Nestes anos, o Campus Terra organizou e participou en varias xornadas de promoción onde, ademais de stands con información sobre as diversas titulacións que compoñen a oferta académica de Campus Terra, se celebraron actividades que puxeron en valor a ciencia, a cultura e a labor social que se desenvolven neste campus de especialización.
Tour do Talento 2023
O Campus Terra da USC organizou dentro do Tour do Talento, a Xornada Campus Terra na cal amosou a súa oferta formativa e o seu potencial a prol da economía circular.
I Feira de Educación, Formación e Emprego.
O Campus Terra estivo presente nesta feira presentando a súa oferta docente ao alumnado preuniversitario, familias, docentes e centros educativos.

Galiforest
A EPS de Enxeñaría participa de xeito habitual nesta feira monográfica, presentando a súa oferta de titulacións de enxeñaría centradas no ámbito forestal e as diversas liñas de investigación neste ámbito do Campus Terra.
