Club pioneiro en Compostela en promocionar o hóckey sobre patíns. Fundado en 1989, levan 25 anos promocionando o deporte e, sobre todo aínda que a súa competición sexa mixta ata os 17 anos, difundindo e fomentando o deporte feminino, conseguindo chegar ao máximo nivel deportivo nacional.
As actividades desenvólvense no Pavillón Municipal de Vite que está na rúa Carlos Maside, 2. Neste momento o pavillón está en obras (en xaneiro teñen previsto a súa volta) polo que, na actualidade, a base a teñen en Lamas de Abade e o equipo nacional feminino en Fontiñas.
Programa deportivo educativo
Colaboración cos equipos da base do club, dende axudar a poñer os patíns ás mais cativas e cativos, acompañamento, colocación do material deportivo, etc.
- Horario: martes, xoves, venres e fins de semana de partidos, de 16:30 a 21 h (horarios de partidos a definir)
- Prazas: 5
Colaboración como axudantes nos adestramentos, dende colocación de portarías, material, organización e control dos grupos, asistencia, etc.
- Horario: martes, xoves e venres de 16:30 a 21 h.
- Prazas: 4
Acompañamento en partidos, coas mesmas funcións de colaboración cos equipos da base.
- Horario: fins de semana (horarios dos partidos a definir)
- Prazas: 2
Realización de obradoiros de 1º auxilios básicos, e outros obradoiros de educación saudable.
- Horario: martes, xoves e venres de 16:30 a 21 h.
- Prazas: 2
Colaboración coas sesións de preparación física previas aos adestramentos.
- Horario: martes, xoves e venres de 16:30 a 21 h.
- Prazas: 2
Programa Deportivo de base
Colaboración cos partidos oficiais da base, dende facer mesas de arbitraxes, ata acompañamento e recepción dos equipos locais e visitantes.
- Horario: fins de semana (horarios dos partidos a definir)
- Prazas: 4
Xestión do Club
Encargados de almacéns de material: responsabilidade no orde e control dos almacéns de material do club.
- Horario: martes, xoves e venres de 16:30 a 21 h.
- Prazas: 2
Colaboración na organización de actividades extradeportivas.
- Horario: en función da programación (horarios dos partidos por definir)
- Prazas: 4
Partidos OK Liga (Categoría nacional)
Recepción de equipos visitantes.
- Horario: fins de semana (horarios dos partidos a definir)
- Prazas: 2
Organización da instalación: megafonía, speaker, musica, colocación e retirada de publicidade estática, preparación de zonas bancadas, arbitro e vestiarios.
- Horario: fins de semana (horarios dos partidos a definir)
- Prazas: 4
Control de aforo, entrada e saída de público asistente.
- Horario: fins de semana (horarios dos partidos a definir)
- Prazas: 2
Gravación de encontros.
- Horario: fins de semana (horarios dos partidos a definir)
- Prazas: 2
Locución de retransmisión deportivas.
- Horario: fins de semana (horarios dos partidos a definir)
- Prazas: 2