Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

STG
Entidade social que conta cunha rede de centros e servizos especializados na atención a persoas con Autismo.

Entidade que nace no ano 1979 para reivindicar e promover os dereitos das persoas con autismo e os seus familiares, para que os exerzan nas mesmas condicións que o resto da cidadanía, promovendo oportunidades en todo o seu ciclo vital, facilitando apoios específicos e especializados para que poidan desenvolver o seu proxecto de vida.

  • Equipo Familiar de Apoio 360: acompañamento a persoas con Autismo.

    O equipo familiar de apoio 360 está composto pola persoa con autismo, familiares e a persoa voluntaria e actúa os 360 días do ano. As actividades a desenvolver consisten no acompañamento ás persoas con autismo nas diferentes actividades da vida diaria que poidan necesitar un apoio/reforzo para participar en igualdade de condicións que o resto da cidadanía.

    As actividades nas que pode participar a persoa voluntaria poden ser:

    • De inclusión social e participativas na comunidade (cafetarías, centros comercias, museos, cines, etc...)
    • Acompañamento a médicos especialistas, tarefas administrativas...
    • Actividades puntuais de artes plásticas, música, danza...
    • Actividades deportivas (piscina, ximnasio, ioga, pilates...
    • Actividades organizadas por outras entidades no eido do lecer: festas na rúa, andainas, carreiras populares...

    Horario: de luns a domingo, en función das necesidades das persoas con autismo e da dispoñibilidade das persoas voluntarias.

    Prazas: s/n segundo as necesidades, axendas, voluntariedade e consenso das prazas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.07.2024.