a mortalidade. Por este motivo, resulta de gran utilidade o coñecemento de diversas técnicas de diagnóstico e tratamento, ademáis das súas vantaxes e desvantaxes

Miño Fariña, Natalia (Titoría)
Miño Fariña, Natalia (Titoría)
Tribunal
SAINZ OSES, MARIA JESUS (Presidente/a)
DÍAZ FERNÁNDEZ, PABLO (Secretario/a)
SANCHEZ QUINTEIRO, PABLO (Vogal)
SAINZ OSES, MARIA JESUS (Presidente/a)
DÍAZ FERNÁNDEZ, PABLO (Secretario/a)
SANCHEZ QUINTEIRO, PABLO (Vogal)
Estudo morfolóxico e inmunohistoquímico do bulbo olfactivo accesorio e principal da londra asiática anana (Aonyx cinereus)
Autoría
S.A.F.A.
Grao en Veterinaria
S.A.F.A.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
15.02.2024 09:30
15.02.2024 09:30
Resumo
Este estudo aborda a caracterización estrutural, tanto macroscópica como microscópica, do bulbo olfativo (BO) dun carnívoro pertencente á familia Mustelidae e caracterizado polo seu estilo de vida semiacuático: a nutria asiática pequena (Aonyx cinereum). O BO é a estrutura cerebral responsable da integración inicial da información quimiosensorial procedente dos órganos sensoriais nasais. Este estudo exténdese aos seus dous compoñentes fundamentais: o bulbo olfativo principal (BOP) e o bulbo olfativo accesorio (BOA). Ambas áreas están implicadas no procesamento da información olfativa e feromonal, detectada pola mucosa olfativa e o neuroepitelio do conducto vomeronasal, respectivamente. Nos mamíferos, a organización estrutural do BOP está amplamente conservada, con patróns morfolóxicos e neuroquímicos comparables. Con todo, o desenvolvemento morfofuncional do BOA varía enormemente en función do papel relativo que a comunicación química xogue no comportamento socio-sexual da especie. Así, en roedores, lagomorfos e marsupiais, o desenvolvemento do sistema e, por tanto, a preponderancia da comunicación química é máxima. Con todo, en humanos e primates, diversas aproximacións, dende neuroanatómicas a xenómicas, apuntan a unha presenza vestixial do sistema. Este feito fai que o estudo do sistema vomeronasal requira un enfoque altamente específico. No caso concreto dos carnívoros, observáronse importantes diferenzas no desenvolvemento do sistema vomeronasal entre dúas familias tan próximas como cánidos e félidos. Os carnívoros salvaxes constitúen un excelente patrón para valorar a orixe e significado destas diferenzas. Debido ao citado anteriormente, abordamos neste traballo o estudo do BO dun exemplar de nutria; carnívoro pertencente á familia dos Mustélidos, na cal non se dispón de estudos previos desta natureza. Ao tratarse dun animal de vida semiacuática, este constitúe tamén un modelo interesante para valorar o grao de desenvolvemento do sistema olfativo principal neste tipo de animais. As técnicas empregadas foron diseccións macroscópicas e microscópicas, tincións histolóxicas de rutina e específicas, xunto co uso de marcadores inmunohistoquímicos (anti- proteínas G, anti-calbindina, anti-calretinina, anti-OMP, etc.) e histoquímicos (lectinas UEA, LEA, etc.). Como resultado do noso estudo, observamos na nutria asiática pequena a presenza dun prominente BOP, con un desenvolvemento estrutural e unha expresión de marcadores neuroquímicos á altura das especies máis avanzadas macrosmáticas. En canto ao BOA, son chamativas as súas reducidas dimensións e a súa escasa laminación, o cal concorda cos datos dispoñibles noutros mustélidos. Con todo, os marcadores neuroquímicos demostran que a organización desta estrutura pode ser máis complexa do previsto, debido á presenza de amplas formacións atípicas. En conclusión, plantéxase a relevancia da olfacción tradicional nunha especie semiacuática e a existencia dun patrón de integración da información quimiosensorial atípico, abrindo a porta á posible existencia de modelos alternativos ao establecido de forma clásica para os roedores.

Dopaxe no cabalo de deporte.
Autoría
P.R.D.
Grao en Veterinaria
P.R.D.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
17.07.2024 09:00
17.07.2024 09:00
Resumo
A dopaxe é a acción de administrar fármacos ou substancias estimulantes para potenciar artificialmente o rendemento do organismo. No ámbito da hípica empregase para aumentar o rendemento físico do animal co fin de poder alcanzar determinados resultados na competición ou para acelerar a súa recuperación tras un esforzo físico importante. 7 Hai numerosos organismos implicados na loita contra a dopaxe, e entre eles destaca: a Axencia Mundial Antidopaxe (AMA) que é a entidade suprema encargada de regular a dopaxe no deporte elaborando o Programa Mundial Antidopaxe, o cal recolle o Código Mundial Antidopaxe onde se inclúe a lista de substancias e métodos prohibidos na que consta que substancias e métodos non se poden utilizar e cando, así como, a lista de substancias de medicación controlada (substancias que se usan habitualmente na medicina equina pero que en competición poden supoñer unha vantaxe). A lexislación que regula a dopaxe en España é o Regulamento Antidopaxe Equino (RADE) que representa os compromisos da Federación Ecuestre Internacional (FEI) e da Real Federación Hípica Española (RFHE) co Código Mundial Antidopaxe e coa Convención Internacional Contra a Dopaxe da UNESCO. Son moitos os responsables que se encargan de que nunha competición hípica se apliquen as normas e se evite a dopaxe: o Comité Técnico Nacional de Xuíces (interpretan e aplican os Regulamentos), o Delegado Federativo (representante da RFHE en competicións nacionais) e, sen dúbida, as figuras dos veterinarios desempeñan un papel fundamental na loita antidopaxe, tanto o Veterinario de concurso (responsable da saúde do animal) como o Delegado Veterinario (responsable de supervisar o cumprimento das normas en canto a inspección do cabalo). Para detectar a dopaxe, lévase ao cabo unha toma de mostras de ouriños ou de sangue durante as competicións, de cuxo resultado vai depender as posibles sancións.

Manexo de peixes ornamentais; prevención e tratamento das principais patoloxías.
Autoría
J.B.D.G.S.
Grao en Veterinaria
J.B.D.G.S.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
16.02.2024 09:30
16.02.2024 09:30
Resumo
A acuariofilia en España tomou un gran impulso nos últimos anos, con especial interese nas especies que proveñen de clima tropical. Debemos entender o acuario como un ecosistema integro. No cal, a correcta calidade da auga e a selección adecuada dos habitantes, son as principais pautas para previr a aparición da maior parte de patoloxías. Nesta industria, cabe apuntar a falta de información e experiencia por parte dos propietarios. O que conleva unha maior predisposición a patoloxías, ao expoñer aos exemplares a unhas condicións inadecuadas. Neste traballo pretende recompilar as principais patoloxías presentes nos acuarios de auga tropical e o estudo dos parámetros de calidade da auga e pautas de manexo adecuadas en base ao comercio actual. Ademas valoraranse as estratexias de prevención, recoñecemento e tratamento para as principais patoloxías que aparecen nos acuarios.

Mitos e realidades sobre as dietas sen grans para animais de compañía
Autoría
H.P.R.
Grao en Veterinaria
H.P.R.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
19.07.2024 09:00
19.07.2024 09:00
Resumo
Nos últimos anos, os animais de compañía adquiriron un importante papel dentro do núcleo familiar. A necesidade de coidar máis deles levou a un aumento da popularidade das dietas non tradicionais, entre as que se atopan as dietas sen grans. Este tipo de dieta caracterízase por presentar unha fonte de hidratos de carbono diferente dos grans, normalmente leguminosas e tubérculos. O obxectivo deste traballo, polo tanto, é realizar unha revisión da literatura científica sobre dietas sen grans para determinar a súa validez como opción de alimentación alternativa para animais de compañía. Para iso, avaliáronse tanto as indicacións deste tipo de dieta como a poboación para a que sería máis favorable, como é o caso dos que presentan problemas de dixestibilidade. E as contraindicacións ou efectos negativos que poden aparecer tras o uso reiterado deste tipo de dietas, como é o caso das patoloxías cardíacas. Tras a revisión realizada, púidose concluír que a dieta sen grans podería ser unha boa alternativa ás dietas tradicionais, pero que se valoraría dispoñer dunha base científica máis sólida para prescribir esta dieta.

ORJALES GALDO, INMACULADA (Titoría)
RODRÍGUEZ BERMÚDEZ, RUTH Cotitoría
ORJALES GALDO, INMACULADA (Titoría)
RODRÍGUEZ BERMÚDEZ, RUTH Cotitoría
Tribunal
ALONSO MEIJIDE, JOSE MARIA (Presidente/a)
LOPEZ GARCIA, MARIANO (Secretario/a)
QUINTELA ARIAS, LUÍS ÁNGEL (Vogal)
ALONSO MEIJIDE, JOSE MARIA (Presidente/a)
LOPEZ GARCIA, MARIANO (Secretario/a)
QUINTELA ARIAS, LUÍS ÁNGEL (Vogal)
Abordaxe das pneumopatías en cans empregando a diagnose por imaxe.
Autoría
R.P.B.
Grao en Veterinaria
R.P.B.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
19.07.2024 09:00
19.07.2024 09:00
Resumo
As neumopatías caninas representan unha causa común de consulta en pequenos animais. A súa ampla variedade de manifestacións clínicas e a multitude de posibles etioloxías, algunhas aínda descoñecidas ou pouco estudadas, dificultan o diagnóstico, converténdoo nun gran desafío clínico para os veterinarios. O diagnóstico por imaxe xoga un papel crucial na orientación cara a un diagnóstico diferencial. A utilización de diversas modalidades de imaxe (radiografía, ecografía ou tomografía computarizada) permítenos obter unha visión non invasiva, máis ou menos detallada e precisa, das lesións pulmonares nos pacientes. Non obstante, estes resultados non adoitan ser definitivos, polo que se require un enfoque multidisciplinar para acadar un diagnóstico preciso. Este traballo pretende revisar artigos publicados nos últimos cinco anos para proporcionar información actualizada sobre as diferentes probas de imaxe dispoñibles, as súas principais características e os diferentes achados asociados coas distintas enfermidades pulmonares.

Revisión do protocolo de transferencia embrionaria en vacún de leite.
Autoría
U.G.D.M.
Grao en Veterinaria
U.G.D.M.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
12.09.2024 16:00
12.09.2024 16:00
Resumo
A transferencia de embrións (TE) é unha biotecnoloxía avanzada que revolucionou a reprodución e a mellora xenética no gando vacún de leite. Este traballo examina a evolución, implementación e eficacia da TE en vacas leiteiras, comparándoa coa inseminación artificial (IA). A TE permite manter altas taxas de concepción en vacas de alta produción e aquelas con intervalos curtos desde o parto, mitigando os efectos negativos da alta produción e o estrés térmico sobre a fertilidade. Ademais, a TE facilita a mellora xenética e a biosseguridade ao minimizar o risco de transmisión de enfermidades. A metodoloxía desta revisión baséase nunha busca sistemática de literatura en bases de datos académicas como PubMed, Google Académico e Web of Science, utilizando palabras clave específicas e criterios de inclusión e exclusión rigorosos para asegurar a relevancia e calidade dos estudos seleccionados. Na exposición do tema, detállase o proceso técnico da TE, incluíndo a superovulación das doadoras, a recollida e clasificación de embrións e a sincronización do estro nas receptoras. Discútense as aplicacións da TE, como a mellora xenética, a conservación de razas e a optimización da bioseguridade, así como as limitacións técnicas e económicas asociadas a esta biotecnoloxía. Finalmente, a conclusión destaca que, aínda que a TE ofrece vantaxes significativas en termos de eficiencia reprodutiva e biosseguridade, enfronta desafíos técnicos e éticos que requiren unha xestión coidadosa e continua investigación para optimizar a súa implementación na industria leiteira. As recomendacións futuras inclúen o desenvolvemento de técnicas máis eficientes e menos invasivas.

Martínez Sanz, Héctor Miguel Cotitoría
MUIÑO OTERO, RODRIGO (Titoría)
Martínez Sanz, Héctor Miguel Cotitoría
Tribunal
DIAZ VIZCAINO, ELVIRA ANTONIA (Presidente/a)
ORJALES GALDO, INMACULADA (Secretario/a)
FERNANDEZ FERNANDEZ, ALEJANDRO (Vogal)
DIAZ VIZCAINO, ELVIRA ANTONIA (Presidente/a)
ORJALES GALDO, INMACULADA (Secretario/a)
FERNANDEZ FERNANDEZ, ALEJANDRO (Vogal)
Inflamación crónica: un factor crave no cancro de cans e gatos
Autoría
P.M.J.
Grao en Veterinaria
P.M.J.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
16.02.2024 09:30
16.02.2024 09:30
Resumo
A inflamación crónica desencadeada por diversas causas pode agravar a progresión do cancro. Esta revisión bibliográfica analiza as causas da inflamación crónica de baixo grao e a posible asociación co cancro en cans e gatos. Demostrouse como os mecanismos moleculares conectan a inflamación crónica coa iniciación e progresión do cancro, á súa vez certas enfermidades inflamatorias presentes en cans e gatos están máis predispostas a desenvolver certos tipos de tumores. Algunhas enfermidades inflamatorias presentan resistencia á insulina, o cal conduce á hiperglucemia. Este fenómeno é significativo debido aos impactos que exerce no metabolismo do animal ao desencadear tamén respostas inflamatorias. Todas estas causas poden desembocar na síndrome de caquexia, unha síndrome multifactorial que involucra a perda de peso corporal, atrofia muscular, anorexia e esgotamento, e agrávase cando a inflamación persiste e induce cambios metabólicos e catabólicos.

LÓPEZ ALONSO, MARÍA MARTA (Titoría)
LÓPEZ ALONSO, MARÍA MARTA (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ NUÑEZ, EUGENIO ANSELMO (Presidente/a)
VARELA LOPEZ, OSCAR (Secretario/a)
FRANCO ABUIN, CARLOS MANUEL (Vogal)
RODRIGUEZ NUÑEZ, EUGENIO ANSELMO (Presidente/a)
VARELA LOPEZ, OSCAR (Secretario/a)
FRANCO ABUIN, CARLOS MANUEL (Vogal)
Estenose pulmonar en cans: casos clínicos tratados por valvuloplastia con balón
Autoría
N.A.T.
Grao en Veterinaria
N.A.T.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
17.07.2024 09:00
17.07.2024 09:00
Resumo
O presente traballo experimental baséase no estudo da estenose pulmonar (EP) en 22 casos resoltos por valvuloplastia con balón. A EP é un dos defectos cardíacos conxénitos (DCC) máis comúns nos cans, representando entre o 10% e o 20% do total. Caracterízase por un estreitamento entre o ventrículo dereito (VD) e a arteria pulmonar, que dificulta o fluxo sanguíneo e provoca unha sobrecarga de presión sobre o ventrículo que trata de ser compensada por hipertrofia concéntrica. Ademais, esta alteración tamén leva a unha redución do fluxo sanguíneo a nivel pulmonar. A ecocardiografía é a ferramenta de diagnóstico que permite identificar morfoloxicamente o defecto e graduar a súa gravidade medindo o gradiente de presión (PG). Aínda que os pacientes con EP leve adoitan levar unha vida normal sen necesidade de tratamento, aqueles con EP de moderada a grave benefícianse da valvuloplastia con balón, considerada o enfoque terapéutico de elección. Co obxectivo de avaliar a eficacia e a evolución a curto prazo da valvuloplastia, este traballo inclúe unha revisión retrospectiva dos casos clínicos xestionados mediante este procedemento, que complementa a revisión bibliográfica xeral sobre a patoloxía.

SUAREZ REY, MARIA LUISA (Titoría)
Santamarina Pernas, Germán Cotitoría
SUAREZ REY, MARIA LUISA (Titoría)
Santamarina Pernas, Germán Cotitoría
Tribunal
Barros Velázquez, Jorge (Presidente/a)
CAZAPAL MONTEIRO, CRISTIANA FILIPA (Secretario/a)
BLANCO ALVAREZ, JESUS EULOGIO (Vogal)
Barros Velázquez, Jorge (Presidente/a)
CAZAPAL MONTEIRO, CRISTIANA FILIPA (Secretario/a)
BLANCO ALVAREZ, JESUS EULOGIO (Vogal)
Situación actual da influenza aviaria e o papel das aves silvestres
Autoría
B.A.M.
Grao en Veterinaria
B.A.M.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
17.07.2024 09:00
17.07.2024 09:00
Resumo
O virus da influenza aviaria é un virus de ARN monocatenario segmentado, cuxa característica mais relevante é a súa elevada taxa de mutación. A súa presenza nas poboacións de aves remóntase ao século XIX e desde entón, foi o causante de importantes enzootias en aves e pandemias humanas. A súa elevada taxa de mutación fai que sexa un virus moi adaptable a diferentes tipos de hospedador, o que facilita a súa transmisión interespecífica de aves a mamíferos. As aves silvestres acuáticas son o reservorio natural do virus, e debido aos seus movementos migratorios, constitúen o vector ideal para a propagación global do axente. Nestes últimos catro anos xurdiu na poboación de aves silvestres unha nova variante de gran impacto, a coñecida como A(H5N1) clado 2.3.4.4b. Trátase dunha cepa altamente infectante que afecta clinicamente as aves silvestres (tradicionalmente eran asintomáticas), e que ademais empezou a causar infeccións graves e con elevada mortalidade en mamíferos, e en contados casos afecta aos humanos. Debido a que a súa propagación e/o mutación implica un risco importante cara á conservación da biodiversidade de aves e mamíferos silvestres, á saúde humana e ao sector avícola, é imprescindible un abordaxe da problemática centrado no concepto da “unha soa saúde”. Neste traballo faise unha revisión dos principais aspectos do virus da influenza aviaria, tratando aspectos como a epidemioloxía, etiopatoxenia, os signos clínicos e lesións e a prevención do virus, centrándose principalmente nas aves silvestres pero tamén mencionando nalgún apartado aos mamíferos e os humans.

LÓPEZ BECEIRO, ANA MARÍA (Titoría)
LÓPEZ BECEIRO, ANA MARÍA (Titoría)
Tribunal
Barros Velázquez, Jorge (Presidente/a)
CAZAPAL MONTEIRO, CRISTIANA FILIPA (Secretario/a)
BLANCO ALVAREZ, JESUS EULOGIO (Vogal)
Barros Velázquez, Jorge (Presidente/a)
CAZAPAL MONTEIRO, CRISTIANA FILIPA (Secretario/a)
BLANCO ALVAREZ, JESUS EULOGIO (Vogal)
Caracterización morfolóxica do mastín de traballo en Galicia
Autoría
S.B.G.
Grao en Veterinaria
S.B.G.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Os cans de traballo axudaron aos humanos en multitude de funcións. Entre elas, a garda e defensa con cans protectores é probablemente o traballo máis antigo. En España, o principal protector do gando ovino é o Mastín Español. A día de hoxe hai dúas liñas para esta raza. Por unha banda, os mastíns de cría, que seguen os criterios establecidos pola norma racial do Mastín Español (FCI N 91). E, por outra banda, os mastíns de traballo, presentes nalgunhas rexións do país onde se conserva o pastoreo, sen unha estrutura claramente estipulada. No presente traballo realízase unha caracterización morfolóxica en 73 mastíns de traballo de Galicia mediante 17 medidas morfolóxicas. Ao mesmo tempo, analízase o tipo de rabaño onde se atopan os mastíns e a porcentaxe da nosa poboación de estudo que cumpre as principais proporcións establecidas pola norma. Aproximadamente o 70 por cento dos mastíns localizáronse en rabaños nos que se realiza un manexo extensivo, compostos por unha única especie e formados por ata 150 animais. En canto á caracterización morfolóxica, observouse un marcado dimorfismo sexual na maioría das variables. No estudo de correlación das variables, o 47,06% mostrou un coeficiente de correlación maior ou igual a 0,33. O dendrograma de cluster, calculado a través das medidas morfolóxicas determinou 10 grupos poboacionais. Finalmente, os exemplares deste estudo non se axustan á maioría das proporcións esixidas polo modelo racial actual. Os resultados obtidos reflicten unha importante variabilidade xenética e a ausencia dun criterio de selección. Polo tanto, sería recomendable realizar un estudo xenético para seguir investigando a heteroxeneidade da poboación.

