Ir o contido principal
STG

Internacional

A Oficina de mobilidade ten como obxectivo dar resposta ás necesidades de estudantes, docentes e persoal de administración e servizos no eido da mobilidade nacional e internacional.

É a oficina encargada de xestionar os programas de mobilidade, de captación e de cooperación. Tamén tramita, rexistra e dá seguimento aos convenios de cooperación no ámbito académico. Os estudantes reciben asesoramento e respaldo institucional nas diferentes fases da mobilidade. Do mesmo xeito encárgase da recepción, acreditación e acollida dos estudantes de intercambio procedentes doutras universidades.

A Oficina de Mobilidade (OM) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) é un servizo administrativo que depende directamente da Vicerreitoría de Estudantes e Proxección Internacional. O seu obxectivo é darlles resposta ás necesidades de estudantes, docentes e PAS no eido da mobilidade nacional e internacional. Así, os estudantes da USC reciben desde a OM asesoramento e respaldo institucional nas diferentes fases da súa mobilidade, encargándose tamén da recepción, acreditación e acollida dos estudantes de intercambio procedentes das universidades socias. O equipo que forma a OM é un equipo dinámico e entusiasta que desde as súas oficinas (unha situada en Santiago e outra no Campus de Lugo) traballa pola mellora continuada dos servizos ofertados aos estudantes: información, axuda, seguemento e asesoramento integral, atención específica e personalizada no que respecta ás mobilidades e aos intercambios. Dentro da mobilidade nacional, ofrécense máis de 1300 prazas de intercambio con case a totalidade de universidades españolas. Dentro do marco da Mobilidade estudantil internacional, xestiónanse e convócanse anualmente máis de 2700 prazas de intercambio con máis de 1000 institucións de Educación Superior en todo o mundo entre os programas Erasmus+, os convenios internacionais, acordos bilaterais de intercambio, ademáis do programa PATEX.

Internacional

Persoal

Oficina de mobilidade

María Cendán Rojo

Teléfonos
982823569
Email
mariacendan.rojo@usc.gal

Oficina de mobilidade

Alba Cachafeiro Requeijo

Teléfonos
982823596
Email
international.lugo@usc.gal
Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.12.2021.