Ir o contido principal
STG

Normalización Lingüística

É o departamento da Universidade que se encarga de deseñar e desenvolver actividades e recursos que estimulen o uso do galego no Campus Terra.

Para iso, organízase en catro áreas de traballo:

Ofrecémosche un menú de servizos para que, segundo os teus intereses, elixas os que prefiras:

Quero aprender galego 

Quero mellorar o meu galego 

​Se xa dominas esta lingua, pero tes dúbidas de cando en vez: 

Quero mellorar as miñas capacidades comunicativas 

Se che interesa redactar e presentar mellor os teus traballos escritos, facer presentacións dixitais máis efectivas ou falar mellor en público, inscríbete no Curso de Habilidades Comunicativas. E se só precisas mellorar nalgún deses aspectos, apúntate exclusivamente no módulo que máis che interese.

​E se o que precisas son modelos para traballar a partir deles, bótalle un ollo aos de documentos e de presentacións que poñemos ao teu dispor.

Quero axudar a que o galego se use máis na Universidades 

​As comisións de normalización lingüística (CNL) son as encargadas de propoñer e deseñar actividades que fomentan o uso do galego en cada centro. 

Pregunta no teu polo pola persoa responsable da CNL, e anímate a participar co teu traballo ou as túas ideas.

Quero informarme sobre noticias relacionadas co galego 

​A USC é un fervedoiro de noticias, actividades, premios, concursos, campañas… organizadas arredor da lingua galega: participando nelas podes aprender cousas novas, poñer a proba as túas habilidades… e gañar interesantes premios. 

Segue ao Servizo de Normalización no seu sitio web ou en Facebook, o infórmate a través da revista en liña O Cartafol.

Normalización Lingüística

Persoal

Normalización Lingüística

Xusto Rodríguez Río

Teléfonos
982823582
Email
snl_lugo@usc.es
Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.12.2021.