RODRÍGUEZ BERMÚDEZ, RUTH (Titoría)
Alibés Biosca, Joan Cotitoría
RODRÍGUEZ BERMÚDEZ, RUTH (Titoría)
Alibés Biosca, Joan Cotitoría
Tribunal
RODRIGUEZ NUÑEZ, EUGENIO ANSELMO (Presidente/a)
VARELA LOPEZ, OSCAR (Secretario/a)
FRANCO ABUIN, CARLOS MANUEL (Vogal)
RODRIGUEZ NUÑEZ, EUGENIO ANSELMO (Presidente/a)
VARELA LOPEZ, OSCAR (Secretario/a)
FRANCO ABUIN, CARLOS MANUEL (Vogal)
Emisións de Gases de Efecto Invernadoiro derivadas da produción de carne de Ternera Gallega Suprema
Autoría
L.G.I.
Grao en Veterinaria
L.G.I.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
19.07.2024 09:00
19.07.2024 09:00
Resumo
A produción de carne de vacún é unha fonte importante de emisións de Gases de Efecto Invernadoiro. Galicia é unha rexión na que esta produción é elevada, e a maioría comercialízase baixo o amparo da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega. Este estudo levouse a cabo co fin de determinar as emisións derivadas da produción de carne de Ternera Gallega Suprema, estudando se existen diferenzas nelas en función do sistema de manexo das explotacións. Para iso, empregáronse dous métodos de cálculo diferentes, o GLEAM e o CAP’2ER, ambos os dous baseados na Análise do Ciclo de Vida. Tras a obtención dos resultados observouse que non existen diferenzas importantes nas emisións en función do sistema de manexo das explotacións, pero si en función do método de cálculo empregado.

Gende Barbeito, Juan Antonio Cotitoría
RODRÍGUEZ BERMÚDEZ, RUTH (Titoría)
Alibés Biosca, Joan Cotitoría
Gende Barbeito, Juan Antonio Cotitoría
Tribunal
MIRANDA LOPEZ, JOSE MANUEL (Presidente/a)
BARREIRO VAZQUEZ, JOSE DANIEL (Secretario/a)
CAMIÑA GARCIA, MARIA MERCEDES (Vogal)
MIRANDA LOPEZ, JOSE MANUEL (Presidente/a)
BARREIRO VAZQUEZ, JOSE DANIEL (Secretario/a)
CAMIÑA GARCIA, MARIA MERCEDES (Vogal)
Estudo morfométrico de ovos e embrións de troita arco da vella (Oncorhynchus mykiss)
Autoría
C.M.T.
Grao en Veterinaria
C.M.T.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
13.09.2024 09:00
13.09.2024 09:00
Resumo
A troita arco da vella (Oncorhynchus mykiss) pertence á familia dos salmónidos e da súa produción dependían máis de 100 instalacións españolas en 2022. En 2023 en España producíronse máis de 16000 toneladas deste peixe, sendo Galicia a segunda comunidade autónoma con maior produción. A obtención da troita comeza coa incubación dos ovos embrionados en eidos cada vez máis controlados, sendo frecuentes os estudos sobre as variacións nalgúns factores durante a mesma coma o osíxeno ou a temperatura, porén os procesos que transcorren durante o desenvolvemento embrionario desta especie, non teñen ningún consenso establecido entre os investigadores. Os estudos morfométricos do crecemento embrionario da troita arco da vella son escasos mais moi interesantes para aumentar o nivel de tecnificacións dos centros de producción. Este estudo toma diferentes medicións, tanto de ovos coma de embrións da troita observando na análise estatística relacións lineais entre algunhas das variables co tempo de incubación.

QUIROGA BERDEAL, MARIA ISABEL (Titoría)
AZEVEDO GOMES, ANA MANUELA DE Cotitoría
QUIROGA BERDEAL, MARIA ISABEL (Titoría)
AZEVEDO GOMES, ANA MANUELA DE Cotitoría
Tribunal
MORA GUTIERREZ, AZUCENA DEL CARMEN (Presidente/a)
CARRERA GONZALEZ, MARIA CRISTINA (Secretario/a)
VÁZQUEZ BELDA, BEATRIZ ISABEL (Vogal)
MORA GUTIERREZ, AZUCENA DEL CARMEN (Presidente/a)
CARRERA GONZALEZ, MARIA CRISTINA (Secretario/a)
VÁZQUEZ BELDA, BEATRIZ ISABEL (Vogal)
Estudo anatómico e radiolóxico da rexión da cabeza dun exemplar de cífio de Sowerby (Mesoplodon bidens) varado na costa galega.
Autoría
M.R.L.
Grao en Veterinaria
M.R.L.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
15.02.2024 09:30
15.02.2024 09:30
Resumo
O cifio de Sowerby (Mesoplodon bidens) é un cetáceo odontoceto da familia Ziphiidae e un dos catro mesoplodontes que habitam as augas profundas do Atlántico norte. Moi poucos teñen a oportunidade de observar esta especie no seu medio natural e, por iso, a información acerca da súa anatomía e bioloxía é escasa e provén maioritariamente de exemplares varados. Neste traballo combináronse técnicas anatómicas e radiolóxicas para describir de forma detallada a anatomía da rexión cefálica dun cifio de Sowerby macho subadulto varado en Coruña en maio de 2021 co obxectivo de ampliar os coñecementos sobre a especie e así contribuír á súa conservación. Prestamos especial atención a aqueles órganos involucrados na emisión e recepción de sinais acústicas que permiten a estes animais habitar zonas inalcanzables para a maioría dos mamíferos mariños. Nos resultados mostramos estruturas como o complexo de sacos aéreos, un órgano espermaceti anterior independente inmediatamente caudal ao melón, as características morfolóxicas do cráneo e as primeiras imaxes de tomografía computarizada da cabeza dun zifio de Sowerby. Por último, toda a información recollida na minuciosa disección, o estudo osteolóxico e a interpretación das imaxes radiolóxicas discútese e compárase cos limitados estudos publicados sobre a anatomía desta rexión en zifios.

BARREIRO VAZQUEZ, JOSE DANIEL Cotitoría
ALEMAÑ POSADAS, NURIA VICENTA (Titoría)
BARREIRO VAZQUEZ, JOSE DANIEL Cotitoría
Tribunal
Barros Velázquez, Jorge (Presidente/a)
CAZAPAL MONTEIRO, CRISTIANA FILIPA (Secretario/a)
BLANCO ALVAREZ, JESUS EULOGIO (Vogal)
Barros Velázquez, Jorge (Presidente/a)
CAZAPAL MONTEIRO, CRISTIANA FILIPA (Secretario/a)
BLANCO ALVAREZ, JESUS EULOGIO (Vogal)
Linfoma Felino. Clasificación, características e aspectos xerais.
Autoría
M.T.T.
Grao en Veterinaria
M.T.T.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
17.07.2024 09:00
17.07.2024 09:00
Resumo
O linfoma é a neoplasia maligna hematopoética máis frecuente dentro da medicina felina, orixinándose a partir de células do sistema inmunoloxico, especificamente linfocitos e linfoblastos. Estas células poden afectar principalmente a órganos como o bazo, o fígado e o sistema gastrointestinal. Con todo, pode atoparse en diversas localizacións como na cavidade nasal ou sistema nervioso central. Isto dá lugar a unha clasificación anatómica da enfermidade, que é a máis utilizada dentro da medicina felina. O linfoma felino alimentario abarca principalmente o sistema gastrointestinal, o fígado e o bazo, podendo afectar colateralmente aos ganglios mesentéricos. O linfoma felino extranodal comprende un gran número de localizacións o que dá lugar a unha subclasificación anatómica, entre a que se atopa o linfoma felino extranodal renal, nasal, do sistema nervioso central, pericárdico/cardíaco, farínxeo/larínxeo/traqueal, cutáneo, ocular e de bulla timpánica. 1 O linfoma felino mediastínico, como o seu nome indica, afecta ao mediastino, mentres que o linfoma felino multicéntrico afecta aos linfonodos distribuídos polo organismo. O diagnóstico do linfoma felino realízase principalmente a partir de citoloxía e probas de imaxe. A quimioterapia é o tratamento de elección, seguido da cirurxía e a radioterapia.

A fauna silvestre como centinela na perspectiva dunha saúde (ONE-HEALTH)
Autoría
F.M.P.
Grao en Veterinaria
F.M.P.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
16.02.2024 09:30
16.02.2024 09:30
Resumo
A filosofía de One Health baséase na colaboración de diferentes axentes pertencentes a diversas disciplinas que buscan traballar conxuntamente para abordar diferentes problemáticas relacionadas coa mellora da saúde global (saúde humana, animal e medioambiental) debido á idea de que a saúde humana, animal e medioambiental son interdependentes. A fauna salvaxe xoga un papel fundamental dentro deste concepto, debido a que estes animais poden actuar como reservorio ou axentes diseminadores de patóxenos ou resistencia a antimicrobianos. Resáltase a importancia do uso responsable de antimicrobianos, xa que gran parte das mortes na actualidade son atribuíbles a devanditas resistencias que son transmitidas por bacterias aos humanos a través do medio ambiente ou da cadea alimentaria. Nesta revisión, analízanse os diferentes plans existentes dirixidos a fomentar o status sanitario dos animais salvaxes (entre eles O Plan Nacional de Vixilancia Sanitaria en Fauna Silvestre, levado a cabo polo MAPA), así como as liñas de acción para reducir o risco de selección e de diseminación de resistencia a antimicrobianos (mediante o Plan Nacional fronte á Resistencia aos Antibióticos), que son puntos de vital importancia na saúde pública. Finalmente propóñense algunhas posibles alternativas para mellorar os programas de vixilancia na fauna salvaxe como incrementar a frecuencia de mostraxe e desenvolver novas técnicas de diagnóstico. Igualmente, estratexias para abordar a diseminación da resistencia aos antimicrobianos como sensibilizar á poboación para evitar o seu uso innecesario.

GARCIA MENIÑO, ISIDRO Cotitoría
MORA GUTIERREZ, AZUCENA DEL CARMEN (Titoría)
GARCIA MENIÑO, ISIDRO Cotitoría
Tribunal
VÁZQUEZ VÁZQUEZ, MANUEL (Presidente/a)
VILLANUEVA SANTAMARINA, BLANCA LIDIA (Secretario/a)
MUIÑO OTERO, RODRIGO (Vogal)
VÁZQUEZ VÁZQUEZ, MANUEL (Presidente/a)
VILLANUEVA SANTAMARINA, BLANCA LIDIA (Secretario/a)
MUIÑO OTERO, RODRIGO (Vogal)
Pastoreo rexenerativo: un modelo prometedor para as explotacións gandeiras?
Autoría
A.M.B.M.
Grao en Veterinaria
A.M.B.M.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
13.09.2024 10:30
13.09.2024 10:30
Resumo
Neste traballo realizouse unha revisión bibliográfica sobre o pastoreo rexenerativo, mostrando diferentes modelos ou filosofías que existen para poñelo en práctica. O pastoreo rexenerativo é unha práctica agrícola que utiliza a saúde do solo e os principios de xestión adaptativa do gando para mellorar a rendibilidade agrícola, a saúde humana e dos ecosistemas e a resiliencia do sistema alimentario. Trátase dun modelo alternativo ao sistema convencional que non busca o obxectivo a curto prazo como ocorre neste último, senón que busca mellorar a rendibilidade e calidade dos produtos alimentarios mediante a rexeneración do solo e a mellora dos ecosistemas. Ademais, neste traballo analizaranse os diferentes beneficios e limitacións da xestión rexenerativa con datos obtidos de estudos recentes consultados. E por último, presentarase o caso práctico dunha explotación gandeira en Galicia que utiliza o pastoreo rexenerativo en todos os seus animais. En conclusión, o pastoreo rexenerativo pode ser unha boa alternativa para a xestión das explotacións na produción gandeira. Este sistema pode mellorar os servizos do solo e dos ecosistemas ao tempo que se obteñen produtos alimenticios de forma rendible e sostible, sempre que se adapte ás condicións de cada explotación gandeira e exista coñecemento de todos os procesos implicados neste tipo de xestión.
Neste traballo realizouse unha revisión bibliográfica sobre o pastoreo rexenerativo, mostrando diferentes modelos ou filosofías que existen para poñelo en práctica. O pastoreo rexenerativo é unha práctica agrícola que utiliza a saúde do solo e os principios de xestión adaptativa do gando para mellorar a rendibilidade agrícola, a saúde humana e dos ecosistemas e a resiliencia do sistema alimentario. Trátase dun modelo alternativo ao sistema convencional que non busca o obxectivo a curto prazo como ocorre neste último, senón que busca mellorar a rendibilidade e calidade dos produtos alimentarios mediante a rexeneración do solo e a mellora dos ecosistemas. Ademais, neste traballo analizaranse os diferentes beneficios e limitacións da xestión rexenerativa con datos obtidos de estudos recentes consultados. E por último, presentarase o caso práctico dunha explotación gandeira en Galicia que utiliza o pastoreo rexenerativo en todos os seus animais. En conclusión, o pastoreo rexenerativo pode ser unha boa alternativa para a xestión das explotacións na produción gandeira. Este sistema pode mellorar os servizos do solo e dos ecosistemas ao tempo que se obteñen produtos alimenticios de forma rendible e sostible, sempre que se adapte ás condicións de cada explotación gandeira e exista coñecemento de todos os procesos implicados neste tipo de xestión.
Dirección
RODRÍGUEZ BERMÚDEZ, RUTH (Titoría)
ROJO MONTEJO, SILVIA Cotitoría
RODRÍGUEZ BERMÚDEZ, RUTH (Titoría)
ROJO MONTEJO, SILVIA Cotitoría
Tribunal
ALONSO MEIJIDE, JOSE MARIA (Presidente/a)
LOPEZ GARCIA, MARIANO (Secretario/a)
QUINTELA ARIAS, LUÍS ÁNGEL (Vogal)
ALONSO MEIJIDE, JOSE MARIA (Presidente/a)
LOPEZ GARCIA, MARIANO (Secretario/a)
QUINTELA ARIAS, LUÍS ÁNGEL (Vogal)
Aspectos fisiolóxicos e clínicos da goteira esofáxica en bovinos
Autoría
B.A.R.
Grao en Veterinaria
B.A.R.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
A goteira esofáxica é unha estrutura de grande importancia no becerro lactante que posibilita o paso directo do leite cara ao abomaso permitindo unha correcta absorción de nutrientes e evitando unha indesexada fermentación ruminal. Nesta revisión bibliográfica abórdanse a relevancia e o funcionamento da goteira esofáxica en ruminantes lactantes, explorando como esta estrutura é crucial para a dixestión láctea, ademáis analízanse a morfoloxía e función das papilas unguiculiformes, destacando o seu papel como barreira filtrante. Tamén se identifican diversas causas de fallo no peche desta estructura e descríbense as graves consecuencias dun peche insuficiente. Investíganse os diversos factores que estimulan o peche da goteira esofáxica incluíndo estímulos físicos, químicos e comportamentais, así como a influencia doutras substancias entre as que se encontran a vasopresina, sales específicas e o acetaminofeno. O control do reflexo de peche desta estrutura posicionase como unha forramenta importante que pode influír na eficacia dos tratamentos, o que resalta a súa relevancia clínica e terapéutica.

FIDALGO ALVAREZ, LUIS EUSEBIO (Titoría)
FIDALGO ALVAREZ, LUIS EUSEBIO (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ NUÑEZ, EUGENIO ANSELMO (Presidente/a)
VARELA LOPEZ, OSCAR (Secretario/a)
FRANCO ABUIN, CARLOS MANUEL (Vogal)
RODRIGUEZ NUÑEZ, EUGENIO ANSELMO (Presidente/a)
VARELA LOPEZ, OSCAR (Secretario/a)
FRANCO ABUIN, CARLOS MANUEL (Vogal)
Avaliación do uso da trazodona oral como estratexia para reducir os requirimentos anestésicos na especie canina.
Autoría
N.C.C.
Grao en Veterinaria
N.C.C.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
OBXECTIVO: O estrés do paciente é un obstáculo na clínica veterinaria diaria. Para xestionalo, existen fármacos que axudan a reducir os signos de estrés e ansiedade e mellorar o benestar do paciente. Polo tanto, o obxectivo deste estudo é avaliar o efecto positivo que pode ter o uso dun fármaco ansiolítico, a trazodona, como parte da premedicación en procedementos cirúrxicos rutineiros. Avaliando se é posible obter unha anestesia máis estable, se se reduce o impacto do estímulo doloroso e se non existen efectos adversos que contraindiquen o seu uso no ámbito cirúrxico. MÉTODO: Estudo clínico prospectivo en 16 cadelas adultas, no que se realizou ovariectomía programada. Os aspectos do comportamento avaliáronse tras a administración de trazodona (5 mg/kg) ou placebo aos animais de cada grupo (n=8). Avaliáronse o nivel de sedación antes da indución e a dose de propofol necesaria para proceder á intubación orotraqueal, para ambos os grupos. Avaliáronse os bolos de fentanilo (2,5 mcg/kg) necesarios en resposta á dor cirúrxica e tamén se avaliaron comparativamente entre os grupos a frecuencia cardiaca e as presións arteriais non invasivas recollidas durante o procedemento cirúrxico, xunto con outros parámetros fisiolóxicos. RESULTADOS: Para a escala de estrés prequirúrxico: Grupo Trazodona 7,25 e Grupo Placebo 11,50. Os resultados da escala visual analóxica foron: Grupo Trazodona 4,37 e Grupo Placebo 6,00. Os resultados do formulario de avaliación da reactividade foron: Grupo Trazodona 1,62 e Grupo Placebo 2,25. Vómitos despois da premedicación: 62,5% no Grupo Placebo e 25% no Grupo Trazodona. Na escala de sedación previa á indución os resultados foron: Grupo Trazodona 10,37 e Grupo Placebo 8,12. As doses de propofol necesarias foron: Grupos trazodona 1,55 mg/kg e Grupo Placebo 2,13 mg/kg. En canto aos requerimentos dos bolos de analxesia, administráronse os seguintes: Grupo Trazodona 1,00 bolo e Grupo Placebo 1,37 bolos. Non houbo episodios significativos de hipotensión en ningún dos grupos. CONCLUSIÓN: O uso de trazodona oral administrada 2 horas antes da chegada ao hospital para un procedemento cirúrxico programado non produce alteracións como a síndrome serotoninerxica ou a hipotensión intracirúrxica, que contraindiquen o uso do fármaco. No que respecta ao grupo de estudo, a pesar de non existir diferenzas significativas co grupo control, obsérvase unha tendencia nos resultados cara a un reporte de beneficios da adición deste fármaco ao protocolo anestésico. En todo caso, para responder completamente ás principais hipóteses son necesarios máis estudos e traballos con diferentes doses e grupos máis grandes de animáis.

