Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

STG
Iniciativa de voluntariado na Asociación Española Contra o Cancro.

A Asociación Española Contra o Cancro ofrece a posibilidade de realizar tarefas de voluntariado en programas de acompañamento de pacientes oncolóxicos, dinamización de campañas de prevención ou iniciativas de captación de recursos para o desenvolvemento de proxectos de investigación.

  • Programa de apoio e acompañamento "Carriño Don Amable"

    Cun carriño cargado entre outras cousas de café, zumes e auga, o obxectivo principal deste programa é o acompañamento e desfogo emocional tanto de pacientes  como de familiares nas salas de espera e tratamento de Oncoloxía, Hematoloxía e Radioterapia.

    • Horario: de xoves e venres, de 10:00 a 13:00 h. 
    • Prazas: s/n.

    Campañas de prevención

    Campañas de prevención (mama, colon, melanoma, investigación etc.) que estarán suxeitas á situación sanitaria existente nese momento e sempre proporcionando as medidas de seguridade necesarias as persoas voluntarias.

    • Horario: dependendo de cada campaña.
    • Prazas: s/n.

    Obtención de recursos

    Actividades dirixidas a recadar fondos para destinar a proxectos de investigación a través da venta de lotería en mesas puntuais destinadas a tal fin. Esta actividade estará suxeita tamén á situación sanitaria existente nese momento.

    • Horario: dependendo da actividade (non máis de tres horas un único día)
    • Prazas: s/n.

    Rutas saudables

    Se es consciente da importancia que ten manter hábitos de vida saudables non dubides en involucrarte no programa de prevención "Rutas saudables". Poderás dinamizar caminatas periódicas para incrementar o nivel de actividade física na poboación xeral.

    • Horario: depende do departamento de prevención. 2 horas mensuais (1 hora por ruta de xeito quincenal), de mañá ou de tarde.
    • Prazas: s/n

    Puntos de encontro

    Se che gusta falar en público animámoste a dinamizar os seus Puntos de Encontro contra o cancro, dirixidos a crear espazos de comunicación na comunidade nos que se transmite e comparte comunicación.

    • Horario: sen concretar. Variable, de mañá ou de tarde.
    • Prazas: s/n

    Voluntariado de información (Embaixadores)

    Facilitar información sobre os servizos de AECC no día a día e en campañas ou eventos da entidade.

    • Horario: pendente datas dos eventos
    • Prazas: s/n
Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.12.2024.