Ir o contido principal
STG
Condicións de publicación e difusión de imaxes.

A Universidade de Santiago de Compostela é a titular do copyright dos fondos documentais da súa propiedade custodiados no Arquivo Histórico. Polo tanto, a publicación de imaxes dos documentos por parte de terceiras persoas en libros, artigos, revistas ou recursos electrónicos, incluídas as redes sociais, así como a súa difusión pública en exposicións ou medios audiovisuais, requirirá da autorización previa por parte da dirección do Arquivo tras cubrir un formulario específico e o pagamento das taxas correspondentes.

Este trámite pode realizarse directamente por medios electrónicos a través da aplicación ARQUS.

Obrigatoriamente, nas citas e referencias dos documentos debe aparecer mencionada a súa procedencia e indicar a sinatura que teñen no Arquivo Histórico Universitario.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.06.2023.