Desove de troita arco da vella (Oncorhynchus mykiss): aproximación ás perdas produtivas e lesións asociadas.
Autoría
L.M.P.
Grao en Veterinaria
L.M.P.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
13.09.2024 09:00
13.09.2024 09:00
Resumo
A acuicultura moderna enfréntase a importantes desafíos para optimizar os procesos reproductivos de especies comerciais, como a trucha arcoíris (Oncorhynchus mykiss). Na procura de mellorar a rendibilidade e a sustentabilidade, é fundamental abordar tanto a eficiencia na produción de óvulos como o benestar animal. Neste contexto, o presente traballo explora o impacto da presión aplicada durante o desove por masaxe abdominal sobre a cantidade de óvulos extraídos e as lesións observadas nos peixes. Para levar a cabo este estudo, utilizouse un método de mostreo aleatorio simple, garantindo unha representación adecuada e representativa dos datos. Os resultados revelaron que a presión exercida durante o desove ten unha influencia significativa na cantidade de óvulos obtidos e na gravidade das lesións nas truchas. Identificouse unha correlación moderada entre a lonxitude e o peso das truchas coa cantidade de óvulos extraídos, subliñando a importancia destas variables na eficiencia do proceso reproductivo. Ademais, o estudo examinou técnicas alternativas de desove, como a incisión abdominal, que poderían ofrecer melloras na redución de perdas de óvulos e na sustentabilidade da acuicultura. A implementación destes métodos require unha avaliación detallada dos materiais e técnicas utilizados, así como unha consideración do benestar animal para equilibrar a maximización da produción coa redución de danos e perdas.

LOSADA GARCIA, ANA PAULA (Titoría)
Sáez Acosta, Aida Cotitoría
LOSADA GARCIA, ANA PAULA (Titoría)
Sáez Acosta, Aida Cotitoría
Tribunal
MORA GUTIERREZ, AZUCENA DEL CARMEN (Presidente/a)
CARRERA GONZALEZ, MARIA CRISTINA (Secretario/a)
VÁZQUEZ BELDA, BEATRIZ ISABEL (Vogal)
MORA GUTIERREZ, AZUCENA DEL CARMEN (Presidente/a)
CARRERA GONZALEZ, MARIA CRISTINA (Secretario/a)
VÁZQUEZ BELDA, BEATRIZ ISABEL (Vogal)
Manexo cirúrxico das fracturas de úmero no paciente aviar
Autoría
R.L.C.
Grao en Veterinaria
R.L.C.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
19.07.2024 09:00
19.07.2024 09:00
Resumo
A fractura ósea é unha das patoloxías máis comúns dentro da clínica aviar, especialmente nas aves silvestres. En concreto, o úmero é o óso que con maior frecuencia se fractura e, á vez, o que maiores complicacións presenta para o seu tratamento. A peculiar anatomía dos ósos das aves imposibilita o uso de placas de osteosíntese empregadas nos mamíferos, de modo que a cirurxía ortopédica precisou inspirarse doutras técnicas para a resolución de fracturas nas aves, coma o uso de agullas centromedulares, fixadores externos ou a combinación de ambos. Tras valorar a fractura e se precisa abordaxe cirúrxica, a correcta elección da técnica de osteosíntese e un bó manexo e seguimento postoperatorio serán cruiciais para o éxito do tratamento. No presente traballo realízase unha revisión bibliográfica das principais técnicas para a resolución de fracturas no úmero das aves, e se poñen na práctica mediante o uso de cadáveres para, a través de imaxes e radiografías, mostrar os resultados.
A fractura ósea é unha das patoloxías máis comúns dentro da clínica aviar, especialmente nas aves silvestres. En concreto, o úmero é o óso que con maior frecuencia se fractura e, á vez, o que maiores complicacións presenta para o seu tratamento. A peculiar anatomía dos ósos das aves imposibilita o uso de placas de osteosíntese empregadas nos mamíferos, de modo que a cirurxía ortopédica precisou inspirarse doutras técnicas para a resolución de fracturas nas aves, coma o uso de agullas centromedulares, fixadores externos ou a combinación de ambos. Tras valorar a fractura e se precisa abordaxe cirúrxica, a correcta elección da técnica de osteosíntese e un bó manexo e seguimento postoperatorio serán cruiciais para o éxito do tratamento. No presente traballo realízase unha revisión bibliográfica das principais técnicas para a resolución de fracturas no úmero das aves, e se poñen na práctica mediante o uso de cadáveres para, a través de imaxes e radiografías, mostrar os resultados.
Dirección
LÓPEZ BECEIRO, ANA MARÍA (Titoría)
LÓPEZ BECEIRO, ANA MARÍA (Titoría)
Tribunal
ONDINA NAVARRET, MARIA PAZ (Presidente/a)
ORJALES GALDO, INMACULADA (Secretario/a)
FERNANDEZ FERNANDEZ, ALEJANDRO (Vogal)
ONDINA NAVARRET, MARIA PAZ (Presidente/a)
ORJALES GALDO, INMACULADA (Secretario/a)
FERNANDEZ FERNANDEZ, ALEJANDRO (Vogal)
Resolución do ligamento cruzado anterior mediante TTA-porous. Estudo clínico preliminar.
Autoría
H.C.M.
Grao en Veterinaria
H.C.M.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
A rotura do ligamento cruzado anterior (RCrCL) é unha das patoloxías ortopédicas máis comúns en cans. Esta afección pode causar coxeiras intermitentes, inflamación e dor debido á inestabilidade articular. Aínda que a etioloxía exacta da RCrCL segue sendo descoñecida, créese que é unha enfermidade multifactorial relacionada con factores como a xenética, a conformación, o peso, a idade e a raza. Na maioría dos casos, observouse unha degeneración prematura do ligamento cruzado anterior como un factor común nos pacientes afectados. Os tratamentos para esta patoloxía evolucionaron co tempo. O tratamento médico xeralmente non é efectivo debido á progresión da enfermidade e á degeneración articular. Pola contra, a cirurxía é a opción preferida para resolver a RCrCL. A través dos anos, desenvolvéronse diversas técnicas cirúrxicas, aínda que ningunha delas é completamente efectiva debido á presenza de complicacións asociadas. Este estudo clínico preliminar avaliou a viabilidade da técnica TTA porous para tratar a rotura do ligamento cruzado anterior (CrCL). Ademais, clasificáronse os graos de osificación nas imaxes dos 15 pacientes que participaron no estudo e analizáronse as relacións entre a RCrCL e variables como o sexo, a idade e o peso. Neste estudo, incluíronse 16 intervencións en pacientes que tiñan un peso vivo superior a 15 kg, esqueleticamente maduros, els cuals non presentaban outras patoloxías ademais da afectación ligamentosa. Todas as cirurxías realizáronse seguindo o mesmo método cirúrxico e foron levadas a cabo polo mesmo veterinario. Realizáronse radiografías laterolaterais (LL) antes e despois da cirurxía, así como un mes despois da intervención. Os resultados mostraron unha notable mellora nos pacientes sometidos a cirurxía, xunto cunha lixeira neoformación das pontes óseas nos estudos radiográficos post-cirúrxicos. Ademais, observouse unha tendencia a unha maior osificación en pacientes de máis de 25 kg de peso. Non obstante, é necesaria unha investigación adicional para comprender mellor as relacións entre a osificación postcirúrxica, a idade e o sexo nos casos de RCrCL.

GARCIA GONZALEZ, MARIO Cotitoría
GONZALEZ CANTALAPIEDRA, ANTONIO (Titoría)
GARCIA GONZALEZ, MARIO Cotitoría
Tribunal
RODRIGUEZ NUÑEZ, EUGENIO ANSELMO (Presidente/a)
VARELA LOPEZ, OSCAR (Secretario/a)
FRANCO ABUIN, CARLOS MANUEL (Vogal)
RODRIGUEZ NUÑEZ, EUGENIO ANSELMO (Presidente/a)
VARELA LOPEZ, OSCAR (Secretario/a)
FRANCO ABUIN, CARLOS MANUEL (Vogal)
Anestesia epidural en cans
Autoría
A.S.P.
Grao en Veterinaria
A.S.P.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
15.02.2024 09:30
15.02.2024 09:30
Resumo
Os termos anestesia epidural e extradural son sinónimos e fan referencia ao depósito de fármacos anestésicos ou analxésicos no espazo epidural. A anestesia epidural emprégase frecuentemente na realización de procedementos cirúrxicos caudais ao embigo. Ademais resulta útil como técnica de analxesia en situacións de hospitalización e postoperatorio. O coñecemento da anatomía representa unha das claves para o éxito da técnica. Neste sentido, determínanse varias posibilidades de abordaxe ao espazo epidural, predominando na actualidade as inxeccións a nivel sacrococcíxeo e lumbosacro. Un dos pasos máis importantes do procedemento é a comprobación do lugar de inxección e así garantir que cando o fármaco sexa administrado, este dirixirase ao espazo epidural. As probas de comprobación do lugar de inxección evolucionaron e na actualidade alcanzouse un maior grado de obxectividade nos criterios de execución da técnica. O último requisito para lograr unha boa anestesia epidural consiste en facer un uso axeitado da farmacoloxía. Os fármacos empregados con máis frecuencia son os opioides, anestésicos locais, anestésicos disociativos, alfa-2 agonistas, e as súas posibles combinacións

Caracterización dos canais obtidos na IXP Ternera Gallega
Autoría
R.N.G.
Grao en Veterinaria
R.N.G.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
13.09.2024 09:00
13.09.2024 09:00
Resumo
A produción de vacún de carne en España destaca por ser unha actividade gandeira de gran relevancia. Galicia adquire un importante rol neste sector, non só pola súa importante poboación rural, senón pola súa ampla diversidade, contando con numerosas razas autóctonas, características da comunidade, así como polos seus abundantes recursos forraxeiros e favorables condicións climatolóxicas. Destaca nesta comunidade a presenza da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega, organismo que vela pola protección, diferenciación e fomento da carne de vacún cuxo ciclo produtivo se completa integramente en Galicia, contando co seu propio sistema de certificación de garantía e calidade, amparado pola lexislación da Unión Europea. Para poder comercializarse baixo esta denominación, os animais deben cumprir certos requisitos e estándares, como pode ser pertencer ás razas autorizadas por este organismo, como son a Rubia Galega e as Morenas Galegas, así como cruces destas ou doutras razas permitidas para este último fin, como son a Asturiana dos Vales, Limusina ou Rubia de Aquitania. No seguinte traballo, fíxose unha recompilación e estudo dalgúns dos principais indicadores produtivos de 29667 canais de tenreiros inscritos dentro da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega para o ano 2023, dividíndose nos grupos de idade segundo o seu sacrificio: entre 8-12 meses e entre 270-285 días. Deste xeito, puido avaliarse o efecto da raza, tanto materna como a do propio tenreiro, nestes indicadores, así como a influencia do sistema produtivo, tipo de explotación ou a categoría comercial outorgada pola IXP. Os resultados obtidos serven como punto de referencia e base para estudos posteriores, nos que é conveniente ampliar o tamaño mostral, aumentar as variables a estudar ou analizar factores máis cualitativos. En xeral, para as razas permitidas dentro da IXP, obtéñense resultados de crecemento e peso máis favorables nas explotacións máis extensivas e afastadas do modelo intensivo. Tamén se observou como as Morenas Galegas parecen dar resultados favorables para o sistema intensivo ou cebadeiro, destacando sobre todo en canto a engraxamento, o que podería dar pé a novas estratexias de cría para estas razas.

Cabeza das serpes: anatomía e aspectos relacionados
Autoría
C.R.M.
Grao en Veterinaria
C.R.M.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
12.09.2024 16:00
12.09.2024 16:00
Resumo
As serpes ou ofidios son animais caracterizados polo seu corpo alongado, cuberto de escamas e pel resistente, a cal se renova periodicamente mediante o proceso de muda ou ecdise. Posúen unha musculatura potente e un cranio moi flexible, formado por ósos de tamaño e peso reducido que, ademais, se articulan parcialmente uns con outros. Esta característica é fundamental para permitir a inxesta de presas de gran tamaño. Na cavidade oral atópanse numerosas estruturas, que poden variar entre especies. Descríbense catro tipos de dentición nas serpes, dependendo da presenza ou ausencia, desenvolvemento e localización dos cabeiros. Posúen numerosas glándulas salivais, destacando a glándula do veleno nas especies velenosas. E, ademais, contan con papilas gustativas que, en conxunto coa lingua e os seus movementos, cooperan co órgano vomeronasal. O seu sistema nervioso é anatomicamente similar ao dos mamíferos, aínda que menos desenvolvido e con algunhas excepcións. Respecto aos órganos dos sentidos, varios deles son similares aos dos mamíferos e outros completamente diferentes e exclusivos. O sentido da vista non está moi desenvolvido, pero en algunhas especies completaríase con varios órganos termorreceptores para detectar presas de sangre quente. Tamén contan co órgano vomeronasal, moi desenvolto nos ofidios que, coordinado coa lingua bífida, detecta partículas en suspensión no medio que van desencadear distintos comportamentos relacionados coa súa supervivencia. Carecen de oído externo e medio. Con todo, son capaces de detectar estímulos vibratorios transmitidos polo substrato en contacto coa cabeza. Por último, outro sentido que aínda se atopa en investigación é o da xeolocalización, onde tamén participan algúns dos sentidos mencionados.

O sistema vomeronasal do Gecko Leopardo Eublepharis macularius
Autoría
A.G.M.
Grao en Veterinaria
A.G.M.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
16.02.2024 09:30
16.02.2024 09:30
Resumo
Os geckos son pequenos lagartos, na súa maioría omnívoros, que teñen unha ampla distribución, atopándose en todos os continentes agás na Antártida. Pertenecen ao infraorden Gekkota e encóntranse en climas cálidos de todo o mundo. O seu tamaño varía entre 1,6 e 60 cm. Trátase dun dos réptiles máis populares, polo que nos últimos anos converteuse nunha das mascotas máis habituais entre os herpetólogos. É un animal moi singular, pois ademais do seu sistema de vocalización único no mundo dos lagartos, posúe unha visión excelente, e pode percorrer superficies verticais con gran habilidade grazas ás almofadas adhesivas que posúe nas súas patas. A pesar da importancia que a quimio-comunicación xoga na fisioloxía e no comportamento dos réptiles, case non hai información sobre o sistema vomeronasal do gecko. Dito sistema é o responsable de captar e integrar a información sensorial vehiculada nos semioquímicos producidos polos animais. Por iso, tomando como modelo o Gecko leopardo Eublepharis macularius, abordamos o estudo da organización e estrutura das formacións anatómicas implicadas na captación de feromonas nos geckonidae. As técnicas empregadas son as propias da anatomía macroscópica e microscópica: macro e microdisección, tincións histolóxicas, técnicas inmunohistoquímicas, marcaxe con lectinas, etc. A realización de seccións histolóxicas seriadas permitiu comprobar a presenza na rexión nasal do gecko dun órgano vomeronasal (OVN) cun gran desenvolvemento, formado por unha estrutura neuroreceptora bilateral con forma de cogomelo. Ambos OVN presentan unha comunicación funcional coa cavidade oral. Adicionalmente, a cavidade nasal presenta un epitelio sensorial de menor groso que recobre as súas paredes laterais e teitos, así como os cornetes. Os nervios vomeronasais e olfativos diríxense ao bulbo olfativo, o cal mostra un menor desenvolvemento, cunha mínima definición histolóxica das súas capas e elementos celulares. O estudo inmunoquímico permitiu a caracterización do epitelio vomeronasal e olfativo, confirmando a presenza, no epitelio vomeronasal, da expresión das proteínas Galfai2 e Galfao. Estas proteínas están asociadas á expresión dos receptores vomeronasais, o que implica que o órgano está especializado nesta función. Outros marcadores de tipo neural e epitelial confirmaron a funcionalidade do sistema. En conclusión, o gecko da especie Eublepharis macularius está dotado dun sistema vomeronasal altamente sofisticado, cun grao avanzado de desenvolvemento morfolóxico e diferenciación morfofuncional, perfectamente equipado para a detección de sinais químicos.

Exposición de cans de Galicia a Leishmania infantum no período 2018-2022
Autoría
E.D.P.M.
Grao en Veterinaria
E.D.P.M.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
16.02.2024 09:30
16.02.2024 09:30
Resumo
A leismaniose canina (CanL) é unha enfermidade parasitaria zoonósica causada polo protozoo Leishmania infantum, sendo o seu vector biolóxico o flebótomo. O principal reservorio doméstico é o can, dificultándose o control e vixilancia a alta porcentaxe de infeccións subclínicas nas zonas non endémicas. O obxectivo deste estudo transversal foi avaliar a influenza dos diferentes factores de risco tanto individuais e ambientais coma espaciais na exposición dos cans a L. infantum, mediante a estimación da seroprevalencia actual na Comunidade Autónoma de Galicia (España), rexión que non é considerada de alto risco, salvo na metade sur pola elevada presenza de Phlebotomus perniciosus e P. ariasi. Para lograr isto, durante o período 2018-2022 analizáronse 454 soros que acudiron a clínicas veterinarias das catro provincias galegas mediante un Ensaio por Inmunoabsorción Ligado a Encimas (ELISA) obtendo unha seropositividade global do 8,37% (Ourense: 12,37%, A Coruña: 9,84%, Lugo: 8,21%, Pontevedra: 3,96%). Na análise das variables epidemiolóxicas asociáronse de forma significativa co exposición ao parasito o xénero, idade (menor a 3 anos) e raza dos animais, así coma o ambiente de residencia, clima e estación do ano. Pola contra, non se atopou significación estatística coa altitude. A presente investigación amosou un descenso da seroprevalencia no avance dos anos que suxire que o uso de medidas preventivas, tales coma colares antiparasitarios, insecticidas repelentes e a vacinación dos cans resulta eficaz; poñendo tamén en manifesto o valor da aplicación de programas de vixilancia sanitaria nas zonas non endémicas.

Impacto de Aeromonas salmonicida subsp. salmonicida na saúde do rodaballo: Un estudo morfopatolóxico e inmunohistoquímico
Autoría
P.C.F.
Grao en Veterinaria
P.C.F.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
O presente estudo investiga o impacto de Aeromonas salmonicida subsp. salmonicida na saúde do rodaballo (Scophthalmus maximus), un peixe de grande relevancia na acuicultura galega. A forunculose, enfermidade causada por esta bacteria, caracterízase por provocar lesións cutáneas e alteracións no comportamento, particularmente baixo condicións de estrés como altas temperaturas e mala calidade da auga. Os obxectivos do estudo foron avaliar o impacto de A. salmonicida no rodaballo mediante análises morfopatolóxicas e inmunohistoquímicas, identificar as lesións causadas pola infección e analizar a distribución dos antíxenos bacterianos en diferentes órganos do rodaballo. A metodoloxía incluíu a recollida de rodaballos infectados e o procesamento de mostras para estudos histolóxicos. Observación ao microscopio de mostras e técnicas inmunohistoquímicas para detectar os antíxenos bacterianos. Os achados macroscópicos revelaron lesións visibles como exoftalmia, nódulos cutáneos e nódulos no bazo. As análises microscópicas mostraron danos tisulares significativos en órganos como o corazón, as branquias, a pel e o sistema dixestivo. Ademais, os antíxenos de A. salmonicida localizáronse principalmente nas áreas afectadas por lesións cutáneas e órganos internos. En conclusión, a infección por A. salmonicida subsp. salmonicida ten un impacto severo na saúde do rodaballo, causando lesións significativas que poden identificarse tanto a nivel macroscópico como microscópico. A inmunohistoquímica demostrou ser unha ferramenta útil para detectar a presenza e distribución da bacteria nos tecidos infectados.

