
Amigas da Terra é unha asociación ecoloxista que ten como misión o fomento do cambio local e global cara a unha sociedade máis respectuosa co medio ambiente, xusta e solidaria.
-
Universidade Residuo Cero
É un programa dirixido a toda a comunidade universitaria que queira saber máis sobre os problemas que causa a xeración excesiva de residuos.
Os/as participantes aprenderán a identificar e deseñar propostas de actuación para a redución de residuos no seu día a día, especialmente os plásticos.
Desenvolverase entre setembro e novembro de 2023.
As actividades planificadas inclúen:
- Creación dun grupo intercampus de persoas voluntarias interesadas na temática do residuo cero.
- Formación sobre residuo cero e outros temas relevantes.
- Realización de encontros virtuais con persoas que xa iniciaron o seu camiño cara ao residuo cero, para que compartan a súa experiencia connosco.
- Obradoiros presenciais sobre diferentes aspectos do residuo cero, como a reutilización e reparación de obxectos.
- Difusión do proxecto a través das redes sociais, coa colaboración das persoas voluntarias.
Todas as accións —por pequenas que sexan— van contribuír ao cambio.
-
Se antes de inscribirte no programa de voluntariado queres contactar co equipo de Amigas da Terra podes facelo a través do whatsapp (611063186) ou ben do correo activistas@amigasdaterra.net