Ir o contido principal
STG
Ficha do proxecto
  • Título: DentisTEAndo. O dereito á saúde oral. 
  • Coordinación: Jacobo Limeres Posse 
  • Materias: Odontoloxía en Pacientes Medicamente Comprometidos, Prácticas Tuteladas e do título propio Máster en Odontoloxía en Persoas con Necesidades Especiais e Odontopediatría 
  • Entidade colaboradora: Asociación de Pais e Nais de persoas con Trastorno do Espectro do Autismo da Coruña (ASPANAES) 
  • Descrición: O tratamento odontolóxico de paciente con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) adoita ser particularmente complicado polas dificultades de comunicación e as alteracións do comportamento. 

    O carácter innovador deste proxecto radica no protagonismo dos profesionais de ASPANAES, que teñen unha dilatada experiencia sobre como abordar as necesidades de apoio que presentan as persoas con TEA en diferentes contornas sanitarias e ademais coñecen as peculiaridades de cada participante de forma individualizada. 

    As alumnas/os tiveron contacto en primeira persoa cos pacientes, vendo a súa chegada ao Centro, a actitude nos corredores, nas salas de espera e nos propios gabinetes dentais. Tamén comprobaron a adaptación cognitiva dos espazos da facultade. Ademais da experiencia en directo, ampliaron a súa formación por medio do Simposium de Atención Sanitaria Integral para persoas con TEA que se fixo dentro desta actividade. 

    Esta iniciativa serviu para mellorar a experiencia das persoas con TEA no ámbito odontolóxico e trasladar esta problemática ao alumnado do Grao en Odontoloxía. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.04.2024.