Souto Guitián, Xoel Cotitoría
QUIROGA BERDEAL, MARIA ISABEL (Titoría)
Souto Guitián, Xoel Cotitoría
Tribunal
SAINZ OSES, MARIA JESUS (Presidente/a)
DÍAZ FERNÁNDEZ, PABLO (Secretario/a)
SANCHEZ QUINTEIRO, PABLO (Vogal)
SAINZ OSES, MARIA JESUS (Presidente/a)
DÍAZ FERNÁNDEZ, PABLO (Secretario/a)
SANCHEZ QUINTEIRO, PABLO (Vogal)
Terapias alternativas baseadas en bacteriófagos para o control da mamite bovina
Autoría
R.P.P.
Grao en Veterinaria
R.P.P.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
12.09.2024 16:00
12.09.2024 16:00
Resumo
A mamite bovina é unha das enfermidades máis comúns que afecra á gandería leiteira provocando perdas económicas severas. A principal estratexia para combater esta enfermidade é a través da implementación de antibióticos, producindo un uso irracional dos mesmos. Debido ás resistencias aos antibióticos téñense plantexado novas terapias alternativas, sendo unha delas os bacteriófagos. Este traballo enfócase na fagoterapia como unha alternativa innovadora para o control da mamite bovina. Os bacteriófagos son virus que atacan de maneira selectiva ás bacterias, ofrecendo unha especificidade e eficacia para tratar infeccións bacterianas sen chegar a crear resistencia antimicrobiana. Abórdase neste estudo un contenido teórico sobre a mamite bovina, o seu impactoeconómoco, e os métodos diagnósticos e tratamentos convencionais. Así mesmo, expóñense as caracteristicas dos bacteriófagos, os meus mecanismos de acción e os posibles sectores nos que se aplican. Ademais, preséntanse estudos de casos e os resultados que demostran a eficacia dos fagos no control da mamite bovine. A través desta revisión explícase o procedemento para poder obter os bacteriófagos e valorar a súa eficacia e efectividade á hora de atacar ás bacterias. Tamén se destacan os efectos secundarios dos bacteriófagos e realízase unha comparativa cos tratamentos convencionais. Así mesmo, porase en perspectiva o emprego dos bacteriófagos na mamite bovina e os seus posibles impedimentos. Diversos estudos observaron como os bacteriófagos foron capaces de afectar a bacterias como Staphylococccus aureus, Echerichia coli e Klebsiella pneumoniae, obtendo reducións significativas da carga bacteriana. En conclusión, a terapia baseada en bacteriófagos pode chegar a ser unha alternativa viable e sostenible aos antibióticos para o tratamento e control da mamite bovina. A pesar dos avances, débese seguir investigando os beneficios do uso dos fagos para asegurar tanto a saúde pública como o benestar animal.

REGAL LÓPEZ, PATRICIA (Titoría)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE Cotitoría
REGAL LÓPEZ, PATRICIA (Titoría)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE Cotitoría
Tribunal
SAINZ OSES, MARIA JESUS (Presidente/a)
DÍAZ FERNÁNDEZ, PABLO (Secretario/a)
SANCHEZ QUINTEIRO, PABLO (Vogal)
SAINZ OSES, MARIA JESUS (Presidente/a)
DÍAZ FERNÁNDEZ, PABLO (Secretario/a)
SANCHEZ QUINTEIRO, PABLO (Vogal)
Afeccións en tiburóns asociadas á interacción co ser humano
Autoría
I.P.C.
Grao en Veterinaria
I.P.C.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
12.09.2024 16:00
12.09.2024 16:00
Resumo
A pesar de ser percibidos como una ameaza para as persoas, numerosas especies de tiburón encontranse actualmente en perigo de extinción, principalmente debido ós problemas derivados da súa interacción cos seres humanos. A sobrepesca, a captura incidental en redes de pesca, a destrucción de hábitats, o turismo, o cambio climático e a contaminación son factores humanos que contribúen á disminución das poboacións de quenllas. Esta interacción pode dar lugar a desequilibrios significativos no ecosistema mariño. Por tanto, é imperativo estudar as características biolóxicas e fisiolóxicas dos escualos e as consecuencias destas interacción, co fin de crear una maior conciencia sobre os efectos prexudiciais e a necesidad de realizar novos estudos. Establecer novos límites e prácticas é crucial para preservar una poboación saudable destas especies. As áreas mariñas protexidas e as regulación pesqueiras específicas para tiburóns son algunas das estratexias que poden axudar a mitigar estes impactos negativos.

Vázquez Rodríguez, Sonia (Titoría)
AZEVEDO GOMES, ANA MANUELA DE Cotitoría
Vázquez Rodríguez, Sonia (Titoría)
AZEVEDO GOMES, ANA MANUELA DE Cotitoría
Tribunal
SAINZ OSES, MARIA JESUS (Presidente/a)
DÍAZ FERNÁNDEZ, PABLO (Secretario/a)
SANCHEZ QUINTEIRO, PABLO (Vogal)
SAINZ OSES, MARIA JESUS (Presidente/a)
DÍAZ FERNÁNDEZ, PABLO (Secretario/a)
SANCHEZ QUINTEIRO, PABLO (Vogal)
Infeccións do tracto urinario en animais de compañía e impacto na saúde pública
Autoría
S.T.R.
Grao en Veterinaria
S.T.R.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
15.02.2024 09:30
15.02.2024 09:30
Resumo
Unha infección do tracto urinario (ITU) defínese como a adhesión, multiplicación e persistencia dun axente infeccioso dentro do sistema urogenital que provoca unha resposta inflamatoria asociada e signos clínicos. É unha patoloxía moi frecuente nos animais de compañía; xeralmente a súa etioloxía é bacteriana, sendo o patóxeno illado máis frecuentemente Escherichia coli (E. coli). Tanto en humanos como en mascotas, as cepas E. coli uropatoxena (UPEC), son o principal axente responsable de causar ITU en todo o mundo. Hai un vínculo emocional moi forte entre humanos e mascotas; a súa estreita convivencia favorece a transmisión de patóxenos zoonósicos; e sábese que as mascotas poden actuar como reservorio das cepas da UPEC que causan ITU nos humanos. As cepas da UPEC teñen capacidades especiais para invadir e persistir con éxito no tracto urinario; pero, por outra banda, é importante ter en conta os factores relacionados con cada paciente, como a especie, o sexo, a idade, as comorbilidades e o estado do sistema inmunitario, sendo a súa interacción un factor determinante no desenlace da enfermidade. e susceptibilidade a infeccións recorrentes do tracto urinario (IrTU). As ITU adoitan tratarse con antimicrobianos empíricamente, o que pode levar a tratamentos prolongados, fracasos terapéuticos, IrTU e selección de resistencia antimicrobiana (RAM). As RAM son un problema moi complexo, e un fenómeno global, no que están implicados diversos xéneros de bacterias, tanto patóxenas como comensais; mecanismos de resistencia; mecanismos de transferencia; encoros; e, familias de antibióticos. A propagación da multirresistencia, xunto coa diminución dos tratamentos antimicrobianos dispoñibles, é unha das principais ameazas para a saúde mundial; causando hoxe millóns de mortes. E. coli como especie, en todos os seus nichos ecolóxicos, coa súa gran flexibilidade xenética e adaptabilidade, adquiriu un gran número de mecanismos de RAM, e é portadora e propagadora de resistencias, o que contribúe significativamente á carga global da RAM. En consecuencia, ao ser o principal patóxeno causante da ITU en animais de compañía e humanos, é fundamental coñecer mellor a súa epidemioloxía de transmisión, e seguir de preto a súa evolución, desde un enfoque “Unha Saúde”, para tomar accións que incidan positivamente na xestión clínica e no tratamento de ITU.

Cambios fisiolóxicos experimentados polo útero equino en distintas etapas reprodutivas
Autoría
S.G.G.
Grao en Veterinaria
S.G.G.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
16.02.2024 09:30
16.02.2024 09:30
Resumo
As eguas presentan un ciclo poliéstrico estacional cuxa fase ovulatoria concéntrase nos meses de primavera e verán coincidindo cun fotoperiodo positivo. O resto do ciclo reprodutivo está formado polo anestro invernal e os períodos de transición de primavera e outono. O coñecemento do ciclo e dos principais cambios fisiolóxicos que se producen no útero durante cada etapa, é fundamental para que o veterinario poida identificar aqueles que se producen de forma patolóxica e poder tratalos. Cada fase do ciclo está dominado por unha serie de hormonas que son as responsables das modificacións citolóxicas, histolóxicas e vasculares que se producen no útero. Tras a inseminación, este órgano sofre unha reacción inflamatoria fisiolóxica que se resolve en 48 horas, permitindo o desenvolvemento normal da xestación. Durante o período xestacional, prodúcese o recoñecemento maternal, a formación dos cálices endometriales e o desenvolvemento dunha placenta epiteliocorial. Estes eventos tamén provocan cambios uterinos co fin de que exista unha comunicación continua entre a egua e o feto, que permita o seu crecemento. O parto é un acontecemento fisiolóxico que se divide en tres fases e onde se desencadean unha serie de mecanismos endocrinos que actúan sobre o útero producindo a expulsión do feto e a placenta. Finalmente, prodúcese a involución uterina onde o útero regresa ao seu estado orixinal e restáurase a actividade ovárica.

PEÑA MARTÍNEZ, ANA ISABEL (Titoría)
PEÑA MARTÍNEZ, ANA ISABEL (Titoría)
Tribunal
VÁZQUEZ VÁZQUEZ, MANUEL (Presidente/a)
VILLANUEVA SANTAMARINA, BLANCA LIDIA (Secretario/a)
MUIÑO OTERO, RODRIGO (Vogal)
VÁZQUEZ VÁZQUEZ, MANUEL (Presidente/a)
VILLANUEVA SANTAMARINA, BLANCA LIDIA (Secretario/a)
MUIÑO OTERO, RODRIGO (Vogal)
Valoración histolóxica e neuroquímica do bulbo olfativo accesorio e do limbo olfativo no lobo ibérico (Canis lupus signatus)
Autoría
A.Q.L.
Grao en Veterinaria
A.Q.L.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
21.06.2024 09:00
21.06.2024 09:00
Resumo
Só nos últimos anos se abordou o estudo do sistema olfactivo dos cánidos salvaxes aplicando as técnicas morfofuncionais que permitiron noutras moitas especies avanzar nas últimas décadas no coñecemento macroscópico, microscópico e neuroquímico dos órganos sensoriais. Estes estudos suxiren a existencia de diferenzas significativas entre o can e os cánidos salvaxes, o que outorga a estas investigacións un alto interese desde o punto de vista filoxenético, así como de cara á determinación das consecuencias da selección artificial no desenvolvemento do sistema nervioso dos animais domésticos. A escasa información dispoñible sobre o bulbo olfactivo accesorio do lobo, centro integrador dos sinais químicos vehiculados por feromonas e cairomonas, apunta a un rudimentario desenvolvemento do mesmo. Este feito, equiparable ao observado no can, constitúe unha das cuestións máis enigmáticas no estudo do sistema olfactivo dos cánidos. A recente descrición no raposo do limbo olfactivo, estrutura intermedia localizada na fronteira dos bulbos olfactivos principal e accesorio, aparentemente implicada no procesamento dos sinais sociosexuais, abre a posibilidade da existencia de dita formación no lobo. A súa caracterización e identificación foi o principal obxectivo deste traballo. Para iso realizamos un estudo exhaustivo tanto do bulbo olfactivo accesorio como da área do limbo olfactivo do lobo ibérico (Canis lupus signatus) mediante a realización de cortes microscópicos seriados, técnicas histolóxicas, tinguiduras histoquímicas e inmunohistoquímicas. Entre as tinguiduras histolóxicas realizadas inclúense as tinguiduras de Nissl e Hematoxilina-Eosina; como marcadores histoquímicos de lectinas: UEA, LEA, SBA, STA, DBA e VVA, e finalmente, entre os marcadores inmunohistoquímicos: calbindina, calretinina, parvoalbúmina, tubulina, MAP-2, OMP, Gai2, Gao. O estudo histolóxico seriado en diferentes planos de corte permitiu confirmar a presenza no lobo dunha estrutura equiparable ao limbo olfactivo, a cal se estende ao longo da fronteira medial e dorsolateral entre o bulbo e o pedúnculo olfactivo. Ademais da súa extensión, o limbo olfactivo do lobo caracterízase pola alta complexidade das estruturas que o compoñen, destacando a presenza de agregados neuronais e complexos macroglomerulares que expresan marcadores proteicos e glicoconxugados tradicionalmente asociados ao procesamento da información sociosexual. Os resultados deste estudo confirman a existencia dun procesamento da información feromonal nesta especie moito máis complexo do previamente sospeitado e propoñen a posibilidade da existencia de modelos similares noutras especies cuxo sistema olfactivo accesorio, a priori, presenta un desenvolvemento limitado

Hiperaldosteronismo felino (Síndrome de Conn)
Autoría
V.B.P.
Grao en Veterinaria
V.B.P.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
13.09.2024 10:30
13.09.2024 10:30
Resumo
O hiperaldosteronismo felino é un trastorno endócrino das glándulas adrenais, que se caracteriza pola secreción autónoma excesiva de aldosterona. É frecuente en felinos de idade media e avanzada e hai estudos que suxiren que é unha enfermidade máis común do que se imaxinaba e que está infradiagnosticada. Pode ter que ver con que en ocasións aparece de maneira simultánea con insuficiencia renal e non se fan as probas diagnósticas pertinentes, nin se mide a presión arterial de maneira rutineira. Diferéncianse dous tipos de hiperaldosteronismo, o primario (Síndrome de Conn), debido a unha neoplasia ou a unha hiperplasia suprarrenal, e o secundario, que se produce por activación do sistema renina-angiotensina-aldosterona orixinada por unha diminución do volume intravascular asociada a unha enfermidade secundaria. Os signos clínicos máis comúns son ventroflexión cervical, ataxia, dor e debilidade muscular, producidos pola hipopotasemia. E os derivados da hipertensión arterial, con alteracións oculares como hifema, desprendemento de retina ou cegueira. O diagnóstico efectúase en base aos signos clínicos, á medición da aldosterona e renina plasmáticas, probas de laboratorio e diagnóstico por imaxe. O tratamento para un tumor unilateral é a adrenalectomía da glándula afectada, e o tratamento médico levará a cabo en pacientes para os que a cirurxía estea contraindicada, ou pacientes con hiperplasia suprarrenal. Este baséase na administración de espironolactona (bloqueante da aldosterona), suplemento de gluconato potásico (para resolver a hipopotasemia) e amlodipino (antihipertensivo).

CAMIÑA GARCIA, MARIA MERCEDES (Titoría)
RODRÍGUEZ VIEYTES, MARÍA MERCEDES Cotitoría
CAMIÑA GARCIA, MARIA MERCEDES (Titoría)
RODRÍGUEZ VIEYTES, MARÍA MERCEDES Cotitoría
Tribunal
ALONSO MEIJIDE, JOSE MARIA (Presidente/a)
LOPEZ GARCIA, MARIANO (Secretario/a)
QUINTELA ARIAS, LUÍS ÁNGEL (Vogal)
ALONSO MEIJIDE, JOSE MARIA (Presidente/a)
LOPEZ GARCIA, MARIANO (Secretario/a)
QUINTELA ARIAS, LUÍS ÁNGEL (Vogal)
Inmunolocalización de anticorpos de proliferación celular, apoptose e citoesqueleto no intestino do peixe cebra.
Autoría
E.V.B.
Grao en Veterinaria
E.V.B.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
O auxe da acuicultura resaltou a necesidade de comprender e optimizar a saúde intestinal dos peixes, xa que o intestino constitúe unha interface crucial entre o medio interno e externo. As alteracións, tanto no medio externo como no interno, poden ter repercusións negativas na saúde xeral dos animais de produción, o que subliña a importancia de reforzar a saúde intestinal. Neste contexto, o peixe cebra emerxeu como un modelo valioso en acuicultura, permitindo a avaliación de dietas e aditivos dietéticos de maneira máis eficiente e económica que as probas directas nos animais de produción. No presente traballo, utilizouse esta especie como organismo modelo para a avaliación de distintos marcadores relativos á saúde intestinal empregando a técnica inmunohistoquímica. En concreto, o obxectivo deste traballo é a posta a punto de técnicas inmunohistoquímicas para a detección de caspasa 3, antíxeno nuclear de células en proliferación (PCNA), citoqueratina AE1/AE3 e E-cadherina, en cortes histolóxicos de intestino de peixe cebra, dado que os protocolos comerciais non estaban probados para esta especie. O estudo mostrou que o PCNA localizábase principalmente entre os pregues intestinais, áreas ricas en células indiferenciadas, indicando alta proliferación. A caspasa 3, un marcador de apoptose, atopouse en células individuais distribuídas multifocalmente ao longo do pregue. A E-cadherina observouse nas áreas de contacto entre as células do epitelio, reflectindo o seu papel na adhesión celular. Por último, a citoqueratina AE1/AE3 foi positiva no citoplasma dos enterocitos, cunha coloración máis intensa na zona apical correspondente ao bordo de cepillo, sinalando a estrutura do citoesqueleto nestas células. Os resultados mostraron que a inmunolocalización dos antíxenos no peixe cebra foi moi similar á reportada por outros autores en distintas especies, excepto no caso da caspasa 3, cuxa distribución no intestino do peixe cebra difería da observada no salmón por outros investigadores.

Tuberculose: Historia de séculos de loita contra unha enfermidade mortal
Autoría
P.F.C.
Grao en Veterinaria
P.F.C.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
21.06.2024 09:00
21.06.2024 09:00
Resumo
¿Como pode unha enfermidade descrita fai miles de anos seguir sendo unha das principais causas de mortalidade no mundo actual?. A tuberculose , unha enfermidade infecciosa causada pola bacteria Mycobacterium tuberculosis, ten sido un flaxelo para a humanidade ao longo da historia , coñecida incluso nos tempos antigos como tise. A pesares dos avances significativos na medicina e nas campañas de saúde pública , a tuberculose continua a ser un desafío global, afectando principalmente as poboacións nos países en desenvolvemento, pero sen discriminar, xa que se presenta en todas as rexións do mundo. Nesta revisión bibliográfica pretendemos expoñer a súa evolución en diferentes épocas históricas chegando brevemente ata a actualida-de, comentando como foi o seu curso durante as distintas etapas históricas e como certas per-soas marcaron un antes e un despois na comprensión desta enfermidade. De seguido, comezarase pola realización dunha contextualización histórica da tuberculose, comentando sobre todo aos persoeiros que fixeron algún tipo de aportación para o seu mellor entendemento. Así mesmo, irase canalizando como afectou tanto ao ser humano como aos animais e realizarase unha exaltación ao descubridor do axente causal, Robert Koch, comen-tando como o seu descubrimento mudou por completo a maneira de entender a enfermidade e puidéronse mellorar as formas de diagnóstico e de tratamentos tanto en animais como no ser humano. Finalmente, farase un enfoque de cara España e Galicia sobre a situación con esta enfermidade entre os anos 1882-1986(creación de campañas de saneamento).Explicando como estaba a situación ata aquel momento e como foi trocando grazas aos avances que chegaron de Europa, a maneira en que foi mellorando a situación da enfermidade baixando o índice de contaxio rapidamente nun período de tempo bastante curto.

