Ir o contido principal
STG
Sala de consulta
O acceso á documentación é libre, coas limitacións sinaladas pola normativa vixente, previa presentación do DNI ou documento acreditativo de identidade.

A consulta presencial dos fondos documentais que custodia o Arquivo Histórico Universitario realízase na sala situada no 4.º andar do edificio.

O acceso á documentación tan só se pode facilitar tras o rexistro previo de alta como persoa usuaria, ben de xeito telemático a través da aplicación de xestión ARQUS ou tras cubrir o impreso correspondente facilitado polo persoal do Arquivo.

A sala de consulta consta de 12 postos, dos cales 4 están dotados con equipos informáticos a disposición do público para facilitar o acceso web aos fondos dixitalizados, entre outros trámites vinculados aos servizo do Arquivo.

Así mesmo, o persoal técnico proporciona asesoramento e atención personalizada na procura e localización de información en base aos fondos documentais que custodiamos.

Con carácter xeral, o acceso á documentación é libre, salvo que o seu estado de conservación ou as limitacións impostas pola normativa que lle sexa de aplicación restrinxan a súa consulta pública, quedando, en todo caso, excluídos desta os documentos que se atopen nalgunha das seguintes circunstancias:    

  •    Orixinais con reproducións dixitais ou en microfilme.
  •    En proceso de restauración.
  •    En fase de organización.
  •    En préstamo temporal.

Para facilitar a localización e consulta da información, as persoas usuarias contan con instrumentos de descrición en papel e electrónicos, así como acceso web ao cadro de clasificación e á base de datos documental a través da aplicación ARQUS. Tamén poden facer uso de equipos portátiles e dispoñen de conexión sen fíos á Internet no caso de pertencer á comunidade universitaria.

Para a consulta da documentación microfilmada está habilitado un espazo anexo á sala de consulta cun lector de microfilme.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.09.2023.