Ir o contido principal
STG
Andaina Pro Saúde Mental é unha asociación sen ánimo de lucro formada por persoas con problemas de saúde mental e os seus familiares, así como por un grupo de profesionais con experiencia no eido da saúde mental.

Andaina PSM naceu no ano 2010 para cubrir o baleiro que existe na atención global a persoas con problemas de saúde mental en zonas rurais próximas a Santiago de Compostela.

Actualmente conta cun Centro de Rehabilitación Psicosocial-Laboral en Ordes e outro en Dodro, ademais dun Centro Especial de Emprego situado tamén nesta última vila.

O propósito de Andaina é prestar apoio ás persoas con problemas de saúde mental, a familiares e achegadas, fomentando a súa autonomía e dando sentido ao seu desenvolvemento cotiá. Para iso, apostan por unha vida activa a nivel físico, social e laboral, da que as persoas con problemas de saúde mental son co-responsábeis, e procuran a mellora da calidade de vida das persoas coas que traballan e loitan pola defensa dos seus dereitos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.09.2024.