CIFUENTES MARTINEZ, JOSE MANUEL (Titoría)
Conde Gómez, Diego Cotitoría
CIFUENTES MARTINEZ, JOSE MANUEL (Titoría)
Conde Gómez, Diego Cotitoría
Tribunal
MORA GUTIERREZ, AZUCENA DEL CARMEN (Presidente/a)
CARRERA GONZALEZ, MARIA CRISTINA (Secretario/a)
VÁZQUEZ BELDA, BEATRIZ ISABEL (Vogal)
MORA GUTIERREZ, AZUCENA DEL CARMEN (Presidente/a)
CARRERA GONZALEZ, MARIA CRISTINA (Secretario/a)
VÁZQUEZ BELDA, BEATRIZ ISABEL (Vogal)
Detección de ADN de Rickettsia spp. en carrachas de Galicia. Estudo descritivo.
Autoría
P.I.B.
Grao en Veterinaria
P.I.B.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
19.07.2024 09:00
19.07.2024 09:00
Resumo
As carrachas son consideradas despois dos mosquitos os vectores de maior relevancia na medicina humana e veterinaria. As principais especies identificadas en Galicia que son competentes vectorialmente para transmitir rickettsias zoonósicas son Rhipicephalus sanguineus sensu lato, vector de Rickettsia conorii e Dermacentor reticulatus e D. marginatus, vectores de Rickettsia slovaca. No presente estudo queremos detectar a presenza de ADN de Rickettsia spp. en carrachas (Rh. sanguineus s.l., D. reticulatus e D. marginatus) de Galicia. A identificación xenotípica da bacteria realizouse mediante a amplificación por PCR dos xenes que codifican as proteínas da membrana rOmpA e rOmpB. Para iso, preparáronse 24 pools de carrachas (14 de animais domésticos, 3 de silvestres e 7 recollidas da vexetación). Para a extracción do ADN realizouse una primeira lise mecánica das carrachas e gracias aos tampóns, unha segunda lise química. Unha vez obtido o ADN purificado cuantificouse para determinala súa concentración e pureza. Para a detección do xen rOmpA realizouse unha PCR semi-aniñada, nunha primeira fase empregáronse os cebadores Rr190.70p e Rr190-701, e nunha segunda fase utilizouse o amplicón como ADN base e os cebadores Rr190.70 e Rr190.602. Para a detección do xen rOmpB realizouse unha PCR aniñada. Seguindo un procedemento semellante ao anterior, nunha primeira fase empregáronse os cebadores rOmpBOF e rOmpBOR e nunha segunda fase rOmpSFG1F e rOmpBSF1R. Considerando os pools de carrachas que resultaron positivos a algún dos dous xenes (rOmpA/rOmpB), detectouse ADN da bacteria no 80% de D. marginatus, D. reticulatus e Rh. sanguineus s.l. Dependendo do sexo da carracha, obtívose unha maior porcentaxe de pools positivos en machos que en femias. Respecto a especie, todos os exemplares de D. marginatus resultaron positivos. Todos os pools de carrachas procedentes de Ourense, agás un, presentaban ADN de Rickettsia spp. Os procedentes de Lugo e A Coruña mostraron resultados semellantes. A maior porcentaxe de pools de carrachas con ADN de Rickettsia spp. proviñan da vexetación; no caso de animais domésticos e silvestres os resultados foron semellantes. Tendo en conta a implicación zoonósica desta bacteria recoméndase empregar medidas preventivas para evitala picadura das carrachas en persoas e animais.

ARIAS VAZQUEZ, MARIA SOL Cotitoría
CAZAPAL MONTEIRO, CRISTIANA FILIPA (Titoría)
ARIAS VAZQUEZ, MARIA SOL Cotitoría
Tribunal
ONDINA NAVARRET, MARIA PAZ (Presidente/a)
ORJALES GALDO, INMACULADA (Secretario/a)
FERNANDEZ FERNANDEZ, ALEJANDRO (Vogal)
ONDINA NAVARRET, MARIA PAZ (Presidente/a)
ORJALES GALDO, INMACULADA (Secretario/a)
FERNANDEZ FERNANDEZ, ALEJANDRO (Vogal)
Propiedades físico-químicas e microbiolóxicas de leite enriquecido coa alga parda Saccharina latissima
Autoría
S.M.G.
Grao en Veterinaria
S.M.G.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
21.06.2024 09:00
21.06.2024 09:00
Resumo
O obxectivo deste traballo foi engadir a alga parda Saccharina latissima ao leite, para poder medir certas propiedades químicas (fenoles, oxidación lipídica e pH), físicas (cor, viscosidade, viscoeslasticidade e tamaño de partícula) e microbiolóxicas (listeria, salmonela, enterobacterias, aerobios totais, mofos e fermentos) con vistas a poder facer un produto final para alimentación tanto humana como animal, suplementado con macroalgas deshidratadas que poidan achegar beneficios ao leite. Para este experimento realizouse un estudio preliminar podendo determinar as concentracións de alga mais adecuadas; e durante a preparación das mostras utilizouse o método de homoxeneización con alta presión, así como pasteurización da metade das mostras. As propiedades químicas sufriron alteracións, pois tanto os fenoles totais como a oxidación lipídica aumentou coa maior cantidade de alga e o pH diminuíu. A cor volveuse mais amarelo-verdoso segundo a concentración da alga. En canto ás propiedades físicas, a adición da alga aumenta a viscosidade e tamaño das partículas, sendo o 1% a concentración mais adecuada (a maiores porcentaxes formanse xeles indeseados). As algas contiñan alta carga microbiana que non diminuíu co paso dos días, polo que non se evidenciou efecto antimicrobiano. Recoméndase realizar un tratamento UHT para elaborar futuros produtos con este tipo de algas.

LOPEZ SANCHEZ, PATRICIA (Titoría)
COBOS GARCIA, ANGEL Cotitoría
LOPEZ SANCHEZ, PATRICIA (Titoría)
COBOS GARCIA, ANGEL Cotitoría
Tribunal
MORA GUTIERREZ, AZUCENA DEL CARMEN (Presidente/a)
CARRERA GONZALEZ, MARIA CRISTINA (Secretario/a)
VÁZQUEZ BELDA, BEATRIZ ISABEL (Vogal)
MORA GUTIERREZ, AZUCENA DEL CARMEN (Presidente/a)
CARRERA GONZALEZ, MARIA CRISTINA (Secretario/a)
VÁZQUEZ BELDA, BEATRIZ ISABEL (Vogal)
Principais procedementos cirúrxicos en teleósteos
Autoría
M.Z.R.
Grao en Veterinaria
M.Z.R.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
15.02.2024 09:30
15.02.2024 09:30
Resumo
Na actualidade hai un total de 35.300 especies de peixes descritas, entre as que se estima que o 95% son teleósteos, é dicir, peixes con esqueleto interno óseo, xeralmente cubertos de escamas e que respiran por branquias que están protexidas por un opérculo. Os peixes están cada vez máis presentes na nosa vida diaria, xa sexa na acuicultura, nos zoolóxicos ou con fins ornamentais, polo que é cada vez maior a necesidade de veterinarios especializados nestes animais, así como de investigar e adaptar procedementos cirúrxicos para pequenos animais. Para levar a cabo esta tarefa é necesario coñecer a anatomía xeral dos peixes, as súas características físicas e de hábitat e como estas inflúen nos procedementos cirúrxicos, para adecuar os materiais e procesos para conseguir cirurxías exitosas. Son numerosos os procedementos cirúrxicos que se poden realizar en peixes, neste traballo fálanse os principais (cirurxías dermatolóxicas, cirurxías dentro da cavidade abdominal, endoscopia...) así como xeneralidades da anestesia, métodos de posicionamento, tipos de suturas, etc., que son imprescindibles para realizar cirurxías con éxito no menor tempo posible e cos mellores resultados.
Na actualidade hai un total de 35.300 especies de peixes descritas, entre as que se estima que o 95% son teleósteos, é dicir, peixes con esqueleto interno óseo, xeralmente cubertos de escamas e que respiran por branquias que están protexidas por un opérculo. Os peixes están cada vez máis presentes na nosa vida diaria, xa sexa na acuicultura, nos zoolóxicos ou con fins ornamentais, polo que é cada vez maior a necesidade de veterinarios especializados nestes animais, así como de investigar e adaptar procedementos cirúrxicos para pequenos animais. Para levar a cabo esta tarefa é necesario coñecer a anatomía xeral dos peixes, as súas características físicas e de hábitat e como estas inflúen nos procedementos cirúrxicos, para adecuar os materiais e procesos para conseguir cirurxías exitosas. Son numerosos os procedementos cirúrxicos que se poden realizar en peixes, neste traballo fálanse os principais (cirurxías dermatolóxicas, cirurxías dentro da cavidade abdominal, endoscopia...) así como xeneralidades da anestesia, métodos de posicionamento, tipos de suturas, etc., que son imprescindibles para realizar cirurxías con éxito no menor tempo posible e cos mellores resultados.
Dirección
BERMUDEZ POSE, ROBERTO (Titoría)
VARELA LOPEZ, OSCAR Cotitoría
BERMUDEZ POSE, ROBERTO (Titoría)
VARELA LOPEZ, OSCAR Cotitoría
Tribunal
Barros Velázquez, Jorge (Presidente/a)
CAZAPAL MONTEIRO, CRISTIANA FILIPA (Secretario/a)
BLANCO ALVAREZ, JESUS EULOGIO (Vogal)
Barros Velázquez, Jorge (Presidente/a)
CAZAPAL MONTEIRO, CRISTIANA FILIPA (Secretario/a)
BLANCO ALVAREZ, JESUS EULOGIO (Vogal)
Influencia do tipo de presentación do penso nos parámetros produtivos do polo broiler en Galicia
Autoría
X.P.B.
Grao en Veterinaria
X.P.B.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
15.02.2024 09:30
15.02.2024 09:30
Resumo
Este estudio levouse a cabo para avaliar os efectos da forma de presentación do penso, fariña fronte a pellets, sobre o crecemento dos polos de engorde e sobre a rendibilidade produtiva. Utilizáronse un total de 1716 polos de engorde machos Ross 308 de un día de idade que se repartiron de maneira completamente aleatoria en 44 currais (réplicas) con 39 polos en cada un. A partir do día 28, a metade dos currais recibiron penso en forma de pellets e a outra metade en forma de fariña. Observouse unha maior ganancia media diaria (GMD) e unha maior inxesta de penso nas aves alimentadas con pellets que nas alimentadas con fariña. Os polos alimentados con pellets obtiveron maior peso final e en consecuencia produciron máis quilogramos (kg) de carne. Os índices de conversión alimenticia (IC) tamén foron mellores para os polos con penso granulado ou pellets. En xeral comparando o ciclo de produción completo, os polos alimentados con pellets, alcanzaron mellores índices produtivos, sobre todo durante o rematado.

Barrio Feijoo, Francisco Cotitoría
CAZAPAL MONTEIRO, CRISTIANA FILIPA (Titoría)
Barrio Feijoo, Francisco Cotitoría
Tribunal
MIRANDA LOPEZ, JOSE MANUEL (Presidente/a)
BARREIRO VAZQUEZ, JOSE DANIEL (Secretario/a)
CAMIÑA GARCIA, MARIA MERCEDES (Vogal)
MIRANDA LOPEZ, JOSE MANUEL (Presidente/a)
BARREIRO VAZQUEZ, JOSE DANIEL (Secretario/a)
CAMIÑA GARCIA, MARIA MERCEDES (Vogal)
A displasia de cadeira nos cans
Autoría
P.R.F.
Grao en Veterinaria
P.R.F.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
15.02.2024 09:30
15.02.2024 09:30
Resumo
A displasia de cadeira canina é unha das enfermedades ortopédicas de maior importancia na clínica veterinaria. É unha enfermidade ósea, hereditaria non conxénita e multifactorial que cursa de forma crónica. Trátase dun desenvolvemento anormal da articulación coxofemoral causando coxeira e dor que co paso do tempo producirá cambios dexenerativos propios da osteoartrose. Existen unha serie de factores de risco os cales son: a alimentación, a raza do animal e o exercicio intenso durante o crecemento. Cando un animal padece a enfermidade débese eliminar do plan de cría para reducir a súa incidencia. Sospeitaremos desta afección cando o animal presente coxeiras uni ou bilaterais podendo ser máis crónicas en casos nos que xa haxa cambios artríticos. O seu diagnóstico é principalmente mediante a radiografía ventrodorsal a cal xa nos permite determinar o grado de dexeneración articular e elixir qué tratamento sería o máis axeitado. Existen dúas modalidades de tratamento: o conservador e o cirúrxico. Ámbolos dous poden ser complementarios e teñen como obxectivo principal diminuír a dor e previr ou evitar o avance da enfermidade. No caso do tratamento cirúrxico a elección do procedemento dependerá das características do paciente podendo levar a cabo nos casos máis graves o reemplazo total de cadeira.

Dermatose sensible ao zinc
Autoría
N.F.C.
Grao en Veterinaria
N.F.C.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
13.09.2024 10:30
13.09.2024 10:30
Resumo
A pel, o órgano máis visible e extenso do corpo, actúa como barreira anatómica e fisiolóxica, desempeñando funcións metabólicas, de termorregulación, sensoriais e de protección. Está composta por tres capas: epiderme, derme e hipoderme, cada unha con estruturas accesorias propias. A epiderme divídese en cinco estratos con diferentes tipos de células, mentres que a derme contén tecido conxuntivo e anexos cutáneos, e a hipoderme está formada por tecido conxuntivo e adiposo. O zinc (Zn), un biometal esencial, xoga un papel crucial en diversas funcións biolóxicas, incluíndo a saúde da pel, síntese proteica, estabilización de membranas e cicatrización. Este mineral atópase en altas concentracións na pel, especialmente en áreas de presión, e é fundamental para a homeostase celular. A dieta é a principal fonte de Zn, e a súa biodispoñibilidade pode verse afectada por outros compoñentes dietéticos e factores de almacenamento. A homeostase deste oligoelemento é crucial para o mantemento de diversas funcións fisiolóxicas, e tanto a súa deficiencia como o seu exceso poden ter efectos adversos. A dermatose sensible ao Zn afecta a varias especies, incluíndo cans, gatos, bovinos e porcos, aínda que hoxe en día é difícil observalas debido ás dietas comerciais de alta calidade, pode ocorrer por unha inxestión insuficiente de Zn, mala absorción intestinal ou problemas nos mecanismos de homeostase deste oligoelemento. Esta condición caracterízase por un cadro queratoseborreico con alopecia e histopatoloxicamente cunha hiperqueratose paraqueratósica, mostrando resposta positiva á suplementación con Zn. As dermatoses sensibles ao Zn clasifícanse clásicamente en tipos I, II e acrodermatite, aínda que unha clasificación máis actual diferencia entre anomalías debidas ao animal e anomalías nutricionais. Ademais destas enfermidades causadas directamente por alteracións nos niveis de Zn, observouse que este micromineral ten importancia no desenvolvemento de outras patoloxías cutáneas como a dermatite atópica canina (CAD), a demodicose e a onicomadese lupoide simétrica. O principal obxectivo do presente Traballo Fin de Grao (TFG) é determinar a influencia da alimentación (concretamente do Zn) sobre a pel, causante de patoloxías dermatolóxicas en cans e gatos. Ademais, describiranse os principais signos clínicos e lesións histopatolóxicas presentados polos animais con dermatosis sensible ao Zn debida a unha anomalía no animal. Finalmente expoñeranse os diagnósticos e tratamentos máis empregados.

Posta a punto e validación dunha técnica económica, rápida e sinxela para a estimación da idade en odontocetos
Autoría
M.P.V.
Grao en Veterinaria
M.P.V.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
19.07.2024 09:00
19.07.2024 09:00
Resumo
A estimación da idade en animais salvaxes é unha ferramenta esencial para o estudo da estrutura das poboacións, a interpretación de determinados datos biolóxicos e a xestión dos programas de conservación de especies ameazadas. Existen varias formas de estimar a idade dos animais, sendo a técnica máis común a conta de grupos de capas de crecemento (GLG) na dentina, un reconto que se pode levar a cabo empregando diferentes métodos. Neste traballo optouse por estimar a idade en odontocetos mediante a conta de GLG en seccións de dentes lixadas e pulidas, utilizando un estereomicroscopio e un microscopio óptico. Para validar o procedemento, comparáronse os resultados cos obtidos en seccións descalcificadas dos mesmos dentes empregando microscopia óptica, microscopia electrónica de varrido e microtomografía computarizada. Para isto, a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) proporcionou dentes de 34 animais pertencentes ás catro especies de odontocetos con maior número de varamentos na costa galega: golfiño común (Delphinus delphis), toniña (Phocoena phocoena), golfiño riscado (Stenella coeruleoalba) e arroaz (Tursiops truncatus). Os mellores resultados, tanto para a identificación das estruturas dentais como para a conta de GLG, obtivéronse co microscopio electrónico de varrido para os dentes de golfiño común, golfiño riscado e arroaz. Porén, a microscopia óptica en seccións non tratadas tamén amosou ser unha técnica eficaz para a determinación da idade en todas as especies, mentres que o proceso de descalcificación soamente mellorou a definición dos GLG nas seccións de dentes de arroaz, por ser as de maior tamaño. A microtomografía computarizada permitiu identificar algúns GLG, pero non se conseguiu completar a conta nos dentes de arroaz coa cavidade polpar máis pechada. En definitiva, esta metodoloxía permitiu poñer a punto na Facultade de Veterinaria da USC unha técnica económica, rápida e sinxela para a estimación da idade en odontocetos mediante a conta de GLG en seccións de dentes lixadas e pulidas, técnica que se validou comparando os resultados cos obtidos en seccións descalcificadas dos mesmos dentes empregando microscopia óptica, microscopia electrónica de varrido e microtomografía computarizada.

Sabucedo Suárez, Ana María Cotitoría
ALEMAÑ POSADAS, NURIA VICENTA (Titoría)
Sabucedo Suárez, Ana María Cotitoría
Tribunal
ALONSO MEIJIDE, JOSE MARIA (Presidente/a)
LOPEZ GARCIA, MARIANO (Secretario/a)
QUINTELA ARIAS, LUÍS ÁNGEL (Vogal)
ALONSO MEIJIDE, JOSE MARIA (Presidente/a)
LOPEZ GARCIA, MARIANO (Secretario/a)
QUINTELA ARIAS, LUÍS ÁNGEL (Vogal)
Xestión de colonias felinas e benestar animal
Autoría
N.T.P.
Grao en Veterinaria
N.T.P.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
15.02.2024 09:30
15.02.2024 09:30
Resumo
Os gatos sen fogar representan un problema importante en Europa, con centos de miles abandonados cada ano. Moitos destes gatos adáptanse a vivir en liberdade, reprodúcense e acaban formando poboacións pouco ou nada sociables cos humanos, ás que se chaman gatos comunitarios ou gatos salvaxes. Estas poboacións adóitanse agrupar en colonias, que aproveitan os recursos xerados nos núcleos de poboación para sobrevivir nunhas condicións que están fóra dos mínimos establecidos de calquera concepto de benestar animal. O exceso de recursos, a reprodución incontrolada e o abandono masivo dos gatos fixo que o crecemento das colonias felinas sexa exponencial. A súa presenza incontrolada é a causa de numerosos conflitos, xa que a situación sanitaria dos gatos comunitarios inflúe directamente na saúde pública, na saúde animal e no medio ambiente, polo que se fai evidente a obriga de ter control sobre eles para protexelo. As medidas tradicionais de control para reducir as súas poboacións baseadas no sacrificio ou retirada de colonias demostraron ser ineficaces e, afortunadamente, xa non son legais nin aceptadas socialmente. A sociedade actual demanda programas de xestión ética. O método CER (Captura-Esterilización-Retorno) é a ferramenta básica de calquera programa de control ético de colonias felinas. Ademais, acompañado doutras medidas complementarias de xestión integral, o éxito da xestión aumenta. Supón un impacto positivo no benestar dos gatos ao tempo que controla a súa poboación e mesmo a redución progresiva a longo prazo. Así mesmo, consegue eliminar ou paliar os conflitos asociados á súa presenza. A profesión veterinaria apoia amplamente o programa CER como único método aceptable para controlar as poboacións felinas nas rúas. O seu papel na xestión das colonias é fundamental polos seus coñecementos en saúde pública, zoonoses, sanidade e benestar animal. A nova Lei 7/2023, do 28 de marzo, de protección dos dereitos e benestar dos animais, establece o marco legal para o tratamento das colonias felinas. O seu obxectivo é o control da poboación de todos os gatos comunitarios para reducir progresivamente a poboación mantendo a súa protección. Debido á súa recente entrada en vigor, aínda é prematuro avaliar os resultados da súa implantación, non obstante xa suscitaron varias críticas en diversos sectores científicos.

Sarcoma asociado ao lugar de inxección na especie felina
Autoría
G.T.R.
Grao en Veterinaria
G.T.R.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
15.02.2024 09:30
15.02.2024 09:30
Resumo
O sarcoma asociado ao lugar de inxección pertence a un grupo de tumores coñecidos como sarcomas de tecidos brandos. Este sarcoma altamente invasivo caracterízase por un crecemento rápido, unha alta recorrencia local e unha baixa taxa de metástase, sendo o pulmón o lugar máis común de propagación do tumor. Desenvólvese na especie felina e a hipótese máis aceptada suxire unha reacción inflamatoria crónica tras a vacinación, sumada a todo isto unha certa predisposición xenética. Esta enfermidade rara, de etiopatoxénese e incidencia aínda descoñecida, supón un reto para o veterinario á hora de determinar o tratamento, tendo así un prognóstico reservado para o paciente. Por iso, é moi importante nesta especie seguir as recomendacións actuais sobre os lugares de vacinación e, aínda que non é posible previr a aparición da neoplasia, hai unha maior probabilidade de realizar unha resección completa da mesma, conseguindo así unha maior supervivencia e calidade de vida do paciente.

Megaesófago canino: presentación clínica, diagnóstico e tratamento.
Autoría
M.B.D.
Grao en Veterinaria
M.B.D.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
17.07.2024 09:00
17.07.2024 09:00
Resumo
O megaesófago canino preséntase como unha dilatación do lumen esofáxico por acumulación de contido alimenticio debido a un peristaltismo non funcional. Esta dilatación pode presentarse de varias formas e ter múltiples causas, incluíndo unha orixe conxénita, anatómica como malformacións vasculares, ou outras enfermidades secundarias como a miastenia gravis. Non obstante, na maioría dos casos non se identifica unha etioloxía, sendo o diagnóstico máis frecuente o de megaesófago idiopático. Aínda que existen varias teorías sobre a posible causa do problema motor inicial, ningunha foi confirmada. O principal signo clínico do megaesófago canino é a regurxitación, o que leva á perda de peso, estados de malnutrición severa e risco de aspiración do contido. Respecto ao tratamento, tanto as técnicas cirúrxicas como as alternativas farmacolóxicas empregadas ata agora resultaron insatisfactorias. Parte desta dificultade no tratamento pode explicarse pola similitude da súa presentación clínica coa acalasia esofáxica en humanos, o que provocou, durante anos, que se tratase da mesma maneira derivando nun manexo inadecuado e resultados moi pobres, a miúdo rematando en eutanasia. Hoxe en día sábese que é unha enfermidade diferente á acalasia esofáxica, o que centrou a investigación nas características específicas do megaesófago canino, permitindo un mellor coñecemento e manexo do mesmo. O enfoque do estudo da enfermidade vai orientado cara un manexo nutricional como base do tratamento, ademais de ser esencial para o prognóstico e unha mellor calidade de vida dos cans afectados. Algunhas das pautas específicas deste manexo nutricional son a alimentación en posición vertical e o coidado da consistencia do alimento. Finalmente, a publicación dunha nova técnica cirúrxica e o ensaio de novos fármacos como posible tratamento médico ofrecen esperanza ante o prognóstico reservado da enfermidade.

ESPINO LOPEZ, LUCIANO Cotitoría
Miño Fariña, Natalia (Titoría)
ESPINO LOPEZ, LUCIANO Cotitoría
Tribunal
Barros Velázquez, Jorge (Presidente/a)
CAZAPAL MONTEIRO, CRISTIANA FILIPA (Secretario/a)
BLANCO ALVAREZ, JESUS EULOGIO (Vogal)
Barros Velázquez, Jorge (Presidente/a)
CAZAPAL MONTEIRO, CRISTIANA FILIPA (Secretario/a)
BLANCO ALVAREZ, JESUS EULOGIO (Vogal)
Displasia de cadeira en cans
Autoría
C.A.F.P.
Grao en Veterinaria
C.A.F.P.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
19.07.2024 09:00
19.07.2024 09:00
Resumo
A displasia de cadeira canina é unha das enfermidades ortopédicas con maior incidencia na clínica veterinaria. É un trastorno do desenvolvemento óseo con orixe polixénico e multifactorial, pero influenciado por factores ambientais e biomecánicos. A enfermidade caracterízase por unha laxitude persistente na articulación coxofemoral, que provoca dor e a consecuente coxeira, e ademais, se cronifica pode provocar osteoartrite coxofemoral. Con maior frecuencia obsérvase en cans con certas características: cans de razas grandes e xigantes, con exceso de peso, e/ou que realizan exercicio intenso durante o seu crecemento. Ao ser xenético, aqueles cans que padezan a enfermidade deben se seleccionarse para evitar a reincidencia desta. A principal sospeita de que un can padece a enfermidade será a presenza de coxeira uni ou bilateral, sobre todo en cans que presentan os factores de risco. A diagnose pode basearse en probas visuais, manuais ou por diagnóstico de imaxe, sendo máis común as radiografías ventrodorsales, as cales permiten valorar o grao de dexeneración articular e elixir correctamente o tratamento máis conveniente. A intervención cirúrxica emprégase a miúdo para previr os cambios articulares ou recuperar a función articular, deste xeito, poden ser tratamentos conservadores ou cirúrxicos, inclusive seren complementarios. O obxectivo é eliminar a dor e atrasar a dexeneración articular. En canto ao tratamento cirúrxico existen uns factores que inflúen para seleccionar a técnica correcta. En última instancia realizaranse tratamentos cirúrxicos de rescate.

Comportamento das candorcas (Orcinus orca) en vida libre: a problemática das interaccións con embarcacións.
Autoría
C.A.B.V.
Grao en Veterinaria
C.A.B.V.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
15.02.2024 09:30
15.02.2024 09:30
Resumo
A partires do verán de 2020 comezou a verse na subpoboación de candorcas da península ibérica un comportamento innovador sen precedentes ao interactuar de forma recorrente con embarcacións. Os sucesos limitábanse a que os animais suxeitaban o leme movendo, xirando ou parando o barco. As consecuencias podían ser dende leves, nas cales a embarcación podía continuar o seu traxecto, ata graves, cando deixaban ao barco sen capacidade para moverse. As interaccións entre candorcas e humanos xa se coñecen historicamente tanto en vida libre co sector pesqueiro coma en catividade con accidentes con adestradores. Todo isto sumado á mala reputación que se transmite dende a prensa ou documentos audiovisuais leva a manter por parte da sociedade unha percepción negativa e incluso maligna destes animais, polo que é preciso que se reflexione sobre a realidade das candorcas e a súa situación. Para comprender a súa conduta, neste TFG descríbense certos aspectos da bioloxía das candorcas: a súa anatomía, distribución xeográfica e migracións, estado legal ou o seu comportamento, para abordar a problemática das interaccións cos humanos dende un punto de vista etolóxico.

López Fernández, Alfredo Cotitoría
ALEMAÑ POSADAS, NURIA VICENTA (Titoría)
López Fernández, Alfredo Cotitoría
Tribunal
Barros Velázquez, Jorge (Presidente/a)
CAZAPAL MONTEIRO, CRISTIANA FILIPA (Secretario/a)
BLANCO ALVAREZ, JESUS EULOGIO (Vogal)
Barros Velázquez, Jorge (Presidente/a)
CAZAPAL MONTEIRO, CRISTIANA FILIPA (Secretario/a)
BLANCO ALVAREZ, JESUS EULOGIO (Vogal)
Benestar animal e abandono: problemas de comportamento que afectan en maior medida aos cans adoptados
Autoría
A.M.L.S.
Grao en Veterinaria
A.M.L.S.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
13.09.2024 09:00
13.09.2024 09:00
Resumo
A presentación de problemas de comportamento é un dos principais motivos de abandono e de devolución de cans adoptados ás protectoras. Deseñouse este traballo tendo como principais obxectivos: comparar a posible incidencia de problemas de comportamento, entre un grupo problema formado por animais procedentes de protectora e un grupo control composto por animais doutras procedencias; valorar como pode afectar á presentación de alteracións conductuais o paso do can por unha casa de acollida durante un período de tempo previo á súa adopción definitiva e, en base á bibliografía consultada, describir algunhas medidas de prevención que sexan útiles e aplicables, para reducir aqueles problemas de comportamento que poidan aparecer de maneira significativamente superior nos animais estudados, en función da súa procedencia. Distribuíuse de maneira online un cuestionario de comportamento validado (C-BARQ) do que, tras eliminar aquelas respostas que non cumprían as características do estudo, obtivéronse 318 respostas válidas. Desta mostra total, 158 individuos cumpriron as características para formar parte do grupo problema (cans adoptados en protectoras de Galicia) e os 160 restantes formaron o grupo control, entre os que se atopaban animais doutras procedencias diferentes á adopción (comprados, regalados ou nados na casa do propietario). Os resultados correlacionáronse mediante análises estatísticas de Pearson e U de Mann-Whitney. Segundo os resultados obtidos, os cans adoptados en protectoras terían unha capacidade de adestramento significativamente inferior, presentarían unha maior predisposición a mostrar medo non social e medo a persoas descoñecidas e terían niveis de enerxía máis baixos. Ademais, o paso por casas de acollida antes da súa adopción definitiva influiría de forma significativa na capacidade de adestramento dos cans e o medo a persoas descoñecidas.

GONZALEZ MARTINEZ, ANGELA Cotitoría
FERNANDEZ TROCONIZ REVUELTA, PATRICIA (Titoría)
GONZALEZ MARTINEZ, ANGELA Cotitoría
Tribunal
MORA GUTIERREZ, AZUCENA DEL CARMEN (Presidente/a)
CARRERA GONZALEZ, MARIA CRISTINA (Secretario/a)
VÁZQUEZ BELDA, BEATRIZ ISABEL (Vogal)
MORA GUTIERREZ, AZUCENA DEL CARMEN (Presidente/a)
CARRERA GONZALEZ, MARIA CRISTINA (Secretario/a)
VÁZQUEZ BELDA, BEATRIZ ISABEL (Vogal)
Disfunción da Pars Intermedia da Pituitaria (Cushing) en cabalos
Autoría
U.L.F.
Grao en Veterinaria
U.L.F.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
19.07.2024 09:00
19.07.2024 09:00
Resumo
A Disfunción Intermedia da Pars Pituitaria (PPID), tamén coñecida como Enfermidade de Cushing, é un trastorno endócrino común nos cabalos xeriátricos. Esta condición caracterízase pola dexeneración das neuronas dopaminérxicas no hipotálamo, que orixina hiperplasia e formación de adenomas na pars intermedia da glándula pituitaria. Os cabalos con PPID presentan unha ampla variedade de signos clínicos, incluíndo hipertricose, laminite, perda de peso, poliuria e polidipsia. O diagnóstico de PPID baséase na observación destes signos clínicos e en probas endocrinolóxicas, como a medición dos niveis basais de hormona adrenocorticotrópica (ACTH) e hormona estimulante de a-melanocitos (a-MSH), a supresión con dexametasona (DST) e a estimulación con TRH. O tratamento médico fundaméntase no mesilato de pergolide, que axuda a controlar os síntomas, e coidados de apoio para mellorar a calidade de vida do cabalo. A detección precoz e a intervención adecuada son fundamentais para xestionar esta enfermidade de forma eficaz e prolongar a vida dos cabalos afectados.

VILLANUEVA SANTAMARINA, BLANCA LIDIA (Titoría)
VILLANUEVA SANTAMARINA, BLANCA LIDIA (Titoría)
Tribunal
ONDINA NAVARRET, MARIA PAZ (Presidente/a)
ORJALES GALDO, INMACULADA (Secretario/a)
FERNANDEZ FERNANDEZ, ALEJANDRO (Vogal)
ONDINA NAVARRET, MARIA PAZ (Presidente/a)
ORJALES GALDO, INMACULADA (Secretario/a)
FERNANDEZ FERNANDEZ, ALEJANDRO (Vogal)
Hemanxiosarcoma canino.
Autoría
L.A.G.D.R.
Grao en Veterinaria
L.A.G.D.R.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
12.09.2024 16:00
12.09.2024 16:00
Resumo
O hemanxiosarcoma é unha neoplasia mesenquimatosa que, aínda que historicamente se consideraba orixinaria do endotelio vascular, agora crese que ten a súa verdadeira orixe en células pluripotentes da medula ósea. Afecta a practicamente todas as especies domésticas, pero é nos cans onde a enfermidade se observa con maior frecuencia, representando o 2% de todos os cancros detectados nesta especie. Segundo datos epidemiolóxicos, o bazo, corazón, fígado e pel son as principais localizacións do tumor. De forma menos frecuente tamén se reportou o desenvolvemento de hemanxiosarcoma nos riles, a cavidade bucal, os ósos, a vexiga da urina, a lingua, o retroperitoneo, grandes vasos sanguíneos, entre outras localizacións. Ao ser un tumor tan heteroxéneo con diferentes presentacións, as súas manifestacións clínicas son igualmente moi distintas. O diagnóstico definitivo obténse grazas á análise histopatolóxica das lesións, e aínda que existen e se usan outras ferramentas diagnósticas, de maneira xeral crese que estas só permiten chegar a un diagnóstico presuntivo da enfermidade, sendo sobre todo máis útiles no estadiaxe da mesma.No ámbito do diagnóstico, recentemente o enfoque é desenvolver técnicas como por exemplo a medición de biomarcadores, que permiten o diagnóstico da enfermidade dunha forma máis temperá. Con respecto ao proceso de estadificación, este baséase na realización de análises laboratoriais, radiografías torácicas de 3 vistas e ecografías abdominais, clasificándose os pacientes en 3 estadios con base nun sistema TMN. Para o tratamento do hemanxiosarcoma canino, a remoción cirúrxica do tumor primario adoita ser a primeira indicación en case todos os casos, considerándose incluso nalgúns como unha terapia curativa. Asociado á cirurxía emprégase tamén de forma reiterada a quimioterapia convencional mediante protocolos baseados en doxorrubicina, que, aínda que para este tumor aínda non permiten a curación, conseguen prolongar o tempo de supervivencia medio dos pacientes de maneira máis ou menos satisfactoria. Outras terapias máis recentes, aínda en investigación, inclúen a quimioterapia metronómica, terapias dirixidas, inmunoterapia e terapias baseadas en produtos naturais. En xeral, debido ao seu comportamento biolóxico agresivo e altas taxas de metástase, o prognóstico dos pacientes afectados con hemanxiosarcoma segue sendo moi pobre na gran maioría dos casos. Este panorama desfavorable, caracterizado ademais por un estancamento nos avances sobre o abordaxe clínico do tumor, suscitou o interese da comunidade científica veterinaria, que cre que isto se debe ao escaso entendemento sobre a ontoxenia e funcionamento biolóxico desta neoplasia, puntos que están sendo obxecto de estudo na última década e sobre os cales tamén se incidiu nesta revisión bibliográfica.

Cólico Equino
Autoría
M.D.C.G.A.
Grao en Veterinaria
M.D.C.G.A.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
19.07.2024 09:00
19.07.2024 09:00
Resumo
Esta revisión da literatura aborda o cólico equino, unha síndrome que engloba múltiples patoloxías gastrointestinales, tanto físicas como fisiolóxicas, manifestadas baixo o cadro de dor abdominal agudo no cabalo. A súa importancia na clínica equina radica no alto volume de casos, que na súa maioría poderíanse previr con medidas de manexo adecuadas e revisións veterinarias de rutina. Na maioría dos cabalos detéctase a orixe da síndrome cun protocolo diagnóstico básico que inclúe anamnesis, exploración física e mínimas probas complementarias (palpación rectal, intubación nasogástrica e ecografía abdominal). Procesos gastrointestinales leves ou moderados requirirán un tratamento farmacolóxico, que presentará evolución favorable en 24-72 horas. Con todo, aqueles casos que requiran cirurxía teñen unha alta taxa de mortalidade intraoperatoria e postoperatoria. Ao longo deste traballo recolléronse os factores predisponentes, tanto anatómicos como de manexo, os métodos diagnósticos estandarizados e os biomarcadores recentemente estudados, e finalmente o tratamento terapéutico e cirúrxico.

Graña Pena, María Almudena Cotitoría
VARELA LOPEZ, OSCAR (Titoría)
Graña Pena, María Almudena Cotitoría
Tribunal
MIRANDA LOPEZ, JOSE MANUEL (Presidente/a)
BARREIRO VAZQUEZ, JOSE DANIEL (Secretario/a)
CAMIÑA GARCIA, MARIA MERCEDES (Vogal)
MIRANDA LOPEZ, JOSE MANUEL (Presidente/a)
BARREIRO VAZQUEZ, JOSE DANIEL (Secretario/a)
CAMIÑA GARCIA, MARIA MERCEDES (Vogal)
Diagnóstico e tratamento da dilatación-vólvulo gástrico en cans
Autoría
Z.R.V.
Grao en Veterinaria
Z.R.V.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
15.02.2024 09:30
15.02.2024 09:30
Resumo
O síndrome de dilatación-vólvulo gástrico (DVG) representa unha emerxencia médica e cirúrxica frecuente en cans, caracterizada pola distensión e torsión do estómago. Este trastorno afecta principalmente a razas grandes, sendo máis común en cans de idade avanzada. Desencadéase debido a factores como a inxestión rápida de grandes cantidades de alimento, a actividade despois de comer e a predisposición xenética, manifestándose con signos clínicos como distensión abdominal, vómitos improdutivos e signos de choque. O diagnóstico realízase en base á observación dos signos clínicos, á exploración física e ás radiografías, que son fundamentais para confirmar a DVG. O tratamento combina estratexias médicas e cirúrxicas. Inicialmente, estabilízase ó paciente con fluídos intravenosos e a corrección dos desequilibrios electrolíticos. Sen embargo, a intervención cirúrxica é esencial, implicando a descompresión do estómago, a avaliación da viabilidade tisular, a corrección da torsión e, se necesario, a realización dunha gastrectomía parcial. No tratamento cirúrxico, empréganse diferentes técnicas de gastropexia, sendo a gastropexia incisional a de elección. No caso das técnicas minimamente invasivas, aínda que proporcionan beneficios na recuperación postoperatoria, son empregadas especialmente como medida preventiva en razas predispostas ó DVG, sen substituír ao tratamento convencional. Durante o coidado postoperatorio, a administración de fluidos, analxésicos e antibióticos mantéñense segundo as necesidades do paciente. Dado que o prognóstico atópase vinculado a este manexo, unha correcta monitorización é esencial para mellorar as taxas de supervivencia

Especies de Babesia que afectan aos cans en Europa: diferenzas de distribución, patoxenicidade e control
Autoría
S.B.M.
Grao en Veterinaria
S.B.M.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
15.02.2024 09:30
15.02.2024 09:30
Resumo
A babesiose canina é unha enfermidade parasitaria transmitida por carrachas que se manifesta principalmente cunha síndrome febril, anemia hemolítica, coagulación intravascular diseminada e leucopenia. En xeral, ten un curso agudo con graves repercusións para a saúde do animal, e nalgúns casos é mortal, aínda que se sinalou que poden existir diferenzas notables nos signos clínicos, tratamento e prognóstico da babesiose dependendo das especies de protozoos implicadas. Polo tanto, os obxectivos desta revisión foron identificar as especies de Babesia presentes nos cans en Europa, os seus vectores e distribución xeográfica, así como as posibles diferenzas na súa patoxenicidade e cadro clínico. Por último, describiranse os tratamentos farmacolóxicos máis eficaces contra as diferentes especies de Babesia que afectan aos cans. En Europa identificáronse catro especies de Babesia que poden infectar cans: as babesias grandes, Babesia canis e Babesia vogeli, e as babesias pequenas, Babesia vulpes e Babesia gibsoni. Todas elas foron detectadas en España. Babesia canis é a especie máis frecuente en Europa, sendo especialmente frecuente nas zonas máis frías do continente, que representan un hábitat máis axeitado para o seu vector, Dermacentor reticulatus. Babesia vogeli é máis común nas rexións mediterráneas, afectando especialmente aos cans das zonas urbanas e periurbanas, xa que o seu vector, Rhipicephalus sanguineus sensu lato, é unha especie fundamentalmente endófila. Babesia vulpes considérase endémica en Galicia, sendo ocasional noutros países europeos; sospéitase que o seu vector é Ixodes hexagonus, unha carracha asociada a raposos e ourizos cacho salvaxes. Babesia gibsoni predomina no leste de Europa, sendo esporádica noutros países europeos. Varias investigacións apuntan a que as babesias pequenas son máis patóxenas que as grandes e o seu prognóstico adoita ser peor, aínda que a gravidade dos signos clínicos tamén depende doutros factores como a resposta inmunitaria do animal parasitado, a presenza de enfermidades concomitantes ou a intensidade da infección. Polo tanto, son necesarios máis estudos para aclarar este aspecto. Existen claras diferenzas na eficacia dos fármacos administrados para combater as infeccións provocadas por diferentes especies de Babesia. Así, considérase que o dipropionato de imidocarb é de elección para o tratamento da babesia grande e a combinación de atovacuona con azitromicina para a babesia pequena. Por iso, o rápido diagnóstico e identificación das especies implicadas en cada caso é de vital importancia para poder administrar rapidamente un tratamento eficaz, mellorando así o prognóstico do animal.

REMESAR ALONSO, SUSANA Cotitoría
DÍAZ FERNÁNDEZ, PABLO (Titoría)
REMESAR ALONSO, SUSANA Cotitoría
Tribunal
Barros Velázquez, Jorge (Presidente/a)
CAZAPAL MONTEIRO, CRISTIANA FILIPA (Secretario/a)
BLANCO ALVAREZ, JESUS EULOGIO (Vogal)
Barros Velázquez, Jorge (Presidente/a)
CAZAPAL MONTEIRO, CRISTIANA FILIPA (Secretario/a)
BLANCO ALVAREZ, JESUS EULOGIO (Vogal)
Efectos da hipocalcemia subclínica na vaca de leite e estratexias para previla
Autoría
A.M.P.D.
Grao en Veterinaria
A.M.P.D.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
19.07.2024 09:00
19.07.2024 09:00
Resumo
O calcio é un mineral moi abundante nas vacas de leite (1-2% do seu peso vivo), é importante por que participa en moitos procesos fisiolóxicos. Nos momentos inmediatos antes e despois do parto prodúcese un desequilibrio da súa concentración no sangue, dando lugar a hipocalcemia. Na actualidade a incidencia da hipocalcemia subclínica nas vacas leiteiras é moi elevada, atópase ao redor do 50%, varía dependendo do autor. Hai algúns factores que predispoñen a súa presenza como a raza, a idade, o número de partos, a condición corporal, o nivel de produción, as horas de luz ás que están expostas ou a inxestión de forraxes con alto contido en K. Para diagnosticala débense realizar analíticas sanguíneas con equipos calibrados para a especie, o punto de corte para considerar unha concentración de calcio sérico como hipocalcemia subclínica varía entre 7,54 mg/dl e 9,42 mg/dl dependendo do estudo. Esta patoloxía produce numerosos efectos nas vacas de alta produción, a maioría deles derivan da diminución da actividade do músculo liso, secundaria aos baixos niveis de Ca. Merma a motilidade rumino-intestinal que desencadea o desprazamento de abomaso e a redución do consumo de materia seca, dando lugar a casos de cetose e ao descenso da produción láctea. Do mesmo modo decrece a motilidade uterina que orixina retencións de placenta e retraso na involución uterina desencadeando infeccións a nivel do útero, e aumentando os casos de metrite. A afectación da actividade do músculo liso tamén favorece o desenvolvemento de mamites, xa que impide o correcto peche do esfínter do pezón. Gran parte destes efectos prexudican negativamente á saúde e á produción láctea das vacas de leite e polo tanto á rendibilidade económica das explotacións. Atendendo a esta problemática, é preciso levar a cabo estratexias que axuden a previr o desenvolvemento da hipocalcemia subclínica nestes animais. As medidas de control máis estudadas e comprobadas son as dietas baixas en Ca, dietas con DCAD negativa e os suplementos con vitamina D ou Ca (oral, subcutáneo ou intravenoso), parece que estas técnicas axudan a diminuír a incidencia aínda que algunhas das investigacións realizadas obteñen resultados contraditorios. É imprescindible que se realicen máis experimentos e estudos para poder asegurar que as técnicas son verdadeiramente efectivas e unificar resultados que o corroboren.

RIGUEIRA REY, LUCAS (Titoría)
RIGUEIRA REY, LUCAS (Titoría)
Tribunal
ALONSO MEIJIDE, JOSE MARIA (Presidente/a)
LOPEZ GARCIA, MARIANO (Secretario/a)
QUINTELA ARIAS, LUÍS ÁNGEL (Vogal)
ALONSO MEIJIDE, JOSE MARIA (Presidente/a)
LOPEZ GARCIA, MARIANO (Secretario/a)
QUINTELA ARIAS, LUÍS ÁNGEL (Vogal)
Brucelose en golfiños. Respecto dos casos varados en Cantabria.
Autoría
C.P.G.
Grao en Veterinaria
C.P.G.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
19.07.2024 09:00
19.07.2024 09:00
Resumo
A brucelose é unha enfermidade bacteriana descuberta no século XIX, que afecta a múltiples especies de mamíferos incluído o ser humano, aínda que presenta hospedadores específicos. Esta revisión céntrase naquelas especies de Brucella spp. que afectan os cetáceos, concretamente a Brucella ceti e Brucella pinnipedialis. A pesar de que a investigación nalgúns campos da sanidade en mamíferos mariños, é aínda reducida, nos últimos anos ampliouse o estudo respecto a este tema. Nestes animais, a brucelose pode ser asintomatica ou cursar con signos clínicos. Na maioría dos casos estudados observouse a especie B. ceti como causante de diferentes alteracións que comprenden signos neurolóxicos, e lesións no SNC, ademais de en outros órganos e sistemas. Esta especie caracterízase por provocar neurobrucelose especialmente en golfiños listados (Stenella coeruleoalba). A maioría dos estudos realizados nos últimos anos sobre a brucelose en cetáceos, realizáronse principalmente en base a varamentos destes animais en praias de distintos puntos xeográficos. Sen embargo, a causa dos varamentos en cetáceos que presentan esta infección, aínda segue sendo descoñecida en boa parte dos casos, estando en ocasións asociada a outras enfermidades concorrentes como Toxoplasma gondii ou Morbilivirus. Neste traballo realizouse unha revisión dos achados máis relevantes de distintos varamentos de golfiños na costa de Cantabria, que obtiveron un resultado positivo nalgunha das probas diagnósticas fronte a Brucella spp. Ademais, discútese a técnica de referencia para o diagnóstico de Brucella spp., o cultivo bacteriano, fronte a outras probas diagnósticas dada a disparidade de resultados observados. Resáltase a importancia da investigación neste campo, para a instauración de novas técnicas diagnósticas que permitan establecer datos certeiros sobre a patoxenia, vías de transmisión e mortalidade desta enfermidade nos cetáceos.

Fayos Martínez, Manena Cotitoría
Vázquez Rodríguez, Sonia (Titoría)
AZEVEDO GOMES, ANA MANUELA DE Cotitoría
Fayos Martínez, Manena Cotitoría
Tribunal
ALONSO MEIJIDE, JOSE MARIA (Presidente/a)
LOPEZ GARCIA, MARIANO (Secretario/a)
QUINTELA ARIAS, LUÍS ÁNGEL (Vogal)
ALONSO MEIJIDE, JOSE MARIA (Presidente/a)
LOPEZ GARCIA, MARIANO (Secretario/a)
QUINTELA ARIAS, LUÍS ÁNGEL (Vogal)
Cataratas en teleósteos: causas, consecuencias a nivel produtivo e estratexias de prevención
Autoría
A.F.F.
Grao en Veterinaria
A.F.F.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
12.09.2024 16:00
12.09.2024 16:00
Resumo
As cataratas en teleósteos, ou peixes óseos, son opacidades do cristalino do ollo que reducen a capacidade visual e poden causar cegueira. Éstas poden ser provocadas por factores nutricionais, ambientais, químicos ou infecciosos. A prevalencia varía e pode alcanzar ata o 100% nalgúns casos. A capacidade de alimentarse diminúe, reducindo a taxa de crecemento e aumentando a mortalidade, o que impacta negativamente na economía acuícola e no benestar animal. As cataratas son procesos irreversibles, pero as de orixe osmótico poden ser reversibles, sendo a prevención o mellor método de control. A revisión bibliográfica aborda a estrutura do cristalino, a etioloxía das cataratas, o seu impacto económico, a implicación no benestar animal e os métodos de prevención.
As cataratas en teleósteos, ou peixes óseos, son opacidades do cristalino do ollo que reducen a capacidade visual e poden causar cegueira. Éstas poden ser provocadas por factores nutricionais, ambientais, químicos ou infecciosos. A prevalencia varía e pode alcanzar ata o 100% nalgúns casos. A capacidade de alimentarse diminúe, reducindo a taxa de crecemento e aumentando a mortalidade, o que impacta negativamente na economía acuícola e no benestar animal. As cataratas son procesos irreversibles, pero as de orixe osmótico poden ser reversibles, sendo a prevención o mellor método de control. A revisión bibliográfica aborda a estrutura do cristalino, a etioloxía das cataratas, o seu impacto económico, a implicación no benestar animal e os métodos de prevención.
Dirección
QUIROGA BERDEAL, MARIA ISABEL (Titoría)
AZEVEDO GOMES, ANA MANUELA DE Cotitoría
QUIROGA BERDEAL, MARIA ISABEL (Titoría)
AZEVEDO GOMES, ANA MANUELA DE Cotitoría
Tribunal
DIAZ VIZCAINO, ELVIRA ANTONIA (Presidente/a)
ORJALES GALDO, INMACULADA (Secretario/a)
FERNANDEZ FERNANDEZ, ALEJANDRO (Vogal)
DIAZ VIZCAINO, ELVIRA ANTONIA (Presidente/a)
ORJALES GALDO, INMACULADA (Secretario/a)
FERNANDEZ FERNANDEZ, ALEJANDRO (Vogal)
Importancia da microbiota na inmunidade dos bovinos.
Autoría
J.P.F.
Grao en Veterinaria
J.P.F.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
16.02.2024 09:30
16.02.2024 09:30
Resumo
O sistema gastrointestinal dos ruminantes é un complexo sistema cuxa característica principal é a división do estómago en varios compartimentos: rume, retículo, omaso e calleiro. Porén, unha característica non menos destacada é a relación simbiótica especial que ten lugar entre algúns organismos que forman parte da microbiota, a flora microscópica que reside nun organismo vivo (Real Academia Española, s.f., definición 1) e as estruturas corporais do anfitrión. O obxectivo principal desta revisión bibliográfica é avaliar o papel que xoga o aparello dixestivo e os seus compoñentes sobre o desenvolvemento da inmunidade no ganado bovino, centrándoo especialmente no tipo de compoñentes e a súa relación coa activación do sistema inmunitario. Ademais, contemplarase a descrición dos efectos da microbiota sobre o control de diferentes enfermidades. A influencia do eixo intestino-microbiota na activación do sistema inmunolóxico está baseada nunha serie de mecanismos entre os que se inclúen a regulación das proteínas das Tight junctions ou unións estreitas, o establecemento da zona da morte (capa da mucosa interna), a expresión dos receptores tipo Toll e o desenvolvemento do sistema inmunitario común das mucosas.
O sistema gastrointestinal dos ruminantes é un complexo sistema cuxa característica principal é a división do estómago en varios compartimentos: rume, retículo, omaso e calleiro. Porén, unha característica non menos destacada é a relación simbiótica especial que ten lugar entre algúns organismos que forman parte da microbiota, a flora microscópica que reside nun organismo vivo (Real Academia Española, s.f., definición 1) e as estruturas corporais do anfitrión. O obxectivo principal desta revisión bibliográfica é avaliar o papel que xoga o aparello dixestivo e os seus compoñentes sobre o desenvolvemento da inmunidade no ganado bovino, centrándoo especialmente no tipo de compoñentes e a súa relación coa activación do sistema inmunitario. Ademais, contemplarase a descrición dos efectos da microbiota sobre o control de diferentes enfermidades. A influencia do eixo intestino-microbiota na activación do sistema inmunolóxico está baseada nunha serie de mecanismos entre os que se inclúen a regulación das proteínas das Tight junctions ou unións estreitas, o establecemento da zona da morte (capa da mucosa interna), a expresión dos receptores tipo Toll e o desenvolvemento do sistema inmunitario común das mucosas.
Dirección
HERNANDEZ BERMUDEZ, JOAQUIN RICARDO (Titoría)
HERNANDEZ BERMUDEZ, JOAQUIN RICARDO (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ NUÑEZ, EUGENIO ANSELMO (Presidente/a)
VARELA LOPEZ, OSCAR (Secretario/a)
FRANCO ABUIN, CARLOS MANUEL (Vogal)
RODRIGUEZ NUÑEZ, EUGENIO ANSELMO (Presidente/a)
VARELA LOPEZ, OSCAR (Secretario/a)
FRANCO ABUIN, CARLOS MANUEL (Vogal)
Uso de ecografía en modo Doppler en reprodución do gando vacún.
Autoría
A.A.C.
Grao en Veterinaria
A.A.C.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
A ecografía é unha técnica de diagnóstico que emprega ultrasóns para crear imaxes dos tecidos. Comezouse a integrar na medicina veterinaria nos anos 80, sendo agora fundamental na reprodución animal. No relativo ao gando vacún, considérase unha ferramenta valiosa para optimizar a eficiencia e o manexo reprodutivo nas granxas, especialmente naquelas dedicadas á produción láctea. Dentro da ecografía, o modo Doppler permite apreciar alteracións na frecuencia das ondas debidas ao movemento relativo entre a fonte emisora e a receptora. Distínguense dúas variantes principais de Doppler en función de como se emite e se recibe o sinal polo transdutor: o Doppler continuo e o pulsado. Dentro deste último, inclúense o Doppler cor, espectral e de potencia, cada un dos cales se pode utilizar para analizar diversos aspectos relacionados co fluxo sanguíneo. En base o seu funcionamento, describíronse distintas aplicacións na reprodución do gando vacún. O modo Doppler pódese empregar para avaliar a funcionalidade do corpo lúteo, o que pode permitir realizar de forma precoz un diagnóstico de non xestación, permitindo unha resincronización temperá con inseminación a tempo fixo. Outra das súas posibles aplicacións é a transferencia de embrións, xa que permite avaliar a aptitude da vaca receptora e a viabilidade do embrión. Por outra parte, a avaliación da rede vascular do folículo preovulatorio permite realizar unha predición do momento da ovulación e estimar a fertilidade. Ademais, tamén se describen aplicacións no diagnóstico e evolución de patoloxías uterinas e quistes ováricos en vacas, o que contribúe a un manexo máis efectivo da saúde reprodutiva do gando. Por todo isto, o uso do modo Doppler no campo da reprodución bovina é prometedor. Non obstante, polo momento aínda son necesarias investigacións adicionais para conseguir mellorar a súa eficiencia na aplicación práctica.

Becerra González, Juan José (Titoría)
YAÑEZ RAMIL, UXIA Cotitoría
Becerra González, Juan José (Titoría)
YAÑEZ RAMIL, UXIA Cotitoría
Tribunal
RODRIGUEZ NUÑEZ, EUGENIO ANSELMO (Presidente/a)
VARELA LOPEZ, OSCAR (Secretario/a)
FRANCO ABUIN, CARLOS MANUEL (Vogal)
RODRIGUEZ NUÑEZ, EUGENIO ANSELMO (Presidente/a)
VARELA LOPEZ, OSCAR (Secretario/a)
FRANCO ABUIN, CARLOS MANUEL (Vogal)
Homeostase do magnesio. Hipomagnesemia no gando vacún.
Autoría
R.M.G.
Grao en Veterinaria
R.M.G.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
19.07.2024 09:00
19.07.2024 09:00
Resumo
A hipomagnesemia ou tetania da herba é un trastorno metabólico ligado a baixos niveles de magnesio no sangue, que se produce cando a dispoñibilidade ou a inxesta do mineral é baixa. Trátase dunha enfermidade estacional, máis frecuente na primavera, que afecta principalmente ás femias bovinas leiteiras de alta producción. É un proceso multifactorial no que interveñen tanto factores exóxenos como endóxenos, polo xeral relacionados coa alimentación, que repercuten no metabolismo do magnesio. No seguinte traballo realizarase unha revisión bibliográfica tratando de abordar a homeostase do magnesio, prestando especial atención a súa absorción, excreción e diferentes interaccións con outros elementos, que nos axuden a entender a causa de esta enfermidade nas súas distintas presentacións. Finalmente, analizaremos as diferentes técnicas de diagnóstico, comparando a súa sensibilidade e especificidade, e as posibles medidas preventivas.
A hipomagnesemia ou tetania da herba é un trastorno metabólico ligado a baixos niveles de magnesio no sangue, que se produce cando a dispoñibilidade ou a inxesta do mineral é baixa. Trátase dunha enfermidade estacional, máis frecuente na primavera, que afecta principalmente ás femias bovinas leiteiras de alta producción. É un proceso multifactorial no que interveñen tanto factores exóxenos como endóxenos, polo xeral relacionados coa alimentación, que repercuten no metabolismo do magnesio. No seguinte traballo realizarase unha revisión bibliográfica tratando de abordar a homeostase do magnesio, prestando especial atención a súa absorción, excreción e diferentes interaccións con outros elementos, que nos axuden a entender a causa de esta enfermidade nas súas distintas presentacións. Finalmente, analizaremos as diferentes técnicas de diagnóstico, comparando a súa sensibilidade e especificidade, e as posibles medidas preventivas.
Dirección
FIDALGO ALVAREZ, LUIS EUSEBIO (Titoría)
FIDALGO ALVAREZ, LUIS EUSEBIO (Titoría)
Tribunal
ONDINA NAVARRET, MARIA PAZ (Presidente/a)
ORJALES GALDO, INMACULADA (Secretario/a)
FERNANDEZ FERNANDEZ, ALEJANDRO (Vogal)
ONDINA NAVARRET, MARIA PAZ (Presidente/a)
ORJALES GALDO, INMACULADA (Secretario/a)
FERNANDEZ FERNANDEZ, ALEJANDRO (Vogal)
Aproximación diagnóstica e tratamento da xingivoestomatite felina
Autoría
M.L.S.
Grao en Veterinaria
M.L.S.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
13.09.2024 09:00
13.09.2024 09:00
Resumo
A xingivoestomatite felina (XEF) é unha enfermidade común na clínica de pequenos animais que afecta á saúde bucal dos gatos. Caracterízase por unha inflamación crónica e inmunomediada dos tecidos da cavidade oral, o que provoca un deterioro significativo na calidade de vida dos felinos afectados. O diagnóstico desta enfermidade xeralmente baséase na presenza de signos clínicos e na observación de lesións en áreas características. A pesar da súa prevalencia, a etioloxía exacta da XEF segue a ser descoñecida ata o día de hoxe. Crese que múltiples axentes patóxenos, tanto víricos como bacterianos, poden estar involucrados no seu desenvolvemento, pero debido á natureza multifactorial da enfermidade e á falta de comprensión da súa orixe precisa, o tratamento resulta complicado. Actualmente, non existe un enfoque de tratamento específico para a XEF e as taxas de éxito son insatisfactorias. Non obstante, observouse que a aplicación dun tratamento cirúrxico, particularmente mediante a extracción dos dentes afectados (exodoncia), obtivo os mellores resultados. Polo tanto, o tratamento médico pasou a un segundo plano en comparación coa intervención cirúrxica. En resumo, a XEF é unha enfermidade bucal frecuente nos gatos, caracterizada por unha inflamación crónica dos tecidos da cavidade oral. Aínda que a causa exacta non se coñece, sospeítase a participación de diversos axentes patóxenos. O tratamento cirúrxico, como a exodoncia, demostrou ser máis eficaz que as opcións médicas dispoñibles.

LOPEZ GARCIA, MARIANO (Titoría)
LOPEZ GARCIA, MARIANO (Titoría)
Tribunal
MORA GUTIERREZ, AZUCENA DEL CARMEN (Presidente/a)
CARRERA GONZALEZ, MARIA CRISTINA (Secretario/a)
VÁZQUEZ BELDA, BEATRIZ ISABEL (Vogal)
MORA GUTIERREZ, AZUCENA DEL CARMEN (Presidente/a)
CARRERA GONZALEZ, MARIA CRISTINA (Secretario/a)
VÁZQUEZ BELDA, BEATRIZ ISABEL (Vogal)
Utilidade de meabolitos secundarios de Clonostachys rosea para o control parasitario veterinario
Autoría
C.B.L.
Grao en Veterinaria
C.B.L.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
15.02.2024 09:30
15.02.2024 09:30
Resumo
O control de certas formas parasitarias que afectan a animais en granxas continúa sendo un problema importante debido ás elevadas perdas económicas que chegan a provocar. Na actualidade, a procura constante de métodos de control máis ecolóxicos e o aumento de resistencias aos fármacos antiparasitarios, conducen á busca de alternativas sostibles. Unha delas baséase no control biolóxico empregando fungo filamentosos saprófitos microscópicos do solo, como Clonostachys rosea. Este fungo ten varios mecanismos de acción fronte a parasitos, e un deles é a liberación de metabolitos secundarios que poden actuar fronte a eses patóxenos. Neste traballo realizáronse dous ensaios con metabolitos secundarios de C. rosea, no Ensaio 1 valorouse a súa actividade coccidicida fronte a ooquistes de Eimeria acervulina e no Ensaio 2 analizouse a súa actividade ovicida e ovistática fronte a ovos de Ascaris suum. Á súa vez, cada ensaio incluíu catro probas nas que utilizáronse metabolitos secundarios recollidos aos 7 e 15 días de incubación, de modo que as diferentes formas parasitarias (ooquistes e ovos) expuxéronse aos metabolitos unha ou dúas veces. Observouse que os metabolitos secundarios de C. rosea exercían unha leve acción coccidicida e ovistática, pero non acción ovicida. A actividade fronte a ooquistes e ovos aumentou cando se empregou metabolitos secundarios recollidos aos 15 días de incubación que ademais se utilizaron en dúas ocasións. Estes resultados preliminares indican que os metabolitos secundarios deste fungo baixo as condicións utilizadas neste traballo non diminúen notablemente a posibilidade de infección dos animais por E. acervulina e A. suum. A pesar disto e tendo en conta que é a primeira vez que se utilizan metabolitos de C. rosea fronte a parasitos de animais, os resultados obtidos considéranse útiles para recadar información sobre a súa posible utilidade e no deseño de novas probas eficaces.

Abordaxe radiográfica das enfermidades do desenvolvemento dos ósos do esqueleto apendicular en pequenos animais.
Autoría
E.V.B.
Grao en Veterinaria
E.V.B.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
As manifestacións radiográficas das osteopatías do crecemento son un elemento de gran utilidade para o diagnóstico das mesmas, aínda que en ocasións os signos sexan moi similares entre aquelas de diferentes etiologías, o que non permite chegar a un diagnóstico definitivo, aínda que se dan pé a dar un diagnóstico diferencial. O estudo da abordaxe radiográfico das devanditas patoloxías apenas foi abordado nos últimos anos, fóra de reportes de casos clínicos ou investigacións sobre factores etiológicos hereditarios e sobre tratamentos, o que supón que a información acerca dos signos radiográficos apenas aumentou nos últimos anos. Con todo, isto non supón un impedimento para poder avanzar no diagnóstico do caso dun paciente que padeza dunha osteopatía do crecemento en base á abordaxe radiográfico dos ósos do mesmo.
As manifestacións radiográficas das osteopatías do crecemento son un elemento de gran utilidade para o diagnóstico das mesmas, aínda que en ocasións os signos sexan moi similares entre aquelas de diferentes etiologías, o que non permite chegar a un diagnóstico definitivo, aínda que se dan pé a dar un diagnóstico diferencial. O estudo da abordaxe radiográfico das devanditas patoloxías apenas foi abordado nos últimos anos, fóra de reportes de casos clínicos ou investigacións sobre factores etiológicos hereditarios e sobre tratamentos, o que supón que a información acerca dos signos radiográficos apenas aumentou nos últimos anos. Con todo, isto non supón un impedimento para poder avanzar no diagnóstico do caso dun paciente que padeza dunha osteopatía do crecemento en base á abordaxe radiográfico dos ósos do mesmo.
Dirección
BARREIRO VAZQUEZ, JOSE DANIEL (Titoría)
BARREIRO VAZQUEZ, JOSE DANIEL (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ NUÑEZ, EUGENIO ANSELMO (Presidente/a)
VARELA LOPEZ, OSCAR (Secretario/a)
FRANCO ABUIN, CARLOS MANUEL (Vogal)
RODRIGUEZ NUÑEZ, EUGENIO ANSELMO (Presidente/a)
VARELA LOPEZ, OSCAR (Secretario/a)
FRANCO ABUIN, CARLOS MANUEL (Vogal)
Biomonitorización da acumulación de metais tóxicos e esenciais en troitas (Salmo trutta) do lago artificial de As Pontes de García Rodríguez
Autoría
C.V.R.
Grao en Veterinaria
C.V.R.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
13.09.2024 10:30
13.09.2024 10:30
Resumo
Este estudo investiga a acumulación de elementos tóxicos e esenciais en troitas no lago situado dentro da antiga mina de lignito de As Pontes de García Rodríguez (noroeste do Estado español), comparando os resultados con exemplares de augas de tramos anteriores do río Eume e dunha piscifactoría local. Tomáronse mostras de fígado e músculo de exemplares do lago (n=16), do río (n=14) e da piscifactoría (n=10) capturados entre marzo e abril de 2022 para posteriormente ser tratadas por dixestión aceda e analizadas mediante ICP-MS. A actividade mineira en As Pontes tivo un impacto significativo no ecosistema acuático. No fígado dos peixes do lago observáronse niveis significativamente superiores de Cd, Ni, Co e Cu, probabelmente debido á auga de escorrentía das entulleiras. Do mesmo xeito, observáronse maiores niveis de Al, Pb e Hg nas troitas do río, asociados á combustión de carbón na central térmica. A pesar destas variacións, as concentracións de elementos tóxicos e esenciais tanto no lago mineiro como no río seguen sendo baixas, cumprindo con todas as normas de calidade da auga e non supoñendo así ningunha ameaza inmediata para a vida acuática. As concentracións destes metais nos tecidos musculares dos peixes salvaxes, aínda que superiores ás dos peixes de piscifactoría, atopábanse dentro dos límites da UE. Estes resultados poñen de manifesto a eficacia dos peixes como indicadores da exposición ambiental e subliñan a necesidade de seguir a vixiar o lago do pozo mineiro para avaliar o impacto a longo prazo das actividades mineiras na saúde acuática. O fígado resulta especialmente valioso nestas avaliacións, xa que proporciona un reflexo preciso da exposición aos metais e serve como órgano crucial para avaliar a contaminación ambiental e a saúde do ecosistema.

Resolución da fractura de tibiotarso en hubara asiática. Análise comparativa e optimización das técnicas.
Autoría
A.D.L.
Grao en Veterinaria
A.D.L.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
O tibiotarso é un dos ósos que se fractura con maior frecuencia en aves, polo que se elexiu para este traballo. A hubara asiática (Chlamydotis macqueenii), animal en estado vulnerable, é un piar fundamental na cultura árabe, polo que é crucial resolver as súas patoloxías recorrentes de maneira exitosa. Para unha correcta resolución é de vital importancia coñecer en detalle a anatomía da zona a tratar, así como as diferenzas específicas da especie. Por iso, neste TFG estúdase individualmente a osteoloxía, mioloxía, irrigación e innervación da rexión tibiotarsiana da hubara, obtendo así un coñecemento anatómico detallado e descartando diferenzas significativas con outras especies aviarias. Para seleccionar a técnica máis adecuada en cada caso é importante analizar individualmente o tipo de fractura. Resulta fundamental na decisión se a fractura é aberta ou pechada, sendo esta última moito máis habitual e tendo mellor prognóstico. Estruturalmente adoitan ser transversas e oblicuas, podendo complicarse ambas coa presenza de fragmentos óseos. A localización proximal, medial ou distal da fractura é tamén moi relevante á hora da abordaxe. As técnicas de ortopedia para a súa resolución divídense en dous grandes grupos: coaptación externa e técnicas cirúrxicas. Aínda que a opción cirúrxica debe ser a de elección, en algunhas ocasións non é posible realizala, polo que a coaptación externa tamén cobra importancia. As técnicas de coaptación externa tratadas son a férula de Schroeder-Thomas e a férula cilíndrica con xiringa. En canto á abordaxe cirúrxica, trátanse varias técnicas: cravo intramedular, fixador externo e tie-in. Destas, a que obtén os mellores resultados na maioría dos casos é a tie-in ou fixador hibrído. Esta técnica consiste na combinación dun cravo intramedular cun fixador externo tipo I, unidos por unha barra de conexión. A abordaxe da técnica tie-in pode realizarse normógrada; accedendo pola meseta tibial, ou retrógrada; accedendo polo lugar da fractura, recomendándose maioritariamente a primeira, especialmente nas fracturas pechadas. Con todo, en diversas ocasións, a realización desta técnica non é posible ou non é a máis indicada, polo que é necesario coñecer todas as alternativas e seleccionar a mellor opción en cada caso concreto.

Detección de micoplasmas hemotrópicos en cans con sospeita de infección por hemopatóxenos de Galicia: factores de risco e efecto no hematocrito.
Autoría
X.P.G.
Grao en Veterinaria
X.P.G.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
19.07.2024 09:00
19.07.2024 09:00
Resumo
Os micoplasmas hemotrópicos (hemoplasmas) son bacterias epicelulares obrigadas que infectan os glóbulos vermellos dunha ampla variedade de mamíferos, podendo causar anemia hemolítica de gravidade variable. No can descríbense dúas especies: Mycoplasma haemocanis e “Candidatus Mycoplasma haematoparvum”. Neles, a infección adoita ter un curso crónico asintomático, pero a esplenectomía e a inmunosupresión favorecen o desenvolvemento dunha infección aguda manifesta. Os obxectivos deste traballo foron determinar a presenza de micoplasmas hemotrópicos en cans con sospeita clínica de infección por hemopatóxenos, identificar as especies detectadas molecularmente e determinar se certos factores inflúen na presenza destes patóxenos. Ademais, avaliouse o efecto dos micoplasmas hemotrópicos sobre o valor do hematocrito en infeccións únicas e en coinfección con Babesia spp. Para iso analizáronse 60 extraccións de ADN obtidas de mostras de sangue de cans de Galicia con sospeita clínica de infección por hemopatóxenos mediante PCR convencional para a detección de hemoplasmas. Posteriormente, as mostras positivas secuenciáronse e estudouse a súa variabilidade xenética mediante a construción dunha árbore filoxenética. A continuación, cos datos recollidos de cada animal (idade, sexo, aptitude, infección por Babesia spp., hematocrito), realizouse unha análise estatística para valorar os posibles factores de risco e o efecto da infección sobre o hematocrito en infeccións únicas ou mixtas con Babesia spp. Un total de 14 mostras (23,3%) resultaron positivas, e as especies atopadas foron: “Ca. M. haematoparvum” (20%) e M. haemocanis (3%). A análise estatística non mostrou unha asociación significativa entre a idade, o sexo e a coinfección con Babesia spp. respecto á positividade por hemoplasmas; con todo, a aptitude de caza asociouse significativamente cunha maior taxa de infección. Ademais, determinouse que os micoplasmas hemotrópicos, sós ou en coinfección con Babesia spp., non mostran un efecto significativo sobre o valor do hematocrito. Este traballo representa o primeiro estudo molecular da ocorrencia destas infeccións en cans de Galicia, e nel detectáronse as dúas especies de micoplasmas hemotrópicos consideradas propias da especie canina. Ademais, a análise estatística reforza a idea de que a transmisión destes patóxenos prodúcese a través de vectores, xa que os cans de hábitat rural, como os de caza, presentaron unha maior taxa de infección. Con todo, os micoplasmas hemotrópicos non parecen ter unha gran capacidade patóxena, xa que a súa presenza non se asociou cun menor valor de hematocrito, tanto en infeccións únicas como en coinfecciones con Babesia spp.

Filariosis cutáneas en cans e gatos de Europa.
Autoría
A.H.R.
Grao en Veterinaria
A.H.R.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
16.02.2024 09:30
16.02.2024 09:30
Resumo
As filariosis cutáneas son un grupo de enfermidades causadas por nematodos da orde Spirurida, super familia Filarioidea, nas que os animais infectados poden presentar unha serie de signos clínicos de tipo dermatolóxico entre os que se atopan inflamación e avermellamento da pel, prurito, e ás veces a formación de nódulos subcutáneos. Os parasitos causantes destas filariosis teñen un ciclo de vida indirecto nos que interveñen un artrópodo hematófago que actúa como hospedeiro intermediario. As filariosis cutáneas atópanse distribuídas por todo o mundo, aínda que son máis frecuentes en rexións tropicais e subtropicais. Sen embargo, a distribución xeográfica destas enfermidades está cambiando, aumentando a súa vez o número de casos clínicos en áreas onde anteriormente non eran frecuentes. Isto débese, entre outros factores, á globalización, ao cambio climático, así como aos cambios nos patróns de distribución dos seus vectores. Nos últimos anos detectouse un aumento da prevalencia destas enfermidades en animais domésticos en Europa, especialmente no can, e comezáronse a detectar os primeiros casos en humanos. Sen embargo, descoñecemos en gran medida a distribución xeográfica destas parasitosis, a súa epidemioloxía e mesmo a súa prevalencia en animais domésticos, a cal, posiblemente, estea subestimada. Ademais, aínda que se considera que son parasitosis pouco patóxenas, non se coñece con exactitude a súa patoxenicidade e, salvo excepcións, tampouco existen fármacos rexistrados para o seu tratamento. O principal obxectivo do presente traballo de fin de grao é determinar que especies parasitarias causantes de filariosis cutáneas en cans e gatos son as máis frecuentes en Europa así como a súa distribución. Ademais, describiranse os principais signos clínicos e lesións presentados polos animais parasitados e discutiranse cales son as técnicas laboratoriais máis empregadas para o diagnóstico destas parasitosis. Finalmente estudaranse os principais factores de risco relacionados con estas filariosis e describiranse cales son as principais medidas de prevención e que principios activos están rexistrados para o seu tratamento en cans e gatos.

Tratamento cirúrxico do glaucoma canino.
Autoría
Y.P.M.
Grao en Veterinaria
Y.P.M.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
21.06.2024 09:00
21.06.2024 09:00
Resumo
O glaucoma canino é unha patoloxía que causa cegueira nos cans debido a un aumento da presión intraocular (PIO), ocasionada pola alteración da drenaxe do humor acuoso (HA). O manexo do glaucoma canino inclúe tanto tratamentos médicos como cirúrxicos, sendo estes últimos necesarios en casos onde o tratamento farmacolóxico non logra controlar a PIO. Esta revisión bibliográfica céntrase en clasificar e avaliar as distintas técnicas cirúrxicas dispoñibles para o tratamento do glaucoma primario en cans, mencionando tamén técnicas aplicables ao glaucoma secundario. As diversas técnicas cirúrxicas clasifícanse en tres categorías principais: os procedementos ciclodestructivos, os cales destrúen parte do corpo ciliar para reducir a produción de HA; os procedementos de filtrado ou derivacións do humor acuoso, nos que se crea unha nova canle de drenaxe para o HA ou se colocan dispositivos que facilitan a drenaxe deste mesmo; e, os procedementos de rescate para pacientes non visuais, considerados como opcións para casos avanzados onde xa non é posible a recuperación da visión. Finalmente, a revisión conclúe que non existe unha técnica ideal para todos os casos de glaucoma canino. A elección do tratamento cirúrxico debe basearse nunha avaliación individual de cada paciente, considerando tanto a efectividade da técnica como as posibles complicacións. Ademais, sublíñase a importancia da intervención temperá para mellorar os resultados visuais e reducir a dor.